Triptico veran 2016 2017

Page 1

EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA

3º – 4º Ed. Primaria

5º- 6º Ed. Primaria

En GALEGO:

En GALEGO:

“O lapis de Rosalía” (Ed. Xerais )Merlin .

“ Bala perdida” (Ed. Xerais). Manuel Rivas

Antón Cortizas

Bala Perdida é o derradeiro pirata do Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo e dun grupo de bravos mariñeiros. Para resolver unha misteriosa abordaxe na máxica Costa da Morte, Bala Perdida busca a axuda dunha moza xornalista que só dá noticias bonitas.

Rosalía vai á escola, onde aprende a escribir, que para iso ten seis anos. O seu pai comproulle un lapis, moi , moi especial, porque resulta que era un lapis desobediente!.

“Unha casiña branca “ ( (Ed. Xerais) Marcos Calveiro. Nun vertedoiro no que hai trebellos de todo tipo: peluches orfos, colchóns vellos, bonecas mutiladas, atópase un frigorífico abandonado, ábrese unha porta e sae a cabeza dun neno cuns auriculares amarelos nas orellas...

En CASTELÁN:

”Rollitos de Primavera” (Ed.Edebé). Paloma Bordóns Historia sobre a diversidade cultural actual.Aprendemos a través da intelixente mirada dun neno e cun toque humorístico, que antes de xulgar hai que coñecer, e que sempre é mellor integrar que excluír; compartir e aprender da diferenza, antes que rexeitar.

“Llegó del mar” ( Ed.Edebé) Tucán. Carlos Puerto Desde o primeiro momento, Nicolás soubo que Tatiana escondía un misterio. Aquela nena estraña, chegada de tan lonxe, traía unha mensaxe desde o fondo do mar. E Nicolás sentiu un calafrío.

AS SUXESTIÓNS DE ZONGALO QUIRICO

“Volverás , golfiño” (Ed. Xerais). Andrea Maceiras A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisibles perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descobre no faiado e que inexplicablemente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar no que, en ocasións, nadan os golfiños.

En CASTELÁN: “Van Pelmi:cazador de vaguillos” (Ed.Oxford). Iñaki R.Díaz O valente e singular doutor Van Pelmi comeza unha cruzada épica en busca dunhas terribles criaturas que se están apoderando do mundo, converténdoo nun lugar inhóspito e baleiro de contido: os vaguillos.Unha crítica orixinal e cómica contra a falta de motivación cara a aprendizaxe.

“ La tumba tenebrosa” (Ed.Oxford). George F. Was Sunny Hathaway ten un amigo, o seu can Flany, e tres crueis inimigos: os seus compañeiros do colexio: Harry, Larry e William, que o ridiculizan e humillan sempre que poden. Pero cando o forzan a ir ao cemiterio e entrar na tumba da bruxa Jill para roubarlle o anel que levou sempre... as cousas empezan a cambiar .

BIBLIOTECA E EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CEIP RECIMIL

Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono: 881930312 http://www.edu.xunta.es/centros/ceiprecimil


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.