AS SUXESTIÓNS DE
EDUCACIÓN PRIMARIA 3º-4º CURSO En GALEGO:
ZONGALO QUIRICO
EDUCACIÓN PRIMARIA 5º-6º CURSO
Cámbiache o conto! (Ed.Xerais) Pinto e Chinto Pinto & Chinto ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos de autores como Andersen, Perrault ou os irmáns Grimm e danlle unha reviravolta á súa maneira a O frautista de Hamelín, a Carrapuchiña Vermella, a Cincenta e moitos outros, poñéndonos un sorriso nos beizos.
En GALEGO: “Muriel“
( Ed. Xerais) María Canosa
A Muriel custáballe prender o sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que botar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor do seu corpo. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro.
“Mar adiante” ( (Ed.Xerais) María Victoria Moreno Unha mestra contoulles un día aos compañeiros que viña de poñer escola nun barco, o Arroás. Como non a creron, escribe a historia para que os rapaces a coñezan. Ponlle tripulación: un poeta, un debuxante, un amigo das estrelas e unha cociñeira velliña e agarimosa, Lola. Non faltaban, claro, o capitán, e mais a mestra.
En CASTELÁN : “Lechuza Detective” 1. El origen (Editorial Anaya)
En CASTELÁN:
Álvaro Núñez,Alberto Díaz e Miguel Can Carla ten nove anos, estuda cuarto de Primaria, é fanática dos cómics. O seu pai está preocupado pola excesiva imaxinación da súa filla e o seu afán por atopar misterios pero o seu avó Carlos, que foi explorador e aventureiro, enténdea e regálalle un difraz de curuxa que lle proporciona visión nocturna, cortos voos, resistencia aos golpes...
“Marea Negra” e
“ El secreto del abuelo” (Ed. Anaya) Carles Cano María e Miguel disfrutan dos contos que o seu avó inventa para eles. Un día pregúntanlle en que se inspira para inventalos, dilles que saen do seu cerebro e que sería capaz de inventar centos e centos... Os rapaces non perden ocasión para gozar das súas narracións.
( Editorial Anaya) Ana Alonso
Julieta viaxou desde Arxentina para atopar as súas raíces nun pobo da costa galega. Pero a única persoa que pode axudala deixou de falar hai moitos anos, por mor da catástrofe do Prestige. Trátase de Anxo, o avó de Román. Julieta e Román descubrirán detalles fascinantes acerca dos seus antepasados a través dos obxectos que Anxo vai poñendo no seu camiño, e tratarán de axudarlle a recuperar a voz. Con este aprenderán acerca dos ecosistemas e o desenvolvemento sostible.
Vivendas Protexidas s/n Ferrol 15403 A Coruña Teléfono: 881930312 http://www.edu.xunta.es/centros/ceiprecimil
BIBLIOTECA E EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO CEIP RECIMIL