Page 1

Entrevista ao director da Banda Municipal de Celanova TEMA DO MES Páx.2-3 A situación laboral na provincia de Ourense a análise

VERÍN

Páx.4

Rouban e destrozan a iluminación eléctrica do Camiño Real

XINZO

Páx.10

A CHMS remata as obras de mellora do río Limia

ALLARIZ

Páx.15

[páx. 23]

OCIO

Páx. 28

Concello e UVigo Actividades culturais, cooperarán en reciclaxe lúdicas e deportivas e arqueoloxía no Lázaro en Verín

Conmoción en Vilanova dos Infantes

[Páx. 21]

Multitudinario adeus ao párroco Adolfo Enríquez, que apareceu morto con signos de violencia na casa reitoral./B.LORENZO.

Número: 11 - Ano: X - Marzo 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Marzo de 2015

TEMA DO MES: O MERCADO LABORAL EN OURENSE

Os sindicatos seguen a debuxar un panorama negativo 4 Para a CIG, a situación laboral na provincia vai camiño de converterse nun “deserto”; para CCOO, as mulleres son as grandes prexudicadas pola crise Paula Lodeiro Menos empresas, menos traballadores, peores condicións e maior pobreza. Esta é, a grandes trazos, a definición da situación laboral na provincia para o sindicato CIG. O seu secretario xeral en Ourense, Etelvino Blanco, presentou un informe propio, elaborado a partir de datos da EPA, a Seguridade Social, o INE e a Axencia Tributaria, que reflexa unha “situación crítica na provincia que nos pode levar a un deserto difícil de saír del no futuro”. A análise da CIG é especialmente crítica con dous factores: a caída de poboación en idade de traballar pola vía da emigración, e a perda de ingresos dos asalariados. Así, entre 2008 e 2014 a provincia perdeu 14.615 habitantes de entre 16 e 35 anos. Os datos do mercado de traballo confirman esta tese: no mesmo período descendeu a poboación activa nun 23,7% (un total de 32.600 persoas) mentres que a poboación parada aumentou en 19.300 persoas e os inactivos en 1.200, “o que implica que parte do descenso da ocupación non foi ao paro, como tampouco pasou a poboación inactiva, a explicación está na emigración”. O informe tamén reflexa un índice de pobreza alto na provincia, pois un 19% dos asalariados en 2013, un total de 19.174 persoas, tiveron uns ingresos inferiores a 1.890 euros brutos anuais, e outro 13% (12.764 persoas), cobraron ese ano entre 0,5 e 1 vez o Salario Mínimo Interprofesional, isto é, menos de 6.805 euros brutos anuais. “32.000 persoas con ingresos inferiores a sete mil euros, iso supón un 32%

Lola Panero, Ana Barrios e Pepa Corredoira, de CCOO, facilitaron os datos do seu informe sobre a situación laboral da muller en Ourense./P.L. da poboación asalariada na provincia”, remarcaba o sindicalista. Para Blanco, este traballador non se pode denominar “ocupado”: “está mendigando por aí un salario e unhas horas”, e por iso, de contabilizarse entre os parados o desemprego ascendería en Ourense a un 32%. De incluir asemade os mozos que emigraron, a cifra de paro superaría o 40%.

Entre 2008 e 2014 a provincia perdeu 14.615 habitantes de entre 16 e 35 anos “32.000 persoas con ingresos inferiores a sete mil euros, iso supón un 32% da poboación asalariada” sinala a CIG O 53% dos desempregados ourensáns son mulleres

4O colectivo feminino representa o 53% dos parados A secretaria xeral de CCOO en Ourense, Ana Barrios, deu a coñecer un informe sobre a situación laboral que viven as féminas na nosa provincia. O informe recolle que na provincia de Ourense hai máis mulleres que homes en idade legal de traballar, pero a poboación activa feminina é inferior á masculina (64.400 fronte a 69.000, con datos de 2014). A poboación ocupada feminina tamén está por baixo da masculina (50.400 fronte a 54.500). Pola contra, as mulleres son as que máis sofren o paro, o 53% do total de desempregados (a taxa de desemprego está no 21,7% fronte ao 21% dos homes). Un paro que azota a mulleres de todas as idades, “ás máis novas porque lles falta esa primeira oportunidade e non lles queda outra que emigrar, e ás maiores que son expulsadas do mercado de traballo e lles

costa moitísimo volver entrar”, relata Barrios. A súa compañeira Lola Panero, secretaria de Organización da Unión Intercomarcal de CCOO en Ourense, achega outras das cifras que poñen en evidencia a tese de que as mulleres sofren con máis virulencia a crise que os homes. Entre 2008 e 2014 perdéronse na provincia 10.100 empregos ocupados por mulleres. Ademais, a brecha salarial entre unhas e outros é na actualidade dun 14%. A situación das mulleres maiores A representante da Federación de Pensionistas, Pepa Corredoira, pon o acento na situación que viven as mulleres de máis idade. “Unha de cada tres mulleres de máis de 65 anos non cobran pensión fronte a un de cada 10 homes, son mulleres que non puideron traballar ou no contizaron”, explicaba Corredoira.

Cando a sobrecualificación non axuda a atopar emprego Paula Lodeiro María (nome suposto) ten 48 anos e leva cinco en paro. O seu é un caso máis dos denominados parados de longa duración e do problema da sobrecualificación. Sendo maior de 45 anos e muller, as dificultades para regresar ao mercado laboral multiplícanse. Con estudos superiores en Filosofía, tese incluída, e tras 25 anos vinculada á Universidade de Santiago como investigadora, circunstancias persoais obrigárona a deixar este emprego. Foi saír da universidade e darse de bruces coa realidade do mercado laboral español, xa en plena crise económica. Sobrecualificada, non tiña oco nas empresas. Marchou a Madrid, pero decatouse que “unha investigadora non serve para nada no mercado laboral”. Unha etapa moi dura na que chegou a romper cos pais, cos que tivo que volver vivir para poder manterse; “acusábanme de non querer traballar”, deféndese. Os dous anos de paro, o subsidio de 426 euros durante un ano máis, unha renda activa de inserción de 227 euros outros 12 meses e o rescate do seu fondo de pensións déronlle para ir tirando durante todo este período. Durante estes anos decidiu suprimir a tese doutoral, o CAP, o grao e as publicacións científicas do seu currículum, formouse con cursos de todo tipo e ata avaliou a posibilidade do autoemprego. “Hai unha profecía que se autocumpre: o temor ao fracaso faite fracasar nas entrevistas laborais; chegas a pensar que eres unha inútil baseándote en que non tes traballo”, sinala esta muller.

María, na casa na que reside en Allariz./M.REJO. Hai 15 meses regresou a Galicia. Grazas a pequenas experiencias laborais anteriores como comercial, atopou o seu primeiro traballo en anos neste sector. “Sen seguro, sen soldo base e a comisión pura e dura, coas condicións dun comercial e o soldo dunha becaria”, explica María. Tras a etapa de comercial cambiou a outro emprego como asistente no fogar no que cobraba o dobre. “Só levo dez días sen traballar, pero estes seis meses de comercial fixéronme ver o final do túnel”, valora María. Agora está pendente dunha oferta de interna, e agarda recibir unha axuda económica da Cruz Vermella que lle permita pagar o vindeiro recibo do aluguer. A solidariedade Da súa etapa nas filas do INEM, destaca a solidariedade que se establece entre parados, e da súa nova vida nunha aldea de Allariz, a axuda que lle proporcionan os seus veciños en forma de comida ou leña. “A mellor idea que tiven foi volverme para a aldea; tecnicamente son pobre porque necesito axuda para vivir pero na cidade sería máis duro”, salienta.

“Unha investigadora non serve para nada no mercado laboral”


TEMA DO MES: O MERCADO LABORAL EN OURENSE

Os observatorios económicos do Inorde amosan unha tímida recuperación nas comarcas 4 O paro reduciuse entre un 3,74 e un 9,55% no último ano. P. Lodeiro Este mes veñen de coñecerse os datos desagregados por comarcas do último Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta que desenvolve a Deputación a través do Inorde para a análise económica, laboral, empresarial e social da situación económica da provincia. Os datos, con referencia a decembro de 2014, amosan unha redución do paro no último ano nas catro comarcas de A Limia, Monterrei, Terra de Celanova e Allariz-Maceda. A baixada de desempregados no período 2013-2014 é dun 9,55% na Limia e dun 9,54% en Terra de Celanova, dun 8,66% en Allariz-Maceda e de apenas un 3,74% en Monterrei. Con todo, as crifas de parados aínda son bastante peores que no inicio da crise: en 2007 había 658 desempregados en Allariz-Maceda fronte aos 1.033 actuais; 1.302 na comarca de Celanova (hoxe son 1.403 persoas); 1.451 na comarca limiá (os últimos datos din que son 1.895); e finalmente na comarca de Verín hai 2.854 parados fronte aos 2.375 de 2007. Afiliacións As cifras de novas afiliacións á Seguridade Social son aínda máis tímidas. Crecen nas catro comarcas, pero apenas entre un 0,43% da comarca de Monterrei e un 1,57% da de Allariz. As catro bisbarras continúan a ter menos afiliados que cando comezou a crise: 4.749 en 2014 fronte a 6.030 en 2007 en Terra de Celanova; 6.175 fronte a 7.303 na Limia, 6.481 fronte a 7.349 en Monterrei e 4.457 fronte a 5.049 en Allariz-Maceda. Unidades locais No que se refire ás unidades locais ou centros de

traballo, no último ano (datos de 2013) creceron en dúas das catro comarcas: apenas un 0,30% na Limia e 1,35% en Verín, mentres que se reduciron en AllarizMaceda un 0,85% e en Terra de Celanova un 2,17%. Con todo, o saldo é positivo no período 2008-2013 na comarca de Allariz, pois as unidades locais creceron de 1.039 a 1.052 e en Monterrei, onde pasaron de 1.932 a 1.950. O cómputo é negativo na Limia, onde se reduciron neste período de 1.370 a 1.260 e en Celanova, cunha caída de 1.720 a 1.676. Liñas estratéxicas O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, que foi o encargado de presentar as conclusións do observatorio en cada comarca, expuxo tamén as liñas estratéxicas que desenvolverá a Deputación no novo período de financiamento europeo, dentro dos catro grandes eixos de actuación establecidos: os proxectos “Ourense Provincia Intelixente”, “Ourense Termal” e “Competitividade Ourense”, e a nova Axencia Provincial de Enerxía e Medio Ambiente.

4 Especialización das comarcas As análises realizadas polo Inorde para os Observatorios Económicos perfilan as características económico-laborais de cada unha das comarcas. Así, por exemplo, a cuarta parte das empresas ourensás do subsector alimentario dos vexetais e derivados están afincadas na Limia. Esta bisbarra ten un censo de 105 empresas que interveñen nalgunha das fases de produción primaria da cadea alimentaria, o que exclúe aos establecementos que venden ou serven produtos alimenticios ao consumidor final. A maior parte son polo tanto empresas produtoras ou industrias agroalimentarias. Segundo o Observatorio Económico, Terra de Celanova presenta unha

forte especialización na industria da madeira e en dous dos subsectores agrícolas máis representativos da provincia, o de cereais e fariñas e o de carnes e derivados. Mentres, en AllarizMaceda, o emprego do sector servizos creceu un 20% nos dous últimos anos. Os servizos xa impulsan máis de 1.600 empregos na comarca, 720 deles no comercio e preto de 400 na hostalaría. Na comarca de Verín, destaca o crecemento do emprego industrial a un ritmo anual do 4,2%, sendo as tres ramas con maior ritmo de xeración de emprego a da industria química e farmacéutica, a da alimentación e bebidas, e a da metalurxia e fabricación de produtos metálicos.

A maior redución do paro no período 2013-2014 deuse na Limia, cun -9,55%

As afiliacións á Seguridade Social medraron máis en Allariz-Maceda, un 1,57%



A Xunta fía aos obradoiros a oportunidade de inserción laboral 4 339 desempregados formáronse nos 13 obradoiros realizados en Ourense. P.L.

O alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, na presentación dos datos do Observatorio Económico Ourensán para a comarca da Limia.

BARRIOS Marzo de 2015

Estes días estanse a clausurar os 13 obradoiros de emprego que se desenvolveron na provincia dende o mes de agosto. Nestes programas participaron 40 concellos e deles beneficiáronse 339 persoas desempregadas: 263 alumnos e alumnas e 79 persoas como persoal directivo, docente e administrativo. Nas comarcas, clausuráronse os obradoiros de emprego “Ruta dos Muíños” de Padrenda, Pontedeva e Cortegada; “Alta Limia II”, en Sarreaus, Vilar de Barrio, Trasmiras e Sandiás, “San Rosendo segue o camiño”, “Río Arnoia I” e “Terras de Celanova III”, nos concellos da Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea, “As Veigas”, dos municipios de Porqueira, Rairiz de Veiga, Calvos de Randín e Os Blancos, o que uniu a Verín e a Vilardevós e tamén “Xinzo e Baltar polo emprego”. Cada un deles formou, aproximadamente, 20 parados, maioritariamente nas especialidades de

albanelería, carpintaría e xardinería, aínda que tamén en axuda a domicilio e dinamización turística. Vantaxes O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, que participou na entrega de diplomas destes obradoiros, destacou as súas vantaxes: combinan formación cun posto de traballo; permiten o desenvolvemento de obras ou servizos de interese para a comunidade; e abren un importante espazo de colaboración cos concellos para intentar que estes obradoiros teñan continuidade na creación de postos de traballo nun futuro. Neste senso, o delegado territorial lembrou que os alumnos reciben os seus certificados de profesionalidade, que teñen validez en todo o territorio nacional. Estes documentos demostran a preparación e habilidades adquiridas, o que vai “incrementar moi significativamente a empregabilidade do alumnado”, destacou Martínez. A Consellería de Traballo e Benestar destinou aos obradoiros da provincia de Ourense preto de 2,3 millóns de euros.

Entrega de diplomas dun dos obradoiros impartidos na comarca de Terra de Celanova.




BARRIOS Marzo de 2015

VERÍN E COMARCA

Licitadas por 838.000 euros as obras de mellora do saneamento de Verín 4 As actuacións están previstas na rede xeral e no polígono de Pazos. Redacción Foi publicada no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras de mellora na rede de saneamento de Verín e do polígono de Pazos. A Xunta, a través de Augas de Galicia, asumirá o 100% do orzamento previsto para esta actuación, que ascende a 838.796 euros. A actuación contará cun prazo de execución de oito meses. Os interesados en presentar as súas ofertas dispoñen ata o 26 de marzo para remitir a documentación, que será analizada por Augas de Galicia para determinar a adxudicación da obra neste primeiro semestre. As obras contidas neste proxecto darán servizo á poboación dos núcleos de Verín, Abedes, Vilela, Caldeliñas e Pazos, pertencentes ao concello de Verín, más aos residentes en Vilaza, no concello de Monterrei. Ademais, conectarase a rede de saneamento do polígono industrial de Pazos. O proxecto prevé que para o ano horizonte 2038 a rede servirá a unha po-

boación equivalente superior a 18.300 habitantes. Problemas de desbordamentos O núcleo de Verín atópase nunha zona moi cha, próxima ao río Támega. A rede de saneamento é practicamente unitaria na súa totalidade, e debido á pouca pendente que teñen os colectores e ramais da rede de saneamento e á súa disposición a través do núcleo de Verín, provoca que en época de choivas se produzan continuos desbordamentos e saídas de augas polos pozos de rexistro, sumidoiros e acometidas nos sotos de moitas das vivendas. Para mellorar a situación, o proxecto prevé a construción dun tanque de tormentas cunha capacidade de 620 metros cúbicos nas inmediacións do núcleo de Queizás. Para o alivio das verteduras do tanque de tormentas instalarase unha tubaxe de PVC de 630 mm de diámetro, ata o punto de vertedura no río Támega. Reporase, así mesmo, un tramo da rede de saneamento afectado pola execución do colector de alivio, me-

diante a instalación dun colector de PVC de 250 mm soterrado e cos seus correspondentes pozos de rexistro en formigón. Actuacións no polígono de Pazos Polo que respecta ao polígono de Pazos, as actuacións inclúen a retirada das bombas e cadro eléctrico existentes, ampliación da boca do pozo de entrada e a instalación dun novo colector de bombeo de 250 mm de diámetro. O caudal que se vai bombear é de 23,8 litros por segundo. Ademais, para a medición e control do bombeo de Vilaza (Monterrei), faise un desvío da rede de bombeo ata a parcela municipal, e nela constrúese unha arqueta para aloxar unha canle, para a medición do caudal de bombeo de augas residuais.

Prevése que a rede sirva a unha poboación equivalente a 18.300 habitantes

Os vándalos roubaron máis de 300 metros de cable eléctrico soterrado./CdV.

O vandalismo cébase co Camiño Real 4 Rouban e destrozan a iluminación eléctrica. Redacción O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, amosou o seu malestar polo último acto vandálico que, por segunda vez en menos de dous meses, afectou ao Camiño Real, onde roubaron e destrozaron a iluminación eléctrica. Se na anterior ocasión, os vándalos romperon os farois, nesta arrancaron máis de 300 metros do cable eléctrico instalado baixo terra, así como dez farois que apareceron tirados no propio viario. O arrancado do cable eléctrico impide que o resto de farois situados

no camiño teñan iluminación, e obriga a revisar por completo toda a instalación para comprobar se se pode aproveitar nalgún tramo ou é necesario instalar unha nova. Ademais, algúns dos farois apareceron completamente destrozados, o que obriga a substituílos. As administracións xa procederan á súa substitución en xaneiro, e en menos de dous meses, deberá efectuarse de novo debido a este último acto vandálico, “que como sempre o custo debe ser asumido polos Concellos de Verín e Monterrei, é dicir, por todos os nosos veciños e veciñas”, indica o rexedor verinés.

O Camiño Real é a vía que une o barrio de San Lázaro de Verín co castelo de Monterrei, e trátase dunha ruta utilizada a diario por veciños e deportistas. “É unha vergoña que se produzan estes actos que prexudican a todos”, indica o alcalde, que ademais de incrementar a vixilancia policial pide “colaboración cidadá para que se colla a estes vándalos, e así abonen do seu peto estes desperfectos, e non teñan que ser todos os veciños os que o paguen”.

Algúns dos farois apareceron destrozados


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Marzo de 2015



O BNG segue a oporse á transformación do Castelo de Monterrei en Parador 4 Queren que se retome o Plan Director para a fortaleza que idearan durante o bipartito. Redacción

Os menores do Kero-Kolo coñecen os instrumentos Os pequenos usuarios de Kero-Kolo de Verín participaron na iniciativa ‘Kero-Musical’, realizada co obxecto de que puidesen coñecer sons, notas musicais e instrumentos de vento, corda e percusión. A actividade contou coa colaboración dun grupos de músicos voluntarios, que non só amosaron os diferentes instrumentos, senón que tamén interpretaron pezas musicais aptas para os cativos. Esta iniciativa súmase ás realizadas ao longo do ano no Kero-Kolo, como as de magosto ou Entroido, co fin de crear un espazo de encontro entre proxenitores e rapaces, menores de tres anos non escolarizados, onde conxuntamente cun orientador aprenden a relacionarse entre eles. As diferentes sesións teñen lugar os martes e mércores de 11.30 a 13 horas. Cada sesión deste programa da Escola de Familia Municipal de Verín está articulada ao redor de diversas accións: tempo dedicado ao xogo, tempo de reunión dos adultos para abordar temas relacionados coa educación, ou realización de rutinas diarias nas que traballar os sentidos e hábitos.

O BNG da comarca de Monterrei anuncia que seguirá loitando ata conseguir que o Plan Director previsto para o Castelo de Monterrei sexa levado a cabo e non se convirta a fortaleza en parador turístico. Os nacionalistas recordan que en 2009, durante a etapa do bipartito na Xunta, o BNG ideara un Plan Director para converter o Castelo de Monterrei nun espazo de exposicións e promoción das augas, viños e moda da comarca. A formación

nacionalista remarca que conseguiran que para tal fin o castelo pasara a ser titularidade da Xunta de Galicia mediante unha cesión do Estado. Salientan desde o Bloque que desde o principio da presentación do proxecto de conversión da fortaleza en parador, se puxeron en contra, xunto a veciños e á Plataforma en defensa do castelo. Agora ademais a Audiencia Nacional admitiu a trámite a petición de nulidade da ampliación de usos acordada polo Goberno central. Un dos motivos que apuntan desde o Bloque

para este rexeitamento son as perdas en Paradores; un 21 % no último exercicio, (19,7 millóns de euros). “A Xunta fai un desembolso económico importante para reformar o Castelo, convertelo en hotel e despois a explotación e percepción de beneficios e propiedade recae en Paradores”, critican os nacionalistas.

Critican que a Xunta faga o investimento e logo Paradores leve o beneficio




BARRIOS Marzo de 2015

EN BREVE 4 Curso de poda e enxerto de castiñeiros O Inorde, dentro do proxecto Promercado, organiza para os días 21, 22 e 28 de marzo as Xornadas técnicas de poda e enxerto de castiñeiros. A formación terá lugar no Centro Agroforestal que o Inorde ten en Riós. As xornadas comezarán ás 9.30 horas e trataranse temas de forma teórica e práctica con saída á finca de castiñeiros. [+ info no 988 39 10 85 ou ctc-inorde@inorde.com]

4Cruz Vermella capta socios en Verín Voluntarios de Cruz Vermella desenvolverán até o 17 de abril unha campaña informativa nos centros sanitarios de Verín para convidar á cidadanía a colaborar coa obra social de Cruz Vermella facéndose socios. Os voluntarios explican as actividades da Institución e convidan á cidadanía a ser socia da mesma.

VERÍN E COMARCA

O Concello remodela as pistas de pádel da Granxa 4 Para cumplir coa normativa da Federación Española de Pádel. Redacción O Concello de Verín acaba de finalizar as obras de mellora de dúas das pistas de pádel do complexo da Granxa. As instalacións atopábanse pechadas por deficiencias estruturais alleas á xestión do ente municipal, según explicaron dende o Concello, e tiveron que ser remodeladas segundo a normativa da Federación Española de Pádel co obxecto de cumprir coas medidas regulamentarias. A mellora destas dúas pistas súmase aos labores de mantemento realizadas polo Concello de Verín, nas pistas deportivas do complexo da Granxa co obxecto de ofertar as mellores condicións de estado, así como lograr a súa conservación e dura-

Xuntanza de campaña do PP na comarca de Verín 4 A posta en valor do sector primario, do turismo e do termalismo, claves para os populares. Redacción

Pistas de pádel da Granxa./CdV. bilidade. Pistas de tenis En vindeiras semanas, a Administración local prevé o arranxo e pintado das pistas de tenis e a construción dun foso e pista de saltos de lonxitude para a práctica do atletismo. As obras foron solicitadas polos usuarios da instalación así como polos proxenitores

dos menores das Escolas Deportivas do Concello de Verín, e enmárcanse dentro da política de promoción de deporte e saúde desenvolvida polo ente municipal.

O Concello tamén construirá un foso e pista de saltos de lonxitude

O BNG presenta a súa candidatura

O Comité Provincial de Campaña do PP de Ourense mantivo unha xuntanza na sede do Partido Popular de Verín cos candidatos e presidentes locais dos concellos integrantes da Xunta Electoral de Zona de Verín (Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Trasmiras, Verín e Vilardevós). Unha das claves que se abordaron neste encontro de traballo foi a cooperación territorial, que debe servir para que se poña en valor o sector primario da comarca, considerada unha das hortas máis ricas de Galicia. Proba diso son a Denominación de Orixe Pemento de Oímbra, a Denominación de Orixe Monterrei no sector vitivinícola e a explotación

da castaña, entre outros. Para esta posta en valor é necesario captar recursos e fondos europeos, co fin de xerar emprego e potenciar o turismo e termalismo da zona, os dous grandes polos de atracción da comarca, potenciados en que tamén discorre por ela o Camiño de Santiago. En definitiva, os populares ven necesario asentar a comarca como un destino turístico de calidade e diferenciado dentro do panorama e oferta actuais, co protagonismo expreso do sector primario, o termalismo e a riqueza paisaxística da zona. Incorporación ao programa electoral O coordenador do Comité de Campaña Provincial, Jorge Pumar, recalcou que as propostas dos candidatos serán incluídas no Programa Electoral Marco Provincial, que se presentará o 31 de marzo.

Redacción O BNG de Verín, vén de escoller o primeiro tramo da candidatura ás vindeiras eleccións municipais de 2015, a cal estará encabezada polo actual concelleiro Diego Lourenzo Moura. No segundo posto da lista está Puri Caldelas, enxeñeira de 40 anos vinculada ao mundo vitivinícola. Traballa actualmente para a Federación Rural Galega. A terceira da lista é Emilia Somoza, de 57 anos. Traballa na Axencia Tributaria de Verín. Activa nos movementos culturais, forma parte do grupo de teatro “La Caja de Pandora” O seguinte candidato é Anibal Blanco, de 50 anos e vinculado ao mundo do viño, pois posúe unha ade-

Reúnese a Mesa contra a violencia de xénero 4 Polo Día da Muller. Redacción Os seis primeiros integrantes da candidatura do BNG en Verín. ga. O quinto posto é para Abelardo Meiriño, enxeñeiro que na actualidade rexenta unha explotación avícola. E a sexta da lista dada a coñecer ata o momento é Samanta Barreira, de 26 anos, que compaxiña os

seus estudos de Dereito coa xestión dunha explotación agraria ecolóxica. “Tratase dun equipo renovado, conformado por varias persoas independentes que non militan no BNG (Somoza, Blanco e Barreira) e que representan a distintos sectores sociais

da comarca de solvencia e competencia máis que demostrada”, explican os nacionalistas. Este equipo ponse a disposición dos veciños de Verín para que lle transmitan as súas necesidades, iniciativas e inquedanzas.

Con motivo da celebración o 8 de marzo o Día da Muller, o salón de plenos do Concello de Verín acolleu unha nova reunión da Mesa de coordinación para a eliminación da violencia de xénero. Durante a xuntanza realizouse un balance e análise dos casos de violencia de xénero dos últimos meses, denun-

cias, ordes de afastamento e protección, así como as medidas para seguir actuando na prevención e atención das vítimas. Ademais presentáronse os proxectos que está a realizar a área de Igualdade do Concello de Verín, como son “Equilibrio-Balance” (relacionado coa conciliación e corresponsabilidade) e “Proxecto Irene” (de información, formación e prevención da violencia sexual en adolescentes).


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Marzo de 2015



O IES García Barbón potencia a orientación académica e o uso da TIC

Once accións formativas na aula CeMIT de Verín Redacción

As actividades de información e orientación académica e de titoría individualizada e grupal son unha parte importante do quefacer do profesorado e do Departamento de Orientación do IES García Barbón. En concreto, destaca a continuidade das titorías académicas do alumnado –individuais- e das charlas grupais de información e orientación académica impartidas por antigos estudantes. De feito, dende este centro queren agradecer a colaboración de Belén González Luís, Naira García Brasero –polas charlas xa impartidas- e a Alejandro Bolaño –cuxa charla se impartirá en abril-. Tamén contarán cunha sesión infomativa que ofrece persoal especializado da Academia Postal sobre as oposicións como posible saída

Durante o mes de marzo, a aula Multimedia do Concello de Verín oferta once accións formativas para os usuarios interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías. Os cursos que terán lugar son: redes sociais, iniciación á informática, busca de información na Internet, correo electrónico, administración electrónica ou preparación CODIX . Ademais, e en colaboración coa Escola de Familia Municipal, tamén se desenvolverá o proxecto infantil ‘KeroInformátika’, destinado a menores con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos. Grazas a esta iniciativa os menores comezarán a familiarizarse cos recursos educativos que ofrece o mundo virtual, con clases adaptadas ás súas idades.

laboral e a preparación das probas de acceso ao ciclo superior. Complementariamente, teñen atendido ao alumnado de todos os centros de secundaria da comarca mediante a realización de visitas guiadas polas instalacións do IES García Barbón. Tanto o profesorado como os estudantes colaboran nas explicacións e demostracións prácticas. Información automática A presenza do IES en internet é un servizo que consideran básico, polo que adican tempo e dotan de contidos de utilidade á súa páxina web, os blogs do centro e as súas redes sociais (Facebook, Twitter, Pinterest). Para mellorar a consulta das fontes informativas e poder estar ao tanto das novidades, crearon unha ferramenta que lles per-

mite estar informados de maneira automática e que podedes ver en: http:// goo.gl/EvJ85u Visita a Motortec Automechanika Madrid Entre outras actividades formativas e charlas organizadas, destaca a visita á Feira Internacional Líder para a industria da Automoción. O alumnado do Ciclo Medio de Electromecánica de vehículos automóbiles realizou un percorrido pedagóxico pola Motortec Automechanika Madrid 2015, os dias 12 e 13 de marzo. Acceso a Ciclos de Grao Medio A inscrición para as probas de acceso a Ciclos de Grado Medio de Formación Profesional permanecerá aberta no IES García Barbón do 7 ao 20 de abril. O 3 de xuño terá lugar o exame.

Estudantes de enfermería de Chaves poderán realizar prácticas en todos os centros do Sergas de Ourense 4 Ata o de agora xa o viñan facendo no hospital de Verín. Redacción Alumnado da Escola Superior de Enfermería “Timoteo Montalvo Machado” de Chaves poderá realizar prácticas en todos os centros hospitalarios e de Atención Primaria de Ourense, trala sinatura dun convenio de colaboración entre a responsable da Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde en Ourense, Eloína Núñez, e a presidenta do Consello de Dirección da Escola de Chaves, María Ines Pereira. O convenio consolida a liña de colaboración

establecida en 2011 entre este centro docente transfronteirizo e o Hospital de Verín, facilitando así a realización de prácticas tamén por parte dos alumnos de 4º curso, que ata agora non podían acceder, completando a súa formación practica e ampliando os itinerarios docentes á totalidade de unidades de enfermería. Desde o inicio da colaboración, xa foron máis dun cento os alumnos desta escola que completaron a súa formación práctica nos centros sanitarios do Sergas en Ourense, concretamente nos hospitais de Verín e da capital provin-

cial. 60 universitarios no curso lectivo 2012-2013; 46 alumnos no 2013-2014 e 25 estudantes no primeiro cuatrimestre do actual curso 2014-2015. A este número se engadirán outros 10 máis este mesmo ano. Alumnos españois A nacionalidade dos alumnos da Escola “Timoteo Montalvao Machado” de Chaves que solicitan prácticas en Ourense é maioritariamente española, con residencia nalgúns dos concellos da provincia, moitos deles compatibilizando traballo e estudos, polo que a

Eloína Núñez, xerente de Área de Xestión Integrada de Ourense./ARQUIVO. realización das prácticas nun centro próximo a súa residencia facilita en gran medida completar o seu ciclo docente. Con todo, cada vez máis, alumnos portugueses solicitan esta posibilidade.




BARRIOS Marzo de 2015

Grupo de axuda mutua da AECC en Xinzo Redacción A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense vén de pór en marcha un grupo de axuda mutua destinados a pacientes oncolóxicos na localidade de Xinzo. O obxectivo principal deste grupo, que está dirixido por unha traballadora social da AECC, é o de proporcionar estratexias para afrontar a enfermidade e mellorar a sensación de relaxación e benestar xeral dos pacientes, adestrando habilidades como a autoestima ou a asertividade. Reunións ata maio A primeira reunión tivo lugar na tarde do 4 de marzo na Casa da Cultura. O grupo volverá reunirse cada dúas semanas ata finais de maio. Para participar daráselle prioridade a aquelas persoas que estean a tratamento activo médico ou psicosocial ou nos dous primeiros anos do diagnóstico. [+ info no teléfono 988 219 300]

XINZO E COMARCA

A Escola Rural de Saúde forma en coidados a dependentes

Edades estrea a venda de axudas de segunda man

4 O curso é impartido por 11 profesionais.

Edades é unha empresa prestadora de servizos sociais con sede en Ourense, onde está implantada desde 2008. Abrangue servizos como axuda a domicilio, venda e aluguer de axudas técnicas, limpeza de vivendas, internas, canguros, servizo de reparacións... Unha gran variedade de prestacións que se ofertan a uns prezos alcanzables para a maioría da poboación. Como novidade, Edades vén de estrear o ser-

Redacción A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia estreaba marzo iniciando un curso de formación para coidadores de persoas dependentes e enfermos crónicos. O curso, subvencionado pola Deputación de Ourense coa colaboración do Concello de Xinzo, impártese na Casa da Cultura da localidade. Estrutúrase cun formato eminentemente práctico e participativo; consta dun total de 22 horas lectivas desenvolvido ao longo de 11 talleres. O equipo de docentes está integrado por 11 profesionais expertos en cada unha das materias relacionadas coa dependencia: xerontoloxía, medicamento, enfermaría, bioética, psicoloxía, nutrición, aspectos legais, fisioterapia, etc.

Sesión xa impartida, sobre axudas técnicas. A coordinadora da Escola, Lola Rico, manifestou que o obxectivo do curso é pór a disposición dos coidadores “a información, os coñecementos e a experiencia necesaria que lles permitan afrontar eficazmente o seu complexo e sacrificado labor do coidado de persoas que non poden valerse por si mesmas”. Os talleres desenvolvésense os martes e xoves

durante dúas horas na aula da Asociación. Todos aqueles que teñan interese en participar aínda poden inscribirse no 603 784 435, no correo escolaruraldesaudedalimia@ yahoo.es ou na propia aula, de luns a venres en horario de 10 a 13h ou os xoves pola tarde de 16 a 18h. Existe a posibilidade de inscribirse no curso completo ou bén só nalgún dos obradoiros.

vizo de compra venda de axudas técnicas de segunda man a bo prezo. Ademais de poder realizar as compras no seu establecemento na capital ourensá, teñen venda online na páxina web www. ayudastecnicasourense.es onde dispoñen dunha boa oferta de produtos para o descanso, como camas articuladas, para facilitar a mobilidade, como guindastres e cadeiras de rodas, para o aseo, e en definitiva, para mellorar a vida diaria.

Fachada da tenda de Edades na avenida de Marín, 33, de Ourense.


PUBLICIDADE

BARRIOS Marzo de 2015




10

BARRIOS Marzo de 2015

XINZO E COMARCA

EN BREVE

Gas Natural devolve 46.000 euros a Vilar de Santos

4Empregados de Xinzo recuperan dereitos O pleno do Concello de Xinzo de Limia, celebrado o 13 de marzo, vén de aprobar, cos votos a favor do BNG, AGE, Independentes, PP e coa abstención do PSOE, a devolución aos traballadores municipais do dereito a optar, entre a readmisión e a indemnización, no caso de despidos improcedentes. Unha decisión, a xuízo do sindicato CIG, que sitúa de novo “as relacións laborais municipais no sitio de onde nunca deberon saír” recuperando os empregados públicos os seus dereitos tras dous anos de conflitividade pola suspensión “unilateral” da cláusula de despedimento improcedente.

4Xan Jardón, candidato de CxG en Vilar de Santos O actual alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, foi elixido por unanimidade candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía nas eleccións de maio. Máis dun cento de veciños participaron nas primarias deste partido en Viilar de Santos, no que Jardón se comprometeu a seguir traballando para que “todos os veciños se sigan sentindo orgullosos de vivir” no municipio.

4O BNG solicita o desbloqueo do Bar Arcos O BNG de Xinzo vén de reclamar ao Concello que desbloquee o expediente urbanístico sobre o Bar Arcos, na zona dos viños. Piden que se resolva ou arquive para abrir unha nova vía administrativa que permita rehabilitar a cuberta do edificio e posibilitar así a continuidade do local.

Autoridades na nova pasarela peonil sobre o río Limia en Xinzo.

Rematan as obras de mellora do río Limia 4 O obxecto da actuación é evitar inundacións no tramo urbano do río. Redacción O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do MiñoSil (CHMS), finalizou as obras de mellora do dominio público hidráulico e da capacidade de desaugadoiro do río Limia, ao seu paso polo tramo urbano de Xinzo de Limia. Os traballos foron executados nos últimos seis meses, e requeriron un investimento de máis de 670.500 euros. O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o presidente da Confederación Hidrográfica do MiñoSil, Francisco Marín, supervisaron o resultado das actuacións acompañados polo alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, polo presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, e polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, entre outras autoridades. O obxectivo deste

proxecto é evitar as inundacións do tramo urbano do río Limia, utilizando a súa propia capacidade como elemento canalizador da drenaxe natural, así como o acondicionamento e a posta en valor e integración da contorna fluvial no centro urbano de Xinzo de Limia. As actuacións proxectadas iniciáronse coa demolición da pasarela peonil de acceso ás piscinas municipais, que se atopaba en mal estado e supuña un perigo importante para os viandantes, e a posterior construción dunha nova pasarela de metal, de 2.50 metros de ancho e 45 metros de lonxitude. Por outra banda, procedeuse á ampliación da ponte do Bouzo, conseguindo unha sección final de calzada de 6 metros, que permite o paso simultáneo de dous vehículos, así como dúas beirarrúas peonís laterais de 1.25 metros de ancho, o que implica unha mellora importante da seguridade viaria. Para completar as actuacións, leváronse a cabo

traballos de restauración e mellora das condicións hidráulicas da canle, consistentes na limpeza e roza selectiva da vexetación de ribeira, eliminación das especies en mal estado fitosanitario así como as especies invasoras. Por outra banda, procedeuse á restauración de marxes e de noiros debilitados, empregando para iso técnicas de bio-enxeñaría e revexetación. Investimento Estas actuacións foron financiadas nun 80% a través de Fondos Europeos, e o 20% restante foi sufragado polo Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica. Pola súa banda, o Concello de Xinzo de Limia encargouse de pór os terreos a disposición da Confederación para a execución das obras.

Levouse a cabo a limpeza e roza selectiva da vexetación de ribeira

4 O concello recupera os cartos cobrados indebidamente pola eléctrica durante cinco anos pola enerxía reactiva. P. L. Final feliz para a reclamación do Concello de Vilar de Santos fronte a Gas Natural Fenosa para que a empresa eléctrica lle devolvera o cobrado de maneira indebida durante cinco anos. En total, 45.949 euros xa ingresados na conta municipal e sen necesidade de ir a xuízo. O alcalde, Xan Jardón, destacaba que a devolución destes fondos proba que “tiñamos razón; reclamamos e demostramos esta fraude” e ademais “fixémolo por nós mesmos”, baseándose nun informe técnico “do que non se puxo un céntimo en discusión”. Nin o departamento de Consumo da Xunta de Galicia, nin os grupos parlamentarios nin a Fegamp botaron unha man a Vilar de Santos nas súas reclamacións, só “os

veciños, os funcionarios e Compromiso por Galicia”, apuntaba o rexedor. Agora, Jardón esíxelle ao Instituto Galego de Consumo “que nos conteste por escrito” á reclamación aberta no seu día por este asunto, e ao presidente da Xunta “que lle esixa a Fenosa unha compensación a Vilar de Santos e ao resto de concellos galegos”. Reclamación de intereses O Concello de Vilar de Santos estuda tamén reclamar á empresa eléctrica os intereses legais da débeda xa cobrada. Jardón deu conta desta noticia nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo seu tenente de alcalde Antonio Míguez, e polo coordinador provincial de CxG, Xosé Manuel Pérez Bouza, quen destacou o “tesón” e “valentía” de Vilar de Santos que rematou gañándolle “o pulso a unha multinacional”.

Antonio Míguez, Xosé Manuel Pérez Bouza e Xan Jardón./P.LODEIRO.


ALLARIZ E COMARCA

moi bos prezos” aproveitando a xornada festiva para atraer visitantes á vila de San Rosendo. Gosende estima que a clave para que o éxito da feira estea asegurado é que a climatoloxía acompañe, pois considera que, logo de seis edicións, o evento xa está consolidado. En horario de 10 a 21 horas, o céntrico vial ce-

lanovés estará ocupado por 60 expositores de variados sectores, como flores, electrodomésticos, veterinaria, mobles, bazar, alimentación ou textil. Os clientes que se acheguen ata alí poderán mercar con descontos de ata o 90%. Para animar a feira, tocarán os gaiteiros de Lobeira (en concerto e en pasarrúas) e haberá unha

11

EN BREVE

Nova edición da Feira da Oportunidade en Celanova O comerciante celanovés Julio Gosende volve organizar a Feira da Oportunidade de Celanova o vindeiro Xoves Santo. Por sétimo ano consecutivo, reunirá 60 expositores na rúa Celso Emilio Ferreiro durante a xornada do 2 de abril, Xoves Santo. A idea desta feira na rúa é ofrecer “un día de compras distinto, con produtos a

BARRIOS Marzo de 2015

4 Matrícula na escola infantil

Julio Gosende, empresario celanovés./ARQUIVO.

exhibición e clase de zumba. A entrada será libre

A Escola Infantil de Allariz mantén aberto ata o 23 de marzo o prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso 2015/2016. Para formalizar a matrícula é preciso recoller a solicitude, así como informarse, na Escola Infantil, rúa Hospital 27, no teléfono 988 44 02 19 ou no correo electrónico escolainfantil.allariz@ igualdadebenestar.org

4 Mantemento do alumeado en Xinzo O Concello de Xinzo de Limia sacará a concurso a conservación, reparación e mantemento do

alumeado público durante os vindeiros catro anos, con posibilidade de prórroga de dous anos máis. O orzamento de licitación é de 165.770 euros anuais, cun importe total do contrato de 994.620 euros. A empresa gañadora deberá proporcionar a mao de obra, o material utilizado nas instalacións eléctricas e a maquinaria precisa. Ademais, a medida que o alumeado público deixe de funcionar, este será remplazado por un novo máis económico. A empresa seleccionada deberá subrogar un traballador municipal que se encargue desas tarefas. O prazo para presentar ofertas remata o 1 de maio.

O PSOE de Maceda propón baixar a taxa do lixo 4 A súa candidata quere rebaixar o resto de impostos municipais nun 1,5%. Redacción A candidata socialista á alcaldía de Maceda nas vindeiras municipais, Ana María Rodríguez Blanco, propón unha baixada da carga fiscal neste concello. En particular, da taxa do lixo, porque, afirma, “o servizo de recollida do lixo é un servizo con superávit de recadación”. “Trátase dunha baixada aplicable que responde as inquedanzas que a veciñanza nos transmite nas conversas sobre os cambios a introducir na gobernanza de Maceda, que é factible, porque o problema da alta débeda está na mala xestión ”, declara Rodríguez Blanco. En concreto, e de gobernaren os socialistas, o recibo do lixo das vivendas de 72,85 baixaría a 62 euros e o de 59,51 baixaría a 50 euros, mentres que nos

pequenos negocios propoñen unha redución de 110 a 100 euros. Segundo Rodríguez Blanco, o recibo é máis caro en Maceda que en municipios próximos, como Allariz, onde se paga 65 euros, e Xinzo, onde a taxa é de 55 euros. Baixada dun 1,5% En canto ao resto de impostos municipais a proposta desta formación é unha baixada do 1,5%. A esta baixada engadiríase a introdución de índices sociais en todas as ordenanzas de taxas, impostos e servizos, con rebaixas para familias numerosas con escasos recursos económicos e persoas maiores de 65 anos con ingresos inferiores ao IPREM. Tamén cren que se deberían introducir bonificacións no IBI.

Sinalan que o servizo ten supéravit de recadación


12

BARRIOS Marzo de 2015

ALLARIZ E COMARCA

Salgado e Rodríguez, vencedores da primeira Heroican Race 4 A proba disputada en Allariz congregou a preto de 200 participantes. Redacción Castor Salgado e Cristina Rodríguez foron os mellores na primeira edición da Heroican Race celebrada en Allariz e organizada por Serviocio. Preto de 200 persoas participaron nesta primeira edición que tivo lugar o pasado 14 de marzo. Salgado e Rodríguez foron os primeiros en completar un percorrido de 8,5

quilómetros cun sinfín de obstáculos que todos os participantes superaron sen ningún contratempo. Castor Salgado completou a proba nun tempo de 44 minutos e 36 segundos. Tras el, a máis de tres minutos, Roberto Saez (48:05). En terceira posición chegaría Manuel Ferradas (48:05). En total completaron o percorrido 152 homes. En canto á categoría de

mulleres, Cristina Rodríguez rematou a proba tras 58 minutos e 15 segundos. No podio acompañárona Eva Martínez (58:54 minutos a 39 segundos da campioa) e Sandra Costas (1:00:58), segunda e terceira, respectivamente. 45 foron as mulleres que participaron nesta proba. Esixencia O percorrido estaba pragado de obstáculos, sendo

un dos máis complicados de superar o de subir unha pendente de 80 metros, cun desnivel de ata o 18%, cun saco lastrado de 20 quilos para os homes e de 10 para as mulleres. Outras das probas a superar eran rampas de ata o 30% de desnivel, atravesar una maraña de cordas e pasar por regatos cheos de barro. Unha proba esixente para xente cunha boa condición física.

Nun momento da prooba os participantes tiñan que suibir unha pendente cun saco lastrado./BRAIS SEARA-SERVIOCIO.

Baltar na visita á Mancomunidade de Ourense.

Manuel Baltar visita a Mancomunidade de Ourense 4 A Deputación estuda adaptar a estación de tren de Cantoña como sede da entidade. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou a mancomunidade de concellos da comarca de Ourense, onde se reuniu co seu presidente, José Manuel Fernández, alcalde de Paderne, e con alcaldes e representantes locais dos concellos que a integran: Baños de Molgas, Esgos, Maceda,

Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo. Manuel Baltar informou que a Deputación de Ourense aprobou unha axuda para a compra de terreos co obxectivo de construír unha gardería infantil, e tamén que o ente provincial estuda executar unha obra para adaptar a

estación de tren de Cantoña como sede da mancomunidade. Axudas ao deporte Asemade, Baltar e os representantes da mancomunidade falaron da orde de axudas específica para mancomunidades e concellos segundo a cal este ano a Deputación de Ourense achega un total de 130.000 euros para a realización de eventos deportivos.


PUBLICIDADE

BARRIOS Marzo de 2015

13


14

BARRIOS Marzo de 2015

ALLARIZ E COMARCA

Alumnado de 3º da ESO e FP Básica do IES San Mamede de Maceda expuxeron as súas curtametraxes realizadas no marco do programa “Corta coas desigualdades”.

Allariz e Maceda apostaron pola igualdade 4 En ambos municipios organizáronse actos conmemorativos do Día da Muller. Redacción Allariz e Maceda son dous dos concellos da comarca que organizaron actos con motivo da celebración do Día da Muller o 8 de marzo. En Maceda, celebrouse un acto conmemorativo na casa consistorial, no que participou o alumnado do IES San Mamede presentando os traballos realizados no programa “Corta coas desigualdades”, organizado dende o Centro de Información ás Mulleres co obxectivo de fomentar a reflexión sobre as desigualdades de xénero na

adolescencia. Tamén se puxo en marcha o programa “Aloumiños: aulas de Crecemento en Igualdade”, que comprende cinco obradoiros dirixidos a mulleres, enfocados ao crecemento persoal e o desenvolvemento de habilidades de autocoidado. Os próximos son os días 17 e 24 de marzo e 7 e 10 de abril, e impártense de 17 a 20 horas no salón de plenos do Concello. Un partido de fútbol, un obradoiro sobre envellecemento saudable en mulleres, e actividades específicas para os cativos do programa municipal “Ma-

ñanceiros” completaron os actos previstos. Xornadas en Allariz En Allariz, desenvólvense durante todo o mes as XI Xornadas para a Igualdade, co obxectivo de “visibilizar a situación de desigualdade das mulleres e reflexionar sobre ela”, explicaba a concelleira de Benestar Social, Pilar Gallego. Baixo o lema “Quen non embarca, non se marea... Do poder sobre, ao poder con...”, esta undécima edición centra a atención no poder, o empoderamento e o liderado “para cuestio-

nar o modelo existente e intentar transformalo xa que afecta a todas as relacións persoais” ,explicaba Ana Cardoso, técnica de Igualdade. Ata o 27 de marzo desenvolveranse, en diversos espazos do concello, actividades como obras teatrais, charlas-coloquio, faladoiros ou obradoiros, que combinan divertimento, reflexión e aprendizaxe. As que restan por realizar son o obradoiro para liderar, os días 16 e 17 de marzo no Fogar dos Maiores; e o faladoiro “Mandar ghústanos a todxs, pero como?”, o día 24 ás 19:30 horas no mesmo lugar. Tamén se proxectará a curtametraxe “Polas Bravas” realizado pola asociación de desenvolvemento rural Avinza GDR-15. Será na Fundación Vicente Risco, o xoves 26 ás 20:30 horas. E finalmente as xornadas serán clausuradas co concerto Bloody e os maris, que se celebrará no Museo da Moda o día 27, ás 20:30 horas. No mesmo lugar impartirase un obradoiro de stencils feministas e rematarase con petiscos, viño galego e baile.

As XI Xornadas para a Igualdade rematan o día 27 cun concerto

Amplíanse vestiarios e ximnasio da piscina municipal 4 O Concello licita nova maquinaria para a instalación. Redacción As obras de ampliación dos vestiarios e ximnasio da piscina municipal xa van avanzadas polo que o Concello de Allariz procedeu a licitar a subministración de maquinaria para os ximnasios das instalacións deportivas de Vilanova. A licitación contempla a adxudicación de dous lotes correspondentes á maquinaria da nova sala cardiovascular e da sala de musculación. A sala cardiovascular contará con cintas de correr, stepper, elíptica, bicicleta reclinada, vertical, de man para adestramento de tren superior, de spinning e adaptables para as cadeiras de rodas. Tamén se licita o equipamento da sala de mus-

culación, que disporá de todos os aparatos precisos para ofrecer un bo servizo. As dúas salas serán completadas por unha nova sala de aeróbic e actividades dirixidas con cabida para máis usuarios. Este investimento, de 50.000 euros, xunto ao das obras, que ascendeu a 120.000 euros, permitirán mellorar considerablemente as dotacións da piscina municipal. Segundo explicaba o alcalde, Francisco García, “estas melloras non implicarán aumento nas tarifas”.

O alcalde explica que as melloras nas instalacións de Vilanova non implicarán aumento nas tarifas

Licitado o asfaltado de pistas en Meire 4 O investimento supera os 95.000 euros.

A Banda Unión Musical ofrecerá dez concertos Redacción

Redacción

O Concello de Allariz vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Unión Musical de Allariz mediante o cal a banda celebrará un mínimo de 10 actuacións anuais no municipio. A colaboración, asinada polo alcalde, Francisco García e o director da Banda, José Manuel Vega, inclúe a cesión, por parte do Concello, do uso de espazos municipais á Asociación Cultural Unión Musical de Allariz para o

O Concello de Allariz vén de iniciar o proceso de contratación para as obras de acondicionamento do acceso á parroquia de Meire. Cun importe de 95.017 euros, as obras permitirán a mellora da rede viaria municipal, seguindo o plan de mantemento anual que leva a cabo a administración local. A reparación das estradas realizarase cun novo sistema de aglomerado en frío que garante unha maior duración e unha

Concelleiras, alcalde e director da Banda na sinatura do convenio./CdA. funcionamento da Escola de Música; ademais de 30 cadeiras e da percusión adquirida para o funcionamento da Escola e da Banda. A Banda Unión Musical de Allariz, pola súa parte,

participará na programación cultural-musical que establece o calendario do Concello de Allariz, realizando un mínimo de 10 actuacións ao ano que se desenvolverán preferentemente nas festas organi-

zadas polo Concello, que tamén, procurará favorecer o intercambio musical da Banda con outras agrupacións musicais dos concellos cos que se manteñen relacións de cooperación.

maior seguridade. Así, os núcleos de Meire, Rial ou Fondevila verán mellorar os seus accesos. As empresas do sector foron convidadas a participar no proceso de contratación. Logo da presentación de propostas farase a selección atendendo ás mellores condicións que se ofrezan na execución da obra. Prevese comezar as obras antes do verán.

O Concello de Allariz prevé comezar as obras antes do verán


ALLARIZ E COMARCA

O CEIP Padre Feijoo instalará composteiros 4 Porá en marcha un programa de reciclaxe xunto ao Concello de Allariz. Redacción Concello de Allariz e colexio Padre Feijoo colaborarán na execución dun programa de reciclaxe. O alcalde, Francisco García, máis o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela veñen de reunirse coa dirección do centro educativo alaricano para trasladarlle a proposta de colaboración municipal para a implantación no colexio dos obxectivos do programa de separación e aproveitamento do lixo. A proposta comprende a implantación no colexio de varios composteiros no que os estudantes depositen os desperdicios alimenticios e a construción dunha horta escolar, situada no novo centro de educación infantil.

Centro de infantil do Padre Feijoo./ARQUIVO. “Os alumnos e alumnas poderán observar a evolución da materia orgánica, que unha vez degradada, pasará a formar parte da horta escolar” explicaba o alcalde. A elaboración complementaria de unidades didácticas permitirá un aproveitamento educativo desta actividade. A proposta tivo unha gran acollida polo equipo docente que participará de xeito activo na tarefa

de educación, sensibilización e divulgación do programa de reciclaxe. Tamén foi trasladada á dirección da Escola Infantil que está a traballar para crear actividades axeitadas para os cativos de 2 a 3 anos. A colaboración do Concello cos centros docentes en materia de reciclaxe “permite a experimentación educativa, cambiando hábitos e incidindo no ámbito familiar”.

4 O día 16 de marzo comeza un de patronaxe, o día 21, outro de ecoviticultura e en abril, inglés para hostalería. A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz continúa coa súa proposta formativa no mes de marzo. Nesta ocasión, os cursos que oferta a fundación con sede en Paciños son de patronaxe e de ecoviticultura. O curso de patronaxe con montaxe de prendas ofrece unha formación de 180 horas, que permi-

O curso de patronaxe está dirixido aos que busquen un futuro profesional no mundo da moda

15

Concello e Universidade de Vigo cooperarán en reciclaxe e arqueoloxía 4 As dúas entidades asinaron varios convenios para regular a súa colaboración. Redacción

Novos cursos na Fundación Ramón González Ferreiro

Redacción

BARRIOS Marzo de 2015

te adquirir coñecementos básicos de patronaxe industrial, e iniciarse na confección e montaxe de prendas exteriores de muller. O programa está dirixido a persoas que busquen un futuro profesional no mundo da moda. A formación iníciase o martes 16 e ten un custo de 600 euros, que se poden pagar en tres prazos. Impartirase de martes a venres en horario de tarde. Doutra banda, o curso básico de ecoviticultura impartirase nunha única xornada, o sábado 21 de marzo. Serán seis horas de formación en horario de mañá e tarde nas que os asistentes aprenderán sobre o ciclo anual da planta,

a plantación, os enxertos máis empregados na vide, a poda, a fertilización, as patoloxías máis comúns, e os principios básicos da vendima. Inscribirse custa 25 euros. Inglés en abril Ademais, a Fundación prepara un curso de inglés práctico para profesionais da hostalería que se iniciará o 7 de abril. Son 12 horas de formación, que se impartirán en dous horarios diferentes, un de mañá e outro de tarde. Custa 45 euros. En todos os casos, as inscricións realízanse no correo electrónico info@ fundacionrgf.org ou no 988 436 182

O Concello de Allariz e a Universidade de Vigo veñen de asinar varios convenios para regular a súa cooperación e colaboración para o desenvolvemento científico, tecnolóxico, cultural e laboral da comarca. Son tres convenios. O primeiro, un convenio marco “que lle dá un paraugas máis amplo e abre horizontes á investigación, asesoramento técnico, á cultura, á actividade deportiva... para envorcar o talento universitario á realidade social” como salientou o reitor, Salustiano Mato; outro, centrado nas accións arqueolóxicas desenvolvidas nas escavacións de Armea e un terceiro na mellora da actual xestión de residuos do municipio. Recollida do lixo As Universidade de Vigo e da Coruña colaborarán co Concello nun proxecto piloto de recollida de lixo con separación en orixe e “porta a porta” e na creación dun centro de experimentación ambiental para o ensaio da compostaxe destes residuos. Con esta iniciativa, Allariz pretende aproveitar o 80% dos desfeitos orgánicos que se xeran no municipio e “ter a posibilidade de que este compostaxe sexa utilizado como abono en moitos ámbitos públicos ou privados”. Cunha duración de oito meses e un orzamento de 4.000 euros, este proxecto de colaboración estará liderado polo equipo da profesora Josefina Garrido, directora do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo. Os investigadores achega-

O reitor, Salustiano Mato, e o alcalde, Francisco García, no acto de sinatura do convenio./DUVI. rán os seus coñecementos para pór en marcha unha experiencia pioneira en Galicia. Plan Director para Armea O patrimonio arqueolóxico, tanto na súa vertente investigadora como na de difusión cultural, social ou económica, é unha materia na que o Concello de Allariz e a Universidade de Vigo levan anos colaborando: primeiro cos contratos de investigación para as intervencións arqueolóxicas no xacemento de Monte do Señoriño e no castro de Armea, en Santa Mariña de Augas Santas; despois co convenio de cooperación educativa firmado en 2014 para regular o réxime de prácticas académicas externas, curriculares e extracurriculares para alumnado da Universidade de Vigo en instalacións, actividades e proxectos do concello alaricano. Cun novo convenio trátase de “regular esa colaboración” e dar continuidade e estabilidade ás actuacións arqueolóxicas que se están a desenvolver. Un dos propósitos é dirixir de forma centralizada todos os proxectos históricos, arqueolóxicos ou patrimoniais que se estean a realizar ou se poidan realizar na zona, elaborando un Plan Director

para o conxunto histórico e patrimonial de Armea. Ademais, desenvolveranse de forma conxunta proxectos de investigación nesta área desde escavacións ata estudo de materiais, conservación, restauración, musealización ou mesmo divulgación. Liderando estas actividades e proxectos estará o grupo de investigación en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Facultade de Historia do campus ourensán, co profesor Fermín Pérez Losada como investigador principal. Divididas en campañas anuais, cun orzamento de 10.000 euros cada unha, organizaranse ademais actividades académicas relacionadas cos proxectos de investigación, como prácticas para estudantes da Universidade de Vigo nas escavacións, o apoio a investigadores en formación, a presentación de comunicacións en congresos científicos, a organización de exposicións ou visitas guiadas e a impartición de charlas divulgativas. Tamén se fará asesoría directa doutras intervencións arqueolóxicas que poida haber en Allariz.

Trátase de dar estabilidade ás actuacións arqueolóxicas


16

BARRIOS Marzo de 2015

especial CELEBRACIÓNS

Joyería Loyma, especialistas en alianzas para noivos

No día máis importante confía nos mellores: Grupo ANPIAN

Con 33 anos de andadura, Loyma é toda unha referenza no mundo da xoieiría ourensá, e en particular, no que se refire a xoias para noivos. A fronte deste negocio atópanse Loly e Manolo, que desde o seu local da rúa Pena Corneira (trala Catedral) preparan as alianzas ao gusto de cada parella. “Personalizamos as alianzas en ancho, en diferentes cores (ouro branco -antialérxico e inalterable-, amarelo e cor rosa), pódense fabricar con e sen

Comuñóns, bautizos, vodas; cerimonias importantísimas na vida de calquera persoa que teñen que contar cos servizos dos mellores profesionais. As empresas do grupo ANPIAN sempre son a garantía dun traballo ben feito. Para o traslado dos invitados e dos noivos, ANPIAN conta coa frota máis moderna da provincia tanto de autocares, como de coches de luxo. Ambos son conducidos por expertos profesionais que garanten que todo saia á perfección. O persoal de Viaxes Piña ou Viaxes Auria, as axencias do grupo, asesorará aos noivos nos mellores destinos para a súa lúa de mel e aos invitados na elección dun agasallo para os nenos de comuñón, por exemplo, unha estancia familiar nun Parque de Aventura, unha viaxe en globo ou calquera cousa que lle puidese gustar tanto á familia como ao neno ou nena. Viaxes Piña e Viaxes Auria ocuparanse de todas as xestións necesarias para a viaxe, tanto de reservas como de visados, para que nada poida preocupar ao cliente. Para as lúas de mel, ademais de contar con

Loyma fabrica alianzas en monobloque, sen soldaduras

brillantes, e de todos os prezos”, apunta Loly, que explica que poden ofrecer este amplo abano porque son fabricantes, “os únicos de Galicia”. “Incluso hai parellas de noivos que as fan diferentes, a dela de ouro branco e dun determinado grosor e a del amarelo”, aclara. Todas elas, tamén as máis tradicionais, fanse cunha redondez polo interior denominada confort para ofrecer maior comodidade no seu uso, troqueladas e sen soldadura. E tamén ofrecen pendentes de voda personalizados (en longo, con perlas, cor pedra e ouro, etc.) Así mesmo, ofrecen aos seus noivos unha tarxe-

ta VIP coa que gozar de atractivos descontos. Xunto a esta oferta especializada en noivos, poñen a disposición dos seus clientes todo tipo de xoias e un amplo catálogo de reloxos, de marcas punteiras españolas e italianas En época de comuñóns como a que comezamos, teñen os produtos perfectos para regalar: reloxos, conxuntos de pendentes e sortixas, xoieiros, huchas… Sempre fieis ás últimas novidades, xa que viaxan continuamente a Italia para ocoñecelas de primeira man. [+ info en www. joyerialoyma.es e no seu Facebook]

Joyería Loyma ofréceche as últimas novidades en xoiería no seu establecemento de Pena Corneira, trala Catedral./M.R.

opcións para todos os petos, ao contratala coas Axencias de viaxe do grupo ANPIAN durante o 2015, o transporte dos noivos ou o dos invitados do día da voda, pode ser gratis. Desde hai moitos anos este grupo contan coa confianza de toda a provincia grazas á seriedade e á calidade que viñeron demostrando en todos os seus servizos.

Semana Santa Reserva unha escapada para Semana Santa e aproveita as últimas prazas en destinos de sol, porque están a voar. E se o que prefires son uns días de descanso e tranquilidade, reserva un balneario, unha casa rural ou un hotel con encanto en Viaxes Piña ou Viaxes Auria. [+ info en www.anpian. com]


CELEBRACIÓNS especial

BARRIOS Marzo de 2015

17


18

BARRIOS Marzo de 2015

especial CELEBRACIÓNS

16.534 euros para unha voda con cen invitados Redacción Segundo datos da Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI) o gasto medio para unha voda en España dun cento de invitados estivo nos 16.534 euros no 2014. Con motivo da crise que sufre o país, as parellas miran ao detalle os prezos, buscando posibles ofertas. O prezo máis elevado neste tipo de cerimonias continúa sendo o que xera o banquete, cun prezo medio por cuberto que oscila entre os 75 e os 100 euros. Outro dos gastos obrigados son os traxes dos noivos. Claramente superior o da moza con respecto ao del. Actualmente, e unha vez utilizado o traxe, é moi normal vendelo

(cunha rebaixa que pode ser do 50% e incluso máis). Viaxe de noivos Outro dos gastos (fóra do que sería estritamente o propio día do enlace) é o da lúa de mel. Este concepto acostuma ser o segundo máis caro. Por parella o prezo non baixa dos mil euros. Non falta dicir que o custo varía en función do destino e da duración da viaxe. As invitacións, a reportaxe fotográfica e o vídeo, os detalles, a perruquería, a decoración, os coches dos noivos e dos invitados... son outros dos gastos a ter en conta.

O prezo do traxe da noiva é claramente superior ao do noivo

O banquete, os traxes e a lúa do mel son os aspectos que máis presuposto requiren.

Komodamoda, estilo e comodidade en roupa de festa Estilo e comodidade en roupa de festa e o que ofrece Komodamoda a todas as súas clientas que queren estar á última con prendas súper cómodas e actuais, independentemente da talla que necesiten xa que en Komodamoda poden atopar unha ampla tallaxe en roupa de festa; a maioría dos modelos dos que dispoñen son ata a talla 60. Para esas celebracións Komodamoda ten una variada colección tanto de vestidos curtos como longos. Nesta nova temporada destacan as cores verdes, azuis e moradas e tamén estampados suaves e lixeiros que lle dan moita elegancia aos vestidos.

gusto con unha mesma, para poder gozar ao maximo desa festa especial en ter que preocuparse pola tallaxe que tantos complexos nos fai ter. Tanto sexa para unha boda, comuñón ou un día calquera, recordade que Komodamoda ofrece a solucion aos problemas con que nos atopamos e que tanto nos disgustan cando necesitamos alguna prenda de vestir. Como novidade esta tempada tamén podedes atopar unha pequena colección en moda baño e corsetería que tanto nos piden as nosas clientas. Estamos á vosa disposicion na rúa Cabeza de Manzaneda 2 baixo, Ourense, ou no teléfono 988 254 359.

O estilo que mellor che senta Veñen moito as telas bordadas, os volantes, as capas superpostas, os drapeados nos corpiños e os corpos con pedrería.... sen dúbida en Komodamoda encontraran o estilo que mellor lle sente para esa celebracion, no que o máis importante é ir comoda e sentirse a

Komodamoda ten una variada colección de festa tanto de vestidos curtos como longos, destacando as cores verdes, azuis e moradas, e os estampados suaves


CELEBRACIÓNS especial

BARRIOS Marzo de 2015

19

Deco-Flower, especialistas en organización e en decoración de eventos

Unha celebración única, nun emprazamento único: Hotel Restaurante Os Caracoles

Deco-Flower é unha empresa ourensá con máis de 20 anos de experiencia na organización de eventos. Ofrecen un servizo integral ocupándose de que a súa voda, bautizo, comuñón ou reunión de empresa sexan un éxito. Montan a súa carpa e a decoración, e, ademais, poden asesoralo en calquera servizo de animación, cátering, etc., realizando un servizo adaptado ás necesidades de cada cliente e no que se coida ao máximo cada detalle. En Deco-Flower contan con profesionais comprometidos e cun alto sentido da estética e estilo para a organización de eventos; o seu equipo de traballo será o aliado perfecto para obter resultados óptimos na súa celebración. Dispoñen dun gran abano de carpas de distintos

Hotel Restaurante OsCaracoles é un nome de referencia no sector gastronómico ourensán desde hai case dúas décadas. As carnes da comarca e o bacallau son dúas das especialidades da súa elaborada cociña. O trato amable e persoal co cliente é outro dos sinais de identidade de Hotel Restaurante Os

Deco-Flower ten máis de 20 anos de experiencia

Ofrecen menús adaptados a cada tipo de evento

Caracoles. En Os Caracoles dispoñen de menús acordes a cada evento que o cliente desexe celebrar nas súas instalacións, ben sexa unha voda, unha primeira comuñón, un bautizo ou calquera outra comida de grupo. Ademais, a diario teñen completos menús a partir de 18 euros. Outros servizos Hotel Restaurante Os Caracoles conta con servizo de cafetaría con almorzos, petiscos e tapas

galegas, que está aberta ao público de 7 da mañá a medianoite, e o comedor do restaurante de 13 a 16 e de 21 a 24 horas. Así mesmo, as súas instalacións contan con amplos salóns, servizo de aloxamento con 14 habitacións -con cama individual ou dobre, conexión a internet, TV, calefacción e auga quente-, aparcadoiro exterior con acceso para minusválidos e ascensor. [Reservas no 988 380 165 ou na Derrasa, Pereiro de Aguiar]

Montaxe e decoración dunha carpa por Deco-Flower. tamaños, así como dunha ampla gama de produtos de decoración e menaxe, como cadeiras, mantelería, fundas, lámpadas, cristalería…Unha garantía de éxito e seguridade nas súas montaxes, froito das máis de dúas décadas de

experiencia no sector. Se está pensando en preparar unha celebración, consúlteos e pídalles orzamento sen compromiso. [+ info no 988 245 728 ou www.deco-flower. com]

Os Caracoles conta con amplos salóns, servizo de aloxamento e aparcadoiro exterior.


20

BARRIOS Marzo de 2015

especial CELEBRACIÓNS

Elixe o teu traxe de cerimonia en Maraxe

Noar Novias presenta colección propia de noiva A tenda ourensá Noar Novias adáptase este ano ás novas tendencias cunha colección propia de vestidos de noiva, na que empregan telas nobres como o tul de seda, encaixes, rasos e organzas. Esta tempada vén con forza a pedrería tanto en noiva como en festa. “Axeitámonos ás ideas das noivas e facemos os cambios oportunos para que cada unha leve o vestido máis axeitado aos seus gustos”, indica a responsable do establecemento. Na tenda, ubicada na Valenzá, ao carón da capital ourensá, teñen vestidos de madriña e festa de todas as cores e estilos, que de seguro se adaptarán aos gustos de cada clienta. A comuñón é tamén un apartado importante deste establecemento, “tanto en nena como en neno facemos todo a medida, para que os nosos fillos vaian preciosos no seu día”, sinala a xerente de Noar Novias. A encargada aconsella ás noivas que concerten con tempo cita para poder

A tenda de roupa de muller en Verín Maraxe ten xa dispoñible a nova colección de cerimonia, para a tempada de vodas e celebracións deste 2015. Segundo nos conta a súa xerente, María del Mar Diéguez, este ano veñen “moitos vestidos longos, con manga, para as madriñas”, e en canto ás cores, temos para elixir segundo os nosos gustos: azuis, rosas, verdes, corais… e tamén estampados. Para acompañar os traxes, dispoñen de colección de bolsos de festa, e algún que outro tocado. Pero Maraxe tamén te viste a diario, xa que ofrece roupa de muller informal para ir cómoda e á última. Os debuxos, as cores chamativas, os shorts e vestidos curtos marcarán tendencia esta primavera-verán.

Vestido de noiva dunha das coleccións dispoñibles en Noar Novias. ver as diversas coleccións de que dispoñen e escoller o seu traxe. “Necesitamos tempo para facer os pedidos e sempre é mellor

facer as cousas despacio que a última hora”, recomenda. [+ info no 988 606 488 ou www.noar-novias.es]

9º aniversario En Maraxe están estes días de aniversario. Nada menos que nove anos leva a tenda aberta na esquina da rúa Concello con Dr. Pedro González. E por iso queren celebralo coas súas clientas cunha promoción. Por cada compra realizada entre os días 18 e 25 de marzo recibirán un pequeno agasallo. [+ info no 988 41 05 48]

Este ano veñen “moitos vestidos longos, con manga, para as madriñas”, e de cor azul, rosa, verde e coral

Vestido de colección festa primavera-verán 2015 de Coker. dispoñible en Maraxe.


CELANOVA E COMARCA

BARRIOS Marzo de 2015

21

Continúa a investigación do homicidio do párroco de Vilanova dos Infantes 4 Adolfo Enríquez apareceu morto no palleiro da casa rectoral con signos de violencia. Redacción

A Mancomunidade de Celanova recibe o premio “Coopera Galicia” A Mancomunidade Terras de Celanova recibiu o premio “Coopera Galicia”, que convoca a Xunta, pola implantación dun sistema de xestión automatizada de instalacións. O proxecto premiado para a xestión de aforro mediante un “Plan inmótico” refírese á incorporación aos edificios desta mancomunidade de sistemas de xestión técnica automatizada das instalacións, o que permite reducir o consumo de enerxía das mesmas convertendo aos edificios en “intelixentes” e incorporando sistemas de información neles que ofrecen servizos avanzados da actividade e das telecomunicacións.

O párroco de Vilanova dos Infantes desde 1969, Adolfo Enríquez, de 77 anos, apareceu morto o pasado 11 de marzo no interior do palleiro da casa reitoral desta pequena vila. Con varios golpes no corpo (un deles na cabeza), o roubo semella ser -segundo a pouca información que transcendeu da investigación, na que se decretou segredo de sumario- a causa deste homicidio, confirmado pola autopsia do cadáver. O cura foi atopado polo seu irmán ao redor das 4 da tarde do mércores logo de non ter noticias súas durante dous días. Fora visto por última vez o luns nun velatorio. O palleiro no que apareceu estaba pechado por fóra e a casa totalmente revolta. Veciños e coñecidos describen ao falecido como unha persoa bondadosa e confiada, que sempre daba limosna a aqueles necesitados que se achegaban ás súas portas. Dende a Fundación Curros Enríquez, coa que o párroco colaboraba, quixeron transmitir o seu pésame a familiares e amigos, e destacaron del “a súa cercanía” con todos os que se achegaban a Vilanova e a “devoción” pola Virxe do Cristal. Desparición da Virxe Coa investigación aberta e o acceso á reitoral prohibido, aínda se descoñece que enseres faltan da casa do párroco, tanto persoais como relixiosos. O que si se confirmou foi a ausencia dunha repro-

Desapareceu unha reprodución da Virxe do Cristal do século XVII

O enterro de Adolfo Enríquez foi oficiado polo bispo de Ourense./BRAIS LORENZO. dución de cinco centrímetros da Virxe do Cristal, datada no século XVII e que deu orixe á romería que no pobo se celebra todos os 15 de setembro. Na inspección ocular realizada polos investigadores non apareceu o vidro, que ten un gran valor sentimental para os veciños de Vilanova, pero semella que pouca saída no mercado. Pola súa banda, o arcipreste celanovés xa presentou denuncia pola subtracción da Virxe e analizará o inventario parroquial para comprobar que falta. Loito oficial Tras confirmarse o homicidio do párroco, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, decretou tres días de loito oficial e ordenou colocar as bandeiras a media hasta nos edificios municipais, como mostra de pésame e en representación da dor que sente a comarca

de Celanova ante o acontecido. En Vilanova e Celanova crespóns negros colgan de fiestras e balcóns, e carteis pedindo xustiza teñen empapelada a vila de San Rosendo. Centos de persoas e 120 sacerdotes da Diocese de Ourense acudiron ao funeral do párroco, oficiado polo bispo de Ourense, Leonardo Lemos, o 13 de marzo no Santuario do Cristal, e no que tamén estiveron autoridades como o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, o seu antecesor e actual deputado autonómico, Antonio Mouriño, e o rexedor de Calvos de Randín, Aquilino Valencia, acompañado por numerosos veciños do seu municipio, do que era natural Adolfo Enríquez. A misa rematou cun sentido aplauso en recordo dunha gran persoa.


22

BARRIOS Marzo de 2015

EN BREVE 4Mellora

do saneamento en Crespos A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, informou ao alcalde de Padrenda, Manuel Pérez, de que as obras de mellora do saneamento do núcleo de Crespos serán licitadas o martes 17 de marzo. Segundo Vázquez, a licitación suporá un investimento de máis de 112.000 euros, e as melloras inclúen unha actuación en 385 metros da da Travesía de Servizos Municipais para facilitar a recollida de augas pluviais na marxe dereita e evitar o continuo depósito de residuos nas rúas. Ademais, construiranse muros de contención e novo firme entre o bordo de formigón e a calzada. As obras terán un prazo de execución de catro meses.

4Renovación

do saneamento en Cartelle A Xunta vén de licitar a renovación do saneamento e abastecemento de Cartelle e Outomuro, por un orzamento de máis de 130.000 euros, e que beneficiará a preto de 3.000 veciños. En ambos casos as redes actuais presentan fisuras e deficiencias, que provocan filtracións. Para mellorar esta situación en Cartelle e Outomuro levaranse a cabo obras similares. No caso de Cartelle a mellora será aplicada en dous treitos da rede, e en Outomuro nun. Pero o desenvolvemento da mellora é o mesmo: pártese dun pozo de rexistro existente do que sairán dúas conducións, unha de abastecemento e outra de saneamento, que conflúen nun punto da rede actual. Os interesados en presentar as súas ofertas a esta licitación dispoñen ata o 6 de abril. O prazo de execución das obras é de tres meses.

CELANOVA E COMARCA

Aprobación definitiva do novo PXOM de Pontedeva 4 Inclúe a ampliación do polígono industrial de Trado. Redacción O Concello de Pontedeva é o primeiro da Comarca Terra de Celanova que conta cun plan xeral de ordenación municipal adaptado á lei vixente. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinou a orde de aprobación definitiva do novo PXOM do municipio, que permitirá o desenvolvemento sostible do mesmo durante os vindeiros 15 anos. O documento aprobado permite ordenar os preto de 10 quilómetros cadrados de superficie de Pontedeva e establece máis dun 90% da superficie do concello como solo rústico protexido. Novidades Unha das principais singularidades que recolle o documento é un ámbito de solo urbanizable de nova creación, que permite a ampliación do polígono industrial de Trado, que achegará novas oportunidades económicas e de emprego ao municipio.

4 Da man do Concello e a Fundación Curros Enríquez. Redacción

Ethel Vázquez asinando o novo PXOM de Pontedeva xunto ao alcalde do municipio./M.R. O PXOM establece unha capacidade residencial total de case 800 vivendas, das que un 31% será de nova creación e tamén incrementa a dotación de espazos libres e zonas verdes en case un 18% do esixido. Situación similar á relativa ao equipamento comunitario que impón a normativa, xa que non só se supera senón que se multiplica por 13. O plan xeral de Pontede-

O BNG pide un paso soterrado no acceso da AG-31 a Celanova O BNG de Celanova solicitará no próximo pleno un paso soterrado no acceso da AG-31 á vila; e un novo convenio entre Concello e Xunta para a recuperación de Castromao. Antes da inaguración da autovía AG-31, o BNG xa solicitou unha intervención no ramal de acceso centro a Celanova, que transcorre polos núcleos

Visitas guiadas para coñecer Celanova

do Campo e O Val. “Este trazado converte a zona nun lugar perigoso para a circulación dos coches, impracticable para peóns e moito máis para as persoas con mobilidade reducida, xa que os veciños teñen que atravesar este ramal da autovía a pé”, explicou o voceiro municipal, Leopoldo Rodríguez Por iso, o BNG solicitará á Consellaría de Medio

va contou cun importante apoio por parte de Goberno galego, que a través da Consellería de Medio Ambiente concedeu axudas de 78.000 euros. Na actualidade, 28 concellos ourensáns contan cun planeamento adaptado á lei vixente.

As zonas verdes increméntase nun 18% do esixido

O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez traballan xuntos en 2015 para ofrecer ao visitante a mellor atención e acceso ao patrimonio monumental da vila. Durante este ano os turistas poderán realizar un verdadeiro paseo pola historia de Galicia sen moverse de Celanova. Empezando pola cultura castrexa coa visita ao xacemento de Castromao, pasando pola etapa medieval coa visita a Vilanova dos Infantes e á Capela de San Miguel, ata a idade moderna representada polo Mosteiro de San Salvador. E chegar aos nosos días a través das palabras dos ilustres poetas Manuel Curros Enríquez ou Celso Emilio Ferreiro. Ademais, este paseo incorpora un final inesquecible co acceso á Torre das Campás. Novos horarios Así, veñen de presentar os novos horarios de atención ao público. Por exemplo, a oficina de

turismo municipal estará aberta de martes a sábado de 10:30 a 14 e de 16:30 a 19 horas. E a Casa dos Poetas eses mesmos días de 11 a 13.30 e de 16 a 19 horas. Pola súa banda, o Mosteiro de San Salvador e a Capela de San Miguel recibirán visitas guiadas de martes a sábado ás 11, 12:30 e 16:30 horas (e a partir do cambio de hora tamén ás 18 horas); e a Torre das Campás poderá ser visitada de martes a sábado ás 12 e 17.30 horas Así mesmo a Torre da Homenaxe de Vilanova dos Infantes abrirá os venres de 16 a 18 horas, e sábados e domingos de 12 a 14 e de 16 a 18 horas (a partir de abril será de 17.30 a 20). Ademais, ofrecerase a posibilidade de realizar un paseo guiado ata a Cova de San Vivián, con acceso incluído. E o poboado castrexo de Castromao contará con visitas guiadas os domingos pola mañá, con reserva previa.

Como novidade, poderá visitarse a Torre das Campás

Ambiente, Territorio e Infraestruturas o correspondente estudo para a execución dun paso soterrado no lugar. Recuperación de Castromao A actual situación de abandono na que se atopa o poboado castrexo de Castromao provoca que dende o BNG de Celanova demande un plan de accións que inclúa tarefas de excavación, limpeza e recuperación do castro. Por iso, instan á Xunta para que, a través da Dirección Xeral de Patrimonio, recupere o convenio de colaboración co Concello de Celanova co que afrontar este acondicionamento.

O Mosteiro de San Salvador poderá ser visitado de martes a sábado.


CELANOVA E COMARCA

BARRIOS Marzo de 2015

23

ENTREVISTA A MIGUEL PÉREZ – DIRECTOR DA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE CELANOVA

“Estou moi feliz, pero consciente da responsabilidade enorme que leva consigo este barco” 4 Miguel Pérez vén de estrearse como director da Banda Municipal de Música de Celanova. Silvia Nieto

“Na Escola de Música, os cativos aprenden, ademais, valores como o compromiso, a disciplina e a responsabilidade”

Sendo apenas un cativo, o clarinete e a gaita de seu pai espertaron en Miguel Pérez o interese pola música. O seu proxenitor foi o seu primeiro referente e o maior apoio; os estudos, esforzo e traballo fixeron o resto. Formouse en diversos conservatorios, foi integrante de varias agrupacións musicais e é mestre de percusión. Agora, Miguel desbota o mito de que ninguén é profeta na súa terra, el vén de estrearse como director da Banda Municipal de Música de Celanova. A súa ampla experiencia na materia e o gran respaldo dos demais membros da agrupación garántenlle o maior dos éxitos nesta nova etapa. Como descubriches o mundo da música? Miguel Pérez: “O meu pai tocaba. El viña ao ensaio e eu acompañábao sendo un neno. A min ilusionábame e unha vez que medrei entrei na escola que tiña a banda. O meu pai foi o que máis me animou e orientou. El tocaba o clarinete e era gaiteiro, entón eu empecei escoitando a súa gaita e tocando a flauta doce. Ademais, xa había o Conservatorio acá e así empecei, formándome en piano. Logo seguín estudando música en Ourense e Santiago. É un camiño no que nunca paras, debes estar formándote todo o tempo. Ademais, fai tempo había poucas posibilidades e estabas obrigado a ir tocar fóra. Por iso quero dicir que agora os rapaces teñen unha sorte inmensa porque teñen acá a Escola de Música. Pero evolucionou rápido e máis que evolucionará. Pero hai leis que non axudan, a LOMCE, por exemplo, deixa a música como asignatura optativa e non debería ser así, para espertar a sensibilidade dos nenos, aínda que non sexa unha materia ríxida con teoría e práctica, pero que aprendan a escoitar e respe-

nenos, así que creo que estamos creando ilusións e facendo as cousas ben, e vexo que hai moito potencial, garantindo o futuro da banda, que é moi importante. E seguiremos traballando para que eses 150 se convirtan en 500”. Cantos músicos forman a Banda Municipal? M.P.: “ Sobre uns 45”.

Miguel Pérez é profesor de percusión na Escola de Música de Celanova./S.N. tar todas as opcións. Así sería un punto de partida. Porque o día de mañá serán arquitectos ou médicos, pero esa cultura e esa sensibilidade que lles achegou a música seranlles moi útil”. Que clases impartes na Escola de Música? M.P.: “As de percusión. Ademais, ata agora ocupeime da Banda Infantil”. E agora estréaste como director da Banda Municipal. M.P.: “Si, comeza unha nova etapa e estou moi contento. O antigo director e os meus compañeiros animáronme. El estaba canso e estaba pensando nun cambio xeracional, as bandas están a sufrir moito movemento e hai que adaptarse. Ademais, a maior parte das actuacións son no verán, coincidindo coas festas. A banda nútrese de moita xente nova e os membros teñen os seus compromisos (van de vacacións coa familia, ou suspenderon materias do curso…) e o director debe saber ensamblar todas esas cousas.

“A Banda Municipal fórmase maioritariamente de rapaces da Escola de Música de Celanova. Pero outros van a bandas da zona, orquestras ou compaxinan a música con outra profesión”

Froito dese cansanzo decidiu deixar o testigo. Aínda así el segue cooperando con nós, e deume moitísimo apoio e ánimo. Suxeriume que quedase eu de director, nunca mo plantexara, pero como eu levaba moitos anos acá e coñezo a banda, teño experiencia noutras agrupacións, considerou que podía ser un bo relevo. Ademais, todos os demais me apoiaron de xeito incondicional. É unha nova etapa, cólloa con ilusión, estou moi contento e feliz, pero consciente da responsabilidade enorme que leva consigo este barco. Pero cando sentes a calor e cariño de todo o mundo as cousas son máis sinxelas”. Plantéxaste algún reto para cumplir? M.P.: “Non esperaba verme nesta situación, polo que só aposto por traballar duro e aprender, aprender e aprender. Estou vivindo un momento moi feliz e intentarei facelo o mellor que poida”. Os membros da banda proceden da Escola de Música? M.P.: “Maioritariamente si. Os rapaces comezan na escola cun amplo programa, con linguaxe musical, auditivo, hai a banda infantil e xuvenil… Teñen moitas actividades, e vanse forxan-

do aí con estudo. Cando cremos que teñen aptitudes para pasar á Banda Municipal así llo facemos saber. Hai un proceso de ensaios e vanse integrando. Ademais, é como unha meta e unha motivación para eles. Nós tratamos de ilusionalos e eles van traballando para que a finalidade sexa formar parte da banda. Ese é o camiño máis evidente, pero formamos rapaces que rematan tocando noutras bandas da zona, como na de Vilanova; outros están no conservatorio en Ourense ou nos superiores de Coruña, Santiago e Vigo; outros van para orquestras; e outros compaxinan a súa carreira musical con outros estudos, porque a vida hoxe está moi complicada e máis no mundo da música”. Como ves as novas xeracións en relación á música? M.P.: “Nós somos como unha gran familia, pero fomentamos nos cativos o compromiso, disciplina e a responsabilidade que conleva a música, os ensaios… Ademais, ensinámoslles a compartir e a ser compañeiros. A música está no primeiro plano, pero vai acompañada de ensinar valores de vida. E nos nenos vese moito interese, están moi motivados e animados. Na Escola de Música de Celanova temos ao redor de 150

Como se financia a banda? M.P.: “A banda é autosuficiente. Se ves a banda actuando noutro concello, en Vigo ou Coruña, por exemplo, é porque unha comisión de festas nos chamou. Temos establecido un caché e eles contrátannos de xeito directo como a calquera outra actuación musical. Tamén pode ser unha actuación subvencionada, pola Deputación ou outro organismo. E no caso do Concello de Celanova, hai un protocolo de actuacións, nas que nós nos debemos a eles, porque o Concello sempre nos apoiou moitísimo, entón hai datas nas que sempre estamos”. Agora comezan a maioría das vosas actuacións. M.P.: “Si, actuaremos en Semana Santa, Corpus e logo nas festas de verán. Xuño, xullo e agosto son os meses máis intensos. A nosa actuación máis próxima será o Venres Santo na procesión de Celanova”. Envíalle unha mensaxe aos cativos para que se animen a interesarse pola música. M.P.: “Como dicía, a educación musical ademais de servirlles a parte teórica, apórtalles unha cultura e sensibilidade que permanecerán no futuro para a súa vida. Ademais, a música é algo moi fermoso que está presente ao longo das nosas vidas e con esta formación apréndese a valorala aínda máis”.


24

BARRIOS Marzo de 2015

especial DEPUTACIÓN

III Xornada sobre o futuro das provincias

A Deputación apoia o proxecto “Fórmula Student”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defendeu na “III Xornada sobre o futuro das provincias” “a necesidade de traballar cunha visión integral de provincia e coa máxima da asistencia e cooperación cos concellos, para que a xestión das deputacións sexa o máis eficaz e eficiente posible”. Baltar dixo que estamos nunha etapa de “redimensionamento competencial” “na que temos que avogar por unha administración, unha competencia e un financiamento, pero tamén debemos achegar á cidadanía o traballo que facemos coa máxima transparencia para que se coñeza perfectamente todo o que as deputacións fan polos municipios e os cidadáns”. O presidente provincial avanzou que coa transformación que se está a producir “máis que falar do “futuro das provincias” falarase das “provincias do futuro”, e nesa vangarda está e estará Ourense”. Manuel Baltar defendeu a “fusión de servizos” para optimizar as economías dos concellos e dixo que a importancia das deputacións radica en que esta administración “ofrece servizos e desenvolve iniciativas que ninguén faría”, entre os que citou a recollida de lixo, a recadación de tributos, e o Plan ‘Ourense, a provincia termal’. A xornada estivo organizada pola Deputación de Ourense e a Fundación Democracia e Goberno Local e contou na inauguración con Josep Llobet Navarro, deputado delegado da Deputación de Barcelona para as Relacións coa Fundación Democracia e Goberno Local.

en tempo real da temperatura das súas augas”, afirma Manuel Baltar, destacando a importancia que os drons “poden ter para as administracións con competencias en termalismo e para os balnearios”. O emprego de drons no ámbito termal ofrece fiabilidade na detección a vantaxe dun baixo custe con respecto da fotografía satelital que se empregaba anteriormente, ademais da súa maior de cara a fixar criterios de busca más específicos.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial aos representantes dos alumnos da Escola de Enxeñeiros Industriais que integran o equipo UVigo Motorsport e comprometeu o apoio da institución provincial no proxecto que desenvolven, referido ao deseño e construción de monoprazas de altas prestacións que compiten en circuítos europeos na “Fórmula Student”. O presidente do goberno provincial destacou “a importancia do proxecto polo que supón de innovación, tecnoloxía e creatividade, nun ámbito que xunta deporte, internacionalización, xuventude e universidade, valores e elementos que apoia a Deputación de Ourense”. O equipo de estudantes de enxeñería que integran o UVigo Motorsport rematou xa o deseño do monopraza co que pretenden representar este ano á Universidade de Vigo e a Galicia nas probas da “Fórmula Student” que terán lugar en Silverstone (UK), Hockenheim (Alemaña) e Montmeló (España), segundo explicaron Josué Nanín, líder do proxecto, e os membros do equipo Gonzalo Ferreiro e Marcos Fernández. O proxecto liderado por este equipo busca a implantación dun modelo de equipo no que se integren cada ano alumnos de diferentes cursos de Enxeñería Industrial e doutros centros pertencentes á Universidade de Vigo.

atraer expertos de diversos campos tecnolóxicos e marcas de referencia para fidelizar relacións e contactos profesionais. Tamén se pretende transferir coñecemento a empresarios locais e abrir un espazo de debate en torno a novos negocios, dinamizar os espazos rurais e potenciar o valor das infraestruturas e o acervo cultural da provincia.

Xerar canles de comunicación entre emprendedores, empresarios e expertos do sector audiovisual e sensibilizar sobre a importancia das industrias culturais e de entretemento como oportunidades laborais e de negocio son outras das finalidades do “Ourenseiccweek”, que terá a Radio 3 como emisora oficial do evento.

Manuel Baltar asistiu ás probas realizadas cun dron na contorna de Outariz, Ourense.

A Deputación de Ourense utilizará drons para detectar mananciais termais A Deputación de Ourense realizará probas cos novos vehículos aéreos non tripulados (drons) para detectar surxencias termais. Así o explicou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, quen asistiu ás probas realizadas a pasada fin de semana na contorna das termas de Outariz, onde, con drons que levan incorporadas cámaras e sensores térmicos de distintos rangos espectrais leváronse a cabo experimentos para a detección de mananciais

de auga termal. A Deputación de Ourense anunciará nas vindeiras semanas a realización dun curso de capacitación para o pilotaxe destes apararellos, que converterá á institución no primeiro goberno provincial de España en apostar por esta acción formativa, segundo Manuel Baltar, quen afirma que a aplicación de drons para deteccións termais abre novas expectativas “pois permiten indagar e descubrir novos mananciais e tamén realizar un seguimento

“Ourenseiccweek” reúne ao máis innovador das industrias culturais e creativas Promovido pola Deputación, celébrase entre o 23 e o 28 de marzo A provincia de Ourense converterase no punto de encontro das industrias culturais e creativas de España coa celebración do “Ourenseiccweek”, un evento promovido pola Deputación de Ourense que reunirá entre os días 23 e 28 de marzo a emprendedores, empresarios e expertos do ámbito audiovisual e a público en xeral dentro da Semana das industrias culturais e creativas. O programa inclúe relatorios, entrevistas, net party, festivais, concertos, showcases, rede negocios e master class sobre radio, cinema, TV, industria musical,

novas tendencias tecnolóxicas, Apps e vídeo-xogos, que se desenvolverán no Pazo dos Deportes “Paco Pazo” e en diferentes vilas da provincia de Ourense. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirma que esta iniciativa “converterá a Ourense no centro de referencia das industrias culturais e creativas sintuándoa na vangarda do audiovisual durante a semana en que terá lugar este importante evento”. Ademais, o presidente do goberno provincial subliña que “Ourenseiccweek” nace cunha visión integral de provincia

pois “promove e difunde a nosa cultura e riqueza monumental a cal se complementa coas iniciativas de vangarda que se están a dar nos ámbitos tecnolóxico, artístico e audiovisual e que poderán coñecerse no marco desta iniciativa”. Os obxectivos deste proxecto son, por unha banda, presentar a Ourense como unha área economicamente atractiva e industrialmente ben dotada, con infraestruturas e comunicacións de primeiro nivel, que reivindica o seu espazo na vangarda das novas tendencias profesionais; e


DEPORTES

Bargiela e Teijeiro foron os máis rápidos en Xinzo 4 Venceron nos 10 km. Redacción Daniel Bargiela (Bikilia) e Sonia Teijeiro (Atl. Veteranos Ourense) foron os vencedores da 15ª edición da Carreira dos 10

quilómetros de Xinzo de Limia, disputada o primeiro domingo de marzo. Bargiela foi o claro vencedor (31:17 minutos), aventaxando en máis de dous minutos ao segundo

clasificado, o atleta do 3&Run by Pedro Nimo Club de Corredores, Pepe Márquez (33:26). Terceiro foi Luis Iglesias Raña (34:03), do Atletismo Arenteiro.

parando o crono case un minuto despois de Teijeiro, en 41 minutos e 23 segundos. Terceira foi María Ferreiro (43:02 minutos), do Ourenrunning.

Mulleres En categoría feminina, a máis rápida foi Sonia Teijeiro, que volve a recuperar a forma. A ourensá rematou a proba nun tempo de 40:28 minutos. Segunda chegou Flor Lamas (Club Atletismo León)

Participación En total foron máis de 300 os atletas que participaron nesta edición dos 10 quilómetros de Xinzo de Limia, que contou cun novidoso percorrido, máis urbano e dando tres voltas ao mesmo circuíto.

BARRIOS Marzo de 2015

25

Participantes da carreira escolar de Xinzo./M. OPAZO.

Seis equipos de Ourense e Portugal, no Trofeo Lázaro de natación 4 O torneo terá lugar o 21 de marzo na piscina climatizada de Verín. Redacción Seis equipos de Ourense e Portugal participarán no Trofeo Lázaro de natación. O torneo, organizado polo Servizo de Deportes do Concello de Verín, terá lugar o 21 de marzo na piscina climatizada de Verín, a partir das 10 da mañá. Nesta ocasión é a primeira vez que participan seis clubs da provincia de Ourense e do norte de Portugal. Piscina Climatizada de Allariz, Clube Nataçâo Chaves, Piscina Climatizada de Xinzo de

O Verín empata e continúa terceiro Redacción O Verín CF mantén a terceira posición no grupo Sur da Rexional Preferente. A pesar do empate no José Arjiz fronte o Lalín (a tres goles) no partido da xornada número 28. O encontro púxose moi costa arriba para os da

Limia, Flavitus Nataçâo Clube, Serviocio Ourense e Club de Natación de Verín son os equipos participantes. As categorías que disputarán o torneo son desde prebenxamín ata cadetes (nadadores nados entre o 2008 e o 2001) e os participantes non poden ter ficha federativa en vigor. As probas a disputar serán as de croll, costas, braza e relevos. Este evento está enmarcado dentro da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ 2015.

comarca de Monterrei. Ao descanso xa perdían por 0-2, pero na reanudación lograron empatar cos goles de Luisito e de Ginzo. De seguido, o Lalín voltou a poñerse por diante, e de novo Luisito, de falta directa, logrou o 3-3 final. Con este punto, o Verín continúa na loita polo ascenso á Terceira División. É terceiro (xogaría promoción) con 50 puntos. Esta semana enfróntase ao Gondomar.


26

BARRIOS Marzo de 2015

DEPORTES

BTT

Iván Feijoo, segundo no Open de Valladolid 4 O macedán comeza a tempada de BTT no podio. Redacción

Participantes da I Desafío 42./ARQUIVO

O II Desafío 42 pasará por Xinzo e Celanova 4 Esta segunda edición disputarase o 11 e 12 de abril. Redacción A segunda edición do Desafío 42 disputarase o 11 e 12 de abril en Xinzo, Celanova e O Carballiño. Os participantes terán que realizar tres carreiras en dous días para completar a distancia dun maratón. A primeira das probas dará comezo ás 10 da mañá do sábado 11 de abril en Xinzo de Limia. A distancia que percorrerán os participantes será a dun medio maratón (21,097 km). Xa pola tarde, continuará o desafío no Carballiño a partir das 17.30 horas; a distancia será de 11,0975 km. E esta segunda edición finalizará ao día seguinte, domingo 12, en Celanova cun percorrido de 10 km que dará comezo ás 11 horas. Inscricións e prezos As inscricions pódense facer na páxina web de championchipnorte ata o 31 de marzo, pero con descontos se se realiza antes do día 20. Cada participante pode anotarse para as tres carreiras ou para unha ou dúas delas. Os prezos ata o día 20 son: 10 euros para a de Xinzo de Limia; sete, para a do Carballiño e cin-

Xinzo será o punto de partido do Desafío 42 cun medio maratón e pechará a edición a carreira de Celanova cun percorrido de 10 km co, para a de Celanova (22 euros para o Desafío completo). Se a inscrición se fai do 21 ao 30 de marzo os prezos son de 13 euros para a carreira de Xinzo; 10 para a do Carballiño e sete para a de Celanova (30 para as tres carreiras). Por equipos mixtos A novidade deste ano é que o Desafío 42 poderase correr en equipo. Os equipos, mixtos, inscritos deberán presentar un corredor diferente por carreira para poder optar aos premios da categoría equipos. Recibirán un chip que utilizará cada un deles en cada unha das carreiras. O prezo do equipo é de 30 euros se a inscrición é antes do 20 de marzo, e de 40 euros se se fai entre o 21 e 30 de marzo.

O ciclista macedán do Academia Posta - Actyon, Iván Feijoo, rematou na segunda posición no Open de España de Valladolid na categoría cadete. Feijoo, que tivo unha grande campaña de ciclocross, arranca de igual maneira a de BTT. O ourensán foi segundo

na primeira proba que era unha contrarreloxo e obtivo un segundo posto no rali do día seguinte. O seu compañeiro, Brais Sendín, foi quinto en júnior (repetindo o quinto posto nas dúas xornadas). Raúl González foi 12º en sub 23, na súa primeira proba na categoría. Abel Franco fixo 14º en cadetes e Xiana Conde sétima entre as júnior.

Transgalaica de Cotobade O corredor júnior do Actyon- Academia Postal Brais Sendín conseguiu a vitoria absoluta na proba da Transgalaica disputada en Cotobade, situándose ademais como líder desta competición. Cómpre destacar que Brais, aínda en categoría júnior, vencía na categoría absoluta, nunha proba na

Braís Sendín rematou quinto en júnior en Valladolid.

O EDC Verín Atletismo prepara a pista ao aire libre 4 Tralos éxitos nos cross de inverno. Redacción O EDC Verín Atletismo prepara a tempada de pista ao aire libre tralos éxitos colleitados no cross de inverno durante finais do ano 2014 e os primeiros meses deste ano. Acaba de rematar unha tempada de inverno na que as Escolas Deportivas do Concello Verín Atletismo foron protago-

nistas tanto na provincia coma a nivel atonómico. Títulos Os atletas do club lograron varios campionatos provinciais en distintas categorías. Tamén lograron impoñerse en grandes citas coma no cross Belarmino Alonso de Vigo, o Guillelme Brown de Ourense ou o Alejandro Lorenzo de Friol, en Lugo.

que tomaron parte máis de 400 corredores. Deste xeito, o conxunto macedán non puido comezar mellor a tempada de BTT. Por diante preséntase un calendario intenso, dentro do cal o equipo márcase como obxectivo principal a participacion na Copa de España e Superprestixio; sen esquecer as probas galegas e campionatos de España.

Todo isto unido ao broche acadado polo alevín masculino, quen se fixo co Campionato galego de cross escolar disputado en Monterrei (O Pereiro de Aguiar). Obxectivos Agora agardan conseguir os mesmos éxitos que obtiveron en inverno na tempada de verán, que é inminente.

EN BREVE

4 Campus de fútbol Vense de presentar o X Campus Sporty, un Campus de fútbol para nenos de 6 a 15 años que vai ter lugar nas instalacións de turismo rural “Os invernadeiros”, en Allariz entre os días 1 e 13 de xullo. O obxectivo é desenvolver unha alternativa aos campamentos de verán convencionais onde a prioridade é inculcar aos mozos, os mellores valores do deporte, de cara ao seu futuro desenvolvemento como persoa. Ao longo dos seus dez anos de traxectoria, o Campus Sporty contou sempre co apoio de numerosos futbolistas profesionais.

4 Liga galega de fútbol sala

De esquerda a dereita Xoel Gago, Denis Limia, Brais Rivero, Gabriel González e Anxo Losada. /EDC VERÍN

O Verín Fútsal do grupo sur da Liga galega marcha na novena posición con 31 puntos. Na última xornada disputada ata a data (a número 23) o Verín foi quen de vencer a domicilio ao Campito, décimo. Para a vindeira xornada o Verín recibe ao segundo, o Mos.


BARRIOS Marzo de 2015

OCIO E CULTURA

Allariz prepara a súa “Semana Santa ao vivo” 4 Do 2 ao 5 de abril, os visitantes descubrirán a música, tradición e cultura da vila. Redacción Allariz está a preparar unha nova edición da súa xa tradicional “Semana

Santa ao vivo”, que este ano chega á súa décimo quinta edición. Esta iniciativa, que se celebrará do 2 ao 5 de

abril, traerá ao casco histórico da vila alaricana numerosas actividades para ofrecer ao numerosos turistas que a

A “Semana Santa ao vivo” celébrase en Allariz dende o ano 2000.

visitan durante esas datas a mellor alternativa de ocio. Como cada ano, o departamento de Promoción Económica do Concello de Allariz está a traballar no amplo programa da “Semana Santa ao vivo”, unha alternativa diferente que, conxuga música, tradición e cultura que amosan a verdadeira esencia de Allariz. Novidades Este proxecto cultural abarca principalmente música de rúa, nos seus variados estilos folk, jazz, worldmusic, étnico, blues, etc. Non obstante, este ano, como novidade, ofreceranse outras disciplinas artísticas -como maxía, teatro ou baile-, todo co fin de amenizar o paseo dos transeúntes en diversos espazos do Casco Histórico.

Este ano, ademais de música, as rúas de Allariz acollerán actuacións de maxia, teatro e baile

4HISTORIAS DE MONTERREI

O entroido de Verín Rematou o entroido e empeza a coresma, e outro ano máis quedo coa sensación de que o entroido da nosa vila ou está nas últimas ou directamente xa non ten pulso. Non sei se é unicamente o meu parecer ou hai máis xente que pensa así, pero a min este pensamento tenme angustiado. Todo comezou hai dous anos nun Xoves de Compadres misteriosamente sen petardos, que conste que eu nunca fun de botar petardos

O entroido ten que ser unha festa na que os cigarróns non parezan unha comparsa máis

pero aínda así un compadres sen petardos paréceme coma unha paella sen arroz: non é paella! Pero non foi este suceso o que me provocou esta angustia con respecto ao noso entroido. O acontecemento que fixo brotar en min a idea de que estaba asistindo a un entroido que esmorecía foi ver como era recibido o Meco na praza a ritmo de Shakira. Dende aquel intre, e ata hoxe, esa sensación de estar presenciando unha festa que agoniza non fixo máis que medrar dentro da miña cabeza. Quen decidiu que a fariña só se podía botar o luns? Cantos dos actos que se fan hoxe en día no entroido se facían hai 100

anos? Que ten de tradicional o noso entroido? Hoxe en día, pouco ou nada. Como tradición só nos queda a figura do Cigarrón, pero ata isto está empodrecido. Aparecen cigarróns en masa para os desfiles, pero desaparecen a maioría deles no resto do entroido. Que é actualmente o entroido de Verín? Para min non é máis que unha das miles de festas de disfraces que se celebran por todo o mundo. O entroido non ten nada que ver cunha festa onde presumes de disfrace. Si, o entroido é unha festa onde está permitido disfrazarse, pero non é absolutamente necesario, unha gabardina, un capuchón ou calquera cousa vella que se

teña pola casa vale para correr o entroido. O entroido ten que ser a festa de todo un pobo e organizada dende o pobo; unha festa laica onde todos como iguais nos bendicimos con fariña; unha festa onde o compadreo non sexa o nome que a alguén se lle ocorreu por a un venres, senón que sexa o sentir de toda a vila durante os cinco días; unha festa onde os cigarróns non parezan unha comparsa máis do desfile, senón o que unha vez foron: os verdadeiros reis do entroido. Andrés Diz D historiamonterrei. blogspot.com.es

27

4AXENDA Exposicións - Ata o 31 de marzo - “Entre a Auga e a Pedra” - Casa da Cultura de Xinzo - Ata o 25 de abril Mostra de pintura e escultura de Narciso Corral - Sala de Exposicións de Verín - Ata o 31 de maio ‘Onde beben os cervos que amansou o calígrafo’ - Casa dos Poetas de Celanova Cine - 20 e 21 de marzo - A Esmorga - 17 e 19.30 h Casa da Cultura de Verín Espectáculos - Do 2 ao 5 de abril - Semana Santa ao vivo - Allariz Feiras e festas -20, 21 e 22 de marzo Feira do Lázaro - Verín

- 20 de marzo - Feira en Maceda - 23 de marzo - Feira en Rairiz de Veiga e Verín - 24 de marzo - Feira en Xunqueira de Ambía - 26 de marzo - Feira na Merca - 27 de marzo - Feira en Xinzo - 1 de abril - Feira en Allariz - 2 de abril - Mostra da Oportunidade - Celanova - 2 de abril - Feira en Baños de Molgas e Calvos de Randín - 4 e 18 de abril - Feira en Cartelle - 5 e 18 de abril - Feira en Cualedro - 8 de abril - Feira en Baltar - 9 de abril - Feira en Oímbra - 13 de abril - Feira en Paderne de Allariz

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Civismo A educación e o civismo están sempre na base dunha sociedade evolucionada e xusta. Actualmente ocupamos o noso tempo en falar mal dos outros, o que non é aceptable entre persoas civilizadas e que, ao final, só evidencia miseria intelectual e falta de amor propio. O que está a acontecer nos últimos anos é que se le moi pouco e a convivencia social está a degradarse cada vez máis. A lectura enriquece a nosa cultura e desenvolve a nosa intelixencia. A convivencia e a vida da sociedade poñen en valor a imaxe social e persoal, que non poden ser construídas coa base da falta de honestidade e ética. Vivimos en sociedade e, por iso, as regras morais son indispensables para a existencia do home. Nos días que corren denótase o aumento do egoismo e a envexa, un sentimento xerado pola soberbia de querer ser méis e mellor que o resto, e que nos leva ao sufrimento ao longo dos anos.

Así é, os envexosos sofren porque non soportan que os demais sexan mellores. Esquecémonos de que do outro lado está un ser humano, igual ca nós, quizais até mais culto e intelixente. E, por iso, debemos ser respetuosos e solidarios, o que hoxe é raro que se vexa. Esquecémonos de que do outro lado está alguén que, de xeito sinxelo, descobre as nosas malvadas intencións. É fermoso nunha posible diverxencia cunha persoa, coñecida ou descoñecida, amigo ou non tanto, sentar á mesa e argumentar sen levantar a voz, e buscar unha solución para estas diferenzas. Todos erramos e debemos asumilo. Senón, vexamos un exemplo. En todas as relixións os seus practicantes teñen unha implacable tendencia a usar as teorías doutrinarias para se sobrepor aos ditos herexes. Porque será? Eles poden cometer erros, parecen os donos da verdade. Ao final terán eles sempre o perdón do seu Deus? Serán sempre eles perfectos? João Damião


28

BARRIOS Marzo de 2015

OCIO E CULTURA

Participantes na edición 2014 do Certame Gastronómico “Vila de Verín” .

Chega a Feira do Lázaro 4 Actividades culturais, lúdicas e deportivas conforman o amplo programa. Redacción Os días 20, 21 e 22 de marzo, Verín acollerá a celebración da tradicional Feira do Lázaro e a oitava edición do Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’. O Pavillón Municipal de Deportes de Verín será o escenario, durante as tres xornadas, de 10 a 14 e de

A feira estará aberta ao público de 10 a 14 e de 16 a 22 horas

16 a 22 horas e con entrada gratuíta (o domingo o peche será ás 21 horas), da feira, articulada en torno á artesanía e gastronomía. A mesma contará con participantes de Galicia, Norte de Portugal e doutras provincias españolas, que ofertarán artigos como aceites, mel, queixos, doces artesanais, produtos de fumeiro, xabóns artesanais, pintura ou bisutería, entre outros. Tamén no interior do pavillón se celebrará, por oitavo ano consecutivo, o

21 de marzo (a partir das 10.15 horas), o concurso ‘Cigarrón de Verín’, que se divide en dúas categorías: alumnos de escolas de hostalería/profesionais, e afeccionados. Os pratos presentados deben ser de creación propia e englobarse nun dos seguintes apartados: prato principal (con base de cabrito ou bacallau) e sobremesas. Ademais, no momento da presentación, que será en directo, os concursantes deberán maridalos con

viño de Monterrei. Así mesmo, repartiranse dous premios: “Gran Cigarrón” -para os mellores pratos principais, con 400 euros para cada categoríae “Cigarrón Doce” -na de sobremesas, cun premio de 200 euros tamén para cada categoría-. Así mesmo, a DO Monterrei organiza durante venres e sábado unha cata dos viños desta denominación, na que poderán participar quen o desexe. Exaltación de Bacallau e Cabrito Por outra banda, a Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei promove a ‘VI Exaltación de Bacallau e Cabrito’, que consiste na realización de menús específicos, que inclúen bacallau e cabrito, por un prezo que oscila entre os 12 e 22 euros nos seguintes restaurantes: O Augueiro, Lugano, O Castelo, O Candil, Aldea Rural A Cortiña, San Roque, Brasil, Gallego, O Souto das Candeas e Parador de Turismo de Verín. Ademais, esta edición tamén inclúe a realización de actividades lúdico-formativas para nenos e adultos. En primeiro lugar, o 20 de marzo, a partir das 17 horas, no propio pavi-

llón, terá lugar un obradoiro de cociña creativa para nenos. E, en segundo, haberá unha charla informativa sobre alimentación, hábitos saudables e deporte o domingo 22 de marzo, ás 18 horas, no stand desta asociación. O mellor stand O mellor stand da feira tamén terá premio. Será

valorada a creatividade, orixinalidade, presentación do stand e dos produtos, selección de materiais empregados e disposición de espazos. Na Feira do Lázaro participarán un total de 70 stands; e entre eles atoparase o da Eurocidade Chaves-Verín, que contará con información turística e gastronómica deste destino.

4 Actividades infantís, música e televisión en directo Pero o programa da Feira do Lázaro 2015 inclúe moitas máis actividades. Para os máis cativos, o venres, ás 18 horas, haberá animación con zancudos e globos de helio; e unha hora despois, un obradoiro do Día do Pai. O sábado, de 17 a 20 horas, terá lugar un obradoiro infantil de pan; e ás 19 horas, un espectáculo de grupos de baile e acrosport infantil. Xa o domingo haberá xogos e manualidades con material reciclable (de 10 a 14 horas) e maquillaxe infantil (de 17 a 20 horas). Ademais, os tres días estará dispoñible un ser-

vizo de ludoteca para que os pais poidan gozar da feira, mentres os cativos tamén se divirten, que estará situada no ximnasio do propio pavillón. Así mesmo, non faltará a tradicional procesión de San Lázaro e misa na Igrexa Parroquial (22 de marzo, ás 11.30 horas) e actuacións musicais nas prazas García Barbón e Maior, entre as que destacan a da orquestra Olympus (o venres), D´Moda (o sábado) e Ritmo Joven (o domingo). Ademais, na tarde do sábado, emitirase en directo desde Verín o programa ‘Aquí Galicia’ da TVG, que contará con entrevistas e actuacións musicais.


OCIO E CULTURA

BARRIOS Marzo de 2015

29

Multitudinario Sábado de Piñata en Celanova

Premios no Domingo de Piñata de Verín

Medio cento de comparsas participaron no desfile. Entre os gañadores estiveron Os Arrieiriños de Dacón; Lumareda (Carballiño); Os Azucarados de Maside; Top Chef (Cortegada); ou No está el horno para cupcakes, Tres x cinco e Autos Locos (Celanova).

Para pechar o Entroido foron nomeados Cigarróns de Honra os irmáns Castro Salgado; como mellor comparsa, “As de Sempre”; e mellor carroza, “O arca de Noe.com”. Elena Rodríguez levou o recoñecemento “pescadilla” e Javier Saldaña, o da fidelidade.

EN BREVE 4 Festa da Primavera en Xunqueira de Ambía Xunqueira de Ambía celebra a súa II Festa da Primavera este domingo 22 de marzo, organizada pola Asocición Cultural Música e Cultura de Galicia, coa colaboración da parroquia e o Concello. Ás 14.30 horas terá lugar un xantar popular no restaurante Limia de Allariz. E xa ás 17.30 dará comezo o segundo Festival de Primavera, na Colexiata de Xunqueira de Ambía, e que contará cun concerto de órgano e as actuacións do grupo infantil de cantareiras e a banda de música infantil de Música e Cultura de Galicia, as Zoadeiras, e o grupo de canto de taberna Cuncas do Son.

4 Exposición fotográfica en Xinzo de Limia “Entre a Auga e a Pedra” é o título da exposición coa que a Asociación Fotosíntese (de afeccionados á fotografía) se presenta en Xinzo. A mostra, que pode visitarse na Casa da Cultura ata o 31 de marzo, amosa a visión de 11 fotógrafos, que empregando a técnica da panorámica, ofrecen “un punto de vista, unha mirada, a visión dunha realidade, totalmente vencellada á nosa provincia, á súa natureza e á súa historia”. Ourense, auga e pedra son o fío condutor destas imaxes.

4 Mostra de gravados na Casa dos Poetas A Casa dos Poetas de Celanova acolle ata o 31 de maio a mostra ‘Onde beben os cervos que amansou o calígrafo’, obra dos artistas da comarca Baldo Ramos e Carlos González Villar. Nesta exposición está presente o traballo artístico de ambos principalmente como gravadores; e está tamén baseada nun libro de gravados que contén material poético realizado por Ramos e material artístico de González Villar. As visitas poden realizarse de martes a sábado de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas, e os festivos só de mañá. O acceso é gratuíto.

4 “A Esmorga” proxéctase en Verín En pases para todos os públicos o venres 20 e o sábado 21 de marzo, ás 17 e ás 19.30 horas, e o xoves 19 en sesión matinal para alumnado da ESO, a película ‘A Esmorga’ será exhibida na Casa da Cultura de Verín. O filme, que se converteu no gran acontecemento cinematográfico do outono en Galicia, chega á comarca de Monterrei a través dun convenio entre o Concello e Vía Láctea Filmes, de forma que esta proxección se suma aos eventos lúdicos, gastronómicos, deportivos e culturais previstos para as tres xornadas de festa da Feira do Lázaro 2015.


30

BARRIOS Marzo de 2015

EN BREVE 4 “O tren dos números”, na Biblioteca de Verín O xoves 19 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O tren dos números’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos socios da instalación, de entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre números e operacións matemáticas; e como manualidade unha calculadora. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988 41 36 24. Os interesados poden informarse na web da biblioteca ou no seu perfil de Facebook.

4Concurso de pinchos en Celanova

Chega a segunda edición “Pinchos da miña terra”, que terá lugar en Celanova do 19 ao 22 de marzo, e na que participarán un total de 23 establecementos de hostalería da vila, ofrecendo pinchos e tapas a un prezo único de 1,5 euros, en horario de mediodía (de 13 a 15 horas) e noite (de 20 a 22.30 horas). Todos aqueles que se animen a degustar estas creacións poderán votar ás súas favoritas e entrar no sorteo de agasallos. Dende a organización, agardan celebrar outra edición en verán e outono, para completar catro celebracións anuais, unha por estación.

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

4TRIBUNA ABERTA

A praza, corazón dun pobo Cantas veces camiñamos entre as súas pedras, xeométricas, lonxevas, desgastadas, silenciosas e sufridas. Testigos excepcionais dos acontecementos máis sentidos desta vila querida. E que a rutina non permite sequera un intre para calmar os pasos do día a día, e ollar a estampa divina, acolledora e cautiva, da fermosa praza García Barbón de Verín. Moitos temos de seguro no maxín algún episodio acontecido neste emblemático lugar. E é que, ao pisar o seu chan, xorden, de súpeto, as lembranzas de atrás, cando ceibes xogabamos os rapaces sen tregua aos xogos enxebres, os de toda a vida, protexidos polas inesquecibles xentes que atendían os seus negocios con ledicia e sabiduría. O corazón da vila latexa con armonía e gústame pasear polo seu redor e topar a tranquilidade, o acougo, a paz. A praza, rectángulo máxico onde ao longo dos séculos desenrolouse o motor económico dun axetreado comercio local, enxebre e xeneroso cos veciños. E que, desgraciadamente errados, dámoslle as costas, mirando cara outro lado, esquecendo e actuando sen conciencia, ao ritmo que nos marca este mundo desbocado. Lendo relatos do escri-

A praza foi durante séculos o motor económico da vila

tor e xornalista verinense Xoaquín Nieves, quedoume a meticulosa e certeira maneira de relatar as historias vividas, cando só era un cativo, alá polos fervorosos anos trinta. Un agasallo que nos deixa para que as xeracións vindeiras saibamos un anaco máis da nosa historia. Conta que dende a fiestra da súa casa natal, na confluencia da praza da Estrela e a Garcia Barbón, ollaba como se desenrolaban as festas máis enxebres do pobo: o Lázaro e o entroido, nas que as xentes gozaban da xolda con ledicia, da mellor maneira. Tamén na praza montaban o posto as panadeiras e leiteiras, que baixaban á vila cos manxares da terriña para vender. Mais non só aquí don Xoaquín ollou a festa, tamén máis dunha vez xurdiu o pánico e o terror. Cando as temibles folgas dos “carrilanos”, que eran os traballadores do ferrocarril, chegaban á vila, e armados con pistolas e escopetas facían a protesta con disparos ao aire, que estremecían a calquera. Daquela, na praza tiña o comercio don Lino García, que era o maior comerciante da vila, cun gran almacén multiservicio, con todo tipo de artigos e unha imprenta, onde imprimía un xornal semanal co nome de: “EL TÁMEGA”. Contra este home arremetían os alporizados sindicalistas da esquerda, con insultos e ameazas. Acusándoo erradamente de cacique e opresor dos obreiros, cando, según contan, era todo o contrario. Un dinamizador

Balance do entroido de Xinzo O señor Luis “Dasairas” deixounos a súa bondade e xenerosidade do comercio local, con moitos postos de traballo para os veciños. Oprimido e perseguido sempre pola esquerda, paradoxicamente, pola contra, foi victima da dereita. No 36, ano do alzamento, a pesares da súa avanzada idade, foi xulgado en Consello de Guerra e condeado a morte e fusilado. Estas son luces e sombras que acolle unha praza maxistral, chea de misterio, historia e calor veciñal; ancestro e tradición, aromas inconfundibles que agochan nas galerías brancas das casas elegantes e señoriais, que chaman a atención pola beleza. Teño fresco no maxín os derradeiros moradores dos negocios na praza maior do meu pobo, e de todos eles teño gratos recordos. Hoxe, neste relato, quixera lembrar ao señor Luis “Dasairas”, un home co que os da miña xeración pouco puidemos compartir. Mais deixounos a súa bondade e xenerosidade,. Envoltas nunha impoluta batiña branca, onde na súa imprenta, con cheiriño a papel, tinta e libros, recollemos sensacións incribles, que, por sorte, quedarán na nosa alma para sempre. Miguel A. Prieto “Chita”

A Protección Civil de Xinzo presentou ao seu concelleiro delegado unha memoria dos días de entroido. Este colectivo realizou máis de 100 saídas, entre atención aos festexos, retén realizado polos voluntarios -con seis quendas cada día (mañá, mediodía, tarde e noite); contando con tres voluntarios en cada quenda, dobrándose as quendas de dúas horas cada un- nos cales atendemos cortes, caídas e algunha borracheira, que desviamos ao centro de saúde. Cortes de tráfico e chamadas do 112, que, afortunadamente, só foi por un accidente o Día da sardiña. Por sorte, as incidencias non foron moitas. Uns nenos que tiveron unha caída sen moita importancia, atención a dúas intoxicacións etílicas leves, unha pequena pelexa, e algún corte producido polos cristais. Hai que destacar que unha voluntaria fíxose unha escordadura nun nocello, pero a día de hoxe atópase recuperada. Así, quero destacar a cooperación entre as forzas de seguridade, Garda Civil e Policía Local, que fixo deste entroido uns días de festa e diversión, xunto ao comportamento exemplar da maioría de veciños e visitantes que participaron nesta tradición polas rúas de Xinzo. Tamén me gustaría comentar o labor dos voluntarios e o seu servizo, vocación e agasallo do seu tempo libre á comunidade.

Quero dar as grazas ao noso concelleiro delegado, Manuel Cabas, polo seu labor. Grazas polo seu apoio constante, pola loita que realiza todos os días por sacar a agrupación adiante e arriba, pola comunicación constante e permanente entre nós. Así conseguimos unha nova sede que está a ser remodelada. Visita ao subdelegado, ás oficinas de Ourense, e a onde sexa preciso. Tamén grazas polo intenso apoio que o alcalde, Antonio Pérez, nos dá, que sempre ten a súa porta aberta, sen importar hora nin día. O ano pasado produciuse un cambio de directiva, o 21 de maio. Desde esa data ata 31 de decembro pechamos o ano con 397 saídas. E o noso soldo (xa que nós non cobramos nada) é o agradecemento que se reflicte no rostro dalgunha xente cando lles socorremos. Realizamos apoio á Policía Local na entrada e saída de colexios, en eventos onde se require a nosa presenza, en emerxencias. A comunicación entre nós e a Policía Local é continua e constante. Cooperamos con outros concellos, Policía local, Garda civil, asociacións, coa parroquia de Santa Mariña de Xinzo, banco de alimentos, eventos públicos, e con quen nos reclame ou pida axuda. E quero agradecer a extraordinaria acollida que tivo esta nova agrupación entre a cidadanía. E sobre todo aos voluntarios, que son o motor da agrupación. Sen eles isto non sería posible. Protección Civil de Xinzo


CLASIFICADOS

BARRIOS Marzo de 2015

31

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº11 - Ano: X - Marzo 2015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Alugo local económico e acondicionado de 15 m xunto parada do autobus. Tel. 627 203 131. Alúgase oficinas na rúa Progreso ao lado dos xulgados. Prezo convir. Tel 637 00 59 10 Alúgase praza para moto no garaxe do edificio Mercadona da avenida de Santiago. Tel. 988 21 29 00. Alúgase praza de garaxe pechada, con pequena adega. En Faustino Santalices (edificio Servipel). Tel. 988 22 21 79. Véndese piso en rúa Carlos Maside (O Couto). Tres habitacións, calefacción e amplia bodega. Totalmente reformado. Prezo económico. Tel: 677 494 645. Alugo piso zona O Couto. Reformado. Tel: 677 494 645. Alúgase praza de garaxe ao lado praza do Couto. 45 € Tel: 606 03 57 81. Vendo piso en Marcelo Macías, 3 dormitorios, calefacción, aire acondicionado, ascensor, 2 galerías, parquet, amoblado súper luxo. Tel. 988 22 75 74. Alúgase amplo bar-restaurante céntrico en r/Marcelo Macías moi preto da av. de Ourense. O seu nome actual é “Punto de Encontro” e ten todo o necesario para abrir ao público inmediatamente. Pódese ver sen compromiso. Prezo a convir. Tel. 647 076 024. Alúganse 2 naves de 422 e 454 m2 xuntas ou separadas en Polígono de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15, fronte a Codisoil). Tel. 639 67 74 32. Urxe vender piso a 10 minutos de Vigo, equipado, renovado. Tel. 636 42 24 97. Alúgase apartamento en Montalvo. Tel. 607 27 19 16.

VENDAS Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cristal dobre Climalit. medidas: 52cms de alto por 115cms de largo.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44 Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal. Sen marco. Medidas: 235cms de alto por 78cms. Con pechadura con chave. Prezo: 80€ cada una. Telf. 687 19 33 44. Vendo alpacas, abonos e cereais, Tel. 629 319 269 Véndese leña de carballo. Tel. 630 521 448. Vendo finca de 2.000 m2 edificable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 51 25 59. Vendo sensores de aparcamento con pantalla LED que indica distancia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instalados con acabado profesional garantido por 40 euros. Tel/Whatsapp 667 830 310. Vendo vestidos de bautizo, comuñón e arras, novos, ao 50%,do prezo de custo.Tel. 686 03 49 76

Véndes compresor de aire ABC VG-5-PC industrial 6CVHP. Presión 8Kgs/cm2 psi115, 750 Litros/minuto cfm 236,48. Velocidad 650. Depósito 300Litros. Peso neto 210Kgs. Peso Bruto 310Kgs. Prezo 1.000€. Telf. 687 19 33 44 Vendo estanterías metálicas de varias medidas e dúas básculas. Tel. 679 04 06 04. Vendo 8 focos de baixo consumo a bo prezo. tel. 675 63 10 11 Véndese moto de 125 cc. Bo prezo. Tel.630 521 448. Vendo xerseis feitos a man por encargo 10 euros, e bolsos de trapillo a 3 e 5 euros. Tel. 664 09 69 53. Compro ventás de aluminio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e mesmas medidas. Tel. 658 05 69 22.

EMPREGO Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 521 448. Ofrécese modista para particulares. Bo prezo. Calidade. Tel. 988 255 302. Desbrózanse fincas e fanse transportes e mudanzas, tel. 629 319 269. Necesítanse CV para traballar de internas e turno de noite, Infórmate no 687 02 36 41 ou Ao teu lado, r/Cruz, 8,Verín. Dánse clases a domicilio durante o curso 2014-15. Especialidade en matemáticas xerais. Todas as etapas. Tamén outras materias. Ampla experiencia. Económico. Con CAP.Tel 636 6195 89. clasesadomicilio2014@hotmail.com Fanse reparacións en casas e negocios. Carpintería, persianas, mobles. Tel. 656 782 460. Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de inglés e francés. Individuais e grupos reducidos. Todos os niveis. Telf. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística. Oleo, acuarela, pastel, acrílico. Todos os niveis. Máis de 40 anos de experiencia Telf. 687 19 33 44. Clases particulares de Photoshop e deseño gráfico. Todos os niveis. 20 anos de experiencia. Tel. 667 508 333. Moza busca traballo coidando persoas maiores, nenos ou realizando labores de limpeza no fogar. Tamén como coidadora de noite en hospital ou en casa particular. Ampla experiencia a través de axencias de axuda a domicilio. Tel. 661 08 09 62. Ofrécese mozo responsable, meticuloso, ledo, para traballar en departamento administrativo ou como dependente. Ampla experiencia. Tel. 629 154 995. Señora de 48 anos ofrécese para traballar por horas, en limpeza na zona de Allariz. Tel. 652 783 897.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Marzo de 2015

16 de marzo - Barrios  

A morte do párroco de Vilanova dos Infantes, en portada de Barrios de marzo. O tema do mes é a análise da situación laboral da provincia, e...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you