Issuu on Google+

Variada proposta ocio cultural no Nadal de Xinzo de Limia TEMA DO MES páx.2 COMARCA Recupérase o paro, pero non as afiliacións na provincia

Páx.10

Vilar de Santos investirá en mellorar as infraestruturas

[páx. 27]

COMARCA Páx.12

PROVINCIA Páx.21

DEPORTES

A Escola Rural da Saúde organiza un festival artístico

Obradoiros de emprego forman a desempregados

Fútbol americano nas intalacións da Moreira

Páx.26

Cuarta sentenza contra as contratacións en Xinzo de Limia No último pleno o alcalde compartía mesa coa interventora e o secretario (este último renunciou ao seu posto)./P. LODEIRO.

Número: 85 - Ano:VIII - Decembro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




BARRIOS Decembro de 2013

TEMA DO MES

Recupérase o paro, pero non as afiliacións

4 O terceiro informe do Observatorio Económico Ourensán destaca unha rebaixa do paro interanual aínda que non crecen nin as afiliacións á Seguridade Social nin os centros de traballo. Redacción A Deputación de Ourense vén de presentar o terceiro informe do Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta que desenvolve para a análise económica, laboral, empresarial e social da situación económica da provincia e cada unha das súas comarcas. Neste terceiro informe destaca unha rebaixa no paro interanual na provincia de Ourense, que se mantén como a provincia galega con mellor evolución. Malia a todo, a melloría que se vén producindo no último ano na evolución do paro rexistrado non se está a manifestar aínda no comportamento das afiliacións á Seguridade Social, nin tampouco na recuperación no número de unidades locais ou centros de traballo. Manuel Baltar explicou que esta terceira entrega do Observatorio Económico Ourensán “contén sinais de reacción e de recuperación”. “Os síntomas da enfermidade –dixo- principian por fin a remitir, pero o desgaste e a debilidade acumulados son tan acusados que cada cambio de tendencia en calquera estatística esixe unha larga espera e un esforzado traballo entre todos os axentes económicos e sociais”. O Observatorio Económico Ourensán recolle que o pasado mes de outubro marcou en certo modo un fito laboral desde o inicio da crise, xa que por segunda vez desde decembro de 2007 a taxa de paro interanual tivo signo negativo. Manuel Baltar afirmou que un dos máis salientables é o feito de que por segunda vez en todo este longo período en crise, “o mercado laboral da provincia de Ourense foi capaz de presentar taxa de variación interanual con descenso de desempregados. As propias táboas do paro deixan ademais outros indicios moi favorables como que oito comarcas e 53 concellos da provincia teñen hoxe menos parados que hai un ano. Hai agora un ano, a primeira

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o profesor José María Chamorro./P.LODEIRO. edición do Observatorio só identificaba unha comarca -a da Baixa Limia- e once municipios nesa posición de privilexio”. O presidente provincial sinalou que unha vez feita a diagnose, “a estratexia da Deputación de Ourense continuará a administrar apoios, iniciativas e programas de choque capaces de acelerar a reactivación desta provincia tan necesitada de estímulos”. Nese sentido, citou os orzamentos da Deputación para o ano 2014, cunha suba de máis do 11 %, e nos que, por primeira vez os gastos de persoal sitúanse por debaixo do 40 % e os investimentos aumentan un 40%. Afiliacións e unidades locais O informe do Observatorio reflicte que a recuperación do paro aínda non se estende nin ás afiliacións, nin ás unidades locais. O número de cotizantes á Seguridade Social caeu no último ano en cada unha das doce comarcas da provincia, con descensos comprendidos entre o 1 e o 8%. Mentres, a taxa provincial repite exactamente o mesmo valor que presentaba a estas alturas do 2012, cunha perdida interanual do 2,6% dos afiliados. Pola súa banda, a estatística de centros de traballo tampouco pasou ao terreo positivo. Segundo os últimos datos dispoñibles, co-

rrespondentes a finais de 2012, o ano pasado pechou igualmente cun descenso interanual do número de unidades locais. En concreto, a provincia perdeu o 0,73% e pasa a acumular desde o inicio da crise unha diminución do 2,1%. Con todo, Ourense segue a ser o territorio menos castigado pola crise desde a perspectiva das tres variables en estudo: o paro rexistrado, as afiliacións e o censo de unidades locais. No paro interanual, a baixada provincial do 1,1% contrasta co leve repunte de Galicia (0,1%). Nas afiliacións, o descenso ourensán do 2,6% está moi por debaixo dos outros tres rexistros galegos. E no tocante aos centros de traballo, o descenso que acumula Ourense desde o inicio da crise é proporcionalmente a metade da que sufre o conxunto da Galicia. É dicir, esta provincia pechou unidades locais á metade de ritmo que a comunidade. Un semestre en melloría Desde a presentación da segunda edición do Observatorio, en xuño de 2013, seis comarcas foron capaces de mellorar a súa a taxa interanual de afiliacións (entre elas A Limia e Celanova), e o mesmo aconteceu en 48 concellos. A propia comparativa entre Observatorios reflicte que a taxa interanual de paro mellorou

en oito comarcas -en todas agás en Allariz-Maceda, A Baixa Limia, Terra de Celanova e Viana-, así como nun total de 50 municipios. Unha comarca (Trives) e 16 concellos teñen hoxe máis centros de traballo que antes de que principiara a crise. Ao mesmo tempo, catro municipios (entre eles o de Allariz) suman hoxe máis afiliados que hai cinco anos, e tres (Entrimo, Monterrei e Vilar de Barrio) fan posible que descenda a taxa quinquenal de paro rexistrado. Sector servizos Esta terceira entrega do Observatorio Económico Ourensán dedica unha análise especial ao sector servizos. O estudo analiza de xeito individual e agrupado as ramas do comercio; do transporte e almacenamento; da hostalaría; da información e comunicacións; das actividades profesionais, científicas e técnicas; e das actividades administrativas e servizos auxiliares. En primeiro lugar, precisa que o sector servizos aporta o 39% do VEB (Valor Engadido Bruto) da provincia e impulsa o 38,1% das afiliacións totais, con preto de 38.000 cotizantes no sistema da Seguridade Social. Case a metade desas afiliacións corresponden ao comercio, xa que asina o 46,6%, seguido pola hostalaría, co 20,6%. Aínda que nese textor tamén houbo

Datos do Observatorio Económico Ourensán. caída de afiliacións, o comportamento foi melor que no conxunto da economía ourensá. Foron excepcións as comarcas de Verin (2%) e A Limia (0,5%), que aumentaron lixeiramente o número de afiliacións neste sector en relación a fai un ano. No que atinxe ao paro sectorial, en taxa interanual houbo un repunte do 1,5%, cando no conxunto da economía ourensá baixou un 1,1%. No ámbito territorial, a de Verín (cun -1,4%) foi unha das catro comarcas que conseguiu rebaixar as cifras de parados no sector servizos nos últimos doce meses, xunto a Viana, Terra de Trives e O Ribeiro.

En outubro, por segunda vez desde 2007, a taxa de paro interanual tivo signo negativo Desde o inicio da crise as unidades locais diminuiron un 2,1% e as afiliacións baixaron un 2,6% No sector servizos Verín e A Limia aumentaron lixeiramente as afiliacións


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Decembro de 2013

A ampliación do polígono de Pazos estará rematada no primeiro semestre de 2014 4 Segundo anunciou o conselleiro de Medio Ambiente nunha visita a Verín. Redacción O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou que o remate da ampliación do polígono de Pazos está previsto “no primeiro semestre do vindeiro ano”. Hernández visitou xunto aos alcaldes de Verín e de Monterrei e ao delegado da Xunta en Ourense, as obras de ampliación do parque empresarial verinés. “Na actualidade xa se teñen realizado os movemento de terras, a obra civil do pozo de bombeo da rede de residuais, a obra de conducións de media e alta tensión á nova subestación eléctrica de Verín e actuacións para instalación de subestación eléctrica, situada nunha das parcelas desta primeira fase e actualmente en execución”, explicou o conselleiro, quen recordou que a Xunta inviste nesta primeira fase un total de 2,4 millóns de euros. Esta actuación suporá incrementar en 70.500 metros cadrados a superficie do polígono, é dicir, nun 53%, xa que actualmente dispón de 132.200 metros cadrados. Este aumento responde a unha demanda real, xa que un 20% da superficie de

ampliación está actualmente reservada. Primeira fase de ampliación Dos 70.500 metros cadrados desta primeira ampliación, máis de 46.500 resérvanse para solo empresarial; mentres que as zonas libres e verdes abranguen máis de 10.000 metros cadrados e as áreas viarias e de aparcamento 10.600. Grazas a esta ampliación poranse á venda 11 parcelas, cun tamaño que oscila entre os 701 e os 4.328 metros cadrados. A ampliación inclúe traballos de movemento de terras e explanación, infraestruturas de servizos, pavimentación, labores de xardinería, rego e mobiliario urbano, o acceso das parcelas ás redes de abastecemento e saneamento, enerxía eléctrica, alumeado público, canalización de comunicacións e distribución de gas. Tamén se ensancharán os accesos ao poligono de Pazos, nun tramo de 350 metros que pasará a ter sete metros de calzada e un metro de beiravía a cada lado.

A ampliación de Pazos sumará 70.500 m2

O conselleiro de Medio Ambiente e o resto de autoridades atenden ás explicacións sobre a ampliación do parque empresarial de Pazos./BORYS MARTÍNEZ.

Visita do director xeral de Enerxía e Minas (á dereita) a Pazos./CdV.



4 Ampliar o vial de acceso custa 89.500 euros Quen tamén visitou o polígono de Pazos foi director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, co obxecto de coñecer as obras de ampliación do viario de acceso ao parque empresarial. O titular de Enerxía e Minas explicou que do vial de acceso ao polígono, que ten unha lonxitude total de 1.215 metros, “a actuación que se está a realizar abrangue 351 metros, e supuxo unha inversión de 89.500 euros, dos que a Consellería de Economía e Industria subvencionou un 85%”. Unha ampliación da plataforma do viario destinada a “mellorar a seguridade nesta estrada, xa que é moito o tráfico pesado que accede a este polígono, e que se incrementará tras finalizar as obras de ampliación do mesmo e posterior instalación de novas industrias”. O alcalde de Verín, presente na visita de Tahoces, anunciou que para 2014 “xa contamos co compromiso da Dirección Xeral de Enerxía e Minas para finalizar o ensanche do viario ata a nacional 525, un total de 600 metros, e o tramo que resta desde a mellora realizada agora ata a entrada do propio polígono, que incluirá unha rotonda”.




BARRIOS Decembro de 2013

EN BREVE

4 Arrinca un club da calceta en Verín Dentro da iniciativa Escola de Familia iníciase, o xoves 12 de decembro, o Club da Calceta ‘Tecendo Soños’, destinado a converterse nun lugar de encontro entre as persoas interesadas en compartir este labor tradicional. Esta iniciativa, que terá lugar no edificio municipal de O Lavadoiro, arrancará esa xornada a partir das 17 horas. Está aberta a todas as persoas interesadas na aprendizaxe da calceta, sen límite de idade ou sexo, que busquen compartir o seu tempo de lecer nesta actividade. A proposta é gratuíta, pero será necesario que cada participante leve os materiais que precise para desenvolvela.

4 Cinco novos cursos na aula CeMIT de Verín Durante o mes de decembro, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará cinco novos cursos formativos. Estes cursos, que pecharán este servizo educativo no ano 2013, son: compras a través da internet, correo electrónico, internet, iniciación á informática e redes sociais. Os mesmos serven de continuación aos 83 cursos formativos impartidos ao longo deste ano na aula CeMIT de Verín. Con todo, tamén se desenvolverán nesta aula multimedia outras actividades externas como un obradoiro de emprego, unha videoconferencia con Papá Noel (17 de decembro) e actividades da ludoteca “Ludonadal”.

VERÍN E COMARCA

Renovada a rede de abastecemento e saneamento na rúa Canella Cega 4 Para evitar inundacións en época de choivas. Redacción O Concello de Verín, da man da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, finalizou as actuacións nas redes de saneamento e de abastecemento da rúa Canella Cega. Ata agora, a rede de saneamento discorría polo medio da rúa e vertíanse a ela as augas pluviais, posto que non existía unha rede específica para estas. Isto provocaba que, en época de chuvias tiveran lugar inundacións como

consecuencia de que a rede entraba en carga e se desbordaba. Co obxecto de solventar este problema de inundacións, instalouse un colector de pluviais de diámetro 400 mm que recolle as verteduras que se producen na cabeceira da propia rúa na gabia existente, e ademais, na cabeceira da rúa Espido proxectouse un pequeno colector de pluviais procedente da zona de Fontenova. Actuacións O proxecto de mellora tamén implicou a modifi-

A rúa Canella Cega, trala reforma./CdV. cación do trazado do colector procedente do barrio de San Roque, converténdoo no colector xeral ata o seu entroncamento coa rede existente. Na parte alta da rúa Canella Cega fíxose a separación das augas, cunha rede para pluviais e ademais, completouse a rede de abastecemento por

ambas as marxes da rúa, repuxéronse os servizos afectados, colocáronse bocas de rega-incendio, creáronse beirarrúas nas zonas que non existían, pavimentouse o viario e colocouse un paso de peóns elevado co obxecto de reducir a velocidade de circulación dos vehículos e así evitar posibles

accidentes de tráfico. A colaboración Concello e Consellería traduciuse nun investimento de máis de 340.000 euros para a mellora da rede hidráulica neste rúa de Verín.

Nesta mellora investirónse máis de 340.000 euros

A área da Braña foi revexetada

4 Grazas ás axudas aos concellos incluidos na Rede Natura. Redacción A área da Braña, en Cabreiroá, foi obxecto dunha actuación de saneamento e revexetación por parte do Concello de Verín para preservar o hábitat e ecosistema desta zona. A actuación realizouse a través da convocatoria de axudas a concellos incluídos na Rede Natura 2000, que cubre o 100% do orzamento. En concerto, a mellora realizada polo Concello de Verín neste

paraxe natural incluiu o seu saneamento e drenaxe para facilitar o uso da área da Braña, acceso ás fontes de Cabreiroá e evitar as crecidas de auga que se producían na zona. Ademais, a área revexetouse con especies arbóreas autóctonas, como ameneiros, freixos e chopos; a decuáronse os camiños de ac- Recuperación da área da Braña, en Cabreiroá./CdV. ceso e dotouse o espazo con mobiliario urbano, como completa as accións realiA área da Braña está situamesas, bancos, papeleiras, zadas con anterioridade, que da nunha das zonas naturais unha pérgola e un valado de consistiron na instalación máis emblemáticas de Vemadeira. Este equipamento dun circuíto biosaudable. rín, anexa ao manancial de

agua mineiro medicinal de Cabreiroá e nas proximidades das dúas rutas de sendeirismo.


PUBLICIDADE

BARRIOS Decembro de 2013



Verea, nº 1 en resistencia á xeada Cerámica Verea, adiantándose aos novos requisitos, foi a primeira empresa española en adecuarse á nova normativa europea que clasifica as tellas en función da súa resistencia á xeada, algo moi importante tendo en conta a época do ano na que nos atopamos. Todas as tellas fabricadas por Cerámica Verea, ademais de estar clasificadas como nivel 3 (o nivel máis esixente establecido na normativa europea), están especialmente deseñadas para soportar as condicións climáticas máis adversas, superando máis de 500 ciclos de xeo-desxeo, segundo o novo método de ensaio europeo (demostrado mediante ensaios realizados en laboratorios externos homologados por AENOR). Isto significa que as tellas Verea superan en máis do triplo o nivel máis esixente. Esta característica de resistencia á xeada, fai que estea presente nalgúns das

cubertas dos edificios máis importes do España, coa climatoloxía máis duras de neve e xeo, por exemplo no Mosteiro de Santa María do Paular (en Rascafría, Madrid). A durabilidade da tella Verea en climas fríos é a propiedade máis importante que debe satisfacer unha tella para poder garantir o seu uso en toda a metade norte de España e no resto de zonas onde se alcancen temperaturas próximas a 0ºC. Toda a gama de tellas Verea presenta un comportamento excepcional fronte á xeada. Por iso, Cerámica Verea garante e recomenda a instalación das súas tellas tamén en zonas de alta montaña. Isto fai que as tellas Verea sexan tellas número 1 en resistencia á xeada e a tella que máis anos dura do mercado, independentemente da zona climática onde se instale; toda unha garantía para os clientes máis esixentes.

Torre do Bandujo, en Asturias.

Vista de Santiago de Compostela nevado.

Cerámica Verea foi a primeira empresa española en adecuarse á nova normativa europea que clasifica as tellas en función da súa resistencia á xeada

Rehabilitación dos tellados do Mosteiro de El Paular.




BARRIOS Decembro de 2013

VERÍN E COMARCA

O III Pleno Infantil propón construir unha pista multideportiva 4 Participaron 85 escolares. Redacción Un total de 85 alumnos de 6º de Primaria e 1º da ESO dos colexios Amaro Refojo, Apostólico Mercedario e María Inmaculada participaron na terceira edición do Pleno Infantil celebrado na Casa da Cultura de Verín, organizado por UNICEF e o departamento municipal de Educación Familiar. O pleno contou coa presenza do alcalde Juan Manuel Jiménez, que recordou que “o Concello de Verín pretende presentar a súa candidatura ao concurso da rede de Cidades Amigas da Infancia, para así come-

zar cunha andaina na que se pretende facer da nosa vila un municipio no que se impulse e se promova a aplicación da Convención sobre os Dereitos da Infancia; ademais de elaborar un Plan de Infancia, no que xa se está a traballar, así como na futura creación dun Consello de Infancia, como órgano de participación infantil”. Novo alcalde infantil O pleno acordou que o novo alcalde infantil fose Pablo Pousada, alumno de 6º de Primaria do centro María Inmaculada. A continuación, os diferentes colexios

realizaron as súas exposicións e presentaron as súas propostas de mellora sobre os dereitos recollidos na Convención Internacional dos Dereitos do Neno que xiraron sobre os dereitos de identidade e participación, familia e educación, saúde e igualdade. Por exemplo, propuxeron a construción dunha pista multideportiva ou a realización de actividades que permitan compartir novas experiencias lúdicoculturais entre os menores. Todas as propostas foron aprobadas por unanimidde. Na quenda de preguntas, os menores quixeron saber sobre a participación dos menores nas sesións plenarias ordinarias, a porcentaxe de orzamentos municipais destinados a axudar a persoas en risco de exclusión social ou iniciativas para evitar as drogas, entre outras. A xornada rematou cunha visita á casa consistorial.

Proxectos de formación do profesorado no IES García Barbón A formación permanente do profesorado é un elemento clave para acadar unha educación de maior calidade, por iso, no IES García Barbón participan activamente en tres iniciativas. En primeiro lugar, o Proxecto COMBAS Galicia integrado dentro do Proxecto de competencias básicas Atlántida do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, recentemente recoñecido a nivel europeo na rede europea Keyconet. O proxecto consiste en ir incorporando as competencias básicas no funcionamento do centro, desde os elementos curriculares ata o traballo do alumnado na aula. En segundo lugar, un grupo de traballo sobre Novas tecnoloxías pneumáticas do Departamento de Mantemento Industrial. En terceiro lugar, outro grupo de traballo sobre elaboración, coa axuda das novas tecnoloxías, de materiais

didácticos para a Educación de Adultos. Orientación ao alumnado As actividades recentes no traballo de orientación académica e profesional do alumnado teñen relación, entre outras tarefas, coa realización de charlas informativas impartidas por antigos alumnos e alumnas. O centro quere agradecer moito a colaboración desinteresada de Beatriz Losada Veiga estudos universitarios- Iago Paredes Barros, Carmen Carnero Requejo, Iván Lorenzo Pousada, María Lourdes de Gil Gago e Julián Barrio Rúa -ensinanzas de Formación Profesional-. Complementariamente, o García Barbón comezou a impartir sesións formativas semanais nalgúns ciclos formativos de “internet para estudantes”, unha proposta de mellora da competencia dixital e de uso de internet nos procesos de información e orientación académi-

A xornada de actividades extraescolares que terá lugar o 20 de decembro contará cunha ampla oferta deportiva e lúdica

ca e laboral. Polo que se refire a outras novidades de interese para o alumnado de Formación Profesional, lembrar que aqueles que cursaron e aprobaron o módulo de Formación e Orientación (FOL) nun ciclo formativo (LOE) teñen dereito a solicitar un certificado en “Prevención de riscos laborais” (45 horas) que se facilita na secretaría do centro educativo. Extraescolares A xornada de actividades extraescolares que terá lugar o vindeiro día 20 de decembro contará cunha ampla oferta deportiva e lúdica –fútbol sete, baloncesto, tiro con arco, brilé, tenis, pádel, karaoke e obradoiro de fieltro-. O instituto tamén colabora nunha campaña solidaria de recollida de alimentos e xoguetes que se entregarán a Cáritas. Por último, o IES García Barbón conta cun clube de tiro con arco Arqueiros de Verín, recoñecido polo rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia co número C-11687.

Jiménez Morán e os escolares no III Pleno Infantil de Verín./CdV.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Decembro de 2013



Concello e AEVER colaboran de novo no “Ludonadal” 4 Unha ludoteca para fomentar as compras na vila e facilitar a conciliación. Redacción

Concelleiros e alcalde xunto ao presidente de AEVER presentaron a programación de Nadal de Verín./CdV.

Por sexto ano consecutivo, Concello de Verín e Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) ratifican, o convenio “Ludonadal”. Esta iniciativa, dirixida a menores con idades com-

prendidas entre os 3 e 10 anos, ten por obxecto, incentivar economicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos proxenitores e proporcionar aos cativos un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. “Ludonadal” realizarase no centro infantil do CEIP Amaro Refojo, do día 21 de decembro ata o 4 de xaneiro, de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, e os sábados de 10 a 14 horas. Os días 21, 23, 27 e 28 de decembro e 4 de xaneiro non haberá servizo de ludoteca infantil xa que os monitores formarán parte das actividades navideñas programadas polo Concello de Verín. Para poder acceder á ludoteca, será necesario entregar un vale, selado pola empresa correspondente,

xunto co ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos establecementos integrados en AEVER, existindo un límite mínimo de cinco euros. Novidade Este ano hai unha importante novidade, xa que tamén se pode acceder ao servizo abonando o seu custo. O prezo por utilizar a ludoteca, durante todos os días e horas, é de 20 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 10 euros; e se se prefire abonar por día utilizado serían 5 euros (día completo) ou 2,50 euros (medio día).

Este ano poderase acceder tamén á ludoteca pagando polo servizo

AEVER sorteará mil euros entre os seus clientes 4 Coa promoción “Este Nadal merca en Verín”. Redacción A Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) promove a campaña “Este Nadal merca en Verín” para incentivar as compras navideñas na vila do Támega e coa que premiará a un dos seus clientes cun vale de mil euros. A campaña dura ata o 30 de decembro, e poden participar nela todas as persoas que compren ou consuman nos establecementos asociados a AEVER cun importe superior a 10 euros, cubrindo un cupón que lle entregarán nos comercios. Sorteo no espectáculo de “Cantajuegos” O sorteo que elixirá ao gañador da promoción

realizarase durante o espectáculo musical “Los cuentajuegos” que terá lugar o 30 de decembro no pavillón municipal de Verín. O premio debe ser desfrutado na xornada do 31 de decembro e para iso AEVER porá á disposición do premiado un coche para realizar as compras por un importe total de 1.000 euros, en polo menos, cinco estabecementos asociados, non podendo gastar máis de 200 euros en cada un deles.

O gañador deberá gastar os mil euros en alomenos cinco establecementos de Verín durante a xornada do 31 de decembro




BARRIOS Decembro de 2013

VERÍN E COMARCA

Campaña solidaria na Eurocidade 4 Recadan alimentos e xoguetes. Redacción

Os alcaldes de Vilardevós, Manuel Cardoso, e Verín, Juan Manuel Jiménz, xunto ao delegado da Xunta, Rogelio Martínez, asinan a recepción da obra./CdV.

Verín e Vilardevós estrean novo alumeado público 4 Co fin de racionalizar e optimizar o consumo enerxético. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, reunise cos alcaldes de Verín e Vilardevós, Juan Manuel Jiménez e Manuel Cardoso, para recepcionar a obra de mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública nas zonas de Pazos (Verín) e Vilardecervos (Vilardevós). A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, con-

cedeu este ano máis de 1.135.000 euros a un total de 40 concellos ourensáns en concepto do Fondo de Compensación Ambiental. Verín e Vilardevós son dous dos concellos beneficiados con estas subvencións e que presentaron o seu proxecto de forma conxunta. Os alcaldes destes dous municipios ourensáns acompañaron ao delegado territorial ata as novas instalacións e alí constataron que os traballos se executaron conforme ao

proxecto aprobado, cun orzamento total de 99.942 euros, do que a Administración autonómica achega preto de 70.000 euros. Os dous rexedores xustificaron esta actuación subvencionada na necesidade de racionalizar e optimizar o consumo enerxético das instalacións de alumeado público co fin de reducir o consumo eléctrico destas infraestruturas municipais e, por conseguinte, reducir o importe da factura eléctrica.

A Eurocidade ChavesVerín colabora na campaña solidaria de Nadal “Espalle alegría na Eurocidade Chaves-Verín”. Esta iniciativa busca involucrar aos veciños dun e doutro lado da raia na axuda aos que menos teñen, “nestes tempos de crise económica nos que moitas persoas teñen dificultades para ter alimentos e xoguetes no Nadal”. Nesta campaña colaboran Cruz Vermella Monterrei, AEVER-CCU Verín, Verín C.F, Asociación Xuvenil Os Entroideiros, Chaves Viva e supermercados verineses, onde estarán colocados carros solidarios para que os veciños poidan depositar os seus alimentos. Outros puntos de entrega de alimentos e xoguetes son os colexios Amaro Refojo, Princesa de España, Mª Inmaculada e Apostólico Mercedario. Xoguetes por piñeiros Por outra banda, a Eurocidade promove a campaña ‘Cambie un xoguete por

4 Iniciativa da Cruz Vermella Tamén a Cruz Vermella aproveita estas datas para pór en marcha unha nova campaña de recollida de alimentos, que logo distruibirán entre as familias máis necesitadas da comarca de Monterrei. Dentro do chamamento de Cruz Vermella, destacan as seis toneladas de alimentos recollidos no partido “Espello deportivo por alimentos”. Tamén colabora o hospital de Verín como centro onde se poden realizar as doazóns. un piñeiro para o Nadal’, na que a poboación de Verín e Chaves que queira adornar as súas casas cun piñeiro natural, poderá obtelo gratuitamente a cambio da entrega de xoguetes. Recóllense na sede da Eurocidade ou na de AEVER. As árbores proceden da limpeza de bosques do municipio de Chaves co obxecto de evitar o risco de incendios.

D.O. Monterrei renova a súa páxina web Redacción

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei estrea a súa nova páxina web, www.domonterrei.com, que pretende ser o lugar de consulta para todos aqueles interesados en saber algo máis sobre esta nova denominación de orixe. A renovada web, ademais de recoller unha ampla información sobre a estrutura e características do D.O., dispón dun espazo destinado a cada unha das 23 adegas amparadas, unha ficha técnica onde tamén se poden consultar as marcas que se comercializan actualmente no mercado. A web pretende ademais constituír unha nova ferramenta de traballo para o funcionamento interno da denominación. Na área privada, con acceso restrinxido aos produtores, pódense xestionar os procedementos cotiáns, axilizando así os tempos de tramitación co Consello Regulador. A presenza da D.O. en Internet complétase coa súa páxina de facebook.


PUBLICIDADE

BARRIOS Decembro de 2013




10

BARRIOS Decembro de 2013

EN BREVE

4 Traslado da Oficina de Turismo A partir do venres 20 de decembro, a Oficina Municipal de Turismo de Verín, situada ata o momento na Casa do Escudo, trasládase permanente ao local da rúa Irmáns La Salle (ao carón da Casa da Cultura de Verín). A Oficina de Turismo manterá o mesmo teléfono (988 411 614), correo electrónico (turismo@ verin.net) e horario (luns a sábado de 10 a 14 e de 17 a 19.30 horas). No referente ao albergue de peregrinos, que se mantén na Casa do Escudo, o horario será de 13 a 21.45 horas.

4 Ampliación das canles de TDT A posta en servizo do segundo múltiplex dixital de TDT nos centros instalados nas parroquias de Feces e de Mandín, no concello de Verín, permite unha ampliación das canles que reciben preto de 650 veciños destas localidades. A partir de agora, os veciños destas parroquias poderán ver as canles de Teledeporte e TVE en HD.

4Melloras no acceso a internet A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vén de completar a implantación de redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade no IES García-Barbón e no CEIP Princesa de España de Verín. Así, en Galicia son xa 219 os centros educativos aos que se lles facilitou o acceso a esta tecnoloxía no último ano grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta. A implantación de redes de 100 Mbps permite multiplicar por 10 a velocidade de baixada. Deste xeito o alumnado pode ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos; pode conectarse simultaneamente un maior número de usuarios e permite o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta axeitado.

VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

Vilar de Santos investirá 100.000 euros na mellora de infraestruturas 4 Entre elas atópase o acondicionamento de camiños agrícolas, pavimentación dos accesos ao polígono e mellora de varias rúas. Redacción Cun investimento global de 100.368 euros xa aprobados, o Concello de Vilar de Santos levará a cabo varias actuacións de renovación e mellora viaria a desenvolver en todo o territorio municipal, co obxectivo de seguir ca modernización dos equipamentos públicos municipais destes últimos anos. Cun orzamento total de 34.377 euros realizarase un proxecto de mellora de camiños dentro do Plan marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014, que contempla a mellora nun total de 10 quilómetros da rede municipal de camiños agrícolas da concentración parcelaria (Vilar de Santos conta con 43 quilómetros en total) coa limpeza de cunetas para evitar os encharcamentos e desbordamentos e posterior nivelación e acondicionamento das pistas con zahorra. Así mesmo, na zona de Rede Natura do concello investiranse un total de 6.591 euros nun total de 6

quilómetros máis de pistas e camiños nunha actuación dirixida á mellora da paisaxe agraria coa limpeza e restauración dos camiños de acceso ás fincas desta zona, cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente. Pavimentación no polígono e varias rúas No parque empresarial de Santa Marta, e con financiación da Consellería de Economía e Industria e do Concello, executarase un proxecto de mellora na pavimentación dos accesos, pintado de viais e outras actuacións menores cun importe global de 18.100

euros. Todo co fin de atraer a inversión e instalación de novas empresas e servizos. Na actualidade o polígono conta con 20 empresas instaladas. Por último, incluído no Plan Provincial de Cooperación de Obras e Servizos 2013 coa Deputación, está aprobada a inversión de 41.300 euros para un proxecto de obras de urbanización con melloras en varias rúas.

Investiranse 40.000 euros no acondicionamento de pistas agrícolas

Estudantes do IES Cidade de Antioquía visitan o Viveiro de Empresas da Cámara 4 Foi a actividade final do programa Fomento do Espírito Emprendedor. Redacción Os alumnos do ciclo de grao medio de Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural do IES Cidade de Antioquía de Xinzo realizaron o pasado 29 de novembro unha visita ao Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Ourense, nunha nova iniciativa de fomento do emprendemento. Unha vez finalizada a última edición do programa Fomento do Espírito Emprendedor, coa participación de 700 estudantes da provincia, a Cámara quere agora aproveitar a experiencia das empresas instaladas no Viveiro e, coa súa colaboración, ofrecer

unha serie de charlas a estudantes de ciclos formativos vinculados aos sectores nos que ditas empresas realizan a súa actividade. Madeira Plus Nesta ocasión, os alumnos do IES Cidade de Antioquía coñeceron o traballo da empresa Madeira Plus. Con ano e medio de actividade, esta firma dedícase á investigación no ámbito forestal, en especial con estudos sobre a calidade da madeira galega. Na mesma actividade, os alumnos tamén recibiron información sobre o propio Viveiro de Empresas e os distintos programas e servizos que ofrece a Cámara de Comercio.

Xinzo, contra a violencia de xénero 4 Rendiron homenaxe ás vítimas e apostaron pola concienciación social. Unha das pistas que serán acondicionadas.

Asistentes ao curso formativo en Verín, cos seus diplomas. /CdV.

Quince mulleres reciben os diplomas da iniciativa formativa ‘Hola Fabiola’ en Verín

A concelleira de Igualdade de Verín, María Corona Meixeira Romasanta, entregou os diplomas da iniciativa “Hola Fabiola”, na que se formaron un total de quince mulleres estranxeiras residentes no municipio. A iniciativa, impulsada polo Centro de Información ás Mulleres-CIM e a aula CeMIT do Concello de Verín, estivo destinada a formar a estas mulleres na utilización do ordenador e de internet. Este curso de 100 horas buscaba romper, entre as participantes, a tecnofobia e despertar a curiosidade así como incentivar o interese polas Tecnoloxías da información e comunicación (TICs).

Redacción Este 25 de novembro Xinzo de Limia sumouse á conmemoración do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. E para iso a súa corporación municipal fixo público un manifesto en repulsa desta lacra social. Porque se trata dun “problema que afecta día a día o noso entorno máis próximo, a centos de familias dos nosos pobos e cidades”, explicaron. Con este manifesto o Concello de Xinzo quixo condenar de xeito unánime “calquera forma de violencia cara a muller, esixindo un compromiso forte e claro de toda a sociedade para facerlle fronte”. Nun ano que está a ser

especialmente duro neste ámbito, dende Xinzo lembráronnos que esta realidade “esíxenos volver a centrar a mirada nas adolescentes e mozos do noso entorno, porque é preciso que aprendan a recoñecer a violencia nas súas formas mais sutís, naturalizadas e asumidas socialmente e, así, ser menos vulnerables fronte a elas”. Así mesmo, quixeron adicar ese acto “ás 4 mulleres vítimas de violencia de xénero deste ano, así como a tantas outra que en anos anteriores que perderon a súa vida como consecuencia dos malos tratos das súas parellas e ex parellas”. Por último, tamén recoñeceron “o coraxe e a valentía de tantas mulleres que, día a día, logran superar o medo e as barreiras”.


XINZO E COMARCA

BARRIOS Decembro de 2013

11

Cuarta sentenza contra as contratacións de persoal en Xinzo de Limia

4 O alcalde ordena o precinto do ordenador do secretario, que presenta a súa renuncia. A oposición pide un pleno extraordinario para que o rexedor aclare a situación. P.L.

goberno local.

Xa van catro sentenzas que anulan contratacións de persoal no Concello de Xinzo, e como nas anteriores, dase traslado á vía penal para que investigue se o alcalde de Xinzo, o popular Antonio Pérez, cometeu un delito de prevaricación. A resolución xudicial indica que o contrato incumplía a normativa que impide aos concellos contratar novo persoal salvo para cubrir necesidades urxentes. Tamén apunta a unha posible desviación de poder e indicios de prevaricación por parte do alcalde, ao igual que xa o facían as sentenzas anteriores, que se referían a unha “conduta irregular e constante realizada con plena consciencia da súa ilicitude por manter en nómina a determinadas persoas con contratos temporais, pese aos reparos do secretario e do interventor”.

Renuncia do secretario E mentres a xustiza continúa a facer o seu traballo (aínda hai outros cinco procesos abertos e cinco contratacións máis que foron denunciadas), a noticia do precintado do ordenador do secretario por parte do alcalde primeiro e a renuncia do funcionario despois, sacudiu Xinzo. De feito, a oposición presentou unha solicitude de pleno extraordinario para que o alcalde explique os motivos que o levaron á ordenar o precintado da computadora do secretario. PSOE, BNG, Anova, AIDAL e APGA tamén queren que Antonio Pérez dea conta da súa situación xurídicoprocesal logo das sentenzas emitidas polos Xulgados do Contencioso-Administrativo de Ourense “a raíz das denuncias da Avogacía do Estado polas contratacións de persoal laboral temporal feitas ignorando os informes preceptivos de Secretaría e Intervención, sen os correspondentes procesos de selección e contravindo o Real Decreto 20/2011”. Este periódico tratou sen éxito de porse en contacto co alcalde para coñecer a súa opinión sobre as sentenzas xudiciais e a renuncia do secretario.

O Concello recurrirá Segundo informaron varios medios, o Concello de Xinzo recurrirá esta sentenza ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como fixera cos anteriores fallos xudiciais. Nos seus recursos, a avogada do Concello argumenta que o rexedor descoñecía que as contratacións de persoal fosen ilegais pois os informes do secretario e da interventora, que plantexaban reparos aos contratos, non foran notificados á xunta de

As sentenzas ven desviación de poder e indicios de prevaricación

O alcalde de Xinzo xunto á interventora e ao dimitido secretario, nun pleno recente./ARQUIVO.

4 O PSOE espera que a xustiza sexa “exemplar” Elvira Lama, portavoz do PSOE en Xinzo, considera unha situación “insólita” o que está a pasar en Xinzo, que non “estraña, porque estamos cansos de denunciar a política de persoal do Concello”. Para Lama as contratacións realizadas polo grupo de goberno limián “sáltanse todos os procedementos regulamentarios” e recorda que o alcalde, como xestor administrativo de profesión, “coñece perfectamente a lexislación”. “Tira cara a adiante e fai caso omiso á normativa e aos informes do secretario e interventora, non lle gustaron e tomou a decisión de ordenar o precinto da ferramenta de traballo”, explica a concelleira socialista, que recorda

que está aínda sen convocar (ao peche desta edición) o pleno extraordinario solicitado pola oposición para que o alcalde explique o precintado do ordenador do secretario. Subliña a política socialista que un dos informes do secretario municipal recollía que “de 117 persoal laboral, o 77% convertiuse en laboral indefinido a través da encadenación de contratos”, e pregúntase, “de quen é a culpa?, de quen deixa acumular estes contratos, pois o mesmo convenio dicía que había que ter unha lista de contratación temporal”. Lama espera “que as sentenzas teñan consecuencias para o alcalde, que a xustiza sexa exemplar”.

4 O BNG pide a Pérez que dimita Ao voceiro do BNG en Xinzo, Ramiro Rodríguez, parécelle “moi grave” os feitos que están a suceder no Concello “pero non nos sorprende coñecendo a traxectoria do alcalde e a súa forma de actuar personalista e prepotente”. Para o nacionalista, as sentenzas son “contundentes” e os feitos “tan claros e contrastados” que admiten “pouca interpretación”. Para o portavoz do Bloque é “un feito sen precedentes que o alcalde precinte o ordenador do secretario, nós pensamos que sen amparo legal e extralimitándose claramente nas súas competencias. Tampouco ten precedente que os dous secretarios (titular e adxunta) renuncien simultaneamente, o

que deixa ben ás claras a situación de presión á que estaban sendo sometidos. Todo isto, xunto co silenzo do Sr. Pérez, non fai máis que argumentar a gravidade de todo o tema e fainos pensar que o propio alcalde ve o previsíbel final de imputación por prevaricación e está a esgotar todos os medios para dilatar o inevitábel buscando algún cravo ardendo ao que agarrarse cando chegue ese momento”, afirma. “O lóxico sería que cando as sentenzas sexan firmes acabe cunha denuncia por prevaricación no Xulgado de Xinzo”, apunta Ramiro Rodríguez, quen reclama a “dimisión inmediata do sr. Pérez de todos os seus cargos, para non prexudicar ao Concello”


12

BARRIOS Decembro de 2013

XINZO E COMARCA

A Escola Rural de Saúde organiza un festival artístico 4 O 23 de decembro na Casa da Cultura de Xinzo. Redacción “Muller e saúde”, “Alcol e tabaco” e “Coidados de persoas dependentes con úlceras por presión” son os tres últimos obradoiros sobre promoción da saúde que se impartiron en Xinzo de Limia desde a Escola Galega de Saúde para Cidadáns do Sergas, sumando entre os tres máis de 200 asistentes. Para pór o broche final a este ano, a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia organizou un festival baixo o lema “A mellor terapia, a arte”. Nel darase cabida ás diferentes disciplinas artísticas “sinxelamente, porque é a mellor terapia que as persoas temos para continuar o noso camiño cando a moeda das dúas caras (saúde/enfermidade) fai aparición nas nosas vidas”, explican desde a asociación. O festival terá lugar o día 23 de decembro no Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo, a partir das 20:30 horas. Achegarán a súa colaboración diferentes agrupacións musicais e de baile da comarca, acabando coa banda de gaitas do Concello. O festival incluirá un sor-

Novo logo da Escola Rural de Saúde da Limia, elaborado polo artista Xoseladio.

Nova agrupación de Xuventudes Socialistas As Xuventudes Socialistas de Galicia veñen de constituir a Agrupación Municipal de Xinzo. Os membros desta nova agrupación confirmaron “o compromiso de velar polos intereses dos mozos e mozas deste municipio”. O secretario xeral, Aitor Bouza, indicou que “a Constitución dunha nova agrupación das Xuventudes Socialistas de Galicia é unha boa noticia xa que supón a extensión da defensa dos valores republicanos, feministas, galeguistas e laicos da nosa organización a novos ámbitos”.

A Comisión Executiva das XSG estará encabezada pola secretaria xeral, María Lydia Fiz, a secretaria de Organización e Acción Electoral, Beatriz Sobrado, a secretaria de Política Institucional, Carmen Boagerts e o secretario de Formación, Roberto Fiz./XSG.

teo de obras de arte cedidas de maneira altruísta por varios artistas. A intención é que calquera persoa poida resultar agraciada por un euro. Exposición fotográfica Durante os días previos e posteriores ao festival, na Casa da Cultura haberá unha exposición de fotografías do traballo que a Escola Rural de Saúde da Limia realizou durante este tres anos. Acompañarán estas fotos, ademais das obras de arte que serán sorteadas, debuxos de novos artistas que quixeron unirse a esta iniciativa, e moi especialmente, unha obra que realizaron os usuarios do centro de día, a de maior valor para a asociación.

Alcalde e concelleiros do PP de Xinzo xunto a Manuel Baltar, no magosto./PP.

Magosto do PP en Xinzo O recinto do Campo do Toural acolleu a finais de novembro o tradicional magosto que cada ano organiza o Partido Popular de Xinzo de Limia cos seus militantes e simpatizantes. Os populares, fieis a unha das festas tradicionais máis arraigadas na provincia, esperaban a participación de medio millar de persoas neste encontro festivo, no que houbo cea e as imprescindibles castañas. O magosto contou coa presenza e intervencións do presidente provincial, Manuel Baltar, e do alcalde, Antonio Pérez.


PUBLICIDADE

BARRIOS Decembro de 2013

13


14

BARRIOS Decembro de 2013

ALLARIZ E COMARCA

Maceda presenta o “III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades”

CxG culpa ao PP da situación do edificio ilegal de Maceda Redacción

O responsable de Compromiso x Galicia en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, cualificou a política do PP en materia urbanística como o “tu vai facendo que por nós non hai problema”, para referirse á situación na que se atopa o Concello de Maceda ante a sentenza do TSXG que obriga a derrubar un edificio construído en 1987 “de xeito absolutamente ilegal”. Xabier Oviedo, responsable local de CxG e alcalde de Maceda, explicou o problema deixando claro que “a responsabilidade do Grupo de Goberno é a que é, pero este problema vén dunha época na que nós non gobernábamos nin por asomo”. Segundo Oviedo, o PP de Maceda sempre permitiu actuacións á marxe da lei pero “logo si veñen os problemas e son os demais os que tragamos con eles”. O alcalde asegura que dende o primeiro momento no que asumiu a alcaldía non tivo intención de tirar ningunha vivenda, senón que, pola contra tratou de legalizar todas as edificacións construídas en anteriores gobernos para evitar males maiores. Intentos de mediación Segundo indica Oviedo, o Goberno municipal intentou mediar no asunto e resolver o problema pero a negativa do afectado a ceder ante as peticións do denunciante fai que o problema estea enquistado. O político galeguista asegura que sempre estivo disposto a solucionar o problema e tratou de exercer entre as partes para evitar esta situación, chegando incluso a retrasar case dous anos a execución da sentenza “para lograr unha solución definitiva menos traumática”. Por todo isto, Oviedo non entende como os afectados agora se manifestan contra o Concello “cando non son culpables en absoluto e como o PP se une ás manifestacións cando son culpables desta situación”.

4 Para os próximos catro anos. Redacción

Patricia Blanco e Ánxeles Fernández, monitora e presidenta da Asociación Puzzle de Allariz, respectivamente./P.LODEIRO.

A Asociación Puzzle de Allariz centra os seus esforzos en actividades lúdicas 4 Puzzle é unha asociación que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade da vila alaricana. Paula Lodeiro A Asociación Puzzle constitúese como tal en Allariz en decembro de 2007 coa finalidade de mellorar a calidade de vida e integrar social e laboralmente as persoas con discapacidade intelectual da vila. “Xurdiu porque había unha necesidade, había rapaces que estaban un pouco tirados pola rúa, na casa, sobre todo cando remataban os estudos”, explica Ánxeles Fernández, a presidenta desta asociación e nai dunha rapaza con síndrome de Down. “A idea era darlles algunha formación para ver se atopaban algún emprego e os que non o conseguían polo menos estaban ocupados facendo actividades, queríamos que se relacionaran con xente e que saíran un pouco de estar sempre con maiores”, engade. En anos anteriores, a asociación organizou obradoiros de apoio á integración laboral. “A través da ONCE fixeron obradoiros de informática; un curso de operarios medioambientais de nove meses, despois preparáronse algúns para estar nos outlets como dependentes…”, relata a presidenta

de Puzzle. Na actualidade centran os seus esforzos en actividades máis lúdicas. “Pero inténtase ao mesmo tempo que sexan de estimulación cognitiva”. Quen fala é Patricia Blanco, a monitora da asociación, que acompaña aos seus usuarios á piscina –dous días á semana-, a un taller de radio -unha vez ao mes-, e dirixe actividades como a elaboración de manualidades que logo venden en feiras. En época de bo tempo saen facer algunha camiñata, e noutros momentos de maior bonanza económica tamén realizaban excursións. A falta de apoios económicos é unha das principais queixas da asociación, que agradece a axuda que lles presta o Concello de Allariz, quen lles cede un local (na rúa Fonteiriña) e corre cos seus gastos. Tamén teñen subvencións da Deputación Provincial, pero carecen do apoio vía fundacións ou entidades bancarias doutros tempos, que lles permitiría volver iniciar actividades de formación laboral. A asociación completa os seus ingresos recollendo

cartón para a súa posterior reciclaxe. Caen os usuarios A outra eiva que ven é o baixo número de rapaces usuarios que teñen neste momento. Algúns deles atoparon traballo e non o poden compaxinar coas actividades de Puzzle (fanse en horario de mañá) pero saben de moitos que están metidos en casa sen facer nada. Por iso tanto Patricia como Ánxeles queren animar ás familias alaricanas a que eses rapaces volvan á asociación. “Non se lles cobra nada polas actividades, só facerse socio (uns 20 euros ao ano)”, recorda a presidenta da colectivo, que resalta a importancia de que estas persoas saian de casa, se relacionen con iguais e co resto da sociedade, e aprendan a facer tarefas cotiás como unha compra ou quedar a tomar un café, cumprindo así un dos obxectivos primordiais de Puzzle: favorecer o desenvolvemento da autonomía persoal e social e a adquisición de habilidades sociais.

É importante que as persoas con discapacidade intelectual saian de casa, se relacionen e aprendan a facer tarefas cotiás

O Concello de Maceda presentou o “III Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal entre mulleres e homes”, traballo realizado desde o Centro de Información ás Mulleres de Maceda, contando coa colaboración de dúas profesionais externas expertas en materia de igualdade. Este terceiro Plan de Igualdade, posible grazas ao financiamento do Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Igualdade, terá unha vixencia de catro anos, 2013-2017, e busca dar continuidade ao anterior PIOM, respondendo ás necesidades da poboación de Maceda en materia de igualdade de oportunidades nos distintos ámbitos da vida e contando

cun apartado específico sobre violencia de xénero. Propostas de actuación A finalidade deste Plan de Igualdade Municipal é establecer unha serie de medidas de actuación para fomentar e promover a igualdade entre mulleres e homes. O documento recolle as inquedanzas da poboación local, planificando actuacións transversais en materia de igualdade, estendéndose a todos os ámbitos sociais, acordes coa realidade do municipio, e implicando a todos os axentes da comunidade de Maceda, conseguindo que teña un enfoque participativo global, contando coa colaboración do tecido asociativo local, da comunidade educativa, do centro de saúde, de corpos e forzas de seguridade, e de persoal político e técnico municipal.

Os socialistas macedáns critican a xestión da recollida do lixo 4 Cren que o alcalde despilfarrou a “herdanza socialista” neste servizo. Redacción A concelleira socialista de Maceda, Ana María Rodríguez Blanco amosa o rexeitamento á actuación da Xunta en materia de tratamento do lixo e critícalle ao alcalde “o despilfarro da herdanza recibida da concellería de Medio Ambiente xestionada polos socialistas, con camión do concello dende febreiro de 2009”. Recorda a socialista que no pleno de novembro do ano pasado se aprobara unha moción sobre este servizo (para baixar o reci-

bo do lixo), e que no vindeiro pleno volverá presentar outra “ para que non se incremente o custo do recibo do lixo á veciñanza”. Argumenta Rodríguez Blanco que froito da regularización de vivendas, vai haber un incremento no 2013 de altas e polo tanto de recadación. “Mentras a débeda do concello segue a medrar, non podemos deixar de denunciar que o servizo de recollida de lixo tivo nos últimos cincos anos recadación moi por riba dos custos -declara a edil- non podemos aumentar estas taxas nestes momentos de crise”.


ALLARIZ E COMARCA

O público do Festival de Xardíns de Allariz premia a “Pensasoños”

4 Na edición de 2013 pasaron polo festival alaricano máis de 40.000 visitantes, superando os 31.000 euros en entradas. P. Lodeiro O alcalde de Allariz, Francisco García, fixo balance da edición 2013 do Festival Internacional de Xardíns, na que a proposta máis votada polo público foi a de “Pensasoños” do equipo alicantino Paivert. Un balance a todas luces “positivo” ao cumplírense os obxectivos marcados polo Concello na creación do festival hai xa catro anos. Referíuse o rexedor alaricano a obxectivos como o de convertir o festival nun “lugar de encontro e atracción para veciños e visitantes”, “manter un equilibrio económico” do certame, a súa “repercusión mediática” ou “facer do festival un escenario para o mundo empresarial da xardinería e do paisaxismo”. Neste sentido, o festival recadou máis de 31.000 euros por entradas vendidas, sendo agosto o mes con maior número de visitas. En total, máis de 40.000 persoas pasaron polo recinto do FIXA entre maio e primeiros de novembro. Tras “Pensasoños”, cun 25% dos votos, os xardíns máis votados foron “A árbore que chora”, “Laberinto”, “Cidade verde” e “Xardín das Pías”. Este último, xunto con “Pensasoños” permanecerá na próxima edición, convertíndose nun espazo para actividades escolares.

Recadáronse maís de 31.000 euros en entradas vendidas

Concelleiro de Medio Ambiente, alcalde e técnico do Concello de Allariz observan a maqueta dunha das 47 propostas que optan a participar na edición de 2014 do festival de xardíns./P.LODEIRO.

4 Unha abundancia de cor e de flor en 2014 O Concello de Allariz prepara xa a edición de 2014 do festival, a quinta. Vén de pecharse o prazo de recepción de propostas, recibíndose un total de 47, todas elas relacionadas co lema escollido de “Xardín da Abundancia”. Son propostas moi diferentes que chegan dende distintos puntos do mapa galego e estatal, como Gran Canaria, País Vasco, Cataluña, Madrid ou Andalucía, así como doutros países europeos, como Austria, Holanda, Italia, Portugal, Francia, Polonia ou República Checa e incluso dos Estados Unidos. Do xurado, presidido polos paisaxista luso Fran-

cisco Caldeira Cabral, forma parte tamén a arquitecta portuguesa Elsa Severino, un membro da Asociación de Paisaxistas españois, técnicos municipais de Allariz, o alcalde e o concelleiro de Medio Ambiente da vila. Todos eles seleccionarán os dez xardíns que formarán parte da próxima edición. Valorarán aspectos como a súa orixinalidade, calidade, boas prácticas de xardinería, uso de materiais, a propia capacidade de execución ou funcionalidade. “Ademais de beleza, hai criterios construtivos, propostas creativas... que rompen o esquema clásico de que un xardín é só céspede e flores”, apuntaba o

rexedor alaricano, quen adiantaba que na próxima edición verase “unha abundancia de cor e de flor” no recinto do xardín. Os dez seleccionados coñeceranse o próximo 17 de decembro. Allariz, presente no festival de Ponte de Lima Por outra banda, Allariz estará presente como concello invitado no festival de xardíns de Ponte de Lima do vindeiro ano, que chega á súa décima edición. Técnicos da vila presentarán un xardín inspirado na festa do boi no certame da cidade portuguesa.

BARRIOS Decembro de 2013

15

I Certame de cartas de amor para maiores 4 As cartas deberán ser entregadas antes do 15 de xaneiro. Redacción A área de maiores da concellería de Benestar Social de Allariz organiza o I Certame de Cartas de Amor para Maiores. Un certame que pretende tratar o sentimento do amor dende unha visión xeral, “non só cara á parella ou cara un mesmo, senón cara á xente que nos rodea ou cara a algún lugar especial” segundo explicaba a técnica Nieves Rodríguez. A chegada das novas tecnoloxías fixo diminuír a comunicación por carta e con esta iniciativa “queremos dar unha merecida homenaxe a aqueles tempos nos que só se dispuña de papel, tinta e as nosas ideas para crear liñas que

contivesen os nosos pensamentos e sentimentos”. O certame está dirixido a todos os pensionistas ou persoas maiores de 65 anos que o desexen. Deberán escribir as súas cartas e metelas nun sobre xunto cos seus datos persoais e un seudónimo ou apodo co que se identificarán; e entregalas no Fogar dos Maiores antes do 15 de xaneiro. As cartas estarán dispoñibles no Facebook do Concello de Allariz, no Fogar dos Maiores e na Biblioteca Municipal para a súa lectura. As persoas que o desexen poderán votar pola súa carta favorita. As tres mellores cartas obterán un premio que se entregará o 14 de febreiro, Día dos Namorados.

Nadal con Arte 2013 4 Do 21 ao 24 de decembro na Praza de Abastos. Redacción A asociación de artesáns de Allariz, coa colaboración do Concello, organiza a segunda edición de Nadal con Arte, unha feira que reúne a creadores locais que ofrecerán ao público unha mostra do seu traballo actual. Nesta feira, que se desenvolverá na Praza de Abastos de Allariz do 21 ao 24 de decembro, participan un total de 11 artesáns. Estarán represen-

tadas especialidades como a xoiaría, a encadernación, a cerámica, o coiro, o téxtil, a escultura en pedra, a pintura ou o gravado. A feira compleméntase con outras actividades, como un espazo infantil a cargo de Colibrí Animación os días 21 e 22 de 17 a 20 horas; e un obradoiro de tarxetas navideñas o día 23 ás 17 horas. A mostra estará aberta o día 21 de 17 a 21 horas; os días 22 e 23, de 11 a 14:30 e de 16:30 a 21 horas e o día 24 de 11 a 15 horas.


16

BARRIOS Decembro de 2013

ALLARIZ E COMARCA

Allariz apaga as luces Os comerciantes de Allariz Concello non encenderá a recompensarán a fidelidade dos clientes Ometade dos focos nos pobos e 4 Coa campaña “Voltar ten premio” sortearán vales de compra nos seus establecementos Redacción A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz premiará a fidelidade dos seus clientes durante a campaña de Nadal. Coa iniciativa “Voltar ten premio” os hostaleiros da vila entregarán aos seus clientes unha papeleta cun selo por cada consumición que tomen. Pola consumición de catro produtos no mesmo establecemento o cliente recibirá unha totalmente gratis. Ademais participarán no sorteo de cinco premios de 20 euros se completan as casiñas de cinco establecementos da lista e se completan 10 entrarán no sorteo de 10 euros para gastar nos establecementos asociados.

A asociación porá en marcha, en colaboración co Concello, unha campaña para incentivar o consumo. Ata o 15 de xaneiro os participantes deberán introducir nun sobre todos os xustificantes de compra que se desexe, cun mínimo de cinco establecementos diferentes. O día 17 de xaneiro realizarase o sorteo público en Radio Allariz no que se sacarán cinco sobres premiados, aos que se lles devolverá o importe dos tíckets ata un máximo de 250 euros que se gastarán nos establecementos asociados a partir do 18 de xaneiro.

Sortearán a devolución do importe das compras realizadas no Nadal

Representantes da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz presentando a campaña de Nadal./CdA.

en varias rúas para aforrar.

Redacción As continuas subas do prezo da luz, ata alcanzar un gasto anual de 500.000 euros no Concello de Allariz, levaron ao alcalde Francisco García a tomar a decisión de apagar o 50% das luces do municipio. A medida, que xa se está a levar a cabo na vila, na rúa Emilia Pardo Bazán ou na estrada de Xunqueira, continuará tamén co apagado do 50% dos focos nos pobos alaricanos. Esta medida forma parte dun plan de axuste do gasto enerxético municipal desenvolvido nos últimos meses nos 92 núcleos de poboación. Nos últimos anos aplicáronse múltiples iniciativas para tratar

de reducir o consumo de enerxía eléctrica, coa instalación dun sistema de dobre nivel en todo o municipio que a partir de medianoite reduce o 50% do consumo, o apagado da iluminación en monumentos, o control informático dalgúns cadros de maior consumo ou a supresión do alumeado en festas. O apagado de parte da luminaria municipal permitirá un aforro de 250.000 euros que serán destinados a outras funcións sociais, deportivas ou culturais que o Concello atende para manter a calidade de vida da veciñanza.

Este apagado parcial permitirá aforrar 250.000 euros


CELANOVA E COMARCA

O comercio de Celanova abrirá todos os sábados de Nadal

BARRIOS Decembro de 2013

A Bola impulsa un plan de revitalización socioeconómica

4 Tamén o fará o domingo 5 de xaneiro.

4 Crea unha beca anual de 5.000 euros para premiar o mellor proxecto de emprendemento sostible e rendible no ámbito local.

Redacción

Redacción

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais Vila de Celanova promove unha campaña de apertura do comercio local durante o Nadal. Co obxectivo de favorecer as compras navideñas, os establecementos de Celanova abrirán todos os sábados pola tarde entre o 14 de decembro e o 4 de xaneiro. Amais, o domingo 5 de xaneiro, véspera de Reis, tamén estarán abertos ao público.

O Concello da Bola porá en marcha un Plan de Revitalización municipal para impulsar a actividade socioeconómica do concello a base de estimular iniciativas emprendedoras respectuosas co medio natural, sostibles e rendibles. Para iso, utilizará como principal ferramenta un estudo encargado polo propio Concello, encabezado polo eslogan “Eu vivo na Bola. Temos futuro”, no que se establece un diagnóstico da situación actual, recursos existentes no contorno e oportunidades de futuro. O documento contén exemplos

Concurso de decoración e sorteo de vales de compra Por outra banda, a asociación convocou un concurso de decoración para os seus asociados con tres

Decoración navideña en Celanova./M.REJO. premios de 200, 150 e 100 euros. Para os clientes do comercio local, realizarán un sorteo de vales de compra por un valor total de 1.500 euros que se poderán canxear os días 4 e 5 de enero nos establecementos asociados.

Presentación do Plan de Revitalización da Bola pola súa alcaldesa, Teresa Barge. prácticos e fai mención a experiencias útiles xa testadas noutras partes. “O noso futuro pasa polo asociacionismo, a producción competitiva e a capaci-

dade de transformación dos productos como fórmulas principais que aportan plusvalías e incrementan a rendibilidade da actividade”, expuxo a alcadesa da Bola,

17

Teresa Barge. Asimesmo mencionou como exemplo o potencial dos recursos forestais, os micolóxicos ou as castañas, ademáis dos cultivos tradicionais da horta local, así como a potenciación do patrimonio cultural e o impulso do turismo verde. Beca Como proba da confianza nas posibilidades da iniciativa e para a sua reafirmación, Teresa Barge anunciou a creación dunha beca anual dotada con 5.000 euros, que premie o mellor proxecto ou iniciativa aplicable á economía local respectando o medio natural. Paralelamente, o concello creará unha oficina virtual e outra presencial, para asesorar aos emprendedores. Igualmente están previstos convenios con institucións públicas e privadas na procura de respaldo formativo para as iniciativas ou de investigación na posible transformación de productos, tarefa que se tentará levar a cabo a través da universidade.


18

BARRIOS Decembro de 2013

CELANOVA E COMARCA

ENTREVISTA A LEOPOLDO RODRÍGUEZ - VOCEIRO DO BNG DE CELANOVA

“O auditorio é o Gaiás de Celanova e a estación de autobuses, o aeroporto de Castellón”

4 O voceiro do BNG en Celanova, Leopoldo Rodríguez, analízanos a situación actual da vila, as súas infraestruturas e as relacións entre oposición e goberno municipal. Silvia Nieto Presentouse como candidato á alcaldía de Celanova polo BNG nas eleccións municipais de 2011 e dende entón é concelleiro e deputado provincial; Leopoldo Rodríguez fainos repaso desta etapa e móstrase crítico coa situación da súa vila. Carencias en saneamento, astronómicas inversións en infraestruturas que non se utilizan e falta de diálogo son, para el, asignaturas pendentes do goberno municipal. Como decidiches dar o salto á vida política? Leopoldo Rodríguez: “Pedíronmo algúns dos compañeiros do Bloque e decidín aceptar para colaborar coa miña vila. Os anteriores deixaron un gran traballo feito e iso axuda. Agora o equipo que estamos no BNG de Celanova procuramos tamén deixar unha boa alternativa aos seguintes, porque temos claro que isto é só unha etapa, unha cadea”. Viviches a saída de

Mouriño como alcalde e a entrada de Ferro, houbo un antes e un despois? L.R.: “Ferro comezou moi ben, moi dialogante cos voceiros dos demais grupos políticos, pero pouco a pouco vimos que só se trata dun discípulo de Mouriño. Houbo un cambio total, pero polo feito de que Montse pasase ao grupo de non adscritos e o PP perdese a maioría. O único que lle pedimos a Ferro nos plenos é que goberne, é o seu deber. Pero gobernar é facer cousas positivas por Celanova, para sacar adiante unha vila que está en recesión e chegar a acordos puntuais coa oposición, porque niso consiste a democracia. A día de hoxe o BNG chegou a acordos con el en cuestións como a remodelación do tellado da praza de Abastos e o parque infantil; denunciamos as avarías que deixou a empresa encargada da construción da autovía e reclamamos un acceso a Mourillóns a través dunha rotonda. Ademais, unha

“A política é un servizo de cara ao cidadán. É unha carreira de relevos e non hai praza fixa”

Leopoldo Rodríguez, voceiro do BNG de Celanova./S.N.

asignatura pendente que ten o Concello é a mellora da rede de saneamento de auga, non podemos consentir que pobos que lindan con Celanova -Penalta, Mandrás, O Rial...- non teñan rede de abastecemento e levan máis de 10 anos pedíndoa”. Valora as seguintes infraestruturas. - Auditorio Municipal. L.R.: “Sarcasticamente téñolle chamado o Gaiás (facendo un simil coa Cidade da Cultura de Santiago) de Celanova, porque é un centro que supuxo unha gran inversión e non está a ter un rendemento acorde. Véselle deficiencias que o mesmo Ferro recoñeceu, de feito quitoulle a concesión á empresa que o estaba traballando. Vexo que está infrautilizado e, ademais, denota certo abandono. Dentro mórrese co frío e fóra o tellado está completamente deteriorado e dá unha imaxe penosa”. - Construción dun parador no Mosteiro. L.R.: “Iso é a cousa máis ilusoria e menos realizable. Cando todos os paradores están nunha situación de crise, funcionando a tempo parcial, cando todo ese turismo non ten saída non se pode pensar en investir tantos millóns niso. Ademais, o parador non pode ser o motor económico de Celanova, estas infraestruturas sitúanse en lugares onde ese motor xa está acendido e onde hai demanda, e iso acá non acontece”. - Estación de autobuses. L.R.: “Que haxa unha estación de autobuses dende fai 12 anos e nunca funcionou é para sonroxarse, sobre todo porque aí investiuse diñeiro europeo e, tarde ou cedo, haberá que dar conta del. Se o auditorio é o Gaiás, a estación é o aeroporto de Castellón (inaugurado en marzo de 2011, pero que carece de actividade). Ademais, leva estes anos deteriorándose e non sei se estará en condicións para funcionar agora mesmo”. - Parque empresarial. L.R.: “Hai que amplialo para meter empresas, non

Leopoldo, durante o último pleno municipal./P.LODEIRO

“Coa denuncia contra o Concello comprobamos que a prioridade de Ferro é o seu peto e o dos seus amigos” para almacéns, que é o que ten, e estes non crean postos de traballo. Pero unha empresa potente precisa todo este polígono para instalarse. Se realmente pretenden que sexa o motor empresarial de Celanova hai que poñer moito terreo a disposición e ser bo negociador para que veñan empresas”. - Autovía Ourense-Celanova. L.R.: “A autovía pode ser un medio de comunicación que achegue moito Ourense a Celanova, non Celanova a Ourense. E para iso Celanova debe ofertar calidade de vida e vivenda máis barata, para que a xente veña vivir acá”. Dende a oposición aprobastes a conxelación das taxas municipais. L.R.: “Cremos que as taxas en Celanova están no seu nivel máis alto, e que non se pode estar forzando máis ás familias. Se os cidadáns teñen que apretar o cinto, porque se lle baixe durante un ano o IPC a unha gran empresa (Aquagest) á espera de que a situación mellore non vai ir á ruína. Ademais,

o ano pasado houbo un equilibrio presupostario onde se lle subiu o 6,7% do recibo da auga, e ten moi ben amarrados os seus beneficios, porque sempre se paga un mínimo por contrato. Non é unha decisión populista, son medidas que todos os concellos están poñendo en marcha”. Dende o BNG propuxestes a redución do lixo nas festas de verán. L.R.: “Neste senso quixera destacar que hai unha especie de limitación que nos está poñendo o Concello ao BNG, porque o que presentamos como moción no ámbito local transfórmanolo en rogo, co cal non se poden tomar decisións. Na nosa proposta para a redución de lixo nas festas incluíase o emprego dos vasos reutilizables e queriamos comentalo co goberno municipal, pero Ferro asegurou que se reuniría cos comerciantes sen problema, pero dos do BNG non quixo saber nada. O que mostra a súa falta de talante. A idea era que partise do Concello, que se repartiran os vasos reutiliza-

bles cobrando unha pequena cantidade, e quen quixera despois da festa podía devolvelo e recuperar os cartos, ou levalo de recordo. Aos hosteleiros parecéulles moi boa idea, porque incluso podía fomentar o uso dos vasos abaratando as copas, porque gastan moitísimo nos vasos e a súa recollida. Pero Ferro do que nós propomos non quere saber, igual que facía Mouriño”. Como se atopa a denuncia do alcalde contra o Concello? L.R.: “O proceso está en marcha. Pero hai que ter moi en conta que tamén foron demandados dous membros do PP (Maximino Rodríguez e Manuel Recarey). Algo insólito. Ao final, que Montse decidise ser non adscrita destapou a cara de moitos dos políticos de acá, que antes defendían que eles viñan para traballar polos veciños. Ese era o discurso de Ferro, pero xa vimos que a súa prioridade é o seu peto e o dos seus amigos. A política é un servizo de cara á cidadanía e non se pode actuar pensando que un é dono do Concello e que o podes xestionar como se fose a túa empresa privada. Cando hai unha situación de precariedade non se poden manter eses soldos e adicacións, sobre todo sendo superfluas -como a de Obras- ou que ocupe unha delas unha persoa que fai o paripé e marcha ao seu traballo na súa empresa. Non o fixemos a mala fe como se di. Tivemos que facelo nun pleno extraordinario en agosto porque a primeira decisión aprobada en pleno non a respetaron e seguiron cobrando”. Envíalle unha mensaxe aos veciños de Celanova. L.R.: “Dende o BNG estamos á disposición dos veciños para todo o que poidamos reclamar ante o goberno local e a Xunta. Ese é o noso obxectivo, facer oposición sempre tratando de construir e beneficiar a todos os cidadáns”. [Entrevista completa en www.mundourense.com]


CELANOVA E COMARCA

A oposición conxela a suba de impostos municipais en Celanova

4 O grupo de goberno do PP aproba en pleno unha modificación de créditos para amortizar débeda bancaria. Paula Lodeiro Como vén sendo tónica habitual desde que o grupo de goberno do PP de Celanova quedou en minoría hai un ano, é a oposición a que marca que se aproba e que non se aproba nas sesións plenarias. Na última, do 26 de novembro, a oposición acordou a conxelación da suba de taxas municipais en 2014. O que si conseguiu o Goberno municipal foi sacar adiante a aprobación provisional dunha modificación de créditos, mediante a fórmula de suplemento de créditos, por importe de 378.788 euros procedente do superávit de 2012, que se destinará a amortizar débeda bancaria. Posibilitouno a abstención do PSOE e da edil non adscrita, MontseMembros da oposición votan no último pleno en Celanova./P.LODEIRO. rrat Álvarez, mentres que o BNG votou en contra. InsisNo caso da modificación conxunta e de urxencia para reclamábase que se moditía o nacionalista Leopoldo da ordenanza que regula a conxelar a suba de taxas fique a ordenanza por uso Álvarez en que o Concello taxa pola prestación do ser- municipais en 2014. A única de instalacións deportivas debería destinar estes fonvizo de subministración de excepción é a taxa pola uti- municipais de forma que dos a “investimentos e unha auga, rede de sumidoiros e lización do dominio público queden exento do pago da política activa de emprego”, depuración, o grupo de go- ás empresas subministrado- taxa aqueles deportes que pero defendía o alcalde -raberno popular pretendía apli- ras de servizos de telefonía non estean subvencionados tificado logo polo intervencar a suba do IPC (un 1,5%) móbil. A oposición propón con diñeiro público e que tor- que o único destino pona taxa para o ano próximo, ao alcalde que presente unha “polo tanto, quedan fóra sible para eses cartos era o pois “a administración está ordenanza que grave a utili- das actividades e servizos de reducir o endebedamento obrigada a manter o equilización do dominio público prestados pola empresa neto do Concello. brio financieiro”, xustifica- polos caixeiros automáticos contratada polo Concello para xestionar a escola deO recibo do saneamento ba o seu voceiro, Máximo dos bancos situados no casportiva”. Losada. Reclamáballe a co urbano. O PP abstívose non actualizará o IPC E novamente cos votos oposición, por boca do nana votación. Neste toma e daca, a opoa favor da oposición e en cionalista Leopoldo ÁlvaTamén foi aprobada posición botou atrás o novo contra do PP, quedaron regulamento dos servizos rez, ao grupo de goberno los grupos da oposición a aprobadas as mocións de “un xesto á cidadanía, se lle moción do BNG para esixir públicos de saneamento e BNG e PSOE contra o codixeran á empresa que este á Xunta unha partida nos depuración e a modificación pago de medicamentos. ano non pode subir o IPC”, orzamentos de 2014 para da ordenanza correspondenA unanimidade en toda e así votaron en contra da atender o servizo de axuda te que pretendía subir o IPC a sesión plenaria só se suba da taxa. Losada replino fogar, nunha cifra similar (un 1,5%) nos recibos destes viu nas votacións das moservizos. O primeiro punto coulles que a súa votación á que se concedera en 2010. cións socialistas en contra prexudicará aos cidadáns Os populares non estaban era aparentemente unha simdo traslado das urxencias pois “o dereito da empresa de acordo con esta proposple trasposición da directiva de cirurxía pediátrica e en é inalienable e no ano 2015 ta sinalando que agora que europea, mais socialistas e contra da reforma da Lei a Deputación asume o cushaberá que pagarlle”. nacionalistas remarcaron arde demarcación e planta. to dos servizos sociais, que tigos do regulamento que ao Votaron a favor todos os non xestiona directamente Conxelación de todos os seu xuízo “gravan fortemengrupos. o Concello senón a Mancoimpostos te aos cidadáns”, sinalaba a munidade, Celanova recibe O pulso que manteñen voceira do PSOE María JeA oposición sús Boo, e “eximen de toda oposición e goberno desde máis fondos. “Antes coa propón ao alcalde responsabilidade á empresa que os populares están en Xunta 25.000 euros, agora coa Deputación máis de minoría foi máis alá, e de que cree unha concesionaria”, apuntaba o nacionalista Gonzalo Carlos novo os sete votos que su- 39.000”, dixo Losada. taxa que grave Noutra moción socialista López. Por iso, votaron en man o Bloque, PSOE e a os caixeiros edil non adscrita posibilitou de urxencia, e que tamén foi contra. a aprobación dunha moción respaldada pola oposición, automáticos

BARRIOS Decembro de 2013

19

EN BREVE

O xefe provincial de Tráfico e o subdelegado do Goberno na presentación da campaña de prevención de atropelos.

4 Campaña sobre os atropelos O Centro Social de Celanova acolleu unha charla destinada á prevención dos atropelos de persoas maiores, que foi impartida polo xefe provincial de Tráfico, David Llorente Rey. A conferencia, que levaba por nome “Maiores e atropelos”, tiña por obxectivo concienciar á poboación maior dos coidados que hai que ter para evitar os perigos das estradas ou mesmo da vía publica nos cascos urbanos. Ao remate da conferencia foron repartidos chelecos reflectantes aos asistentes.

4 O BNG alega contra a amortización de débeda O BNG presentarán alegacións á amortización de débeda aprobada neste pleno, punto no que votaron en contra. Para tal fin, iniciaron sendas campañas de recollida de sinaturas para que eses cartos (378.788 euros) sexan investidos no arranxo do parque infantil de Celanova ou na mellora do saneamento ou abastecemento dos núcleos rurais do municipio. “Unha administración pública non é a casa dun nin unha empresa privada e é por iso que non ten que ter superávit, xa que o que se recada ten que repercutir de novo en servizos para a cidadanía” explican os nacionalistas nun comunicado.

Parque infantil en Celanova./P.L.

4 Concurso de fotografía O Bosque Máxico O 31 de decembro remata o prazo de presentación de traballos no 2º Concurso de fotografía dixital e debuxo O Bosque Máxico. A iniciativa, organizada pola asociación O Vieiro Leboreiro, premiará as mellores fotografías e debuxos que representen o territorio do Bosque Máxico, isto é, as comarcas de Terra de Celanova e Baixa Limia. As fotografías e debuxos poden adscribirse a unha das 40 temáticas posibles, cuxos premios serán concedidos por outros tantos patrocinadores. Haberá un premio especial para o debuxo gañador que se convertirá no cartel do concurso do vindeiro ano. O veredicto do xurado darase a coñecer o 6 de xaneiro na web www. obosquemaxico.com. As fotografías e debuxos premiados exporanse en Celanova e no resto dos concellos do Bosque Máxico.


20

BARRIOS Decembro de 2013

CELANOVA E COMARCA

Novas actividades na aula CeMIT de Celanova 4Durante decembro acollerá iniciativas para todas as idades. Redacción Durante este mes de decembro a aula de informática de Celanova oferta unha ampla variedade de actividades para todas as idades. Unha das opcións que presenta é a posibilidade de participar mediante videoconferencia en diversos seminarios que terán lugar en Santiago de Compostela. Un deles tratará “A afectación da reforma da normativa europea de protección

de datos en contornos Windows”, e terá lugar o 11 de decembro. E outro abordará “Oracle Database 12c. Base de datos deseñada para a nube”, e realizarase o 17. Así mesmo, os máis cativos tamén gozarán das vantaxes das videoconferencias, xa que poderán pedirlle os seus agasallos de Nadal en directo a Papá Noel. O 16 de decembro será o turno dos alumnos do colexio Sagrado Corazón, e o 18 dos do Curros Enríquez.

Cursos formativos Así mesmo, a aula CeMIT continúa cos seus cursos formativos en novas tecnoloxías. Deste xeito, do 12 ao 19 de decembro (de 16 a 19 horas) acollerá o obradoiro “Crea e deseña as túas presentacións online con Prezi”, dirixido a toda a cidadanía en xeral. Actividades infantís Ademais da videoconferencia con Papá Noel, os nenos de Celanova tamén gozarán doutras actividades na súa aula Cemit. Os días 23 e 24 de decembro poden participar nun taller para crear a súa propia postal dixital. Do 23 de decembro ao 3 de xeneiro terá lugar un curso de mecanografía para cativos. E do 26 de decembro ao 3 de xaneiro, o taller “Xogando na rede”.

A deputada Laura Seara e a concelleira María Jesús Boo, na capela de San Miguel de Celanova./PSOE.

O PSOE leva ao Congreso a protección da capela de San Miguel de Celanova 4 A Proposición non de Lei pide que Europa protexa a arte mozárabe de toda España. Redacción A deputada socialista ourensá Laura Seara é a coautora dunha Proposición non de Lei para que Europa protexa a arte mozárabe en todo o territorio español, en particular a capela de San Miguel de Celanova, incluindoo na Lista de Patrimonio Europeo. Seara destacou que “hai que sinalar que a arte mozárabe constitue unha das manifestacións singulares da península e a súa inclusión dentro do catálogo patrimonial europeo contribuiría a unha maior difusión, protección e promoción desta singular arquitectura”. Así mesmo, destacou que a capela mozárabe de San Miguel de

Celanova é única en España. “unha xoia semiescondida, conservada magníficamente e que resulta ser o único monumento altomedieval español que non sufriu modificación algunha, dende o século X”. Os socialistas piden iniciar “os trámites necesarios encamiñados a acadar a inclusión da arte mozárabe dentro da Lista de Patrimonio Europeo ao tempo que a iniciar conversacións cas CCAA onde hai presenza de arquitectura mozárabe, para poder presentar unha oferta conxunta ao Consello de Patrimonio. Moción en Celanova María Jesús Boo, voceira socialista en Celanova, destacou a boa acollida que

no pobo de Celanova tivo esta iniciativa ao tempo que anunciou a presentación dunha moción no concello solicitando o apoio a esta inclusión na Lista de Patrimonio Europeo. Para Boo, acadar esta declaración suporía un importante recoñecemento á singularidade do patrimonio celanovés e unha posta en valor, recoñecemento e difusión internacional da capela de San Miguel como símbolo da cultura de mestizaxe.

Unha moción solicitando o apoio da corporación de Celanova a esta protección


PROVINCIA

Obradoiros de emprego en Celanova e a Limia forman 40 desempregados 4 A Consellería de Traballo achegou para a súa realización 355.000 euros. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, vén de visitar os dous obradoiros de emprego que se están a levar a cabo nas comarcas de Celanova e A Limia. Na súa visita á vila de San Rosendo Martínez comprobou de primeira man como, ademais da localidade, benefícianse desta iniciativa os concellos de Bande e Verea. Traballo e Benestar destina a este obradoiro 177.668 euros, no cal 20 desempregados participan como alumnos, e 7 están a traballar como persoal docente e directivo.

En concreto, formaranse 5 alumnos en animación socio cultural; 5 en deseño e mantemento de páxinas web; outros 5 no módulo de desenvolvemento turístico e dinamización de servizos; e os outros 5 prepararanse en información e atención cidadá. Martínez destacou que este obradoiro é pioneiro en Galicia porque “é o primeiro que se centra totalmente nunha proposta de formación no ámbito do turismo cultural”. De feito, os alumnos centrarán as súas prácticas no deseño dun plan de promoción turístico-cultural dos concellos que participan neste programa e na formación dun equipo multidisci-

plinar para a dinamización turístico-cultural da zona, tomando como nexo o camiño de San Rosendo. Alta Limia De seguido, o delegado territorial da Xunta en Ourense trasladouse ata Sarreaus, onde comprobou o desenvolvemento do obradoiro de emprego posto en marcha o pasado mes de outubro e no que participan 20 desempregados da comarca como alumnos de xardinería e actuación forestal, procedentes dos concellos de Sarreaus, Trasmiras e Sandiás. Neste programa mixto de formación e emprego o departamento que dirixe Beatriz Mato inviste preto de

178.000 euros. Durante os seis meses que durará esta iniciativa, os alumnos rehabilitarán no concello de Sandiás as contornas da Casa do Concello, do albergue, do colexio e de San Estevo, ademais de actuar nas áreas recreativas do centro social e da Casa da Cultura e na dos lugares do Souto e Piñeira. As actuacións que se van desenvolver en Trasmiras estarán dirixidas á restauración e mellora da Praza do Concello, do parque Poula da San-

BARRIOS Decembro de 2013

ta e dos parques públicos de Escornabois, Rabal, Vilaseca, Abavides e Chamusiños; tamén restaurarase o monte O Común e procederase á limpeza e acondicionamento dos camiños de Vilar de Rei-Castelo, Ribeira e Trasmiras-Vilar de Lebres. Por último, no concello de Sarreaus os alumnos do obradoiro acondicionarán o monte do Toural e os xardíns da praza do concello, restaurarán a finca da igrexa Rodas e limparán e acondicionarán o camiño Couso-

21

Freixo-Couso. Un total de 234 persoas desempregadas como alumnos e 67 persoas como persoal docente, administrativo e directivo de 37 concellos participan nos programas mixtos de formación e emprego da provincia ourensá.

O programa de Celanova ofrece formación en turismo e o da Limia en xadinería

Rogelio Martínez estivo acompañado na súa visita ao obradoiro de Celanova polo alcalde da localidade, José Luis Ferro, entre outras autoridades.


22

BARRIOS Decembro de 2013

EN BREVE

4 Premio ao Inorde O ferrocarril ourensán foi protagonista das xornadas que organizou en Madrid a sección española da Asociación Europea do Ferrocarril durante a ponte de decembro. Nelas, o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, divulgou o Proxecto Estacións Vivas, iniciativa que procura a transformación de antigos edificios (as estacións dos Peares, Santa Cruz de Arrabaldo, Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Campobecerros e Vilavella) en potenciais motores da dinamización turística e cultural das súas comarcas. O Inorde recibiu nesta xuntanza o primeiro Premio Stephenson, un galardón que recoñece “as accións realizadas a favor do ferrocarril pola rehabilitación do patrimonio histórico-cultural-paisaxístico da liña Zamora-A Coruña no tramo Puebla de Sanabria-Ourense-Santiago”.

PROVINCIA

O PP elixe os seus presidentes Nove centros educativos estrean en Vilardevós e A Bola 4 Manuel Cardoso e José Antonio Dapía dirixirán o partido nestes dous municipios. Redacción Manuel Cardoso Pérez e José Antonio Dapía Afonso dirixirán o Partido Popular de Vilardevós e da Bola, respectivamente, nos próximos anos. Ambos foron elixidos en sendos congresos locais celebrados a finais de novembro. Manuel Cardoso continuará como responsable local do PP en Vilardevós, co respaldo unánime dos compromisarios que participaron neste proceso electoral interno. No seu discurso, Cardoso, tamén alcalde deste municipio, sinalou que “levamos dous anos e que-

dan outros dous, dous anos no que o traballo debe ser diario, constante e eficaz. Dous anos nos que temos que demostrar que as nosas promesas electorais seguen a ser os nosos compromisos co pobo de Vilardevós, que debemos traballar de modo incansable para que os nosos veciños e veciñas confíen en nós, tanto como políticos e como persoas, porque eles dan a confianza pero tamén a retiran”. Na oposición na Bola Pola súa banda, o reelexido presidente local do PP na Bola, José Antonio Dapía, deu as grazas polo apoio ao seu proxecto político, sinalando que “seguirei

traballando, con honestidade e integridade, a prol dos intereses dos veciños e dende o Partido Popular ao que represento”. Entre os proxectos inmediatos, Dapía Afonso apuntou á importancia da mellora dos servizos e infraestruturas do municipio. “É necesario mellorar os camiños e pistas que levan 12 anos esquecidos pola actual gobernante, así como acondicionar os locais sociais, eliminar os vertedoiros ilegais nun espazo Reserva da Biosfera, acometer melloras no alcantarillado, abastecemento e potabilización en tódolos núcleos, canalizar nos regadíos...”, concretou.

4 Os concellos pagan aos seus provedores Provedores de 30 entidades locais galegas, entre elas Allariz, Os Blancos, A Bola, Xinzo de Limia, Gomesende, Quintela de Leirado e Rairiz de Veiga, cobran estes días as súas facturas pendentes, dentro da terceira fase do Plan de Pago a Provedores posto en marcha polo Goberno central, que desde o seu inicio ten permitido satisfacer 120.256 facturas pendentes por un importe global superior aos 220 millóns de euros. En concreto,o plan permitirá pagar ao concello de Allariz 1.944 facturas por importe de 1,4 millóns de euros; ao de Xinzo, 422 facturas que suman 1.091.966 euros; e ao dos Blancos 182 facturas que contabilizan 235.488 euros. Pola súa banda, Rairiz da Veiga poderá pagar 24 facturas que ascenden a 64.120 euros; Gomesende nove, que suman 24.879 euros; Quintela de Leirado tres, por importe total de 33.913 euros e finalmente A Bola unha factura de 9.022 euros.

Directivos do PP no congreso local de Vilardevós. /PP.

un plan de formación para o profesorado 4 O Proxecto Combas. Redacción Nove centros educativos ourensáns participarán na primeira convocatoria do Proxecto Combas, un novidoso plan de formación do profesorado que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros educativos a través do Plan Anual de Formación do Profesorado. Entre eles, están os CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, Vicente Risco de Cualedro, e os IES Castro Baronceli e García Barbón de Verín. A través desta iniciativa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá un novo impulso aos programas para a mellora da calidade educativa en relación coa formación en competencias básicas en cada centro de ensino, a través da análise das súas necesidades particulares. Trátase dunha nova accións que se enmarca na política da Consellería de fomento da autonomía dos centros á

hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros. O obxectivo de Combas é apoiar a integración das competencias básicas no currículo na programación que se imparte, a través de concrecións curriculares para cada centro educativo participante, incidindo de forma especial na adecuación metodolóxica e na avaliación. Asemade, os centros participantes terán prioridade para o desenvolvemento de actividades de formación en centros nas próximas convocatorias. O proxecto é unha iniciativa máis dentro da aposta da Consellería de Cultura e Educación pola formación do profesorado galego como piar fundamental no avance cara á excelencia no ensino.

Participan centros educativos de Xinzo, Verín, Xunqueira de Ambía e Cualedro

Doce municipios desenvolverán accións a favor do comercio local 4 Nunha iniciativa da Mesa Provincial de Comercio. Redacción A Mesa Provincial de Comercio mantivo unha reunión na Deputación Provincial na que ditaminou favorablemente sobre os proxectos presentados para desenvolver accións en favor do comercio local en 12 concellos da provin-

cia. En concreto, os municipios aos que van destinados estes proxectos son Bande, Vilardevós, A Peroxa, Melón, Rubiá, Muiños, Monterrei, Cualedro, A Bola, Xunqueira de Ambía e Avión, proxectos dos que a Mesa Provincial de Comercio dará traslado á Xunta de

Reunión da Mesa Provincial de Comercio na Deputación de Ourense./A.PAZ. Galicia para levar a cabo estas iniciativas. Esta xuntanza, que terá a súa continuidade noutra reunión fixada para o mes de xaneiro, serve para ache-

gar propostas por parte dos representantes dos comerciantes , dos consumidores e dos concellos a prol do comercio local. A finalidade das Mesas de Comercio

é favorecer a coordinación nas actuacións entre os comerciantes e a administración local para poñer en valor a importancia do comercio minorista.


SANIDADE

BARRIOS Decembro de 2013

23

O Servizo Galego de Saúde pon en marcha a consulta telefónica en Atención Primaria

Esta iniciativa favorece a accesibilidade dos cidadáns á consulta, diminúe os tempos de espera, e evita desprazamentos innecesarios Desde o 2 de decembro está en marcha a consulta telefónica para o médico de atención primaria en toda Galicia. Unha iniciativa coa que o Servizo Galego de Saúde busca favorecer a accesibilidade dos cidadáns á consulta dun proceso novo (problema de saúde, xestión de receitas, informes...); diminuir os tempos de espera; evitar desprazamentos innecesarios; e favorecer a conciliación familiar e laboral. Ademais, permite axilizar as consultas de atención primaria, conservando a mesma capacidade de resposta na asistencia. Coa consulta telefónica preténdese poñer unha ferramenta máis en mans da cidadanía que favoreza a accesibilidade á consulta co seu médico. No seu primeiro día de funcionamento, das 16.407 chamadas realizadas na área sanitaria de Ourense, 385 foron citas de atención telefónica, un 2,35% do total. Nos primeiros tres días de aplicación non se rexistrou ningunha incidencia. Funcionamento da consulta telefónica A consulta telefónica consiste en ofrecer a posibilidade, á elección do paciente, de realizar a aten-

ción sanitaria por medio do teléfono a quen solicite unha cita médica, ben sexa tanto telefonicamente como a través da internet. Se o paciente elixe a atención telefónica, solicítaselle o número de teléfono onde quere recibir a consulta. Deste xeito, o seu médico ponse en contacto co paciente no número indicado e á hora acordada para levar a cabo a consulta, deixando rexistrados os datos na historia clínica electrónica. A cita telefónica está incluída na axenda diaria do doutor, que reserva un tempo para esta chamada como se dunha consulta presencial calquera se tratase. Segundo Francisco José Jorge Rodríguez, subdirector de Sistemas de Información da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verin e O Barco de Valdeorras, a consulta telefónica era unha opción que se viña aplicando “a criterio persoal” pero que agora “se ofrece a todo o mundo” e queda “rexistrada correctamente”. O doutor Jorge Rodríguez explica que a nova consulta telefónica é ideal “para certificados, temas administrativos, receitas e tamén para casos banais”. Neste último caso, o médico considera “fundamental” que o

paciente e o asunto a tratar sexan coñecidos polo médico de cabeceira, e “ante a dúbida, marcarase unha cita presencial”. Outra das vantaxes da consulta telefónica é a posibilidade de que o facultativo realice a correspondente prescrición a través da receita electrónica, permitíndolle ao paciente acudir directamente á farmacia a recoller os medicamentos. Isto é posible grazas aos sistemas de información existentes no Servizo Galego de Saúde que integran a información de primaria e hospitalaria e que están conectados a todas as oficinas de farmacia. Doutra banda, se o médico considera durante a atención telefónica que o motivo da consulta non pode ser resolto por teléfono, proporcionaráselle ao paciente atención presencial o máis axiña posible. Proxecto piloto en Toén Como paso previo á implantación deste novo servizo en toda a Comunidade Autónoma, o Sergas puxo en marcha, o pasado mes de xuño, un proxecto piloto de consulta telefónica non presencial en sete centros de saúde. Na provincia de Ourense o centro elixido foi

Coa consulta telefónica os pacientes evitarán ter que realizar desprazamentos ao centro de saúde, nomeadamente para xestión de receitas, informes, ou consultas médicas triviais.

O centro de saúde de Toén foi centro piloto na aplicación da consulta telefónica.

“Véxolle sentido ao programa no rural, sobre todo para xente maior que vive sóa e onde as comunicacións son difíciles”, explica o doutor do centro de saúde de Toén Sergio Rodríguez A consulta telefónica consiste en ofrecer a posibilidade, á elección do paciente, de realizar a atención sanitaria por medio do teléfono a quen solicite unha cita médica o de Toén. O doutor Sergio Rodríguez, coordinador do centro de saúde de Toén, explica que o programa piloto funcionou tan ben e gustoulle tanto que seguiuno aplicando ata agora. “Non é unha consulta integral, pois para unha patoloxía hai que ver o paciente, pero véxolle sentido ao programa no rural, sobre todo para xente maior que vive sóa e onde as comunicacións son difíciles”, opina o facultativo. Rodríguez pon exemplos dos posibles usos da consulta telefónica: “para pacientes que requiren unha

medicación crónica, ou que queren consultar sobre a súa medicación, ou para resolver dúbidas do máis trivial”. “Ou para consultas que promoves ti para facer un control co paciente, se toman a medicación; en canto chaman teño a historia diante, antes non; agora nós sabemos se retiraron ou non a medicación da farmacia”, explica. Avaliación e seguimento Logo da realización dunha enquisa de valoración, os principais resultados do estudo piloto de consulta telefónica en atención primaria reflicten que o 93%

dos pacientes atendidos consideran que a súa experiencia foi boa ou moi boa e que ao 95% lles pareceu apropiado o tempo de consulta. Así mesmo, o 93% dos pacientes manifestaron que lles quedaron claras as indicacións que lles deu o médico. Tamén se fixeron reunións de avaliación e seguimento entre os profesionais que levaron a cabo este proxecto, e obtívose unha valoración moi positiva. Isto indica un alto grao de satisfacción, tanto por parte dos profesionais coma dos usuarios que participaron no proxecto piloto.


24

BARRIOS Decembro de 2013

DEPORTES

A San Martiño supera á San Martiño 4 8.694 é a cifra real dos que participaron na carreira popular ourensá, decana das carreiras populares de Galicia. R. Torres A carreira popular do San Martiño -decana de todas as probas populares galegas- contou coa participación de 8.694 atletas que non se quixeron perder esta 37ª edición. Unha cifra récord que pón esta proba ourensá coma o referente das carreiras populares de Galicia. Dos 11.078 inscritos, 8.694 remataron a proba, e 2.384 non participaron ou non deron rematado unha das tres probas dispostas nesta edición. Unha cifra satisfactoria para unha carreira que, polo momento, é de balde. 4.557 son os atletas que participaron na proba absoluta, superando en 789 aos que o fixeron en 2012 (3.768); este número fai que a proba absoluta sexa a que máis participantes tivo de todas as carreiras galegas disputadas ata a data. Na proba escolar participaron un total de 2.778 rapaces, unha cifra lixeiramente inferior á do ano pasado (2.993). Esta pequena

Alejandro Fernández, vencedor da San Martiño./P.LODEIRO

A sección de atletismo das Escolas Deportivas do Concello de Verín participou na 37 edición da carreira popular do San Martiño. diminución débese, en parte, a que algúns dos participaron o ano pasado nesta proba o fixeron este ano na nova categoría: a de cativos; que se creou debido á demanda de moitos pais que pedían unha carreira para os seus fillos máis pequenos e que fora inferior en distancia á dos escolares (4,7 quilómetros). Desde a organización fixéronse eco desta demanda e crearon esta nova modalidade cunha distancia a percorrer de 1,4 quilómetros. As expec-

tativas superáronse e 1.359 pequenos participaron nesta proba que encheu de colorido as rúas ourensás. Un pequeno xerme para os atletas do futuro. Por todo isto, a 37ª carreira pedestre popular do San Martiño foi todo un éxito. Alejandro Fernández Igual que o ano pasado, o ourensán Alejandro Fernández fíxose coa vitoria. Nesta ocasión o triunfo non foi tan sinxelo e tivo que xogarse ao esprint o

primeiro caixón do podio. O seu rival foi Lolo Penas, quen apretou a falta dun quilómetro. O ourensán da New Balance Team aguantou o primeiro tirón. Xa na costa da Ponte Romana, novamente o galego Penas (tamén do New Balance) atacou a Fernández mostrando a flaqueza deste. Pero grazas ao empuxe de todos os que se apiñaron nas inmediacións de meta conseguíu sacar forzas para non quedar descolgado, e nos metros finais, a base de

pundonor, lograr a vitoria, a segunda da súa carreira, nesta proba. Alejandro Fernández si é profeta na súa terra. Pola súa banda, Penas e Fernández están a demostrar que son os fondistas galegos máis en forma actualmente. O tempo destes atletas foi de 29.31 e de 29.32, respectivamente. Alex foi 17 segundos máis rápido que o pasado ano. Detrás destes dous colosos chegou o portugués Miguel Ribeiro (30.32). Os galegos Manuel Hurtado (30.49) e Carlos Villamor (30.57) acadaron a cuarta e quinta posición. O segundo

Alejandro Fernández e Patricia Mendes foron os vencedores desta 37ª edición

ourensán en cruzar a liña de meta foi o incombustible Rubén Diz (31.01); e o terceiro ourensán, Iván Docampo (31.45), que rematou noveno na xeneral. Patricia Mendes En categoría absoluta feminina, Patricia Mendes (Comesaña S.C.) foi a máis rápida, cun tempo de 35.12. A 30 segundos remataría a segunda clasificada, a atleta do Joma Andreia Santos (35.42). Paula Mayobre (Bikila) lograría a terceira posición cun tempo de 35.49. A primeira ourensá (non de nacemento pero si que adestra nas cidade das Burgas) foi Yolanda Gutiérrez (New Balance) cun tempo de 36.19. Sonia Teijeiro (Ourenrunning) foi a segunda ourensá (sétima en cruzar a liña de meta) ao completar os 10.000 metros en 37.57.


DEPORTES

Dobre vitoria para os ciclistas BTT de Maceda 4 Iván Feijoo e Xiana Conde lograron dúas vitorias en Boiro e Mosende. Redacción Dobrete de vitorias para Iván Feijoo (cadete) e Xiana Conde (júnior) nesta fin de semana nas probas do calendario galego de ciclocrós,

Xiana, nunha proba.

disputadas en Boiro o venres 6 e en Mosende (Porriño) o domingo 8 de decembro. Estas vitorias permítenlles afianzar o seu liderado nas súas respectivas categorías no ránking galego de ciclocrós. Boiro O venres 6 de decembro disputábase en Boiro unha nova edición do ciclocross da localidade, cunha abundante participación. En cadetes, Iván Feijoo, que conta as súas participacións en probas galegas por vitorias, vencía con autoridade, nunha carreira que dominba desde a segunda volta. En júniors, Xiana Conde tamén se impuña na súa categoría, sendo a terceira na xeral absoluta de mulle-

res. Entre os mozos júnior, Raúl González era 2º. Mosende Na mañá do domingo celebrábase a segunda proba da fin de semana, na coñecida como catedral do ciclocross galego, a localidade porriñesa de Mosende. Un circuíto que xa albergou campionatos de España, e que este ano chegaba á 37ª edición. Varios participantes tiveron que abandonar a proba, acusando as baixas temperaturas, que en momentos do comezo da carreira estaban baixo cero. Iván Feijoo volveuse facer coa vitoria en cadetes, do mesmo xeito que a súa compañeira de equipo, a júnior Xiana Conde.

BARRIOS Decembro de 2013

25

Equitación e Mascotas, unha nova empresa de Allariz Marta C. Rivero é a xerente da empresa de Allariz Equitación e Mascotas. Unha ampla experiencia acredítaa, pois conta con formación titulada en auxiliar de veterinaria, perruqueira e estética canina e felina, especializada en concursos de beleza, etoloxía e conduta canina, ademais de ser profesora de equitación. Con máis de 10 anos de experiencia profesional, Equitacion e Mascotas xorde como un establecemento especializado nas ramas mencionadas, con profesionais ao servi-

Marta C. Rivero, xerente de Equitación e Mascotas. zo do cliente non só para comprar senón tamén para buscar asesoramento e consello. Tres son os eixos princi-

Horario: de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 horas; sábados pola mañá. Durante as festas ampliamos tamén a domingos Enderezo: Avenida Xunqueira nº12 baixo, Allariz. Telf.: 988 442 430 correo-e: animalcow1@gmail.com

www.equitacionymascotas.com

pais de actuación: a mascota, o xinete e o cabalo, en todas as súas disciplinas. Equitacion e Mascotas conta con profesionais titulados en Alemaña como profesores na disciplina de enganche, con experiencia en concursos e como xuíces territoriais. “Todo o equipo de Equitación e Mascotas aproveitamos para desexarlles unhas felices festas”, exprésanos Marta C. Rivero.


26

BARRIOS Decembro de 2013

DEPORTES

O fútbol americano toma Xinzo

Curso de esquí na estación Manzaneda

4 O domingo 15 de decembro terá lugar un torneo nas instalacións da Moreira.

4 Será o 2 de xaneiro.

Redacción O domingo 15 de decembro terá lugar nas instalacións da Moreira, en Xinzo de Limia, o I Campus de iniciación de fútbol americano. Este evento está organizado polo clube Vigo Guardians, a Asociación Galega de Fútbol Americano (A.G.F.A) e a Concellería de Deportes e Educación do Concello de Xinzo de Limia. Traballarase tanto de mañá como de tarde e rematarase cun partido entre os participantes.

O fútbol americano, aínda que conta cunha liga galega, está moi pouco desenvolvido na nosa provincia. Por iso, este evento é, sobre todo, de promoción e busca dar a coñecer un pouco máis a práctica deste deporte. [+ info na web xinzofootball.weebly.com ou no teléfono 610 616 079]

O campus impartirase de mañá e tarde, e rematará cun partido entre os participantes

Cartel do evento.

Open de Xadrez ‘Nadal de Verín’ 4 O 21 de decembro. Redacción O Concello de Verín e o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas promoven a organización do Open Xadrez ‘Nadal de Verín’ o 21 de decembro. O torneo disputarase no pavillón municipal de deportes de Verín a partir das 15.30 horas e está dividido nas categorías sub 8, sub 10 sub 12 e adulto. As partidas xogaranse polo sistema suízo a 7 roldas, cun ritmo de xogo de 10 minutos por xadrecista. Entregaranse premios aos

tres primeiros de cada categoría, así como medallas a todos os participantes. As inscricións deben realizarse antes do 20 de decembro ás 22 horas, nos correos electrónicos xadrezverin@gmail.com e pabellon@verin.net, ou nos teléfonos 988 989 508 e 988 411 140.

Open de Xadrez de Verín.

Redacción O Concello de Verín organiza o 2 de xaneiro unha saída á estación de Manzaneda para nenos de entre 12 e 16 anos para aprender a esquiar. O prezo desta actividade é de 50 euros e está limitada a 50 participantes. A inscrición inclúe o desprazamento

entre Verín e a estación de Manzaneda, os seguros pertinentes, monitores acompañantes, xantar, forfait, material de esquí, acceso aos remontes e clases de esquí. Ofrecen máis información na Casa da Xuventude de Verín, no 988 414 776 ou no correo electrónico omix@verin.net.

EN BREVE

4Ruta atlética

4Cromos

O vindeiro 22 de decembro celébranse tres actividades deportivas a favor da Cruz Vermella Monterrei. Andaina, carreira infantil e carreira de adultos serán os tres eventos nos que se pode participar. A saída será ás 11.30 horas desde o pavillón municipal de deportes de Verín. A inscrición formalizarase ata 15 minutos antes da saída e será necesario entregar un quilo de alimentos non perecedoiros.

Xa están á venda os cromos do álbum das disciplinas competitivas das Escolas Deportivas do Concello de Verín. No álbum aparecen todos os deportistas que forman parte das EDC (fútbol 11, fútbol 8, fútbolsala, atletismo e natación), que foron retratados en cromos individuais. Estes cromos pódense adquirir, polo prezo dun euro por sobre (sete cromos), en diversos establecementos da localidade.


OCIO E CULTURA

Concursos de carteis de Entroido en Verín Redacción

Ata o venres 13 de decembro permanece aberto o prazo de recepción de traballos dos concursos que elixirán o cartel oficial do Entroido de Verín o ano próximo e o cartel do desfile infantil. O premio do concurso do cartel oficial consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 400 euros, mentres que o do desfile infantil será a edición do cartel e un vale de 300 euros para material deportivo e escolar -a adquirir en establecementos de Verín-. No certame do cartel oficial poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, presentando carteis de tamaño 50x70 cm inspirados no carnaval verinés e tendo como único texto “ENTROIDO 2014-VERÍN. Do 20 de febreiro ao 9 de marzo. Festa declarada de interese turístico nacional”. Deberán ser orixinais, inéditos e non premiados e ter como única identificación un lema, escrito no exterior dun sobre pechado. No interior do sobre xuntarase unha fotocopia do DNI do autor, enderezo e teléfono. No concurso do cartel do desfile infantil poden participar os escolares de infantil e primaria de Verín que integrarán o propio desfile, sempre con traballo inéditos, en tamaño A3 e que se identificarán unicamente por un lema. As obras presentadas estarán expostas entre o 17 e o 30 de decembro, e durante esas xornadas os veciños poderán votar o deseño que máis lles guste. Este voto sumarase ao dun xurado cualificador que será o que finalmente decida o gañador. Obradoiro do cigarrón Relacionado co Entroido, o Concello de Verín organiza un obradoiro para aprender a facer o traxe de cigarrón ou a súa careta. A actividade comezou o 10 de decembro e rematará antes do Xoves de Compadres.

Ramirás prepárase para o VIII Festival Rebulir 4 A localidade ourensá acolle os días 20, 21 e 22 de decembro a oitava edición deste certame. Redacción A asociación Rebulir Cultura Tradicional organiza a VIII edición do Festival Internacional Rebulir de baile música tradicional, que terá lugar en Ramirás os días 20, 21 e 22 de decembro. Os colectivos que participarán nesta edición son sete, chegados de diferentes puntos de España, Francia e Portugal. Así, ademais dos organizadores, participarán no festival a Xirondiña de Pontedeva, o Colectivo Candaira de Castrelo do Val, a AFM Villa i Condau de Noreña de Asturias, o portugués Grupo Folclórico de Ribeira de Fraguas, os valencianos Danses i Cançons de Castalla e os franceses Lous Crabots de Semisens. O público poderá ver e escoitar os bailes e músicas tradicionais destas

A agrupación Rebulir nunha actuación pasada. agrupacións nun festival que se desenvolverá no polideportivo do Picouto, en Ramirás, o sábado 21 a partir das 19 horas. Programa completo O festival inclúe unha visita á cidade de Ourense na mañá do sábado; unha degustación de produtos típicos de Galicia, Valencia, Portugal, Asturias e Francia,

Variado ocio cultural no Nadal de Xinzo 4 Centrado nos máis cativos. Redacción Xinzo de Limia comeza o próximo 14 de decembro a súa programación especial de Nadal. Farao cunha gala benéfica de danza e baile “Repartindo Ilusión´13” organizada polo centro de actividades Fusión na Casa da Cultura a partir das 19:30 horas. Na semana previa ás vacacións escolares navideñas, os Reis Magos visitarán os colexios Rosalía de Castro e Carlos Casares. O día 18 de decembro, o auditorio da Casa da Cultura acolle representacións teatrais a cargo da Escola Municipal de Teatro-Aneis, a partir das 20:30 horas. O xoves 19, o mesmo recinto cultural será sede dun certame de nadal de alumnos do Conservatorio Profesio-

nal de Música. A cita é as 20 horas. O venres 20 e o sábado 21 Xinzo propón sendos festivais da Escola Municipal de Gaitas. Serán na Casa da Cultura ás 19 horas. O domingo 22 a música trasládase á igrexa Nova de Xinzo, cun festival Coral de Nadal organizado pola Coral Antioquía, ás 20 horas. O luns 23, a Casa da Cultura acolle a Gala de Nadal da Escola Rural de Saúde da Limia, ás 20:30 horas. A programación navideña de Xinzo continúa o venres 27 con “Monólogos” no auditorio a cargo da Escola Municipal de Teatro (ás 20:30 horas). O sábado 28, na igrexa Vella de Xinzo terá lugar un Festival de Panxoliñas organizado pola Asociación Cultural Santa Mariña, que

antes de comezar as actuacións, e ao seu remate, unha foliada intercultural nun pub de Celanova, e unha visita a esta localidade na mañá do domingo 22. O certame conta co patrocinio do Concello de Ramirás, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, autos Anpian e a Taberna O Galo. comezará ás 20:30 horas. O venres 3 de xaneiro a cita é para os máis pequenos, cun contacontos infantil na Biblioteca Antelana a partir das 18 horas. Organizada pola Concellería de Xuventude e Participación Cidadá, está prevista a ludoteca infantil “Divirt-t con nós Nadal” na Casa da Cultura para as mañás dos días 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, e que incluirá obradoiros, contacontos e unha visita a Pazolandia. O punto e final ás festas navideñas porao a tradicional Cabalgata de Reis na tarde do 5 de xaneiro, con saída ás 17 horas para realizar o percorrido de costume polas rúas da vila. A programación facilitada polo Concello de Xinzo é provisional e podería sufrir variacións nos vindeiros días.

A programación facilitada polo Concello pode sufrir variacións

BARRIOS Decembro de 2013

27


28

BARRIOS Decembro de 2013

OCIO E CULTURA

Verín presenta unha ampla programación navideña 4 Con moitas actividades infantís. Redacción Verín terá unha ampla programación cultural e festiva para o Nadal. O 20 de decembro, de 10 a 13h, na Casa da Cultura haberá festival infantil de Nadal. O sábado 21 traerá un concerto de Nadal do alumnado do Conservatorio Elemental de Música, ás 12 horas na Casa da Cultura. O grupo instrumental do Conservatorio desprazarase pola tarde (ás 16h) á Residencia de Anciáns Santa María, onde darán un concerto. Durante a tarde do sábado, na praza do Rei, obradoiros de maquillaxe e globoflexia; na Edesio Fuentes serán de tatuaxes e haberá un inchable e na praza Maior, circuíto de eco-karts, tiro de precisión e golf.

O mesmo día pero ás 20 horas, de novo na Casa da Cultura, representarase a obra “Avós...nunca é tarde”. O domingo 22 haberá Cantos sacros e panxoliñas na Residencia de Anciáns. A diversión para os cativos continúa o luns 23, a partir das 16 horas na praza da Mercé, coa proposta “Que chega Santa Claus e o seu duende’; animación con obradoiros infantís. Os participantes deben acudir cun gorro de Santa Claus. O día 27, a partir das 16 horas na rúa Lisa chega a “Festa do doce do Nadal”, obradoiro de “fofuchas” (bonecas) e degustación de doces de Nadal entregados por pastelerías e panaderías da comarca. O 28, “Día dos Santiños Inocentes”, pola tarde na praza Maior camas elásticas

e inchables. O domingo 29, ás 10 horas na Residencia de Anciáns, a Coral do Centro Sociocomunitario de Verín interpretará cantos de aguinaldo. Para a familia chega o 30, ás 18h no pavillón de deportes, o espectáculo musical “Los cuentajuegos”, con acceso libre. Os máis pequenos terán o seu propio cotillón infantil de Noitevella o día 31, ás 10 horas, na praza do Conce-

llo. Ao chegar ás 12 horas, badaladas para despedir o ano. O Carteiro Real chegará á vila do Támega o 4 de xaneiro, ás 16 horas e instalarase nas praza Maior e rúa Lisa. Acompañarano un obradoiro de patinaxe e monopatín, e inchables infantís. O 5 de xaneiro os Reis Magos partirán ás 17:30 horas en cabalgata desde a Casa do Escudo. Ao remate, haberá unha gala no pavillón de deportes, onde serán recibidos polo alcalde e concelleiros infantís. Para finalizar, terá lugar o XX Concerto de Reis o 6 de xaneiro, ás 20 horas na igrexa da Mercé de Verín.

Os Reis Magos estarán en Verín o 5 de xaneiro.

Campaña de recollida de xoguetes en Allariz 4 Organizada pola Asociación de Comerciantes e hostaleriros. Redacción A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz, en colaboración coa Fundación Vicente Risco e a asociación xuvenil Amencer de Ourense, promoven unha campaña solidaria de recollida de xoguetes para que ningún menor quede sen agasallo no día de Reis. Colaboración Todas as persoas que desexen participar nesta campaña solidaria poden deixar o seu agasallo na sede da Fundación Vicente Risco, en Allariz, ata o sábado 21 de decembro no seguinte horario: xoves de 16 a 18 horas, venres de 16 a 19 horas e sábados de 11 a 14 horas.

Paxes na Cabalgata dos Reis Magos Dentro das actividades navideñas, o Concello de Allariz organizará a Cabalgata de Reis o vindeiro 5 de xaneiro. Con este motivo a área de Cultura abre o prazo de inscrición para todos os nenos e nenas que queiran participar como paxes das Súas Maxestades. É preciso facelo antes do día 28 de decembro na Casa de Cultura de Allariz, no teléfono 988 440 859 ou no email cultura@allariz.com Programación No programa festivo navideño, salientar a actuación da Escola de Danza e Música Tradicional. Será o 21 de decembro ás 18 horas na Casa da Cultura de Allariz.


OCIO E CULTURA

O Nadal vívese tamén en Celanova 4 Con obradoiros infantís e música para todas as idades. Redacción O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez, en colaboración coa Escola de Música da Banda Municipal, o Centro Cultural Coelerni--Solpor, os colexios Sagrado Corazón e Curros Enríquez, o Centro Social de Celanova e o Conservatorio de Música de Ourense, prepararon unha programación conxunta para este Nadal. Os pequenos serán os protagonistas de parte da programación en Celanova para estas datas, con propostas como o Festival de Nadal, o venres 20 a partir das 16 horas. Tamén haberá obradoiros de Nadal para rapaces de 4 a 12 anos. Terán lugar os días 23 e 30 na biblioteca do auditorio

Ilduara e os días 24, 26, 27 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro na Casa dos Poetas. Para o público infantil son tamén as videoconferencias con Papá Noel e os obradoiros de postais dixitais que se organizan na aula CeMIT. Para o público adulto, a Casa dos Poetas inaugura o sábado 21 unha exposición de retratos de escrito-

O árbol de Nadal na praza Maior. /M.REJO.

res ourensáns por Xosé Conde Corbal; e ás 18:30 presentase no mesmo recinto o libro de poemas “Wha(ts)appa” de José María Paz Gago. O mesmo día haberá un concurso de panxoliñas no auditorio municipal (16:30 horas); mentres que o domingo o mesmo recinto acollerá o concerto “Fado e panxoliñas con outro acento” de María do Ceo, (19h). O venres 27, ás 20 horas, no auditorio terá lugar un concerto do grupo de acordeóns do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, mentres que o sábado 28 serán os alumnos da Escola de Música da Banda de Celanova os que protagonicen un concerto de Nadal. Comeza ás 19h. Celanova tamén propón baile de fin de ano para o día 31 no Centro Social. A Casa dos Poetas será escenario do obradoiro “Cantásmosche os reis!” a partir das 19 horas do 4 de xaneiro, para todas as idades promovida por Política Lingüística.

BARRIOS Decembro de 2013

29

A directora xeral de Patrimonio Cultural, o conselleiro de Cultura e alcaldes da zona asistiron ao concerto na igrexa de Santa Cruz de Terroso, en Vilardevós. /M.REJO.

Música na igrexa do Terroso en Vilardevós A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levou o pasado sábado 7 de decembro a penúltima cita do ciclo ‘Monumenta: difusión do patrimonio restaurado’ á igrexa de Santa Cruz de Terroso, en Vilardevós. O concerto acústico celebrado neste marco rendeu homenaxe a Ángel Barja Iglesias. O recital estivo a cargo dun cuarteto de corda do Conservatorio de Vigo, que interpretou o Cuarteto de corda nº 1 en Re maior, obra do homenaxeado. As actividades comezaran xa pola mañá cun faladoiro cos veciños nos que se recolleron as lembranzas vinculadas ao lugar, que se completou cunha recreación histórica do grupo de Teatro Os Quinquilláns. Deste xeito deuse a coñecer un espazo en cuxa restauración a Consellería investiu máis de 182.000 euros, co fin de poñer en valor esta igrexa de estilo historicista e garantir a súa conservación.


30

BARRIOS Decembro de 2013

Fe de erratas

No número de outubro de Barrios ed. Xinzo-VerínAllariz-Celanova, na páxina 6, publicamos un anuncio da logopeda Noelia Fernández Blanco, acompañado dunha información sobre os seus servizos de elaboración nosa na páxina 8, na que por erro se atribuía, dentro do apéndice “Servizos da multiclínica”, a Javier Gómez Salgado o ser “especialista en implantes, endodoncias e próteses” cando realmente o seu cargo é o de administrador.

ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Coidados a ter coa próstata A partir de 45 anos vixiar unha vez por ano o PSA: 1º- Cando o PSA chega a tres pida ao seu médico unha analise do PSA Libre. 2º- Se o LIBRE estivese por baixo de 20 ( segundo algúns urólogos,) ou de 16 (segundo outros) pódese pensar en sospeita de cancro. 3º- Se o PSA Libre estivese por enriba de 20, entón en principio estamos na presenza de hipertrofia benigna da próstata e sendo así o PSA Total pode chegar a valores moi máis altos que catro. 4º- Os urólogos para aconsellar ao paciente que faga unha biopsia, segundo eles ten que haber tres indicadores fortes: PSA Total por enriba de 4 e o Libre abaixo de 16, detec-

ción de nódulo ou nódulos apalpando. 5º- A historia familiar, tamén é importante. Lémbrese que cando o cancro está no principio, as probabilidades de cura son case do 100%. Nunha fase adiantada a cirurxía radical xa non chega a ser realizada, porque non ofrece posibilidades de cura. Se tivese hipertrofia benigna, faga un tratamento tomando infusións de raíz de ortiga e compre “Prosta Force”, tomando un comprimido por día en xaxún. João Damião

Os varón deben controlar, a partir dos 45 anos, os seus niveis de PSA, e consultar ao seu médico

4HISTORIAS DE MONTERREI

O guerreiro En abril do 2011 fíxose público o achado da estela de Pedra Alta por parte dun veciño de Castrelo do Val. Unha enorme mole de granito de 175 cm de altura, 70 cm de anchura e 30 cm de grosor aparecera chea de petroglifos mentres labraban unha parcela. Os arqueólogos que por alí se achegaron identificárona como unha estatua-menhir ou estela dun guerreiro, datable na idade do Bronce (II-I Milenio A.c.). Pero o que podería ser unha boa nova tanto para o seu descubridor, José Luis Lozano Rua, como para todo Castrelo do Val, tornouse moi pronto nun gran crebadeiro de cabeza. Mentres que, tanto o Concello como José Luis Lozano pensaban en habilitar unha sala en Castrelo do Val para ensinar a estela a todos os que a quixeran visitar, chegaron os responsables de patrimonio esixindo a súa

entrega para levala ao eternamente pechado Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Ante a negativa por parte de Lozano de que a estela marchara tan lonxe do seu lugar de orixe, comezou un tira e afloxa con ameazas de multas de ata 120.000 euros, que terminou cun acordo oral a finais do 2011 onde se pactaba que a estela primeiramente iría a Santiago, a unha exposición temporal chamada “Gallaecia Pétrea”, e unha vez terminada a exposición otorgaríanlle unha cesión dun ano ou dous ao Concello de Castrelo do Val, onde, unha vez rematado este tempo de cesión e sempre que o Museo Arqueolóxico estivera en condicións para a súa exhibición, trasladaríase a pedra para o devandito museo. Pasou o tempo, a exposición de Santiago acabou en abril, pero da pedra nada

se sabía, nin chegaba a Castrelo do Val nin había información ao respecto. Ata que, inesperadamente, a mediados do mes pasado e sen previo aviso, apareceu na pequena sala de escultura que ten aberta o Museo Arqueolóxico de Ourense no antigo convento de San Francisco. Así, con disimulo pero con alevosía, Patrimonio roubou de forma traizoeira e sibilina o que habería de ser seu só con esperar uns anos, deixando a nosa comarca orfa dun dos seus bens arqueolóxicos máis preciados. Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es

Patrimonio roubou de forma traizoeira un dos bens arqueolóxicos máis preciados de Monterrei

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Xeración límite! Quedaba unha mañá xélida cando subín naquel bus para ir dende a Ponte ata o centro, e alí o topei. Encargado de levar as rendas de vinte vidas que íamos ao seu carón. E, quen o diría, pois hai uns anos a súa propia vida andaba sen guía, á deriva, pendente dun fio. Era o condutor dos ollos azuis, o do sorriso permanente, un dos poucos da xeración límite que gañou a batalla. No percorrido, non máis de quince minutos, fíxome recordar aqueles mozos do noso pobo, que deixaron marcado con sinais luminosas un camiño cheo de perigos e trampas, para que os que viñamos detrás non colleramos os sendeiros escuros e solitarios, que sen darse conta eles enfiaron, seguindo os letreiros que con verbas falsas levaban cara a un pozo profundo e frío. Quédome coa mensaxe, que inconscientemente forxaron aqueles homes e mulleres sumerxidos no erro de experimentar ou descubrir os efectos que un mundo ruín lles puxo diante. Fuxían os setenta e os fervorosos anos oitenta entraban coa incertidume da democracia recén parida, máis non daba tregua o desenfreo xuvenil, que azotaba nos bares e discotecas de moda na vila. Niton`s e o bar Los Amigos, locais onde daquela facía furor a xolda dun pobo que comenzaba a amosar cara afora as súas maneiras de vila “marchosa”, onde os domingos enchíanse as cafeterías e as salas de festas con chavalada de todos os recunchos. Recordo con cariño o señor Pepe Chaves, taquilleiro da mítica discoteca Niton´s. Como sabio mestre, soltoume un

día: “se queres aprender algo, xúntate cos vellos”. E eu, que o tiña preto de min, os domingos recibía clases maxistrais sobre a vida mesma. Pepe, habilidoso extremo do Verín C.F e do Deportivo Chaves entre outros, tamén regateaba con templanza, na porta da discoteca, as acometidas dos mozos que intentaban aforrar os vinte pesos da entrada. Gocei ao seu carón sempre co inseparable Celtas fumegando nos beizos. Ensinoume verbas do seu particular idioma, refráns, anécdotas, pero tamén me agasallou co máis importante, o que quizais ninguén me contou, e que, sen dúbida, quedoume para sempre. Con naturalidade fixo que comprendera temas prohibidos, que outros non se atrevían contar a un neno de once anos. Chispeábanlle os olliños cando chegaban os da “xeración límite”, como alcumaba aos mozos dos que falaba ao comenzar este relato. Eran rapaces nobles, educados, chulos de corazón. Penso que non é preciso, escribir acá os seus nomes, porque sen dúbida témolos no maxín. Viviron sen pudor, rebeldes, sen mirar atrás, ceibes. Deron renda solta ao máis fermoso que ten a xuventude: a inocencia. Recordo a miudo a todos eles. Aínda retumban no meu interior os sons roqueiros do xenuino grupo verinés Estramonio; premonición dunha xeración altruista que compartía todo, co fin de gozar das novas sensacións e hábitos perigosos, que xurdían doutros mundos, e que, por desgraza, deron de cheo no corazón deste pobo. Pagaron a penitencia, cada un á súa maneira, cargando unha mochila repleta de pedras, coa que tentaron sen sorte dar vol-

ta nun camiño que xamais foron quen de facer fronte, e no que, alomenos, deixaron veliñas prendidas para que nós, os que tivemos a sorte de poder ler o prospecto, viramos coa luz a verdadeira faciana do demo, e non emprenderamos un camiño que nos guiara ao mesmo buraco escuro e baleiro, onde eles por desgraza cairon. Hoxe agrádame recordar aqueles intrépidos mozos que sempre tiñan un guiño cara min e que un deles, o chofer da mirada azul, con infinita xenerosidade, nun xesto incrible, un día, esqueceu por un intre os calafríos e o malestar dunha ansiedade sen límites e contoume con pelos e sinais, sen deixar nada dentro, como as gasta este maldito demo cando entra nas entrañas limpas dun inocente. A miúdo paseo polo meu Verín e ás veces atópome con familiares e amigos da xeración limite, e penso no sufrimento que pasaron cando impotentes ollaron aos seus metidos nun laberinto sen saída. Non paga a pena pensar no por qué. Agora que o Nadal estimula os sentimento, podo ver, con luz clara, que o meu chofer, o da mirada azul, o do sorriso perpétuo, o que me guía con sixilo dende a Ponte ata o centro, porta con firmeza a bandeira da vitoria, na honra daqueles mozos e mozas que se foron derrotados, sinxelamente, polo infortunio de formar parte daquela inesquecible “xeración límite”. Bon Nadal para todos! Miguel A. Prieto “Chita”

“Eran rapaces nobles, educados, chulos de corazón. Viviron sen pudor, rebeldes, sen mirar atrás”


CLASIFICADOS /SERVIZOS

BARRIOS Decembro de 2013

31

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz Nº85 / 21- Ano: VIII - Decembro 2013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA

VENDAS

Alugo apartamento en Montalvo de 1 e 2 cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento de 2 habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 422 497. Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 92 58 73. Alugo en 1ª planta, zona S. Francisco, Ourense 2 dormitorios. 1 baño. Céntrico e moi luminoso. En bo estado. Calefacción Gas Natural. Telf: 988 235 876. Alugo casa a 1 km de Allariz. Tel.: 686 540 087. Vendo piso pequeno en Ourense (rúa San Rosendo) reformado. 3 dormitorios, salón, cociña e baño. 72.000 euros. Tel: 629828647. Alúgase piso preto da universidade (Ourense), compartible para 3 rapazas, con calefacción individual. tel. 988 24 69 26 Alugase piso para estudantes r/Valle Inclán (Ourense), 22, 4 dormitorios, baño, aseo, salón, cociña, amoblado, calefacción central, tel. 646 040 888. Vendo finca urbanizable de 1.500 m2 en Amoeiro, bo prezo. Tel. 610 54 48 54. Vendo casa en Lobios, con finca de 2.000 m2 pechada, con todos os servizos. Tel. 609 57 21 14. Vendo finca edificable para dúas casas a 12 km de Ourense e 5 minutos da autovía de Celanova, bo prezo, tel. 617 925 873. Alúgase apartamento no casco antigo de Ourense por 220 euros/mes, Tel. 637 00 59 10. Véndese casa con finca na estrada de Santiago, tel 637 00 59 10. Vendo piso de 120 m2 na praza das Mercedes (Ourense) a reformar, 40.000 euros. Tel. 696 945 880. Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65. Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, 2 dormitorios, salón, 2 baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10

Vendo llantas de Citroen Saxo, tel. 610 54 48 54 Compro revistas fútbol Marca e Don Balón, tel: 667 890 293 Vendo mobles de segunda man: 2 librerías, mesa de mármore de comedor, 6 sillas, mesa de cento, lámpadas de pé e teito, taquillóns rústicos, 2 quentadores de auga, 2 sillóns de mimbre, 2 sillóns de pel, mesa de xardín e 6 sillas. Tel. 677 02 37 36 e 988 24 89 67 (Ángel) Vendo cinco llantas de Peugeot 205 GTi, bo prezo. Tel. 610 54 48 54. Vendo sofá 3+2, cinta andadora, apeiros de labranza, un botelleiro e unha caldeira de gas cidade Roca, tel. 637 00 59 10. Vendo DVD Videocámara Panasonic nova, multiformato, grava en DVD Ram, DVD-R e DVD-RW, 30x Optical Zoom, bo prezo. Tel. 627 428 728. Véndese dormitorio de madeira maciza de piñeiro composto por cama nido de 90x190 con caixóns, colchóns e somier de láminas, unha almofada, escritorio e estantería a xogo. Posibilidade de venderse por separado. Novo a estrear. Tel. 618 806 516. Cómpranse toda clase de obxectos e moble antigos. Tel. 988 21 22 24. Compro mobles e electrodomésticos de segunda man. Tel. 667 41 94 18, Vendo máquina coche-cortacéspede HONDA. 2.500 euros. Tel.988 27 97 96.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios. com]

Véndese berce, bañeira e cadeira de bebé. Todo por 300 euros. Tel. 696 181 173 Véndese Audi A6. Ano 1995. Sempre en garaxe e con gancho de remolque. 1.500 euros. Tel. 627 43 46 01.

EMPREGO Empresa de Verín precisa comercial de productos fitosanitarios y tratamientos de agua. Tel. 988 78 46 30. Ofrécese modista, para tendas e particulares, recollida e entrega a domicilio, (tamén servizo express) traballo de calidade, puntualidade e bo prezo.Tel: 686 03 49 76. Ofrécese mozo para todo tipo de traballos: limpeza de fincas, desescombros, poda e portes. Tel. 645 81 91 92. Danse clases particulares. Experiencia. Tel. 653 768 357.

4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Decembro de 2013


Concello e AEVER colaboran na programación de Nadal VERÍN

Páx.2

Recupérase o paro, pero non as afiliacións na provincia

VERÍN

Páx.4

A área da Braña, en Cabreiroá, foi revexetada

VERÍN

Páx.6

O pleno infantil propón unha pista multideportiva

COMARCA

Páx.8

Verín e Vilardevós estrean novo alumeado público

[páx. 7 e 28]

DEPORTES

Páx.24

As Escolas Deportivas de Verín, na San Martiño

A ampliación do polígono de Pazos estará rematada no primeiro semestre de 2014 O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, visitou as obras do polígono de Pazos./BORYS MARTÍNEZ.

Número: 85- Ano:VIII - Decembro 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Decembro de 2013


Entrevista a Leopoldo Rodríguez, voceiro do BNG de Celanova TEMA DO MES Páx.2 ALLARIZ Recupérase o paro, pero non as afiliacións na provincia

Páx.14

Puzzle centra os seus esforzos en actividades lúdicas

ALLARIZ

Páx.16

Os comerciantes recompensarán a fidelidade dos clientes

[páx. 18]

CELANOVA Páx.19

CULTURA

Páx.27

A oposición conxela a suba de impostos municipais

Ramirás prepárase para o VIII Festival Rebulir

O Nadal chega cedo a Celanova

[páx.29]

Obradoiros infantís, música, teatro e baile son algunhas das propostas navideñas de Celanova para os seus veciños./M.REJO

Número: 21 - Ano: VIII - Decembro 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Decembro de 2013


11 Diciembre 2013 - BXVAC