ALMANAQUE DE VERSOS

Page 69

XXX. O ADXECTIVO.GRAOS POEMA DO EXTRAVÍO Na soidade sempre viva que fuxía polo canto ferido da fiestra sentín o teu ollar entre os labregos que facían pra ti todos os días unha aguillada de follas e de brétemas. Mais nunca te ollei chea de estrelas co luceiro espavilado dun salouco, no silencio concreto das lareiras, na vaguedad cortante do extravío. Por todas as lúas de labregos e de melros, sempre rezabas pregos nacarados que levaba o vento do nordés – sempre o nordésá relocente testa da montaña ateigada de lembranzas cobizosas que bruaban nos laios transparentes, axugados nos azos vermello dunhas breixas. Estabas no rosario ollando o vieiro nevado da túa calma. A túa carne pura – con pureza de ceo e de anduriñaollábame no salgueiro de leiras que fuxían pra non abafar a túa presencia chea. E na lonxana brancura de preguizas falábame de ti un aturuxo que remexía o meu ser con reloucos manseniños, até que me fixo chorar nas espadaíñas pecoreiras de verbas esquecidas no malfado pudor que non marmula nen rumos, nen camiños. Muiñeiro de brétemas.Manuel María.

GRAMÁTICA 1. Buscamos os adxectivos expresados no poema. 2. Escolle cando menos tres adxectivos do texto e exprésaos nos diferentes graos. 3. Usaremos o dicionario para realizar estes exercicios.

69


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.