Nº 73 abril 2018 en galego, máis e mellor

Page 1

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 73 abril de 2018

A menos Mentres pesaba unha bolsa de kiwis, díxome a froiteira: "Gústame moito que lle fales en galego". Como. Pensei en voz alta. "Si, que lle fales en galego á nena. Agora moi pouca xente o fai". Non o ten fácil a nosa lingua. Os pais que pensan en galego pero prefiren dirixirse en castelán aos seus fillos, sabe Deus por que, toman eles mesmos a decisión. Un pode estar de acordo con eles ou non, pero a fin de contas dispoñen sobre a súa propia vida e sobre a educación da súa prole… A Real Academia Galega (RAG) calificou o decreto do plurilingüismo nos colexios como un desafiuzamento do galego na súa propia casa. Lamentablemente, o tempo estalle a dar a razón. O seu último informe non pode ser máis preocupante en relación co seu futuro. A mensaxe de "alerta" é clara. Os rapaces están a protagonizar xa neste momento "un proceso acelerado de monolingüización en castelán" e ademais "a un ritmo" que non era previsible nos estudos previos, ata tal punto que a lingua materna maioritaria comeza a ser a española... O noso idioma está enfermo. Non está para morrer dun día para outro, pero padece un mal difícil de curar. Estase a converter nunha lingua estéril, cada vez máis incapaz de reproducirse e de gañar novos falantes. É unha doenza perniciosa, porque lle nega futuro. Ten data de caducidade. Os que deberían protexela e promocionala están fracasando. Poden dicir misa. Pasa como coas listas de espera. Non serve para nada negalas ou maquillalas, a realidade é teimuda. Está na rúa… https://www.elprogreso.es/blog/ramudo/amenos/201803032156101298652.html


EU SUBO, TI SOBES, EL SOBE, NÓS SUBIMOS,... Algúns verbos galegos presentan unha alternancia vocálica no presente de indicativo. Velaí o caso do verbo durmir, que na súa raíz durm leva un u por vogal e que na 3ª persoa e na 2ª de singular muda ese u por un o: eu dUrmo, ti dOrmes, ela/el dOrme, nós dUrmimos, vós dUrmides, eles/elas dOrmen. Esta alternancia entre u e o dáse nunha chea de verbos, todos da terceira conxugación e que teñen un u como última vogal da súa raíz: acudir, bulir, consumir, cubrir, cuspir, descubrir, deslucir, durmir, encubrir, engulir, ensumir, entrelucir, fundir, fuxir, lucir, mulir, muxir, pulir, rebulir, recubrir, relucir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, sumir, translucir, tusir, ulir, urdir, xunguir e xurdir. Coas súas pescudas estes rapaces descobren achados moi importantes que xorden cando menos os esperan.

O ladrón foxe do cárcere.

O león roxe forte e loce coma o rei da selva.

Mais non todos os verbos da 3ª conxugación que teñen u como última vogal da raíz verbal teñen esa alternancia vocálica. Algúns como conducir ou discutir manteñen o u en toda a conxugación: eu conduzo, ti conduces, el/ela conduce,… Nós discutimos, vós discutides, elas/eles discuten.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.