DOSSIER: ENSILADO DO MILLO
Por outra parte, a evolución dos parámetros que definen a calidade da fermentación dos ensilados mostraron unha tendencia cara á acidificación, con menores valores de pH e aumento na concentración de ácido láctico (figura 5). Figura 5. Evolución do pH e do contido en ácido láctico en ensilados de millo en diferentes campañas: 20032009-2011
AGRICULTURA
HOUBO UNHA SENSIBLE MELLORA EN CALIDADE NUTRITIVA DESDE 20022003 A 2008, QUE LOGO SE ATENUOU COMO CONSECUENCIA DUNHA MELLOR ELECCIÓN DE VARIEDADES E/OU UNHA RECOLECCIÓN NO MOMENTO OPORTUNO, E TAMÉN EN CALIDADE FERMENTATIVA, POLAS MELLORAS NO PROCESO DE CONSERVACIÓN DOS ENSILADOS Por último, de acordo cos resultados da comparación de medias para os contidos en nitróxeno amoniacal (N-NH3), que se poden ver na figura 6, a proteólese foi algo máis intensa en 2009. Porén, tendo en conta o baremo do INRA (1979), as medias para estes parámetros nos ensilados presentaron unha boa calidade fermentativa, con contidos en N-NH3 inferiores ao 10% e próximos á clasificación de excelentes segundo Beever (1996), que manifesta que os ensilados cunha porcentaxe entre 0 e 5% de N-NH3 son de excelente calidade fermentativa. Este feito tamén se puxo de manifesto na relación láctico/acética, que mellorou de 2,42 a 2,90 entre 2003 e 2011. Estes resultados indican que a fermentación foi maioritariamente homofermentativa e encamiñada á produción de ácido láctico, con escasa presenza de fermentacións secundarias e ausencia case total de fermentación butírica.
DOSGAN DOSGAN IMPORT IMPORT
Vis it ins e nues tala cio tras nes
RAZAS Holstein, Brown Suisse, Limousine, Bland de Aquitania, Charolais
Transporte incluído a la explotación
Posibilidad de financiacion a medida del cliente
Ventajas de comprar: Importamos directamente de Holanda, Francia, Alemania, Dinamarca, Austria Ganaderías de alta selección genética Novillas próximas al parto o paridas, según lo solicite el cliente Con todas las pruebas sanitarias y el mejor pedigree
Lezoce, S/N 27600 Sarria (Lugo) Te l f . : 6 3 6 0 2 8 8 9 3 dosganimport@gmail.com
AFRIGA ANO XVIII - Nº 100
79