Xullo de 2015 - Barrios

Page 1

Exitosas carreiras en Xinzo de Limia e Celanova TEMA DO MES Páx.2 Canto custan as novas corporacións municipais?

VERÍN

Páx.4

A X Feira do Viño de Verín terá lugar do 7 ao 9 de agosto

XINZO

Páx.8

O Concello de Xinzo comeza unha limpeza xeral da vila

ALLARIZ

Páx.12

Iníciase a campaña de escavacións no castro de Armea

[páx. 18]

CELANOVA

Páx. 16

II Festival “Hercules Brass” do 4 ao 8 de agosto

Entrevistas cos alcaldes

De esquerda a dereita, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane (entrevista en páx.3); o de Xinzo de Limia, Antonio Pérez (páx.9); o de Allariz, Francisco García (páx.14); e o de Celanova, José Luis Ferro (páx.17).

Número: 15 - Ano: X - Xullo 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xullo de 2015

TEMA DO MES

Canto cobran os políticos locais? 4 Analizamos o custo das corporacións municipais de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova. S.N. Nos últimos anos, principalmente froito da complicada situación económica que atravesa España, as retribucións económicas dos nosos políticos non só comezaron a espertarnos interese, senón tamén preocupación. Cobran moito ou pouco? Entraron en política para facerse ricos? Responden con traballo ao seu soldo? Amosámoslles canto costan as novas corporacións municipais de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova. Xulguen vostedes. Verín Cun recente cambio de goberno, tamén mudaron as asignacións dos distintos membros da corporación verinesa. Neste novo mandato, hai dúas dedicacións exclusivas, as do primeiro e segundo tenente de alcalde, Diego Lou-renzo do BNG e Rosario Rodríguez do PSOE, que recibirán, cada un, 32.970 euros brutos ao ano en 14 pagas (2.355 euros brutos/mes). Ante as críticas da oposición, sinalando que estes salarios eran maiores que os do goberno popular, o novo alcalde de Verín, Gerardo Seoane (que non ten ningún tipo de dedicación), explicou que “aparentemente si, pero na

Os partidos políticos atópanse entre as principais preocupacións dos españoles, tralo paro, a corrupción e a economía.

4 CUSTO DAS CORPORACIÓNS VERÍN Dedicacións exclusivas*

2 (65.940 €)

Dedicacións parciais*

-

Asistencia a plenos**

90 €

Retribución por edil Persoal de confianza*

XINZO -

2 (43.077,72 €) 17

Habitantes (INE)

14.652

2 (30.185,68 €)

150 €

-

CELANOVA

2 (63.940,10 €)

1 (10.152 €)

Nº de concelleiros

ALLARIZ

-

50 €

1 (45.000 €) 2 (40.939,92 €) 108 €

100 €/mes

-

-

-

17

13

13

10.200

6.060

5.615

-

* Cantidades brutas anuais, agás no caso de Xinzo. ** Cantidade por concelleiro por cada asistencia

realidade non porque aquí había quen non cobraba e pasaba unhas dietas…! Hai que sumar o gasto total, non só o gasto dos soldos”, aclarou o socialista. Pola súa banda, o voceiro do goberno e primeiro tenente de alcalde, Diego Lourenzo, defendíase

“A de Xinzo é a corporación dun municipio de máis de 10.000 habitantes máis barata da provincia”, asegura o alcalde, o popular Antonio Pérez

no pleno dicindo que “o salario neto que cobraremos os dous tenentes de alcalde será, aproximadamente, de 1.700 euros ao mes. Non me dá vergoña nin medo xustificalo”. Asemade, o novo goberno conta con persoal eventual: unha administrativa-secretaria de Alcaldía e un responsable de prensa e comunicación. Ambos recibirán ao ano 21.538,86 euros (1.539,27 euros en pagas mensuais

e 1.533,81 euros nas dúas pagas extraordinarias). No que respecta ás asignacións aos concelleiros que non teñen dedicación, por asistencia a plenos e comisións, aínda están pendentes de aprobarse oficialmente, pero preténdese manter a mesma remuneración do mandato anterior, ao redor de 90 euros cada un por sesión. Xinzo En Xinzo de Limia só

se estableceu unha dedicación parcial, de 846 euros líquidos ao mes (incluída a parte correspondente das pagas extras), que recibe o popular Luis Miguel Gil, responsable de catro concellerías. Pola súa banda, o alcalde, Antonio Pérez, non conta con dedicación algunha, recibe o mesmo que calquera concelleiro: 150 euros por asistencia a plenos (o ordinario celébrase cada dous meses) e comisións . O rexedor do PP, que presume de levar 24 anos como autónomo e de traballar por Xinzo sen ningún tipo de interese económico, defendeu o seu criterio asegurando que a súa corporación “é a dun municipio de máis de 10.000 habitantes máis barata da provincia”. Allariz En Allariz establecéronse dúas dedicacións exclusivas: a do alcalde, o nacionalista Francisco García, que cobra 39.326,28 euros brutos ao ano en 14 pagas (2.809,02 euros brutos/mes); e a da responsable de Promoción Económica, que recibe 24.613,82 euros brutos ao ano (1.758,13 euros brutos/mes). Así mesmo, hai dúas dedicacións parciais, dos edís de Deporte e de Medio Ambiente, que cobrarán, 15.092,84 euros brutos anuais cada un (1.078,06 euros brutos/ mes). Ademais, cada concelleiro recibe unha asignación de 100 euros mensuais para a financiación da súa actividade dentro da corporación. “Sempre mantivemos como razoable e como un servizo aos cidadáns que os grupos

En Allariz, cada edil recibe 100 euros ao mes para realizar a súa actividade políticos poidan ter unha financiación municipal”, explica o rexedor. A maiores, os edís sen dedicación cobran 50 euros por asistencia a plenos (o ordinario celébrase todos os meses do ano, salvo en agosto e decembro) e comisións. Celanova No Concello de Celanova o seu alcalde, o popular José Luis Ferro, conta con dedicación exclusiva, pola que recibe 45.000 euros brutos ao ano (3.214,29 euros brutos/mes). Tamén se estableceron dúas dedicacións parciais, cobrando cada un destes dous concelleiros 20.469,96 euros brutos anuais (1.462,14 euros brutos/mes). Estas cifras espertaron críticas, pero Ferro saíu ao paso: “penso que se ten que valorar máis o labor e o traballo dun político e non o soldo”, explicou o rexedor. Pola súa banda, os membros da corporación sen dedicación reciben por asistencia a plenos e Xuntas de Goberno local 108 euros por concelleiro. Así como 80 euros por participar nas comisións informativas. Por último, en Celanova tamén se estableceu que durante as substitucións ou ausencias do alcalde, o edil que se encargue momentaneamente do seu traballo reciba 70 euros por cada día que acuda a despachar á Casa do Concello, como compensación das actuacións que realice dentro do municipio.


VERÍN E COMARCA

ENTREVISTA A GERARDO SEOANE - ALCALDE DE VERÍN

“Xa nos puxemos en contacto con Vendex para rescindir o contrato” 4 O novo alcalde de Verín aposta pola remunicipalización de servizos, pois considera a maioría das concesións “ruinosas”. Paula Lodeiro

Como se atopou o Concello de Verín ao chegar a este despacho? G.S. “O Concello de Verín é un concello grande, ten moitas actividades, a maioría delas subcontratadas, ou concesionadas, non é unha cousa que se poida ver nun mes. Temos avanzado bastante e practicamente xa temos claro como estaban as cousas”. E como estaban? G.S.: “Xa cho direi máis adiante. Evidentemente, non coa idea que nós temos do que debe ser un concello”. Que maneiras de facer política diferentes empezou a aplicar o novo goberno de PSOE e BNG en Verín? G.S.: “De momento a accesibilidade, estamos recibindo a todo o mundo. Tamén estamos estudando tema por tema e vendo problemas ou a situación actual para intentar enfocala ao que nós queremos, o que nós cremos que debe ser. Son moitísimas as cousas, e hai xente máis impaciente e menos impaciente. Hai contratos que caducaron no momento en que acabamos de entrar e que tivemos que prorrogar aínda que ao mellor non era a nosa intención, e hai determinadas actividades que hai que manter aínda que pensamos que se deben facer doutra maneira. Nun

casco antigo, que propoñen agora que gobernan? G.S.: “Os veciños do casco antigo xa se reuniron a semana pasada e teñen unha lista de peticións, máis ou menos concordan bastante co que nós tiñamos no programa. En dous ou tres días teremos unha reunión formal e a idea é que no próximo pleno xa nos metamos con algunha parte do que lles prometemos”. Vaise modificar a peonalización desta zona? G.S.: Imos cumplir exactamente o que dixemos, é dicir, darlle a palabra a eles”.

O socialista Gerardo Seoane, arquitecto de profesión, asumiu a alcaldía de Verín grazas a un pacto de goberno co BNG. Neste primeiro mes de mandato o novo rexedor aproveitou para poñerse ao día nos asuntos municipais, e está a atopar algunha “sorpresa” coa que non contaba. A que cre que se debeu o volco electoral vivido en Verín? Gerardo Seoane: “O volco electoral estaba cantado hai moito tempo, a xente tiña necesidade de cambio e pasou de forma natural, non é unha cousa inesperada nin unha sorpresa para moita xente”.

BARRIOS Xullo de 2015

Gerardo Seoane, no seu despacho no Concello de Verín./P.L.

“Esta aparente continuidade non é unha continuidade, é unha especie de tempo morto ata que poidamos implantar o que de verdade queremos” “Ao mellor haberá que ir ao xulgado ou indemnizar, pero na miña intención os radares non se poñen” principio vanse seguir facendo as cousas máis ou menos, non como estaban, dándolles outra volta, pero nos próximos meses si que vai haber un volco xeral”. Os cambios non poden ser dun día para outro? G.S.: “Exacto, esta aparente continuidade non é unha continuidade, é unha especie de tempo morto ata que poidamos implantar o que de verdade queremos. Nós non queremos ningún tipo de concesión administrativa. Pensamos que o Concello pode asumir perfectamente todas as funcións que lle encomenda a Constitución. Creo na empresa pública. De feito, todas as concesións administrativas que se fixeron, unhas son ruinosas para o Concello e outras son ruinosas para o concesionaria. Incluso onte (polo xoves 9) apareceu no rexistro a renuncia á concesión do aparcamento da praza do Concello pola empresa concesionaria. Si nos atopamos con algunha sorpresa; que, por exemplo, o goberno anterior solicitara a catastro un aumento do 10% dos valores catastrais, inmediatamente desistimos desa petición”.

Porque iso podería supor a suba do IBI? G.S.: “Claro, ao subir o valor iría unha suba no IBI. Esa petición fíxoa o ex rexedor antes de marchar e nós anulámola. Hai outra serie de cuestións que estamos revisando. Unhas están máis claras e outras menos. Por exemplo, o tema de Vendex e dos aparcamentos. Vendex empezou no ano 2005 e acabou no 2007 o primeiro contrato, no 2007 o señor Jiménez firmoulle un contrato ata 2011, no 2011 firmoulle outro contrato ata 2013, ese contrato venceu e leva sen prórroga, en precario, dous anos. Evidentemente, xa nos puxemos en contacto con eles para rescindir calquera tipo de contrato que teñamos con eses señores, as máquinas son do Concello desde o ano 2007 e este servizo pasara a ser atendido polo Concello. Hai outros máis que están en estudo, sobre todo no tema de deportes e no tema de limpeza. Neste, aínda que o renovamos, xa estamos en negociacións para facelo doutra forma. Tamén lle demos para atrás a algunha adxudicación de obra, fixemos algunha auditoría de obra realizada recentemente que

non coincide co que se di no proxecto”. Non se referirá ao Centro das Artes? G.S.: “Non. Estamos falando de obras pequenas, doutras que non se poden facer porque carecían de todos permisos e desde o meu punto de vista non eran axeitadas. Ou o tema dos radares de tráfico que deixou adxudicado o anterior alcalde. Eu entendo que iso é un prexuízo moi grande para o pobo, xa tiven varias conversas coa empresa concesionaria e imos ver se chegamos a un acordo e non se implantan os radares, que suporían unha cantidade de multas á xente impresionante para recadar o que teñen previsto. Pensamos que a seguridade vial non vai por aí e que iso era unha tomadura de pelo para quitarlle o diñeiro á xente. Sei que vai ser difícil e ao mellor hai que ir ao xulgado ou ao mellor haberá que indemnizar o que sexa, pero na miña intención os radares non se poñen”. Na entrevista que lle facíamos antes das eleccións citaba como unha das prioridades o

Vostede entrou en política de novo a raíz da rehabilitación do Castelo de Monterrei, posicionándose en contra; que postura vai manter sobre este proxecto o Goberno local de Verín? G.S.: “O novo goberno de Verín foi unha parte activa na Plataforma e segue mantendo a súa mesma postura. Encontrámonos con que iso se vai abrir, pero as accións xudiciais tamén seguen. Entendo que aínda que se abra (o parador) non tardará moito en pechar”. Nos últimos tempos a sociedade reclama máis participación e transparencia, como se aplicará en Verín? G.S.: “Estamos facendo unha nova páxina web na que aparecerá o portal de transparencia e aí non hai que facer moito máis que cumplir a lei. Por outra parte, durante todos estes días moitísima xente veu propoñendo cousas para facer, non só obras, actividades… e en principio estamos apoiando todas, sempre e cando non nos custe moito diñeiro porque o diñeiro é limitado. Pero si estou gratamente sorprendido da cantidade de actividades que propón a xente, e son do máis diverso”. Cal é o custo da corporación verinesa? G.S.: “Hai dúas dedicacións exclusivas, unha por parte do PSOE e outra do BNG, primeiro e segundo tenente alcalde, que están aquí oito horas ao día ou máis. O que se dixo de que o goberno é máis caro que outras veces, aparentemente si, pero na realidade non porque aquí había quen non cobraba e pasaba unhas dietas…! Hai que sumar o gasto total, non só o gasto dos soldos. Aparentemente aquí todo estaba moi legal, cunha escrupulosidade, pero iso é mentira, por detrás había de todo”.


BARRIOS Xullo de 2015

VERÍN E COMARCA

EN BREVE 4 Inscricións no Campamento do Invernadoiro A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Verín abriu o prazo de inscrición para participar no Campamento do Invernadeiro, para menores de entre 8 e 15 anos. O campamento inclúe pensión completa, materiais para as actividades, equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural; actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, rutas de sendeirismo, seguro e atención sanitaria, se fose necesaria. O campamento oferta 50 prazas, a un prezo de 110 euros para menores empadroados en Verín, e 130 euros para os non empadroados.

4Obradoiro sobre cooperativismo nos servizos sociais A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Rede Eusumo na que está incluida o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, programa na vila do Támega o obradoiro “A

4 Nova presidenta fórmula cooperativa nos servizos sociais”. Esta actividade quere amosar as vantaxes da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial, presentando exemplos de referenza neste sector. Está dirixida a axentes de servizos sociais e a persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, e terá lugar o 16 de xullo, no Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín, de 10 a 13 horas.

4Verín pon en marcha “Move a túa atención” O Concello de Verín vén de por en marcha o obradoiro “Move a túa atención”, para maiores de 45 anos que queren previr o deterioro das funcións cognitivas. Comezará unha vez se inscriba un grupo dun mínimo de 8 a 10 persoas. Os asistentes ao obradoiro realizarán tarefas prácticas empregando dinámicas grupais, exercicios motrices asociados a procesos cognitivos, e técnicas de debate. A inscrición pode realizarse no 988 41 47 76.

A presidenta da D.O. Monterrei e técnicos da entidade, xunto ao alcalde de Verín, o tenente de alcalde e as concelleiras de Turismo e Cultura.

Verín acollerá a X Feira do Viño do 7 ao 9 de agosto Redacción A presidenta da Denominación de Orixe Monterrei, Asunción Rodríguez, acompañada de técnicos da entidade mantivo un encontro co alcalde de Verín, Gerardo Seoane, para sentar as bases da colaboración entre ambas as entidades con respecto á celebración da Feira do Viño, cuxa décima edición celebrarase na fin de semana do 7 ao 9 de agosto. Na reunión

Agárdase superar as 15.000 degustacións

participaron, ademais, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo,e as concelleiras de Turismo, Puri Caldelas, e de Cultura, Emilia Somoza. No decurso da xuntanza, a máxima responsable do D.O. sinalou que o organismo que preside espera contar coa participación dun maior número de adegas nesta edición da feira, en relación a convocatorias anteriores. Paralelamente, expresou o seu desexo de que este ano se supere a cifra de 15.000 degustacións de produto alcanzada o ano pasado. Pola súa banda, o alcalde de Verín mostrou a abso-

luta colaboración do Concello na organización do evento, que contará cunha axenda de actos paralela de carácter lúdico-festivo e de promoción gastronómica.

Asunción Rodríguez Zarrasquiños é a nova presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, elixida por maioría de votos do pleno en substitución de Antonio Méndez. Ligada ao mundo da produción vinícola industrial desde hai máis de 10 anos, Rodríguez situou entre os seus obxectivos máis inmediatos concluír os trámites para a obtención da acreditación ENAC e intensificar as accións de defensa e promoción do sector do viño de Monterrei, coa mirada posta na próxima Feira do Viño.

4 A colleita 2014, “moi boa” A Cata de Cualificación da Colleita 2014 da D.O. Monterrei definiu esta añada como “moi boa”. En total, 19 viños, 13 de viño branco e 6 de viño tinto, sometéronse nunha cata “a cegas”, ao xuízo do comité encargado de valorar a presente

colleita, no que supón unha mostra representativa e proporcional dos viños desta denominación A nota final resultou da media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo tanto os viños brancos coma os tintos.


VERÍN E COMARCA

Unha plataforma defenderá a sanidade pública da comarca 4 Voltará reunirse o día 21. Redacción Vén de constituírse a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na comarca de Monterrei, coa participación de profesionais do sector sanitario, sindicalistas da CIG e CCOO, e políticos de PSOE e BNG, ademais de veciños a título particular. Na primeira xuntanza, o pasado 10 de xullo, a Plataforma anunciou unha manifestación para reivindicar a apertura do servizo de urxencias pechado polo PP no centro de saúde de Verín e a dotación das estruturas e persoal necesario “en todos os puntos de atención médica da bisbarra”. Eivas da sanidade Na xornada constitutiva da Plataforma, os asistentes chegaron a unha conclusión “unánime” sobre a situación que atravesa a sanidade pública en Monterrei. Así, e segundo indican nun comunicado, cren que a Consellería de Sanidade ten feito “unha

clara aposta pola sanidade privada en detrimento da pública”. Ademais, non se están a cubrir as vacantes de persoal médico, de enfermaría e do resto de persoal, nin as ausencias dos facultativos, “mantendo en espera de atención aos seus enfermos até a súa reincorporación”. Denuncian tamén que se están a realizar contratos a media xornada e por días alternos para cubrir servizos, e desvíanse servizos de atención hospitalaria a atención primaria. No que respecta ao servizo de urxencias, táchano de “auténtico despropósito”, pois obriga aos pacientes a desprazarse, falta espazo para “unha atención digna”, as temperaturas nas dependencias son “insufríbeis” e o tempo de espera “multiplícase”, entre outras queixas. O 21 de xullo, ás 20:30 horas, voltarán reunirse nas dependencias da CIG de Verín.

Datas de matrícula e exames de setembro no IES García Barbón O IES García Barbón de Verín informa sobre as datas de matrícula para as distintas opcións formativas que ofrece, así como dos exames de setembro para os que teñen que recuperara algunha materia de cara ao novo curso. FP Nos estudos de Formación Profesional, unha vez realizado o proceso de admisión, vaise proceder coa primeira adxudicación o 17 de xullo. A matrículación pode facerse do 17 ao 23 de xullo (ata as 13 horas). A segunda adxudicación terá lugar o 28 de xullo e o prazo de matrícula é do 28 ao 30 de xullo (tamén ata as 13 horas). Haberá un período extraordinario de admisión e matrícula para os estudos de FP-ciclos de grao medio e superior- do día 1 ao 11 de setembro. A adxudicación terá lugar o 23 de setembro e a matricula farase do 23 ata as 13 horas do 25. Nos ciclos con prazas libres, habilítase un procedemento de matrícula sen necesidade de ter realizado o procedemen-

to de admisión. Exames Os días 1 e 2 de setembro, o alumnado de Bacharelato, Formación Profesional Básica e Educación Secundaria de Adultos - con materias non superadas – ten que presentarse aos exames da convocatoria extraordinario de setembro de 2015. Haberá un período extraordinario de matrícula para os estudos de Bacharelato do 1 ao 10 de setembro de 2015. Pola súa banda, as probas de selectividade de setembro serán os días 16, 17 e 18. ESA A solicitude de admisión na Educación Secundaria de Adultos (ESA) farase no mes de xullo (módulo I e III) e a matrícula do 1 ao 10 de setembro. FPB A solicitude de admisión e matrícula na Formación Profesional Básica (FPB) realizarase na primeira quincena de setembro.

Medio Ambiente eliminará dez vertedoiros incontrolados en Cualedro 4 Existentes na Xironda, Pedrosa, Montes, Lamas e Atas. Redacción A Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, iniciará nas vindeiras semanas os traballos de adecuación e limpeza de dez puntos de vertido incontrolado no Concello de Cualedro. A conselleira Ethel Vázquez reuniuse esta semana co alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, para analizar a execución destas obras. Estes traballos terán lugar en varios núcleos deste

municipio ourensán como A Xironda, Pedrosa, Montes, Lamas ou Atas. O proxecto implica a recollida, clasificación e retirada de residuos a un xestor autorizado segundo tipo de residuo; o perfilado e acondicionamento dos residuos inertes, e a revexetación mediante o estendido de terra vexetal e sementeira. Ademais, inclúese unha reportaxe fotográfica anterior e posterior á execución.

A conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, e o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, nunha xuntanza en Ourense.

BARRIOS Xullo de 2015


BARRIOS Xullo de 2015

VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

Festas de Santa Mariña de Xinzo 4 Celébranse do 17 ao 19 de xullo coa música tradicional como protagonista. Redacción

O presidente da Xunta cos propietarios da adega “Crego e Monaguillo”.

Feijoo, na ampliación de ‘Crego e Monaguillo’

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, participou na inauguración da ampliación da adega ‘Crego e Monaguillo’ da D.O. Monterrei, un acto no que asegurou que a Xunta permanece ao carón da industria vitivinícola para prestarlle apoio en tres ámbitos prioritarios: a mellora dos procesos de produción, a promoción e a comercialización. E, por iso, apuntou que desde 2002 leva achegado ao Consello Regulador da D.O. Monterrei preto de 1,2 millóns de euros en axudas e, concretamente, á adega ‘Crego e Monaguillo’, máis de 753.000 euros desde 2003. Feijóo puxo esta adega como exemplo da expansión comercial que está a rexistrar a industria do viño en Galicia e, ao respecto, sinalou que logo de 12 colleitas, conseguiu ampliar a súa superficie ata os 3.700 m²; incrementar a súa capacidade produtiva das 8.000 botellas que acadaron en 2003 ás máis de 500.000 que comercializaron en 2014; e exportar máis do 15 por cento da súa produción a 14 países.

Xinzo de Limia prepárase para as súas Festas de Santa Mariña, que terán lugar do 17 ao 19 de xullo e que este ano, por primeira vez, non están organizadas directamente polo Concello, senón por unha comisión de festas. Esta comisión logrou recadar 6.000 euros para os festexos, achegados por veciños e comerciantes, e o Concello puxo 10.000 máis. O programa, que tivo que ser elaborado en pouco máis de dúas semanas, aposta pola música tradicional.

A festa comeza o venres 17 ás 21 horas coa foliada tradicional polo casco vello. De seguido, haberá baile co Colectivo Danzón e o concerto de Guezos na praza Carlos Casares e festa popular na praza Otero Pedrayo. O sábado pola mañá haberá pasarrúas, procesión da Banda de Gaitas e da Agrupación Musical da Limia e misa solenme. E pola tarde, a partir das 19 horas, espectáculo infantil na praza de Oriente, e ás 19:30, Festival de Bandas de Música. A partir das 21 horas, será o turno das actuacións da Orquestra Essencia, do I San Mariña´s Fest e da sesión DJ.

O domingo pola mañá haberá pasarrúas e unha clase de fitness na praza Oriente (ás 13 horas). E a partir das 20 horas, actuación de Natalia Rodríguez (finalista do programa “Tú sí que vales”) e ás 21:30, da Orquestra La Fórmula. Actividades deportivas como o XL Raid de Cabalos; torneos de fútbol sala, tenis e chave; e inchables para os máis pequenos no exterior das piscinas completan a programación. O presidente da comisión de festas, Ricardo Sieiro, que agarda xunto ao seu equipo continuar organizando estes festexos os vindeiros anos, animou a veciños e visitantes a achegarse a Xinzo a vindeira fin de semana, “que veña todo o mundo ás festas e non se vaian á praia, que é unha fin de semana para gozar do pobo”, salientou.

O orzamento ronda os 16.000 euros


XINZO E COMARCA

O PSOE, co IES Cidade de Antioquía Redacción A socialista Noela Blanco trasladou ao Parlamento o desmantelamento do IES Cidade de Antioquía de Xinzo, ante a eliminación do Ciclo Medio de Xestión Administrativa o 16 de xuño, un día antes de comezar a preinscrición. Blanco, xunto á portavoz do partido no Concello, Elvira Lama, acusan á Xunta de deixar “en desamparo aos estudantes” desta titulación, amosando “falla de interese pola formación e a inserción das mulleres”, que son a maioría das que a cursan. Así mesmo, lamentan que a Consellería non aporte solución e obrigue aos estudantes a formarse lonxe do medio rural, o máis necesitado de servizos sociais.

BARRIOS Xullo de 2015

4NOTICIAS DE EMPRESA

Servizo integral bucodental en Clínicas Arranz Falamos co doutor Mariano Arranz Rodríguez, odontólogo e xerente de Xinzo Clínica Dental na capital da Limia, ARGO Clínica Dental en Allariz e Arranz Clínica en Chaves. Que servizos ofrecen Clínicas Arranz? Mariano Arranz: “Ofrecemos un servizo integral, atendemos todos os problemas da boca, inclusive con TAC e imaxes en 3D. O que nos diferencia doutras clínicas é que os nosos implantes son punteiros no mercado, os máis modernos, é cirurxía guiada. Trátase dun sistema dixital no que facemos un TAC e

colocamos o implante de maneira virtual no óso. Todo iso mándamolo a Suecia e envíannos unha guía que se coloca, case sen cirurxía, en pouco tempo e sen dor algunha. Aforrando revisións, problemas postquirúrxicos, etc. Moi poucas clínicas teñen este servizo porque supón unha importante inversión. Pero nós facémolo máis barato e máis rápido porque somos fabricantes”. Que aconsellaría a unha persoa que está pensando en realizar un implante dental? M.A.: “Que se informe para escoller o dentista axeitado e sobre a marca do implante, esixindo que este último sexa europeo e

de calidade. Nunca está de máis preguntar a coñecidos sobre as súas propias experiencias, para coñecer os éxitos ou fracasos dese profesional. Tamén é obrigatorio que lle dean a guía e a posición na que está colocado o implante,

por se esa información a precisa nun futuro outro profesional”. Que ten que ofrecer unha clínica dental como garantías para este tipo de tratamentos (implantes, próteses, etc.)? M.A.: “Persoal preparado e material de última xeración. Así como uns bos resultados confirmados polos demais pacientes”.

Cantos anos de experiencia posúe? M.A.: “20 anos. Neste tempo abrimos tres clínicas e continuamos coa idea de seguir medrando porque confiamos no noso xeito de traballar e de tratar ao paciente”.

Infórmate no 988 46 21 33 ou en www.dent2000.es

O doutor Mariano Arranz, en ARGO Clínica Dental de Allariz./M.REJO


BARRIOS Xullo de 2015

XINZO E COMARCA

O alcalde de Rairiz da Veiga, inhabilitado 8 anos e medio por prevaricar 4Rodríguez pediu a baixa do PP, pero o PSOE reclama a súa dimisión como rexedor. Redacción O Xulgado do Penal nº2 de Ourense vén de condenar ao alcalde de Rairiz de Veiga, Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio, a oito anos e medio de inhabilitación por un delito de prevaricación administrativa, polas contratación de obras e servizos e pago de facturas, malia os reparos e advertencias de ilegalidade por parte da secretaria-interventora do Concello. O rexedor pode aínda reco-

rrer esta sentenza, que non é firme. Unha vez coñecido o fallo, Rodríguez solicitou a baixa temporal do PP, ao igual que o resto de edís desta formación en Rairiz. Desde a oposición, o voceiro do PSOE Pablo Lorenzo considera que Rodríguez debe dimitir; e solicitou que se declare a nulidade de todas os actos administrativos que firmara dende a notificación da sentenza, o 26 de xuño. Así mesmo, pediulle ao

Xaquín Rodríguez. rexedor copia dos informes que calquer órgano do concello lle fixera dende que foi inhabilitado, pero non obtivo resposta.

4 O grupo de goberno está a realizar unha limpeza xeral, ante as queixas recibidas. O Concello de Xinzo comezou unha limpeza xeral de rúas, beirarrúas e prazas, con auga, xabón e desengraxante ecolóxicos. O rexedor, Antonio Pérez xustificou a demora na limpeza da localidade na avaría dun vehículo pick up que se empregaba neste servizo e explicou que grazas a un acordo coa Deputación se puido contar cun camión baldeador da entidade provincial para esta tarefa.

A edil de Comunicación, Montse Lama, explicou que a organización e supervisión da limpieza corre a cargo do novo concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Cabas, “que dende o minuto un se puxo a traballar no tema e organizar ao persoal, máquinas e compra de produtos ecolóxicos que non danen a nosa paisaxe e os nosos bens urbanísticos”. Recalca Lama que se está a facer un labor “real” de limpeza “e non o paripé que o outro día protago-

4 Aplicará medidas innovadoras para rexenerar as masas de auga da Limia. Redacción

O Concello de Xinzo comeza a limpar a vila Redacción

O Consello de Ministros ratifica o “Regenera Limia”

nizaron os membros do PSOE no medio da praza Maior”. “Está moi ben sair na foto cun chaleco, unha vasoira e un caldeiriño de auga e facer que se traballa, pero queridos compañeiros, o traballo real, honesto, diario e laborioso é o que se fai día a día desde dentro, e non de cara ao populismo”. Responde así a edil popular á convocatoria realizada o 2 de xullo polos socialistas en protesta polo estado de suciedade da vila.

Operarios limpando a rúa Curros Enríquez axudados do camión baldeador da Deputación./P.L.

O Consello de Ministros vén de autorizar a subscrición do convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do MiñoSil (CHMS), a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense, o Inorde, COREN e Ecolagunas no proxecto “Life

Regenera Limia”. Neste programa, os socios van poñer en marcha un conxunto de técnicas demostrativas para reducir a presenza de nutrintes, fundamentalmente de orixe agrogandeira, nas masas de auga da comarca da Limia, o que contribuirá ao cumprimento dos obxectivos ambientais que establece a Directiva Mar-

co da Auga. O custo total do “Life Regenera Limia” é de 1,7 millóns de euros, dos cales o 50% achégaos a Unión Europea e o outro 50% a CHMS. Accións informativas Desde a posta en marcha do “Regenera Limia”, a CHMS ten realizado 116 visitas a granxas avícolas e 80 a granxas porcinas ubicadas nos 11 concellos da comarca da Limia. Ademais, desde o Inorde prestouse asesoramento sobre boas prácticas a 85 profesionais da comarca, cifra que se incrementará durante a época de abonado en outubro e novembro.

O custo total do proxecto é de 1,7 millóns de euros

Os socialistas piden a Pérez que defenda os regantes de Lamas Ganade 4Para evitar sancións por regar do río. Redacción O PSdeG-PSOE de Xinzo reclámalle ao alcalde da localidade, Antonio Pérez,que se reúna co presidente CHMS, co subdelegado do Goberno e cos mandos da Garda Civil para evitar posibles sancións e expedientes coercitivos aos agricultores. A voceira socialista en Xinzo, Elvira Lama, informa de que se esta a crear certa alarma entre os agricultores da comunidade de regantes de Lamas Ganade, ante as inspeccións dos axentes da autoridade por regar do río Limia, “unha practica que lles permite ‘regar en precario’ con moito traballo e con moito esforzo, mentres non se acometan as modernizacións pendentes, que foron atendidas e dotadas de cartos nos orzamentos do Estado para o 2009, coa intención de que se farían en catro anos e por importe de 27 millóns de

Rega nun campo da Limia. euros”, subliña a socialista. Mentres esta modernización non se facía efectiva, e para non ser sancionados polas autoridades, unha intervención dos socialistas permitiu no seu día que a CHMS facilitara un “permiso que lles permitía regar do rio Limia entre o 15 de xuño e o 15 de agosto, uns 30 días, a escoller entre esas datas”. Investimento pendente Recorda Lama que mediante un convenio entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura asi-

nado en xaneiro de 2011 acordaba “unha inversión importantísima para as catro comunidades Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo” pero que “o Goberno do PP de Feijoo e de Rajoy, foron retirando ata deixar sen partida a mencionada modernización, deixando esquecidos os agricultores da Limia, o seu sustento e a da súas familias, e que pasados 7 anos seguen nas mesmas condicións, tendo que optar por regar en precario do río ou abandonar as produción de pataca”.


XINZO E COMARCA

ENTREVISTA A ANTONIO PÉREZ - ALCALDE DE XINZO

“O regadío é algo ao cal non imos renunciar nesta lexislatura” 4 A construción da circunvalación será outra das prioridades para este mandato para o alcalde popular de Xinzo de Limia. P. Lodeiro O alcalde de Xinzo recíbenos no seu despacho de Alcaldía, logo de atender a un veciño tras outro durante case unha hora. Unha realidade que é a habitual de todos os días, segundo nos comenta, teñan ou non cita. Na entrevista previa ás eleccións comentábanos que a limpeza era unha das dificultades coas que se atopaba o Concello de Xinzo, como levan esa problemática? Antonio Pérez: “Xa tomamos cartas no asunto, baldeouse con auga parte das rúas e das prazas. O problema que tiñamos é que levaba averiada mes e medio unha pick up que tiñamos con auga para a limpeza; tivemos que pedir fóra e tardou máis do previsto, xa a temos funcionando. Á parte, trouxemos un camión baldeador cun pequeno acordo ca Deputación para ir solventando o tema. Pero quero recordar tamén que moitas veces cando pasan os barrendeiros as 8 ou 9 da mañá a rúa queda limpa e ás 11 xa está chea de papeis e de cabichas. Á parte de facer incidencia no tema de limpeza imos ter que facer incidencia no tema do civismo, ás veces vexo papeleiras que están baleiras e a varios metros o chan cheo de papeis… É un dos temas que dixemos que imos priorizar, pero iso non significa que non se estivera facendo. Eu non recordo que esta vila estea máis sucia que hai dous, cinco ou dez anos”. Naquela entrevista tamén se refería á circunvalación como unha das prioridades deste mandato, como van as xestións? A.P: “Xa houbo entrevista coa conselleira de Medio Ambiente en Santiago e coa ministra de Fomento Ana Pastor, aproveitando que estivo hai un par de semanas en Ourense. Eu tiven un aparte con ela para levarlle en man un pequeno dossier sobre ese asunto, e con Ethel Vázquez estiven fai dez días falando, entre outras cousas, da circunvalación.

Antonio Pérez, no seu despacho no Concello de Xinzo./P.L.

“Nós temos claro por onde vai (a circunvalación), témolo definido e cuantificado” “Baixamos un 20% a débeda, nos tempos que corren non é nada fácil” É algo complexo, con moito coste económico; todos falaban nas eleccións da circunvalación pero ninguén dicía por onde, nós temos claro por onde vai ser, témolo definido e cuantificado”. Por onde se construiría? A.P: “O que plantexamos é partir desde a estrada de Baltar que a fixemos nova fai cinco anos, que é unha gran vía de comunicación con Portugal, de aí iría á pista da Armada, á pista Real, pasaría pola rotonda do pavillón, pola ponte nova que fixemos no río agora con dobre circulación, de aí ata a estrada de Celanova e de aí ao acceso á autovía. Sería a circunvalación natural, non hai que expropiar nin facer macroproxectos que ao final quedan abandonados. As grandes infraestruturas para poder permitir a circunvalación están feitas, agora o que hai que facer é ampliar eses viais que xa existen, facer beirarrúas nalgún caso, noutros botar aglomerado, meter saneamento e servizos… Pretendemos facelo en varias anualidades coa colaboración de todas as outras administracións porque é un montante económico importante. É un dos nosos obxectivos prioritarios para esta

lexislatura”. Os socialistas pedían estes días que defendese aos regantes de Lamas Ganade. A.P.: “Coma sempre xa chegaron tarde. A conselleira de Medio Rural estivo aquí fai 15 días con catro representantes de ADEGAL e conmigo e co tenente de alcalde e viu falar do tema do regadío. Recordo que a primeira fase fíxoa o PP, os que piden agora o regadío durante oito anos que gobernaron en Madrid, cal foi a achega económica ao regadío? Cero euros. A seguinte fase son 850 hectáreas, cun custo de 6,5 millóns de euros. Eu o outro día lle puxen enriba da mesa á conselleira que era algo ao cal non iamos renunciar nesta lexislatura, tiña que ser si ou si. Esta nova fase do regadío para a comarca da Limia é clave, é fundamental”. Cal foi a resposta da conselleira? A.P.: “Ela ten perfectamente definido todo e eu quedei en chamala ao final de mes para ver a fórmula a aplicar; podería ser Consellería, Ministerio de Medio Ambiente a través da Confedera-

ción Hidrográfica, xunto cunha achega ao mellor da Deputación, habería que velo, a través de convenios coas diferentes administracións. Ela quedou en estudalo, eu a final deste mes chamareina ou irei a Santiago para ver xa se ten definido ou falou co Ministerio, incluso se houbera liñas de fondos europeos, que non o sei”. O Concello de Xinzo é o segundo máis endebedado da provincia, como afecta ao día a día da Administración local? A.P.: “Collín o Concello como o collín, coa herdanza que o collín, e nós baixamos un 20% a débeda, 1,5 millóns de euros, non sei se a xente non lle dá importancia, nos tempos que corren que non é nada fácil. E iso é froito da nosa xestión; recurtamos gastos xerais: alumeado, electricidade, telefonía, fixemos auditorías enerxéticas, na piscina cambiamos dun sistema de gasoil a biomasa… E ninguén fala de Allariz, ten 5,5 millóns de euros de débeda, a metade de poboación que Xinzo, a metade de ingresos da participación do Estado, e parece que non pasa absolutamente nada, parece que é un concello dez, un concello que fai todo ben. Hai cousas que me pasman, eu levo aquí cin-

BARRIOS Xullo de 2015

co anos como alcalde non 30, o Concello de Allariz que eu saiba leva gobernado polo BNG moitas décadas”. De todas maneiras vostede herdou o posto dun Goberno popular. A.P.: “Si, pero independentemente de quen o herdara, eu collín o Concello na situación que o collín, dame igual que sexa dun Goberno popular, do PSOE ou do Bloque, de Podemos ou de quen sexa. Eu cando asumín isto estaba na situación que estaba e o que fixen foi baixar a débeda en máis dun millón e medio de euros e ímola seguir baixando”. Con algunha medida extra? A.P.: “Nós estamos tomando todas as medidas que se poden tomar e algunha máis; estamos a ampliar a inspección tributaria a edificios que estaban sen pagar IBI e demais durante un montón de tempo. Nesa mesma liña tamén nos valeu moito, hai que recoñecelo, que pasamos do ano 2011 de 20 empresas no polígono industrial a 36 empresas en 2015, iso loxicamente corresponde a novas contribucións, novos IAEs, etc. , que ten axudado”. Como se tomou a sentenza que anulaba dúas oposicións realizadas polo seu goberno no anterior mandato? A.P.: “Non sei por que me preguntan a min iso. Convócanse dúas oposicións, unha libre á que se podía presentar calquera e se presentaron 17 aspirantes e outra de promoción interna na que participaron só tres persoas. Eu para evitar suspicacias xa non quixen poñer a ninguén do Concello nos tribunais e pedín persoal a Xunta e Deputación para unhas oposición, nin sequera formei parte dese tribunal. Queremos seguir mareando a perdiz? Pois sigamos mareando a perdiz”. Cada vez a xente demanda máis transparencia e a participación cidadá nas administracións, como a aplica o Concello de Xinzo? A.P.: “Transparencia aquí total, cando falan os grupos da oposición de que non hai transparencia… non hai ningún escrito nin petición dos grupos da oposición sen contestar. A páxina web do Concello imos mellorala. As ordenanzas e resolución do Concello están todas publicadas na web, calquera grupo pide calquera asunto e ao día seguinte vén aquí a consultalo ou se lle dá por escrito. E eu recibo a todo o mundo”.


10

BARRIOS Xullo de 2015

XINZO E COMARCA

Percorrido pola saúde no rural da Limia Redacción

Punto de recollida de alimentos no pavillón de Xinzo.

Unha gala solidaria recada máis de mil quilos de alimentos A gala solidaria Rock Star15 de Xinzo recadou máis de 1.100 quilos de alimentos e produtos de hixiene que serán repartidos polo Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”. Tamén se encheu unha furgoneta de roupa de segunda man que se destinou a unha entidade benéfica pontevedresa. O evento foi organizado pola empresa Fusión SC no pavillón de Deportes o 13 de xuño, e nel imperou a diversión, o altruismo e o compromiso.

A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia continúa coa quinta edición do “Percorrido pola saúde da zona rural da Limia” divulgando consellos prácticos de hábitos saudables e educando en prácticas cotiás que melloran a calidade de vida. Esta acción ten como finalidade o achegamento dos profesionais sociosanitarios e a promoción da saúde, descentralizando desta forma as actividades que a asociación vén realizando. Nesta ocasión reali-

O antropólogo CESIC Manuel Mandianes someténdose a un control. zouse o taller de “Alimentación saudable” na Casa de Cultura de Trasmiras, no cal se tratou a importancia da alimentación e a prevención de enfermidades crónicas. A asociación tamén está facilitando material “para

facer máis entendible todo o relacionado co que debe de terse en conta cando hai necesidade de realizar unha dieta para mellorar as medicións dos valores relacionados con enfermidades crónicas”, explica Lola Rico, a coordinadora.

Os talleres están a ser impartidos polo farmacéutico especialista en nutrición Pablo García Vivanco e persoal sanitario que informa sobre os autocoidados en caso de hipertensión, hiperglucemias, ou hipercolesterolemia.


XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA

Vilar de Santos renovou varios camiños rurais 4 Investiu 109.000 euros. Redacción O Concello de Vilar de Santos finalizou varias actuacións de renovación e mellora viaria e conservación e protección do medio rural e natural nas que investiu 109.724 euros. En concreto, dedicou 83.454 euros a un proxecto de mellora de camiños rurais, incluído dentro do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, financiado polo FEADER. O investimento concretouse na mellora de 17 km da rede municipal de camiños agrícolas da concentración parcelaria e outros camiños de acceso. Realizáronse obras de nivelación e acondicionamento con zahorra de 24 pistas, e posterior limpeza de gabias, nos núcleos de Laioso, Bréixome de Arriba, Bréixome de Abaixo, A Venda, Toxediño, Outeiro, Parada, O Vieiro, A Ponte, O Mosqueiro, Castelaus, As Casas da Veiga e Vilar de Santos. Na zona de Rede Natura do municipio investironse 6.269 euros nun quilómetro máis de camiños, nunha actuación dirixida á mellora da paisaxe agraria coa limpeza e restauración das pistas de acceso ás fincas desta zona do río Limia. Explica o rexedor de Vilar de Santos, Xan Jardón, que estas actuacións son “fundamentais tanto desde o punto de vista de mellora e renovación das infraestruturas como desde a actividade agraria e súmanse

ao arranxo e mellora de 19 km de camiños feitos o ano pasado”. Programa bianual Con este programa bianual de mellora, quedou reparada e renovada “practicamente a totalidade da rede municipal de camiños agrícolas fundamentais para facilitar o tránsito e o acceso ás fincas, granxas e outras instalacións pero tamén para tratar de previr os efectos negativos do encharcamento de auga nos camiños e nas terras de cultivo e manter a actividade e dinamismo no sector agrogandeiro, estratéxico para o concello”, salienta o alcalde de Compromiso. Vilar de Santos tamén levou a cabo un proxecto de renovación da pavimentación asfáltica na rede viaria en varios pobos, por un importe de 20.000 euros.

Xinzo, na vangarda artística co I Certame de pintura mural “Matrioska” 4 Artistas locais e foráneos pintarán seis murais do 3 ao 9 de agosto. P.L. Xinzo de Limia organiza entre os días 3 e 9 de agosto unha actividade que o sitúa á vangar-

da artística entre as vilas que promoven iniciativas creativas relacionadas ca arte. Trátase do I Certame de pintura mural “Matrioska”, que converterá a ca-

pital da Limia nun “gran lenzo” onde artistas de ámbito nacional e internacional pintarán nas paredes medianeiras de varios edificios obras de arte creadas

O presidente da Deputación, alcalde e concelleiro de Xinzo e representantes do colectivo “Matrioska” na presentación do certame de pintura mural./A.PAZ.

Camiño pavimentado en Vilar de Santos.

11

por eles “para reivindicar Xinzo como un lugar de creatividade e achegar ao público o noso traballo artístico”, explicou Iván Prado, representante do movemento “Espacio Matrioska”, na presentación do evento. Polo de agora, o colectivo “Matrioska” está a seleccionar as medianeiras que se van pintar, “que serán case todas na rúa principal de Xinzo para que sexan moi visibles” mentres o prazo para que os artistas poidan presentar as súas propostas remata o 25 de xullo. Ofértanse catro muros de arredor de 300 metros cadrados cada un, estando un deles reservado para un artista da comarca da Limia ou residente nela. A temática das obras será libre e os creadores disporán de todo material necesario para a realización das pinturas así como do andamiaxe acaído para realizar seu traballo. Este certame está co-organizado pola Deputación de Ourense, o Concello de Xinzo e “Espacio Matrioska”, colectivo cultural radicado nos Blancos.

Bolsa de emprego no IES Cidade de Antioquía

Próximas actuacións Jardón anuncia a realización “doutros traballos de recuperación de camiños tradicionais, o desbroce e limpeza en todos os pobos e espazos públicos e a limpeza dos regatos e desaugadoiros ao longo do verán”.

O Concello renovou este ano 24 pistas en 13 núcleos de Vilar de Santos, en total, 17 km de camiños

BARRIOS Xullo de 2015

Redacción

Momento no que se descubriu a escultura, en Queiroás (Allariz)/P.LODEIRO.

Unha escultura homenaxea aos segadores en Queiroás da Igrexa

A localidade alaricana de Queiroás da Igrexa conta desde o pasado mes cunha escultura de homenaxe á sega e aos segadores. A escultura é obra do canteiro local Pablo Fernández Parada e representa a un segador, xunto a unha praca na que se pode ler o canto de seitura “Corta, miña fouce, corta, por esta palliña rala, que si non fora preguiza moito mellor te cortaba”. Un grupo de veciños da aldea, de máis de 80 anos, que no seu día foron segadores en Castela, foron os encargados de destapar a figura, ubicada no lugar da “Petouquiña”. A lectura de poemas e o recordo aos 20 anos de festas etnográficas en Allariz completaron este acto de homenaxe, que foi amenizado musicalmente por unha pandereteira. Durante o acto, ao que asistiu boa parte da veciñanza de Queiroás, o alcalde de Allariz reivindicou o labor no campo e que os segadores “non sexan unha profesión en extinción” e prometeu o traslado dos dous postos de luz que agora afean o conxunto escultórico.

O IES Cidade de Antioquía puxo en marcha unha bolsa de emprego coa finalidade de ofertar ao mercado laboral o alumnado titulado nas familias profesionais de Administración e Agraria. Entre as titulacións que ofrece o IES da Limia atópanse a de técnico superior de Administración e Finanzas, técnico auxiliar administrativo, técnico superior en Xestión Forestal do Medio Natural, e técnico en Aproveitamentos e Conservación do Medio Natural. As empresas interesadas teñen que cumprimentar un impreso que poden descargar na web do instituto. Seguidamente, desde o centro enviaranlle os tres perfís máis acaídos á petición feita, e a empresa seleccionará o máis axeitado.


12

BARRIOS Xullo de 2015

ALLARIZ E COMARCA

4NOTICIAS DE EMPRESA

Niotek Solucións Informáticas achega internet ao rural Queres acceder a internet pero non podes? Vives nunha zona rural sen acceso a internet? Non chega ADSL até a túa casa? Niotek Solucións Informáticas, distribuidor oficial de Eurona, ten a chave para darche acceso a internet a alta velocidade en calquera lugar, a través da tecnoloxía satélite. Esta empresa ourensá, con establecementos en Celanova e na Valenzá, está a iniciar un novo proxecto de tecnoloxía 4G, que permitirá en moi pouco

Acceso a internet a alta velocidade a través da tecnoloxía satélite

tempo conexións de alta velocidade e sen límite de descarga por só 20 euros ao mes. Outros servizos Pero iso non é todo, Niotek Solucións Informáticas ofréceche unha gran cantidade de produtos e servizos. Nas súas tendas atoparás ordenadores, periféricos, consumibles, TPVs, consolas, MP3, así como gran cantidade de accesorios. Ademais, están especializados en desenrolo web (creación de páxinas, dominios, etc.) e ofrécenche servizo técnico propio. [+ info 988 45 11 40, r/Celso Emilio Ferreiro 16A, Celanova]

Comeza a campaña de escavacións en Armea 4 Prevese que en outubro se poidan visitar. Redacción O Concello de Allariz inicia a campaña de escavacións en Armea, as cales, segundo o alcalde, Francisco García, poñen valor aos recursos cos que conta “non somentes a vila, senón tamén pobos como Santa Mariña de Augas Santas”. Este ano, as escavacións dan un salto cualitativo, xa que ao longo do mes de xullo alumnos da Universidade de Vigo que participan na campaña en prácticas, están nas escavacións polas mañás e pola tarde fan

traballos de laboratorio, como o lavado de cerámica. Ademais, haberá máis técnicos, máis estudantes e máis operarios municipais; arredor de 20 persoas participarán no traballo de

Neste mes haberá un obradoiro arqueolóxico para nenos

O alcalde de Allariz e os directores das excavacións, na presentación da campaña.

Allariz prepara as súas Xornadas de carne de Boi 2015 4 Celebraranse do 12 ao 18 de outubro. Redacción

Tenda de Niotek Solucións Informáticas

campo. Asemade, realizaranse actividades didácticas e visitas guiadas, e na terceira semana de xullo, un obradoiro arqueolóxico para os nenos de Allariz.

Visitas Adolfo Fernández e Fermín Pérez, técnicos directores das escavacións, avanzaron que en setembro realizaranse traballos de conservación e restauración, e que previsiblemente en outubro estarán listas para ser visitadas.

A edición 2015 das Xornadas de carne de Boi de Allariz celebrarase do 12 ao 18 outubro. O alcalde, Francisco

García, e o gandeiro Lois González, da explotación O Rego, presentaron os bois que se consumirán este ano, que rondan os 500 quilos. Catro dos nove animais son nacidos, cria-

Francisco García cos bois da edición 2014./ARQUIVO dos e cebados en Allariz, e de razas autóctonas (limiaos, vianeses e frieireses); e poderán degustarse tamén noutros momentos ademais das Xornadas. De feito, xa se está a comerca-

lizar a primeira partida de carne de “Boi de Allariz” no Mercado da Reserva da Biosfera que se celebra os sábados pola mañá na antiga Praza de Abastos da localidade.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xullo de 2015

13


14

BARRIOS Xullo de 2015

ALLARIZ E COMARCA

Entrevista a Francisco García - ALCALDE DE ALLARIZ

"Esta política que facemos de impulso ao mundo rural a facemos moi en solitario” 4 O político nacionalista afronta o que será o seu último mandato coa dinamización do rural alaricano como grande reto. P. Lodeiro Francisco García recíbenos no seu despacho na casa consistorial de Allariz, onde leva sendo alcalde desde o ano 2000. Este é o seu cuarto mandato, de novo con maioría absoluta, en Allariz non hai escándalos de corrupción, nin imputados, cal é a receita do seu éxito? Francisco García: “Un goberno ao servizo do pobo ten sido unha das nosas máximas desde 1989. As prácticas que están salpicando ao mundo da política están relacionadas con gobernar pensando nos intereses persoais, o noso esforzo ten sido sempre defender os intereses xerais. Ten sido unha xestión de moita transparencia, de moita participación social. Allariz é un concello con paredes de vidro”. Como valora este resultado? F.G.: “Os resultados electorais foron extraordinarios para o BNG. Despois de 26 anos de goberno municpal, ter o 66% dos votos, para nós é un orgullo e tamén un reto e unha responsabilidade, para responder a este apoio dos veciños. A perda de nove puntos e un concelleiro no PP propiciou que o PSOE entrara de novo na corporación. Está sendo unha correlación de forzas habitual. A presenza do PP e do PSOE para nós vai ser a oportunidade de contrastar propostas e estar atentos ás suxerencias que poidan presentar e que redunden no interese xeral”. Cada vez a xente demanda máis transparencia e a participación cidadá nas administracións, como a aplica Allariz? F.G.: “Efectivamente a Lei de Transparencia leva á obrigatoriedade de publicación dalgunha das medidas, pero a veces é unha política máis aparente que real. Para nós é unha actitude na xestión municipal, que implica que os plenos sexan as 8 da tarde para que poidan acudir os veciños, que poida haber un turno de intervención dos veciños desde o ano 89, que haxa unha política informativa dos asuntos municipais que permita que a poboación estea ao tanto, mesmo nalgúns casos temos recorrido a

Francisco García, no seu despacho no Concello de Allariz./P.L.

“Neste momento non existe ningunha necesidade imperiosa de ningunha infraestrutura de calado” fórmulas de consulta cos veciños en asembleas. En mesas de contratación, tribunais… hai unha participación de todos os grupos políticos”. Na entrevista que lle facíamos antes das eleccións destacaba como prioridade a recuperación do medio rural, que accións concretas realizará o seu goberno? F.G.: “Allariz é un concello con 92 núcleos, con 88 km2, cunha dispersión importante. Dase a circunstancia de que medramos poboación pero como contrapunto negativo preocúpanos o envellecemento e a falta de perspectivas de futuro nas parroquias. É algo que excede con moito o ámbito do Goberno municipal, no que inciden moitas outras políticas. Non nos referimos a que non haxa infraestruturas, servizos básicos, mesmo a posibilidade de manter unha calidade de vida, que si o hai, o que non hai é actividade económica. Estamos intentando desde fai tempo poñer o acento niso, de igual xeito que xa o fixemos en Allariz. O sector primario ten sido outra das nosas preocupacións: o mercado da Reserva da Biosfera para impulsar a comercialización desta produción, apoiando os emprendedores que están valorizando os nosos produtos: cervexa, mel, castañas, carne, leite, caprino…”

Realiza o Concello un apoio económico? F.G.: “É un apoio moi diverso; buscamos que todas estas explotacións teñan o respaldo municipal do xeito máis global posible, nalgún caso sendo nós os impulsores. Estamos traballando en poñer en valor o propio oficio de labrego, de gandeiro, e ao mesmo tempo buscar actividades económicas que sexa posible desenvolver no medio rural, unha oferta que non só ten que ver co sector primario senón co sector servizos, temos parroquias moi interesantes como Santa Mariña de Augas Santas ou San Salvador e o grao de conservación dos nosos núcleos é moi bo. E aproveitando algo que Allariz ten, que é unha marca, unha afluencia turística e unha rede comercial que debería permitir incrementar a actividade económica nese medio rural. Estamos pensando en abrir coa marca Allariz noutras localidades, en Vigo, en Portugal, País Vasco…” Como unha tenda propia? F.G.: “Como unha tenda propia na que se vendería toda a produción que Allariz está tendo, pero o primeiro esforzo hai que facelo no propio concello. Non é de recibo que en moitos restaurantes non teñan a posibilidade de degustar amendoados, leite, castaña, empa-

nadas, embutidos, a nosa produción local”. Ese camiño estano percorrendo sós ou hai apoio doutras administracións? F.G.: “O Concello leva unha marcha moi superior ao apoio que outras administracións están facendo neste ámbito, pero si é certo que a través de programas como o Leader, os fondos de Agader, temos conseguido apoio a postas en marcha de proxectos no noso territorio, a Reserva da Biosfera tamén ten sido un aval a esta política. Pero segue habendo medidas na dirección contraria: a regulación que se ven de facer da venda de produción de horta e de rianxo, por exemplo”. Inflúe a cor política á hora de ter apoio doutras administracións? F.G.: “Que hai clientelismo e que nalgunhas institucións hai unha actuación discriminatoria cos concellos que non son do PP é certo. De todas formas nós temos mantido unha posición de cooperación institucional, temos acudido a ordes de subvencións, estamos mellorando os centros municipais con algún apoio exterior. Referíame máis a que esta política de impulso ao mundo rural a facemos moi en solitario, ou a unha velocidade moito máis forte que outras administración”. E teñen agora algunha petición de novas infraestruturas para o municipio? F.G.: “Allariz ten conseguido

poñer en marcha un nivel de equipamentos que a propia oposición recoñece, e que fai que neste momento non exista ningunha necesidade imperiosa de ningunha infraestrutura deste calado. Hai concellos de máis de 20.000 habitantes que non gozan das instalacións que podemos ofrecer. Non obstante, hai proxectos estratéxicos para nós: nos gustaría incrementar a velocidade de recuperación do castro de Armea, imos propiciar a través da Universidade de Vigo unha interlocución coa Consellería de Cultura para recabar unha vez máis o seu apoio a ese proxecto. Temos realizado obras para o Centro de interpretación da idade media no Castelo e falta basicamente o proxecto museográfico, tamén intentamos contar con ese apoio. E o impulso ao novo programa que pretende que o 80% do lixo poida ser aproveitado e reducir a fracción que enviamos a Sogama tamén vai necesitar apoio doutras administracións”. Allariz é un dos concellos que aumentou a súa débeda no período 2011-2014. F.G.: “Allariz, co plan de pago a provedores, viuse obrigado a suscribir dous préstamos que situaron a débeda total ao redor dos cinco millóns de euros. O esforzo económico que temos feito estes anos para impulsar toda esta actividade que Allariz ten levou a un endebedamento ocasionado, en boa medida, polo feito de que a comercialización do parque empresarial de Chorente non levou o ritmo que era o habitual. Unha situación que nos levou a manter unha política de axuste, mesmo para non despedir persoal. De todas formas á hora de analizar a solvencia dun concello non só deberíamos ver a variable da débeda contraída coa banca, que é unha débeda a 10, 12 anos; hai que ver tamén cal é o seu patrimonio, Allariz ten un patrimonio extraordinario. E tamén os ingresos. Os ingresos ordinarios son susuperiores aos gastos ordinarios, temos seis millóns de euros anuais de orzamento e vimos tendo un millón de euros de superávit”. Dixo que este será o seu último mandato, que prevé para o seu futuro? F.G.: “A miña intención é volver á miña actividade profesional, seguir obviamente vinculado ao traballo político do BNG, onde tiven cargos e sigo tendo. Pola miña parte a expectativa non está en dedicarme a outras tarefas no ámbito parlamentar e institucional, son partidario en volver ao ámbito profesional”.


especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Apoio ao Museo Galego da Emigración O Centro Galego de Barcelona amosou “o seu apoio total” á creación do Museo Galego da Emigración que promove o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Así llo confirmou Manoel Carrete, presidente da entidade galega en Barcelona, quen se entrevistou con Manuel Baltar no Pazo Provincial xunto con Pepita Álvarez, integrante da directiva do centro galego, para analizar temas de actualidade referidos á emigración galega. Baltar destacou no encontro a importancia “que tiveron, teñen e sempre terán os nosos emigrantes”, afirmando que Galicia, e sinaladamente Ourense, “é unha terra creativa e emigrante, dous aspectos que unidos deron de si importantes logros acadados en moitos ámbitos culturais, sociais, científicos e empresariais”. Baltar subliñou que a importancia que o goberno provincial lle da á emigración reflíctese en iniciativas como a web “Ourense emigrante”, na que estamos a traballar, e mesmo no que será o referente da emigración galega: o Museo Galego da Emigración, que terá a súa sede en Ourense”.

Entrega dos informes da Ribeira Sacra O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou na sede do Valedor do Pobo en Santiago no acto de entrega dos informes técnicos para o expediente de declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial. Tamén estiveron presentes o valedor, José Julio Fernández; o deputado lugués e presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto, e a responsable de Área do Valedor do Pobo, Beatriz González. Manuel Baltar dixo que todo Ourense “será Patrimonio Mundial cando recibamos este recoñecemento, porque con esta distinción réndese homenaxe á historia, ás tradicións, á viticultura, ao patrimonio artístico e natural e por suposto aos que habitaron estas terras en perfecta sintonía coa riqueza paisaxística e monumental”, engadindo que con esta nominación “protéxese un legado cultural que será motivo de orgullo para as vindeiras xeracións”.

BARRIOS Xullo de 2015

15

57 concellos da provincia xeraron emprego neto no último ano O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou o 6º informe do Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta que a institución provincial desenvolve para a análise económica, laboral, empresarial e social da situación económica da provincia ourensá nas súas comarcas. O Observatorio nace da implicación das institucións (Deputación e Inorde), a universidade e o ámbito empresarial, e na súa elaboración intervén un equipo multidisciplinar de profesionais e universitarios especializados, coordinados polo profesor Andrés Mazaira. Este sexto informe do Observatorio constata que nove comarcas e 57 concellos xeraron emprego neto no último ano, e que a provincia de Ourense impulsa e asenta emprego a un ritmo anual do 1,2 %, tendo un 10 % menos de paro xuvenil que ao inicio da crise. Manuel Baltar destacou que o Observatorio “é unha ferramenta relacionada coa planificación, o compromiso e a responsabilidade, tres

Manuel Baltar presentando o Observatorio Económico no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”. actitudes obrigadas na xestión pública”, e subliñou que no ámbito demográfico “temos que ser áxiles e constantes, pois estamos nun punto de inflexión no que a demografía ten que marcar a dirección das políticas locais, provinciais e estatais”. Tamén destacou Manuel Baltar neste intre, no que as 92 corporacións municipais e a Deputación

de Ourense están a perfilar a folla de ruta de catro anos decisivos para construír a provincia dos novos retos, “o Observatorio pretende ser unha guía para o deseño e un referente para a toma de decisións. “Impulsaremos unha estratexia de desenvolvemento urbano sostible, é dicir, o maior garante de futuro para a provincia, onde quedarán reco-

llidas as liñas de acción de catro proxectos xurdidos do Ourense máis creativo e innovador: o Plan Ourense Provincia Termal; o Plan de Competitividade das Pemes; o dobre proxecto de Provincia Intelixente e Administración Electrónica, e a Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente, coa que volveremos ser pioneiros en España”.

Deputación e consellos reguladores marcan un obxectivo: colaboración permanente O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse cos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas da provincia: Miguel Ángel Viso, do Ribeiro; Antonio Ángel Méndez, de Monterrei; Vicente Solarat, de Valdeorras, e José Manuel Rodríguez, de Ribeira Sacra, dentro da rolda de contactos que mantén o presidente do goberno provincial cos titulares das denominacións de orixe vitivinícolas para analizar estratexias e proxectos de promoción e dinamización deste importante sector económico. Na xuntanza, Manuel Baltar solicitoulles aos presidentes dos CRDO que plantexen proxectos para seren incluídos nos orzamentos de 2016, que se aprobarán en setembro. Asemade, o portal web “Enourense”, de comercialización para

Manuel Baltar reuníuse no CDDO Ribeiro cos presidentes dos entes vitivinícolas da provincia. as adegas das catro D.O. ourensáns, e a avaliación da Feira Vinis Terrae formaron parte tamén dos temas tratados na xuntanza, na cal o presidente da Deputación afirmou que o ente provincial “seguirá apoiando ás feiras e eventos relacionados coas catro

denominacións de orixe da nosa provincia, iniciativa enmarcada na colaboración en materia de promoción, innovación e comercialización para este sector básico da economía da provincia de Ourense”, dixo Baltar. A Deputación e os consellos

reguladores seguirán a manter estes encontros –o vindeiro en Valdeorras-, coa finalidade de planificar estratexias de promoción, modernización tecnolóxica e outras actividades vencelladas á promoción e comercialización, coa colaboración do Inorde.


16

BARRIOS Xullo de 2015

CELANOVA E COMARCA

Celanova acolle o II Festival “Hércules Brass” 4 Reunirá do 4 ao 8 de agosto a expertos e alumnos da música vento-metal de España, Portugal, Bélxica e Francia. Redacción O II Festival “Hércules Brass” converterá a Celanova, do 4 ao 8 de agosto, no punto de encontro da música de vento de todos os estilos, con concertos, clases maxistrais, conferencias e diversas actividades formativas. Durante a presentación de festival, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, destacou que “é unha aposta fascinante e esperamos que en vindeiras edicións

Como novidade, este ano haberá un taller de respiración: “O método das tres chaves”

poidamos seguir nesta liña de innovación musical”. Pola súa banda, o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, subliñou a importancia de Celanova como “referente en Galicia pola diversidade do traballo cultural e creativo que realiza”. Programa O programa inclúe actividades de lecer relacionadas coa música e, como novidade, un taller de respiración, “O método das tres chaves”, e as clases de música de cámara, onde o alumnado realizará un concerto. Haberá un total de 11 actuacións, repartidas entre o claustro barroco do mosteiro e as prazas e rúas de Celanova, coa presenza

O PP segue gobernando en Ramirás 4 Discrepancias entre PSOE e BNG impediron un cambio de goberno despois de 40 anos. Redacción PSOE e BNG non se puxeron de acordo para gobernar conxuntamente o Concello de Ramirás, que leva dende os anos 70 en mans do Partido Popular; e así continúa sendo. Trala renuncia de Pilar Otilia López, agora é rexedor, cun goberno en minoría, Juan Carlos Rodríguez. Os nacionalistas non lle prestaron o seu apoio ao PSOE tralas eleccións do 24M porque pedían que, para iso, dimitise a súa cabeza de lista, Isabel Gil, que formou parte do BNG anos atrás, e á que acu-

saron de non querer “un cambio real en Ramirás” senón “un cambio de cromos”, en palabras do seu único concelleiro, Marcos Meléndez. As discrepancias chegaron, presuntamente, a “acoso, insultos e ameazas”, que denunciou Meléndez; quen explicou que días previos ao 13 de xuño (data da elección do alcalde) recibiu chamadas ameazantes, insultos nas redes sociais e nos días posteriores en Ramirás, Gomesende e Celanova repartíronse pasquíns nos que se lle chamaba “cacique e vendido”.

de profesores e alumnos de España, Portugal, Bélxica e Francia. Como complemento, es-

tán previstas clases maxistrais de trompeta, trompa, trombón e tuba, coas que se ofrecen aos participantes pautas de carácter teórico e práctico que lles permitirán perfeccionar a súa técnica e ampliar o seu repertorio. Todas elas serán impartidas por profesionais de gran recoñecemento e cunha longa traxectoria musical nacional e internacional. As clases maxistrais están abertas a todo tipo

de público. Haberá un número máximo de 12 persoas activas por especialidade e sen límite de persoas oíntes. A selección do alumnado será por rigoroso orde de inscrición, a cal permanece aberta ata o 17 de xullo.

As clases maxistrais terán ata 12 alumnos activos e sen límite de oíntes

EN BREVE 4Informática para nenos en Celanova A aula CeMIT de Celanova oferta este verán talleres de informática para nenos. O primeiro, para cativos de entre 4 e 8 anos, impártese do 13 ao 24 de xullo, e nel aprenderán a usar as novas tecnoloxías de modo divertido. Pola súa banda, do 3 ao 21 de agosto, haberá talleres para menores de 8 a 14 anos, que tratarán o uso das redes sociais, buscas en internet, retoque fotográfico e montaxe de vídeo, ofimática e mecanografía. As inscricións poden realizarse na aula CeMIT, en cemit.celanova@xunta.es ou no 697 185 080.

4Celanova Chef

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, durante a presentación do II Festival Hércules Brass./RAMSÉS

Resposta do PSOE En relación ao presunto acoso, Isabel Gil emitira un comunicado no que rexeitaba “todas as accións que atenten contra a vida persoal ou profesional dos concelleiros do BNG, do PSdeG-PSOE ou de calquera outro grupo político”. E preguntábase quen repartira as octavillas: “sería o PP para botar máis leña ao lume?, sería BNG para culpabilizarnos a nós? Ou, o máis lóxico, un votante cabreado, que sentiu que lle mancillaban o seu voto”. A secretaria de Organización dos socialistas ourensáns, María Quintas, respaldou a Gil e asegurou que “ninguén do PSdeG fixo ningún tipo de acción contra este señor, que permite que goberne o franquismo en Ramirás”.

Para apoiar ao PSOE, o BNG pedía a dimisión de Isabel Gil

15.000 euros de axuda á Fundación Curros Enríquez 4 A Xunta apoia así as súas actividades culturais. Redacción O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente da Fundación Curros Enríquez e alcalde de Celanova, José Luis Ferro Iglesias, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a Xunta se compromete a destinar 15.000 euros á entidade para axudar a sufragar as actividades que esta realiza ao longo do ano. Con este acordo a Consellería mostra o seu apoio á divulgación e promoción da cultura e o patrimonio galego, entre o que se atopa a figura e obra do escritor celanovés.

Actividades Esta colaboración engloba actividades como o programa escolar ‘Ven coñecer a

A Fundación Curros Enríquez organiza un campamento de cociña para nenos maiores de 8 anos. Terá lugar nas súas instalacións os días 14, 17, 21 e 24 de xullo; e os cativos coñecerán o mercado e aprenderán a elaborar masas e pan, comidas salgadas e doces. Celanova de Curros e Celso Emilio’; roteiros culturais por Celanova e os seus arredores ou a VII Xornada de convivencia en Celanova ‘Curros Enríquez’. Tamén se organizan viaxes pola comunidade para coñecer escritores galegos e portugueses contemporáneos dos poetas celanoveses; o Premio Celanova, Casa dos Poetas; obradoiros para nenos e exposicións temporais.

José Luis Ferro e Román Rodríguez, xunto ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo./RAMSÉS


CELANOVA E COMARCA

BARRIOS Xullo de 2015

17

ENTREVISTA A JOSÉ LUIS FERRO - ALCALDE DE CELANOVA

“Encóntrome moi satisfeito, pero con presión por corresponder aos votantes” 4 O alcalde popular de Celanova, José Luis Ferro, achéganos aos proxectos que afronta o seu goberno nos próximos catro anos. Silvia Nieto

ideas”.

Para José Luis Ferro a vida pouco cambiou despois do 24 de maio. Segue a ser alcalde de Celanova e segue apostando pola proximidade e o diálogo. Pero agora goberna, segundo confesa, con máis tranquilidade, a que lle deu lograr a maioría absoluta por si mesmo. Falamos con el para coñecer como se atopa, como afronta este mandato cun equipo notablemente renovado e para tratar un dos temas máis polémicos do seu goberno: o seu soldo.

Considerabas necesaria a suba do teu soldo dos 32.900 euros brutos ao ano (que establecera a oposición cando o PP gobernaba en minoría) aos 45.000 que permite a lei (para alcaldes de municipios con entre 5.000 e 10.000 habitantes)? J.L.F.: “A sentenza non é firme, está recurrida. E independentemente do que saia quero deixar claro que non estou acá por motivos económicos. Xa o demostrei cando cheguei, gustaríame ver a algunha persoa da oposición na miña situación naquel momento. Decidín daquela baixar un 27% a masa salarial respecto á do anterior alcalde. Esa decisión tomeina pola situación económica, sen coñecer a dedicación que ten un alcalde dun concello como o de Celanova. Pero teño como criterio os salarios dos técnicos, porque teño responsabilidade igual ca eles, a miña sinatura vai ao lado dos seus informes. Non obstante, eles son funcionarios e ás 3 rematan a xornada, e ao alcalde non lle pasa iso. Penso que se ten que valorar máis o labor e o traballo dun político. Entendo que é un tema moi demagóxico porque hai situacións sangrantes, moita xente necesitada, moito paro; pero un político se é un bo xestor, se soluciona os problemas dos veciños, se está a disposición todos os días, traballando polo seu pobo, creo que a dedicación vale algo. Paréceme ben que a lei limite os salarios, de feito, creo que debería fixar a cifra exacta para unha dedicación exclusiva ou parcial, non crear un arco tan amplo, para que quen entre en política saiba a que aterse. De todos os xeitos, non teño intención de recuperar eses cartos, pero iso si, ninguén está por enriba da lei, polo que se eu gañase eles terían que ter algunha responsabilidade. Ademais, a lei tamén permite un asesor e eu non o teño. Entendo que ten menor custo un edil da oposición, que gaña 100 euros e pico por pleno, que os 45.000 do alcalde, pero pode que o concelleiro non achegue nada. E isto non o digo por ninguén en particular, que conste. Pero quero deixar claro que o

Como te encontras? José Luis Ferro: “Encóntrome moi satisfeito porque non agardaba un resultado tan avultado positivamente. Pero tamén con moita presión por corresponder aos votantes, e aos non votantes. Moi animado e pensando en traballar moito, no futuro e en todo o que queda por facer nestes catro anos. No día a día eu non notei diferenza, sigo traballando a tope, si é certo que tes a mente máis centrada na xestión do Concello e máis tranquilidade”. Foi un resultado persoal? J.L.F.: “O que me trasmitiu a xente despois das eleccións é que tiña que traballar porque confiaran en min, como se eu fora o responsable máis directo da vitoria. Ao ir de cabeza de lista se gañas é lóxico que en gran parte se deba a ti, pero sei que son un recén chegado e contaba cun equipo con experiencia. Ademais, a renovación foi moi ampla e iso xerou expectativas de cambio e de ilusión nos veciños”. Como ves aos veciños nestas semanas? J.L.F.: “Todo o mundo me felicitou, incluso algún que non me votou. En canto ao novo equipo están esperando o que fagan, pero sempre no plano positivo, porque é xente nova que trae ilusión, non ven viciada e que pode achegar

“Os veciños saben que teñen acceso directo co alcalde sexa no despacho ou na rúa”, lembra o rexedor

Con Ferro como cabeza de lista, o PP de Celanova mellorou os resultados acadados en 2011./S.N.

“O meu soldo e as dúas dedicacións supoñen só o 2,5% do orzamento do concello. Non me parece nin excesivo nin fóra de lugar”, di Ferro meu soldo e as dúas dedicacións supoñen só o 2,5% do orzamento do concello. Non me parece nin excesivo nin fóra de lugar”. Hai dúas dedicacións parciais (as de Máximo Losada e Pilar Regueiro) que perciben 1.457 euros brutos/mes. Non semella un pouco alto para o nivel de vida de Celanova? J.L.F.: “Se o que cobra o alcalde parece moito pois tamén o parece o deles. Pero están ao pé do canón todo o día, co teléfono dispoñible sempre para os veciños. Ademais, teñen moito persoal, xestionan áreas amplias. O criterio que utilicei para subir o meu salario apliqueillo a eles, porque non quería ter ningún agravio comparativo”. Celanova ten tres problemas principais: demográfico, falla de prazas hoteleiras e ausencia de actividade no sector primario. Son prioridades? J.L.F.: “Si. No referente ao sector primario estamos ofertando un obradoiro de emprego que tivo a selección o 6 de xullo. Tratará sobre a apicultura, a micoloxía e a panadería e repostería, para tratar

de promocionar os nosos produtos autóctonos, que tamén poden ser obxecto de atracción turística. Para conseguir asentamento de poboación, estamos preparando unha revisión de ordenanzas para premiar o empadroamento, porque hai moita xente que está en Celanova todo o día pero está empadroada en concellos limítrofes, polo que lles prestamos servizos ao mesmo prezo que aos nosos veciños. Por iso, estamos mirando de que as taxas sexan máis económicas ou facilitarlle aos veciños algún beneficio fiscal na medida do posible. En canto ás prazas hoteleiras, estamos intentando que algunha cadea hoteleira se interese por Celanova ou que algún empresario colla de novo o Betanzos. E tamén queremos potenciar o comercio, porque Celanova ten un gran mercado semanal e hai que recuperar a tradición que tivo sempre como referente da comarca”. Nunha entrevista en 2013 falamos de varios proxectos e infraestruturas que estaban paralizados. Queremos saber como se atopan agora.

- Recuperación do xacemento orixinal de Castromao: “Imos ter unha pequena inversión de 15.000 euros para a limpeza e consolidación dalgún muro que poida estar derruído. Ademais, a nosa intención é por enriba da mesa os nosos resultados electorais para poder pedir máis investimentos nesa liña. De todos os xeitos, nunca estivo olvidado nin abandonado por nós, independenteme de que a oposición nos criticou”. - A estación de autobuses: “Buscámoslle noivas, pero non lle atopamos ningunha. Falamos con varias persoas e non se animaron. Temos medo de sacala a concurso e que quede deserto, pero sacarémola igual. Cremos que como mellor pode funcionar é da man de algúen do pobo, que coñeza o entorno e sexa el coñecido”. - A ampliación do parque empresarial: “A ampliación xa pasou a aprobación inicial, o periodo de alegacións e penso que non houbo ningunha. Neste mes seguramente teremos a aprobación definitiva e xa se pon a disposición o terreo para buscar en serio empresas”. E o Plan Xeral? J.L.F.: “Temos que darlle un impulso, non sei que prazos nos levará, pero neste mandato hai que avanzalo porque a estruturación urbanística sempre é moi importante”. Como afrontas estes catro anos en canto á relación coa oposición? J.L.F.: “Son unha persoa próxima e dialogante e así seguirei. Pasei situacións complicadas nestes dous anos e medio pero sempre mantivemos o diálogo entre os grupos. En canto á xente nova que entrou na oposición estou vendo boa predisposición, críticos, como non pode ser doutra maneira, pero con formas e tranquilidade, e achegando ideas”. Envíalle unha mensaxe aos veciños. J.L.F.: “Quero mostrarlles o meu agradecemento e esperamos estar á altura do que nos van esixir. Ademais, eles saben que teñen acceso directo co alcalde sempre, sexa no despacho ou na rúa”.


18

BARRIOS Xullo de 2015

DEPORTES

EN BREVE

Exitosas populares en Xinzo e Celanova

4 Campus Sporty de fútbol

4 Diz (na Limia) e Essaadaoui (na vila de San Rosendo) foron os vencedores. Redacción Xinzo e Celanova volveron a ter a súa popular nocturna. En Xinzo os vencedores foron Rubén Diz e Aida Martínez e en Celanova, Akka Essaadaoui e Águeda Blanco. Xinzo En Xinzo de Limia, desde os primeiros metros, o local Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) marcou o ritmo da carreira logrando entrar en solitario na liña de meta cun tempo de 19 minutos e 45 segundos tras percorrer 6.250 metros. Segundo foi Jorge Silva (Atletas Veteranos Ourense) a 25 segundos (20:10). En terceira posición remataría José M. Ramos (Ourenrunning), cun tempo de 20:14 minutos. En mulleres a primeira en rematar a proba foi Aida Martínez (Atletismo Tui - Thermalia), quen parou o crono en 25 minutos. Segunda rematou Fátima López (DPFT), con 27 minutos e 59 segundos de tempo; e terceira, Carmen Cid (28:07).

Celanova Con máis de 400 atletas que remataron a proba, foi o atleta de Salceda de Caselas o que se alzou coa vitoria cubrindo os 7.800 metros de percorrido nun tempo de 24:21 minutos. Tras Akka Essaadaoui, o segundo en chegar a meta foi o ourensán Alejandro Fernández Completou o podio José M. Corral. En categoría feminina foi Águeda Blanco quen acadou a vitoria, cun tempo de 30:36 minutos. En segunda posición rematou a ourensá Sonia Teijeiro, e en terceira, a atleta do Ourenrunning, Ana María Ocampo.

A de Xinzo foi a 11ª edición e a de Celanova, a 12ª

Rubén Diz, vencedor en Xinzo. /S. NIETO.

As tres da esquerda, do Maceda, Aida, Noela e Antía no podio de Sanxenxo. /D. LEMA.

Unha caída deixa sen podio a Iván Feijoo 4 No Campionato de España cadete. Redacción

posicións.

Unha aparatosa caída cando marchaba no terceto de cabeza de carreira deixou sen opcións de podio a Iván Feijoo no Campionato de España de BTT celebrado en Lorca (Murcia). Participaba, representando a Galicia, xunto ao seu compañeiro do Club Ciclista Maceda Abel Franco, na categoría cadete. Feijoo marchaba entre os tres primeiros cando unha forte caída deixouno sen a posiblidade de loitar polo título. O golpe fíxolle caer a posicións máis discretas. Abel Franco tampouco tivo o seu día e non puido pelexar polas primeiras

Gra Premio En Oleiros (A Coruña) disputouse o quinto Gran Premio BTT XC de Oleiros. A esta proba puntuable do Open de Galicia acudiu unha representación do

Saúl López en Oleiros. /D. LEMA.

CC Maceda. En elite, Saúl López vencía con autoridade, mentres que Brais Sendín facíao en categoría júnior. Estes resultados fan que os dous cheguen nun bo estado de forma ao Campionato de España que se celebra a vindeira fin de semana en Valladolid. Sanxenxo No II MiniBTT de Sanxenxo, Carlos Canal e Antía Martínez acadaban a vitoria, en infantís, e Breogán Diz en alevíns. Ademais lográronse os podios de Noela Saa, Aida González, Marco Nube, Hugo Vázquez, Martín González e Sarela Conde.

Do 1 ao 13 de xullo celebrouse en Allariz a décima edición do Campus Sporty de fútbol. Máis de 100 rapaces participaron este ano neste campamento que xira arredor do fútbol. Este ano a novidade foi unha carreira de obstáculos. Sobre un circuíto de 1.250 metros e máis de 10 obstáculos gozaron todos os participantes dunha actividade totalmente novidosa.

4 Ciclismo en Monterrei A Volta Ciclista ao Val do Támega tivo a súa sexta edición a pasada fin de semana. A carreira, que contou cun gran número de participantes, viu como Rubén Atrio facíase co triunfo final despois de desfacerse dos que ían con el escapados. Acompañaron no podio a Atrio, José Ferreira (Portugal) e Alberto Rodríguez, segundo e terceiro, respectivamente.

4 Raid en Antela O hipódromo de Antela acolleu o XL Raid nacional. Na proba máis espectacular (a de 120 km de distancia) a vencedora foi a amazona Laia Soria.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xullo de 2015

19


20

BARRIOS Xullo de 2015

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

O alcalde de Celanova, o conselleiro de Educación, o secretario xeral de Cultura e o director da Agadic participaron na entrega de diplomas./RAMSÉS

Grupo de visitantes da feira brindando coa cervexa Vacaloura, de Nigrán, xunto ao encargado do stand./RAMSÉS

XII Curso de Medios Audiovisuais de Celanova

Gran festival da cervexa artesá en Xinzo

Do 7 ao 10 de xullo, Celanova acolleu a 12ª edición do seu Curso de Medios Audiovisuais, no que participaron 50 alumnos. O Auditorio Municipal Ilduara foi escenario da entrega de diplomas e a proxección do filme resultante do taller ‘Celanova, plató de ficción’, que se tratou dunha recreación da obra “Vento Ferido” de Carlos Casares, e coa que os participantes comprobaron de xeito práctico como elaborar unha peza audiovisual nun tempo determinado e cun orzamento pechado. Esta edición fixo fincapé nas diferentes vías de expansión das producións galegas, e reuniu en Celanova a unha vintena de nomes destacados da produción, guión, dirección, interpretación e posprodución audiovisual, entre os que se atoparon Guillermo Represa, Sergio Moure de Oteyza e Suso Bello.

O 3, 4 e 5 de xullo, Xinzo de Limia acolleu o II Festival da Cervexa Artesá Galega, que contou en paralelo, ademais, cunha feira de artesanía. Organizada pola Asociación para a divulgación da cervexa artesá de Galicia, a feira estivo ubicada na praza Carlos Casares e a ela acudiron seis cervexeiros: Monte Rei (Verín), Auriun (Ourense), Orballu (Monforte), Chopp´s (Laza), Cerveza de Calabaza (Ourense) e Cervexa Vacaloura (Nigrán). Os asistentes puideron degustar, ademais, produtos gastronómicos autóctonos, como hamburguesas galeguesas, pan de Carral e xamón Ucha; e adquirir produtos feitos a man, como xoguetes de madeira, bisutería, manoplas de depilación ou traxes medievais. Obradoiros, maxia e un sorteo de lotes de cervexa completaron o programa.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Nutrición e alimentación en Internet

II Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo

Internet revolucionou todo un sistema de comunicación /coñecemento e xorden as primeiras formas de pór en práctica a interactividade sen esquecer os vehículos tradicionais como a radio e a televisión. Así, xorden opinións diversificadas nun sistema democrático e libre, onde xorden varias opinións e até conceptos que poden

Os días 26, 27 e 28 de xuño tivo lugar o II Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo en Celanova e Cartelle, centrado en traballos de temática rural. Dez foron as curtas de documental e ficción finalistas, tras presentarse máis de 100 procedentes de todo o mundo. Pero só tres as vencedoras: “Whaley Valley” de Gudmundur Arnar Gudmunsson, en ficción; “Minerita” de Raúl de la Fuente, en documental, e “Som pastor” de Borja Zausen, que se fixo co premio do público. Como novidade, este ano o festival centróuse máis na figura de Velo, afondando na súa etapa en México. A proxección dunha curta-documental de Aki Kaurismäki e unha retrospectiva do traballo de Manuel Outomuro foron das actividades paralelas máis destacadas.

“Será verdade que todo o que contén antioxidantes ten capacidade de destruír células canceríxenas?”

Aser Álvarez e Inés Vázquez, directores do festival, cos tres directores premiados, así como con outros participantes e membros da organización./CEDIDA.

levarnos ao descontrol de como debemos alimentarnos, pois hai moitas cousas que non están debidamente fundamentadas e con probas dadas, sobre todo en humanos. Como distinguir a verdade da publicidade? Será importante atender á realidade científica que está detrás das alegacións de superalimentos revisadas polos media? Será verdade que todo o que contén antioxidantes ten capacidade de destruír células canceríxenas? Non obstante, existen estudos de científicos que se teñen inclinado, por exemplo, sobre os efectos de compostos antioxidan-

tes presentes no mirtilo (arándanos). Estes estudos conclúen que teñen a capacidade de inhibir o crecemento de células humanas cancerosas do cólon. Non hai dúbida de que a “bomba” do comprimido receitado polo médico vai controlando ao hipertenso. Mais tamén hai relatos de persoas para as que, a través dunha alimentación específica, deixou de ser necesaria esta medicación. É unha mágoa que a industria farmacéutica só estea preocupada pola fabricación do comprimido, e relegue do estudo a orixe da doenza! João Damião


PUBLICIDADE

BARRIOS Xullo de 2015

21


22

BARRIOS Xullo de 2015

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4HISTORIAS DE MONTERREI

O noso patrimonio Non existe na nosa comarca unha soa poboación que non teña algo reseñable. Un castro, un asentamento romano, un peto das animas, un cruceiro ou incluso un Castelo nos podemos encontrar paseando polas nosas aldeas. Son eses regalos que nos chegan do pasado, un presente dos nosos devanceiros que deberíamos de recibir en usufruto pero que moitas veces utilizamos como se foramos donos de pleno dereito, sen pensar que detrás de nós veñen outros, como se os nosos descendentes non tiveran o dereito de gozar de eles. Hoxe en día, o patrimonio da comarca esmorece. Comezou hai xa unhas cantas décadas cando, como se sufriramos unha arroutada de novo rico, empezamos a tirar aquelas casas de pedra de tan bela factura e que tanto abondaban na nosa zona, para construír neses terreos casas de cemento e bloques. Pero segundo nos foi invadindo ese mal chamado progreso a cousa foi empeorando moi rapidamente. Coa chegada das autovías arrasáronse castros, petroglifos e incluso un asentamento calcolítico. Máis de 3.500 anos

enterrados no asfalto! Só no último ano, dous cruceiros foron estragados e o patio de armas do Castelo quedou cuberto dun gris cemento que agora intentan disimular póndolle herba por riba. Pero o noso patrimonio ten un problema maior que o progreso mal entendido, o maior problema ao que se enfronta o patrimonio da nosa zona é o esquecemento. Cantos rapaces de Verín saben onde esta o Muíño do Pracer? Cantas persoas camiñan xunto os restos da muralla que rodeaba Verín sen o saber? Canta xente sabe que ademais do Castelo de Monterrei existían, polo menos, outros dous castelos na nosa comarca? O noso patrimonio necesita que o coidemos, pero por enriba de todo necesita recuperar a dignidade que os anos e as silvas lles roubaron. Necesita ser coñecido pola xente da zona e que estes o queiran e respecten, porque o noso patrimonio é por definición a nosa riqueza. Andrés Diz historiamonterrei. blogspot.com.es

EN BREVE

4 Volta a bibliorúa de Verín

4 Festival de Riós 2015

O 23 de xullo e o 4, 11 e 24 de agosto, coincidindo cos días de feira, a Biblioteca Pública Municipal de Verín volverá saír a rúa co obxecto de achegar os libros aos lectores, e incentivar a lectura principalmente entre os máis novos. Nestas xornadas, de 11:30 a 13 horas, voluntarios e persoal da instalación situaranse fronte á biblioteca cun stand no que se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre. Con esta iniciativa búscase tamén amosar todos os servizos e actividades da Biblioteca.

Riós acolle, os días 13 e 14 de agosto, o Festival de Artes Escénicas Abelardo Gabriel, que este ano chega á súa oitava edición. O programa completo do certame aínda non foi desvelado, pero si houbo varios adiantos. Así, proxectarase o documental “Mil sorrisos e un perdón”, do celanovés Bruno Nieto, con presenza do seu protagonista Daniel Fernández Carril. Asemade, xa está confirmada a actuación do grupo limián Habitación Vudú e do cómico David Perdomo.

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

4AXENDA

Toñito Castro “Mestre” Sei a boa fe, que estarás co teu pícaro sorriso dirixindo o cotarro no ceo, con regates e fintas coma as que facías, cando de rapaz, agasallabas a parroquia limiá, con pinceladas de arte futbolistica, na esquecida Moreira, ou no Arjiz, cando tocaba lidiar aqueles partidos do corazón, cheos de sentimento, e rebosantes de sa e vital rivalidade, aquela que nos xuntou para sempre. O barrio de abaixo está triste, das súas pedras desconsoladas brotarán as bágoas limpas na angustiosa noite de entroido. Nos canellóns do vello recuncho a túa silenciosa ausencia, estremeceu a rutina da vida. Mestre! “Colle o lapis e escribe algo do meu pobo, deixa por un intre Verín, que Xinzo tamén existe!”. Esas foron as derradeiras verbas, que entre risas canallas espetoume antes de partir. Aquela noite falamos moito, debullamos o noso tema de sempre, fútbol e o entroido, recordando os tempos aqueles do Antela e o Verin, cando ainda, coa idade xuvenil, xa nos partiamos a alma, semellando os maiores, por aquelo da honra. Non sei plasmar aquí, xuntando letras, o que Toñito quería o seu pobo,

“Era moi raro ver a Toñito sen o escudo do Antela no peito, sempre con orgullo”

Exposicións - Ata o 24 de xullo - Óleos de Eduardo Rodríguez Pombo - Sala de Exposicións de Verín - Ata o 9 de agostoExposición de Raúl Diniz - Sala A Fábrica de Allariz - Ata o 30 de agosto - Exposición de Salomé Fernández - Sala A Fábrica de Allariz - Ata setembro - “Carlos Casares e a fotografía”- Casa dos Poetas de Celanova Teatro - 14 de agosto - Mofa e Befa - 23 h - FIXA de Allariz

Toñito Castro. as súas xentes, e sobre todo, as cousiñas máis preciadas para el, o Antela CF e o entroido. Era moi raro ver a Toñito sen o escudo do Antela no peito, sempre con orgullo e admiración por aqueles xogadores de antes que recitaba de carreira cos olliños mollados da emoción. O entroido corría polas súas veas. Todos en Xinzo teñen o santo entroido metido no sangue, mais Toñito era algo fóra de serie, un animador de principio o fin. Dende a maña cedo, coas charangas, percorrendo os puntos estratéxicos, mantendo sempre as tradicións dos antergos, dos que máis saben deste ‘tinglado’ coma el sempre me dicía. Coido que o Domingo de Oleiro non vai ser igual sen a dirección do “mestreo”, co carriño das olas no sitio axeitado, coma Deus manda! E como non, depurando sempre, cun guiño cariñoso, as danzas misteriosas e ancestrais, da fermosa pantalla, que non deixa de bufar e brincar en tempos

de entroido; botarano de menos!. Tiñámos os dous, algo que nos unía, sempre con ese puntiño raro de ver cada un á nosa maneira as tradicións da nosa terra, e o balón. Algún día, no bar do señor Manolo “Meco”, alongamos aquelas tardes de tertulia, ao carón do mostrador mollado con viño de Monterrei, aquel cheiriño sagrado do viño derramado, as cantigas do “Meco” e as lembranzas facían pasar as horas sen darnos conta. Aquí tes as letras que me pediches, Xinzo, Verín, entroido, balón... iso é a nosa canción, a nosa vida e será a nosa lembranza, porque os teus amigos teran sempre no maxín a túa lembranza, dun home bo, entregado en corpo e alma ao seu pobo, ao seu equipo, e como non, aos reis do mundo, coma el dicía, os nenos da Moreira, que sen dúbida non te esqueceran xamais. Ata sempre mestre! Miguel A. Prieto “Chita”

Música - Do 4 ao 8 de agosto - II Festival “Hércules Brass” - Celanova - 8 de agosto- Concerto de Wely King - 23 h - FIXA de Allariz Espectáculos - Do 3 ao 9 de agosto - I Certame de Pintura Mural “Matrisoka” - Xinzo - 13 e 14 de agosto - VIII Festival de Artes Escénicas Abelardo Gabriel- Riós Feiras e festas - Do 17 ao 19 de xullo - Festas de Santa MariñaXinzo de Limia - 18 de xullo, 8 e 9 de agosto - Festas etnográficas: Ciclo do Pan - Allariz - 27 de xullo - Mercado solidario - De 11 a 21:30 h - Praza Carlos Casares de Xinzo - 31 de xullo e 1 de agosto - Batucada -Verín - Do 7 ao 9 de agosto X Feira do Viño - Verín - 15 e 16 de agosto - Mostra de Artesanía Allariz www.periodicobarrios.com


CLASIFICADOS

BARRIOS Xullo de 2015

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº15 - Ano: X - Xullo 2015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Vendo finca pequena ao carón de parada de bus, preto de Ourense (350 metros cadrados). Prezo 5.900 euros. Tel.: 606 422 543. Vendo finca de 2.000 m2 edificable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 512 559. Vendo apartamento en praia América, 2 habitacións, a 5 minutos da praia e 10 minutos de Vigo. Tel.636 422 497. Alugo apartamentos de 1 e 2 habitacións en Montalvo, Sanxenxo, fronte á praia, axardinados, zona aparcamento e barbacoa. Tel. 607 271 916. Vendo en piso en praza España, Vigo, 3 dormitorios, 1 baño, 1 aseo, salón, cociña, rocho e garaxe. Tel. 639 816 209. Ocasión vendo finca con galpón, zona Vilar de Astrés (Ourense), 450m2, parada de bus enfronte. 6690€. Tel. 606 42 25 43 Vendo casa de planta baixa preto de Cambeo (Coles), con 2 habitacións, cociña, comedor e un baño. Pozo e auga potable. Tel. 649 673 492 e 988 21 67 55 Alúgase perruquería en Progreso (Ourense), tel. 637 00 59 10+ Alúganse tres oficinas exteriores acondicionadas en Progreso, Ourense, tel. 637 00 59 10. Alugo habitación próxima aos novos xulgados de Ourense, con cama de matrimonio, amoblada, televisión na habitación, wifi, e dispón de salón, cociña e baño. 180 euros/mes gastos incluidos. Tel. 600 92 25 47 (WhatsApp). Necesítase mozo ou señor para compartir piso no Couto (Ourense), tel. 637 005 910.

VENDAS Vendo 8 focos de baixo consumo a bo prezo. tel. 675 631 011. Compro ventás de aluminio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e mesmas medidas. Tel. 658 05 69 22. Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448. Vendo moto 125 cc a bo prezo. Tel. 630 521 448. Vendo 600, azul turquesa, matrícula 9644-Ou, 1.995 euros negociables. Tel. 639 81 62 09. Vendo casco de moto modelo Coolmax Linine Pr 2000 XS 1550. Tamén vendo garrafóns de 16 litros. Prezos a negociar. Chamar ao 988 21 35 56 de 15:30 a 18:30 ou a partir 21 horas. Vendo calefacción de gas cidade seminova e sofá. Tel.637 005 910. Vendo Citroën C4 Aircross Exclusive HDI150cv. todos os extras. Só 7.000km. Tel.684 214 079. Véndese Opel Astra 1.9CDTI 120cv. Sport. Só 50.000km. Tel 684 214 079. Véndese Volkswagen Golf4. Aire acondicionado, llantas aluminio... Tel. 684 214 079.

Vendo Seat León 1.6TDI 105cv. ano 2011. Llantas aluminio, climatizador, radio USB... Tel. 684 214 079. Vendo Suzuki Vitara 2.0 HDI 90cv. con aire acondicionado, gancho remolque... ideal para caza ou pesca Tel. 684 214 079. Vendo mobiliario de oficina. Tel. 626 035 162.

EMPREGO Ofrécese modista para particulares. Bo prezo. Calidade. Tel. 988 255 302. Moza busca traballo coidando persoas maiores, nenos ou realizando labores de limpeza no fogar. Tamén como coidadora en hospital ou en casa. Ampla experiencia. Tel. 661 08 09 62. Ofrécese mozo responsable, meticuloso, ledo, para traballar en departamento administrativo ou como dependente. Ampla experiencia. Tel. 629 154 995. Señora de 48 anos ofrécese para traballar por horas, en limpeza na zona de Allariz. Tel. 652 783 897. Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 142 Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 782 460. Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de inglés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, 20 anos de experiencia. Tel. 667 508 333. Piano e voz para eventos. Repertorio variado. Clases particulares de piano, solfeo e canto. Tel. 663 733179 (WhatsApp), duopianovoz@gmail.com, Facebook Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases de recuperación a domicilio, matemáticas e resto de materias curriculares. Todos os niveis. Con CAP, ampla experencia, económico. Info: clasesadomicilio2014@hotmail.com e tel. 610 382 589.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Xullo de 2015


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.