LECTURAS SOBRE O HOLOCAUSTO_#27XANEIRO

Page 1

LECTURAS SOBRE O HOLOCAUSTO

27 XANEIRO: DÍA OFICIAL DA MEMORIA DO HOLOCAUSTO E

A PREVENCIÓN DOS CRIMES

CONTRA A HUMANIDADE

1

O27dexaneiroconmemóraseentodaEuropaoDíaOficialdaMemoria do Holocaustoe a Prevencióndos Crimes contra a Humanidade, data escollida en recordo da liberación do campo de concentración de Auschwitz,o27dexaneirode1945. Propóñenselecturas de libros que teñan que ver co tema e adecuados ao alumnado. Analizarase como se aborda e que engade un texto literario á comprensióndestetemaatravésdaanáliseecomentariodepárrafosefrases dasobraspropostas:

➢O neno co pixama de raias. Autor: John Boyne. Editorial: SALAMANDRA.

➢ Diario.Autora:AnnaFrank.Editorial:PLAZAYJANÉS.

➢ Unsacodecanicas.Autor:JosephJoffo.Editorial:DEL!BRO.

2

O fungo venenoso é un libro de lectura infantil que o réxime nazi difundiu entre os nenos alemáns en 1938, data na que expulsa aos nenos e profesores xudeus das escolas.

▪ Que recurso poético aparece no título do libro e con que sentido?

3

No Diario de Ana Frank aparece a frase que Jacques sempre lle dicía a Ana:

“Xa non me atrevo a facer nada, porque teño medo de que estea prohibido”.

▪ Que figura literaria emprégase e con que fin?

▪ Pensas que escribir o seu diario axudou a Ana?

▪ En que axudou ao mundo esta obra?

4

Comprobamos como na novela O neno co pixama de raias , John boyne non pretende facer un relato realista do sucedido nos campos de exterminio, senón chegar aos corazóns dos lectores e á reflexión a través dos sentimentos; a través dunha historia tenra baseada na relación, na realidade parece que imposible, entre dous nenos, un alemán e outro xudeu, un a cada lado do aramado.

5

Na obra temos un párrafo no que se di:

“O comandante do campo vive moi preto, fóra dos aramados. Unha casa de ladrillo cun xardín de roseiras e céspede, de begonias de cores brillantes en caixas pintadas de azul. Entre a fileira de roseiras e aramados pasa o camiño que leva ao forno crematorio. […] Os nenos do comandante xogan no xardín. Xogan aos cabalos ou ao balón, ou xogan ao comandante e o prisioneiro”.

● En que consiste o contraste arrepiante desta descripción?

● Fai un listado de dúas columnas coas palabras que aporten unha connotación “positivae amable” e a “ terrible e cruel”

● O neno protagonista confundeesta vestimenta do campo cun pixama, por que?, que outras situacións terribles son percibidas por el inxenuamente na obra?

Na novela de John Boyne, unha das cousas que máis chama a atención é o seu final:

“E así termina a historia de Bruno e a súa familia. Todo isto, por suposto, pasou fai moito, moito tempo, e nunca podería volver pasar nada semellante. Hoxe en día, non”.

▪ Crees que é posible de novo a barbarie do réxime nazi?

▪ Coñeces a película A Ola? Que pensas do seu argumento?

6

▪ Como entendes o peche da novela?, trátase dunha ironía do autor ou dun auténtico convencemento do autor?

▪ Este diálogo sostido entre o comandante do campo de exterminio e o seu fillo, Bruno, o neno protagonista da novela, amosa dous formas totalmente diferentes de explicar a realidade que rodeaaos dous personaxes, explica este asunto:

- Quen son todas esas persoas que hai aí fóra? Nas cabanas, de lonxe...Todos visten igual…”, preguntou ao fin.

Pai ladeou a cabeza, un pouco desconcertado.

- Ah, eses - dixo Pai, asentindo coa cabeza e esbozando un sorriso- Esas persoas... bo, é que non son persoas, Bruno”.

7

▪ Que sentido ten o título da novela de J. Joffo segundo o argumento ?

▪ En situacións extremas parece que os lazos familiares estréitanse. Ocorre así na novela? Cóntao.

8

Nas obras que empregamos para reflexionar sobre o Holocausto atopamos termos que merecen ser analizados:

a) Limpeza étnica

b) Campos de exterminio

c) Gueto

d) Holocausto

e) Xenocidio

f) Crimes de guerra

g) Antisemitismo

h) Barbarie

i) Deportación

9

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
LECTURAS SOBRE O HOLOCAUSTO_#27XANEIRO by bibliosabon - Issuu