persoas sociais das cooperativas

Page 1

IV CURSO SOBRE EMPRENDEMENTO COOPERATIVO “SOCIEDADES COOPERATIVAS E AUTOEMPREGO"

UNIDADE DIDÁCTICA 3 PERSOAS SOCIAS DAS COOPERATIVAS

Docente María Inmaculada Muñoz Pliego Técnica de Emprego do SAEE (UDC)


3.1. REQUISITOS Para ingresar en calidade de socio/a nunha cooperativa, a persoa solicitante deberá cumprir os requisitos legais e estatutarios para adquirir a dita condición, sen que estes poidan quedar vinculados a motivos ilícitos ou inconstitucionais.

En todo caso, para ser socio/a será preciso subscribir a achega obrigatoria mínima, é dicir achegar a contía fixada nos estatutos e, se for o caso, a cota de ingreso.

A solicitude de admisión realizarase por escrito dirixida ao órgano de Administración da sociedade cooperativa, o cal deberá resolver motivadamente nun prazo non superior a dous meses, que contará a partir do día seguinte ao de recibir o escrito de solicitude. Logo comunicaráselle a resolución á persoa solicitante e publicarase o dito acordo no taboleiro de anuncios da cooperativa ou noutro medio establecido estatutariamente. De transcorrer o dito prazo sen resolución expresa, a solicitude entenderase denegada. Contra a denegación de admisión, a persoa solicitante poderá recorrer no prazo dun mes, que comezará a contar desde a notificación ou desde que remate o prazo que o órgano de Administración ten para resolver ante o Comité de Recursos ou, no seu defecto, ante a Asemblea Xeral. O Comité de Recursos resolverá no prazo máximo dun mes, que contará desde que se presentar a impugnación ou, se o recurso se interpón ante a Asemblea Xeral, na primeira que se realice, por votación secreta. En ambos os casos, será logo da audiencia da persoa interesada. No acordo de admisión tamén poderá ser impugnado polo número de socios que estatutariamente se determine, no prazo de dez días, que contarán desde que sexa publicado, ante o Comité de Recursos, que resolverá no prazo máximo dun mes ou no seu defecto, no mesmo prazo ante a Asemblea Xeral, que resolverá o recurso na primeira que se realizar, por votación secreta. A admisión quedará en suspenso ata que transcorra o prazo para recorrer contra ela ou ata que o Comité de Recursos ou a Asemblea Xeral resolvan. En ambos os dous casos, tras a audiencia da persoa interesada. Por outra banda, nas cooperativas de primeiro grao agás vivenda, crédito e seguros, os estatutos poden establecer un período de proba que non excederá de seis meses.


Baixa dos/as socios/as Poderá ser: - Voluntaria - Non xustificada - Xustificada - Obrigatoria - Por expulsión do/a socio/a

• Voluntaria. O/a socio/a poderá darse da baixa voluntaria na cooperativa en calquera momento, mediante aviso previo por escrito ao órgano de administración. O prazo do aviso previo, que fixarán os estatutos, non poderá ser superior a un ano. Para reembolsar as achegas, entenderase producida a baixa cando remate o prazo de aviso previo. O incumprimento do prazo do aviso previo dará lugar á indemnización de danos e perdas correspondente.

• Xustificada. Entenderase como baixas xustificadas a adopción de acordos pola Asemblea Xeral que impliquen obrigas ou cargas gravemente onerosas, non recollidas estatutariamente, se o/a socio/a salvase expresamente o seu voto ou, se estivere ausente, manifestase a súa desconformidade por escrito dirixido ao órgano de Administración da cooperativa no prazo de dous meses desde que sexa adoptado o acordo. En ambos os dous casos, deberá formalizar a súa solicitude de baixa dentro do mes seguinte á data de realización da asemblea ou da presentación do mencionado escrito. En todos os demais supostos que recolle a Lei de cooperativas de Galicia ou nos estatutos.

• Obrigatoria. A baixa obrigatoria afecta as persoas socias que perdan os requisitos esixidos para manter a dita condición e farase de oficio polos órganos de administración, por pedimento de calquera socio/a ou da persoa interesada. Este tipo de baixa terá a consideración de non xustificada cando a perda dos requisitos para adquirir a condición de socio responda a un deliberado propósito do/a socio/a de eludir obrigas ante a cooperativa ou beneficiarse indebidamente coa súa baixa.

• Expulsión do/a socio/a. A expulsión realizarase por falta moi grave tipificada nos estatutos da cooperativa e poderá ser acordada polo órgano da Administración. Se o caso de expulsión foi porque o/a socio/a non está ao corrente das súas obrigas económicas, a expulsión tramitarase en calquera momento, salvo que o/a socio/a regularice a situación durante a tramitación do expediente.


3.2. NÚMERO MÍNIMO DE SOCIOS/AS As cooperativas de 1.º grao deberán estar integradas, como mínimo, por catro socios e poderán selo tanto as persoas físicas ou xurídicas como públicas ou privadas, segundo a clase de cooperativas. Nas cooperativas de traballo asociado os/as socios/as terán que ser persoas físicas e poderá constituírse e funcionar con tres socios/as. Por outro lado, o número mínimo de socios das cooperativas de 2.º grao será de dous socios. Poderán formar parte delas as sociedades cooperativas e outras entidades sociais, cando se precisar a converxencia de intereses e necesidades e os estatutos non o prohiban. Calquera Administración ou ente público con personalidade xurídica poderá ser socia dunha cooperativa para prestar servizos públicos e exercer a iniciativa económica pública, sempre que non supoña o exercicio de autoridade pública. Ninguén poderá ser socio dunha cooperativa a título de empresario contratista, capitalista ou outro análogo respecto a ela ou aos socios como tales.

3.3. CLASES DE SOCIOS/AS - Socios/as - Socios/as de traballo - Socios/as excedentes - Socios/as colaboradores/as

Socios/as: persoas físicas ou xurídicas que cumpren os requisitos establecidos pola lexislación e os estatutos para formar parte de cada clase de cooperativa.

Socios/as de traballo: as cooperativas de 1.º grao que non sexan de traballo asociado, de explotación comunitaria da terra ou de recursos acuícolas e as de 2.º ou ulterior grao, poderán establecer nos seus estatutos que os/as seus/súas traballadores/as que o soliciten adquiran a condición de socio de traballo (os/as socios/as de traballo son persoas físicas que se comprometen a prestaren o seu traballo persoal na cooperativa). Os/as socios/as de traballo, efectos do réxime da seguridade social, serán en todo caso asimilados a traballadores/as por conta allea. No caso de que haxa perdas, as perdas que teñan que soportar os/as socios/as de traballo imputáranselle ao Fondo de Reserva Obrigatoria ou aos/ás socios/as usuarios/as, na contía necesaria para garantirlles aos/ás socios/as de traballo unha retribución igual ou


superior ao salario mínimo interprofesional ou ao límite superior que fixen os estatutos sociais. Os estatutos poderán regular a participación dos/as socios/ as de traballo no Consello Reitor.

Socios/as excedentes: son aqueles que logo de cesaren na súa actividade na cooperativa de xeito xustificado, son autorizados/as a permaneceren na sociedade coas condicións que se establezan nos estatutos, no caso de que estea recollida a súa existencia. Os/as socios/as excedentes poderán participar na Asemblea Xeral con voz e exercer tamén o dereito de voto (máximo 1/3 dos votos sociais conxuntamente cos/as socios colaboradores/as e a proba), pero non terán dereito a participar nos retornos nin formar parte do órgano de administración. Se o/a socio/a excedente volvese reunir os requisitos para ser socio/a activo/a, poderá solicitarllo ao órgano de Administración, que autorizará de inmediato a recuperación desa condición, con todos os dereitos e obrigas inherente a ela. Este tipo de socios non se dan nas cooperativas de vivenda.

Socios/as colaboradores/as: son persoas físicas ou xurídicas que, sen poder realizar plenamente o obxecto social da cooperativa, poden colaborar na súa consecución. Deben desembolsar a achega económica que determine a Asem-blea Xeral, que non pode superar a terceira parte do total das achegas. O conxunto de votos que teñen tampouco pode superar 1/3 dos votos nos órganos sociais da cooperativa (máximo 1/3 dos votos sociais conxuntamente cos socios excedentes e a proba). A súa responsabilidade está limitada pola súa achega.

Asalariados

Nunha cooperativa poden existir traballadores contratados, tanto de xeito indefinido coma noutras modalidades de contratación. Nas cooperativas de traballo asociado, o número de traballadores contratados non poderá ser superior ó 30% do total dos socios.


ESQUEMA FORMAS DE PARTICIPAR NAS COOPERATIVAS

DEFINICIÓN

CARACTERÍSTICAS XENÉRICAS

SOCIOS E SOCIAS USUARIOS/AS

Socios/as de calquera cooperativa distinta á de traballo asociado, como son as de servizos ou as de consumidoras

- Achegan cartos - Participarán da actividade, ben consumindo ou recibindo servizos

SOCIOS E SOCIAS TRABALLADORES/AS

SOCIOS E SOCIAS DE TRABALLO

SOCIOS E SOCIAS A PROBA

SOCIOS E SOCIAS EXCEDENTES

SOCIOS E SOCIAS COLABORADORES

TRABALLADORES E TRABALLADORAS POR CONTA ALLEA

Socios/as de cooperativas de traballo asociado ou asimiladas segundo a actividade que se desenvolvan e que presentan o seu traballo na cooperativa

Socios/as que prestan o seu traballo nunha cooperativa de servizos ou ben de consumidoras

- Dereito a percibir anticipos laborais mensualmente por un importe semellante ás retribucións da zona - Dereito a percibir retornos cooperativos en proporción á súa actividade na cooperativa - Outros dereitos e obrigas establecidos na lei e nos estatutos

- Deberan estar dadas de alta na Seguridade Social, no réxime xeral

Socios e socias que durante un período que vai dos seis aos doce meses están en situación condicionada a unha aprobación definitiva de entrada

- Non responden de perdas - Non poden facer achegas ao capital

Aquelas ás que por causa xustificada se lles conceda a baixa na cooperativa temporalmente, pero que manteñen o seu capital na cooperativa

- Dereito a percibir xuros polo capital, se así se establece para todas as socias

Socios e socias que participan no financiamento da cooperativa con capital, pero non poden desenvolver a actividade cooperativa na súa plenitude

Persoal contratado co que se manten unha relación laboral

- Teñen dereito a percibir xuro dentro dos límites establecidos na Lei de cooperativas da Galicia. - Os estatutos establecerán os seus dereitos e as súas obrigas - Por norma xeral, non poden superar o 30% do total de horas ao ano realizadas polas socias traballadoras

Fonte: Teleformación Cooperativa. Consello Galego de CooperativasMA DAS DISTINTAS FORMAS DE PARTICIPAR NAS COOPERATIVAS


3.4. DEREITOS E OBRIGAS Dereitos Os/as socios/as teñen, ademais dos dereitos que lles outorguen as normas legais e estatutarias ou os acordos validamente adoptados polos órganos sociais, os seguintes dereitos: • A ser elector e elixible para os cargos dos órganos sociais da cooperativa. • A formular propostas e participar con voz e voto na adopción de acordos nas reunións dos órganos sociais de que sexa membro. • A participar na actividade da cooperativa para cumprir o seu fin social, sen ningunha discriminación. • A recibir a información necesaria para exercer os seus dereitos e cumprir as súas obrigas. • A percibir o retorno cooperativo, de ser o caso. • Á actualización e devolución das achegas ao capital social, así como a percibir xuros por elas, de ser o caso. Con respecto ao dereito de información, todo socio ten dereito a recibir toda a información necesaria sobre a marcha da cooperativa nos termos fixados na Lei de cooperativas de Galicia, nos estatutos, no regulamento de rexime interno ou nos acordos da Asemblea Xeral. Como contido mínimo do dereito da información, todo socio terá dereito a: • Recibir unha copia dos estatutos. • Ter libre acceso aos libros da sociedade: libro de rexistro, libro de actos da Asemblea Xeral, libro de achegas ao capital... • Unha copia certificada dos acordos do órgano, se a persoa interesada o solicitar. •Ter a disposición do socio: no domicilio social da cooperativa, as contas anuais, o informe distribución de resultados... •Solicitar por escrito do órgano da Administración calquera aclaración e informe sobre a marcha da cooperativa. •Recibir do órgano de Administración por escrito, nun prazo non superior a un mes, a información que estime necesaria, cando o 10% dos socios da cooperativa ou 100 socios o soliciten tamén por escrito.


Obrigas

• Asistir ás reunións da Asemblea Xeral e dos demais órganos aos que foran convocados. • Cumprir os acordos que foran adoptados polos órganos sociais da cooperativa. • Desembolsar as achegas comprometidas • Participar nas actividades que desenvolve a cooperativa, na forma que establecen os estatutos e/ou o regulamento de rexime interno. • Gardar segredo sobre os asuntos que poidan prexudicar os intereses da cooperativa. • Non realizar actividades competitivas coa actividade da cooperativa nin colaborar con que as realice, salvo que sexa expresamente autorizado polo órgano da Administración. • Aceptar os cargos para os que foran elixidos, salvo causa xusta. • Participar nas actividades de formación.

Resumo dos Dereitos e Deberes dos socios/as

DEREITOS E DEBERES DOS SOCIOS/AS

DEREITOS

DEBERES

1. Elector e elixible para os cargos. 2. Participar con voz e voto. Formular propostas. 3. Participar na actividade sen discriminacións. 4. Percibir o retorno cooperativo. 5. Actualización e devolución das achegas e xuros 6. Recibir a información necesaria.

1. Asistir ás reunións (Asembleas, C.R., etc.). 2. Participar na actividade establecida. 3. Non realizar actividades de competencia coa cooperativa. 4. Gardar o segredo sobre asuntos e datos da cooperativa. 5. Desembolsar as achegas ao capital acordadas. 6. Participar nas actividades de formación. 7. Aceptar os cargos para os que foron elixidos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.