asociaciones de cooperativas en galicia

Page 1

PRESENTACIÓN DAS ASOCIACIÓNS DE COOPERATIVAS: UGACOTA, SINERXIA, UCETAG, UGACOMAR Xuño de 2010

A Federación de Empresas Cooperativas SINERXIA, www.sinerxia.org. constituída en 1994, é unha organización autónoma, sen ánimo de lucro, que forma parte do movemento asociativo cooperativo de Galiza, de carácter intersectorial e de ámbito galego. Asocia a unións de cooperativas con ámbito de actuación en Galiza. Nesta altura conforman SINERXIA dúas unións de cooperativas de traballo (UGACOTA e UCETAG), unha de cooperativas do mar (UGACOMAR) e unha cooperativa de consumo (Árbore) no ámbito agroecolóxico. Presta apoio e fai parte da Rede Galega de Consumo Responsable e Consciente, formada por once entidades, asociacións e cooperativas, de persoas consumidoras de produtos ecobiolóxicos. Ten representación no COGACO (Consello Galego de Cooperativas). A Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG) asocia a 28 cooperativas. É membro da Unión Española de Cooperativas de Enseñanza (UECOE), e esta á súa vez está integrada en CEPES (Confederación Empresarial Española para la Economía Social). Asemade, é fundadora da Asociación de Centros de Economía Social (ACES-GALICIA), patronal dos centros de ensino galegos de economía social. www.ucetag.org Ten representación no COGACO (Consello Galego de Cooperativas).

A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA, que asocia a 85 cooperativas, é unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego e de carácter intersectorial, que agrupan a cooperativas de traballo asociado, con culturas organizativas, fórmulas de traballo e estruturas produtivas diversas. UGACOTA ten presenza na Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA), que á súa vez é membro de CEPES, o que nos permite realizar actividades con Unións e Federacións do resto do estado e ter acceso e representación en organismos estatais e europeos. www.ugacota.org . Ten representación no COGACO (Consello Galego de Cooperativas). Por último a Unión de Cooperativas do Mar de Galicia UGACOMAR, de moi recente contitución, aglutina o emerxente cooperativismo do mar, asociando a un grupo de 6 cooperativas. Ten representación no COGACO (Consello Galego de Cooperativas).

As asociacións de cooperativas tamén fan parte da Sección Territorial de Galiza de Coop57, cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios, como entidade constituinte da mesma en 2009, xunto con outras 19 organizacións de economía solidaria de Galiza. http://coop57galicia.blogspot.com Tamén manteñen liñas de colaboración no ámbito representativo coa Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias AGACA.

En conxunto somos 120 cooperativas asociadas, as nosas socias aglutinan a máis de 3.350 persoas, das cales ao redor de 1.350 son socios-as traballadores-as, 1.500 socios-as usuarios-as e 500 asalariados-as. A facturación das cooperativas importa aproximadamente 200 millóns de euros (2008).

Presentación asociacións de cooperativas Sinerxia, Ugacota, Ucetag, Ugacomar

1


AS NOSAS LIÑAS DE TRABALLO CONXUNTAS

08-09

REPRESENTACIÓN DO COOPERATIVISMO A defensa dos intereses das cooperativas e do modelo cooperativo como fórmula para o desenvolvemento económico e social, requiren dun traballo de representación diante das institucións públicas, cun papel privilexiado da Dirección Xeral de Relacións Laborais, polas súas competencias neste sector. A nosa traxectoria, no ámbito da representación, vén marcada pola colaboración na concertación das políticas e os programas e o compromiso no desenvolvemento dos mesmos. Exercemos tamén un papel de contraste e canalización das demandas das cooperativas. • • • • • • • •

Participación na elaboración do Libro Branco do Cooperativismo en Galicia. Compromiso e participación activa no Plan Estratéxico do Cooperativismo Representación no Consello Galego de Cooperativas, con tres representantes no Pleno (UCETAG, UGACOTA e SINERXIA) e dous representantes na Comisión Permanente (UGACOTA e SINERXIA). Interlocución permanente no deseño e execución das políticas de promoción do cooperativismo da Consellería de Traballo e Benestar. Representación do Consello Galego de Cooperativas no CECOOP (Centro de Estudos Cooperativos). Transmisión e dinamización das iniciativas e convocatorias ás cooperativas socias. Participación e achegas en reunións operativas de traballo. Seguimento das políticas, liñas de axuda, orzamentos, etc. Representación nos órganos sociais das Confederación estatais de traballo asociado (COCETA) e ensino (UECOE). Apoio ao proceso de creación da Rede Galega de Consumo Responsble e Consciente.

FORTALECEMENTO DAS COOPERATIVAS Programa de apoio á función xerencial nas cooperativas : bolsas de formación para a introdución de xerentes titulados nas cooperativas, e encontros de intercambio sobre temáticas de xestión que dinamizan e sensibilizan sobre a función xerencial. Colaboración coa Fundación Caixanova a través do Centro de Desenvolvemento Caixanova. Servizo de asesoramento ás cooperativas en xestión empresarial, normativa, societaria, etc. Programa de apoio á intercooperación económica das cooperativas: mediación e acompañamento a iniciativas conxuntas na oferta de servizos; presentación de propostas conxuntas a concursos públicos; fomento dos intercambios comerciais entre cooperativas, etc. Elaboración do Directorio de cooperativas asociadas ás nosas entidades de cara a favorecer o coñecemento mutuo, publicitar os servizos prestados polas cooperativas e divulgar o cooperativismo. Programa de formación para Incorporación da muller a postos de dirección. No marco do programa Aurora e Agromar da Consellería de Traballo e Benestar. Formación continua para socios/as e asalariados/as de cooperativas de galegas en diversos ámbitos de cara a melloralas súas capacidades tanto profesionais como cooperativas. Dentro da oferta formativa mantéñense activos os cursos e a plataforma formativa do Consello Galego de Cooperativas. Presentación asociacións de cooperativas Sinerxia, Ugacota, Ucetag, Ugacomar

2


Traballos de investigación e estudos para coñecer con rigor a realidade e necesidades das cooperativas galegas, así como súas potencialidades en distintos territorios. Programa de fomento da lingua galega como ferramenta de comunicación e comercial para cooperativas.

FINANCIAMENTO Coop 57 Galicia, programa de fomento do financiamento ético de base cooperativa. A sección galega da cooperativa Coop57 xa cumpre un ano, co pulo de 19 entidades e cooperativas e máis de 45 socios/as colaboradores. Agardamos que sexa unha alternativa de acceso a financiamento para proxectos da economía social con dificultades de acceso aos servizos convencionais. Promoción dun programa de fomento do financiamento ético de base cooperativa.

IMPULSO DE NOVOS PROXECTOS COOPERATIVOS Programa de fomento de cooperativismo de consumo en Galicia. Esta é unha liña de traballo na divulgación, dinamización e acompañamento de grupos promotores, que divulga a experiencia das cooperativas pioneiras de Vigo e Ferrol e xa deu lugar á constitución de tres novas cooperativas de consumo nas cidades de A Coruña e Santiago. Accións de formación e dinamización do cooperativismo no colectivo de Redeiras. Titorización de novas cooperativas: acompañamento na elaboración do plano de viabilidade económica e societaria.

PROMOCIÓN E DIVULGACIÓN COOPERATIVA Apoio aos concellos nas actividades de promoción do cooperativismo: xornadas, obradoiros, exposicións, dinamización de sectores da economía informal, visitas a experiencias cooperativas, elaboración de materiais divulgativos, etc. Realización de Obradoiros de cooperativismo para socias de ONG's e outros colectivos de economía solidaria. Participación na elaboración do Periódico “Empresa y trabajo.coop”, promovido polo cooperativismo de traballo asociado a nivel estatal, con cinco números anuais.

DIVULGACIÓN DO COOPERATIVISMO NO ENSINO Programa Aprender a Emprender: accións formativas de divulgación cooperativa en centros de ensino medio en Galiza. Edición de material didáctico para a divulgación do cooperativismo, dirixido a escolares de primaria. Elaboración do Proxecto curricular da materia de cooperativismo para alumnado de primaria.

Presentación asociacións de cooperativas Sinerxia, Ugacota, Ucetag, Ugacomar

3


PROGRAMA DE FOMENTO DO COOPERATIVISMO NUN CONTORNO DE CRISE Desenvolvemento dun programa que xa prestou apoio ou está prestándoo en situacións críticas ou de especial dificultade en cooperativas. As cooperativas teñen un desenvolvemento anticíclico e conservan o emprego en situacións de crise en maior medida que as outras empresas. Neste momento cómpre utilizar a promoción da fórmula cooperativa como contrapeso á destrución de emprego. O coñecemento sobre o sector que albergan as asociacións de cooperativas e algunhas cooperativas de servizos especializadas, constitúen un alicerce desde o que enfocar unha ambiciosa política de actuación neste eido, que atenda: -

A constitución de novas cooperativas por parte de colectivos de desempregados A transformación de empresas en crise en empresas cooperativas, salvagardando o emprego. O apoio a cooperativas especialmente golpeadas pola crise.

Para atender estes aspectos de forma eficiente ademais dun programa pautado tamén se inclúe o traballo en rede coas diferentes axentes e axencias de emprego municipais, universitarias, ou doutra índole, etc.

NOVAS TECNOLOXÍAS Á MEDIDA DAS COOPERATIVAS Innovación TIC en cooperativas de traballo asociado e outras pemes de carácter asociativo: Elaboración dun proxecto, que vén madurando desde 2008, para a implantación de ferramentas que permitan atender ás particularidades da xestión cooperativa, potenciar o intercambio comercial dentro do cooperativismo e facer valer as novas tecnoloxías como unha oportunidade de mellora nas pequenas cooperativas, apoiándose nas economías de escala: no marco das axudas estatais Plan Avanza 2.

INTERCOOPERACION Participación no Día Mundial do Cooperativismo, que anualmente se celebra impulsado dende o Consello Galego de Cooperativas. Apoio no proceso de integración das estruturas representativas de traballo asociado EIXO e UGACOTA, celebrándose formalmente a asemblea de fusión en xuño do pasado ano 2009. A creación da Unión de Cooperativas do Mar UGACOMAR, a principios de 2010.

Presentación asociacións de cooperativas Sinerxia, Ugacota, Ucetag, Ugacomar

4


PERSOAL TÉCNICO DE UGACOTA, SINERXIA, UCETAG A solvencia técnica Para o desenvolvemento dos servizos que prestan as asociacións, cóntase co seguinte persoal técnico especializado no eido do cooperativismo: • Ramón Carmelo Rodríguez Padín. Xerente de Sinerxia. É coordinador técnico da xestión das áreas de actuación de SINERXIA desde 1995. É Especialista en Dirección e Xestión de Cooperativas e PEMES (1998) e Especialista en Xestión de Cooperativas (2007) pola Universidade de Vigo. Realiza práticas de xestión de asociacións de cooperativas na Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) (1994). Conta cunha ampla formación en xestión empresarial cooperativa e formación para adultos, a partir da cal desenvolve actividades de formación ocupacional e continua en divulgación e xestión de empresas de economía social, plans de empresa e lexislación cooperativa desde 1994. Tamén desenvolve tarefas de asesoramento de proxectos cooperativos desde 1996. É coautor de varias das publicacións editadas por SINERXIA desde 1996.Ten experiencia na organización de eventos de divulgación do cooperativismo (xornadas, charlas, seminarios,...). É representante de SINERXIA no Consello de Coop57 Galicia, cooperativa de servizos éticos e solidarios. • Mª del Mar Pernas Márquez. Xerenta de Ugacota. É licenciada en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, na especialidade de Poboación e Ecoloxía Humana. Formada en xestión empresarial cooperativa e como técnica de desenvolvemento local, desenvolve funcións de representación e dirección técnica en UGACOTA desde 1991. Exerce a xerencia de dita entidade, na que realiza tarefas de asesoramento e desenvolve servizos de xestión laboral, xestión de subvencións e formación ocupacional; ten participado en numerosas ponencias e seminarios como formadora en materia de cooperativismo. Membro do grupo de traballo que elaborou o Libro Branco do cooperativismo e o Plan Estratéxico para o cooperativismo galego. Elaborou os materiais divulgativos e formativos de Ugacota e participou na elaboración do Manual “Ideas cooperativas en acción”. E é co-autora do “Manual de formación de socios/as de cooperativas de traballo asociado”. Responsable da sección de Galicia no periódico “empresaytrabajo.coop”. Representa a Ugacota no Consello Galego de Cooperativas e na Confederación estatal de cooperativas de traballo. • Carmen García Méndez. Técnica de formación de Ugacota. É licenciada en Ciencias da Educación, sección Psicoloxía, especialidade Social e do Traballo, pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en e-learning e Máster en Orientación Profesional pola Universidade de Santiago, é tamén experta en Entrenamento de Habilidades Sociais para o Emprego pola Universidade de Oviedo. Participou como técnica no ámbito da inserción laboral da muller en diversos programas Equal. Foi coordinadora das actividades de teleformación e escola cooperativa móbil do programa Nexus Rede, coordinando a elaboración de materiais formativos multimedia en materia cooperativa, de alfabetización informática e de habilidades sociais. Actualmente forma parte do cadro de persoal de UGACOTA como técnica de formación. • Nuria González Rodríguez. Técnica de Ugacota. É Diplomada en Graduado Social pola Universidade de Vigo (1993), e Técnica Superior de Prevención de Riscos Laborais en tres especialidades (2010). Ven participando en múltiples cursos, xornadas, e actividades formativas específicas sobre economía social e cooperativismo desde 1993 ate a actualidade. Traballou no eido asociativo, na Asociación Para a Economía Social (APES) da Universidade de Vigo (1995-2000), desenvolveu tarefas de administración e búsqueda de fondos e recursos, participa en programas de capacitación cooperativa (deseño, coordinación, ou impartición), elabora materiais didácticos, ou colabora en traballos de investigación relacionados coa economía social en Galicia. Foi secretaria da APES. Para a administración pública, no Concello de Pontevedra (2001), traballa na Área de Promoción Económica e Desenvolvemento Local coordinando formación ocupacional para persoas desempregadas. Ven traballando no ámbito do asociacionismo cooperativo dende 1996, para a Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia, UCETAG (1996) e para algunhas cooperativas de ensino asociadas (1998 e 2000), para a Federación de Cooperativas SINERXIA (1997-2005), para a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado EIXO (2005-2009), e na

Presentación asociacións de cooperativas Sinerxia, Ugacota, Ucetag, Ugacomar

5


actualidade na Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA: é técnica de proxectos de fomento cooperativo (en especial programas formativos e de apoio para cooperativas e outros colectivos). Tendo experiencia nese ámbito e tamén como docente en cooperativismo en niveis básicos, xestora de axudas, coordinando e/ou elaborando contidos informativos en distintos formatos, como coautora de publicacións e de material audiovisual de cooperativismo, como orientadora e informadora en cooperativismo para as cooperativas ou para diferentes persoas, organizacións ou colectivos, entre outros traballos: de xestión, organización, e administración de asociacións. Foi socia da Asociación de Comercio Xusto Arao (1996-1997). É socia de Árbore cooperativa de consumo consciente, e de Coop57 cooperativa de servizos éticos e solidarios.

• Rosa Álvarez Bernardez. Técnica de Ugacota. É Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. É Técnica en Prevención de Riscos Laborais. Traballou neste eido para a Asociación de Cooperativas Agrarias AGACA, desenvolvendo tamén tarefas de investigación na diagnose do sector cooperativo realizada dentro do proxecto europeo Espadelada. Desde marzo de 2005 traballou en Ugacota – Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado, contrato ligado o Desenvolvemento do Programa Equal “Nexus Rede”, participando na elaboración da diagnose, organización de mesas de debate sectorial, análise de fontes secundarias, acompañamento en plans de mellora. Na actualidade forma parte do equipo técnico de UGACOTA, onde desenvolve tarefas de asesoramento, formación e divulgación cooperativa en diferentes áreas. • Mª Ángeles Barreiro Vilas. Administrativa de Ugacota. é Técnica superior en Administración e Finanzas con coñecementos específicos de administración e contabilidade. Tras traballar en varias empresas durante mais de 6 anos nas que adquiriu experiencia en contabilidade, a mediados do 2007 incorpórase ao cadro de persoal de UGACOTA para asumir o servizo contable-fiscal que se lle presta a cooperativas asociadas. Dende a súa incorporación implicouse en mellorala súa formación cooperativa realizando varios cursos das programacións de formación continua das asociacións de cooperativas, tanto autonómicas como estatais, así como do propio Consello Galego de Cooperativas, en materia de cooperativismo e habilidades socias.

• Pilar López Alves de Amorín. Técnica de Sinerxia. É Diplomada en Administración e Dirección de Empresas desde xuño de 2007, momento no que obtén unha das bolsas de prácticas xerencias promovidas por Eixo e a Fundación Caixanova para incorporarse durante un ano nunha cooperativa de traballo asociado, Intergal, onde continúa colaborando. Actualmente é técnica de proxectos na Federación de Cooperativas SINERXIA, onde desenvolve tarefas de asesoramento e divulgación cooperativa en distintas áreas. No ano 2006 especializouse na xerencia de empresas de economía social, coa finalización dun curso nesta área. Desde entón participou en diferentes xornadas relacionadas coa xestión de cooperativas, tanto en materia contable, coma de habilidades sociais no sector, en I+D+I nas cooperativas ou en RSE no cooperativismo. É socia colaboradora e tesoreira no Consello de Coop57 Galicia, cooperativa de servizos éticos e solidarios. • Teresa Balado. Técnica da Ucetag. Diploma en Ciencias Empresariais, presta apoio en traballos administrativos e nos proxectos da Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia, UCETAG dende 2010. Anteriormente foi bolseira do Programa de Apoio á Función Xerencial en Cooperativas promovido por EIXO, durante un ano, acadando unha importante capacitación en cooperativismo, desempeñou a súa práctica e formación na cooperativa de traballo Como Cabras (2008-2009). Está vinculada a unha asociación cultural. E traballou para o sector das asesorías desempeñando funcións de xestión e consultoría. • Roberto Andrés Sanmartín. Xerente da Ucetag. É Diplomado en Graduado Social, con formación complementaria en cooperativismo e economía social, máis en concreto en temas relacionados co cooperativismo de ensino. Dende principios dos 90 coordina as diferentes áreas de actividade da Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia, UCETAG: a representativa, a formativa e divulgativa ou a de proxectos e programas.

Presentación asociacións de cooperativas Sinerxia, Ugacota, Ucetag, Ugacomar

6


Para desenvolver as nosas actividades, adoitamos apoiarnos nos servizos profesionais de varias cooperativas asociadas especializadas en asesoramento, xestión e formación cooperativa e empresarial, o que garante unha resposta eficiente ás demandas que reciben as entidades asociativas, de cara fundamentalmente a mellorar a divulgación e formación cooperativa. As asociacións contan con cinco cooperativas, consultoras especializadas, adicadas á consultoría e asesoría de empresas (Xedega), do terceiro sector (Algalia), con especialización no sector do mar (Ardora), de investigación e participación social (Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais), de servizos integrais de novas tecnoloxías e-internet (Integal), colaboradoras nas actividades que desenvolvemos. Igualmente son colaboradoras habituais das actividades das asociacións as cooperativas Pegadas, Faiscas, Conservatorio Histórico de Santiago, Fungo, Culturactiva, Xogaventura, Teixugo, Equal ou Andaina, entre outras moitas. Tamén colabora nos procesos de divulgación e asesoramento cooperativo e da economía solidaria a Asociación de Economía Social Briante de Ferrolterra. O noso protocolo de funcionamento para a contratación externa de servizos contempla recorrer sempre que sexa posible a empresas cooperativas.

Xuño de 2010

Presentación asociacións de cooperativas Sinerxia, Ugacota, Ucetag, Ugacomar

7


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.