Marzo 2012 - BXV

Page 1

Especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑONS XINZO

Páx.10

Detido un mozo de Xinzo que tiña 12 plantas de marihuana

CELANOVA

Páx.12

Permitido estacionar na Praza Maior e na rúa San Roque

ALLARIZ

Páx.15

PROVINCIA Páx.24

[páx. 18-22] DEPORTES Páx.27

Un mercado venderá Adiántase a campaña Todo listo para os produtos ecolóxicos da de prevención de 10Qm Vila de Xinzo, o Reserva da Biosfera incendios forestais domingo 19 de marzo

Xinzo recordou a Carlos Casares

[páx. 29]

A vila celebrou unha semana de actos dedicada ao escritor, con exposición sobre a súa vida e obra incluida./MIGUEL REJO.

Número: 64 - Ano:VII - Marzo 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Marzo de 2012

VERÍN E COMARCA

Tres rúas do casco antigo de Verín serán peonalizadas 4 Amaro Refojo, Cruz e Maior. Redacción

Momento no que pasa a disposición xudicial Ilidio Magalhaes, o presunto autor do homicidio do chofer verinés./BRAIS LORENZO.

Detidos os presuntos autores do crime do chofer de Verín 4 En prisión a ex-muller de Bernardino Pousa, a súa filla e a súa parella, así como o presunto autor material do homicidio. P.L. Seis meses despois, o asasinato do chofer de Verín Bernardino Pousa comezou a esclarecerse. A Garda Civil detivo en primeiro lugar á súa ex muller, María Dolores Álvarez, a súa filla, Ángeles Pousa e a parella desta, Alberto Fernández, como presuntos inductores do asasinato, e días despois a Ilidio Magalhaes Ribeiro, un mozo portugués de 29 anos, como presunto autor material do crime. Todos eles ingresaron en prisión tras prestar declaración ante a xuíza de Verín que investiga o caso. Petición de divorcio A intención de Bernardino Pousa de divorciarse da súa muller así como cam-

biar o seu testamento sería, segundo a investigación, o detonante que provocou a planificación do asasinato. Foi Alberto Fernández quen confesou ter contratado a Ilidio Magalhaes seguindo as instruccións da nai da súa moza, que foi quen presuntamente pagou ao sicario portugués, ao redor de sete mil euros, para que acabara coa vida do seu aínda marido. O mozo da filla da víctima, a quen as probas de ADN situaron na escea do crime, foi quen presuntamente trasladou a Magalhaes Ribeiro desde Chaves a Verín a noite do

asasinato. Cinco meses de investigacións O asasinato de Bernardino Pousa, de 59 anos, aconteceu o pasado 11 de setembro no garaxe de Autocares Guerras en Queizás, Verín, tras regresar o chofer dunha viaxe en autocar á praia. O seu cadáver fora atopado horas despois baixo un autobús, degolado e cun golpe na cabeza. A Garda Civil continúa coas investigacións, ao efecto de esclarecer totalmente os feitos.

A pretensión de Bernardino Pousa de divorciarse da súa ex muller e cambiar o testamento parece estar detrás do seu asasinato

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, anunciou a peanalización de tres rúas de Verín: Amaro Refojo, Cruz e Maior. Unha medida destinada a preservar o casco antigo “solicitada polos veciños e veciñas desta zona, e acordada por esta corporación para peonalizar gradualmente esta zona, e que se porá en marcha nos próximos días”. Por este motivo, colocaranse sinais de prohibición de circulación, permitindo soamente carga e descarga e acceso aos residentes que teñan o garaxe nesas zonas “Durante dous meses serase permisivo nesas rúas, pero cando remate devandito período a Policía Local procederá a sancionar conforme a estes sinais”, subliñou o alcalde. Ademais, ao mesmo tempo dotarase de mobi-

liario urbano estas vías co obxecto de que sexan rúas comerciais peonís, nas que non exista o risco de atropelos, e recordou que se colocarán pivotes para remarcar a zona peonil da rúa Lisa, “para protexela xa que se fai caso omiso aos sinais de prohibición de estacionamento, e en caso de non cumprir as normas tamén se sancionará”. Nova sauna na piscina climatizada Por outra banda, o rexedor municipal anunciou a finalización das obras de instalación dunha nova sauna na piscina climatizada e que se establecerán neste espazo municipal deportivo unhas normas de uso da instalación, “e o que non as cumpra, se lle retirará o carné de usuario e se lle prohibirá a entrada, xa que o Concello non pode dedicar o diñeiro dos veciños e veciñas a mellorar servizos que logo estragan bárba-

ros.” “Son actitudes insolidarias, como sucede no exterior da piscina que xa está chea de pintadas, e por este motivo vaise extremar a vixilancia”, afirmou Jiménez Morán. Ademais, recordou que xa está rematada a auditoría económica e de funcionamento que se realizou na piscina, encargada a unha empresa especializada por parte da Deputación Provincial a petición do Concello de Verín, e que permitirá coñecer a xestión económica e de funcionamento da instalación, e os cambios que se deben realizar nela para mellorala e acadar rendabilidade económicosocial.

Nas tres rúas permitirase a carga e descarga e o acceso de residentes a garaxes

A rúa da Cruz, no casco antigo de Verín, será peonalizada. /M.REJO.


BARRIOS Marzo de 2012

VERÍN E COMARCA

A Xunta licita a ampliación do parque empresarial de Pazos 4 A obra licitada sumará máis de 46.500 metros cadrados de uso industrial ao parque empresarial. Redacción

sociedade.

A Xunta de de Galicia, a través da empresa pública Xestur Ourense, licitou as obras de ampliación do parque empresarial de Pazos, no concello de Verín. O orzamento de licitación desta obra é de 2,3 millóns de euros. O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o 20 de marzo e a apertura de plicas realizarase o 29 do mesmo mes. Os pregos de condicións e o proxecto poderán examinarse nas oficinas de Xestur Ourense e na páxina web da

Primeira ampliación O parque de Pazos ten na actualidade unha superficie de 132.000 metros cadrados, dos que 87.215 son de uso industrial e comercial. A obra licitada corresponde á primeira fase da ampliación, sumará unha superficie adicional de 70.581 metros cadrados, polo que o polígono incrementará a súa capacidade nun 53%, Do total da superficie ampliada, 46.519 metros cadrados serán de uso industrial e comercial, repar-

tidos en 12 parcelas. O resto da superficie corresponderá a equipamentos (3.052 metros cadrados), espazos libres e zonas verdes (10.321 metros cadrados) e superficie de viais e aparcamentos. Preto de once mil metros cadrados da ampliación están xa comprometidos, o que supón case o 23% do Imaxe dun dos viais principais do polígono de Pazos. /M.REJO. total da actuación. Cando se desenvolva na súa totalidade, a amplia- de preto de sete millóns de mento de máis de 880.000 euros. ción do parque empresarial euros. De maneira paralela, a Os terreos da ampliación de Pazos sumará unha superficie total adicional de do parque empresarial de Xunta está a tramitar o par152.000 metros cadrados, Pazos están adquiridos na que empresarial de Tamacun investimento previsto súa totalidade, cun investi- gos.

Preto de 11.000 metros cadrados da ampliación xa están comprometidos

Asaltan e causan destrozos na casa consistorial de Cualedro 4 Queimaron as bandeiras e o taboleiro de anuncios e baleiraron os extintores. Redacción

Os autores do ataque verteron os extintores da casa consistorial./BRAIS LORENZO.

Descoñecidos asaltaron a Casa do Concello de Cualedro o pasado 7 de marzo, causando graves destrozos no seu interior. Os feitos aconteceron na madrugada do martes 7: persoas descoñecidas entraron no inmoble tras forzar o balcón principal, roubaron as tres

bandeiras da fachada, queimaron outra no interior, así como o taboleiro de anuncios do Xulgado de Paz, e baleiraron sobre o mobiliario os extintores. En total, causaron uns danos que rondan os 50.000 euros, pois tamén varias mesas e cadeiras quedaron rotas e o po químico dos extintores estropeu algúns ordenado-

res. Nun principio os autores do ataque non substraeron ningún documento do interior da consistorial. O Concello estuda aumentar as medidas de seguridade para evitar que se repitan ataques vandálicos deste tipo, mentres que a Garda Civil prosegue coas investigacións para dar cos autores.


BARRIOS Marzo de 2012

VERÍN E COMARCA

Entrega de dúas vivendas rehabilitadas no barrio de San Lázaro

O CIM edita un decálogo de boas prácticas

O Instituto Galego da Vivenda e Solo entregou aos seus adxudicatarios as chaves de dúas vivendas de promoción pública rehabilitadas na rúa da Costa, do barrio de San Lázaro de Verín. As vivendas emprázanse nun edificio de tres pisos, un dos cales xa fora entregado anteriormente, e foron adxudicadas en réxime de alugueiro a menores de 35 anos con ingresos que non superasen 2,5 veces o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (Iprem), e a un prezo de entre 121 e 223 euros mensuais. As vivendas teñen 57, 72 e 93 metros cadrados útiles, contando con un, dous e tres dormitorios respectivamente, aparte de cociña, salón, baño, lavadoiro e un rocho. Na súa rehabilitación respectáronse os ele-

Redacción

Redacción

Autoridades e inquilinos diante dunha das vivendas rehabilitadas./CdV. mentos de maior valor arquitectónico da edificación primitiva, como os balcóns e canzorros de pedra, e elimináronse os elementos descontextualizados. Desta maneira nos forxados de teito de planta baixa e alta, recuperáronse as vigas de

madeira de castiñeiro da estrutura primitiva, repondo as pezas necesarias con madeira nova da mesma especie. A carpintería exterior é de madeira de cedro e a interior de rechapado de carballo. O edificio foi dotado de captadores solares

térmicos para auga quente sanitaria, e caldeira de gasóleo para calefacción e como complemento da captación solar en produción de auga quente. O investimento na rehabilitación do edificio foi de 310.224 euros.

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín, con motivo do Día Internacional da Muller, organizou un ciclo de actividades divulgativas, educativas e informativas, destinado a recoñecer os logros acadados no terreo dos dereitos das mulleres e a continuar reivindicando a consecución dunha igualdade real. Unha das súas iniciativas foi a edición do Decálogo de boas prácticas para a igualdade de oportunidade entre mulleres e homes ‘Nin mais, nin menos’, que foi repartido entre a poboación e en establecementos e entidades públicas e privadas de Verín durante a xornada do 8 de marzo. Un concurso de fotogra-

fía e un obradoiro de camisetas foron outras das actividades organizadas para conmemorar esta data. Próximas accións O programa de actividades continúa o 16 de marzo coa reunión do grupo de traballo da Mesa para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero, e conclúe o 30 de marzo coa presentación, a cargo da concelleira de Igualdade, María Corona Meixeira, da Avaliación do Plan de Igualdade 2008-2011 do Concello de Verín. Nestas actividades colaboran entidades na igualdade e no social da comarca de Verín coma a Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, o Grelo Verde e a Eurocidade Chaves-Verín.


VERÍN E COMARCA

A Asociación Galega de Viticultura inaugura sede en Verín 4 A entidade conta en tres anos de vida con máis de 100 asociados e 30 adegas de todo tipo. Redacción AAsociación Galega de Viticultura (AGV) conta dende o pasado 10 de marzo cunha nova sede en Verín, pensada co fin de achegar á comarca de Monterrei as actividades que realiza a diario. Creada en 2009 e cunha única instalación ata o momento en Ribadavia, esta entidade naceu da man dun grupo de expertos no sector, con ampla traxectoria, que vían preciso aunar esforzos entre todos aqueles vencellados ao mesmo para colaborar en prol do viño, acometendo proxectos relacionados coa promoción ou o comercio deste produto. Así, na actualidade enólogos, viticultores, técnicos e un longo etcétera de profesionais deste mundo compoñen a AGV, que abrangue xa a máis de 100 asociados individuais e 30 adegas de diverso tamaño. “Somos a única asociación que conta con asociados proecedentes de todas as zonas de viño, incluídas aquelas que neste intre aínda non contan con gran recoñecemento, como é, por exemplo, a da Baixa Limia”, explica o portavoz da asociación, Xosé Manuel González Vilas. Nunha zona como a de Ourense na que conflúen

Acto de inauguración da sede da AGV en Verín, ao que acudiron máis de 50 persoas, entre eles representantes de diferentesa adegas da comarca. De pé, Puri Caldelas, representante da asociación en Monterrei, e Xosé Manuel González Vilas, vicepresidente./AGV. diversos consellos reguladores, que se encargan do control, certificación e amparo das diveras denominacións de orixe, González Vilas aclara que a Asociación Galega de Viticultura “aínda que conta con adscricións voluntarias, dispón de todo tipo de controis administrativos”. “De feito, colaboramos cos consellos reguladores na medida en que sexa preciso, sempre pensando en mellorar a situación do sector”, engade o enxeñeiro agrónomo. Conferencia de Álvaro Bueno Complementando a inauguración da nova sede na vila do Támega, impartiuse

a conferencia “Emerxencia dos viños de Monterrei no panorama galego e internacional” a cargo do coñecido enólogo Álvaro Bueno, que ademais estivo acompañado na súa intervención polo presidente da asociación, Roberto Rivas, e o da Federación Rural Galega (FRUGA), Xurxo Álvarez. “Achegounos aos inicios da Denominación de Orixe Monterrei e á súa evolución”, explicou Xosé Manuel González Vilas. “A elección de Álvaro Bueno como conferenciante non só se debeu ao noso desexo de achegarlle a DO Monterrei á xente, senón tamén queríamos recoñecer o seu traballo e esforzo ao longo

do tempo por este sector”, concluiu o portavoz de AGV. A polémica da DO Monterrei A Denominación de Orixe Monterrei está envolta nas últimas datas nunha polémica. Durante a vendima pasada denunciou a unha das súas adegas por presunto fraude de uva foránea, un feito que saiu rapidamente á luz pública. Como consecuencia, a FRUGA reclamou a asunción de responsabilidades por parte do actual presidente da DO Monterrei, Antonio Ángel Méndez, que “pasa pola súa demisión”, xa que consideran que “tratouse dunha falta grave no que respecta aos procedementos legais que se establecen para o propio Consello Regulador”. Ademais, sinalan que “fíxose público un proceso no que debería terse gardado a máxima discreción e privacidade”. A este respecto, o portavoz de AGV aclara que “entendemos que foi un proceder indiscreto, dentro dun proceso viciado dende o principio, perxudicando tanto á adega como á propia denominación”. Méndez non fai declaracións Pola súa banda, o actual presidente da DO Monterrei optou por non facer ningún tipo de declaración en relación a esta polémica.

BARRIOS Marzo de 2012

A D.O. Monterrei aumenta un 35% a comercialización de botellas 4 Nos dous primeiros meses de 2012. Redacción A Denominación de Orixe Monterrei incrementou nun 35 % a comercialización das súas botellas sendo estas 261.166 fronte ás 193.500 que se comercializaron no mesmo período do ano pasado. Estes datos fannos preveer que esta tendencia se manteña e amplíe ao longo deste ano 2012 tendo en conta a traxectoria ascendente que a nivel de comercialización mantén a Denominación, que xa incrementou globalmente os seus datos nun 44% do ano 2011 ao 2012. Para o presidente do Consello Regulador, Antonio Méndez Atanes, estes excelentes datos veñen dados pola adecuación en calidade e competitividade ademais do grao de eficacia das actividades promocionais organizadas polo Consello Regulador que conseguiron que os viños desta comarca fosen coñecidos en novos mercados. Méndez tamén destacou “o excelente traballo e rigor” levado a cabo por adegueiros e viticultores

4 A D.O. estará en Alimentaria Os viños amparados pola denominación de orixe Monterrei disporán dunha caseta propia na 19ª edición de Alimentaria 2012, que se celebrará do 26 ao 29 de marzo en Barcelona. Para o Consello Regulador é unha ocasión moi importante utilizar un escaparate da categoría deste salón ao que asistirán máis de 140.000 visitantes profesionais e no que están representados 4.000 expositores de 75 países, considerado como o centro internacional de operacións comerciais de referencia para todos os profesionais vinculados á industria alimentaria. “para mellorar cada día os caldos de Monterrei”, mellora que se avala co gran número de galardóns que tanto a nivel autonómico como nacional e internacional certifican a calidade destes viños, motivos polos cales conclúe como “moi positivo” o balance do progreso constante da Denominación.


BARRIOS Marzo de 2012

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

Entrega de diplomas a 140 desempregados da comarca

4 Obras en Campobecerros O Plan Base para este ano 2012 en Castrelo do Val acompeterá a reforma da escola de Campobecerros. As obras consistirán no derribo da antiga escola - actualmente en estado ruinoso- e a construción dunha zona de ocio cunha praza, con idea de poder construir no futuro un local social. Os traballos levaranse a cabo no mes de setembro, cun orzamento de 41.200 euros. Ademais, o Concello intenta retomar en Campobecerros a actividade de ximnasia, para o que se precisa un grupo estable dun mínimo de seis persoas interesadas.

4 Suceso en Vilardevós Un ancián de Vilardevós mata á súa muller e logo se suicida. Os feitos aconteceron o 2 de marzo en A Veiga das Meás. A investigación da Garda Civil concluíu que Ángel Lorenzo, de 74 anos de idade, matou primeiro á súa muller, Julia Lorenzo, de 64, e logo quitouse a vida dun disparo. Previamente distribuira tres notas manuscritas polo pobo, informando do acontecido: “Angel e Julia están mortos en casa”. Os dous foron enterrados na igrexa parroquial, ante a desolación e a incredulidade de veciños e familiares, que non se explican o ocurrido.

4Charla sobre acollemento familiar O persoal do hospital de Verín e persoas interesadas en colaborar foron os receptores dunha charla informativa que tivo lugar o pasado martes sobre o Programa de Familias Acolledoras que desenvolve a Cruz Vermella. O Acollemento Familiar é un programa da Xunta de Galicia que xestiona Cruz Vermella desde 1996 e que supón unha alternativa á institucionalización en centros. O ano pasado o programa de Acollemento familiar atendeu a 223 usuarios dos cales 169 eran familias e 54 eran menores..

Redacción

Participantes na escola-obradoiro San Antón, co alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, a directora xeral de Promoción do Emprego, Amparo González, e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez. /BORYS INTERFILM.

Os participantes na Escola-Obradoiro San Antón rematan a súa formación

4 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, entregou os diplomas aos 22 alumnos. Redacción

Formar nas áreas de carpintería e de xardinería a 22 mozos desempregados e ao mesmo tempo rehabilitar catro áreas recreativas da localidade son o resultado da Escola-Obradoiro San Antón, que vén de clausurarse en Verín. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato foi a encargada de entregar os diplomas aos 22 alumnos deste obradoiro de emprego, no que a Conselleria investiu 300.000 euros. A Escola-Obradoiro San Antón, realizada durante o ano 2011, tivo por obxecto a formación de mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 a 25 anos, nas áreas de carpintería (8 particpantes) e xardinería (14 alumnos). A través dela, conxugouse a formación ocupacional coa práctica profesional, traballo en obra real, coa finalidade de capacitar ao alumnado para o desempeño axeitado do oficio aprendido e lograr un maior acceso ao mundo laboral. “Trátase dunha experiencia educativa e laboral que permitiu non só propiciar a vosa formación senón tamén impulsar a adquisición de experiencia, profesionalización e a realización,

grazas a voso traballo, de actuacións relacionadas coa recuperación ou promoción do patrimonio, rehabilitación de contornos urbanos ou do ambiente, e recuperación e acondicionamento de infraestruturas de titularidade pública destinadas a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”, subliñou o rexedor Juan Manuel Jiménez Morán. Rehabilitación de espazos verdes Pola súa banda, a titular de Traballo e Benestar indicou que o traballo dos participantes permitiu desenvolver a rehabilitación dos espazos verdes e naturais das áreas recreativas de Tamagos, Ábedes, Fonte do Sapo e o paseo do río Támega. Estas catro áreas dispoñen agora de novas zonas verde e de lecer, así como de xogos biosaudables para persoas maiores no caso do paseo do Támega e de Ábedes. Con todo, esta iniciativa tamén facilitou a obtención da titulación de Educación Secundaria Obrigatoria aos participantes que non o posuíran. Beatriz Mato engadiu que esta experiencia “é unha boa fórmula, froito da colaboración cos concellos, na que Verín acertadamente apostou pola mocidade, o sector máis afectado polo

Traballos de rehabilitación realizados na Fonte do Sapo pola Escola-Obradoiro./C.V. desemprego en Galicia e España, e que ten por obxecto mellorar a empregabilidade das persoas, a través de actuacións formativas, que realmente sirvan para que as persoas melloren a súa cualificación e demostren unha experiencia no mercado laboral”. Mato tamén recordou na súa intervención que o seu departamento destinou en 2011 600.000 euros a accións de promoción de emprego en Verín, un orzamento ao que hai que engadir os 100.000 euros que está a investir en accións formativas no concello. Reclama un centro de día Por outra banda, o alcalde de Verín aproveitou a súa intervención para solicitarlle á titular de Traballo

e Benestar “cando as necesidades orzamentarias o permitan, contemple para Verín a posibilidade de creación dun centro de día para mellorar a atención das persoas maiores, para procurar a permanencia no seu medio e evitando ou atrasando un posible ingreso en residencia”. Jiménez Morán recordou que en Verín hai 4.000 persoas maiorees de 60 anos, representando o 27,23% da poboación total, un haporcentaxe máis alta que a media provincial, autonómica e nacional.

O alcalde de Verín aproveitou para solicitar un centro de día para a localidade

O delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, foi o encargado de entregar os diplomas aos 140 participantes nos once cursos de Accións Formativas para Desempregados que o ano pasado a Consellería de Traballo e Benestar outorgou a varias entidades da comarca de Monterrei. Foron os relativos a transporte de mercadorías por estrada, auxiliar de enfermería en xeriatría, celador sanitario, técnico administrativo de seguros, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, servizos auxiliares de estética, servizos auxiliares de perruquería, operacións básicas de restaurante bar, axente comercial. Coma sinalou Martínez no transcurso do acto de entrega de diplomas, o obxectivo prioritario deste programa é a inserción e reinserción laboral dedesempregados naqueles sectores estratéxicos que require o sistema produtivo e que requiren as empresas, tendo en conta ademais a importancia da formación, “aspecto clave”, como matizou o delegado, “para conseguir o obxectivo final de reducir as taxas de desemprego”. “As administracións públicas debemos achegar a formación necesaria e adaptala ás demandas do mercado laboral”, engadiu. Estas accións formativas son o instrumento da Xunta para ofrecer, segundo indicou Martínez, “a persoas desempregadas unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo, capacitándoas para traballar en sectores laborais que presentan uns niveis de empregabilidade máis altos”. O delegado felicitou ao alumnado pola consecución destes título, que agarda “sirva para conseguir o traballo que esperades”.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Marzo de 2012

Promoven dúas rutas en automóbil polo territorio de “Puertas de Galicia” 4 Os doce concellos integrados no Plan de Competitividade Turística buscan atraer outros perfís de turista. Redacción Montañas, bosques e vales converten o territorio “Puertas de Galicia VerínViana” nun dos territorios bioxeograficamente máis ricos da Península Ibérica, cunha gran diversidade de fauna e flora, é dicir, nun paraíso para naturalistas. Pero ademais dos profesionais, os doce concellos integrados no Plan de Competitividade Turística abren a súa gran diversidade de recursos, culturais e naturais á visita de calquera perfil de turista. De cara á posta en valor do xeodestino Verín-Viana, deseñarón dúas rutas en automóbil que permiten coñecer a natureza e biodiversidade deste territorio máxico. En concreto, trátase da “Ruta do Val do Támega” e da “Ruta das Terras Altas”. O primeiro itinerario percorre toda a lonxitude deste río que tributa as súas augas ao Douro e unión natural co val de Monterrei ata a súa entrada en Portugal. Precisamente, nos socalcos do Támega maduran as uvas que dan fama á D.O Monterrei que envellece nas adegas familiares. Os propietarios, e anfitrións, prestaranse a visitas comentadas e catas deste viño. O impoñente castelo de Monterrei, o recinto fortificado máis grande de Galicia situado sobre un promontorio de máis de 500 metros, é o símbolo por excelencia destas terras e punto de visita obrigada antes de entrar na capital comarcal. En Verín encóntranse os afamados mananciais de Cabreiroá, Sousas, Fonte do Sapo, Caldeliñas e Fontenova. Ruta pola zonas altas A segunda ruta de Portas de Galicia visita as zonas máis altas por estradas secundarias, pasando por lugares significativos e de gran beleza como o LIC

O presidente da Federación de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez Villar, a directora xeral de Comercio, Nava Castro, o presidente de AEVER, José Ángel Rodicio, o presidente da Federación Galega de Comecio, José María Seijas, na presentación de Comerciogalicia.es na Casa da Cultura de Verín./FCO.

Presentado en Verín o portal web do comercio galego 4Comerciogalicia.es lánzase en abril. Redacción

Cascada en Vilardevós. /PUERTAS DE GALICIA. (Lugar de Interese Comunitario) Pena Maseira, un pico que fai fronteira con Portugal e Zamora; ou A Gudiña, parada estratéxica no antigo Camiño de Castela e onde aínda pervive o seu carácter de servizos ao viaxeiro. Aquí aséntanse ducias de aloxamentos e restaurantes que serven a tenreira destas terras e que, ao igual que o resto de locais integrados na Asociación de Profesionais do Turismo e Hostelería “Puertas de Galicia”, manteñen ata finais de marzo unha oferta gastronómica con menús entre 20 e 35 euros, e escapadas en aloxamentos rurais de varias categorías dende 65 euros. A Serra do Invernadeiro, o núcleo medieval de Viana do Bolo, o Castro de Saceda, o encoro das Portas, miradoiros sobre os ríos e o refuxio natural da “Cova das Choivas” no bosque do mesmo nome son outros atractivos desta zona.

4 Plan de Competitividade

O Plan de Competitividade “Puertas de Galicia” está promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio; a Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, así como pola Asociación de Empresarios do Turismo e Hostalería “Puertas de Galicia”.

“Puertas de Galicia” mantén ata final de mes ofertas gastronómicas e de aloxamento

A Federación Galega de Comercio, a Asociación de Empresarios de Verín, a Federación de Comercio de Ourense e a Xunta de Galicia presentaron aos comerciantes de Verín Comerciogalicia. es, o portal do comercio galego; unha iniciativa que arranca como medio para dotar ao sector dunha nova vía para incrementar as vendas e chegar a novos clientes nestes tempos de crise.

Este proxecto nace con dous obxectivos fundamentais. Por unha banda, incorporar ao sector a este novo reto tecnolóxico para que mellore a súa competitividade e amplíe mercados que fisicamente serían inacadables. E por outra, ofrecer os produtos que se están a comercializar nos establecementos a pé de rúa a un público máis amplo. Co respaldo dos mellores Comerciogalicia.es é unha plataforma de comercio electrónico, segura e de

calidade, na que Federación Galega de Comercio e Xunta de Galicia buscaron a excelencia respaldándose dos mellores profesionais: Novagalicia Banco (para realizar os pagos), MRW (en canto a loxística), Grupo Femxa (encargarase da formación do comerciante), Seguridade de Datos (faser cargo da seguridade xurídica e a protección de datos) e Dos Espacios (aportará soporte técnico, operativa web, software e mantemento). Con estes avais, o portal convértese nun novo escaparate para os produtos do comercio galego e “os comerciantes de Verín non pode deixar de estar ahí”, indicaron os creadores da web durante a súa presentación na vila. O portal comezará a funcionar o 1 de abril.

Na xornada participaron Emiliano Maletta e Miguel Balboa, responsable de biomasa de Ciemat e de Norvento, cos relatorios ‘Potencialidade e rendementos da biomasa. Comarca de Verín’ e ‘Biocultivos como oportunidade de negocio’./BORYS INTERFILM.

Xornada ‘Biomasa e cultivos enerxéticos’ en Verín

A Casa da Cultura de Verín acolleu unha xornada sobre ‘Biomasa e cultivos enerxéticos’ organizada pola Cámara de Comercio de Ourense, a través da Antena Local de Verín, e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín. Esta iniciativa tiña coma obxectivo amosar as alternativas que a biomasa ofrece para a revalorización dos residuos forestais, xa que o aproveitamento dos restos de monte, ademais de reducir o risco de incendio, constitúe unha fonte de riqueza e de creación de emprego. Tamén se aproveitou para ensinar aos presentes as oportunidades de negocio na comarca de Monterrei, xa que segundo a política agraria común converterase nunha forma subvencionable de recuperación do chan agrario abandonado.


BARRIOS Marzo de 2012

EUROCIDADE

A Eurocidade organiza dous cursos de portugués para a mocidade 4 O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de marzo. Redacción

Reunión da comisión executiva da RIET celebrada en Verín.

A Rede Ibérica presenta propostas para fortalecer a cooperación entre o Norte de Portugal e Galicia

4 A Asemblea Xeral da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET) aprobou as propostas para presentar no próximo Cumio Ibérico. Redacción Crear unha comisión permanente que permita unha actuación áxil e eficaz dos efectivos de protección civil a ambos os dous lados da fronteira, crear unha plataforma de correos ibéricos, eliminar o servizo de roaming na península Ibérica e compatibilizar sistemas de cobranza de peaxes. Estas son as principais reivindicacións da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET), á que pertence a EurocidadeChaves-Verín, tras a Asemblea Xeral que tivo lugar o pasado 28 de febreiro en Chaves. Estas e outro cinco propostas foron presentadas e aprobadas na reunión das entidades que conforman a totalidade dos organismos transfronteirizos da fronteira hispano-lusa. Propostas “necesarias para desbloquear os principais problemas que dificultan o crecemento das zonas de fronteira”, como asegurou o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, que a RIET levará ao

comité organizador do Cumio Ibérico, tras tres anos de interrupción, que terá lugar dentro de tres meses. Estas reivindicacións “pretenden proporcionar mellores servizos aos cidadáns e aumentar a competitividade económica para crear un territorio libre e dinámico, que consiga superar as barreiras da crise actual,” indicou Xoán Vázquez Mao. Para o presidente da Câmara de Chaves e vicepresidente da RIET, João Batista, “estas propostas non implican investimento, mais si as ganas políticas de que sirvan aos cidadáns”. O obxectivo, segundo o rexedor, “é crear un espazo común, nunha Europa sen fronteiras.” Desta maneira, “os cidadáns sentiranse máis pertencentes a un territorio e terán máis calidade de vida”. Clausura por parte do conselleiro de Presidencia O acto de clausura da Asemblea Xeral contou coa presenza da conselleiro da Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, quen desta-

cou o reforzo da Xunta na cooperación da Galicia co Norte de Portugal, unha das prioridades de acción do Goberno galego, xa que representa unha oportunidade para ofrecer máis servizos ás poboacións de ambos os lados da raia e para acceder a máis fondos europeos. Segundo Alfonso Rueda, este tipo de cooperación entre concellos ten o obxectivo primordial de proporcionar servizos de calidade, especialmente agora cando a necesidade de compartir é máis necesaria. En representación do Goberno galego, o titular de Presidencia afirmou que vai continuar axudando e colaborar con todas as propostas que xurdan para mellorar a cooperación a ambos os dous lados da fronteira luso-galaico.

A compatibilización dos sistemas de pago nas peaxes das autoestradas é unha das propostas da RIET

4 Inauguración do Centro de Documentación da RIET en Chaves Chaves vén de inaugurar o Centro de Documentación da RIET, un espazo que pretende ser un arquivo europeo sobre as relacións fronteirizas e punto de referenza para historiadores, políticos, sociólogos, universitarios e interesados nas relacións transfronteirizas. “Este centro contribuirá á melloría da cidadanía europea pola información, polo coñecemento, pola investigación”, recoñeceu o presidente da Cámara de Chaves, João Batista, quen engadiu que “aquí poderemos acceder a experiencias que son comúns noutros espazos transfronteirizos”. O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, destaca a inmensa capacidade do centro, que permitirá que calquera persoa poida nun futuro próximo consultar documentación transfronteiriza en distintos países.

A Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verín, e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia promoven a realización de dous cursos de lingua portuguesa: portugués técnico (dirixido ao emprego nos ámbitos do turismo e a hostalería) e conversa de lingua portuguesa. Os dous cursos están dirixidos a xente nova de entre 18 e 30 anos. .O principal obxectivo deste proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os mozos queden a vivir e a traballar na zona transfonteiriza galego-portuguesa. Por este motivo, conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude, e que programan actividades dirixidas aos que precisan dunha formación adicional ou dunha serie de ferramen-

tas de cara á participación en programas europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa, ou do seu futuro profesional e laboral. Para participar nesta actividade formativa é imprescindible ter coñecementos básicos de lingua portuguesa. A duración de cada un dos cursos é de 54 horas, e desenvolveranse entre o 26 de marzo e o 27 de abril (de luns a venres), co seguinte horario: de 16 a 19 horas (curso de portugués técnico) e de 19 a 22 horas (curso de conversa de lingua portuguesa). Os cursos son presenciais e terán lugar na Casa da Xuventude de Verín. O número de prazas está limitado a 15 participantes por curso e para a súa adxudicación seguirase unha estrita orde de inscrición, cuxo prazo conclúe o 20 de marzo. Os interesados soamente poderán asistir a un dos dous cursos salvo que queden prazas vacantes nalgún deles. [Máis información nos teléfonos 981 541 688 e 981544854, ou no correo xuventude@xunta.es]


PUBLICIDADE

BARRIOS Marzo de 2012


10

BARRIOS Marzo de 2012

XINZO E COMARCA

Un momento práctico do curso de saúde bucal e postural./CdX.

Formación en saúde no medio rural de Xinzo A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia organizou o pasado 28 de febreiro un Curso de Saúde Bucal e Postural. Para impartir esta formación, á que asistiron un total de 27 persoas, contou coa colaboración dos Servizos Sociais do Concello de Xinzo de Limia e da Escola Galega de Saúde para o Cidadán do Servicio Galego de Saúde, que achegou o profesorado. Neste obradoiro facilitáronse habilidades aos coidadores de maiores en aspectos como cambios posturais e hixiene postural, e actualizáronse os coñecementos en materia de hixiene dental en dependentes, ademais de resolver dúbidas dos asistentes. Ao curso acudiron principalmente auxiliares de axuda a domicilio e coidadores e familiares de depedentes, na súa maioría do medio rural. Todos eles, ademais de recibir clases teóricas, participaron activamente realizando prácticas baixo a supervisión dos profesionais do Servizo Galego de Saúde.

Plantas de marihuana incautadas pola Garda Civil./GC.

Detido un mozo de Xinzo tras incautarlle 12 plantas de marihuana na casa da avoa A Garda Civil de Xinzo de Limia detivo a un mozo de 35 anos e incautou 12 plantas de marihuana nunha galería da casa da súa avoa. Segundo informa a Garda Civil, os axentes detiveron este veciño de Rebordachá, Xinzo, o pasado 2 de marzo, como presunto autor dun delito de cultivo e elaboración de drogas, tras incautarlle no domicilio da súa avoa 12 plantas de marhuana e unha báscula de precisión.


XINZO E COMARCA

Trasmiras

Os socialistas esixen ao goberno do PP que convoque os plenos 4 Os concelleiros teñen pendente cobrar a asistencia a plenos e comisións do último ano. Redacción O Grupo Municipal Socialista de Trasmiras critica a falta de seriedade do PP á hora de convocar os plenos, o que ás veces impide exercer o lexítimo control da acción de goberno por parte da oposición. O portavoz, Manuel Rodríguez Ayuso, explica que na última semana de febreiro tiña que terse celebrado o pleno ordinario que finalmente non foi convocado. Lembra que no mes de agosto xa pasou algo parecido, e convocouse en setembro un pleno extraordinario no que non hai lugar a rogos e preguntas. O edil socialista pensaba abordar neste último pleno distintos asuntos relativos ao saneamento de varias parroquias, ademais de pedir explicacións sobre as contas municipais. Neste sentido chama a atención sobre o feito de que case un ano despois da celebración dos comicios municipais, os concelleiros da anterior lexislatura sigan sen cobrar os plenos

celebrados no último ano da mesma. “Nesta lexislatura tampouco temos cobrado ningún pleno, pero o que nos preocupa é como pecharon as contas de 2010 e de 2011 cando hai pagos pendentes”, sinala. O portavoz socialista apunta que pese a que os concelleiros de Trasmiras non se dedican á política, e tendo en conta as dificultades actuais de todas as administracións, o lóxico é que se lle pague a todos os concelleiros a súa asistencia a pleno e comisións, 60 e 50 euros respectivamente. “E máis tendo en conta que os concelleiros da pasada lexislatura en moitos casos están xa totalmente desvinculados da política”, engade. Por último, Rodriguez Ayuso esixe que “a convocatoria dos plenos se faga en tempo e forma, cumprindo co pactado ao comezo do mandato, celebrando os plenos o último venres de cada mes par e facendo posible o xogo político propio en democracia”.

Redacción

Redacción

O PSdeG reclama máis limpeza e adaptación á normativa vixente dos parques infantís./PSdG. vez “dadas as nefastas actuacións na conservación e adecuación destos espacios

levadas a cabo dende o Concello”, indican nun comunicado.

Clara 2012, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller.

tivas das mulleres no ámbito rural, e loitar contra a feminización da pobreza e a exclusión social apoiando ás mulleres en situación de vulnerabilidade.

EN BREVE

4 Curso para mulleres en risco de exclusión social Coincidindo coa semana do Día Internacional das Mulleres, o Concello de Xinzo de Limia puxo en marcha un novo módulo formativo, centrado na aprendizaxe de competencias chave no seu nivel 2, destinado a 20 mulleres en risco de exclusión social. O curso impartirase na Casa da Cultura ata o 13 de abril, e nel as alumnas recibirán coñecementos de lingua castelá, lingua galega e matemáticas no seu nivel máis básico. Esta formación está incluída dentro dos módulos formativos do Programa

11

A CIG lamenta a tardanza da Axencia de Protección de Datos

Denuncian o deterioro das zonas de xogo infantís O grupo socialista de Xinzo denunciou publicamente o “grave deterioro” que están a sufrir as zonas de xogo dos distintos parques da vila, así como a “nefasta actuación de mellora” que nalgún deles fixo o alcalde hai escasos meses . Por iso presentaron unha moción no último pleno municipal, na que solicitaban á Xunta unha partida para mellorar as zonas de xogo dos distintos parques da vila, moción que presentaron por segunda

BARRIOS Marzo de 2012

4 Rexeitada unha moción sobre a igualdade Os socialistas de Vilar de Barrio lamentan que o PP vote en contra das políticas de igualdade, ao rexeitar no pleno unha moción con motivo do Día Internacional da Muller. A moción socialista tiña, entre outros obxectivos, apoiar as iniciativas emprendedoras das mulleres, apostar por políticas que garantan o dereito á conciliación da vida profesional, familiar e persoal de homes e mulleres, apoiar as inicia-

4 A rúa do Toural, en obras Comezou a segunda fase da reurbanización da rúa Toural de Xinzo de Limia, logo de que en 2011 se construirán as beirarrúas na adxacente rúa Alexandre Bóveda. O orzamento total ascende a 205.703 euros, achegados nun 75% pola Consellería de Economía e Industria, con cargo ao Plan Ágora, agora Re-Comercia 20102013, o 25% restante polo Concello.

Dous anos despois do peche da Vidrieira do Atlántico, a Axencia Española de Protección de Datos dicta unha resolución na que dá a razón ao sindicato CIG. A Axencia obriga á empresa a entregar as gravacións de vídeo realizadas durante as folgas desenvolvidas entre xaneiro e marzo de 2009 e que poderían ter constituido unha violación do dereito de folga. Para a CIG, “a cuestión non tería outra relevancia que a de acreditar a total falta de dilixencia e eficacia da Administración e da Xustiza, senón for porque os traballadores da Vidreira do Atlántico fartaron a denunciar que o empresario o que procuraba coas súas accións era violar o dereito fundamental de folga dos traballadores, para, posteriormente, pechar a empresa e levar a produción de Xinzo a outros estabelecementos”. O sindicato lamenta a tardanza da Axencia Española de Protección de Datos, pois no seu momento as gravacións poderían “ter constituído probas fundamentais nos procesos xudiciais de denuncia de dereitos fundamentais emprendidos polos traballadores”.


12

BARRIOS Marzo de 2012

EN BREVE

4 O Goberno colaborará no Ano Celso Emilio Ferreiro Por unanimidade a Comisión de Cultura do Congreso acordou instar o Goberno a apoiar decididamente os actos organizados con motivo do centenario do nacemento do escritor celanovés Celso Emilio Ferreiro. A proposición non de lei presentada polos socialistas foi aprobada cunha emenda de substitución do PP, que a deputada popular Ana Vázquez considera “moito máis ambiciosa que o texto presentado pola socialista Laura Seara”, aoi incluir “non só unha petición para o apoio do Goberno, senón tamén a participación da administración do Estado no Exterior nos actos”. Dentro das accións conmemorativas do Ano Celso Emilio Ferreiro vén de lanzarse a web www. celsoemilioferreiro.org, pensada para axudar a difundir a figura do poeta.

4 Cursos na Aula CeMIT de Celanova

A Aula CeMIT do Concello de Celanova organiza este mes de marzo diversos cursos de alfabetización dixital, deseño gráfico asistido por computadora e introdución á informática. Tamén se impartirán cursos para escolares da vila, e haberá oco para que calquera persoa que o desexe se achegue á aula e poida ser axudado ou asesorado polo axente tic responsable.

CELANOVA E COMARCA

O Concello de Celanova permitirá estacionar na Praza Maior e na rúa San Roque 4 Ata un máximo de 30 minutos. Redacción O Concello de Celanova procedeu á instalación dunha nova sinalización reguladora do estacionamento na Praza Maior e na rúa San Roque. A partir de agora, será permitida unha parada máxima de 30 minutos co fin de facilitar xestións no centro de Celanova e ao mesmo tempo impedir que estas prazas, que son para servizo temporal, sexan utilizadas polos usuarios como prazas de aparcamento permanente. O alcalde de Celanova quere aproveitar esta información para saír ao paso, “das mentiras que de forma completamente irresponsable manifesta periódicamente a oposición, neste caso o BNG, que non teñen outro obxectivo co de confundir á poboación e encrespar os ánimos da mesma de forma gratuíta e, como queda dito, de forma completamente irresponsable”. Non é certo, asegura Antonio Mouriño, que durante os últimos días a Policía Local levara a cabo 300 denuncias por infraccións contra o tráfico no casco urbano. Segundo as referencias documentais que obran na alcaldía, durante os 7 primeiros días de marzo foron realizadas 32 denuncias na Praza Maior, na rúa San Roque e aledaños e todo iso “provocado por unha inade-

A Xustiza retrasa o proxecto de convertir en hotel o instituto de Celanova 4 Estima un recurso dos propitarios dos terreos nos que se construiría o novo centro educativo. Redacción

Nova sinalización de prohibido aparcar na rúa San Roque de Celanova. /S.A. cuada –ou extremadamente celosa- interpretación feita polos axentes da Policía Local, respecto dunha serie de normas formuladas polo xefe da Policía Local o pasado día 29 e coas que non pretendía outra cousa que lembrar algunhas das obrigas que son inherentes á súa función pública”. Dende a xefatura da policía local non se lles deu ningunha orde que mudara sustancialmente o costume tradicional da regulación do tráfico e do estacionamento no entorno da Praza Maior, que viña interpretando coa lóxica tolerancia destinada a facilitar a vida cotián dos celanoveses e dos visitantes, os sinais de prohibición de estacionamento. Sen embargo, unha vez que os axentes da policía local tiveron na súa man as normas que lle facilitou o xefe do posto, da noite para a mañá, é dicir, do día 29 de febreiro ó 1 de marzo, pola súa conta fixeron unha interpretación extrema da normativa

e dedicáronse a formular denuncias de forma indiscriminada e sen formular avisos previos, que é a recomendación que se lles ten feito chegar sempre dende a alcaldía. “Esa foi a única razón que deu pé ao malestar vecinal e, polo tanto, por detrás desta decisión non está ningún intento da alcaldía, nin do grupo de goberno, de realizar ningunha campaña recaudatoria”, recalca o alcalde, Antonio Mouriño, nun comunicado á prensa. Campaña informativa Neste mesmo comunicado, o alcalde anunciou unha campaña informativa sobre o novo estacionamento no denominado Parque das Triguerizas, “que todos debemos empezar a utilizar de forma moito máis frecuente co fin de facilitar o tráfico rodado pola vila e ir, pouco a pouco, devolvéndolle as nosas rúas aos peatóns”.

A conversión do Mosteiro de Celanova nun hotel deberá esperar. Unha sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Ourense estima o recurso dos propietarios dos terreos onde se proxectaba construir o novo instituto. Por isto, os socialistas de Celanova amosan a súa satisfación ante esta sentenza, “que converte en papel mollado o intento do alcalde de desaloxar o IES do Mosteiro para convertelo nun hotel”. A voceira do PSdeG, María Jesús Boo explica que da sentenza se conclúe a certeza de que a leira non era de propiedade municipal e os indicios serios de que era da familia dos recurrentes. No seu día, a familia propietaria dos terreos interpuxo un recurso contencioso administrativo contra o acordo de Xunta de Goberno local de Celanova que aprobou a permuta forzosa da súa leira para a obtención de chan dotacional destinado a un novo centro educativo. As autoridades e técnicos do Concello non citaron aos propietarios e chegaron a tomar pose-

Instituto de Celanova. sión dos terreos sen comunicalo, alegando que eran descoñecidos, malia que mantiveran negociacións entre o ano 2009 e 2010, e que comunicaran ao Concello que estaban en proceso de inscrición no Rexistro da Propiedade, “feito que foi ignorado polo alcalde e os técnicos con manifesta mala fe causándolles indefensión”, sinalan os socialistas nun comunicado. Por outro lado, a edil socialista recorda que nos orzamentos da Xunta só figuran 50.000 euros asignados ao proxecto de trasladar o IES do Mosteiro e converter este nun hotel, así como a forte oposición veciñal a este proxecto, recordando as máis de 2.500 sinaturas recollidas polo PSdeG e enviadas á Consellería de Educación.


PUBLICIDADE

BARRIOS Marzo de 2012

13


14

BARRIOS Marzo de 2012

ALLARIZ E COMARCA

Esixen a Xunta e Deputación un compromiso real co Val da Rabeda

EN BREVE

4 Cambio de titularidade dun treito da OU-0108 O Diario Oficial de Galicia recolleu a aprobación definitiva do cambio de titularidade da estrada Allariz-Maceda (OU-0108) entre os puntos quilométricos 18+087 e 18+747, a prol do concello de Maceda. Este traspaso faise necesario porque a vía adquiriu nese punto características de treito urbano. O tramo ten unha lonxitude total de 660 metros e pertence á rede de estradas da Deputación de Ourense. A entrega da vía formalizarase no prazo de dous meses a partir do 15 de febreiro, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega. Desde ese momento, o Concello de Maceda deberá ser responsable de todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía.

4 O DNI pode renovarse no Concello de Maceda O Concello de Maceda informa que o vindeiro día 22 de marzo en horario de 9:00 ata ás 13:00 horas, poderá renovarse o Documento Nacional de Identidade, no Salón de Plenos da casa consistorial. Todas as persoas interesadas, deberán anotarse chamando o teléfono 988 463 001, en horario de 8:30 á 15:00 horas.

4 Axudas por fillo menor de 3 anos ao cargo Os concellos de Maceda, Verín e Allariz mateñen aberto o prazo para a solicitude da axuda autonómica de 360 euros por fillo menor de tres anos ao cargo. Os interesados nesta prestación económica de pagamento único deben informarse nos servizos sociais de Maceda e nos de Verín antes do 23 de marzo. No caso de Allariz, os proxenitores poden dirixirse ata o 26 de marzo ao Centro de Servizos Sociais Comunitarios (988 554 059) para coñecer os requisitos da axuda.

4 Os socialista presentaran unha moción no pleno provincial.

Viaducto de Bouzas, en Baños de Molgas./ADIF.

Adif finaliza a construción do taboleiro do viaduto de Bouzas, en Baños de Molgas 4 A estrutura, de 216 metros de lonxitude, está situada no subtramo Miamán-Ponte Ambía e salva o regueiro de Bouzas. Redacción Adif finalizou a construción do taboleiro do viaduto de Bouzas, situado no subtramo MiamánPonte Ambía, dentro do tramo Zamora-Ourense da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia. O viaduto de Bouzas ten unha lonxitude de 216 metros e salva o val polo que discorre o regueiro de Bouzas, no termo municipal de Baños de Molgas. A estrutura ten 5 alicerces con alturas variables entre 8 e 16 m, e o taboleiro sustenta unha plataforma ferroviaria de dobre vía de 14 metros de anchura.

O trazado do subtramo Miamán-Ponte Ambía, de 6,7 km de lonxitude, discorre integramente polo termo municipal de Baños de Molgas. Ademais do viaduto de Bouzas, como elementos singulares no seu traxecto destacan dous viadutos máis: o de Miamán, de 177 metros de lonxitude, para salvar o val orixinado polo regueiro de Porro, e o de Arnoia, sobre o río do mesmo nome e de 799 metros de lonxitude. Tamén está prevista a construción de dúas pérgolas, de 57 e 117 metros de lonxitude, para salvar a liña de ferrocarril convencional Medina-A Coruña, e do

túnel de Bouzas, de 852 metros de lonxitude, dos cales 676 son en mina e 176 en túnel artificial. Financiamento europeo A LAV Madrid-Galicia, na que se integra o tramo Zamora-Ourense, será cofinanciada no período 2007-2013 por fondos europeos FEDER, cunha axuda estimada de 201,2 millóns de euros.

No subtramo Miamán-Ponte Ambía construiranse tres viadutos e un túnel

Empresas instaladas no Parque Empresarial de Chorente reciben axudas de AGADER Redacción

Espadañedo.

O Parque Empresarial de Chorente recibe importante financiamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do Grupo de Desenvolvemento Rural Avinza GDR-15, do que forman parte os concellos da Bola, Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Rairiz, Taboadela, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía e de

Instalados seis proxectos En total, Avinza investiu, a través de AGADER, 550.384 euros en 13 proxectos durante o ano 2011. Dos proxectos aprobados, 11 productivos e 2 non productivos, seis deles sitúanse en Allariz: unha empresa de servizos de automoción, pintura e decoración, unha ebanistería, escaiolas, artesanía e un local de restauración, que dan traballo direc-

to a preto de 40 persoas. A maioría destes proxectos elixiron o alaricano parque empresarial de Chorente para ubicar a súa nave. A situación estratéxica, ao carón da A-52 e o prezo competitivo (45 euros o metro cadrado) foron características importantes desa elección. Dos 53.000 metros cadrados deste parque empresarial, quedan aínda 48.000 dispoñibles para novas ubicacións.

Redacción A deputada provincial socialista, Victoria Morenza, considera que grazas á moción socialista presentada no último pleno da Deputación o PP fará alegacións para que o Plan Sectorial de Áreas Empresarias da Xunta inclúa Taboadela, recordando o que dixo o voceiro popular, Plácido Álvarez nesa sesión plenaria. A deputada explica que non quere cuestionar a intencionalidade do Grupo Provincial Popular, pero pregúntase se isto sería así de non ter sido pola iniciativa socialista, que finalmente non foi aprobada. Proxecto estratéxico A deputada socialista lembra que o de Val da Rabeda é “o desenvolvemento dun proxecto estratéxico para a provincia no que xa se investiron máis de 10 millóns de euros na compra dun millón de metros cadrados”. No Plan da Xunta o parque de Taboadela aparecía cualificado como inviable, e a deputada afirma que a proposta do PP non implica un grao de compromiso firme da institución provincial para activar este proxecto. Morenza explica que expresións como a de “desenvolver o parque empresarial de Taboadela en función da demanda” non convencen aos socialistas. “O que está claro é que hai que elaborar un proxecto serio con diferentes fases de execución para facer unha oferta viable a empresas e industrias a medio e longo prazo”, apunta.

A deputada socialista Victoria Morenza, nun pleno da Deputación./ARQUIVO. “O tipo de alegacións como a que plantexa o PP da Deputación provoca falta de expectativas, porque a demanda que pode existir na actualidade non é realista debido á recesión na que nos atopamos”, engade. Tamén cuestionan que queiran retomar o proxecto que Xestur Ourense ten para a zona, xa que este plantexamento ten que ser actualizado porque foi precisamente o que a Xunta tomou como referenza para desbotar o Val da Rabeda coma unha actuación viable no seu Plan de Parques Empresariais. Para a política socialista as alegacións do PP non constitúen unha gran achega ás xa plantexadas polo PSdeG na súa moción, como a de facer compatible o futuro parque empresarial coas liñas eléctricas, ou ben a consideración dos populares de que o parque debe ser considerado supracomarcal, cando a iniciativa socialista vai máis alá e incide no carácter estratéxico do Val da Rabeda a nivel provincial. Por último, a deputada critica que o PP intentara consensuar a proposta feita polo PSdeG sobre o Val da Rabeda no propio pleno, cando a moción fora presentada 10 días antes.

A moción do PSdeG foi rexeitada, pero o PP provincial anunciou que alegará para incluir Taboadela no plan de parques da Xunta


ALLARIZ E COMARCA

VIII Xornadas de Igualdade en Allariz Redacción

Co motivo da recente celebración do Día Internacional da Muller e coa intención de continuar na liña de concienciación e sensibilización da poboación, o Concello de Allariz organiza, do 8 ao 29 de marzo, por oitavo ano consecutivo, as Xornadas de Igualdade, que pretenden nesta edición ser un “Manual de supervivencia para a época de vacas fracas”. Logo da charla-coloquio inaugural, na que Eva Salgado, traballadora social, explicou como afecta a crise ás mulleres; obradoiros para homes e mulleres e videoforum (coa proxección de obras como “Fuego” e “Agua” de Deepa Mehta) sucederanse ao longo das xornadas, que serán clausuradas o día 29 de marzo coa segunda edición de Lectura de Poemas e un concerto a cantautora angolana Aline Frazao.

Un mercado venderá produtos ecolóxicos da Reserva da Biosfera 4 Comeza este sábado 17 de marzo en Allariz. Redacción O Concello de Allariz presentou unha nova iniciativa de dinamización económica, enmarcada no programa gastronómico “Allariz Sabe”. É o denominado Mercado da Reserva da Biosfera que venderá a partir deste sábado 17 de marzo produtos ecolóxicos producidos nos catro concellos integrantes da reserva: Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos. O mercado comezará a celebrarse na Praza de Abastos de Allariz todos os sábados ininterrompidamente a partir do día 17, en horario de 9:30 a 14 horas. Unha quincena de productores participan no mercado con produtos fabricados no entorno da Reserva da Biosfera Area

de Allariz. Produtos de horta, hortalizas e froitas, marmeladas e mel ecolóxicas, cogomelos, embutido e queixo do Rexo ou crepes e sirope de bido ós que se engadirán, máis adiante, cervexa artesá e leite ecolóxica producidas en Allariz. Segundo a concelleira de Promoción Económica, Cristina Cid, “este mercado preténde dar saída comercial aos productos da Reserva da Biosfera que se producen no sector primario ligado á agricultura e tamén á gandería” e constitúe “unha boa saída para boa parte dos produtos producidos no noso territorio” O mercado contará con servizos adicionais como deshidratado ou envasado ao baleiro, que permitirán ao comprador elixir o producto fresco, envasado ou deshidratado para conservalo no tempo.

Presentación do Mercado da Reserva da Biosfera./CdA. Ademais, actividades relacionadas coa hostalería e unha programación formativa e didáctica son iniciativas que irán da mán do mercado. Pola súa banda, o alcalde, Francisco García, sinalaba os obxectivos principais da proposta, remarcando a constitución dunha canle de comercialización dos productos ligados ao sec-

tor privado neste mercado de proximidade “que terá unha oferta especializada e de calidade”. Preténdese, ademais, manter vivo o territorio e evitar o despoboamento do rural.

A Praza de Abastos acollerá o mercado os sábados á mañá

Allariz aproba o seu orzamento municipal

O PP denuncia que o Concello non pague un millón en facturas

4 Ascende a 6 millóns de euros.

4 O Concello recoñece tamén 52 dereitos incobrables por importe de 2,2 millóns de euros.

Redacción O pleno da corporación municipal de Allariz aprobou de maneira definitiva na sesión ordinaria de febreiro, cos votos a favor do BNG e en contra do PP, o orzamento municipal de 2012. As contas ascenden a preto de seis millóns de euros. Mentres que por unanimidade e a proposta do gru-

po de goberno decidiuse declarar o 24 de febreiro como día de Rosalía de Castro. O pleno concluíu coa subsanación do acordo de cesión no expediente de cesión patrimonial dunha parcela para a ampliación do colexio público de infantil e primaria, Padre Feijóo e unha moción do BNG polo 8 de marzo, Día internacional da Muller.

Redacción O voceiro do PP de Allariz, Antonio Rodríguez Miranda, vén de denunciar que o Concello declarou “unilateralmente” o impago de facturas a provedores por un importe próximo a un millón de euros. Refírese a 360 facturas pendentes de pago,

que suman 930.223 euros. Rodríguez Miranda critica que a decisión de non pagar estas facturas non fora comunicada aos provedores de xeito persoal, senón tan só coa publicación no BOP. “Esta actuación só se pode entender, para tratar de atenuar os terribles datos negativos de liquidación que arroxarían as contas

municipais, a causa da baixa de dereitos superior aos dous millóns de euros”, argumenta Rodríguez Miranda. E é que ao mesmo tempo, o Concello recoñeceu a baixa dun total de 52 dereitos incobrables, por un importe total de 2.248.211 euros, que datan dende o ano 1992 ata o ano 2007.

BARRIOS Marzo de 2012

15

EN BREVE

4 Curso gratuíto sobre alimentación saudable O Concello de Maceda organiza un curso de aimentación saudable “Do campo a mesa”. O seu obxectivo é promover a alimentación saudable, promover comportamentos alimenticios saudables, informar aos asistentes sobre os valores nutricionais dos alimentos e como elaborar receitas saudables. Está dirixido a calquera persoa en xeral, agás traballadores da administración pública. O prazo de inscrición remata o 16 de marzo. [Máis información no 988 463 001]

4 Obtención dos certificados Celga O Concello de Maceda informa da convocatoria de probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2012. O prazo para inscribirse nas probas remata o 3 de abril. Tamén en Celanova está aberto ata o 16 de marzo o prazo para inscribirse na Oficina de Información Xuvenil e de maneira gratuíta, no curso de galego Celga 2.

4 Matrícula na Aula de Espera A aula de espera de Allariz mantén aberto ata o día 20 o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2012/2013. Trátase dunha iniciativa que atende, de 7:30 a 10:30 horas, a escolares de 3 a 11 anos, co obxectivo de favorecer a conciliación familiar e laboral.


16

BARRIOS Marzo de 2012

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

BARRIOS Marzo de 2012

17


18

BARRIOS Marzo de 2012

especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

Asador - Restaurante Os Caracoles, aposta segura para as túas celebracións O hotel-restaurante conta con tres salóns para a realización de vodas, banquetes e ceas de empresa Para aquelas parellas que están a decidir onde celebrar o convite da súa voda o Asador-Restaurante Os Caracoles é unha aposta segura. Situado na Derrasa, a oito quilómetrosda cidade, o seu propietario, José Antonio Caneiro Fernández, apunta “á calidade en cociña, con produtos de moi boa calidade, e ao servizo personalizado que temos”,

como os motivos que levan a que moitos ourensáns confíen ano tras ano neste restaurante para as súas celebracións. Servizos específicos para vodas O establecemento, especializado en alta cociña rexional, ofrece aos noivos a posibilidade de confeccionar o menú adaptándose

Dispón de dous salóns específicos para banquetes, para 70 e 200 comensais

Información e reservas: Tel. 988 380 165 A Derrasa s/n - Pereiro de Aguiar

Fachada principal do establecemento.

aos seus gustos e posibilidades. Pódese completar a festa con baile posterior con barra libre, disc jockey ou orquestra, segundo a elección de cada parella. Para dar o mellor servizo e a máxima comodidade aos seus clientes, Asador- Restaurante Os Caracoles tan só se compromete a un banquete por día e salón. Ademais do salón de servizo á carta con capacidade para 100 persoas situado na primeira planta, dispón de dous salóns específicos para banquetes, con capacidade para 70 e e 200 comensais respectivamente, na segunda planta. Outros servizos Os Caracoles é tamén hotel (con 15 habitacións), e ofrece os servizos de cafetaría, con almorzos, petiscos e tapas típicas galegas. O establecemento conta cun amplo aparcadoiro exterior, e zonas verdes con servizo de terraza e zona de xogos para nenos.

Noar Novias: deseños para noivas, festa, madriñas e comuñón Noar Novias, boutique situada moi preto de Ourense capital, na Valenzá, presenta as súas novidades para esta tempada. En primeiro lugar para as noivas mais esixentes trae en exclusiva para Ourense,a colección Luna Novias, con deseños cheos de estilo, con corpos drapeados, con encaixe, e saias con moito volume, con volantes, flores, etc. sen esquecerse doutras coleccións para as noivas que prefiren outro estilo, como as da marca Alba Moda.

Vestido da colección Luna Novias Doutra banda, a festa e a madriña veñen da man de firmas como Luna Novias, Ronald Joyce e Pepa Recasens, con vestidos moi xuvenís e cores frescas. A comuñón dos nosos fillos tambien é un acontecemento moi importante, e Noar Noivas ten todo o necesario para que ese dia

Vestido de festa de Luna Novias.

salga todo perfecto, e poriso conta cunhas coleccións moi bonitas, das firmas Tappiz, Nova Drima, Carmy, Victorio & Lucchino e Lovely Day. Noar Novias tamén ofrece a prezos incribles complementos, zapatos, tocados, can can, roupa interior, etc.

Estamos en: av. Celanova, 37, A Valenzá Tel. 988 60 64 88 http://www.noar-novias.es/


VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

A túa cerimonia, nas mellores mans Ben sexa a túa voda, o bautizo ou a primeira comuñón do teu fillo, o comercio ourensán ten todo o que precisas para que o día elixido saia redondo Se casas, deixa os pequenos detalles dese gran día en mans dos profesionais, aforrarás tempo e diñeiro: para elixir as invitacións e os detalles para os invitados podes acudir a unha empresa de organización de eventos, como Event Bodas y Fiestas. Á hora de elixir a roupa, se precisas un vestido de noiva deposita a túa confianza en Noar Novias ou Consuelito, e se vas de invitada, non deixes de pasar por Komodamoda, con traxes de festa en tallas grandes. No caso de que esteas preparando un bautizo ou comuñón, non esquezas dar unha volta por Gwendoline, onde atoparás todo para vestir de cerimonia aos máis pequenos da casa. E onde comemos? Celebra o banquete do teu enlace ou a comuñón ou bautizo do teu fillo en Asador-Restaurante Caracoles. Para desprazarte ti e os teus de forma segura a calquera destes restaurantes contrata un autobús co

Vestido de noiva de Sincerity á venda en Consuelito. Grupo Anpian, e pásate por Viaxes Piña para elixir o destino da túa lúa de mel.

Confía nos establecementos ourensáns para que ese día especial todo saia ben

BARRIOS Marzo de 2012

19

O custo medio dunha voda acada en Galicia os 14.000 euros A Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI) cifrou en 14.000 euros o custo dunha voda na comunidade autónoma de Galicia, un prezo lixeiramente inferior á media estatal, que acada os 14.390 euros. Para establecer este prezo medio a FUCI realizou un estudo do custo dunha voda con 100 convidados en 30 cidades españolas, comprobando que os gastos desta celebración oscilan entre os 8.000 e os 20.000 euros, sendo Madrid a capital na que unha voda é máis cara (17.550 euros) e Canarias na que resulta máis barata (12.000). Dentro deste prezo o maior dos gastos xérao o banquete, que ronda a metade do total. En función do restaurante e do menú escollidos, o custo por convidado por variar entre os 40 e os 90 euros, aos que se suman a contratación de actuación musical e barra libre, que suma uns 1.000 euros máis. A indumentaria da noi-

va é o segundo aspecto máis caro, que pode superar os 1.500 euros, sumando o vestido, os zapatos, a maquillaxe, o peinado e o ramo. A continuación sitúase a viaxe de noivos que, aínda que varía moito en función do destino escollido, non adoita ter un prezo inferior aos 1.400 euros. Pola súa banda, que o noivo estea perfecto pode custar ata os 900 euros (cun prezo mínimo de 330 euros). E, por último, a contratación dunha reportaxe fotográfica e o video ronda os 725 euros de media.

O maior dos gastos xérao o banquete, en función do restaurante e do menú.


20

BARRIOS Marzo de 2012

especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

PUBLIRREPORTAXE

Elige Event Bodas y Fiestas, acierta en la organización de eventos Como novedad esta temporada presentan las cenas-show para grupos y despedidas Más de diez años dedicados al asesoramiento de las parejas que preparan su enlace es la garantía que ofrece Event Bodas y Fiestas, empresa pionera en Ourense en la organizaciónde todo tipo de eventos. Los novios ahorrarán tiempo, dinero y preocupaciones encargándoles cualquiera de los detalles que conlleva organizar una boda, como la elección de las invitaciones, los trámites documentales, la asesoría, las alianzas, los trajes, la peluquería, la música, el reportaje fotográfico y de video o el banquete. Cualquiera de estos servicios se puede contratar de forma individualizada. En Event te asesoran y se encargan de solicitar varios presupuestos para ofrecerte el mejor precio posible, adaptándose a tus posibilidades y ofreciéndote descuentos. Cada temporada incorporan nuevos diseños deinvitaciones, con una línea económica tanto en éstas como en detalles para los invitados. De las fotos y vídeo se encargan las fotógrafas Ana

Teresa Rodríguez, propietaria de Event, posa con un

modelos de detalle que tiene en exposición. y Luna, que se comprometen a un único reportaje de boda por día para ofrecer a los clientes el mejor servicio. En el apartado musical, trabaja con Event la única soprano organista profesional de toda Galicia. Todo tipo de eventos Sea para una primera comunión, una fiesta, una despedida de soltero o un cumpleaños, Event dispone de todo tipo de animación: payasos, hinchables, animadores, dúos o tríos musicales, discotecas móviles, stripers, go-go’s y otras sor-

presas. Cenas-show Además, este año Event Bodas y Fiestas te propone una alternativa diferente y original para las despedidas de soltero o celebraciones de grupos: cenas-show colectivas, compartiendo local con otros grupos de chicos y chicas. Además de un menú completo, el precio incluye espectáculos de humor, strippers, gogos, y sesión disco con dj. La diversión está garantizada. Infórmate de las fechas y haz tu reserva en Event.

Estamos en: c/Celso Emilio Ferreiro, 36, bajo, Ourense Tel. 988 240 548 -619 81 96 44

info@event-bodas.com - www.event-bodas.com

ANPIAN pon á túa disposición a maior frota de autobuses e coches de luxo Moitas familias iniciaron os moitos trámites que hai que facer para regalar aos seus invitados e a eles mesmos un día inesquecible: bautizo, comuñón ou voda. E porque na organización destas celebracións hai que pensar en multitude de aspectos para que todo salga ben, o grupo ANPIAN pon a disposición de todos os seus clientes o maior abano de posibilidades relacionadas co transporte e a viaxe, para que non teñas nada de que preocuparte neste aspecto. Grupo ANPIAN pon ao voso servizo a maior frota de autobuses e coches de luxo e os seus máis de cincuenta anos de experiencia, para que todo saia perfecto. Evitar que os familiares e os amigos collan o coche nun día propenso aos excesos é sinxelo. A chegada do noivo ou a noiva ao lugar onde se celebra a cerimonia ou o traslado do novo matrimonio ao banquete serán momentos para a posteridade grazas aos vehículos de alta gama dos que dispón Anpian. Viaxes de noivos E ademais, contactando con calquera das axencias de viaxe do grupo, Viaxes Piña ou Viaxes Auria, faci-

Elixe un vehículo de luxo para chegar a túa voda.

Asesoramento nos mellores destinos de lúas de mel, en Viaxes Piña e Viaxes Auria litaranvos reservas de hotel e traslados para os vosos invitados e como non, asesorarán aos noivos nos mellores destinos, os mellores hoteis e as mellores opcións para a súa lúa de mel coa mellor relación calidade-prezo. Tendo en conta o complicado que resulta compatibilizar as obrigacións diarias cos preparativos, a posibilidade de xestionar, case ao mesmo tempo o transporte, o aloxamento dos invitados e a viaxe de noivos é toda unha vantaxe. Os seus máis de cincuenta anos de experiencia non rifan co afán de evolución e innovación en todas as ac-

tividades empresariais que desenvolve. O grupo aposta sempre por unha impecable formación continua a todos os seus traballadores, os seus coches e autobuses incorporan sempre os últimos avances en seguridade e confort, incluso adiantándose en anos ás obrigacións legais en materia de seguridade e por suposto, a innovación na prestación de todos os seus servizos, fai que o grupo sexa o referente do sector en toda a provincia. En definitiva, o grupo ANPIAN ofrece a garantía da experiencia coa comodidade da modernización dos seus servizos.

Estamos en: Anpian - r/Ervedelo, 58 - Ourense Viaxes Piña - r/Ervedelo, 69 Viaxes Auria - r/Cardenal Quevedo, 2


VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS especial

BARRIOS Marzo de 2012

21


22

BARRIOS Marzo de 2012

especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑÓNS

publirreportaxe

Gwendoline: más de 25 años vistiendo a bebés y niños para bautizos, comuniones y arras Gwendoline es una tienda de ropa de ceremonia especializada en niños con una experiencia de más de 25 años a lo largo de los cuales se ha convertido en un punto de referencia en el sector. Porque cada detalle es importante en una ceremonia, en esta tienda les ofrecemos más de cien modelos de vestidos de arras para niñas desde un año en adelante asi como trajes para niños de todos los estilos (lino, fracs, smokings, chaqués, etc...) También vestimos a los bebés para su bautizo, así como a los más mayores para el día de su comunión. Encontrará además todo tipo de complementos para esos eventos (cestas de arras, cojines para anillos, calzado, diademas, flores para el pelo, rosarios, velas y un largo etc.). Si tiene que

vestir a sus pequeños para una ceremonia, no dude en visitarnos.

Tenemos todo tipo de prendas para ceremonias y otras fiestas de etiqueta

Escaparate de la tienda Gwendoline.

Estamos en:

Galerias Sto Domingo - c/Sto Domingo nº 64 - Ourense - Tel. 988 252 173

gwendolineorense@hotmail.com

Preparar unha comuñón custa uns 2.200 euros Pola súa banda, segundo a FICU o custo medio dunha primeira comuñón ronda en Galicia os 2.200 euros, aínda que a crise está obrigando ás familias a axustar máis o seu presuposto, o que se está a notar, principalmente, na compra dos traxes e os accesorios. Así, os traxes de comuñón de nena preferidos polos galegos adoitan ter un prezo de entre 250 e 300 euros (fronte aos contados casos nos que se adquiren vestidos de 600, 700 e incluso 1.000 euros). Pola súa banda, o clásico traxe de mariñeiro para os rapaces custa, aproximadamente, uns 200 euros. Pero, sen dúbida, é o banquete o que tamén no caso das comuñóns dispara a factura, debido á gran importancia que as fami-

lias galegas dan á gastronomía, así como que ese día se convirta en inolvidable para os máis pequenos. Porén, de novo Galicia sitúase a medio camiño entre as comuñóns máis caras e as máis baratas de España, xa que repite Madrid como a comunidade cun prezo medio maior (situándose este ao redor dos 3.000 euros) e Tenerife como a cidade na que custa menos organizar este tipo de celebracións (uns 1.600 euros).


OURENSE PROVINCIA

Benestar abrirá en setembro tres novas escolas infantís

As localidades ourensáns de Oímbra e A Merca contarán con unha nova escola infantil da rede A Galiña Azul a partir de setembro, o que suporá unha inversión total de 650.000 euros. A de A Merca terá tres 41 prazas, mentres que a de Oímbra contará con 20 prazas. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou as obras da escola infantil de Oímbra, que será a primeira escola infantil pública da comarca. O investimento total na construción e o equipamento desta infraestrutura vai superar os 150.000 euros e o custe anual e funcionamento do centro estímase nos 90.000

euros. Beatriz Mato apuntou que as escolas infantís son “un servizo esencial” para as familias actuais porque garanten unha atención de calidade e permiten avanzar na conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Por iso, o departamento autonómico ten creado máis de 2.100 novas prazas públicas no que vai de lexislatura, un 39% máis das que existían en 2009, e antes de que remate o ano porá en funcionamento 1.000 máis. Mato avanzou que no próximo mes de setembro previse a inauguración de tres escolas infantís na provincia de Ourense (a terceira é a de Cartelle), que elevarán a 1.164 as prazas

23

Urbaourense solicita a inclusión de cinco parques empresariais nas previsións da Xunta

4 Beatriz Mato visitou as obras das de Oímbra e A Merca. Redacción

BARRIOS Marzo de 2012

Redacción

Beatriz Mato visitou na Manchica (A Merca) o solar da nova escola infantil. /RAMSÉS públicas na provincia, un 21% máis das que había en abril de 2009. Unha nova escola infantil na Merca Na mesma xornada, a conselleira de Traballo e Benestar visitou as obras da nova escola infantil da Merca, que será a primeira destas características coa que contará o concello e

suporá incrementar nun 67% o número de prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos da comarca de Terra de Celanova. O investimento l na construción e o equipamento desta escola de 41 prazas supera os 500.000 euros e o custe anual de mantemento do centro estímase nos 180.000 euros.

Urbaourense, a sociedade urbanística da Deputación, pedirá á Xunta de Galicia que inclúa no rexistro do Plan Sectorial de ordenación de Areas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia aos parques empresariais –que se atopan en estudo, en fase de execución ou xa executados, segundo

sexa o caso-, de Oímbra, Cualedro, Esgos, Cenlle e Nogueira de Ramuín. Outros asuntos tratados na reunión do consello de administración de Urbaourense foron a construción de seis vivendas na Gudiña, o estado de execución do parque empresarial de Nogueira de Ramuín e a posible creación dun poligono empresarial e catro vivendas protexidas en Muíños.

Última reunión de Urbaourense./A.PAZ.


24

BARRIOS Marzo de 2012

EN BREVE

4 Cinco millóns en obras nos concellos O Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais 2012 destina este ano máis de cinco millóns de euros á realización de obras nos concellos da provincia e á conservación da rede viaria provincial. Entre as obras deste Plan figura o remate da piscina municipal de Baltar, cun orzamento de 141.300 euros. Asemade, o Plan Complementario de Cooperación contempla uns investimentos de 4,8 millóns de euros para obras municipais e da rede viaria, obras que se executarían na medida na que existan créditos dispoñibles.

4 Amplían a rede provincial de “Puntos limpos” A Deputación de Ourense sumará nos vindeiros meses catro novos “Puntos Limpos” á rede provincial, ubicados no Carballiño, Castro Caldelas, Pereiro de Aguiar e Vilamartín de Valdeorras. O ente provincial desenvolve este proxecto de centros de reciclaxe co apoio técnico e financeiro da Xunta de Galicia, a través dun acordo que permitiu poñer en funcionamento instalacións similares en Bande, Calvos de Randín, A Gudiña, Muíños, A Peroxa, A Pobra de Trives, A Rúa, Verín e Xinzo de Limia. Para a instalación dos catro novos puntos limpos o investimento total, que ascende a 1,4 millóns de euros, será financiado a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta.

OURENSE PROVINCIA

Adiántase a campaña de prevención de incendios 4 Arden máis de 1.800 hectáreas en 15 días. As queimas controladas están suspendidas ata novo aviso. Redacción A mediados do mes de febreiro a Xunta de Galicia tomou a determinación de adiantar tres meses a súa campaña de prevención de incendios debido á considerable seca que está a sufrir a nosa comunidade. Así, a partir de entón máis de catro mil axentes da Garda Civil comezaron a percorrer os montes galegos para evitar os lumes e perseguir aos incendiarios, contando á súa disposición con sete helicópteros proporcionados polo goberno autonómico e outros dous cedidos polo central. Pero nin o adianto desta campaña de prevención foi suficiente para evitar que Galicia comezase de novo a arder. Concretamente na provincia de Ourense, dende o 25 de febreiro ata o 14 de marzo arderon 1.899 hectáreas, que afectaron a uns 15 concellos, algúns dos cales viron o lume moi de preto en varias ocasións en pouco máis dunha semana. A primeira localidade en ser pasto das chamas foi a Mezquita, onde no municipio de Chaguazoso o 25 de febreiro foron calcinadas 25 hectáreas e catro días despois ardían no de Pereiro nada menos que 230. A partir de entón

numerosos incendios comezaron a xurdir en diversos puntos da nosa provincia. O día 26 do mes pasado arderon 30 hectáreas en Calvos de Randín; e 24 en Cualedro e 20 en Carballeda de Valdeorras ao día seguinte. O 29 de febreiro, ademais do importante incendio de Pereiro (A Mezquita), producíronse tamén outros na Gudiña (que calcinou 71 hectáreas), Castrelo do Val (70), Vilariño de Conso (70), San Xoán de Río (60), Chandrexa de Queixa (70) e o máis grave dos acontecidos nestas últimas datas na nosa provincia, que tivo lugar no municipio da Veiga (A Ponte), onde o lume arrasou cun total de 350 hectáreas, todas elas de monte raso. Xa o 1 de marzo arderon en San Cristobo de Cea 25 hectáreas, 78 en Baltar, 20 en Monterrei, 75 en Lobios, 85 de novo en San Xoán de Río e outras 16 en Chandrexa de Queixa. Así mesmo, o terceiro mes do 2012 botaba a andar con outro incendio de dimensións máis que preocupantes, 200 hectáreas de monte raso arderon en Xunqueira de Ambía a causa dun lume que comezou a mediodía e non foi extinguido ata pasadas as 22 horas; así mesmo, no municipio de Barroso (Avión) onde entre a última hora do venres 9 e o mediodía do

Reunión de autoridades dos Gobernos autonómico e central para coordinar a cooperación na loita contra os incendios forestais./XdG. sábado 10 de marzo arderon 32 hectáreas de arborado. Por último, os dous últimos lumes extinguidos ata o peche desta edición (mércores 14 de marzo) foron un que aconteceu en Vilamarín e que calcinou 150 hectáreas de monte raso, e outro en Carballeda de Valdeorras, que arrasou con outras 198 hectáreas rasas. Refórzase o control Co fin de que ningunha persoa que prenda lume nos montes galegos quede impune, o titular de Presidencia, Alfonso Rueda, vén de aclarar que “se manterán as patrullas no monte e que de cara ao verán se vai incrementar aínda máis a presión policial sobre todos aqueles que o intenten queimar”. Suspensión das queimas O luns 12 de marzo, a Xunta de Galicia suspendeu as queimas controladas ate novo aviso. A decisión tomouse, explicaron desde a administración autonómica, en previsión dun incremento progresivo do vento, que unido á persistente seca aconsellaba tomar esta medida preventiva. Isto implicou que quedaron tamén en suspenso os permisos xa concedidos.

4 40 imputados no que vai de ano No que vai de ano un total de 40 persoas foron imputadas por delitos relacionados cos incendios forestais. Entre os detidos atópase un veciño da Gudiña, ao que se lle outorga a autoría dun lume en Barxa que afectou a unha superficie de 3.000 metros cadrados de monte raso e 1.000 metros cadrados de arborado, como consecuencia dunha queima non autorizada. Tamén por este motivo foi detido un veciño de Vilavella, na Mezquita, acusado de ser o presunto autor dun incendio que tivo lugar en Salgueiriños e afectou a 100 metros cadrados de matogueira; e outro de Riós por ocasionar un lume que arrasou 800 metros cadrados de monte raso nesta localidade. Asemade, foron detidos unha veciña de Verín, como presunta autora dun lume que afectou unha superfice de 1.500 metros cadrados de monte raso; e un veciño de Muiños, de 72 anos, como presunto autor dun delito de incendio forestal tras prender lume de xeito intenciona-

do nun monte de Maus de Salas, que afectou unha hectárea. Pola súa banda, sete foron os imputados por realizar de xeito incorrecto queimas autorizadas de resíduos agrícolas; tratouse dun vasco de 61 anos que foi detido na Veiga como responsable dun lume no que arderon 11,30 hectáreas; un home de Vilariño de Conso, de 46 anos, que ocasionou un incendio forestal que afectou a 70 hectáreas de monte raso; unha ourensá de 74 anos, que ocasionou un incendio en Vilamarín que arrasou con 0,04 hectáreas de monte desarborado; outro ourensán de 41 anos como autor dun lume que afectou a 0,07 hectáreas de monte raso en Abeleda; un veciño de Bande de 51 anos que ocasionou un lume que arrasou 0,20 hectáreas colindantes cunha das súas propiedades; unha ourensá de 69 anos que non puido evitar a queima de 0,42 hectáreas; e un veciño de Cenlle que causou un lume que afectou a 50.000 metros cadrados de monte arborado.


PUBLICIDADE

BARRIOS Marzo de 2012

25


26

BARRIOS Marzo de 2012

DEPORTES

Chega a segunda edición do “Pozo do Demo” 4 Será o 1 de abril en Verín. Redacción

O verinés X.M. Ferreira Colmeneiro recibindo a beca de mans do deputado Luciano Rivero, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e do responsable de deportes, Bernardino González. /P.LODEIRO

A Deputación concede as Bolsas do Deporte 2011

4 60 deportistas ourensáns foron os beneficiarios destas axudas. Redacción A Deputación Provincial de Ourense concedeu as Bolsas do Deporte a 60 deportistas ourensáns, sumando unha axuda total de 30.000 euros. Nun ano no que se rumorea que a institución provincial vai deixar sen axudas a todos os clubs (menos a Ponte Ourense, CD Ourense e COB), a Deputación mantén unhas becas que leva entregando ininterrumpidamente desde 1988. O acto de entrega estivo presidido por Manuel Baltar, acompañado polo asesor de deportes da Deputación, Bernardino González, e o deputado resonsable de deportes, Luciano Rivero. Tres grupos Devanditas axudas están enmarcadas en tres grupos: un primeiro grupo, cunha dotación de 1.425 euros, que recoñece a aqueles deportistas que tiveran ou puideran ter a consideración de olímpicos, que participen habitualmente, coa Selección Nacional Española en probas de campionatos do mundo ou europeos, ou que pola súa especial traxectoria e prestixio, sexan merecedores de ocupar este grupo. Tres deportitas son os que están no primeiro grupo (Iván Salgado López

-xadrez-, José Alfonso Palomanes Martinez -atletismo- e Luis Fernando Moro Moro -atletismo-). Un segundo grupo no que están oito deportistas que se levan 850 euros, e que son merecedores desta axuda porque participaron, con razoable éxito, en campionatos de España absolutos acadando, na maioría dos casos, finais, ou estiveron seleccionados ou preseleccionados coa Selección Española, e mantiveron unha continuidade de varios anos no seu nivel competitivo. No terceiro grupo (con contía de 630 euros) están encadrados os deportistas que figurando en postos de relevancia no ranking dos seus respectivos deportes

ou que se incorporaran á convocatoria nesta temporada, ou que pertencendo a disciplinas deportivas en expansión, aínda non acadan os méritos suficientes para figurar nos grupos anteriores. Sete deportistas recibiron estas axudas. Axudas extraordinarias Por último, están as axudas extraordinarias, que son un primeiro paso para acceder á bolsa en vindeiros anos, ben sexa pola súa xuventude ou por que unha lesión cortara a súa progresión. 42 deportistas foron os beneficiarios destas axudas extraordinarias cuxa contía foi de 345 euros.

Foto de familia dos becados pola Deputación de Ourense no 2011. /P.LODEIRO

O Concello de Ourense xunto coa Asociación de Senderismo “Ruta das Augas” organizan por segundo ano consecutivo a 2ª Andaina-Carrera de Monte “Pozo do Demo”. O domingo1 de abril é o día elexido para esta cita que contará cunha andaina, unha carreira de montaña e catro carreiras para escolares. A andaina dará comezo ás 9.30 horas con saída e chegada no pavillón municipal de Verín. 18 quilómetros dun percorrido distinto ao do ano pasado, polo que a baixada do monte Montemaior está fixada pola zona de A Fraga, sempre á par do Pozo do Demo. Antes, en Veiga das Meas, estará instalado un avituallamiento. Horarios A carreira de montaña dará o pistoletazo de saída a partir das 11.30 horas e terá un percorrido de 11,37 quilómetros, tamén modificado (como a andaina) lixeiramente

Cartel da carreira do Pozo do Demo. os tres últimos quilómetros con respecto á primeira edición, para adentrala polos bosques de Cabreiroá para darlle un maior atractivo. A saída será no Balneario de Cabreiroá e rematará a proba no pavillón municipal de Verín. Na propia zona do pavillón verinés daranse lugar as carreiras escolares. Ás 10 horas comezará a carreira benxamín sobre unha distancia de 700 metros. Ás 10.15 horas, turno para os alevíns coa mesma distancia (700 metros). Os infantís percorrerán 2.000 metros a partir das 10.30 horas, e finalizarán as carreiras escolares a carreira cadete ás 10.45 horas sobre

2.000 metros. Inscrición A inscrición será gratuita e poderase realizar ata o 29 de marzo no Pavillón de Deportes de Verín (teléfono 988 411 140), no correo pozododemo@verin.net, en Multisport ou na Asociación de Senderismo “Ruta das Augas” (teléfono 600 410 018). Desde a organización contan con superar os 700 participantes da primeira edición. Ao final das carreiras haberá entrega dos premios e sorteo de agasallos entre os participantes.

Inscricións ata o 29 de marzo

O Verín CF métese nun lío

4 Os posibles arrastres de Terceira División fanlle perigar a permanencia. R. Torres Comezou mal a tempada, logo recuperouse e logrou saír dos postos baixos, e de novo volve complicarse a vida. O Verín CF anda xogando con lume este ano e actualmente ocupa a 15ª posición, unha posición da que non se descende directamente, pero que polos arrastres da Terceira División é posible que se baixe de categoría se se remata nesa posición. Nos sete últimos partidos, o equipo verinés tan só puido sumar dous puntos de 21 posibles, cinco derrotas e dous empate e a pobre bagaxe que ofrecen os

de Tonino en dous meses. Todo comezou a torcerse na visita aos Carrís para enfrontarse ao Barbadás. Os dous conxuntos chegaban nunha dinámica positiva, pero a vitoria por 4 a 0 para os locais foi unha dura losa para os da comarca de Monterrei. A partir dese momento caída libre hacía unha posición perigosa da que ten que saír se non quere xogar o ano que ven en Primeira Rexional. Alerta Traviesas Para enmendar o desaguisado, o Verín ten unha nova oportunidade esta xornada, a número 28, contra o Alerta Traviesas. Os vigueses son 18os (postos de descen-

so) con 26 puntos. A vitoria para os de Tonino suporía unha bolsa de osíxeno nun tramo final de tempada que se presenta moi duro; pola contra a derrota metería de cheo aos “rojillos” na zona baixa da táboa. O partido será no José Arjiz.

Un xogador do Verín.


DEPORTES

BARRIOS Marzo de 2012

27

Lete Lasa convida aos concellos ourensáns a sumarse ao Plan Galicia Saudable 4 O secretario xeral para o Deporte reuniuse cos alcaldes da provincia para presentarlles as vantaxes desta iniciativa. Redacción O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo o pasado 8 de marzo unha xuntanza con alcaldes e representantes municipais da área de Ourense e outra cos da área de Valdeorras, para presentarlles o Plan Galicia Saudable, unha acción encamiñada a gañar apoios á Declaración de Galicia Saudable que promove o Goberno galego e que se presentará publicamente o vindeiro mes de abril. No encontro, Lete Lasa fixo un chamamento aos responsables locais para adherirse a dito Plan e, deste xeito, contribuír ao obxectivo de lograr un país máis activo e san. Unhas xuntanzas que se enmarcan na serie de encontros que o secretario xeral para o Deporte está a manter con distintos dirixentes locais. José Ramón Lete Lasa reuniu en Ourense e no Barco de Valdeorras a alcaldes, concelleiros e técnicos municipais para darlles a coñecer o Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable, aos que informou do contido e da transcendencia do mesmo e resaltou a “importancia da adhesión dos municipios aos seus obxectivos a través da Declaración de Galicia Saudable”. Segundo explicou Lete Lasa, “o fin último do proxecto é estender a práctica deportiva entre a poboación galega e concienciar á sociedade dos seus beneficios para a saúde”. A primeira das reunións celebradas na provincia de Ourense tivo lugar na capital. Nela, o secretario xeral para o Deporte e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, conversaron con representantes dos concellos ourensáns de A Bola, A Merca, A Peroxa, Allariz, Avión,

Arnoia, Amoeiro, Baltar, Baños de Molgas, Cartelle, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Cenlle, Coles, Cortegada, Leiro, Lobios, Maside, Melón, Muíños, Nogueira de Ramuín, Carballiño, Ourense, Paderne de Allariz, Parada do Sil, Pereiro de Aguiar, Piñor, Porqueira, Punxín, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Sandiás, Toén, Trasmiras, Vilamarín, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadañedo e Verín, así como o rexedor de Carballedo, da provincia de Lugo. Pola súa banda, no Barco de Valdeorras, Lete e Martínez presentaron o plan ante representantes municipais de Trives, A Rúa, A Veiga, Manzaneda, O Barco de Valdeorras, Petin, Rubia, Viana do Bolo e Vilamartín de Valdeorras. Obxectivos Ademais da importancia e dos obxectivos do plan, o secretario xeral para o Deporte explicoulles aos representantes municipais o estado actual do mesmo e as fórmulas previstas para a participación dos concellos e agrupacións municipais de Galicia, que se fará a través da Rede Galega de Unidades de Promoción do Exercicio Saudable. Segundo dixo, “o obxectivo da Xunta é artellar un proceso o máis transversal e completo posible”, polo que salientou o interese de

implicar a todos os concelleiros e técnicos dos diversos departamentos municipais relacionados co eido de actuación do Plan Galicia Saudable: deportes, educación, sanidade, transportes, urbanismo, turismo, medio ambiente, servizos sociais, etc. O Plan Galego para o Fomento da Actividade Física Galicia Saudable é a resposta unitaria do Goberno galego para loitar contra o sedentarismo e as enfermidades asociadas ao mesmo, a través dunha aposta por promover cambios no estilo de vida da sociedade galega e impulsar a práctica da actividade física. Neste sentido, o secretario xeral para o Deporte explicou aos representantes municipais que “o Plan non só quere promover cambios, senón tamén asegurar que eses cambios se consoliden e sexan sustentables, de aí a importancia de traballar de xeito coordinado con outros ámbitos da administración”. O papel da muller Coincidindo coa celebración do Día da Muller, durante a súa intervención Lete Lasa tamén tivo palabras de recoñecemento para o papel das mulleres no deporte.

Lete Lasa en Ourense. /RAMSÉS

O plan impulsa a práctica da actividade física

Participantes da proba escolar do pasado ano. /ARQUIVO

Todo listo para os 10 Qm. Vila de Xinzo de Limia

4 Este domingo 18 de marzo chega a súa quinta edición. Redacción O vindeiro domingo, Xinzo de Limia terá unha cita co atletismo, na que será a 5ª edición dos 10 Qm. Vila de Xinzo de Limia, proba organizada pola Concellería de Deportes. Trátase dun dos eventos deportivos máis multitudinarios que se producen na comarca Limiá, pois participan mais de 600 atletas de tódalas idades, que realizarán unha das

catro carreiras programadas pola organización. Ás 10:30 h terá lugar a saída para as categorías infantil e cadete, cun percorrido de 2.300 metros. Ás 10:50 h será o turno para os benxamíns e alevíns (1.500 metros) e ás 11:15 h daráse a saída da carreira absoluta. Para rematar, ás 12:30 h, os pitufos percorreán 350 metros nas inmediacións do Pavillón de Deportes.

rreiras escolares poderánse facer ata o venres día 16 na oficina do Pavillón de Deportes ou na web www. limiactiva.com A inscrición para a carreira absoluta xa está pechada dende o xoves día 15.

Máis de 600 atletas de todas as idades participarán na V 10Qm Vila de Xinzo de Limia

Carreiras escolares As inscricións para as ca-

140 nenos limiaos practicaron atletismo 4 Na terceira xornada de Xogando ao Atletismo celebrada en Xinzo de Limia. R.T. O pasado sábado día 3 de marzo, a Asociación Deportiva Limiactiva en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia, organizou a III Xornada Xogando ao Atletismo. Tarde de atletismo Tódolos asistentes puideron gozar dunha tarde diferente practicando atletismo, realizando probas de salto lateral e lonxitude, lanzamento de xabelina e peso e carreiras de velocidade, ainda que a

proba maáis demandada polos participantes foi a carreira de relevos con obstáculos. Un total de 140 xóvenes atletas tomaron parte nesta edición, establecendo un novo record de participación. Evento solidario Ademáis recolléronse máis de 200 quilos solidarios de comida, achegados polos participantes, que serán donados a Cáritas, para a súa distribución entre as familias máis necesitadas. Dende a A. D. Limiactiva, xa se está traballando na organización dunha

nova xornada de Xogando ao Atletismo, dado o éxito destas tres edicións, nas que o obxetivo será de novo fomentar a práctica deportiva e promocionar o atletismo entre os futuros atletas da Limia.

O carácter solidario do evento fixo que se recolleran máis de 200 quilos de comida que se donarán a Cáritas


28

BARRIOS Marzo de 2012

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

Escolares de Oímbra na biblioteca de Verín./BdV.

Os alumnos CEIP de Oímbra visitan a Biblioteca de Verín O 8 de marzo 40 alumnos de primaria do CEIP de Oímbra visitaron a Biblioteca Pública Municipal de Verín, co fin de coñecer máis de preto o servizo bibliotecario e o funcionamento do mesmo, así como as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan nesta instalación durante o ano. Ademais, os máis pequenos participaron nunha actividade de contacontos e manualidades infantís; mentres que os maiores aproveitaron a visita para realizar un traballo sobre o Día da Muller. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos máis cativos, dinamizar a biblioteca e propiciar a labor de voluntariado entre os usuarios da mesma.

Unha carroza participante no desfile do Entroido de Verín./BORYS INTERFILM

Domingo de Piñata A celebración do Domingo de Piñata constitúe, como cada ano, o broche final do Entroido, e no caso de Verín a edición 2012 desta tradicional celebración pechouse cun almorzo nun restaurante da vila, o reparto das placas conmemorativas para premiar a participación de comparsas e carrozas, e a entrega dos diversos galardóns por parte do Concello, entre os que se atoparon o de “Cigarrón de Honra”- que recaeu en José Javier Vázquez-, “A mellor comparsa” - que foi a de As Canteiras-, “A mellor carroza” - para A duquesa quere rabo-, o “Pescadilla” - para Sábanas Blancas-, e á “Fidelidade” - que parou nas mans de José Luis Arias-.

EN BREVE

4 Aberta a inscrición para o “Verán 2012”

Participantes no obradoiro de pintado de camisetas./BORYS INTERFILM

Pintando camisetas pola igualdade e a sostenibilidade O Centro de Información ás Mulleres do Concelle de Verín conmemorou o Día Internacional das Mulleres (8 de marzo) cun ciclo de actividades divulgativas, educativas e informativas, destinado a recoñecer os logros acadados no terreo dos dereitos das mulleres. Así, baixo a denominación ‘Lemas xla igualdade e un mundo sostible’ o 9 de marzo, a partir das 18 horas, a Casa da Xuventude de Verín acolleu un obradoiro de pintado de camisetas dirixido a nenos e mozos para conciencialos da importancia da consecución dunha igualdade real.

As oficinas municipais de información xuvenil de Verín e da Bola manteñen aberto ata o 20 de marzo o prazo de inscrición dos mozos, de entre 9 e 17 anos, interesados en participar na campaña “Verán 2012”, da Dirección Xeral de Xuventude. Esta iniciativa lles ofrece a posibilidade de empregar o seu tempo de lecer en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que lles sirvan para divertirse, coñecer outras zonas de España e para o seu enriquecemento persoal. Con prezos entre os 98 e os 340 euros - dependendo do destino elexido e con desconto para familias numerosas e usuarios de carné xove- os participantes contarán con transporte, aloxamento, manutención, material para realizar as actividades e atención sanitaria.

4 Festival de curtas en Celanova Os días 23 e 24 de marzo a Casa dos Poetas de Ce-

lanova acollerá o FIC 2020 -Festival Internacional e Itinerante de Curtametraxes 2020-, un evento, creado co fin de promocionar os novos valores da creación audiovisual, que nesta edición inclúe 39 curtas de diversos xéneros procedentes de España e Sudamérica, que se proxectarán en seis sesións ao longo da fin de semana. Por un prezo de 4 euros por unha sesión, 6 por dúas e 8 por tres, poderase gozar da calidade, orixinalidade e independencia dun festival innovador que busca percorrer unha distancia equivalente ao ecuador da Terra mediante a realización de eventos por toda Europa antes do 2020, de aí o seu nome.

4 Encontro de xornalismo en Celanova Baixo o nome “Onde o mundo se chama Celanova” a vila de San Rosendo organiza, o 17 e 18 de marzo, o seu primeiro Encontro de xornalismo, que pretende achegar aos estudantes desta carreira de Santiago de Compostela as facetas xornalísticas dos escritores da vila, así como afondar na situación daquelas áreas de traballo nas que destacaron os mesmos.

O encontro, ao que pode tamén acudir o público xeral sen necesidade de inscrición, contará coa presencia de destacados xornalistas galegos como Miguel Anxo Murado, Luís Menéndez, José Rodil ou Rafael Cid, así como os escritores Luis González Tosar e Xosé Luís Méndez Ferrín.

4 Manu Chao, no Reperkusión Manu Chao será o cabeza de cartel da décima edición do Festival Reperkusión de Allariz, que este ano se celebrará por primeira vez na primavera: os días 17, 18 e 19 de maio. Xunto o músico franco-galego, que ofrecera dous concertos, está xa confirmada a presenza no Reperkusión 2012 doutras bandas que garanten boa música e diversión: Russkaja, Funky Style Brass, Os 3 Trebóns, Festicultores Troupe, Dubioza Kolektiv, Kiril Dzajkovski e La Troba Kung-Fú. Este ano ademais, Reperkusión estrea novo recinto de concertos no lugar do Portiño, a un quilómetro do centro de Allariz. As entradas e bonos para o Reperkusión están á venda online a través da web www.reperkusion.com.


OCIO E CULTURA

Chega a Feira do Lázaro

4 A edición 2012 acollerá, ademais, o quinto certame gastronómico “Vila de Verín”. Redacción Os días 24 e 25 de marzo Verín acollerá a celebración da súa tradicional Feira do Lázaro e a quinta edición do certame gastronómico ‘Vila de Verín’. Un evento que comprende non só a celebración relixiosa en honra a San Lázaro, senón tamén a realización de diversas actividades lúdicas e culturais pensadas para toda a familia. O Pavillón Municipal de Deportes do municipio é o lugar escollido para a ubicación durante as dúas xornadas, de 10 a 14 e de 16 a 21 horas e con entrada gratuíta, desta feira, articulada en torno á artesanía e gastronomía, e que contará con participantes de Galicia, Norte de Portugal e doutras provincias españolas. Actividades A festa de San Lázaro trasládase nesta edición ás rúas da localidade coa realización de actividades como o III San Lázaro Intercentros de Fútbol-7 (o 24 de marzo ás 9.30 horas), o Torneo de Natación do Lázaro (na Piscina Climatizada de Verín, o 24 de marzo ás 10.30 horas), o III Torneo de Fútbol de Veteranos entre A.D. Veteranos Verín e G.D. Chaves (no complexo deportivo de A Granxa, o 24 de marzo ás 18.30 horas), un Campionato de Motocross e Exhibición de Trial (o 25 de marzo ás 16.30 horas), a procesión de San Lázaro e a misa na Igrexa Parroquial (o 25 de marzo ás11.30) ou as actuacións do grupo D’Moda (o 24 de marzo a partir de media noite) e da orquestra Marimba (o 25 de marzo pola tarde) nas prazas García Barbón e Maior . Ademais, o venres 23 de marzo, ás 19 horas, terá lugar a inauguración na Casa do Escudo da exposición ‘Catálogo de Roupa Tradicional da Colección Carlos Matos’. Obradoiros para nenos e maiores Co fin de converter a Feira do Lázaro nun evento pensado para todos os públicos, o Pavillón de Deportes tamén

BARRIOS Marzo de 2012

29

Xinzo homenaxeou a Carlos Casares

4 Do 5 ao 10 de marzo diversas actividades conmemoraron o 10º aniversario do seu pasamento. Redacción A Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia organizou do 5 ao 10 de marzo de 2012 unha semana de actos na lembranza, honra e memoria do escritor galego Carlos Casares Mouriño, co gallo do X aniversario do seu pasamento. Este ciclo de actividades, enmarcada no pobo no que o escritor galego pasou parte da súa infancia, abriuse o luns 5 coa inauguración na Casa da

Cultura da I Feira do Libro Limiao, así como de dúas exposicións baseadas, unha delas, na obra e vida do autor, e a outra, no seus “Artigos á marxe”. O martes 6 tivo lugar nesta mesma instalación a representación teatral da obra de Casares “A Galiña Azul” . Xa o mércores foi o turno da tertulia pública “Carlos Casares, amigo e veciño”, que se complementou o venres coa titulada “Carlos Casares, intelectual e literario”. Pola súa banda, o xo-

ves 8 o actor Luis Iglesias Besteiro foi o encargado de realizar un monólogo en torno á coñecida obra “Vento ferido”, e o venres 9 clausurouse a Feira do Libro Limiao e tivo lugar un encontro-cea entre escritores nun restaurante da comarca. Finalmente, como peche a esta semana adicada a Carlos Casares, o sábado 10 o Salón de Actos da Casa da Cultura acolleu o concerto “Despois de ti a chuvia” de Xosé Carlos Caneiro e Emilio Rúa.

O alcade de Verín e o concelleiro de Festexos na presentación da Feira do Lázaro 2012. será o escenario, durante estes dous días, da realización de obradoiros para nenos e persoas maiores. Así, na xornada do sábado, os máis pequenos poderán participar en actividades de maquillaxe infantil, un campionato de puzzles e crebacabezas, e un obradoiro de cociña infantil. Mentres que o domingo realizaranse malabares, pulseiras e papiroflexia; e tamén se instalarán inchables no interior do recinto. Dirixido xa ao adultos, o 24 impartirase un obradoiro de ritmos latinos e amosarase un espectáculo de grupos de baile e acrosport. Ademais, ambos días, estará dispoñible un servizo de ludoteca para que os pais poidan gozar da feira mentres os cativos tamén se divirten.

III “Exaltación de bacallau e cabrito” Por outra banda, a Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AECOM) e o Concello de Verín, co obxectivo de promocionar os produtos tradicionais da comarca, promoven a terceira edición ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’. Unha iniciativa asentada na realización de menús específicos, que inclúan estes dous produtos, e que por un prezo entre os 18 e 22 euros se poden degustar, os dous días de feira, nos restaurantes O Augueiro, Lugano, O Castelo, O Candil, San Roque, Casa Rural A Cortiña, Brasil, Casa Manola e Gallego.

Concurso “Cigarrón de Verín” Dentro da Feira do Lázaro 2012 celebrarase, por quinto ano consecutivo, o 24 de marzo (a partir das 11 da mañá), o xa tradicional concurso ‘Cigarrón de Verín’, aberto a alumnos de escolas de hostalería, profesionais e afeccionados, que deben presentar ao certame pratos de creación propia e que se engloben nunha das tres categorías existentes: prato principal, maridaxe e sobremesa (tando en conta que no apartado de prato principal o ingrediente básico debe ser cabrito e na categoría de maridaxe ten que ser bacallau). Ademais, no momento da presentación do prato, que será elaborado en directo, os concursantes deberán maridalos con viño da D.O. Monterrei. Os premios que se outorgarán aos participantes son: “Gran Cigarrón” -na categoría de prato principal e cun valor de 400 euros-, “Denominación Orixe Monterrei” -ao mellor maridaxe, dotado con 300 euros-, e “Cigarrón Doce” -na de sobremesas, e cuxo valor ascende aos 200 euros-.

Diversas autoridades durante a clausura da semana de actos./MIGUEL REJO

As instantáneas sobre “Muller e vida” teñen premio

4 A Eurocidade organiza un concurso fotográfico baseado neste tema. Redacción O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín e a Associaçâo de Fotografía e Gravura Lumbudus de Chaves organizan o Concurso de fotografía ‘Muller e Vida’, enmarcado dentro das actividades realizadas con motivo do Día Internacional da Muller. Todo aquel que o desexe pode participar neste certame, presentando ata un máximo de cinco fotografías -en formato dixital-, as cales deben tratar sobre o tema “Muller e vida”.

Os traballos teñen que ser presentados con doble copia, unha a tamaño orixinal e outra redimensionada -que non pode superar os 1.024 píxeles-, ata o 8 de abril no enderezo electrónico cimm@verin.net ou en soporte dixital na Associaçâo LUMBUDUS en Chaves ou no Centro de Información ás Mulleres de Verín. Premios De todas as fotografías presentadas serán seleccionadas 15 -que integrarán futuras exposicións colectivas en Verín e Chaves- e destas resultarán premiadas

neste concurso tres. O autor da que resulte clasificada en primeiro lugar será retribuído cun certificado, un trofeo, a participación gratuíta no próximo “Encontro de Blogues e Fotógrafía” e unha reprodución en papel da fotografia premiada. Pola súa banda, o segundo e terceiro clasificado serán retribuídos cun certificado, un trofeo e unha reprodución en papel das fotografías escollidas. Os tres gañadores daranse a coñecer por correo electrónico ou a través da web www.verin.es e no blog http://lumbudus.blogs. sapo.pt.


30

BARRIOS Marzo de 2012

OCIO E CULTURA

4TRIBUNA ABERTA

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

O home do carrito Eran tempos onde os rapaces en Verín ainda xogabamos ao peón, ás bolas, ao inca, e a toda clase de xogos enxebres, sen enchufes, na rúa, ceibes! Os nenos sempre eramos os mesmos no barrio, e de vez en cando, colábase algún de San Lázaro, ou da Praza, ou da Muralla, para romper os tenis, dándolle couces ao balón, na rúa do Cimiterio, daquela, aínda de terra. Serían mediados dos setenta, cando un día calquera, pola serán, apareceron de súpeto un grupo de rapaces, que non eran de Verín nin dos pobos do redor, tiñan a pel moreniña, e falaban dun xeito raro para nós, educadamente. E con moita vergoña solicitaban poder xogar connosco, ao que, sen pensalo, accedemos encantados. Eramos rapaces, e as preguntas sucedíanse unha tras das outras: de onde sodes? por que falades así? etc. As respostas eran curtas e sen concretar... O caso é que fixémonos amigos dende o primeiro intre. A historia real, foi que Alfredo Pardo e Dionisia Cáceres, arrincaron dende Asunción (Paraguai) e cruzaron o charco, en busca de algo mellor, ca súa maior equipaxe, os cinco fillos, de entre tres e doce anos, que os acompañaban. A casualidade fixo que a primeira vivenda desta familia en Verín fora pretiño da casa da miña avoa Hortensia, na rúa Mariano Carrero, onde medrei feliz e pasaba a gran parte do tempo. E, por iso tiven a sorte de poder coñecer a esta xente nova, recén chegada de moi lonxe, espe-

cialmente ao fillo da mesma idade ca min. Con Fran foi co que fixen boas migas, e, como non, compartimos momentos inesquecibles da nosa infancia, no colexio e fóra del, coma aquel día que xogamos cunha pelota feita de espuma por fóra e de algo moi duro por dentro, que botaba coma se fora de goma. A espuma incitaba a pateala forte, pero a sorpresa estaba dentro. Que dor de pés! As cousas de América son moi raras. Alfredo Pardo, o pai de Fran, era un home moi alto e delgado, cun bigote chamativo e recortadiño, e que escondía un sorriso agradable e profundo, que os rapaces agradeciamos sempre cando nos achegabamos ao “carrito”. O carrito, quen non recorda aquel carrito! Creo que os da miña xeración non esqueceremos doadamente o invento do Sr Pardo. Daquelas, cando dalgún xeito conseguiamos xuntar unhas pesetiñas, sempre acudiamos lixeiros á tenda da Sra Purita, na rúa da Cruz, onde había o maior surtido de chucherías para os rapaces e outros xéneros, que aínda hoxe, ás veces, penso como se podía ter tantas cousas en tan pouco sitio. Pero xurdiu o “carrito” e mudou todo. Era coma a tenda da Purita pero con rodas. Algo incrible. O mellor de todo era que se atopaba en todas as partes e sempre cheo de mercancía nova, quero decir, que sempre había alguha “chuche” sorprendente , das que aínda non se viran por Verín. Algodón de azucre, por exemplo, e garrapiñadas, polo que aquel artiluxio era maxia

para nós. O carrito primitivo, sen tellado, só tiña unha base apoiada en rodas, con dous paos sobresaíntes, que era por onde tiraba o infatigable Alfredo. Co tempo, foise trasformando, ata que chegou a ser unha plataforma cuberta, construída de metal lixeiro, onde cabía unha persoa por dentro para servir, e a mercancía por diante, colocadiña, para que entrara polos ollos dos máis recatados. Pero iso si, os paos, para tirar do carrito e desplazalo a donde se quixera, sempre foi o sinal de identidade, que permaneceu ata a súa derradeira viaxe, sendo este detalle o que me quedou gravado na retina, aquela imaxe do sacrificio dun home tirando do carro, que loitaba con sabiduría e moita paciencia, para sacar a diante á súa familia. O da paciencia, ven ao caso, porque eran moitas as veces que a pillería dos rapaces (principalmente do que escribe estas letras) facía que aplicaramos o “dous por un”, ante a mirada atenta do Sr Pardo, que de maneira axeitada, rompía o silencio e con simpleza, correxía a fea costume de coller algo de máis, polo mesmo prezo, e outro día calquera, equilibraba a balanza, facéndonos o ansiado“dous por un” voluntariamente, sen miramentos, transmitindo así unha lección de honradez e humildade que boa falla nos facía . Fran, o fillo da miña quinta, axudou moito aos seus pais, igual que os demais irmáns, atendendo moitas veces o “carrito”, cousa que non lle sacou tempo para ir a universidade, e

O Sr. Pardo e o seu “carrito” chegaron a Verín a mediados dos setenta.

poder licenciarse en empresariais. Todos lograron adaptarse ao noso pobo e ás súas xentes e o acentiño das Américas foise diluíndo pouco apouco e mudou por un galego peculiar, que co paso dos anos foi mellorando. No Entroido atopeime con Fran, pola zona da Alameda, onde están as atraccións, pretiño de onde puña o “carrito” o seu pai. Ía na compaña do seu fillo, o cal ten un parecido incrible con el cando era pequeno, claveille uns intres a mirada ao rapaz e a súa cariña fíxome voltar o recordo da nosa infancia, cando aqueles rapazes recén chegados querían xogar e non sabían como romper as distancias. De súpeto, espeteille o neno: ti de onde es? Como fixeramos antano co seu pai. Só que desta vez houbo resposta inmediata e clara. “Son de Verín!”, dixo, e un escalafrío baixoume pola alma, un sorriso cómplice apoderouse de nós. E Fran replicou: “de Verín, grazas a Deus e tamén ao meu pai,o home do carrito”, que elexiu Verín e sen darse conta, deixounos a fortuna de poder ser amigos para sempre. Miguel A. P.S “Chita”

Para onde camiñamos? Creo que xa estamos nos ´60! Vivimos e viviremos tempos difíciles e dolorosos porque se esgotou o modelo capitalista da postguerra. Agora os camiños son apretados e delgados, os gobernantes (deshonestos e incompetentes) chuparon o caramelo até ao fin. Por iso, no futuro, viviremos con menos medios financeiros, o que obriga a unha drástica remodelación das nosas ambicións e modos de vida. Nestes estreitos camiños temos que ter a sabedoría para sermos innovadores, sensatos e persistentes coa certeza de que as xeracións mozas teñen que reconstruir novas mentalidades e comportamentos en dirección a unha renovada civilización. “As revolucións nacen e dificilmente serán implantadas”, afirmou outrora o grande obreiro da Revolución de Abril, o capitán Salgueiro Maia, compa-

4SUDOKUS

ñeiro meu no servizo militar (Escola Práctica de Cavalaria). Resultou a chegada da Unión Europea... Tal como Portugal, Europa camiña para o fin dos anos prósperos. A cuestión é un amalgama de dúbidas e un enmarañado de problemas. De aí o meu chamamento ás persoas, sobre todo aos mozos, para que non escoiten moito os medios de comunicación, en especial a televisión, que só contribúen a alastrar aínda máis o pesimismo e o estado depresivo nos que vive actualmente unha gran maioría da poboación. Mais, para grandes males, grandes remedios; para grandes problemas, unha nova mentalidade dos mozos dará unha solución eficaz cun novo modelo emprendedor e autónomo de encarar a vida. Ser ou non ser coraxoso, velaí a cuestión. João Damião

Nivel medio

“O carrito, quen non recorda aquel carrito! Creo que os da miña xeración non esqueceremos doadamente o invento do Sr Pardo”

4HUMOR

Todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/


CLASIFICADOS / HUMOR/ SERVIZOS

BARRIOS Marzo de 2012

31

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 e OU 186-2006. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo Nº64 - Ano: VII - Marzo 2012 - Difusión: 12.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100) Impreso en papel 100% reciclado.

4TELÉFONOS DE INTERESE

A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4AXENDA Música - Do 5 ao 8 de abril - Semana Santa ao Vivo - Allariz Exposicións - Desde o 23 de marzo “Catálogo de roupa tradicional (Colección Carlos Maros)” - Casa do Escudo - Desde o 23 de marzo - Esculturas de Jesús González - Casa do Escudo de Verín Cine - 22 de marzo - “Esposas frívolas” - 22:45 h. - Casa da Cultura de Verín. - 29 de marzo - “El hombre perdido” - 22:45 h. - Casa da Cultura de Verín Conferencias - 29 de marzo - “O campo como motor de empleo e riqueza” - 19 h. - Casa da Cultura de Verín - Feiras - 17 de marzo - Trasmiras. - 17 de marzo - Mercado da Reserva da Biosfera - De 9 a 14 h. - Praza de Allariz - 18 de marzo - Cualedro. - 23 de marzo - Rairiz de Veiga. - 23 de marzo - Verín. - 24 e 25 de marzo - Feira do Lázaro - Verín - 27 de marzo - Xinzo. - Primeiro domingo de mes - Porqueira. - Primeiro luns de mes - Sandiás. - 2 de abril- Calvos de Randín. - 5 de abril- Cualedro. - 8 de abril- Baltar. www.mundourense.com

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE VERÍN

4CLASIFICADOS

PISOS

Alugo oficina en Ourense, amoblada, 20 m2, con 2 postos de traballo. Prezo a convir. Tel. 627 203 131. Urxe venda en praia América. tel.607 271 916. Alugo apartamento en Sanxenxo. Tel. 607 271 916. Alúgase apartamento novo no Couto (Ourense), amoblado, exterior, con garaxe pechado e trasteiro. Tel 637 00 59 10. Alugo piso no Couto (Ourense), 4 habitacións, cociña, salón amoblado, terraza, novo, 400 euros/mes máis 40 euros comunidade.Tel. 606 569 228. Alúgase apartamento zona Ponte (Ourense), amoblado, calefacción e auga quente central con contador, boas vistas, praza de garaxe e trasteiro. Tel. 988 37 44 99 e 687 47 96 41.

Véndese piso en Xinzo, 3 habitacións, cociña, salón, 2 baños, ascensor, garaxe, calefacción, fío musical, gran trasteiro, venda interesante para xente nova (menor de 35 anos) porser subvencionable a corto e medio prazo. Prezo interesante. Tel. 626 99 41 76

EMPREGO Desbrózanse fincas. Tel. 630 521 448. Pintura, decoración, colocación de tarima a prezos de vértixe garantizado. Tel. 666 125 129 Vendo por xubilcación negocio de mercería, lencería e confección en Ourense. Moi bo prezo. Tel: 988 220 184 e 600 238 861. Alugo carniceria (ou outro negocio). Zona San Francisco, Ourense. Telf: 988235876. Preguntar por Mª Carmen.

VENDAS Vendo Yamaha SR Special 250 ano 93 en perfecto estado, ITV recén pasada, 41.000 km. batería nova, Kit de arrastre novo, cambio aceite, alforxas, etc... Regalo cascos, candado, funda e seguro. 1.200 euros, tel. 680 568 378 Vendo mobles de perruquería de 2ª man, 2.000 euros. Tel. 988 25 59 63. Vendo quentador eléctrico. tel. 988 25 59 63 Vendo caldeira de calefacción de gas cidade seminova, enfriador de botellas sen estrear, escritorio e sofá 3+2, tel. 637 00 59 10. Vendo tocadiscos como novo con dous altavoces grandes, 300 euros. Tel. 698 174 374 Véndense tres lavadoras, 2 frigoríficos e 1 cociña de gas, seminovos, prezo moi económico, tel. 629 56 13 90 Vendo leña de carballo. Tel. 630 521 448. Compraría remolque mediano. Tel. 649 673 492 e 988 21 67 55. Vendo Renault Scenic ano 2000, 100.000 km, perfecto estado. Tel. 678 827 075. Vendo viño de colleita ecolóxico. Tel: 647 404 428. Véndese colección películas en DVD con estuche, 50 ou 60 películas. 30 euros. Tel. 649 157 025 Vendo botas media caña goretex con cremalleira, número 39-40, novas, 40 euros. TEl. 649 157 025. Vendo vespino 82E, ano 89. 49cc.Tel. 617 375 387. Vendo galos kikos.Tel. 617 375 387. Véndese home cinema Samsung sen usar por 40 euros. Tel. 603 507 434. Vendo galo de Mos. Tel. 988 248 967 e 677 023 736.

[Deixe os seus anuncios no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios.com. Gratuítos para particulares]

Verín - Xinzo - Ourense Laborables: 06:15 - 08:00 08:45 - 10:30 - 13:30 - 15:00 - 17:00 - 18:45 - 22:00 - Sábados: 08:00 - 13:30 - 15:00 - 17:30 - 22:00 - Domingos e festivos: 08:00 - 15:00 - 17:30 - 18:45 - 22:00 Ourense - Xinzo - Verín Laborables: 06:30 - 07:50 - 10:30 - 12:15 - 13:30 (aut.) - 15:00 - 16:45 - 18:00 - 20:30 (aut.) - Sábados: 06:30 (aut.) - 10:30 - 13:15 (aut.) - 16:00 20:15 (aut.) - Domingos e festivos: 06:30 (aut.)- 12:00 - 13:15 (aut.)- 16:00 - 20:15 (aut.) Videferre - Verín Saídas: 09:00 - 12:30 - Regresos: 11:45 - 13:45 - 18:30 Campos - Verín Saídas: 07:45 - Regreso: 13:00 Viana - Gudiña - Verín Saída: 09:30 - Regreso: 13:00 Feces de Abaixo - Verín Saídas: 09:50 - 12:35 - 18:20 - Regreso: 12:15 - 18:00 Feiras en Medeiros S. Cristobal - Verín: Saída: 07:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Magdalena - Verín: Saídas: 08:00 - Regreso: 12:00 - 14:30 Verín - Videferre (feiras) Regreso: 15:30 A Madrid: Diario: 11:50 16:00 - 0:50 - Domingos: 0:20 A Andorra: Saídas martes e venres ás 16:30 h. A Suíza: Saídas martes, xoves e sábados ás 13:00 h. A Francia, Bélxica, Holanda, e- Alemaña: Saídas martes, xoves, venres e sábados ás 16:00 h. A Euskadi, Valladolid, Cataluña, consultar na estación.

4 ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE XINZO A Madrid (Auto Res): Diario: 00.25 - 11:15 - 15:30 h. A Francia, Bélxica, Holanda e Alemaña (Socitransa): Saídas martes e venres ás 13:15 h A Suiza: Xoves e sábados 13 h. Galicia-Algeciras (Dainco), consultar na estación.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Guardia Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmirás Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Guardia Civil Estación de autobuses Centro de saúde Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia ITV Incendios forestais Fenosa (averías)

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258 988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 902 309 000 085 988 222 222


BARRIOS Marzo de 2012


Especial VODAS, BAUTIZOS E COMUÑONS VERÍN Páx.2 Detidos os presuntos autores do asasinato do chofer de Verín

VERÍN Páx.6 Entrega de diplomas na Escola-Obradoiro San Antón

PROVINCIA Páx.24 Adiántase a campaña de prevención de incendios forestais

DEPORTES Páx.27 2ª Andaina-Carreira “Pozo do Demo”, o 1 de abril

[páx. 18-22] OCIO

Páx.29

24 e 25 de marzo, Feira do Lázaro e Certame Gastronómico

[páx.2 ]

Verín peonaliza tres rúas do casco antigo

Durante os dous primeiros meses a Policía Local será permisiva coa circulación de vehículos nas rúas Amaro Refojo, Cuz e Maior./M.REJO.

Número: 64 - Ano:VI - Marzo 2012- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.barriosxinzoverin.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.