11 Diciembre 2013 - BXVAC

Page 29

OCIO E CULTURA

O Nadal vívese tamén en Celanova 4 Con obradoiros infantís e música para todas as idades. Redacción O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez, en colaboración coa Escola de Música da Banda Municipal, o Centro Cultural Coelerni--Solpor, os colexios Sagrado Corazón e Curros Enríquez, o Centro Social de Celanova e o Conservatorio de Música de Ourense, prepararon unha programación conxunta para este Nadal. Os pequenos serán os protagonistas de parte da programación en Celanova para estas datas, con propostas como o Festival de Nadal, o venres 20 a partir das 16 horas. Tamén haberá obradoiros de Nadal para rapaces de 4 a 12 anos. Terán lugar os días 23 e 30 na biblioteca do auditorio

Ilduara e os días 24, 26, 27 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro na Casa dos Poetas. Para o público infantil son tamén as videoconferencias con Papá Noel e os obradoiros de postais dixitais que se organizan na aula CeMIT. Para o público adulto, a Casa dos Poetas inaugura o sábado 21 unha exposición de retratos de escrito-

O árbol de Nadal na praza Maior. /M.REJO.

res ourensáns por Xosé Conde Corbal; e ás 18:30 presentase no mesmo recinto o libro de poemas “Wha(ts)appa” de José María Paz Gago. O mesmo día haberá un concurso de panxoliñas no auditorio municipal (16:30 horas); mentres que o domingo o mesmo recinto acollerá o concerto “Fado e panxoliñas con outro acento” de María do Ceo, (19h). O venres 27, ás 20 horas, no auditorio terá lugar un concerto do grupo de acordeóns do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, mentres que o sábado 28 serán os alumnos da Escola de Música da Banda de Celanova os que protagonicen un concerto de Nadal. Comeza ás 19h. Celanova tamén propón baile de fin de ano para o día 31 no Centro Social. A Casa dos Poetas será escenario do obradoiro “Cantásmosche os reis!” a partir das 19 horas do 4 de xaneiro, para todas as idades promovida por Política Lingüística.

BARRIOS Decembro de 2013

29

A directora xeral de Patrimonio Cultural, o conselleiro de Cultura e alcaldes da zona asistiron ao concerto na igrexa de Santa Cruz de Terroso, en Vilardevós. /M.REJO.

Música na igrexa do Terroso en Vilardevós A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levou o pasado sábado 7 de decembro a penúltima cita do ciclo ‘Monumenta: difusión do patrimonio restaurado’ á igrexa de Santa Cruz de Terroso, en Vilardevós. O concerto acústico celebrado neste marco rendeu homenaxe a Ángel Barja Iglesias. O recital estivo a cargo dun cuarteto de corda do Conservatorio de Vigo, que interpretou o Cuarteto de corda nº 1 en Re maior, obra do homenaxeado. As actividades comezaran xa pola mañá cun faladoiro cos veciños nos que se recolleron as lembranzas vinculadas ao lugar, que se completou cunha recreación histórica do grupo de Teatro Os Quinquilláns. Deste xeito deuse a coñecer un espazo en cuxa restauración a Consellería investiu máis de 182.000 euros, co fin de poñer en valor esta igrexa de estilo historicista e garantir a súa conservación.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.