ALMANAQUE DE VERSOS

Page 151

EU son................................, verbo + artigo + nome Son eu + artigo + nome Só + verbo...........................

b) Metáfora FALAR DE AMORES

Imos moza cedeiresa polos carreiros da ría nas noites de lúa acesa. Imos no ronsel da lúa pillar as perlas das ondas para a cabeleira túa. Imos Cedeiriña amela, pola ría aluarada esvararnos nunha arnela. E falar de amores....e falar de amor. Nosa Señora do Mar, ai! Do mar Nosa Señora saíu hoxe a mariscar co pescador mar a fóra. Saíu na flor da mañá, na branca lancha naseira, os peixes cantando van naquel ronsel curricán pola ría de Cedeira. Mar do Norte, onde as ondas teñen forma de tubo e o mar é xelatina de limón. Lamber xeollos redondos, “ machacar” as patacas cando as comes. Poñer a “miga” de pan debaixo do prato para non marear a sopa. Esquecer o traballo de campo. Meter o dedo no nariz. Xogar con as cachas. Tomar Chocolates Moreno na casa expropiada dun indiano. .................................................................................................................. .................................................................................................................. Melodía: Tiano Braña. Letra: Parallé/ Ugía Pedreira (poema) Nordestin@s

INTERDISCIPLINARIEDADE:COÑECEMENTO DO MEDIO 1. Localización nun mapa da ría de Cedeira. 2. Buscamos en internet imaxes de Cedeira e os arredores. VOCABULARIO 3. Buscamos vocabulario sobre o mar no texto. 4. Vocabulario relacionado coa lúa no texto. COMPRENSIÓN 5. Tendo en conta as palabras anteriores buscamos na primeira parte de o texto a cor predominante.

151


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.