A herdade que nós temos. Historia e escolma da prosa en galego do eo navia

Page 159

Herdade 04.05.10:poesía

Ò

03/08/2010

10:53

Página 159

O período democrático

159

5.30. EVA MOREDA RODRÍGUEZ Naceu na Veiga en 1981, pero trasladouse a Ribadeo con moi poucos anos. Nesta vila iniciou, paralelamente ós seus estudos, a súa formación musical, e participou en varias agrupacións locais. Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela, realizou un máster en xornalismo e completou a súa formación con estadías en varios países do estranxeiro. Durante dous anos simultaneou o seu traballo na empresa privada en Erfurt (Alemaña) coa Licenciatura en Musicoloxía pola Universidade da Rioxa. Actualmente realiza o doutoramento na Universidade de Londres, investigando sobre a crítica musical na primeira fase do réxime de Franco. Axiña comezou a ser premiada en numerosos certames literarios, tanto en prosa como en verso. Como consecuencia destes galardóns, algúns textos seus aparecen en volumes colectivos: Premios literarios Concello de Viveiro, Premio Ourense de contos para a mocidade, Narradoras etc. A súa primeira publicación individual foi Breogán de Guisamonde, o cabaleiro da gaivota, unha novela de tema artúrico coa que a autora gañou, con só dezaseis anos, o Certame Rúa Nova de Narracións Xuvenís. Ł ano seguinte gañou de novo este premio, desta vez en castelán, con Mitología contemporánea, un conxunto de relatos en que a autora deixa ver a súa fascinación pola música, o cine e a arte en xeral. En 2002 publicou O demo e o profundo mar azul, unha novela breve en que aproveita para homenaxear a moitas figuras do jazz.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.