O libro misterioso

Page 1



1. MOTIVACIÓN: A) UN POUCO DE MISTERIO: Cando a profesora de Lingua Castelá levaba a lista de libros de lectura obrigatoria..., perdeu un! Pero non hai que preocuparse: a Biblioteca vaivos botar unha man. Durante 10 días iranse publicando pistas coas que teredes que adiviñar o título do libro. (As pistas son características dos personaxes ou frases que eles din no libro).


B) CREAR AMBIENTE: Decoración da Biblioteca e arredores para a ocasión. C) "A LETRA CON MÚSICA E BAILE ENTRA" Representación musical no Salón de Actos do Instituto. (MÚS./EF) https://www.youtube.com/watch?v=g0jcXOt6fSw D) "POLO INSTITUTO ANDA CEIBE UN MAGO, DESCÚBREO!" Xogos de maxia con cartas da baralla a cargo dun alumno de 3º de ESO.


2. ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN: Xa coñecedes o título do libro? Pois preparados para comezar! Formade equipos. Teredes que investigar, empregando todos os medios de información de que dispoñades, incluídas as TIC, as respostas ás seguintes preguntas e elaborar un dossier con todas as actividades. En que lingua? Empregaredes a lingua propia da materia en que realicedes cada actividade: Castelá. Galego, Inglés. Francés. a. Quen escribiu o libro? (Pequena BIOGRAFÍA do autor) (LC) b. Existiu Alicia realmente? Si é así, quen foi? (LC) c. Como era a época en que viviu? (CS) d. Cales son os personaxes principais? Cal é o teu personaxe preferido e por que? (LC) e. Por que estaba louco o sombrereiro? (CN) f. Que é o dodo? Existe agora? Por que? Coñeces algún outro animal ao que lle ocorrera o mesmo? (CN)


g. Que é unha eiruga? (Metamorfose da volvoreta) (CN) h. Que significa "estar louco como a lebre de marzo"? (INGLÉS) i. De onde lles ven aos ingleses a afección polo té? (INGLÉS) j. Como facer unha receita de cupcakes? (O LIBRO DE RECEITAS DA DUQUESA) (LC) k. Investigar en que consiste o crocquet. (Organizar un partido) (EF)


3. XOGOS/ ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN DA LECTURA:

(en todos os idiomas)

a. Logo de facer unha lectura rápida do libro, anotade o nome dos personaxes. Entregarémosvos tarxetas con adiviñas e teredes que identificar en elas aos animais protagonistas. b. Unha carreira na que todos son gañadores. c. Encrucillados/ sopa de letras para traballar o vocabulario en distintos idiomas dos animais (e outros personaxes). (TODAS AS LINGUAS) d. Xogos de palabras (NOSENSE/SENSENTIDO/ ESCONDIDAS). (TODAS AS LINGUAS) e. Ordenar debuxos. f. Xogos matemáticos g. Actividades de plástica h. OUTROS ..........................

TRABALINGUAS/ADIVIÑAS

PALABRAS


4. GAÑADORES: Gañará o equipo que presente o dossier máis completo e mellor presentado con todas as actividades realizadas. Aos gañadores se lles entregará o "Carné do bo lector-investigador".

5. FINAL: "FESTA DE NON ANIVERSARIO" Festa final con té e cupcakes.


• LIBRO MISTERIOSO: "ALICIA EN EL PAIS DE LAS MARAVILLAS" Dispoñemos de exemplares en galego, castelá e inglés. As actividades se realizan na lingua de cada materia: galego, castelá, francés ou inglés • ALUMNOS PARTICIPANTES: 1º de ESO len o libro (en Lingua Castelá) e realizan as actividades 1º de BAC interpretan a música. 4º de ESO interpretan a danza • DEPARTAMENTOS IMPLICADOS: Lingua Castelá Lingua galega Inglés Francés Ciencias Sociais Educación Física

Ciencias Naturais Música Matemáticas

• LUGAR: Aula, Biblioteca, Ximnasio, Salón de Actos. •

MEDIOS: Libros de "Alicia en el País de las Maravillas", libros de texto de distintas materias, libros da biblioteca, internet, instrumentos musicais, cartulinas, bolsas de plástico para os traxes. Material de gravación: teléfonos móbiles dos alumnos.

• TEMPORALIZACIÓN: 1º – 2º trimestre •

COORDINA: Biblioteca Escolar


BiBLIOGRAFÍA: Libros de “Alicia en el País de las Maravillas” en varios idiomas. Dispoñemos de varios exemplares na Biblioteca. http://www.cajamagica.net/juegos.htm http://www.bibliotecaspublicas.es/merida/imagenes/DOSSIER.pdf http://www.editorialcreacion.com/images/pdf/extractoalicia.pdf https://sites.google.com/site/saldanafilosofia/home/filosofia-i/alicia-en-elpais-de-las-adivinanzas http://www.alice-in-wonderland.net/shop/costumes/ http://www.storymuseum.org.uk/whats-on/alices-day/ https://www.youtube.com/watch?v=v78itHYKUlo http://seescribeparallenarvacios.blogspot.com.es/2012/12/bloque-ivanimacion-la-lectura.html


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.