Afriga 95

Page 49

50

SANIDADE

Hai que controlar os gatos e outros animais domésticos e silvestres nas explotacións de gando vacún

Entre outros factores asociados á introdución de Salmonella no gando están o contacto con outros animais que poidan ser portadores, tanto silvestres (ratos, aves) coma domésticos (galiñas, gatos), e a presenza de augas residuais e puríns nos pastos; mesmo a xente pode ser portadora asintomática. En cambio, os factores asociados á súa dispersión son os movementos de gando, a alimentación, a saída a pastos e un establo en malas condicións hixiénicas, nas que S. dublin poden sobrevivir ata un ano nas feces. A salmonelose pode presentarse de maneira asintomática, con sintomatoloxía moderada ou ben unha septicemia fulminante. A presenza de S. dublin provoca numerosas perdas económicas asociadas a desviacións da calidade do leite, morte, abortos e problemas reprodutivos. O 5% das vacas sas e o 20% das enfermas poden eliminar Salmonella nas feces. Ademais, os animais portadores a excretan de forma constante ou intermitente no leite en períodos de estrés, infeccións concorrentes, etc. OUTROS PATÓXENOS Staphylococcus aureus é un dos axentes máis comúns que causan brotes de enfermidade de orixe alimentaria, ademais de ser un dos patóxenos máis importantes que causan mamite nas vacas e, polo tanto, grandes perdas económicas nas ganderías. Algunhas cepas de S. aureus asociadas á mamite producen unha amplia variedade de toxinas que provocan distintos tipos de enfermidade. As enterotoxinas son toxinas termoestables que poden producir problemas gastrointestinais nas persoas tras o consumo de alimentos contaminados. A presenza desta bacteria no leite pode considerarse un risco potencial para a saúde pública. Os animais que sofren mamite por S. aureus poden contaminar o leite do tanque, non obstante, o manexo do persoal, o equipo de muxir, o ambiente e a pel do ubre e tetos son outras posibles fontes de contaxio do leite. Outras bacterias de importancia como patóxenos zoonósicos que poderían alcanzar o leite do tanque son Coxiella burnetti, Yersinia enterocolitica, Brucella spp., Mycobacterium bovis, Escherichia coli, etc. A maioría atópase no tracto gastrointestinal e na pel dos animais, pero tamén no ambiente do granxa (solos, paredes, alimentos, etc.). Os patóxenos zoonósicos de orixe alimentaria transmítense vía oral, polo tanto, o obxectivo das medidas de control e prevención é reducir a súa presenza nos alimentos (penso, ensilado, etc.). Os posibles puntos de control en granxas correspóndense en moitos dos casos coas medidas de biosegu-

AFRIGA ANO XVII - Nº 95

RESULTAN IMPRESCINDIBLES AS BOAS PRÁCTICAS DE MUXIDO: EMPREGAR ROUPA DE USO EXCLUSIVO E GUANTES, LIMPAR E SECAR OS TETOS ANTES DE COLOCAR A MÁQUINA E MANTER LIMPOS A SALA DE MUXIR, O EQUIPO E O TANQUE

ridade xerais para a introdución e diseminación de axentes patóxenos. Así, débese evitar a introdución e diseminación dos axentes patóxenos zoonósicos mediante o control de animais, persoas e maquinaria e/ou utensilios que entran ou están presentes na granxa, e tamén das condicións hixiénicas e de mantemento das instalacións. Tamén é recomendable realizar un control da contaminación ambiental. A orixe da contaminación do leite de tanque pode estar nas feces dos animais, e como consecuencia proceder do alimento e da auga (por exemplo, ensilados), no ambiente e chan da explotación, nas persoas e nos animais infectados portadores asintomáticos ou non. MEDIDAS DE CONTROL CONTROL DE ANIMAIS Debe favorecerse a recría e no caso de comprar animais debe coñecerse o estado sanitario da gandería de orixe. Tamén é recomendable facer unha proba no sangue e no leite para descartar que excretan algúns destes axentes. Outro punto importante é controlar a presenza na granxa de animais que poidan entrar en contacto coas vacas, que ben poden ser outros animais domésticos da granxa (cans, gatos, ovellas, galiñas…), animais silvestres (aves como pombas e pardais ou ben teixóns e roedores) e tamén animais doutras explotacións (hai que ter límites seguros, evitar pastos comunais, etc.). Débese evitar o posible acceso destes animais a onde se garda o alimento, pensos, ensilados, etc., e auga. CONTROL DE PERSOAL A falta de medidas hixiénicas no establo e na rutina de muxido favorece que os patóxenos alcancen o leite. O persoal da explotación debe actuar acorde coas boas prácticas de hixiene en toda a granxa para evitar o contaxio das diversas enfermidades. O persoal supón un importante vehículo de transmisión de microorganismos. É importante levar a cabo unhas prácticas correctas, sobre todo no momento da muxidura, que é cando existe o risco de que os patóxenos zoonósicos presentes no ambiente poidan alcanzar o leite. Resulta imprescindible, polo tanto, realizar correctamente unhas boas prácticas de muxido: utilizar roupa de uso exclusivo e guantes, limpar e secar os tetos antes da colocación da máquina de muxir para evitar a entrada ao leite da sucidade adherida á pel e manter limpos a sala de muxir e o equipo, así como o tanque de almacenamento.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Afriga 95 by Transmedia Comunicación - Issuu