RAMÓN GONZÁLEZ: Os amores de Carlota e Ignacio

Page 1

Os amores de Carlota e Ignacio Poesías de Ramón G. González para nenos e nenas Escolma e notas de Xoán Babarro

1


2


Ramón Ignacio García González, bautizado cos nomes do avó paterno e o materno, nace en Castropol o 14 de xullo de 1870, na chamada rúa da Marina. Era fillo de Ramona González Travieso e de Nicolas García Monteabaro, mariñeiro de profesión. Licenciouse en Filosofía e Letras e exerceu durante algún tempo a docencia; ata que acabou instalándose na vila natal como inspector de arbitrios. O mundo do mar está presente na obriña que publica en 1920, Amarguras dun viaxe, composta por unha serie de poemas que recrean o namoramento, a separación e o reencontro entre dous namorados, Carlota e Ignacio. Ramón dedícalle a Vicente Loriente Cancio, quen pouco tempo despois, igual que o poeta, ía ser impulsor da Biblioteca Popular Circulante de Castropol, “este librito, escrito en nuestro dialecto”, manifestándolle que “te di en tu niñez mis primeras, menguadas y rudimentales lecciones, acepta también las escuálidas primicias tardías de mi pluma”. En realidade, antes desta obra, xa dera a coñecer abundantes composicións, utilizando o castelán ou o galego local, no xornal Castropol, baixo diferentes pseudónimos, entre eles o de Farruco, un hipocorístico que posiblemente remonte á súa avoa paterna, Francisca Pasarón. O autor, que falece en 1938, podemos consideralo, a nivel comarcal, como un poeta significativo do Rexurdimento. Se para o conxunto da literatura galega pensamos en Rosalía, Pondal e Curros como as tres figuras por excelencia, no occidente do Principado teriamos que mencionar a Ramón García González, a Conrado Villar Loza e a Antolín Mediante Ferraría como os tres escritores sobre os que se asenta a literatura galegoasturiana do século XX.

3


1 ELA Carlota, a nena del Souto, era unha moza garrida, unha moza doutros tempos, non das que ahora se estilan, esas nenas esfamiadas, peleyo, trapo i puntillas. Aquela… ¡había que verla! recia, guapa, fresca, viva, dunhos colores sanotes, que, madeus, vos daba envidia. Nin as gotas da orbayada, que temblorosas salpican as herbas, por as mañás, i al sol brillan cristalinas, con ser frescas como el agua, non ye chegaban á ninfa1. [...]

1

Os dez primeiros fragmentos pertencen ao libro Amarguras dun viaxe.

VARIANTES: Del, al, el = do, ao, o. *Ahora = agora. Esfamiadas = esfameadas. Peleyo, orbayada, ye = pelello, orballada, lle. I = e. *Verla = vela. *Dunhos colores = Dunhas colores, dunhas cores. Temblorosas = trementes. Por as = polas. El agua = a auga. SINÓNIMOS: Garrida = xentil, elegante, de boa presenza. Madeus = abofé, certamente. Orballada = orballo, resío. Ninfa = moza guapa. DÚAS PREGUNTAS: 1. 2.

¿Con que adxectivos se retrata a moza? ¿Con que se compara a súa beleza?

4


2 A CASA DE CARLOTA [...] A súa casa, nel contorno, figuraba das primeiras; en clase de labradores, non como amos de fanegas, aunque coyían as súas i non yes faltaban rentas. Tían montes dos meyores, muitas i excelentes terras, grandes prados, ben regados, da máis deleitosa herba, i un gado que daba genio: bois que vertían soberbia, como castillos de grandes, deixando fuerza unde quera, vacas... a mapa, no hai máis, gordas, lustrosas, ben feitas, que pra cada mecedura non bastaba unha caldeira. ¿I si se entraba na corte? Cerrade os oyos, que cega: era un gozo dos meirandes; aquí i alí, donde quera, xatas i xatos hermosos asomaban as cabezas2. [...]

2

VARIANTES: Nel = no. Coyían, yes, meyores, oyos = collían, lles, mellores, ollos. I = e. Tían = tiñan. Muitas = moitas. *Genio = xenio. *Castillos = castelos. *Fuerza = forza. Unde, donde = onde. No = non. Pra = para. *Si = se. *Hermosos = fermosos, guapos. SINÓNIMOS: Mecedura = moncedura, muxidura, munguidura. Meirandes = máis grandes. Xatos = becerros, cuxos, tenreiros. DÚAS PREGUNTAS: 1. 2.

¿Que resalta das terras? ¿Que destaca nos animais?

5


3 EL [...] Buscou un mozo de estampa, capaz de faer parexa con el lujo dos sous trapos i as pesetas da súa arqueta. Foi Ignacio el escoyido, de facha recia i esvelta, tan gentil coma os señores en cumplidos de etiqueta. Nunca coyera el arado, nin sabía que era “esteva”, nin alindara unha vaca, nin fora al monte por leña, mais sabía repartirla i era el gallo nas peleas. En colegios nin estudios non desfixera a cabeza, pero tampouco del todo taba desnudo de letras; sabía muito de náutica i algo tamén doutras cencias, i lo que aus montes fuxía, tiraba del a ribeira, i el mar fíxolo piloto i era un marino de veras3. [...]

3

VARIANTES: Faer = facer. *Parexa = parella. El, al, del = o, ao, do. *Lujo,*gentil, *colegios = luxo, xentil, colexios. Sous = seus. I = e. Escoyido, coyera = escollido, collera. *Cumplidos = cumpridos. *Repartirla = repartila. *Gallo = galo. *Peleas = pelexas. Estudios = estudos. Taba = estaba. *Desnudo = nu (espido). Muito = moito. Cencias = ciencias. Lo, fíxolo = o, fíxoo. Aus = aos. *Marino = mariño. SINÓNIMOS: Alindar = apacentar. Esteva = rabela, rabiza, parte do arado por onde se agarra para arar. DÚAS PREGUNTAS: 1. 2.

¿Entendía Ignacio de agricultura e gandaría? ¿Que profesión tiña?

6


4 TEMPORAL [...] A barra... taba a dous pasos; lougo, a ría; dentro dela, el puerto; pero, ¡ah!, na barra a morte taba en espera: alí fervían as olas, chías de furia, famentas. ¡Probe rapaz! Grau de polvo entre as iras da tormenta. Mais como a noite nel cielo, cuando os tronos amedrentan, entre as nubes da borrasca brillan sonrindo as estrellas, tal el mozo, sin que a frente se ye arrugue, mentras temblan cordas i palos, i xordas cruxen chorando as maderas, con brazo firme al timón el mar i el vento desprecia. [...] El vento perdera a furia, i amigo xa, sin violencia, empuxaba el barco á barra, que airoso, soltas as velas, entraba con el orgullo de quen vence na pelea4. [...]

4

VARIANTES: Taba = estaba. Lougo = logo. El, nel, al = o, no, ao. *Puerto = porto. Chías = cheas. Probe = pobre. Grau = gran. *Cielo = ceo. Cuando = cando. *Sonrindo = surrindo. *Estrellas = estrelas. Sin = sen. Ye = lle. Palos = paus. *Mentras = mentres. *Temblan = tremen. I = e. *Cruxen = renxen, rinchan, ruxen. *Maderas = madeiras. *Pelea = pelexa. SINÓNIMOS: Pau = mastro. Barra = banco de area. DÚAS PREGUNTAS: 1. 2.

¿Como estaba o mar? ¿Que actitude ten o mozo que goberna o barco?

7


5 A AURORA [...] Despois, soñou i soñou, i en soñar pasou el tempo. Ignacio tamén soñaba, i era Carlota el sou sueño, sueños, os de ambos, de rosa; ¿poderán ser doutro xeito? ¡Que pena que tal color a veces se cambie en negro! Nos camius, desde esa fecha, se encontraban sin quererlo, el dando aus pés hacia a aldea, ela, aus sous, camín del puerto. ¿Casualidá? ¡Que queredes!; desas cousas nada entendo. Despois miráronse os oyos, algo covardes primeiro; despois... despois... ¿que, non vedes a aurora rosando el cielo? 5 [...]

5

VARIANTES: I = e. *Sueño, *puerto = soño, porto. Sou = seu. *A veces = ás veces. Camius = camiños. *Fecha = data. Sin = sen. *Quererlo = querelo. Aus = aos. *Hacia = cara a. Del = do. Casualidá = casualidade. Oyos = ollos. *Cielo = ceo. SINÓNIMOS: Xeito = maneira. Convardes = acovardados, apoucados. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Con quen soñaba Ignacio? 2. ¿Quen ía en dirección á aldea e quen ía en dirección ao porto?

8


6 NEL JARDÍN [...] Os páxaros, as flores, os perfumes, as brisas, os celajes, todo ten a sonrisa de alegría; hasta as aguas dos ríus, terrosas antes, buliceiras, rizadas, transparentes, tein algo en si de amable. Carlota non indaga; feliz deixa que el corazón ye baxe toda aquela ventura, i nela flote como un cisne nel agua dos estanques6. [...]

6

VARIANTES: Nel = no. *Jardín, *os celajes = xardín, as celaxes. Páxaros = paxaros. *Sonrisa = sorriso. *Hasta = ata. Aguas, nel agua = augas, na auga. Ríus = ríos. Tein = teñen. Ye = lle. Baxe = baixe. I = e. SINÓNIMOS: Buliceiras = buliciosas, inquietas. Indagar = pescudar, investigar. DÚAS PREGUNTAS: 1. 2.

¿Que elementos do ambiente menciona o poeta? ¿Cal é a actitude de Carlota?

9


7 A DESPEDIDA [...] –¿Cuanto tardarás nel viaxe? –Carlota, muitas semanas. Bota meses; non te quedes corta en xornada tan larga: hai todo un mar, grande, inmenso, entre nosoutros i Habana. Mais ¿que importa? Al lado noso teremos sempre a esperanza. –¡I lougo en barco de vela! –Que con os ventos solo anda. –¡I exposto a tantos peligros! –Esos da cuenta descarta; xa tomei el xeito ás olas i no me asustan por bravas. –¡Habana, Habana! ¡Que lonxe! ¡Quen máis a si te acercara! Ignacio, non se che olvide: si antes a un puerto recalas, a cualquera donde chegues, sea Lisboa ou Canarias, escribe muito nas cartas. Mira que quedo en espera, i con decirche esto basta. –Non temas; hei de escribirche i poñer ás cartas alas pra que che cheguen axina i aus medos tous poñan calma7. [...] 7

VARIANTES: Cuanto = canto. *Nel viaxe = na viaxe. Muitas, muito = moitas, moito. I = e. Al, el = ao, o. Lougo = logo. Con os = cos. Solo = só. Esos = eses. *Cuenta, *puerto = conta, porto. *Olvide = esqueza, esqueiza. *Si = se. Cualquera = calquera. *Donde = onde. Sea = sexa. Decirche = dicirche. Esto = isto. Alas = ás. Pra = para. Axina = axiña. Aus = aos. Tous = teus. SINÓNIMOS: Botar = calcular. Quedar = permanecer. Axiña = decontado, pronto. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Que recomendacións lle fai Carlota? 2. ¿Que promesa lle fai Ignacio?

10


8 A AUSENCIA [...] Despois pasaron días, lentos, largos, preñados da fatiga das ausencias. As cartas non chegaban; os temores iban salindo; xunto delos, tercas, véron as dudas, i con dente fino pasaron a roer mui lougo as penas. ¿Perderíase acaso? Tolos ventos, as corrientes quizá ¿pra outras terras empuxaron el barco? ¿Ou foi que os oyos encontraron muyer de máis presencia? Aquí, al fuerte combatir destos asaltos, a lucha del amor fiera comenza. Descurriu olvidarlo; mais ¿quen pode? Escribirye unha carta, ¿i a que terra? 8 [...]

8

VARIANTES: Iban = ían. Salindo = saíndo. Delos, destos = deles, destes. Véron = viñeron. *Dudas = dúbidas. I = e. Mui = moi. Lougo = logo. *Corrientes, *fiera = correntes, fera. Pra = para. El, al, del = o, ao, do. Oyos, muyer, escribirye = ollos, muller, escribirlle. Presencia = presenza. *Fuerte = forte. *Combatir = combater. *Lucha = loita. Descurriu = descorreu. *Olvidarlo = esquecelo, esqueicelo. SINÓNIMOS: Pasar = transcorrer. Roer = rilar, rillar. DÚAS PREGUNTAS: 3. ¿Por que estaba preocupada a moza? 4. ¿Que pensaba?

11


9 A NOITE [...] Era ayer, einda ayer,cuando entre as flores del sou jardín, igual que si el aliento da primavera estremecese nela, se abrían primorosos os sous sueños. Despois, cierta mañá, nel horizonte unhas velas inchadas se perderon; quedou el sou amor einda soñando...; ¡ah! soñaba sobre el agua... i tal foi elo: náufrago das iras das borrascas, hoi ten el ancho mar por cementerio. ¡É propio del amor faer castillos sin daryes outra base que a dos ventos! 9 [...]

9

VARIANTES: *Ayer = onte, anoite. Einda = aínda. Cuando = cando. Del, el, nel = do, o, no. Sou = seu. *jardín = xardín. *Aliento, *cierta = alento, certa. I = e. Hoi = hoxe. *Cementerio = cemiterio. Faer = facer. *Castillos = castelos. Sin = sen. Daryes = darlles. SINÓNIMOS: cemiterio = camposanto. Soñar = imaxinar. DÚAS PREGUNTAS: 1. 2.

¿Que dous momentos se contrastan no poema ? ¿Que pensa a moza sobre o destino do seu namorado?

12


10 DE VOLTA ¡Feliz amanecer! Al outro día de Carlota pedir al Cielo alivio, sobre el pálido azul del firmamento pasaba a aurora el sou pincel divino, tiñindo el éter i as graciosas nubes de suave rosa i del naciente brillo; sereno el mar, da costa al horizonte tendía as aguas, de un azul purísimo; as brisas esparcían por a playa el olor agradable dos mariscos, i os botes alejábanse del puerto, isada a vela, sin temor, tranquilos. En medio deste marco primoroso, as lonas soltas, os seus senos chíos por soplo bonancible, majestuosa, rasgando el agua con donaire i brío, acercábase al puerto unha fragata desiando ancliar nel apacible abrigo. Al pouco taba dentro, i al instante bulía por el puerto el regocijo. ¿Quen era el capitán? El bravo Ignacio; chegaba fiel al sou primer cariño10.

10

VARIANTES: *Amanecer = Amañecer, ameicer, amencer. *Cielo, *naciente = Ceo, nacente. *Tiñindo = tinxindo, tinguindo. Aguas = augas. Al, del, el = ao, do, o. Sou = seu (obsérvese que o autor tamén emprega seu). De un = dun. Por a = pola. *Playa = praia. *Alejábanse = alonxábanse. *Puerto = porto. Isada = izada. Sin = sen. *Senos = seos. Chíos = cheos. *Soplo = sopro. *Majestuosa = maxestosa. Desiando = desexando. *Apacible = apracible. Ancliar = ancorar. Taba = estaba. *Regocijo = Alegría. *Primer = primeiro. SINÓNIMOS: Éter = espazo celeste. Donaire = garbo. Brío = enerxía, decisión. DÚAS PREGUNTAS: 1. 2.

¿A que hora do día se desenvolve a escena? ¿Como se describe o mar?

13


11 A SILVAYÁ [...] ¡Unhas ferias tan antiguas, que dos veyos el máis veyo ten ouguido a sous avolos decir que sendo elos nenos os sous xa delas falaban...! Virse agora i con desprecio dese tan solo placer, pois que é a festa que temos, donde os antiguos gozaron, que einda parece que vexo alí sentado a meu padre rir i chanciar falangueiro mentras destapa a empanada que tá de todos nel medio..., i quitarnos esas cousas, i levar al mismo tempo os cuartíus que nos deixaban, que eran na vida un remendo11... [...] Farruco (Castropol, nº 260,10-VI-1912)

11

VARIANTES: Silvayá, veyo = Silvallá, vello. *Ferias = feiras. Antiguas = antigas. El, nel, al = o, no, ao.

Ouguido = oído. Sous = seus. Avolos = avós. Decir = dicir. Elos = eles. Desprecio = desprezo. Solo = só. *Placer = pracer. *Donde = onde. Einda = aínda. Chanciar = chancear. Mentras = mentres. Tá = está. Mismo = mesmo. Cuartíus = cartiños. SINÓNIMOS: Chancear = Bromear. Falangueiro = faladeiro, falador. DÚAS PREGUNTAS: 1. 2.

¿Que destaca o autor destas feiras suprimidas? ¿Que imaxe recorda de seu padre?

14


12 BON ANO [...] A vosoutros, os amigos, de corazón noble i sano, que non queredes venganzas i repugnades agravios i si un palo a veces dades é rechazando porrazos; a vosoutros, neste novo, os apetezco un bon ano. Que haia chourizo nel pote, bon xamón, carne de xato, ou xata, como vos sente, pois que gustosos son ambos i en preferencias del gusto eu nunca poño reparos; [...] Que tampouco falte el queixo, de bon comer, fresco i blando, i ben peras ou mazás pra que teña acompañado12. [...] Farruco (Castropol, nº 280, 10-I-1913)

12

VARIANTES: *Noble, *blando = nobre, brando. I = e. *Si = se. Palo = pau. *A veces = ás veces.

*Apetezco = apetezo. Haia = haxa. Nel, del, el = no, do, o. Pra = para. Teña, esteña = estea. SINÓNIMOS: Rechazar = rexeitar. Apetecer = desexar. DÚAS PREGUNTAS: 1. 2.

¿En que época manifesta o autor estes sentimentos? ¿A que comidas se fai referencia o fragmento?

15


13 SEMENTEIRA Como sabedes, amigos, tase en tempo de labranza, na labranza da boroña, del meiz, de espigas doradas, que botan barbas de seda por entre das foyas blancas. Pois labrando Antón a finca, Antonón de Vilarrasa, unha finca que é orgullo da senra donde se espacia, de once días de aradura, deleitosa hasta deixarla; según vai el vasadoiro abrindo en labor calada [...], Antonón, que é ben nacido [...] praus sous adentros el fala: “Prende ben, levas bon cuito, é sustancioso i el faga que te desates rumboso, con casos de a sete varas” 13[...] Farruco (Castropol, nº 294, 30-V-1913)

13

VARIANTES: Tase = estase. *Boroña = boroa. Del, el = do, o. Meiz = Maínzo. *Doradas = douradas.

Foyas = follas. *Blancas = brancas. *Finca = terra, leira, eido. *Donde = onde. *Hasta = ata. *Deixarla = deixala. Según = segundo. Vasadoiro = vesadoiro. *Labor calada = labor calado. Praus = para os. Sous = seus. SINÓNIMOS: Senra = seara, agra. Vesadoiro = arado. Cuito = esterco. DÚAS PREGUNTAS: 1. 2.

¿Como se describe a terra de Antón? ¿Que desexos manifesta Antón?

16


14 EL TRASNO [...] Perico, que lo topa, pega un grito, sentiu fríu i calor a un mismo tempo, tirou con el saqueto, deu ás pernas i botouse a correr que nin el vento. Condo chegou á casa, ni un cadavre tía el carís como el, de barro feito. A muyer asustouse, i el temblando cerrou a porta i atrancou por dentro. Tomou un cazo de agua i, condo el home xa puido respirar, einda con medo contouye á súa muyer que el trasno mismo quixera á porta del molín coyerlo. -¡Ai, Pedro, que me dices? -Cala a boca; cada vez que me acordo, nena, temblo, porque che era un trasnazo como un oso, i os dedazos, madeus, eran de ferro14. [...] F. (Castropol, nº 345, 30-X-1914)

14

VARIANTES: Lo = o. Fríu = frío. I = e. *Mismo = mesmo. El, del = o, do. Condo = cando. *Ni = nin. Tía =

tiña. Carís = cariz. Contouye, muyer, *coyerlo = Contoulle, muller, collelo. *Temblando = tremendo. Einda = aínda. Molín = muíño. Dices = dis. SINÓNIMOS: Topar = encontrar. Atrancar = Pechar con tranca DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Que encontrou á porta do muíño? 2. ¿Que fixo?

17


15 NA PRIMAVERA Chui chooorrrrlichichí chui chui. Tal nas ramas que a esponxarse comenzan con as foyas, con gorgorius del tembloroso papo os páxaros se alegran i alborozan. Eu párome a escuitarlos, gozo el mundo condo dun árbol nel piquín se pousan i siguen barbayando os sous cantares, precioso chorro de graciosas notas. […] El páxaro évos música; ademais ahora que del monte xa se borran as neves, vanse as nubes, rie el cielo i de foyas os árboles se adornan, el anda entretenido por as ramas buscando un hueco escondidín na copa. ¿Pra que? Non afanarse, xa mui lougo cen paxarius vos lo dirán de sobra, cuando cantando el chui chooorrrrlichichí saquen del níu as cabecías novas15. Farruco (Castropol, nº 361, 1915)

15

VARIANTES: Con as = coas. Foyas, barbayando = follas, barballando. Gorgorius = gorgoriños. Del, nel,

el = do, no, o. *Tembloroso = tremente. Páxaros = paxaros. I = e. Escuitar, *escuitarlos = escoitar, escoitalos. Condo, cuando = cando. *Dun árbol = dunha árbore. Siguen = seguen. Sous = seus. *Ahora = agora. *Rie = ri. *Cielo = ceo. *Entretenido = entretido. Por as = polas. *Hueco = oco. Pra = para. Mui = moi. Lougo = logo. Paxarius = paxariños. *Vos lo = volo. Níu = nío. Cabecías = cabeciñas. SINÓNIMOS: Gorgoriños = rechouchíos. Escoitar = oír con atención. Oco = lugar baleiro. DÚAS PREGUNTAS: 1. 2.

¿Como describe o poeta o paso do inverno cara á primavera? ¿Que onomatopea se utiliza no poema para o canto dos paxaros?

18


Maio de 2014

19


OS TEIXEDAIS 3

20


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.