A herdade que nós temos. Historia e escolma da prosa en galego do eo navia

Page 12

Herdade 04.05.10:poesía

03/08/2010

10:53

Página 12

1. Idade Media (XIII-XV): aínda que non de xeito exclusivo, atopamos principalmente textos relacionados co Mosteiro de Santa María de Vilanova de Ozcos. 2. Séculos Escuros ( XVI - XVIII ): non coñecemos mostras literarias escritas chegadas directamente desta época, pero si unha abundante literatura popular (contos, lendas...) que a memoria colectiva fixo chegar ós nosos días e que, nalgúns casos, acabou formando parte de recompilacións escritas. 3. Rexurdimento e preguerra (XIX e comezos do XX): atopamos con frecuencia textos en galego nas numerosas publicacións periódicas da zona, a un lado e outro do Eo. 4. Os anos da guerra civil e a Ditadura (1936-1975): moitas das publicacións do período anterior desapareceron, pero outras mantivéronse e nelas continuou, aínda que de xeito moi atenuado, a tradición articulista que se iniciara nas primeiras décadas do século. 5. Os nosos tempos (1975-actualidade): inicialmente abundan textos en prosa en revistas e volumes colectivos, pero timidamente van agromando publicacións individuais. O posicionamento dos autores diversifícase en relación co sistema escrito utilizado: algúns insírense plenamente no sistema literario galego, outros procuran un distanciamento consciente, e entre ambas as dúas posturas hai lugar para opcións intermedias. En calquera caso, cómpre facermos constar que os cortes cronolóxicos que establecemos non teñen correlación exacta coa dinámica creadora dos autores. Non é raro que algúns deles publiquen en períodos distintos, nalgún caso con bastantes anos polo medio. Como tampouco é posible falar de xeracións, nin tan sequera de grupos ben definidos, para incluírmos os autores dentro de cada etapa temos en conta a súa época de maior produción e dentro de cada período, como norma, organizámolos tendo en conta a súa data de nacemento.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.