CEIP Recimil: Tríptico biblioteca verán 2018

Page 1

EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA

3º – 4º CURSO

5º- 6º CURSO

En GALEGO:

En GALEGO:

“Amigos robots” (Ed. Vicens Vives) Isaac Asimov

“ O trasno da Catedral de Santiago''(Ed.Tambre)

Unha sociedade futura na que os robots convértense en servidores dos seres humanos e mesmo chegan a suplir as súas carencias afectivas. Ata un coche intelixente pode defender ao seu dono do ataque dos malfeitores...

“A complicada vida de Bieito Viqueira “ (Ed. Tambre) Antonio Yáñez Casal O amor fainos ás veces cometer imprudencias, sobre todo se tes unha familia peculiar, uns amigos con afeccións extravagantes... Ingredientes idóneos para que calquera plan se converta nunha desfeita.

En CASTELÁN:

”Gente rara” (Ed.Edelvives). Ricardo Gómez Na clase de Patricia todos son un pouco raros, incluída a profesora, mais todo transcorre con normalidade ata que aparece “La Escoba”, un novo profesor que se vai converter no pesadelo de Patricicia e os seus amigos.

“La bicicleta de Selva ( Ed.Anaya) Mónica Rodríguez O protagonista conta como naceu a súa amizade con Selva unha nena dun país no que só hai area e que ten unha bicicleta vella, pero con moita historia. Lembra a aventura que viviron nun verán no que decidiron sair xuntos en busca do deserto.

AS SUXESTIÓNS DE ZONGALO QUIRICO

Luisa Villar Liébana As vellas catedrais gardan segredos. Poden ser, por exemplo, a morada de seres tan fantásticos como é o trasno desta historia. De ser habitante dun penedo perdido nun monte galego pasou a ter morada na catedral de Santiago de Compostela. O seu novo acubillo permitiulle coñecer a historia do templo e da cidade do Apóstolo, formando parte dela e divertíndonos coas súas trasnadas inesperadas.

En CASTELÁN: “Simón, Simón''(Ed. Bruño) Emilio Sanjuán Simón é un neno feliz, imaxinativo, despistado e inventor das innumerables trasnadas que fai no seu colexio e no seu pobo. Ao longo de dezasete capítulos breves sucédense as súas peripecias: solta grilos na clase, balonazos imprevistos, estraños experimentos no laboratorio...

Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono: 881930312 http://www.edu.xunta.es/centros/ceiprecimil

BIBLIOTECA E EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CEIP RECIMIL


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.