Revista2016

Page 1


Índice Editorial..........................................................................................................1 Letras Galegas 2016.......................................................................................2 Eu tamén estudei no Ánxel Fole.....................................................................8 Miguel de Cervantes.......................................................................................11 Viagem a Lisboa.............................................................................................15 Día da Ciencia en galego................................................................................17 Bolboreta Monarca.........................................................................................19 Viaxe a Catania...............................................................................................21 Memoria de actividades da Biblioteca...........................................................24 Tras tanta choiva.............................................................................................29 Día das Letras Galegas...................................................................................33 Actividades do Club de Lectura.....................................................................37 Mariñeiros por un día.....................................................................................40 2º BAC 15-16.................................................................................................43 Antídotos contra a violencia de xénero..........................................................47 Seres míticos...................................................................................................51 Lecturas recomendadas verán 2016...............................................................55 E tamén...........................................................................................................56

Colaboracións Santiago Argüeso Andrea Estrella Arias Ernesta Basanta Sofía Cabado Rebeca Castro Xosé Manuel Castro Diana Covas Estefanía Da Cruz Pilar De Vega Olalla Estévez Alexia Fernández Beatriz Fernández Jesús Fernández Luis Fernández Maider Fernández Iris García Mª Luz García Raquel González Xosé Graña

Miguel Ángel Martínez Blanca Mata Mª Luisa Otero Borja Pardo Paula Pardo Lúa Pena Andrea Pereira Eva Portela Felisa Redondo Paz Rebolo María Rodríguez Laura Vázquez EDL IES Monterroso Coordinación EDL Maquetación Miguel Rodríguez Portada Xurxo Rodríguez


Ies Ánxel Fole

1

Editorial Saímos unha vez máis e … desde o primeiro día ata o marabilloso “concerto de Fin de Curso” e, coma todos os anos, pasamos por experiencias de todo tipo: Nas aulas, conferencias a próposito dos distintos ámbitos, gravación dun DVD, exposicións, excursións, …. Viaxamos co Tejo ata Lisboa, fomos desde Lucus Augusti á Cidade dos Césares, mandamos un alento -mar por medio- á Gran Bretaña desde a Mariña Lucense onde fomos “Mariñeiros por un día”, bailamos a muiñeira ao son do Correlingua … Traballamos arreo, cóbado con cóbado, toda a comunidade que conforma o Ánxel Fole. Comunidade plural en todos os sentidos. Despedimos nunha emotiva sesión ao alumnado de 2º BAC e recibimos aos que van vir o próximo curso. Tamén recibimos novos profesores e despedimos outros… sempre cunha idea in mente: a de pertencer a unha comunidade social-educativa: “O Ánxel Fole”. Ensino público como o dos outros institutos, pero co noso selo. Imos aproveitar uns versos do poeta ao que se lle adicou o “Día das Letras Galegas”, Manuel María, para o noso editorial:

“Galiza somos nós: a xente e mais a fala ¡ Si buscas a Galiza en ti tes que atopala!”

O Ánxel Fole somos todos: os alumnos e as familias, todo o persoal do instituto e A Jillotina que sae unha vez máis.


A Jillotina

2

LETRAS GALEGAS 2016 MANUEL MARÍA

Retrato de Manuel María realizado por Luís Fernández Vila Despois de doce anos da súa morte, adícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María Fernández Teixeiro. Gañador de varios premios do Centro Gallego de Buenos Aires, así como dos Xogos Florais, etc., Foi un poeta, narrador, dramaturgo e ensaísta. O chamado poeta da Terra Chá nace en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929. Fillo de dous


A Jillotina

3

labregos, Antonio Fernández Núñez e Pastora Teixeiro Casanova, foi criado nun ambiente familiar tradicional, humilde e relixioso. O seu pai foi alcalde de Outeiro durante a Guerra Civil española e mantívose no cargo durante a posguerra, ata a súa morte. A dureza coa que Manuel María e os seus irmáns eran tratados polo pai, xunto coa situación do galego, da que o poeta comeza a decatarse aos once anos (cando estudaba co profesor Domingo Cabana, amigo da familia co que sempre falaba en galego agás na escola, onde debían empregar o castelán, feito que o sorprendeu moito), foron determinantes máis adiante na súa obra. É nesta época cando Manuel María cambia de escola e comeza a descubrir a literatura galega xa que o mestre adicaba as clases dos sábados pola tarde a ler poemas no noso idioma a pesares da prohibición do seu uso nas escolas. A maiores, Manuel de Paderna, criado da casa paterna, púxoo en contacto coa poesía. Comeza a escribir os seus primeiros versos en 1941. Un ano despois morre o seu pai, e a nai, que non quería que os fillos estudasen, senón que traballasen na terra, queda a cargo da familia. Un tío crego do poeta decide facerse cargo da súa educación, que continuaría en Lugo comezando así unha nova etapa marcada pola soidade. A finais dos 40, é outro mestre, Don Lázaro Montero, quen o mete definitivamente no camiño da poesía, que xa nunca abandonará. En Lugo coñece a Uxío Novoneyra, co que acudirá ao faladoiro do Café Méndez Núñez, onde entrarán en contacto con intelectuais galegos como Pimentel, Fole, Cunqueiro ou Iglesia Alvariño. Co remate da década dos 40 acaba a época máis devastadora da posguerra. O poeta funda a revista “Xistral” e publica nela os seus primeiros versos. En 1950 sae á luz a súa primeira obra importante: Muiñeiro de Brétemas, converténdose no autor máis novo que publicaba en galego na posguerra. Hai que ter en conta que o galego só se podía expresar mediante a poesía e irregularmente nuns poucos medios. Supoñíase que os poetas debían escribir en español para universalizar a súa poesía: esta era a enmascarada represión. Esta etapa coincide co seu fracaso universitario, pois o seu tío quería que estudase a carreira de Dereito mentres que Manuel María se inclinaba pola de Filosofía en Santiago, e acabou deixándoo. Estes acontecementos máis o conflito interior que arrastraba desde había xa tempo fan xurdir Morrendo a cada intre. A morte do seu irmán Xesús María fai que escriba o Libro de Pregos. A realización do servizo militar obrigatorio en 1952 fai que volte á capital galega, coincidindo de novo con Novoneyra . Otero Pedrayo, Bouza Brey, e Celso Emilio, entre outros. Xa nesta época era habitual que Manuel María participase nos recitais de poesía e nas conferencias dos centros culturais galegos. Nestes anos comeza a escribir Poemas a Compostela, primeiro poema adicado a unha cidade, pero na liña intimista, non na paisaxística que despois cultivará. É en 1954 cando publica Advento (poema ao que a BBC de Londres lle adica un programa) e Terra Chá. Remata o servizo militar, volta a Lugo e publica a súa poesía en revistas e xornais. Participa nos “Xogos Florais” de Ourense. Elixe Monforte para colaborar na emisora de radio local. Traballa como Procurador, dá clases nunha academia, e abre a libraría Xistral que se converterá nun referente cultural. Dous anos despois casa con Saleta Goy García na igrexa da Milagrosa de Lugo, construída por iniciativa do seu tío. Colaborou en medios como A Nosa Terra (onde asinou co pseudónimo Manuel Hortas Vilanova durante moito tempo),Vida Gallega, El ideal Gallego, El Progreso, etc.


Ies Ánxel Fole

4

Durante estes anos a súa poesía adquire unha tinguidura máis social e nacionalista. Intégrase na Unión do Pobo Galego (UPG) e na Fronte Cultural da ANPG. A implicación do poeta coa política e cos movementos nacionalistas é intensa. Presenta a súa candidatura para alcalde de Monforte nas primeiras eleccións municipais despois da instauración da democracia. A pesar de non acadar o cargo, foi elixido como concelleiro. No 1967 crea a Editorial Xistral. Ata o fin da ditadura seguiu escribindo e coa chegada da democracia os amantes da poesía pura criticárono. No ano 1970 foi nomeado membro da Real Academia Galega. Así explica o poeta o seu nomeamento: «Un día apareceu o meu nomeamento nos xornais, sen máis. E non me preocupei disto. Despois puiden comprobar que se fixera o nomeamento dun señor de Palencia, que nunca publicara nada. Pregunteille á Academia por que o nomeara. Respostáronme que este señor era o director do Arquivo do Reino de Galicia e que lle daba moitas facilidades aos académicos que ían alí. Eu calei. Despois fíxose o nomeamento dun catedrático de instituto, que non publicara un só libro. Ademais, na súa época de director dun centro, perseguía aos profesores que ensinaban en galego. En vista disto, eu non podía pertencer a unha corporación que fai estas aberracións. Escribín unha carta aberta, que publicaron todos os xornais menos La Voz de Galicia. Logo atopeime cunha longa serie de xente que se solidarizou coa miña postura... Escribinlles unha carta certificada renunciando. Non tiven resposta. É dicir, que neste momento non sei se son correspondente da Real Academia Galega ou non.» . No seu libro «Cantos rodados para alleados e colonizados» aparece o poema «Responso por unha Academia» escrito ao tempo que presentaba a súa baixa da Real Academia. "Xace eiquí unha Academia de nena atacouna a anemia i acometeulle a diglosia.

Sempre foi inmovilista e, ¡como non! bilingüísta. Viviu en pura ortodoxia de costas pro seu país. ¡Sufriu arteroesclerosia e morreu dun paralís...!" Nestes anos viaxa moito: Portugal, Francia, Italia, Cataluña, País Vasco... E máis tarde Venezuela e Suíza, xa na democracia. En 1998, despois da súa xubilación de Manuel María como Procurador, Saleta e el múdanse á A Coruña. Segue traballando e participando en actividades culturais e políticas sempre vinculadas ao noso país. Trinta e tres anos despois da súa proposta como membro da RAG é novamente proposto e acepta. Ingresa un ano antes da súa morte. Non é só autor de poesía, pois escribiu as pezas teatrais Auto do taberneiro, Barriga verde. Ensaios como A poesía galega de Celso Emilio Ferreiro e Contos en carto crecente e outras prosas en narrativa, entre outros. Mais non abandona a poesía, xa que publicou poemarios como Mar Maior, Os soños na gaiola, Remol, O camiño é unha nostalxia, etc. Inclusive fixo gravacións como "Manuel María. Poemas ditos coa súa voz". Moitos dos seus poemas foron musicalizados (destacando "O carro"). A pesar de que Manuel María é coñecido principalmente por ser un poeta paisaxista, foi moito máis. A súa obra é un retrato da sociedade do seu tempo desde unha perspectiva poética e crítica. Aportou grandes achegas á normalización da nosa lingua (apréciase na súa obra unha


A Jillotina

5

constante autoafirmación do galego como lingua de expresión normalizada). Na súa obra obsérvase o seu compromiso social e político en varios temas recorrentes: a situación da miseria e explotación dos máis débiles, a insolidariedade das clases dominantes, a problemática do galego como lingua minorizada, a situación de dependencia de Galiza, e as contradicións do sistema político e económico actual. Desde Muiñeiro de brétemas ata a súa morte, a súa obra é inmensa en extensión e contido, na forma e no fondo: neotrobadorismo, paisaxismo, existencialismo, poesía intimista, poesía de combate e compromiso político. Todo suceso que viviu ten cabida na súa obra. Unha das súas obras máis importantes e máis coñecidas é Terra Chá, un verdadeiro tratado etnográfico da súa terra. Ao falarmos de poesía paisaxística non nos referimos só a un retrato da paisaxe que o rodea, senón que Manuel María consegue introducirnos no máis profundo deste territorio: as romaxes, os animais, os labores do campo, os paxaros, as cousas, as árbores, o tempo, todo respira amor á terra e ás súas xentes. Toda a Terra Chá se converte nun extraordinario suxeito poético. Por obras coma esta, Manuel María non se entende sen a presenza de Galicia. Como peche, en palabras da súa muller Saleta, en toda a súa obra, desde a poesía máis intimista ata a paisaxística, que "é moito máis que unha guía da Terra Chá", hai un fío condutor: a preocupación pola morte e o panteísmo. Fragmento de “A fala” de As rúas do vento ceibe (1979): poema comprometido coa nosa lingua (...) O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. (...) O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. (...) O idioma é a forza que nos xungue e sostén. Se perdemos a fala non seremos ninguén! (...) Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer.


Ies Ánxel Fole

6 ¡Precisamos a lingua se queremos vencer!

Poema "Conto de medo" do libro ¨Rúas do vento ceibe" do poeta Manuel María publicado en 1979, Según rezan contos vellos e moi antigas consellas os lobos feroces come ás inocentes ovellas. Cando as ovellas están en calquer monte ou pasteiro pódense ollar sorprendidas polo lobo carniceiro. Hai lobos tan astutos que pra acabar co rebaño métense entre as ovellas disfrazados de pel de año. Hai lobos tan agudos, tan agudos lobos hai que saltan sobre as ovellas sen darlles lugar pra un hai. Pero nestes tempos de agora xa hai un invento novo i é que aparecen ovellas que acaban comendo ó lobo. Manuel María, Documentos persoais 1958 Bando Prohíbese, por orde da Alcaldía, que medren porque sí as rosas do xardín municipal. Dende agora as pombas teñen que pedir licencia pra voar. Prohíbeselle á lúa que anda tola andar ceiba no ceo. Que a lúa é unha tola que anda espida e dando mal exemplo … Están fora da Lei


A Jillotina

7 a Primavera, as flores e os carballos, as estrelas, os peixes e os paxaros. Dende agora as pombas teñen que pedir licencia pra voar. Pagarán polos trabucos os poetas. Prohíbese soñar … Prohíbese tamén derramar bágoas. e pódese chorar … e pódese chorar cando hai sequía pra que enchan os pantanos. Dende agora as pombas teñen que pedir licencia pra voar. E un só se pode emocionar os Xoves e os Domingos cando toca, cando toca a Banda do Concello a Banda do Concello no quiosco. E un só se pode emocionar os Xoves e os Domingos cando toca, cando toca a Banda do Concello a Banda do Concello no quiosco. Dase este bando en tal e cuale pra que se cumpra de orde do Alcalde. Firmado e rubricado.

Maider Fernández Santos Iris García Rivas


A Jillotina

8

“Eu tamén estudei no Ánxel Fole” Entrevista á Alcaldesa de Lugo

“Non é cuestión de xénero é cuestión de persoas” A primeira homenaxeada desta nova sección é Lara Méndez, alcaldesa da nosa cidade dende 2015. Lara Méndez nace en Suíza, filla de emigrantes galegos. Estuda en Galicia e cursa o Bacharelato no Ánxel Fole, para licenciarse despois en Enxeñería Técnico Agrícola. -IES Ánxel Fole: Como lembra a súa etapa no Ánxel Fole? -Lara Méndez: Cóntovos. Eu acabei o Bacharelato no Ánxel Fole, ao principio non coñecía a ninguén e, ao ver que as “pandillas” xa estaban feitas, custoume un pouco adaptarme. Pero recordo a ilusión por facer novos amigos, integrarme nun novo grupo e o nerviosismo ó atoparme fronte a unha nova etapa e ter que decidir que facer despois. Ademais, dende que cheguei a Lugo namoreime da cidade e escollín a carreira en función das posibilidades que había en Lugo da rama de Ciencias. -I.A.F: Lembra algún profesor ou profesora da súa etapa no Ánxel Fole? -L.M: Si, lembro con moito cariño a Lamelo, de Matemáticas, pola súa implicación cos alumnos. E tamén a outros como Pilar Otero, de Física, ou Chus, de Inglés, que se preocupou moito por min. -I.A.F: En canto aos estudos, cales son as súas materias favoritas? -L.M: Sempre tiven predilección polas materias de ciencias como Matemáticas, Física e Química. As que máis esforzo me supoñían eran as Linguas e a Historia. -I.A.F: É vostede Licenciada en Enxeñería Agrícola, é isto compatible coa política? -L.M: Todas as carreiras son compatibles coa política, sempre e cando se teña vocación de servizo público e intención de buscar o ben común. É máis, penso que todos deberiamos pasar pola vida


A Jillotina

9

pública para concienciarnos da importancia que ten no funcionamento da sociedade e na vida de todos. De feito, agora mesmo no Concello hai disparidade de estudos e profesións. -I.A.F: Para a Lara Méndez cidadá, cal sería un bo plan de estudos? -L.M: Pois, o que teña como obxectivo a aprendizaxe, a aplicación do coñecemento práctico e a comprensión. -I.A.F: Como viviu a chegada ao novo posto? -L.M: Con moita ilusión, como ante calquera reto na vida. Pero tamén con moita responsabilidade porque xestionamos a vida dos lucenses e intentando facelo con sensatez. Con esas dúas premisas como eixe. -I.A.F: É vostede a primeira muller en poñerse á fronte deste Concello, como se sente respecto a iso? -L.M: Como Alcaldesa, o dito anteriormente, moita ilusión e responsabilidade. Como muller, penso que deberiamos seguir ocupando os espazos que nos corresponden, tanto no público como no privado, xa que somos o 50% da poboación e temos unha formación profesional igual que a dos nosos compañeiros. Incluso, chegamos a ser máis perseverantes no noso labor. Porén, non é cuestión de xénero senón de persoas. Nun futuro non debería ser noticia que unha muller ocupe un posto de responsabilidade pública. -I.A.F: Que hai dos vindeiros actos culturais? -L.M: Afortunadamente, temos unha cidade bastante dinámica culturalmente. Celébranse multitude de encontros culturais como a Semana da Maxia, a do Teatro Clásico... En tempos de crise o ámbito cultural é o que máis sofre e agora é o que máis temos que dinamizar. Para min, un país que non aposta pola súa cultura é un país coxo. -I.A.F: Para vostede, é importante que a xuventude se implique en política? -L.M: Totalmente, eu comecei coa iniciativa de axudar a cambiar a sociedade. Isto está implícito na rebeldía e na esencia da xuventude. Non se pode “pasar” da política porque a política non “pasa” de ninguén. -I.A.F: Que opina da idea de adiantar a idade de voto aos 16 anos? -L.M: É unha forma de implicar máis a xuventude, pois cando un ten capacidade de decisión, tamén se interesa máis. Penso que con 16 anos xa se ten a capacidade suficiente para tomar unha decisión propia. Paréceme unha boa opción. Dez preguntas curtas:   

Un libro: La sonrisa etrusca. Un escritor: José Luis Sampedro. Unha comida: Un bo cocido.


Ies Ánxel Fole

10

    

Unha canción: Calquera de Sabina. Unha película: Lo que el viento se llevó, Casablanca ou Billie Elliot. Unha cor: Depende do momento e do ánimo. Unha flor: A rosa. Un lugar: Neste momento, a Praza Pío XII, porque recolle tres Patrimonios da Humanidade

da nosa cidade (Camiño primitivo, a Muralla e a Catedral). Un personaxe histórico: Helen Keller, activista e política americana a prol das persoas con

discapacidade. Un animal: Como animal de compañía o can e, se tivese espazo, gustaríame ter un cabalo. Diana Cobas Varela, Santiago Argüeso Galván, Estefanía da Cruz Rodríguez e Lúa Pena Dopazo (Alumnos de 2ºBAC-C e Voluntarios de Biblioteca)


Ies Ă nxel Fole

11

Miguel de Cervantes: o sempiterno cabaleiro das letras douradas.

Retrato de Cervantes (Taller de PlĂĄstica)


A Jillotina

E

12 agora que? Quen me ía dicir a min que eu, logo de morto ía vivir catrocentos anos? Eu que toda a miña vida pasei desgrazas, sempre coa faciana erguida, como bo cabaleiro que serve á súa patria. Eu que morrín como nacín , sen fachendas nin aires. E aquí estou hoxe, aquí levo catro séculos, facendo sen querer, que todos desfrutedes

e vos sintades orgullosos dun humilde loitador que un día decidiu coller unha pluma. Non podo queixarme, esa é a verdade, non todo o mundo ten o privilexio de nacer nunha familia “de ben”, o meu pai, D. Rodrigo era médico, e naqueles tempos, iso era ser toda unha institución. A pesar disto, como bo home, dende neno me educaron para que fose cabaleiro, soldado inmellorable, era o meu destino, e con orgullo o aceptei. Aínda así e a pesar dos meus poucos estudos a mi íanseme os ollos tras da farándula. Devecía por subirme a unhas taboas ás ordes do mestre Lope de Rueda, mais a nómade vida da miña familia non mo permitía. Aínda que educado e sempre cordial, eu non deixaba de ser un mozo, un pícaro en busca de aventura e excitación, iso levoume a toparme con algún que outro tropezo e logo dun de maior calibre decidín viaxar á idealizada Italia, alí comecei a miña andaina vital. Descubrín os poemas do que sería o meu referente , Ludovico Ariosto, para logo poñerme ao servizo dun cardeal que me levaría por toda A Península. Xa lles dixen que eu fora educado para loitar, e con esas embarquei naquela maxestosa galera, Marquesa, era preciosa. Estaba convencido, as tropas cristiás debiamos de gañar na Batalla de Lepanto. E agora chega cando eu “O Manco de Lepanto” como vostedes me chaman, lles desmonto o mito. Non perdín man ningunha, non, non foi así. Alá vou: eu estaba no meu posto de ataque, na proa daquela galera co meu arcabuz disposto cando, como si do vento se tratase aquel perdigón de chumbo impactou no meu brazo zurdo. Pasei moitas dores, cura de aquí, venda vai, herbas para a hemorraxia etc., etc.. Eu vía que iso non melloraba, si, a ferida estaba branquiña e limpa, pero eu o brazo non era quen de movelo, e así quedou, inútil. A pesar desa pequena tara eu seguín ás miñas labores. Foi entón cando chegou o máis duro dos capítulos da miña vida. Os nosos levaban a voz cantante na loita, había mortos, máis feridos. Nós iamos xa de retirada cara Nápoles, vitoriosos cando vimos una pequena embarcación sospeitosa. Os energúmenos otomanos conseguiron abordarnos, defendímonos como mellor soubemos. Armas alzadas, machetes baixados. Mateino, e a aquel, tamén a esoutro. Pilláronme, estaba indefenso. Non me puiden defender! Nunca mo perdoei, deixeime pillar por uns bárbaros. Fun trasladado a uns cárceres logo de pasar centos de días navegando. Estaba sucio, había máis homes, mulleres, ratas. Eu, sempre erguido, mantiven a compostura. Miguel de Cervantes Saavedra, loitador español coas tropas da Liga Santa non se


Ies Ánxel Fole

13

deixaría humillar máis. Un bo día logo de cinco anos naquela tortura, chegaron. Os meus salvadores, os meus liberadores viñan por min. Aqueles Padres Trinitarios foron a miña salvación. Presentía que chegara o meu momento. Agora si. Portugal foi o meu real destino. Como é obvio debía de pagar a miña débeda coa orde Trinitaria, polo que fun encomendado a diversos traballos segredos que me levaron a pasearme por terras africanas. Non fun infeliz nesta etapa. Foi entón cando naceu, non podía negar que era miña, os feitos afróntanse. Isabel foi unha nena preciosa cando naceu. Nunca nos levamos ben, ela odiábame, mais eu ben podo xurar que nunca mal lle fixen. Chegou o momento en que había de voltar a España. Un pequeno pobo de Toledo foi quen me acolleu. Alí atopei á miña alma xemelga, aquela pola que eu bebín o ventos. Era realmente fermosa. Casamos e eu fun plenamente feliz coa miña Catalina. Mais eu fora sempre un alma libre, errante, polo que emprendín outro periplo por terras sureñas, pola máxica Andalucía. E así pasei o resto dos meus anos, vivindo unha andanza continua por toda a metade sur do país no que fun nacer. Como xa dixen, sempre me gustou escribir, mais con esa vida tan completa nunca puidera. Lía continuamente noveliñas típicas da época, todas iguais: un cabaleiro, unha princesa, loita o cabaleiro, gaña e felicidade eterna para viviren o seu idílico amor. Absurdo! Considerei desmontar e deixar atrás toda esa tradición cabaleiresca. Primeiro escribín La Galatea, porque o amor non ten que ser sempre entre cabaleiro e princesa e os pastores tamén namoran. Logo chegou el, o meu fillo predilecto, un cabaleiro torpe, louco e vello. Don Alonso Quijano, Don Quixote. El foi quen de verdade conseguíu deixar en ridículo aos burdos cabaleiros, vivindo da súa propia vergonza. 1605 e os seguintes foron os meus anos, eloxios continuos, loanzas, agradecementos. Nunca entendín a que veu que ese tal Avellaneda, un pallaso como outro calquera, me plaxiara nunha segunda parte apócrifa do meu Don Quixote da Mancha. Que se cría? Non é por ser fachendoso, pero nunca conseguiría ser coma min, a vida non o formara! Mateino, el obrigoume, tiven que facelo. Matei ao meu meniño mimado, nunha segunda parte que a todo correr escribín, há! Íase rir ese langrán de min! Don Quixote morreu en 1916. Entre tanto fun escribindo outras noveliñas como as Novelas exemplares, relatos non moi longos nos que eu, dalgunha maneira, representei a miña vida. Logo, case o final da miña vida chegou Los trabajos de Pérsiles y Segismunda, xa volo dixen, os labregos tamén necesitan de cariño e paixón. Xa sabedes que o teatro sempre me fascinou e soñaba con representar unha daquelas obras de Lope de Rueda, polo que me decidín a escribir obras teatrais, os entremeses eran o meu! Coa miña obra Los baños de Argel conseguín sacarme a espiña e dar a coñecer todo aquelo que pasei. Mais tivo que chegar outro coma min, para me facer sombra. Outro cabaleiro e home de letras dos


A Jillotina

14

pés á cabeza. Un home como Deus manda. D. Félix Lope de Vega e Carpio, conseguiu mellorar o meu labor dramático coa súa Arte nueva de hacer comedias.. Só me quedaba a poesía para completar a miña vida literaria, e completeina co poema narrativo Viaje al Parnaso, así mesmo, adiquei tamén poemas a distintas personaxes que pasaron pola miña vida. E agora que? Quen me ía dicir a min que eu, logo de morto ía vivir catrocentos anos? É certo que só eu sei onde estou soterrado, que na miña vida aínda quedan enigmas por coñecer, mais vós conseguistes que eu siga vivo, non nas rúas, nin nos teatros, nin nas guerras que aínda causades, senón nas vosas mentes, nos vosos corazóns, nos vosos libros e no voso orgullo. Grazas e parabén no meu catrocentos aniversario dende que finei, grazas e parabéns por honrarme da mellor maneira posible. Grazas a vós seguirei sempre vivo. Non me esquezades; eu non vos esquecerei.

A D. Miguel de Cervantes Saavedra, por darnos tanto, por demostrarnos que no mundo poden nacer verdadeiras xoias das que louvarnos. Agradecido, Santiago Argüeso Galván.


Ies Ánxel Fole

15

“Viagem a Lisboa” Caminhando entre alfacinhas

Toda viagem teve um começo, e a nossa deu início às seis da manhã no 16 de dezembro de 2015 quando os alunos e as alunas de 1º e 2º de BAC de Português empreendemos o caminho para Lisboa. Após longas horas de viagem divisamos a capital lusa e pouco depois de chegar ao hotel visitámos a Baixa percorrendo a praça dos Restauradores, a praça do Rossio, a rua Augusta e a praça do Comércio, onde acudimos ao café Martinho de Arcada com a mesa em que sempre se sentava Fernando Pessoa e escrevia os seus poemas. Em seguida passeamos pelo bairro do Chiado no que se encontra o café A Brasileira com a estátua de Pessoa na explanada. Às oito gozámos do espetáculo de luzes e som "As portas encantadas". Que maravilha para os nossos olhos! No dia seguinte fomos de elétrico até o castelo de São Jorge, situado na mais alta das sete colinas da cidade, e que tinha sido o alcácer do primeiro rei de Portugal, Afonso Henriques. Depois visitámos a Sé e a Fundação José Saramago na Casa dos Bicos. Deve-se pôr em relevo que as cinzas do escritor estão repartidas em três pontos diferentes: a aldeia onde nasceu, em Lanzarote onde morava com a esposa e debaixo de uma oliveira situada ao lado da Fundação. Finalmente subimos ao Elevador de Santa Justa, de 45 metros de altura, e ao chegar à cima tirámos muitas fotos e gozámos de uma bela vista panorâmica.


A Jillotina

16

No terceiro dia fomos no nosso autocarro ao bairro de Belém. Uma vez lá visitámos a torre de Belém, onde vimos o rinoceronte (a primeira escultura desse animal feita na Europa) talhado em um dos lados da torre. Depois acudimos à igreja do mosteiro dos Jerónimos (de estilo manuelino) na que há dois túmulos: o do grande poeta Luís de Camões e do navegador Vasco da Gama, e também se vê na fachada a Virgem de Belém, que dá nome ao bairro. Mais tarde fomos a uma pastelaria que preparava uns famosos pastéis desde 1837, os pastéis de Belém, que captam a atenção de muitos turistas. Quando tivemos concluídas as visitas da manhã, encaminhámo-nos ao Centro Comercial Vasco da Gama, que se encontra no Parque das Nações. Finalmente, chegou a visita mais esperada de toda a viagem: o Oceanário. A visita com guia dividiu-se em duas exposições: uma temporária chamada Florestas Submersas, que tinha sido desenhada por Takashi Amano (um fotógrafo japonês), e outra permanente onde apresentavam diferentes habitats com uma grande variedade de espécies como o enorme peixe-lua ou os impressionantes tubarões. No último dia, a caminho de Lugo, visitámos o Mosteiro da Batalha e o Mosteiro de Alcobaça, onde se encontram os túmulos de Inês de Castro e Pedro I de Portugal que escondem uma trágica e linda história de amor. Tal como acontece com toda viagem, teve um começo e um fim, mas nunca esqueceremos a bela cidade de Lisboa nem os dias que caminhamos entre alfacinhas, nome que recebem os lisboetas por gostarem muito de alface ou, segundo outros, por ter sido um local com muitas hortas.

Sofía Cabado, Eva Portela e María R. Gavín


Ies Ánxel Fole

17

Día da Ciencia en galego DÚAS OPINIÓNS SOBRE UNHA VIDEOCONFERENCIA CIENTÍFICA Conferenciamos con Xurxo Mariño Por Alexia Fernández Campos, 1º BAC A

"As persoas que falan ruso, teñen distintos nomes para as distintas intensidades da cor azul (...), e resulta que se lle amosan esas intensidades lixeiramente distintas, son quen de diferencialas moito mellor que as persoas que non falan ruso" O mércores 4 de novembro celebrouse o Día da Ciencia en Galego, e con este motivo case 6500 alumnos e varios profesores de Galicia tivemos a oportunidade de presenciar unha “videoconferencia” de Xurxo Mariño (@xurxomar) nos nosos institutos. Esta foi organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e a Universidade da Coruña, e ten como título “A máquina que constrúe a mente e a realidade”. Dito conferenciante licenciouse en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en neurofisioloxía. Na actualidade é docente na Universidade da Coruña. Ademais realiza un labor investigador e divulgativo que abrangue diversos campos científicos. O seu libro Pó de estrelas, recopila os artigos que publicou na sección "Os dados do reloxeiro" do seu portal culturacientifica.org. O tema do que se falou foi o sistema nervioso. Nel, nunha parte do encéfalo chamada cerebro, prodúcense unhas descargas eléctricas que permiten a transmisión dun impulso que nos dá a capacidade de pensar, falar, ter unha memoria autobiográfica, ser conscientes da nosa existencia, movernos, percibir información do exterior e elaborar un comportamento e uns plans de futuro axeitados. Tamén é esta rede de neuronas a que nos faculta a linguaxe, un método de comunicación entre seres humanos que permite desenvolver as distintas culturas, reflexionar e perfilarnos como persoas. O noso cerebro está directamente relacionado coa lingua, de maneira que cantas más saibamos, máis universos mentais coñeceremos e melloraremos as nosas capacidades. "As persoas que falan ruso, teñen distintos nomes para as distintas intensidades da cor azul (...), e resulta que si lle amosan esas intensidades lixeiramente distintas, son quen de diferencialas moito mellor que as persoas que non falan ruso", engadiu Mariño como exemplo de que a lingua perfila a consciencia. Como datos cuantitativos, quedamos con que cada un de nós temos 85.000 millóns de neuronas, e cada segundo morre unha delas. Tamén posuímos 180.000 quilómetros de conexións entre neuronas.


A Jillotina

18

Persoalmente, creo que foi un tipo de charla na que unha parte non é máis importante cá outra, senón que, en conxunto, tratouse un tema de forma ordenada e fluída dando datos e exemplos interesantes de fácil comprensión. Aporta outra visión das accións que non se relacionan co sistema nervioso, como a consciencia da existencia e a linguaxe, que non recibe a suficiente estima e aporta moitísimo á nosa especie. En definitiva, foi unha hora chea de contidos que á súa vez loita pola aprendizaxe da ciencia en galego sen ningún tipo de prexuízos.

VI Día da Ciencia en Galego Por Andrea Pereira Castro

... mergúllate nunha biblioteca, vain a un museo ou aprende unha lingua nova, cantas máis cousas fagas, máis universos mentais novos gañarás. “A máquina que constrúe a mente e a realidade” , así era o título da videoconferencia producida por Xurxo Mariño coa colaboración da Universidade da Coruña. - “De seguro que van falar de cousas moi complexas”- di un, - “Ao mellor son máquinas que pensan”- di outro. Nada máis lonxe da realidade, basicamente o tema desta charla descífranos por que estás entendendo agora mesmo este parágrafo ... As neuronas! Esas células extraordinarias grazas ás cales somos quen de ser quen somos (semella un paradoxo que sendo tan útiles morra unha delas cada segundo que pasa). E é que non nos damos conta que, independentemente do noso físico, dos nosos costumes ou da nosa lingua somos seres capaces de traspasar o noso pensamento dunha mente a outra, os únicos que somos conscientes de que existimos, como ben dixo Xurxo: “Temos unha máquina extraordinaria dentro de nós”, e é Neuronas debuxadas polo seu que sen esa máquina non seriamos nada. descubridor S.Ramón y Cajal Alguén pode imaxinar un mundo sen estradas, libros, cancións ou triángulos? Pois nese caso tampouco podes imaxinar un mundo sen neuronas. Aos seres humanos gústanos atribuírmos méritos pero, que sería de nós se Picasso, Dalí, Mozart ou Hooke non tiveran un sistema nervioso con tales cantidades de materia gris? E, falando de materia gris, sabías que as palabras nunha lingua ou noutra perfilan a nosa mente? Así é. Por exemplo, na lingua rusa hai un nome diferente para cada tonalidade de azul; iso fai que os ruso-falantes poidan diferenciar moito mellor as cores azuis. Por iso, sae á rúa, somérxete nunha biblioteca, vai a un museo ou aprende unha lingua nova; cantas máis cousas fagas, máis universos mentais novos gañarás


Ies Ánxel Fole

19

BOLBORETA MONARCA A máis viaxeira e lonxeva de todas as bolboretas Alexia Fernández Campos e Rebeca Castro Doval "Mariposa de ensueño, te pareces a mi alma y te pareces a la palabra melancolía.”

Pablo Neruda

Bolboreta monarca (Danaus plexippus)

A

monarca ten unha envergadura de entre 8 e 10.5 cm, e un peso de arredor de medio gramo. Un dous seus pares de patas é moi reducido, polo que son difíciles de ver. A femia ten veas máis escuras nas ás, ademais de ser máis delgadas. Os machos son algo máis grandes e posúen uns puntos negros nas ás traseiras, que son responsables de liberar as feromonas para o cortexo e a reprodución, polo que existe un lixeiro dimorfismo sexual. As cores amarela e negra da eiruga, e laranxa e negra do adulto, alertan a moitos dos seus depredadores sobre a súa toxicidade. Esta estratexia evolutiva funciona porque a maioría dos depredadores asocia estas cores con veleno. Isto chámase aposematismo ou coloración de aviso. Esta interesante cualidade da monarca débese a que contén glicósidos cardíacos no seu corpo, tomados das plantas de Asclepia que as eirugas comen e posteriormente integran na súa epiderme. Resultan velenosas para os depredadores.


A Jillotina

20

A bolboreta monarca é única en canto ao seu proceso migratorio. É verdadeiramente sorprendente que as bolboretas nadas a finais de verán e principio de outono compoñen unha xeración especial (“Xeración Matusalén”) que vive ata 9 meses e realiza un ciclo completo de migración (ida e volta) desde Canadá ata México, percorrendo miles de quilómetros e seguindo unha ruta trazada por xeracións anteriores . Durante esta migración as bolboretas congréganse en grupos formados por millóns delas. A maioría dos lugares de hibernación foron incluídos na “Reserva de Biosfera da Bolboreta Monarca”. Estes auténticos santuarios foron declarados en 2008 “Patrimonio Natural da Humanidade” pola UNESCO. Esta bolboreta está en perigo de extinción. Algunhas caen vítimas das tormentas e os depredadores. Pero a principal causa parece ser o incremento de cultivos con sementes transxénicas RoundupReady, que permiten aos agricultores utilizar herbicidas que matan ás plantas que rodean eses cultivos. Unha desas plantas é o algodoncillo (Asclepias curassavica) , da que se alimentan as monarcas. “Para mi próximo truco, necesito que me beses y haré aparecer mariposas en tu estómago”. Pablo Neruda BIBLIOGRAFÍA http://www.mariposas.wiki/mariposas-monarca http://www.mexicodesconocido.com.mx/10-puntos-que-tienes-que-saber-sobre-la-mariposa-monarca.html http://mariposamonarca.semarnat.gob.mx/monarca.html http://www.nationalgeographic.es/animales/insectos/mariposa-monarca https://es.wikipedia.org/wiki/Danaus_plexippus


Ies Ánxel Fole

21

Viaxe a Catania

D

Laura Vázquez González 1º BAC in que o noso destino nunca é un lugar, senón unha nova forma de ver as cousas. Con este intercambio aprendemos a

apreciar o noso máis do que o faciamos ata o momento, convivindo con persoas distintas, con outros costumes, con outros pensares. Esta foi unha das maiores aventuras das nosas vidas. Inclusive madrugar se converteu en algo levadeiro. Comer cedo, pasar as tardes camiñando e acabar máis cansos que se deramos a volta ao mundo, xa era rutina. Pero unha rutina que non queriamos que rematase. Non polo feito de voltar ás clases (ainda que tamén), senón pola xente coa que topamos. Persoas que non coñeciamos de nada, que se preocuparon por nós, que nos axudaron a adaptarnos e sempre a pasalo ben. Amigos. Amigos que lembraremos sempre e que nos fixeron medrar como persoas. Dende camiñatas polos sendeiros e rúas de Catania, Paternó ou Siracussa, ata festas de aniversario ou días de clase en, tan só, unha semana. Un dos últimos días, nunha cea onde estabamos todos xuntos, deime de conta da gran familia que, entre profesores, alumnos e familia, formamos nesta viaxe. Por iso, de Lugo a Paternó xa non hai a


A Jillotina mesma distancia que habĂ­a, porque agora estamos mĂĄis xuntos que nunca!

22


Ies Ánxel Fole

23


A Jillotina

24

Memoria de actividades da Biblioteca «As bibliotecas están cheas de ideas, quizais sexa a máis perigosa e poderosa das armas». Sarah J. Maas

Q

ue compartimos todos os profesores e alumnos, cales queira que sexan os nosos gustos e afeccións? Cal é ese espazo que pode encher os nosos momentos de soidade, alimentar os nosos soños, satisfacer as nosas ansias de curiosidade e de coñecemento, “armarnos” para

conducir con éxito as nosas vidas? Sen dúbida, a Biblioteca do Ánxel Fole pode ser iso e, moito máis... Así pensamos os profesores que dedicamos o noso esforzo para conseguilo. Realizamos un proxecto que mereceu o recoñecemento da Consellería e fomos incluídos no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) que ten unha dotación económica que nos permitiu realizar moitas melloras tanto no equipamento como nos fondos bibliográficos. De seguro que vos decatastes dos novos ordenadores; tamén mercamos moitos libros e, como novidade, subscribímonos a varias revistas e iniciamos unha colección de películas que están tendo moita aceptación. Contamos con Voluntarios de Biblioteca. Sete rapaces e rapazas que axudaron na colocación dos libros, no préstamo e tamén colaboraron na organización de actividades promovidas dende a Biblioteca e mesmo na redacción desta revista, na que crearon unha nova sección de entrevistas: “Eu tamén estudei no Ánxel Fole”. Algúns deles fixeron ata un contacontos para os alumnos de primaria do Luis Pimentel. Moitas grazas a todos! Queda algún posto vacante para o vindeiro curso, alguén se anima?


Ies Ánxel Fole

25

As Normas de uso da Biblioteca son as mesmas do curso pasado, agás os libros de lectura obrigatoria que só se emprestan unha semana para que os poidan ler un maior número de alumnos. As normas son necesarias e o único modo de garantir que a biblioteca funcione como centro de recursos para toda a comunidade escolar. Lembrade que para o empréstito necesitades o número de lector que figura no carné de biblioteca. Podedes levar emprestados ata tres libros durante 15 días. O empréstito realizarase preferiblemente na hora de lecer. Para os alumnos que nos deixades -para buscar outros mundos- dicirvos que durante 2 anos podedes seguir utilizando o voso carné para levar fondos emprestados e, de paso, facernos unha visita. Os pais-nais de alumnos e persoal non docente, tamén poden facer uso da Biblioteca. Só teñen que solicitar o seu carné. Continuamos coa inxente tarefa de organizar os fondos da Biblioteca. O curso pasado catalogamos a totalidade dos libros de Literatura Galega e Castelá e este curso catalogamos as novas adquisicións e estamos a catalogar: Dicionarios, Enciclopedias, Historia e Ciencias Sociais. Como o espazo é limitado, os Departamentos que o soliciten, poden levar algúns libros (de pouca utilidade para os alumnos), unha vez catalogados. Nos andeis con rodas sempre expoñemos as Novidades e tamén libros recomendados con motivo de conmemoracións, como o Día da Paz, San Valentín, “Eu son Rosalía”, Letras Galegas.... Ao longo de todo o curso, conmemoramos o 150 aniversario da publicación de Alicia no País das Marabillas

de

Lewis

realizando

actividades

Carrol, interdis-

ciplinares. A primeira consistiu en adiviñar o título do libro dando a coñecer algunhas pistas. Os alumnos de primeiro de ESO andaron ledos como

lebres

e

descubriron

rapidamente o libro e o seu autor.


A Jillotina

26

O Entroido tamén estivo dedicado a este tema e, a un tempo que o concurso de disfraces, tiveron lugar partidas de xadrez, un espectáculo de maxia e unha “Festa de non aniversario” con doces elaborados polos alumnos segundo as “Receitas da Duquesa”. Como remate, os nosos músicos e bailaríns representaron un musical.

Por San Valentín tivemos un Concurso de postais; velaí os gañadores.


Ies Ánxel Fole

Para

27

celebrar

a

Semana

da

Ciencia en Galego realizamos unha exposición de carteis sobre Ángeles Alvariño e outra de instrumentos ópticos, xa

que

2015

tamén

foi

o

“Ano

Internacional da Luz” Tamén celebramos o Día da Prensa, no que expuxemos xornais de varios países, convocamos un Concurso e, como non, saíu a edición dos xornais en Inglés dos alumnos de 4º de ESO. O Club de Lectura “A Lus do Candil”, cos profesores Marisa, Chus e José Ramón tivo unha intensa actividade. Entre

outras cousas,

houbo un encontro coa escritora Sabela Núñez Singala que foi recibida con moito arte polos alumnos de 1º de ESO.

O Día das Letras Galegas celebrouse por todo o alto cun Concurso de Vídeos, con poemas decorados e cun retrato do autor realizado por Luís Fernández, que xa ocupa o seu lugar xunto aos homes ilustres das Letras Galegas á entrada do instituto. No Día do Libro homenaxeouse a Cervantes, ao cumprirse o 400 aniversario da súa morte. Realizouse unha exposición de exemplares de Don Quijote e a lectura continuada do “Quijote” en varias linguas (todas as representadas no noso centro). Tamén houbo unha exposición con moitísimos marcapáxinas.


A Jillotina

28

Todo isto e moito máis podédelo consultar no blog da biblioteca: http://bibliotecaanxelfole.blogspot.com.es/

“Polo espesor do po nos libros dunha biblioteca pública pódese medir a cultura dun pobo”. John Steinbeck Desexamos que todos os alumnos e profesores teñades un feliz final de curso e mellor verán. Non permitades que o po se deposite nos andeis e nos libros da nosa biblioteca! Levade para este verán algún dos libros recomendados, ou calquera outro... , que hai moito onde escoller. O EQUIPO DA BIBLIOTECA


Ies Ánxel Fole

29

Tras tanta choiva Por Andrea Estrella Arias Díaz (1º de BAC B)

Relato galardoado co 1º PREMIO da súa categoría (15-18 anos) no XXI CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO.

Hospital Universitario Lucus Augusti Unidade de Psicoloxía Infantil Doutora Inés Saavedra Fernández .

22 de abril, 1992

.

Número de consulta: . 32 . Sesión: . 16:30 . .

Gabriel Núñez Pena DNI: .

H

33222178-R

. .

oxe, a médica díxome que escribira a miña vida desde que nacín. Non me lembro de cando nacín, pero seguro que foi guai. Chámome Gaby e teño sete anos. Vou en segundo de primaria e teño unha amiga que se

chama Lorena. Gústame estar con ela e pensar en cousas divertidas. Normalmente, estou contento, pero cando mamá se enfada comigo, non. A miña cor preferida é a azul do ceo e cando sexa maior, quero ser astronauta e tocalo. A miña comida favorita é a sopa, primeiro bebo o líquido coa palliña e despois como os fideos cunha culler. Hai moito, os nenos da miña clase eran moi malos comigo e non me deixaban xogar con eles, pero Lucía deixoume e fíxenme amigo dela. Cando estabamos nun parque, pregunteille se quería ser a miña noiva e deille unha flor, como na tele. Cando mamá me ía buscar ao cole, eu tiña moita, moita fame porque Lucía sempre comía o meu almorzo. Papá díxome que só era a miña amiga por iso, entón ao día seguinte non levei nada. Cando se acercou e viu que non tiña comida, marchou con Xoán, que sempre leva cinco galletas de chocolate, e agora son súper amigos. Xa non é a miña noiva.


A Jillotina

30

Os nenos seguían sen ser os meus amigos e como Lucía non quería xogar comigo, aburríame igual que as pombas cando non teñen vermes para comer. Un día, empecei a pensar en cousas moi divertidas. Imaxinábame voando e vendo desde arriba aos da miña clase. Cuspíalles a todiños e a Xoán caíalle o meu cuspe na comida, que despois comía Lucía. Ríame moito e os recreos pasaban voando mentres voaba. Outro día, mentres atravesaba unha nube, topeime cunha nena que estaba sentada nela. Pregunteille o seu nome e díxome: “Lorena”. A súa cor preferida é a branca. Ela di que é o branco das nubes e non dos hospitais. Sempre viste con camisa e saia longa branca. Moléstalle moito que a chamen Lore. Di que non lle gusta que a xente coma o seu nome, por iso non lle cae ben Lucía, porque o comería. É a miña súper amiguísima e cóntolle todo. É moi boa comigo e sempre me río moito con ela. Hai uns días, moveu unha nube cheíña de auga e moi gris encima do neno que me tirara a pelota. Púxose a chover enriba del e chorou. Mamá di que non está ben que fale con Lorena, que teño que ser amigo dos de clase e dos do parque. Ela é moi divertida. Entón cando mamá me pregunta que fago, sempre lle digo que penso nos deberes ou así e non que estou con ela. A profe di que teño baixo recibimento escolar, creo que é porque os meus compañeiros son malísimos e non me reciben ben. Mamá enfádase moito porque non teño boas notas pero cando teño que atender, sempre acabo enriba dunha nube saltando para que caian as gotiñas ou facendo carreiras con Lorena para ver quen é o máis rápido. Un luns, papá viume falando con ela e preguntoume con quen falaba. Como el non coñecía a miña mellor amiga, presenteinos. Xuntou moito as cellas e miroume con cara rara. Falou con mamá e leváronme ao médico, aínda que lles dixen que non me doía nada, e é verdade, non me doe nada, nadiña! Pero vou todas as tardes. A miña médica chámase Inés. Tamén di que teño que deixar de falar con Lorena e de “estar nas nubes”, así o chama ela. A min gústame voar e divírtome cando o fago. Por que lles parece tan mal? Cando me prohiben falar con ela, póñome moi triste e choro. Cada vez véxoa menos porque me vixían. Boto de menos a Lorena... 20 anos despois. A habitación está escura e só se pode ver un vulto grande baixo unha colcha. Son as seis e vinte e cinco. Non sabe que só quedan cinco minutos para comezar outra vez. A través das fendas das persianas non se coa a luz, só o silencio matinal. Seis e media. Soa o despertador, unha man sae da colcha e apágao. Pouco a pouco sae da cama. Primeiro senta, apoia a cabeza nas mans, solta un suspiro e levántase. Vai descalzo ao baño e abre a billa. Comeza a correr a auga. Íspese e métese na ducha, baixo o chorro tan quente que lle queima as costas. Gústalle. Sae, vístese cuns vaqueiros e


Ies Ánxel Fole

31

un xersei gris e vai á cociña. Prepara o café, como todas as mañás e tómao lentamente, entre as dúas mans, mirando como sobe o fume e desaparece. Colle as chaves e marcha traballar no coche. No camiño, comeza a chover, o ceo está cincento e caen con forza miles de gotas. El nin se molesta en ollalo, para que... Entra na oficina, vai á súa cadeira e empeza coa declaración da renda dunha tal Inés Saavedra Fernández. Sóalle o nome, pero segue co seu traballo. Os datos presentados non coinciden e chama á muller. Explícalle o problema e ela, ofendida, pregúntalle se lle chama mentireira. El pide permiso para mirar as anteriores rendas e comprobar se está todo correcto. -Quen se cre vostede que é para mirar os meus datos persoais? Dígame o seu nome por se posteriormente me vexo na obriga de facer unha reclamación –pregunta a muller con descaro.-Gabriel Núñez Pena. -(silencio) -Señora, segue aí? -Si, claro... como estás? -Eh... ben, supoño. Podo comprobar os seus datos? -Claro... sen problema. -Moitas grazas e desculpe polas molestias, bo día señora. -Abur Gaby... Gaby? Como que Gaby? Sorpréndeo a cercanía coa que se trata a xente descoñecida hoxe en día. Folla tras folla, tras folla, tras folla, tras folla... Olla para o reloxo, as once e vinte. Outra folla. Non vai moita calor? Quita o xersei. Facturas, facturas, facturas. Mira o ventanal, segue chovendo, todo é tan gris... E traballa, escribe, le, corrixe... Xa son as doce, levántase e vai á área de descanso. Trae o de sempre para comer, un sándwich, e vai á maquina por outro café. Mentres mira o chorro de auga con café, chega Tamara, outra empregada. -Ola Gabriel, como andas? Tes moito traballo? -Ben. A verdade é que bastante... e ti? -Pois... bastante famenta... esquecín o almorzo na casa e non comín nada porque tiña cita no médico... –mira o sándwich.-Eh... ben, queres a metade? -Non, home, non. Non vou comer a túa comida... -Non é molestia. -Xa que insistes! –arrebata o bocata das mans de Gabriel e come a metade. A el quítaselle a fame.-


A Jillotina

32

-Come o resto, a min non me apetece. Xa rematei o descanso, vou seguir traballando... -Vale, moitas grazas! Volve ao seu posto e segue coa declaración da muller tan atrevida de antes, co café nas mans. Dálle un sorbo a cada momento. 52 anos, domiciliada en Lugo, nacida tamén en Lugo, pai e nai de Ourense, 1100 euros mensuais... -1100 euros mensuais, de que traballará? -pensa- Se eu tivese 1100 euros ao mes... Busca liña tras liña o oficio, traballa no hospital. Vaia! Poida que a vise algunha vez cando foi visitar o seu tío, poida que fose a do cabelo rosa... Mira a unidade na que traballa. Cáelle o café nos pantalóns. -Fod...! Todo o mundo o mira. Pide perdón e vai ao baño. Entra, non hai ninguén, límpase con auga pero só emborrona máis a mancha. Óllase no espello onde se reflicte a fiestra que está tras el, segue chovendo. Psicóloga infantil. Unha bágoa cae do seu ollo esquerdo, comeza a sufocarse e a sentirse oprimido entre tanta parede e ladrillo de oficina. Chaman á porta. -Está ocupado? -Xa saio! Limpa a cara e sae, pero non pode volver á súa cadeira, á súa mesa. Á mesma cadeira e á mesma mesa. As paredes comezan a pecharse e cada vez hai menos osíxeno, necesita unha saída. Corre polas escaleiras de incendio cara á azotea mentres respira con dificultade. Empurra bruscamente a porta e... chove. Sae, séntase no chan mentres a auga lle atravesa o corpo. Inspira e mira o ceo, o infinito ceo. O frío da ansiedade mórdelle a cabeza. É como un corpo que, tragado pola forza dunha onda, non pode saír, pero tampouco deixarse morrer. Ten fame... Tamara comeu o seu sándwich. Outra imaxe, Lucía. Túmbase boca arriba, pecha os ollos. Respira enchendo os pulmóns. Toca o chan, pálpao, sente cada greta, a súa dureza. Entuméceselle o corpo. Non se sabe se chora ou non porque miles de gotas corren pola súa pel. Tras uns minutos, levántase, comeza a andar ata que non queda chan e sobe ao pequeno muro que rodea a azotea, tentando a superficie cos ollos enchoupados en bágoas. Ante el, esténdese o ceo, con nubes que choran. Achégase unha figura borrosa e branca. -Ben... xa volvo flipar... -pensa.Cos dous pés fixos, está xusto no extremo. Abre as fosas nasais, pode volver á rutinaria infelicidade e soidade, pero está disposto a romper a súa gaiola e voar. Tentea a situación coa rixidez habitual e pecha os ollos. Sente unha caricia na man, abre as súas ás e as pálpebras. Ela sempre sabe que facer.


Ies Ánxel Fole

33

Día das Letras Galegas Traballo realizado polos alumnos de 3º da ESO


A Jillotina

34


Ies ร nxel Fole

Traballo realizado polos alumnos de 3ยบ da ESO

35


A Jillotina

36


Ies Ánxel Fole

37

Actividades do Club de Lectura O Club de lectura “A Lus do candil” , dirixido por Marisa, Chus e José Ramón, tivo unha gran actividade con alumnos de 1º e 2º da ESO e 2º de BAC. Estes son algúns dos títulos lidos.

Tamén leron Alicia no País das Marabillas e o Agasallo de Anya. Os alumnos de 1º de ESO tiveron un encontro na Biblioteca coa autora deste último libro, Sabela Núñez Singala, á que recibiron con pósters que realizaron sobre o libro.


A Jillotina

38

AlgĂşns dos alumnos que leron Alicia no PaĂ­s das Marabillas, realizaron actividades interdisciplinares.


Ies Ánxel Fole

39


A Jillotina

40

Mariñeiros por un día Que bo ser mariñeiros por un día! Aínda que só foi "por un día", cada vez que vexamos no telexornal unha praia, un porto ou peixe fresco nun barco, lembraremos esta grande aventura. O autobús parou. Eu sabía que sería o momento de oír as ondas do mar, de ver a fermosa paisaxe de Celeiro e de gozar do olor a peixe fresco. Chegamos á lonxa. Como puidemos observar, a xente estaba leda e afeita ás súas tarefas diarias. Alí explicáronnos como é unha subhasta de peixe. A partir dunha cifra, o subhastador vai baixando ata que alguén o para. Cal é o truco? Paralo nunha cifra non moi alta, pero o suficiente para levar o mellor peixe sen perder cartos. Unha das cousas que máis me agradou foi cando collín un centolo na man. Ensináronnos a distinguir entre fémeas e machos. As fémeas eran máis grandes e levaban un espazo na barriga para a cría. Aínda que tamén tiña moitas ganiñas de ver os gardacostas, o seu helicóptero e os materiais de rescate.

Cando chegamos ao heliporto, empezamos a escoitar unha explicación sobre os artiluxios de rescate que observabamos. Estaba a cesta onde cabían ata catro nenos. Estaba o helicóptero que, ademais dos pilotos e dos axudantes da parte de atrás, podía soportar moitos máis quilos. Era enorme! En pouco tempo chegamos a comprender a importancia dese labor e a responsabilidade que implica: Estar preparado en todo momento por se hai que acudir ao rescate no mar.


A Jillotina

41

Despois fomos á confraría de pescadores, onde nos aclararon que tipos de artes de pesca hai. Por exemplo a dos polbos é moi interesante: Os polbos entran polo buraco e alí comen o cebo. Como pensan que ninguén os pode coller, quedan tranquilos. Pero os intelixentes mariñeiros xa os atraparon. Cando rematamos, fomos ao restaurante pensando en comer a pescada do pincho, que é a especialidade de Celeiro e pasalo ben cos amigos e coas profesoras. Foi un día excelente, así que, cando sexas maior, xa sabes o que queres facer? Se chegas a ser mariñeiro, poderás sentirte orgulloso de ti mesmo e do polbo que cociñes para a cea. Paula Pardo

O xoves 9 de xuño saímos, a primeira hora da mañá, de excursión para Celeiro. Cando chegamos ao noso destino, o primeiro sitio que visitamos foi a lonxa onde se vendía todo o que se pesca na ría de Celeiro principalmente. Durante toda a mañá estivemos acompañados de dous guías chamados Xoán e Chiqui. Na lonxa dixéronnos que se pescaban moitos tipos de peixe, pero o principal era a pescada nas dúas artes principais de pescala: o pincho e a volanta. A diferenza radica en que no pincho se utilizan anzois e sedal e na volanta utilízanse redes. Ademais soubemos como se poxaba o peixe e tamén nos ensinaron os viveiros de centolos e outros moluscos. Cando acabamos, fomos ver o helicóptero de rescate PESCA 2 que ten a súa base en Celeiro.


Ies Ánxel Fole

42

Explicáronnos os aparellos e o material de rescate que utilizan nas misións de salvamento marítimo. Logo desprazámonos á confraría e á escola de pescadores, onde os mariñeiros aprendían todo o necesario para ir pescar, desde a utilidade dos aparellos do barco ata un curso de sanidade por se alguén precisa atención médica. Paseino moi ben, impresionoume todo o que vimos e divertínme moito. Despois xantamos cun menú a base de peixe. Ao acabar, estivemos na praia que se atopaba ao lado do restaurante. Finalmente regresamos a Lugo. Borja Pardo


Ies Ánxel Fole

43

2º BAC 15-16 (Palabras do alumnado de 2º BAC no seu acto de graduación) Por fin chegou o momento! Despois de tantos anos roldando por estas instalacións, aprendendo ou tratando de facelo nesas cadeiras nas que estades sentados, ou esperando nese soportal cando chove á saída, podemos dicir que todo está a piques de rematar. Polo tanto é de xustiza comezar polos agradecementos.

En primeiro lugar, é preciso comezar por dar as grazas ás nosas familias. Sen vós non teriamos chegado ata aquí. Non seriamos quen somos agora sen a vosa compañía constante durante estes anos, o voso apoio e agarimo incondicional, e como non, tamén a vosa infinita paciencia. En segundo lugar, debemos agradecer tamén o seu labor a todas as profesoras e profesores que durante estes anos, e malia as dificultades de ser un instituto con medios técnicos e materiais limitados, conseguiron transmitirnos os seus coñecementos e valores, e a confianza de saber que lograr o que queremos depende de nós, que somos nós quen debemos traballar para acadar as cousas, e que con esforzo, dedicación e ousadía nada se resiste. En terceiro lugar, é necesario agradecer o traballo do persoal non docente por facer máis cómoda a nosa vida no instituto, a amabilidade e os descontos nas fotocopias, as tarefas rápidas de secretaría e o persoal de limpeza e da cafetería. E por último, e non menos importante, os compañeiros e compañeiras. Independentemente do tempo que levemos aquí, sexan seis, sete, ou dous anos, xa formamos parte da historia deste instituto. Non fomos un curso nin mellor nin peor que os demais, nin máis intelixentes nin menos traballadores, que os que veñen ou os que xa marcharon. Pero somos o noso curso, a promoción de 2015-2016 que con maior ou menor esforzo logramos facernos cos nosos obxectivos. Aquí estamos, sentados no mesmo lugar no que todo comezou. E o máis importante, xuntos, todos xuntos. Polo


A Jillotina

44

tanto, grazas, graciñas a todas e todos por estar hoxe aquí. Lembrades como eramos en 1º da ESO? A emoción e o medo co que chegamos a este mesmo salón de actos? Antóllase moi lonxe ese momento no que algunhas pernas tremían cos nervios e outros semellaban estar tranquilos, mesmo impasibles. Algúns estaban preocupados por afastarse ou perder aos amigos. Outros restaban importancia ao feito de se ían coincidir cos amigos ou con outros, ou mesmo se rematarían sós. Pero todo foise superando. E agora mirade, aquí estamos. Xa non nos tremen os xeonllos e os rostros descoñecidos remataron por ser a nosa segunda familia coa que compartimos grandes momentos. No comezo, non criamos que este tempo puidera pasar tan rápido. Estes seis anos non foron sinxelos para ningún de nós. A nosa vida estaba a cambiar, xunto co noso físico e o noso carácter. Pouco a pouco iamos deixando aos nenos e ás nenas que viñan de Primaria para converternos no que agora somos, non podemos dicir adultos pero tampouco adolescentes. Paralelamente, a dificultade dos cursos e materias ía medrando a medida que nós o faciamos. Naquel primeiro curso da ESO ían pasando os meses e xa nos sentiamos como na casa. Só un pouco tensos nos finais das avaliacións. Dá riso só de pensalo. Ilusionabámonos con cada excursionciña, por non falar do mítico Correlingua… Os seguintes anos ían sendo cada vez máis difíciles pero nós tamén medrabamos e fomos facéndonos cargo da responsabilidade e madurez necesaria para os novos retos. Lembrades 2º da ESO? O noso centro gañou o premio do Parlamento de Galicia, e nas dúas categorías! O curso remataba tamén co fantástico concerto de música que tanto traballo lle supón aos amantes da música neste instituto. Chegamos a 3º, o denominado por todos “o curso más difícil da ESO”. E nós, por suposto, superámolo. Foi un curso difícil, realmente difícil nos planos afectivo e académico, mais se algo aprendemos é a mirar cara diante, e xuntos fixémolo. 4º da ESO! Por fin o noso último curso obrigatorio! Que maiores eramos ou que maiores nos criamos! E por riba podiamos elixir optativas! Comezaron meses de darlle voltas á cabeza querendo ir cos máis amigos e voltas e voltas coas materias. Aquí vivimos o mellor momento, seguramente para moitos, de toda a nosa andaina estudantil. Aí estaba Alemaña, os alemáns e as alemás. Sete días, para moitos a primeira vez fóra da casa! Vivimos en Berlín o clásico Madrid-Barcelona rodeados de louros con pel branca e probamos algunha comida que rematou converténdose nun dos recordos máis divertidos. Iso era un soño cumprido. Tamén ese ano despediámonos de compañeiros


Ies Ánxel Fole

45

e compañeiras que marchaban a outros centros seguindo o camiño que nós mesmos estabamos e estamos a trazar. O Bacharelato púxonos moito máis en garda. Gañas non tiñamos moitas, a verdade, pero

houbo unha motivación: a chegada de xente nova. Teriamos novos compañeiros e compañeiras doutros centros: Salesianos, Franciscanos, e o centro Doutor López Suárez de Friol. Integráronse na nosa vida diaria. E xurdiron novas e bonitas amizades. 1º de Bacharaleto foi un curso duro e longo, pero tamén moi satisfactorio. Fomos finalistas do concurso Olloboi e os nosos representantes quedaron terceiros no concurso anual do certame Intercentros de Lugo. O mes de xuño botouse rápido enriba de nós e comezaba un verán no que debiamos desconectar para afrontar con forza o seguinte curso e o final de etapa.

E finalmente, chegamos a 2º, cunha mestura de ilusión e medo, curso ao que hoxe poñemos cumprido fin. Dende o minuto un a presión comezou a aniñar sobre as nosas costas. A actitude dos profesores mudou, o obxectivo era claro: culminar con éxito a etapa e preparar a selectividade. Eles


A Jillotina

46

farían todo o posible para axudarnos nesta ardua tarefa, poñerían da súa parte para despexar as nosas dúbidas e apurarían a materia canto fixera falta para rematar os temarios con eficacia. Ao camiño non lle faltaron obstáculos pero tamén tivemos a axuda e apoio dos nosos compañeiros de viaxe, os que máis nos entendían. Algún decidiu cambiar o seu rumbo e nós estivemos e estamos para apoialo. Podíase palpar a tensión, e a suor impregnaba as aulas. A nosa vida transcorreu en fins de semana infinitas soterradas entre follas de papel, tarefas e exames que había que repasar cada domingo e recordarllas o luns aos despistados de clase. Por iso, porque non foi doado, temos que estar orgullosos de nós mesmos e de todo o que levamos traballado para chegar ata aquí. E que non vos enganen: isto non o fai calquera, pero nós si! Moitos de nós estamos neste momento preocupados polo noso futuro. Uns, non saben se continuar estudando; outros, queren estudar pero non saben que; e uns poucos privilexiados téñeno claro. O noso consello é que non fagamos deste tema un motivo de angustia, porque ao final todos atopamos o noso camiño e se nos equivocamos aprenderemos do erro. Pase o que pase a partir de agora, fagamos o que fagamos sempre quedará o relembro desta longa etapa no “Fole”. Os bocadillos quentiños, os terribles luns pola tarde, os nervios antes das notas, as mesas escritas polos nosos compañeiros... Agora que cadaquén emprenda o seu camiño en busca da felicidade. E como dixo o actor Will Smith: “Nunca deixes que ninguén che diga que non podes facer algo. Se tés un soño, tes que protexelo. As persoas que non son capaces de facer algo diranche que ti tampouco podes. Se queres algo vai por el e punto”.

Grazas a todas e todos os que axudaron a escribir esta historia na que só hai protagonistas: todos vós!! A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mércores o acto oficial de despedida aos alumnos de 2º de bacharelato do instituto lugués Ánxel Fole. Ao longo do acto, no que os alumnos rememoraron os anos que pasaron no instituto, houbo diversas interpretacións musicais. Na súa intervención, a rexedora, quen manifestou sentirse emocionada ao lembrar o seu tempo de estudo neste instituto, desexoulle moita sorte aos alumnos na nova etapa da vida que van comezar. No mesmo senso convidounos a aproveitar todas as actividades de formación posibles e animounos a continuar na liña de dedicación coa que estudaron ata o de agora.


Ies Ánxel Fole

47

“Antídotos contra a violencia de xénero”, o noso compromiso pola igualdade “Si nous sommees égaux, nous serons plus libres” Simone de Beauvoir

Conscientes do alarmante incremento de violencia de xénero, a acción educativa na escola parece un xesto ineludible. No presente curso foi seleccionado o noso proxecto “Antídotos contra a violencia de xénero” enmarcado no programa “Por 365 días de igualdade e respecto” do Plan Proxecta convocado pola Xunta de Galicia.

Quen e por que nos implicamos? Nel participamos Eva Álvarez Dapena (profesora de Tecnoloxía), Benedicta Argüelles Ortega (profesora de Música), María Jesús Gil Castro (profesora de Lingua Castelá e Literatura), Miguel Ángel Martínez Quintanar (profesor de Filosofía), Mercedes Pardo Penado (profesora de Inglés) e Felisa Redondo Valín (profesora de Lingua Castelá e Literatura e coordinadora do proxecto). Traballamos cun obxectivo común: a educación en valores e actitudes igualitarias libres de estereotipos sexistas e a reflexión e pautas de detección de violencia de xénero. Dado que un dos principais obxectivos é mobilizar, concienciar e dar ferramentas teórico-prácticas á comunidade educativa, pareceunos interesante realizar un proxecto interdisciplinar no que participase un gran número de alumnado. Decidimos abordar o tema desde distintas materias ou áreas curriculares e cubrir as diferentes etapas educativas: primeiro e segundo ciclo da ESO e primeiro e segundo de BAC. Levamos a cabo actividades de concienciación, reflexión, análise e denuncia que poñan en cuestión conceptos falibles e refutables.

Cando e que traballamos?

En torno a dúas datas conmemorativas, Día Internacional contra a Violencia de Xénero e o Día Internacional da Muller, fóronse articulando os distintos proxectos abordando, por un lado, o tema da violencia machista e, por outro, o dos roles e estereotipos e modelos de parella. No entanto forman un tándem indisoluble, pois a normalización de certas condutas sexistas e a interiorización de mitos e falsas crenzas enmascaran e perpetúan a violencia. "Por 365 días de igualdade e respecto" recórdanos que a incidencia non debe limitarse a momentos concretos e illados e, por esa razón, aínda que a realización das tarefas se organizou arredor desas datas, o certo é que conseguimos manter sempre produtos ou actividades


A Jillotina

48

vivas para reivindicar, concienciar, informar ou denunciar.

Performance polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Cales son os nosos principios? O proxecto desenvolveu unha aprendizaxe creativa, cooperativa e construtivista. Desde comezos de curso establecéronse as pautas de intervención. A aula virtual foi o instrumento que nos permitiu canalizar todo o traballo, comunicarnos, debater, intercambiar opinións, crear canles de axuda e someter as distintas tarefas a un proceso de revisión e perfeccionamento constante. Os tipos de actividades foron variadas e, aínda que se potenciou o traballo en equipo, tamén se fortaleceron as peculiaridades e singularidades de cada alumno e/ou alumna. Espírito crítico e reflexivo Fomentouse o espírito crítico e a reflexión. A recompilación feita na aula virtual dunha forma cooperativa de material vinculado á violencia de xénero e á desigualdade (anuncios, vídeos, cancións,


Ies Ánxel Fole

49

campañas...) constituíu unha fonte significativa de recursos para traballar. O alumnado elaborou un mapa interactivo da provincia de Lugo con direccións de interese para solicitar axuda, dípticos, trípticos e enquisas na procura de sensibilizar, romper a pasividade do contorno, concienciar e propoñer modelos saudables de relacións de parella. Impartíronse charlas, obradoiros, relatorios e coloquios e traballáronse as habilidades comunicativas con debates, exposicións e manifestacións das súas vivencias e sentimentos, identificando as súas emocións e verbalizándoas. Espírito emprendedor Tratouse de incitar no alumnado a ilusión por sorprender, innovar e crear. Non perdendo de vista o título do noso proxecto, "Antídotos contra a violencia de xénero", debían idear o produto milagroso e así propuxeron medicamentos, bebidas, fundas para móbiles, axenda escolar...que non foron máis que instrumentos para difundir entre a comunidade educativa os valores de igualdade e respecto. Atendendo ás habilidades, inquietudes e capacidades de cada alumno/a, déuselles liberdade para propoñer os seus propios produtos e defendelos. Perfomances, representacións plásticas e certames de denuncia foron a expresión do noso compromiso como grupo. Espírito creativo A creatividade a través da súa manifestación oral, escrita, corporal e artística forma parte de todas as actividades. Elaboráronse antoloxías de relatos (Historias sin palabras), letras para a nosa canción (Dame

Gravación no estudio de Arturo Vaquero Taboada (Friol) da canción “Soy como un ave” una canción), vídeos (La palabra puede, Dos preguntas, Stop gender violence), produtos antídoto ("Aspivida", "Botiquín de uso diario", "Bebevida", "MovilÍZATE", dípticos, trípticos e test antiviolencia)


A Jillotina

50

e o videoclip "Soy como un ave" que nos identifica como grupo e centro este ano. Educar por e para a igualdade incúmbenos a todos e a todas. É por iso que o enfoque metodolóxico debe ser globalizador, unha filosofía que envolva todo o sistema educativo. Grazas a todos e a todas pola vosa colaboración, implicación e compromiso. Vémonos o vindeiro curso.

Felisa Redondo Valín Coordinadora do Proxecto


Ies Ánxel Fole

51 SERES MÍTICOS

GALEGOS

O alumnado de 4º ESO fixo un traballo sobre os seres míticos galegos no que se mesturou a parte escrita coa plástica. É unha lenda tradicional galega que conta a historia dunha muller á que lle van morrendo todos os fillos, un tras doutro, dun estraño mal que os deixa febles e enxoitos até acabar con eles. A nai fai todo o que está na súa man : chama ao médico, ao crego, mais non lle dan un remedio, até que só lle queda con vida o máis cativo, que está a seguir os pasos dos irmáns. Xa como derradeiro recurso a muller fala cunha vella, que lle mostra que está a sufrir mal de ollo: os seus fillos morren vítimas da fame voraz da Meiga Chuchona, e dálle estas indicacións: “Polo momento hai que poñerlle á nena unha castaña de indias, un dente de allo e unha rama de herba de San Xoán e non deixala soa, xa que de noite virá unha mosca moi grande e moi negra que se pousará no berce. Esa é a Meiga Chuchona que vén chuparlle o sangue á meniña. Entón hai que esconxurala dicindo : “ San Silvestre, meiga fóra!” e ao mesmo tempo, pégaslle á mosca cunha folla de loureiro. Dálle sen medo, que se a matas non se perde nada.” Así fixeron a muller e o seu home, e ao día seguinte aparaceu morta na súa casa unha anciá. Esa era a Meiga Chuchona que lles ía zugar o sangue aos nenos. Despois disto a meniña púxose ben. Érica Gayoso Blanco 4º ESO A Pepa a Loba é unha figura mítica de Galicia. Suponse que foi unha bandoleira que viviu durante a segunda metade do século XIX percorrendo todas as comarcas de Galicia e dirixindo a súa propia banda. Ás veces preséntase cruel e sanguinaria mentres que noutras ocasións preséntase roubando aos caciques e cregos para axudar aos pobres. Este mito, coma todos os mitos, debátese entre a lenda e a realidade. Esta é a “verdadeira historia” de Pepa a Loba: Pepa era unha nena orfa nada a finais do século XIX. Era filla de nai solteira e quizais dun veterinario violador, o mesmo que voltou violar a nai en presenza da neniña. Como consecuencia deste segundo atropelo, a nai de Pepiña quedou preñada e logo morreu no parto. A partir da morte de súa nai ,Pepiña leva unha vida ruín e complicada xa que queda a cargo dunha tía, Dorinda, semellante á madrasta de Brancaneves. Aos doce anos Pepiña converteuse en Pepa a Pastora. Un día defendeu dos lobos ás súas ovellas e axudada polo seu can deu morte ao ani mal. Así naceu Pepa a Loba. Pepa abandona a súa tía e vai traballar a unha tenda de ultramarinos, cun irmán daquel veterinario que cría que era o seu pai. Pero logo prodúcese un feito que volve cambiar a vida de Pepa a Loba. Aquel veterinario salvaxe matou ao seu propio irmán para apoderarse dos seus bens. E despois dun xuízo amañado, a rapaza foi encadeada e logrou fuxir xa feita unha muller e disfrazada de crego. O primeiro que fai ao saír do cárcere é matar aos seu asasino pai coa axuda do seu can, ao que chama Lueiro, e convértese nunha especie de vingadora que acaba coa vida de todos os homes que cometesen cal quera tipo de crime.


A Jillotina

52 Lidia Lemos Gómez, 4º ESO A

Os trasnos son uns seres nocturnos que pertencen á mitoloxía galega. Son seres trastes que durante as noites, cando todos os membros da familia se deitaron, dedícanse a remexer todos os utensilios da cociña e a esconder as cousas. Descríbense de tantas formas como nomes reciben. As que máis se repiten descríbeno como un home pequeno, vestido con sotana e cornos, con barba longa e gorro vermello. Unha das súas peculiaridades , e importante para acabar con eles e as súas trasnadas, é que teñen un burato na man esquerda. Para saber se temos un trasno na casa, chega con observar aos animais qu teñamos. Cando estes se poñan nerviosos ou se asusten sen razón, se se escoitan ruídos estraños, se pechan as portas ou ventás soas, se se leva algo cargado ás costas e empeza a pesar máis de súpeto ou, por exemplo, se sentes que alguén che dá unha azouta no traseiro e non ves a ninguén. O truco máis eficaz contra o trasno é deixar un recipiente con grans dalgún cereal preto de onde durmamos e espallar os grans polo chan. Os trasnos teñen a obsesión de ordenar as cousas que ven desordenadas , aínda que despois sexan eles os primeiros en poñelas patas arriba!, e como non son moi listos, non saben contar até máis de dez entón cando chegan a este número pérdense e teñen que volver empezar. Nas lendas que afirman que os trasnos teñen un burato na man equerda, os grans caen polo burato e así conseguimos que estean entretidos toda a noite e non fagan ningunha trasnada. Marco López Noguerol, 4º ESO A, Saúl Guerreiro García, 4º ESO B A Maruxaina é un ser metade peixe, metade muller, que vive na Cova dos Farallóns en San Cibrao. Ten un palacio de algas e de coral, entre percebes e mexillóns. Pasa o tempo fiando febras de liño, e nos días nos que se pon a ventear e a chover de maneira repentina, xorde, de súpeto, e déixase ver, sempre fiando na rocha. Ás veces amósase fermosa, e cos seus cantos atrae e namora aos mariñeiros. Noutras ocasións vese como unha bruxa fea, cos ollos fundidos na cara e os dedos longos. Así como se interpreta o seu aspecto físico tamén se poñen en dúbida as súas intencións. Hai quen di que é unha serea boa e protexe dos temporais e dos perigos do mar aos mariñeiros cun corno que ten e toca para advertilos. Pero tamén hai quen asegura que a súa intención é sinistra, e que envexa ás mulleres dos mariñeiros e a calor dos fogares no inverno, cando os barcos non saen pescar. Este conflito deu lugar a unha festa xa antiga que se celebra en San Cibrao a principios do mes de agosto. Cada ano collen a estatua que está nas rochas da praia do Torno e lévana á praia para xulgala. Todos levan candís e velas. Cando todos se apagan, os mariñeiros aparecen nunha barca coa Maruxaina. Xúlgana, e se resulta culpable préndenlle lume; se se declara inocente, prepárase a queimada e a festa alóngase até o mencer. Antía Montes Coego, 4ºESO B, María Rivas Armas, 4º ESO A


Ies Ánxel Fole

53

Segundo a tradición unha meiga é unha muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de menciñeira. Entre as súas calidades figuran a capacidade de facer feitizos, males de ollo e adiviñación. A figura da meiga está moi enraizada na tradición popular, e diferénciase da bruxa en que esta actúa sempre con maldade, podendo tratar e mesmo pactar co demo. A figura da bruxa correspóndese, en grande medida co arquetipo clásico de bruxa vestida de negro, cun sombreiro puntiagudo e a súa típica vasoira. A meiga rivaliza na popularidade coa propia Santa Compaña, e achégase bastante á figura da curandeira dos druídas. Unha expresión que se emprega moito en Galicia é : “Eu non creo nas meigas, mais habelas, hainas”. Tipos de meigas: -Meigas-Chuchonas: son as máis perigosas.Preséntanse con caretas, absorben o sangue dos nenos e róubanlles as graxas para facer pomadas e cremas. -Bruxas da rúa: axexan á xente e vixían quen entra e sae da casa. -Lobismuller: teñen que nacer en Noiteboa ou en Venres Santo, ou ben ser a sétima ou novena filla dunha familia na que todos os fillos son mulleres. -Vedoira é esvelta e agradable de trato. Posúe facultades adiviñatorias e son expertas en contactar co “máis alá” para dicir se alguén falecido está gozando eternamente no ceo ou se aínda pena no purgatorio. -Cartuxeira: son meigas que botan as cartas e sempre atinan. -Dama do Castro: estas meigas viven debaixo dos castros milenarios ou baixo a terra dun castelo de cristal. Levan sempre un longo vestido branco de cola e atenden ás solicitudes da xente. Xa que gozan de benestar e fortuna, ningún tipo de favor serve para recibir dela consellos ou agasallos, ó contrario, adoita aparecerse a persoas aflixidas por algunha situación difícil da súa vida, e a esas persoas de condición humilde outorga os seus favores. Brandan Martínez Gómez, 4º ESO A,Lara Santoalla Varela, 4º ESO B O lobishome ou home lobo é un home que se converte en lobo e se comporta como tal. Tamén se denomina co termo culto de licántropo. En Galicia a tradición oral sinala que se un matrimonio ten sete fillos homes sen que nacese ningunha muller polo medio, e último queda marcado polo estigma da fada, convértese en homelobo. Con todo, na tradición galega tamén existe o neno que xa nace cos síntomas dun licántropo. Os primeiros síntomas da doenza preséntanse en forma de tristura. Nun día determinado, xeralmente, un venres ás doce da noite, foxe da casa e prodúcese a transformación. Mentres está convertido en lobishome comete toda clase de crimes e ruindades, sobre todo con seres humanos; nese tempo non hai bala, nin pedra, nin arma branca que o poida ferir. Pódese librar da maldición de varios xeitos: facéndolle sangrar ao picalo co aguillón do ramo do acivro bendito o Domingo de Ramos, quitándolle a pel de lobo que leva e queimándolla ou sorprendéndoo cando se envorca na poeira. Un dos casos máis coñecidos de lobishome foi Manuel Blanco Romasanta, chamado o lobishome de


A Jillotina

54

Allariz, que está catalogado como o único caso de licantropía clínica diagnosticada en España. Tratábase dun psicópata, considerado o primeiro asasino en serie español. Laura González Vázquez , 4º ESO B Secuestradas polos mouros vivían nas costas de Galicia, en castros, castelos, pozos , etc. Pero sempre baixo a auga o a terra onde gardan valiosísimos tesouros. Reciben moitos nomes ( madamas, donas, encantos, fadas,,,). Son mulleres belísimas ( cabelo roxo, pel branca, meixelas avermelladas … ) e encantadas, que teñen grandes aptitudes para o baile e a composición e interpretación de cancións. Teñen a capacidade de adoptar formas diversas, mais elas prefiren a de serpe ou cóbrega.Gústalles aparecer ao lado da súa morada en pleno día desta forma ( sobre todo o día de San Xoán).Se un home as ve, é seducido por elas e a única forma de que ela tamén se namore deste humano é rompendo o encantamento que pesa sobre a moura, bicándoa ou facendo o ritual que lle indique. Se logra rompelo, conseguirá desposar a moura, agora, roto o encanto, convertida nunha femosísima moza, e posuír o tesouro que esta gardaba. Todas as mouras teñen moitas riquezas, entón o que case con elas será rico e a boa sorte estará sempre con el. A relación entre mouras e humanos baséase no intercambio de bens, que son usualmente favorables só para os últimos. De aí a famosa frase que os humanos usaban para contactar coas mouras : “Dáme da túa riqueza e eu dareiche da miña pobreza”, ou a que empregaban as mouras para contactar cos humanos : “ … dicían os penedos : dáme a vosa pobreza e eu dareiche da miña riqueza”. Entre os bens campesiños que estes daban aos mouros o leite xogaba un papel moi importante, xa que é un produto especialmente apreciado polas donas. Precisamente, unha das formas máis usuais de romper o encantamento é substituír o bico polo ofrecemento dunha cunca de leite. As mouras tamén se caracterizaban por ser moi vingativas e interesadas. A maioría dos tratos que fan cos humanos teñen que manterse en segredo, porque se non, o ouro que estas dean, converterase en carbón. Unha das mouras máis coñecidas é Brancaflor, filla do demo. É a menor de tres irmáns. Ela é a que axuda a Xan, un home que perdera a alma xogando ás cartas co demo, e para recuperala tiña que ir ao castelo de Irás e Non Volverás e superar diversas probas que esta moura lle axuda a pasar. Ao final, namóranse e escapan xuntos. Lara Rodríguez Expósito, 4º ESO B As fadas existen dende que o home existe, foron creadas con eles, e as lendas que falan delas proveñen de moi antigo. As fadas son unhas amorosas compañeiras dos amantes, poetas, músicos, escultores ,escritores e toda persoa relacionada coa arte. As fadas, musas son presentadas a miúdo como amables, amorosas, invisibles, caprichosas, esquivas ou sensitivas. O home nunca puido resultar alleo aos seus encantos, por iso as busca incansablemente e lémbraas transmitíndoas de xeración en xeración. Para os humanos as fadas viven nun mundo único e especial no que sempre é primavera, e as cores brillan con máis intensidade, onde o amor se respira unido ó arrecendo das flores. Pero as fadas viven entre os artistas, non no mundo que todos cren que viven. Fisicamente son seres diminutos, teñen ás nas costas coa forma das ás das bolboretas. Levan traxes feitos con follas de árbores e flores silvestres. Cando voan non podemos velas, só vemos unha luz que se move, por iso moitas veces confúndense con vagalumes. Xoana Nogueira Fuertes, 4º ESO B


Ies Ánxel Fole

55

LECTURAS RECOMENDADAS VERÁN 2016

1º e 2º ESO  Ledicia Costas: Escarlatina, a cociñeira difunta  Neira Vilas: Contos Vellos para rapaces novos  Marina Mayoral: Chamábase Luis  Joaquim González i Caturla: Todo o verán pendiente 3º e 4º ESO – 1º e 2º BAC e demais lectores

 Manuel Rivas: O Lapis do carpinteiro  Yoko Ogawa: La fórmula preferida del profesor  Lorenzo Silva: El lejano país de los estanques  Alice Vieira: A Lúa non está á venda  Carlos Meixide: Ons


Ies Ánxel Fole

55

E tamén... Participamos no Correlingua. Tres alumnos de 1º BAC representaron ao Centro no Concurso Intercentros organizado polo IES Muralla Romana. O equipo estivo formado por Andrea Arias, Andrea Pereira e Sara Han Díaz. Disfrutamos de moitas charlas didácticas: “É xusto o noso sistema fiscal?” co Profesor Antonio López, “Que é un medicamento e onde se obtén?” co Profesor Luis M. Botana, “Seguindo as trazas dos quarks no LHC: materia e antimateria” co Profesor Bernardo Adeva, etc. Tivemos coloquios con ex-parlamentarios sobre o Parlamento de Galicia, charlas sobre os perigos de Internet, a Muralla de Lugo, o acceso á Universidade, a oferta da Formación Profesional, etc. As familias tamén tiveron as súas charlas sobre o acceso á Universidade e a prevención do consumo de alcohol e drogas. Visitamos a Fundación TIC, o Museo Provincial de Lugo, A Capela de Santa María, a Domus Mitreo, o Museo de San Paio de Narla, o Mosteiro de Sobrado dos Monxes, etc. Alumnado de 4º ESO participou na actividade “Ciencia para novos investigadores” na Facultade de Ciencias de Lugo e gozarán a finais de xuño nos Campus Científicos en Lugo. Recibimos a alumnado do Máster de Secundaria e compartimos con eles os seus primeiros pasos no ensino. Asistimos a obras de teatro: “A Órbita do Lucecú”, “El público”, “The Taming of the Shrew. The Beautiful Scullery Maid”,.. Fixemos roteiros pola Costa de Lugo e polo Caurel. Para a presentación da nosa axenda escolar visitounos un antigo profesor do centro, Claudio Rodríguez Fer, que nos ilustrou sobre a figura de Ánxel Fole. E moito máis …

Ata o vindeiro curso. Feliz verán a todos!


Manuel MarĂ­a



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.