4 minute read

Betanzos acolle un ciclo de música antiga do

Centro Nacional de Difusión Musical

REDACCIÓN / Betanzos

Advertisement

As igrexas de San Francisco, Santa María do Azougue e Santiago acollerán cadanseu concerto de música antiga dentro do Programa Circuítos do Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) do Instituto Nacional das Artes Escé- nicas e da Música (INAEM) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en colaboración coa Unidade Pastoral de Betanzos e do Concello de Betanzos. O ciclo comeza o venres 19 co concerto do grupo Gradualia ás 20.00 horas na igrexa de San Francisco. O sábado 20, a sede será a Igrexa de Santa María do Azougue coa actuación dos violinistas Miriam Hontana e Adrián Linares. O programa pechará o domingo 21 na Igrexa de Santiago co concerto do contratenor Carlos Mena e o vihuelista Manuel Minguillón. O acceso será gratuíto ata completar a capacidade

Atocha gaña o Campionato da II Liga Maker Drone cun prototipo deseñado por alumnado de 2º de ESO

REDACCIÓN / Betanzos

O CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen Atocha de Betanzos proclamouse gañador do Campionato da II Liga Maker Drone que se celebrou o pasado 5 de maio no Coliseum de A Coruña, cun prototipo deseñado por alumnado de 2º de ESO.

O equipo betanceiro impúxose aos outros 17 grupos participantes doutros colexios de Galicia. A competición está organizada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia e consistiu en deseñar, programar e voar un sistema instalado nun dron para recoller residuos mariños e depo-

Alumnado e docentes de Atocha visitan a illa grega de Kos dentro do programa

Erasmus

REDACCIÓN / Betanzos

Un grupo de 11 estudantes e dous profesores do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen Atocha de Betanzos viaxou entre o 22 e o 29 de abril á illa de Kos (Grecia) grazas á Acreditación Erasmus que o centro conseguiu na convocatoria de 2020.

Grupo de alumnos e alumnas do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen Atocha que gañou o campionato da II Liga Maker Drone sitalos nos seus correspondentes colectores a bordo dun barco simulado no menor tempo posible.

O deseño elaborado polo alumnado de Atocha ten un sistema que permite unha gran apertura das "garras" que facilita aos pilo- tos a recollida de todo tipo de residuos e o manexo do dron. Este foi un dos aspectos destacados como punto forte do prototipo. A competición aúna diferentes disciplinas: tecnoloxía, programación, deseño 3D, traballo en equipo e resolución de problemas.

Fragas do Mandeo planta máis de medio milleiro de árbores autóctonas

A plantación realizouse en parcelas que a fundación custodia en Oza-Cesuras e Coirós explicaron. O colectivo considera moi importante a diversidade, xa que a presenza dun número elevado de especies arbóreas permite que sexa máis amplo o periodo anual no que hai algunha árbore ofrecendo brotes novos, pole, néctar ou froitos, dos que dependen numerosos animais para a súa alimentación ao tempo que a heteroxeneidade na forma e no porte das distintas especies tamén ofrece maiores posibilidades de refuxio e nidificación e proporcionan ao bosque maior resiliencia ante os cambios climáticos, tal e como comentaron responsables da entidade.

A Fundación Fragas do Mandeo rematou o pasado 15 de abril a súa campaña anual de reforestación que este ano permitiu plantar máis de medio milleiro de árbores autóctonas en parcelas que a entidade custodia en Ollo da Roda (Oza-Cesuras), Os Vellos e Espenuca (Coirós).

En total plantáronse 518 exemplares de 14 especies distintas: carballo, castiñeiro, freixo, pradairo, cerdeira brava, bidueiro, freixa, abeleira, salgueiro, loureiro, sabugueiro, sanguiño, estripo e abruñeiro. Colocáronse tamén titores, atáronse as árbores ventureiras de pequeno porte e realizáronse outras tarefas de mantemento.

Limpezas semanais

Alumnado do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen Atocha que viaxou, xunto a dous mestres, á illa de Kos (Grecia)

Durante a súa estadía, o grupo acudiu ao instituto Zipari, onde realizaron diferentes actividades. Participaron nun proxecto de inclusión social que o centro está a levar a cabo, asistiron a unha presentación sobre educación medioambiental e a unha clase de inglés. Tamén realizaron unha visita educativa ao primeiro "Ippokrateion" High school e á "Hippocratic Foundation" para un evento cultural. A viaxe incluiu un percorrido pola illa, visitando a cidade de Antimanchia e o pobo turístico de Kardamena.

O centenario da Casa Núñez e o Vales Villamarín completan o Ciclo de Conferencias do Anuario Brigantino

REDACCIÓN / Betanzos

O Ciclo de conferencias do Anuario Brigantino, que comezou o 5 de maio continuará os días 18 e 26 coas ponencias "Cen anos da Casa Núñez", a cargo de Pedro Galilea e "CEIP Vales Villamarín: 50 aniversario" por Alejandro Sánchez Amado. As charlas serán ás 20.00 horas na Sala Azul do Edificio Aquivo. O ciclo comezou o día 5 coa charla de Ángel Arcay e Paz Moreno titulada "40 anos do Museo das Mariñas: da roda do Carro a Sofía Feliu" e o día 12 con "Pai Menni: 100 anos dende o corazón" por Juan Antonio Rodríguez, S. Ana Domene, Alicia Sastre e M. José Pena.

Viveiro propio

As plantas empregadas nas reforestacións proceden do viveiro da fundación, no que están a reproducir 18 especies de árbores, todas de ecotipo local xa que as sementes son recollidas na bisbarra. Ademais das especies citadas, no viveiro reproducen acivro, érbedo, lamigueiro e pereira brava e agardan poder incorporar proximamente o cerquiño e a maceira brava.

Este ano, ademais, puideron doar un cento de exemplares destinados a xardíns nos que se optou por arborado autóctono no canto de especies exóticas. 21 desas árbores foron entregadas á Reserva de Biosfera para o xardín das súas novas instalacións en Abegondo.

Dende Fragas do Mandeo incidiron na "gran simplificación das fragas da nosa bisbarra, tanto por ter pouca variedade de árbores como por presentar escasa diversidade estrutural",

Unha vez rematada a plantación, a entidade retomará as recollidas de lixo semanais na xunqueira da ría da que levan retirado máis de 1,2 toneladas de lixo.

Ademais, seguen a mercar montes co obxecto de conservar e ampliar a superficie de bosque autóctono. Os propietarios de parcelas nas proximidades do Mandeo ou do Mendo interesados en vender poden contactar coa Fundación no teléfono 981105903.

As persoas que desexen colaborar economicamente para que a entidade poida seguir ampliando as fragas ou ben participar nas xornadas de voluntariado poden contactar enviando un correo electrónico a correo@fragasdomandeo.org para que poidan recibir puntualmente a información sobre as diferentes actividades e iniciativas que promoven. Tamén poden consultar a súa web: www.fragasdomandeo.org.