Skip to main content

XINCANA LITERARIA_DIADOLIBRO

Page 1

YINCANA DÍA DO LIBRO

23 abril Con motivo do Día do Libro preparouse unha serie de actividades organizadas en forma de

yincana para

ampliar coñecementos referidos a este día. Para iso, formaranse equipos de 4 persoas dentro da clase e facilitaráselles un ipad a cada equipo para completar as distintas actividades.


D. Didácticos : Lingua, Clásicas e Historia.

Obxectivos:

- Celebrar lúdica e activamente o Día do Libro. - Ampliar coñecementos sobre a festividade neste día. - Adquirir coñecementos de maneira cooperativa.


Contidos:

- Fomento da lectura. - Escritores famosos. - Libros máis importantes da nosa historia

Competencias: - Comunicación lingüística - Competencia dixital - Competencia social e cidadá. - Aprender a aprender - Conciencia e expresión cultural - Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.´ Metodoloxía: Aprendizaxe por descubrimento, aprendizaxe colaborativa e cooperativa, aprendizaxe mediante o uso das TIC.


ACTIVIDADE 1 Que se celebra o día 23 de abril? Por que? Descarga e le o texto oculto tras este código QR para dar resposta a estas preguntas e saber un pouco máis sobre a festividade deste día. Na ficha de equipo completade as respostas a estas preguntas obtendo a información necesaria.


ACTIVIDADE 2 Agora debedes realizar unha breve biografía sobre un dos escritores máis importantes do noso país. Para iso, podedes axudarvos da información que deste mesmo escritor proporciónavos tras este código QR


ACTIVIDADE 3 Xa coñecedes máis en profundidade a Miguel de Cervantes, un dos escritores máis importantes da nosa historia, pero, creedes que unicamente escribiu o libro Don Quijote da Mancha? Observade as portadas doutros libros escritos por Cervantes e reinventade en equipo ditas portadas facendo vós mesmos na ficha de equipo unha nova portada aos títulos.


ACTIVIDADE 4 Tamén coñecestes outros escritores non españois cuxos libros son moi recoñecidos e cuxa vida tamén ten a súa importancia na celebración deste día. Escanea o seguinte código e deixa voar a túa imaxinación...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
XINCANA LITERARIA_DIADOLIBRO by bibliosabon - Issuu