En galego,... máis e mellor nº77 febreiro 2019

Page 1

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 77 febreiro de 2019


SENÓN E SE NON SENÓN non é o mesmo que SE NON. Ao falarmos pódenos resultar indiferente e os oídos que escoiten non van notar diferenza, porén na escrita cambia o conto... e moito. SENÓN usámolo en oracións negativas que opoñen unha idea e a súa contraria: Ela no quere molestarte, senón axudarte. Non veñas correndo, senón amodo. Non mires para a tele, senón para o libro. Usámolo tamén en oracións negativas para dar énfase. Neste caso pode ser substituído por máis que: Non achega nada senón estorbar (non achega nada máis que estorbar). Non fala con ninguén, senón contigo (non fala con ninguén máis que contigo). Non serve senón para enfadarse (non serve máis que para enfadarse). E tamén pode indicar exclusión e neste caso equivale a agás (e pode ser substituído): Remataron a obra senón o pintura (remataron a obra agás a pintura). Fixeron todos os deberes senón Roberto (fixeron todos os deberes agás Roberto). Chegaron a tempo senón (agás) Laura, que perdeu o autobús. En troca, SE NON son dúas palabras, a condicional SE e a negación NON: Non o comas, se non che gusta. Se non o fas hoxe tes que facelo mañá. Ponte a estudar, se non non vas aprobar.

Se non é por Messi o Barça perdía co Sevilla.

AGÁS é unha palabra que ten moitos sinónimos. Algúns deles son: EXCEPTO, CON EXCEPCIÓN DE, A EXCEPCIÓN DE, BARDANTE, FÓRA, MENOS, QUITADO, QUITANDO, SACADO, SACANDO, SALVO, TIRANTE,...

O can non vai con ninguén, senón con ela.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.