ACTUALIDADE DO SECTOR >
Charla sobre a
normativa en agricultura ecolóxica
O
día 23 de outubro Ernesto Sánchez Salgado, director técnico do Craega, impartiu unha charla sobre “Normativa e certificación da produción ecolóxica” no salón de actos do concello coruñés de San Sadurniño. O acto foi organizado pola Asociación Agroecolóxica A Cortiña.
O Craega participa nas Xornadas sobre novos produtos das
razas autóctonas
O
Edificio Multiusos da Xunta de Galicia en Lugo acolleu os días 26, 27 e 28 de outubro as Xornadas sobre Novos Produtos e Tecnoloxías na Produción, Transformación e Comercialización das Razas Autóctonas, organizadas pola Oficina Comarcal Veterinaria de Lugo da Consellería do Medio Rural e financiadas pola Unión Europea, o Magrama e a Xunta de Galicia. O Craega formou parte desta actividade cunha degustación de produtos ecolóxicos a cargo de Javier García Lozano, secretario do Consello, quen ademais ofreceu a charla titulada “A produción e comercialización dos produtos ecolóxicos. Un exemplo a seguir”. Durante estas tres xornadas o público asistiu a diversos relatorios nos que se disertou, entre outros temas, sobre o futuro da produción das razas autóctonas galegas e sobre a importancia dos proxectos de investigación neste ámbito. 18
<
CRAEGA
Revista de divulgación técnica
de Agricultura y Ganadería Ecológica Existe en versíon papel y versión digital interactiva* ¡Infórmate! www.revista-ae.es • tel: 961 26 71 22 *Contenidos
y publicidad con enlaces a páginas web