ALMANAQUE DE VERSOS

Page 209

carácter grupal; aínda que existen tamén actividades de escrita destinadas a realizalas en solitario é , sobre todo, nas actividades motivadoras, de comprensión e de expresión oral onde o grupo adquire un papel relevante, onde as diferentes achegas individuais e de subgrupos irán conformando debates, opinións, descubertas, pescudas,...ao mesmo tempo que aumentarán os lazos de pertenza a unha colectividade, o sentimento de cooperación e solidariedade, o sentido crítico e a posta en común de coñecementos e habilidades, beneficiándose o grupo dos esforzos individuais. Non esquecemos o aspecto avaliativo, aínda que non é o cerne do noso traballo, pero queremos deixar uns breves apuntamentos sobre dita cuestión. Se falamos de procedemento cooperativo debemos rematar por unha avaliación participativa. “Na aprendizaxe da composición escrita, o alumnado está continuamente involucrado nas valoracións de textos propios e dos outros, o que desvirtúa o modelo de ensinanza na que as únicas valoracións que se fan son as do profesorado” afirma Casaseca ( A composición escrita de 3 a 16 anos) .E continúa : “ Presentar a escritura como actividade comunicativa en clase esixe que a valoración do escrito a faga cada alumno/a cos seus compañeiros/as. Considero, polo tanto, a actividade de escribir como parte integral dun proceso de aprendizaxe, non como algo que sucede despois para comprobar que a aprendizaxe tivo lugar;porque o propósito da escritura non é ser corrixida, senón mellorar a perspectiva persoal que un ten do mundo e contribuír ao establecemento dun mapa común de coñecemento compartido”. Así, seguindo esas orientacións prácticas para a ensinanza da escritura e referidas ao tema avaliativo , acordamos con Casaseca que os borradores son parte esencial do material de traballo e é sobre a organización destes sobre os que se fai unha análise para valorar as dificultades atopadas e son os borranchos o obxectivo da reflexión na aprendizaxe da escrita. Tendo en conta que partimos sempre de coñecementos previos, seguimos unhas pautas xenéricas de actuación ( A composición escrita de 3 a 16 anos): - “Aportamos e revisamos co alumnado distintos modelos sobre o texto que queremos tratar. - O alumnado sabe o que ,especificamente, vai aprender. - Producimos en xeral, agás casos concretos, textos colectivos que serven de modelo para a creación de textos individuais. - Revisión das producións antes de dalas por definitivas. - Estas revisións levaranse a cabo de distintas formas: colectivas, individuais e de autocorreción. - Facilitamos guións de autoavaliación ao rematar a unidade didáctica.” D. Cassany no su libro “ A cociña da escritura” facilita unhas pautas de revisión dos procesos do textos moi útiles para a súa aplicación, atendendo ao enfoque do escrito, , ás ideas, á información,puntuación,presentación,... - Todos os escritos e os seus procesos ( lecturas, notas, recortes, ..) recóllense nun caderno que lle chamamos O CARTAFOL . É neste caderno onde quedarían recollidos e plasmados os traballos ao longo do curso. Non é excluínte este caderno con outras presentacións informáticas que se fagan ( subidas aos blogues, presentacións en diferentes formatos: pps, issues, etc..). A modo de compendio, poderiamos dicir que é creando un clima de confianza na aula onde se deberán desenvolver os diferentes aspectos

209


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.