recimil.gal 2022

Page 1

l a g . l i recim

I.B. (6º EI)

2021-2022


Limiar Chega a revista escolar, o ¨fin de curso¨, e con el o momento de facer balance. Traballar, traballamos, nenos e adultos, e para mostra o contido desta revista, pero sobre todo, normalizamos despois destes dous anos tan diferentes. Comezamos o curso case como o deixamos o ano pasado, e a vacina a adultos e nenos, permitiu que pouco a pouco retomáramos unha vida case normal. No medio de tantas novidades e medos, chegou o conflito armado en Europa e a inquedanza aumentou, pero aí estivemos para calmar, animar e explicar, pois o alumnado é sempre reflexo da sociedade na que se desenvolve, e precisa seguridade e atención coma calquera. E desfrutar, tamén desfrutamos, penso que a nosa escola foi un refuxio para a nosa infancia, onde o alumnado podía estar xunto, falar, xogar, olvidar por veces o terrible destes case tres anos, transmitindo na medida en que fomos capaces que este é un lugar seguro para a rapazada, vixiantes en todo momento


da saúde dos pequenos, e tamén de nós mesmos para garantir poder chegar ben a este fin de curso. Quedounos saír máis, visitar máis, xuntarnos máis… todos botamos de menos as funcións de fin de curso, o día das familias coa nosa chocolatada, a tómbola para financiar a excursión dos de 6º, as familias nos contacontos dos luns… pero irémolo retomando a medida que poidamos facelo. Como novidade, O CAMBIO DE NOME DO COLE. Considero un honor que poidamos chamarnos CEIP Plurilingüe Ángela Ruiz Robles, como lembranza a unha muller tan excepcional como foi a antiga mestra e directora que tivemos, pedagoga, escritora, inventora… QUE SORTE!!!!! E coa despedida do curso, tamén a miña, pois é o último que paso aquí, despois de 19 anos. Foi un auténtico pracer. Lévovos no meu corazón. Geno






O proxecto de 2º

Este curso os nenos e nenas de 2º traballamos moitísimo. Aprendimos contidos novos, fixemos exposicións dos nosos traballos, melloramos as nosas habilidades, fixemos manualidades, experimentos, etc. Pero sobre todo queremos destacar un proxecto que realizamos coa axuda de varios profes. O proxecto consistía en elaborar unha curta de animación a partir dun libro. Para levar a cabo o proxecto tivemos que seguir un proceso.

Escollimos o libro e traballamos sobre el

Elaboramos todo o material necesario para poder recrear as personaxes, os escenarios...


Tamén gravamos as nosas voces e sacamos moitas fotos para así coa axuda dun programa informático darlle vida aos nosos personaxes e lograr facer a nosa curta de animación "O rato Tom e a rata Tomasa"





4º E

P

2021/2022

Na clase de 4º de primaria tivemos un curso cheo de sorpresas! As primeiras que queremos destacar foron tres persoas que pasaron gran tempo con nos: Antía, todo o primeiro trimestre; Andrea, gran parte do segundo e Regina, dende febreiro ata final de curso.

MOITAS GRAZAS POR TODO!! Entre sorpresa e sorpresa chegou un día no que comezamos a xogar para aprender usando xogos de mesa. E a partir de se día xogamos unha vez á semana.


4º E

P

2021/2022

Os nosos profes apostaron por ensinarnos utilizando tablets e ordenadores. Foi xenial e aprenderonnos moito!

Aínda nos quedan sorpresas por disfrutar nestas últimas semanas. Sabemos que temos unha excursión a pedroso, e unha misteriosa sorpresa para o 21de xuño. A ver se temos sorte e hai algunha máis . BO VERÁN A TODOS!!!


1.SINOPSIS DA PELÍCULA. A película esta ambientada na II Guerra Mundial. O resumo da película é que a familia formada por unha nena e un neno chamados Bruno e Gretel teñen que mudarse de Berlín a unha zona de campo. Un día Bruno foi ao xardín e encontrouse un señor vestido cun pixama a raias, o señor fíxolle un balance nunha árbore, o neno caeuse do balance e o señor curoulle as feridas. Ao día seguinte Bruno foi a dar un paseo por fóra da casa e atopouse moita xente encerrada nun lugar con vallas eléctricas. Dentro das vallas estaba outro neno chamado Shmuel estiveron falando e Bruno díxolle que maña íalle a traer comida. Co paso do tempo fixeron amizade. Pero nunha festa organizada na casa de Bruno, Shmuel foi de criado, Bruno ao velo con fame preguntoulle se quería un pastel. Shmuel come un pastel e un militar ao velo, preguntoulle a Bruno que se el lle dera o pastel e como Bruno tiña medo díxolle que non por ese motivo o militar pegoulle a Shmuel. Bruno foi a alambrada todos os días cun xoguetes para Shmuel pero nunca apareceu. Un día Shmuel apareceu e Bruno díxolle que se o perdoaba e Shmuel contestoulle que si. Shmuel díxolle a Bruno que o seu pai desapareceu e que se lle axudaba a atopalo. Ao día seguinte Shmuel tróuxolle unha vestimenta e Bruno se puxo o famoso pixama a raias. Alí uns militares chamaron a todos os da habitación e os levaron a un especie de baño. Bruno e Shmuel tamén estaban no baño e por enriba botaron uns pos químicos. Mentres tanto a nai de Bruno e Gretel estaban buscándoo, ata que se deron conta de que Bruno fora dirección ao campo de concentración. A película remata cos berros dos pais porque intúese que chegaron tarde para rescatalo.


2.A nosa opinión persoal. O film pareceunos moi triste e tráxico pero fíxonos reflexionar sobre certos aspectos da vida. Aspectos que nos chamaron a atención foi algúns comentarios que fai o pai de Bruno sobre os xudeus polo simple feito de selos. Como por exemplo o día que Bruno pregunta pola xente que estaba pechada e o pai comenta: “esa xente non por persoas son… ou polo menos o que nos entendemos por persoas”. Como a nai ao ver o que están a facer con eles está triste e discute moito co pai, porque non está de acordo coa política militar que están a levar. Ou como se ve, como educan os/as nenos/as alemáns para que teñan odio ao xudeus. Isto vese en Bretel que idolatra a Hitler e as súas políticas racistas.

3.

Debuxo realizado por Samuel

PELÍCULA VS ACTUALIDADE.

Tras a invasión de Rusia a Ucrania na clase xurde polo temor a unha III Guerra mundial. Por iso comezamos a ver vídeos e reportaxes de porque estaba sucedendo isto e ver os conflitos que teñen ambos países. Para entender o que é unha guerra e como se crean odios entre a poboación imos esta película, onde se ve claramente que existe un adotrinamento da poboación para crear medo e odio ao descoñecido. Como os militares moitas veces son persoas que obedecen ordes a pesar de non estar a favor ou como toda a poboación sofre unha guerra. En conclusión, unha guerra sexa da índole que sexa mata a poboación só porque as persoas que mandan interésalles telas. Jean Paul Sartre dixo unha vez: “Cuando los ricos se hacen una guerra, son los pobres los que

mueren”.

TEXTO REALIZADO: POLO ALUMANDO DE 5º EP DO COLEXIO PLURILINGUE ÁNGELA RUIZ ROBLES.


ALVARELLA Os nenos de 6º de E.P foron de excursión de fin de curso 2 días a Alvarella. Os días foron un pouco chuviosos, aínda así, fixemos unha morea de actividades. O primeiro día pola mañá, fixemos sendeirismo ata o Castelo de Andrade, alí había un chico que nos explicou a historia do mesmo. Tamén fixemos slackline e rocódromo. Para rematar o día pudimos bañarnos na piscina y pola noite facer unha velada con varios xogos. O segundo día tocou tiro con arco e orientación polo bosque. Ademáis, no tempo libre xogamos ao tenis de mesa e ao fútbol, arrolamos polo cesped, estivemos nos columpios, collimos fresas silvestres...Había unha cadela que se chamaba Area e unha gata que se chamaba Greta, cos que xogamos moito tamén. Todas as actividades as fixemos con 3 monitores que eran moi bos e animados. A comida estaba boísima! Pasámolo xenial todos xuntos

Alumnado de 6º A e 6º B


A pesar das circunstancias que aínda nos tocou vivir neste curso, dende o Equipo de Convivencia fixemos as propostas para as seguintes conmemoracións.

20 de novembro: Día Universal da Infancia Visualizamos vídeos dos Dereitos e Deberes do Neno. Escoitamos unha canción dos Dereitos do Neno - UNICEF. Fixemos un mural onde os máis pequenos (EI e 1º EP) pintaron e pegaron unha silueta dun neno/a. Os demais, nun debuxo dun lapis, escribiron e pegaron un dereito e un deber.


25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero Elaboramos un mural onde os nenos e as nenas expresaron “Non á violencia de xénero” coas pegadas das súas mans pintadas de morado.

3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade Reproducimos nas aulas diferentes curtametraxes: “Cuerdas”, “O cazo de Lorenzo”, “Coñecendo o mundo con outro sentido”, “ONCE: Los colores de las flores”, “Wonder” e “Forrest Gump”. Estes vídeos promoven o apoio á inclusión social das Persoas con Discapacidade.


30 de xaneiro: Día da Paz O Equipo de Convivencia colaborou co Equipo de Biblioteca na elaboración dun gran mural con aros olímpicos e, ao seu arredor, mans pintadas da mesma cor, pombas e persoas que loitaron pola paz.


8 de marzo: Día Internacional da Muller Este curso o Equipo de Convivencia dedicou este día á mestra, pedagoga e escritora Ángela Ruiz Robles, tamén inventora do “Libro mecánico”, precursor do libro electrónico. Reproducimos nas aulas vídeos sobre a súa vida. Fixéronse murais polos corredores con fotos e biografía desta mestra e inventora, que actualmente dá nome ao noso centro.


EQUIPO DE BIBLIOTECA Este curso, Zongalo Quirico e os seus amigos esforzáronse para que os nenos e nenas vivisen grandes experiencias. Grazas á mellora da situación sanitaria as portas da nosa biblioteca volveron abrir e puidéronse retomar actividades como contacontos, visitas de autores, obras de teatro, lecturas compartidas...


Para conmemorar as celebracións sinalas, leváronse a cabo diferentes actividades, das cales imos destacar as seguintes:

- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: No ximnasio

do colexio

levouse a cabo un

contacontos, para os nenos de de Educación primaria,

EI, 1, 2, 3 e 4

a mans de Pedro

Brandariz sobre, Ánxela Ruíz Robles, científica e

mestra non CEIP Recimil e precursora

libro electrónico pola cal

cambiouse ou

do noso centro actualmente

.

do

nome


- DÍA DO LIBRO Decoráronse siluetas de pegadas as cales se pegaron polos corredores simulando un camiño dende as aulas ata a biblioteca. Por aulas, elaboráronse tamén recensións lectoras coas que formamos un mural

que

agora está decorando a parede da nosa biblio. Así mesmo o venres 22, preparáronse caixas de libros para os diferentes cursos as cales se sacaron ao patio para que os nenos puidesen gozar dun libro en tempo de lecer.


- VISITA "PERE TOBARUELA": Este curso os

alumnos de 2 e 4 de primaria

conformaron un club de lectura para inculcarlles o pracer pola lectura, Unha das actividades realizadas no club foi a visita do autor dos libros escollidos " Pere

Tobaruela", e que resultou ser

unha experiencia moi enriquecedora e que os nenos gozaron moito ao poder interactuar co escritor ademais de levar o seu libro asinado e dedicado por el mesmo


Equipo de actividades complementarias e extraescolares Ao longo do curso, dende o equipo tratamos que volver á normalidade no que ás actividades se refire. Levamos a cabo diferentes festividades facendo coincidir coas conmemoracións máis coñecidas.

MAGOSTO E SAMAÍN Para celebralo Magosto, cada aula decorou a súa propia cabaza, coas que se fixo un concurso a nivel de centro. Ademais, fixemos unha exposición na entrada na que cada neno puido traer unha cabaza decorada da casa.



Esa mesma semana, o venres, todo o alumnado veu disfrazado ao colexio para celebralo Samaín, onde se montou un túnel do terror moi terrorífico!


nadal

Durante os últimos días de decembro, nenos e nenas e mestres e mestras estiveron decorando sen descanso todo o centro e as aulas. A verdade é que os esforzos mereceron moito a pena, porque quedou todo ben bonitiño!


Ademais, os nosos rapaces fixeron postais de Nadal que foron expostas por todo lo colexio.


ENTROIDO Durante a última semana de Febreiro, tivemos presentes os mandatos do Meco. Tamén se elaboraron os disfraces que iríamos lucir no desfile ata a Praza de España.


Equipo de Dinamización da Lingua Galega Ao longo deste curso o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou diversas actividades, polo que nos gustaría resaltar algunhas das mesmas. Ademáis, destacar que seguimos co novo formato dos Recinovas dixitais.


Unha das actividades que nos gustaría resaltar foi a celebración do Día de Rosalia de Castro (23 de febreiro). Para conmemorar este día, en cada unha das titorías recrearon un mural representando un poema de Rosalia. Ademáis, tivemos a sorte de contar co Trío Molime, grupo que nos interpretou diferentes poemas desta autora galega e fixo que os nosos nenos e nenas descubrisen máis sobre a súa vida e obra.


Outra das actividades que queremos destacar foi a saída ao Auditorio de Ferrol. Fomos ver a obra de teatro: "A nena e o grilo máis aló" (montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelho). Actividade na que rimos e cantamos desde os máis pequenos ata os máis maiores.

Por último queremos destacar unha das celebracións máis importantes para nós, as Letras Galegas. Este ano dedicadas ao escritor Florencio Manuel Delgado. En esta ocasión elaboramos un quebracabezas coa imaxe do autor homenaxeado. Tamén tivemos unha representación que o alumnado de 6ºnos fixo sobre o conto "Corre corre cabaciña". E finalmente puidemos gozar dunha exposición sobre mulleres galegas pioneiras en diferentes ámbitos.




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.