Issuu on Google+

adiviña ti se podes

Escolma das adiviñas

máis

populares do concello de Sada

Alumnado de 1º de bacharelato IES Isaac Díaz Pardo. Sada. 2013


2

Autores: Adrián Alonso Rebollo Daniela Castellucci Vera Alexandra Ferreira Tembrás Jacobo Fiaño Salinas Cristina García Mosquera Pablo Gómez López Eduardo Núñez Vázquez Adrián Paz Seijo Paloma Piot Pérez-Abadín Johan Rodríguez Núñez

IES ISAAC DÍAZ PARDO SADA, febrero de 2013


LIMIAR

U

nha adiviña ou adiviñanza é unha especie de enigma que se propón a través dun enunciado para que sexa resolto. Normalmente os enunciados formúlanse con rima e van dirixidos especialmente aos máis novos, polo que adoitan utilizarse como unha maneira doada e divertida de aprender palabras e costumes, e ao mesmo tempo como exercicio de axilidade mental. Son de carácter popular e non teñen un autor (re)coñecido. Fan referencia a obxectos, animais, froitas… presentes na vida cotiá. Ao se transmitiren de xeito oral, sufriron constantes variacións no transcorrer do tempo. Hoxe en día existen numerosas escolmas que nos ofrecen centos de adiviñas. As adiviñanzas conxugan o enxeño e os recursos retóricos, léxicos e métricos para construír enunciados aparentemente sinxelos que ofrecen retos de dificultade progresiva moi do gusto dos novos e tamén dos vellos. Representan o saber, o enxeño e constitúense como unha forma ilustrada de entreter. Permiten tender pontes de comunicación entre os adultos e os novos; poñen en contacto persoas e tempos. Grazas a estes enigmas transformamos os obxectos e a realidade cotiá a través de xogos de palabras, rimas e figuras retóricas en retos á imaxinación, á agudeza mental, que deberá descubrir, adiviñar a solución. Aparecen como pequenas estrofas de dous, catro versos de arte menor (octosílabos, pentasílabos…) con rima variable que presentan unha estrutura na que normalmente aparecen fórmulas de introdución que propoñen abertamente o reto a través dunha pregunta ou descrición, seguidas de elementos orientadores ou desorientadores, segundo sexan pistas ou atrancos, argucias léxicas ou contraposicións que dificultarán, ou non, a busca da solución. Para rematar, logo de tanto enredo, o enunciado conclúe e anímanos a descubrir a solución. O que nos ofrecen a seguir estes mozos e mozas, alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato do IES Isaac Díaz Pardo, é unha pequena escolma coas adiviñas máis populares do concello de Sada. Non se trataba de recoller todas as adiviñas que se coñeceran, nin tampouco facer unha pescuda bibliográfica, senón unicamente recoller aquelas que aínda son recordadas polos nosos maiores. O único requisito esixido era que as adiviñas tiñan que ser recordadas en lingua galega. Velaí vai o resultado desta busca realizada a finais do ano 2012 e principios do 2013.

Sada, febreiro de 2013.

3


1. Que será unha cousiña, cousa que pasa polo río e non se molla e pasa polo lume e non se queima?

2. Que cousa ten o muíño, precisa e non necesaria; non pode moer sen ela e non lle serve de nada?

3. Unha cousiña cousa, que nace no monte, no monte se cría e cando chega á casa, cachea as esquinas?

4. Alto ou baixo, deitado ou de pé, sempre está calado e non hai quen fale mellor ca el? 5. Teño catro pés e non son animal, bríllanme os ollos na noite e sen beber non podo andar?

6. Ten barbas e home non é, ten dentes e non pode comer?

7. Que cousiña é que se pon na mesa, córtase, repártese e non se come?

8. Roe os nabos, roe as verzas, e tamén roe os canotos das xestas.

4


9. Cucurico non ten ollos, cu nin bico, e os fillos de cucurico teñen ollos, cu e bico.

10. Estou pensando, pensando; de pensar vólvome tola. Coa sogra da muller de meu irmán, ¿que parentesco me toca?

11. Detrás daquel coto, hai un boi xoto, e non me hai home nado, nin por nacer, que na súa corte o poida meter.

12. Cando vai para o monte dálle os cornos á casa; cando vai para a casa dálle os cornos ó monte.

13. Unha señorita moi enseñoritada, chea de remendos sen unha puntada.

14. Casullo sobre casullo, casullo do mesmo pano, senón que cho diga eu, non o acertas neste ano.

15. Ten un dente e tira pola xente.

16. Que é unha cousiña, cousa: dous dereitiños, un dálledálle , catro mexafontes e un rega montes.

17. Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca.

5


18. Pelo con pelo e o vivo no medio.

19. Unha cousa para quen sempre chove e sempre está mollada.

20. Unha cousa que coa súa risada perdeu a súa anada. 21. Dez señoritos de par en par pasan o río sen se mollar. 22. Unha velliña engurrumillada cun tranco no cu e sen unha puntada. 23. Cando vai para o monte vai cheo, cando vén para a casa vén baleiro.

24. Dous bois brancos nunha corte de ferro metidos.

25. Cando vai para o monte, vai engurrumillada e ao vir, vén estarricada.

6


26. Non poderás collerme, aínda que corras tras de min,e por máis que queiras irte, sempre estarei xunto a ti.

27. Que cousiña será para adiviñar, que ten orellas coma o gato, pés coma o cato, rabo coma o gato, ollos coma o gato e gato non é? 29. Unha saba branca, sen algodón, que cobre o mundo e o río non.

30. Longo como un camiño, torto coma un fouciño e corre coma un canciño.

28. Ten lombo e non anda, follas ten e non é planta, sabe moito e nada fala 7 31. Que cousiña é que canto máis lle poñen máis pequena é e canto máis lle sacan, máis grande é

32. Son moi fermoso por diante e moi feo por detrás; cambio a cada instante e arremedo aos demais

33. De buraco en buraco sempre coas tripas de arrastro.

34. Alto estou, cor de ouro teño e por unha risada perdo o que teño


35. Unha cousiña cousa, criada no monte, enxoita na casa e cómese sen taxa.

36. Que si! Que me medra o nariz, ao mentir. Pobre de min!

37. Auga me chamo de nome, ardente é o meu corazón; o que non o atine, é un gran burricán

38. Ten boca e non fala, ten ollos e non ve, anda e mais non ten pés; se non adiviñas, ben burro es.

39. Ten mans e non escribe, anda e mais non ten pés; se non adiviñas, ben burro es.

40. Unha señora deitada nun prado, vestida de pano labrado; nin era pano, nin era seda, e, o que a ve, pasmado se queda. 41. Moitas damas nun curral, todas visten a un vestir, todas cantan a un igual.

42. Unha casa caleada, sen poxigo nin ventada.

8


43. Unha longa, longarela, que anda debaixo da terra, estalle dicindo ás veciñas, que lle tornen as galiñas.

45. Largo como un camiño, e torto como un fouciño.

44. Pau sobre pau, sobre pau liño, sobre liño flores e ao redor amores.

46. Ten boca e non come, ten cu e non caga, ten pés e non anda.

9

47. Picos para diante e ollos para atrás.

49. Que cousa que para adiviñar é que antes de selo xa o é?

48. Alto e guapo son, ando á fortuna, corto por onde ando, coso sen costura.

50. Pucariño, manxariño, nin asado, nin cocido, nin revolto con culler, adiviñe quen puider.


51. Longa, longa como a corda e ten dentes como a loba.

52. Na fraga nace, na fraga se cría e onde ela se mete non hai alegría.

53. Canta máis hai, menos se ve.

54. O que o fai non o quere, o que o compra non o usa e o que o usa non o ve.

55. Aínda que ten dentes e garda a casa, nin roe, nin ladra.

56. Un fato de señoras, que cando mexa unha, mexan todas.

58. Que animal é que na cabeza leva os pés.

57. Na auga nacín, na auga me criei, se me pos na auga morrerei.

10


59. Que cousa cousiña é, que se ve nun minuto, nunha semana e nun mes, pero nun ano non se ve?

60.

61. Voa sen ás, asubía sen boca, azouta sen mans, e non se ve nin se toca.

62. O roer é o meu traballo, o queixo o meu aperitivo, e o gato foi sempre o meu inimigo.

Na lúa é a primeiro, no sol o derradeiro, non o hai no ceo e tampouco na terra, que é?

11

63. Cal é, cal é? O que non o adiviña, ben burro é.

64. Anda por debaixo da terra e non ten óso, nin costela.

65.

66. De noite, boca arriba, e de día, métenlle carne viva.

Ten dentes e non ten boca, ten cabeza e non ten pés, adiviña ti que tan listo es.


SOLUCIÓNS 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 21. 22. 23. 24. 25. 26. 27. 28. 29. 30. 31. 32.

A sombra O ruído A vasoira O libro O coche O millo A baralla O porco bravo ou xabaril O ovo e o pitiño A miña nai. O Sol A forcada que leva o home ao lombo A galiña A cebola A campá A vaca: os cornos, o rabo, os tetos e o mexadoiro O muíño O ollo entre as perfebas A lingua O ourizo e a castaña Os dez fungueiros do carro A uva pasa co seu rabo O pucheiro de levar o xantar Os ovos na tixola O adival do carro A sombra A gata O libro A neve O río O buraco O espello

33. 34. 35. 36. 37. 38. 39. 40. 41. 42. 43. 44. 45. 46. 47. 48. 49. 50. 51. 52. 53. 54. 55. 56. 57. 58. 59. 60. 61. 62. 63. 64. 65. 66.

A agulla co fío O ourizo A castaña Pinocho A augardente A Lúa O reloxo A cobra As goteiras O ovo A miñoca A mesa de xantar O río O pote As tesoiras O barco O peixe A noz A silva A caixa, o cadaleito A escuridade O ataúde A chave As pingueiras O sal O piollo O eme O ele O vento O rato O cal A miñoca O allo Os zocos

12


ADIVIÑA TI SE PODES