CÁNDIDO SANJURJO: Ó son da melodía do río Eo.

Page 1

Ó son da melodía do río Eo A voz de Cándido Sanjurjo para nenos e nenas Escolma e notas de Xoán Babarro

1


Cรกndido en 1925

2


Cándido Sanjurjo Fernández, nace o 13 de xaneiro de 1919 no barrio da Ponte, parroquia de Santiago de Abres e concello da Veiga, no seo dunha familia numerosa. O seu padre, Pedro, era natural da parroquia e concello de Santiso de Abres e a súa madre, Rosa, da Casa da Rúa, na de Santiago. El facía o número 5 de entre oito irmáns. Na escola de Abres desenvolve os estudos primarios e recibe certa formación literaria. En 1929, con dez anos, participa nunha das súas primeiras representacións teatrais no Pósito Marítimo-Terrestre e a partir de aí irase familiarizando, entre outras, con obras de “Alfredo Nan de Allariz”, Xavier Prado “Lameiro”, Charlón e Hermida, Heliodoro Fernández Gastañaduy..., autores dos que el lembraba fragmentos aínda de maior. Bo coñecedor da cultura popular, foi un amante da literatura tradicional, da que recompilou cántigas, xogos, contos, refráns e outros xéneros baixo o título Apousos que deixa o tempo. Deixou, ademais, escolmado abundante léxico no seu Diccionario de mi lengua vernácula. El, que exerceu de secretario da Asociación Astur-Galaica de Amigos del Camino de Santiago, investigou sobre o trazado da vía norte do Camiño e sobre outros aspectos históricos e etnográficos da comarca, tales como o ferrocarril mineiro que ía de Vilaoudriz a Ribadeo. Moitos dos seus coñecementos quedaron rexistrados na súa obra Entre Fonteo y el mar. Apuntes sobre el río Eo (1996), publicado pola Consejería de Cultura do Principado de Asturias. Entre as súas composicións poéticas destacan a elexía “Recuerdo amargo” e a loa ós gaiteiros do Eo titulada “Recordando a Patricio e Leonardo”, publicadas en 1982 e 1983, respectivamente, no ribadense La Comarca del Eo, semanario onde deu a coñecer unha longa serie de artigos baixo o título “Apuntes sobre el río Eo”. Na última etapa da súa vida constituíu un referente cultural na redonda e, por toda a súa traxectoria vital, a Asociación Cultural San Tirso del Eo outorgoulle en 2006 o premio Terra Viva. Falece o 19 de abril de 2010. O día do seu enterro, o 21, a mencionada Asociación, presidida por Ángel Prieto, tribútalle no adro da parroquial de Santiago unha sentida homenaxe, con música de gaita e acordeón, recitando versos seus e declamando “Na chegada a Ourense da primeira locomotora” de Manuel Curros Enríquez, un poeta admirado por Sanjurjo do que se aprecian claras pegadas na súa poesía. X. B. G. Novembro de 2014

3


1 RECUERDO AMARGO (En lengua vernรกcula)

4


5


(Orixinal do autor)1

VARIANTES: Pro = pero. Pra = para. *Blanco = branco. Nun = non. Friu, riu [sinéreses por motivos métricos] = frío, río. I = e. *Os árboles = as árbores. *Hasta = ata. *Fai muito = hai moito. Truitas, escuito... = Troitas, escoito... Iba = ía. *Manzanilla = macela. Abellois, alumois, cais... = abellóns, alumóns, cans... Polegos = poexos. Chupamelos = chupameles, chuchameles. *Plateados = prateados. *Corriente = corrente. *Limpia = limpa. Algueiros = argueiros. *Silbido = asubío. Volandeiros = voandeiros. *Recuerdos = recordos. *Losas = lousas. *Estrellas = estrelas. Cas, ca = coas, coa. *Cosechas = colleitas. Trai = trae. *Acongoxada = apesarada. *Fuerza mayor = forza maior. Solamente = soamente. Silbeiros = silveiros. Vieiteiro = bieiteiro. I’os, i’as…= i os, i as…, e os, e as… Pol’a, pol’os… = pola, polos… Ô = ó, ao. SINÓNIMOS: Moñico = cestiño. Tarrelos = leitarega, leituga dos porcos. Bieiteiro = sabugueiro. Cabras lolas = pitiñas da auga [insecto]. Fatados = fatos, grupos, rabaños. Baxegos = crías de salmón. Rei-reis = xoaniñas, maruxiñas, porquiñas rubias. Algueiros = lixos. Canas = pólas, ponlas. Regañas = fendas, físgoas, gretas. Lóntrigas = lontras. DÚAS PREGUNTAS: 1. 2.

¿Como describe o autor a ribeira do río? ¿Por que o poeta non pode escribir sobre os bonitos recordos da infancia?

6


Fragmento do orixinal de “Recordando a Patricio e Leonardo” e “aclaraciois do autor”.

A Ponte Vella de Abres “según la tradición” que o autor reproduce en 1993 nunha edición caseña do relatorio “Caminos de Santiago por el Eo”.

7


2. XACALANDRINAS –Chucurruchú, ¿pra unde vas María? –Chucurruchú, vou pró sal. –Chucurruchú, ¿pra que é o sal? –Chucurruchú, pra salar as verzas. –Chucurruchú ¿pra que son as verzas? –Chucurruchú, pra dar ás vellas. –Chucurruchú, ¿pra que son as vellas? –Chucurruchú, pra pisar o millo. –Chucurruchú, ¿pra que é o millo? –Chucurruchú, pra dar ás pitas. –Chucurruchú, ¿pra que son as pitas? –Chucurruchú, pra poñe-los ovos. –Chucurruchú, ¿pra que son os ovos? –Chucurruchú, pra dar ós cregos. –Chucurruchú, ¿pra que son os cregos? –Chucurruchú, pra decir as misas. –Chucurruchú, ¿pra que son as misas? –Chucurruchú, pra subir ó Ceo.2 (Popular. Versión recollida en Apousos que deixa o tempo)

VARIANTES: Xacalandrinas = xacarandinas. Pra = para. Unde = onde. Pró = para o. Decir = dicir. SINÓNIMOS: Xacalandrinas = xacarandainas, requilindorias, requilorios, divertimentos. Pita = galiña. Crego = clérigo, cura. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Saberías identificar os nomes comúns e os propios? 2. ¿Serías capaz de recitar de memoria este diálogo?

8


(14-III-1994)

(14-XII-2005)

Fragmentos de dĂşas cartas de C. Sanjurjo.

9


Debuxo de C. Sanjurjo.

10


[No CD, versión oral de “Chucurruchú…” e “Recuerdo amargo” de 1991]

11


OS TEIXEDAIS 5

12


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.