Revista do Craega, 45

Page 17

DE FEIRAS  >

Biofactory

Conservas Orbe Un dos sectores que están a experimentar maior crecemento na produción ecolóxica é o dos produtos do mar, no que Galicia conta cun gran potencial, como amosan as catro empresas que acudiron á feira. Unha delas é a veterana conserveira viguesa Orbe. Ana Abad, comercial para Centroeuropa: “Biofach é a maneira de ampliar os nosos contactos, presentarlle os nosos produtos a xente que ao mellor está buscando un fabricante e non sabe a quen dirixirse”.

Connorsa Conservas do Noroeste SA, Connorsa, localízase no municipio pontevedrés de Vilaboa. De momento, o ecolóxico só supón un 10 % da súa facturación, pero non deixa de medrar, sobre todo con destino á exportación. “Vendemos no mercado nacional, pero tamén exportamos a gama ecolóxica a Estados Unidos, México, Italia, Francia, Suecia... países onde a demanda destes produtos está moi desenvolvida desde hai anos”, cóntanos Carolina Lumbreras, a export manager da empresa.

Porto-Muíños Foi unha das empresas pioneiras en Europa na recolección de algas e a súa comercialización en conservas, pastas e outros produtos máis accesibles a un consumidor que cada vez valora máis o potencial culinario das chamadas verduras do mar. Como sinala Bibiana Canosa, responsable de exportación, “Aquí [en Alemaña] é onde hai máis coñecemento do ecolóxico, e para nós xa supón un 20 % da nosa facturación”.

Toda a súa produción está certificada como ecolóxica, sen ovo e sen glute, e contan cunha liña de xeados veganos. Esta é a visión de Antonio Gómez, socio da Factoría EcolóxicaBiofactory: “Quixemos facer do xeado un alimento para todos os consumidores, por iso decidimos que fosen ecolóxicos, sen glute e sen ovo. Coa liña vegana temos tamén un xeado apto para alérxicos, intolerantes e para consumidores que non queren alimentarse de ingredientes de orixe animal”.

Coraçai Acompañando a Biofactory, con quen comparten proxectos en común, tamén se achegou ata Biofach Coraçai, unha empresa coruñesa dedicada a unha das tendencias máis en aumento na produción ecolóxica, a importación de determinados froitos tropicais denominados “superalimentos” polas súas moitas propiedades. “Traballamos fundamentalmente con açaí, que ten a súa orixe no Amazonas, e coa pitaya de Nicaragua, dúas froitas que teñen un alto contido en potasio, calcio e magnesio. Con Biofactory desenvolvemos sorbetes con estas froitas e agora estamos traballando con empresas de iogures, zumes ou galletas para que o açaí e a pitaya sexan máis fáciles de incorporar ao consumo diario”, explica Damián Castiñeira, cofundador de Coraçai.

Pasteurizados Cíes Pasteurizados Cíes, de Sanxenxo, foron pioneiros en Galicia na produción e comercialización de bibalvos pasteurizados, un dos segmentos máis en alza nos últimos anos. Hai dous introducíronse no ecolóxico e comezaron polo mexillón. Como explica Ana Fernández, a export manager, para eles foi unha boa oportunidade de abrirse a novos mercados: “Biofach é para nós un escaparate ideal para testar o noso mexillón e ver a resposta de consumidores e distribución, e de momento pensamos que está a ser moi favorable”.

CRAEGA

> 17


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Revista do Craega, 45 by Transmedia Comunicación - Issuu