ALMANAQUE DE VERSOS

Page 15

ORTOGRAFÍA: ACENTO DIACRÍTICO 13. Bóla é unha palabra con acento diacrítico. Busca no dicionario o significado de bola e bóla e fai unha oración con cada unha delas. INTERDISCIPLINARIEDADE: EDUCACIÓN PLÁSTICA 14. Compoñemos un collage con todo o que aparece no poema, servíndonos de recortes de revistas ou de imaxes en internet.

b) CAMPO SEMÁNTICO DUNHA PALABRA NO FONDO DA MAR No fondo da mar, unha estreliña chora, chora que te chora, chora, tola a chorar, porque dí que ela quixera sair dalí, pra enredar. No fondo da mar, ben sabe que hay peixes , e que hay cangrexos, e buguinas e corals, e fadiñas da iauga e sereas de cristás. A estreliña da mar, quere fuxir e acadar o lombo do arco das vellas pra se pendurar; unha raiola de sol pra se quentar. Un panalciño de mel, un barco pra navegar, unha cunchiña de nácra, unha areíña de sal, unha estreliña do ceo para con eles xogar. Oriolos neneiros .Antoloxía .Pura Vázquez.

15


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.