Afriga108 en galego

Page 66

66

sanidade

VARIOS ESTUDOS DEMOSTRARON QUE A ADMINISTRACIÓN DE DIFERENTES CEPAS DE S. CEREVISAE DÁ COMO RESULTADO INCREMENTOS DA INXESTIÓN, CRECEMENTO E PRODUCIÓN DE LEITE NO ANIMAL REGULANDO A DIMINUCIÓN DO PH RUMINAL E RISCO DE PADECER ACIDOSE RUMINAL Ademais, especificamente os ruminantes dependen da simbiose que se establece entre o animal e a súa microbiota gastrointestinal. A celulosa é o principal polisacárido dos vexetais e dos mamíferos, así como doutros grupos de animais, os cales non son capaces de degradar a celulosa xa que non sintetizan celulasas (os enzimas capaces de dixerir este composto), polo que deben establecer relacións simbióticas con microorganismos para permitir a súa asimilación. Froito desta simbiose, os microorganismos proporciónanlle ao animal proteínas, aminoácidos e vitaminas, e o animal achega acubillo e nutrientes para soster o crecemento dos microorganismos. Tamén as fermentacións microbianas xeran ácidos graxos volátiles (AGV), que se converten nunha fonte de enerxía para o animal. Así pois, dada a grande importancia da poboación microbiana na conversión do alimento dos ruminantes, moitos estudos investigaron a posibilidade de manipular os procesos metabólicos microbianos para estimular a produtividade do animal mediante a adición de probióticos. PROBIÓTICOS NO LABORATORIO A microbiota está composta por miles de especies diferentes, cada unha delas con funcións distintas e, polo tanto, os beneficios que lle ofrecen ao animal son tamén distintos. Un número reducido das especies que conforman a microbiota foi illado no laboratorio, e algunhas das súas funcións beneficiosas foron identificadas. Hoxe é posible cultivar estes microorganismos para producir os chamados probióticos, os cales ofrecen un gran potencial en produción animal. A selección dun probiótico implica comprobar que modula beneficiosamente as defensas ou rutas metabólicas do animal, que é capaz de cultivarse in vitro (no laboratorio) e despois administrarllo ao animal por vía oral, no penso ou no leite, infundido na glándula mamaria ou mesmo no tracto respiratorio. Unha vez no organismo, debe posuír a capacidade de colonizar o órgano de interese e resistir ás condicións que haxa, como poden ser acidez, movementos peristálticos, subprodutos de fermentacións doutros microorganismos, anaerobiose ou limitación de nutrientes debido á competencia por estes entre os distintos membros da microbiota. Teoricamente, a utilización de probióticos no bovino podería mellorar o crecemento do animal, a eficiencia de conversión alimenticia, a absorción de nutrientes no intestino, a adaptación a alimento sólido acelerando o desenvolvemento e a implantación da microbiota intestinal, a proliferación epitelial estimulando a diferenciación temperá do rume, acidose, metabolismo dos carbohidratos

A suplementación con BAL no leite que toman os xatos demostrou reducir a incidencia de diarreas

e sínteses de vitaminas, produción de enzimas microbianos beneficiosos, control ou eliminación de microorganismos patóxenos e estimulación da inmunidade innata ou adquirida na mucosa intestinal. Hai unha gran cantidade de estudos in vitro con diferentes microorganismos derivados de microbiota bovina ou doutras orixes que demostran a existencia dunha grande infinidade de especies con potencial probiótico. A pesar de que os estudos in vivo probando efectos positivos destas especies no bovino son máis limitados, xa hai algunhas evidencias que demostran que a teoría se pode levar á práctica. PROBIÓTICOS BENEFICIOSOS NO BOVINO A maioría de estudos realizados in vivo ata o momento realizouse con bacterias do ácido láctico e fermentos, aínda que tamén cultivos dos xéneros Bacillus e Enterococcus se asociaron a unha mellor produción de leite e á mellora das defensas do sistema inmunitario (Qiao et al., 2010; Nocek and Kautz, 2006; Ripamonti et al., 2009). Ata o momento son varios os traballos que demostran a capacidade dos fermentos como Saccharom yces cerevisae de regular o risco de acidose ruminal na vaca de leite (Bach et al., 2007; Desnoyers et al., 2009; Pinloche et al., 2013; Thrune et al., 2009; Williams et al., 1991). A acidose ruminal é un proceso derivado da acumulación excesiva de AGV no rume.

AFRIGA ANO XIX - Nº 108

Afriga 108_probioticos_gal.indd 66

23/12/2013 10:41


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.