Issuu on Google+

LGL. 1ºBACHARELATO BLOQUE 3. SOCIOLINGÜÍSTICA. Un mundo de linguas

CUESTIÓNS PARA REFLEXIONAR EN TORNO AO TEMA DO PLURILINGÜISMO 1. En que se diferencian os seres humanos do resto das especies animais? 2. Unha lingua é só un sistema de comunicación? 3. O ensino-aprendizaxe dunha lingua debe ser abordado só como o dunha materia instrumental ao servizo do ensino-aprendizaxe doutras materias? 4. Cantas linguas se falan hoxe no mundo? Cal é a orixe do multilingüismo? 5. Gozan todas elas do mesmo status? 6. Por que hai linguas en perigo de extinción? Por que desaparecen as linguas? 7. Cantas linguas son aprendidas nas escolas? 8. Cales son as 10 linguas máis faladas no planeta? 9. Coloca as seguintes linguas nun dos dous grupos sinalados a continuación: (ucraíno, gaélico-escocés, bielorruso, galego, hindi, catalán, bengali, portugués, estonio) a. LINGUAS CON MÁS DE 10 MILLÓNS DE FALANTES: b. LINGUAS CON MENOS DE 1 MILLÓN DE FALANTES: c. LINGUAS ENTRE 1 E 10 MILLÓNS DE FALANTES: 10. Está o castelán en perigo, pola presión das outras linguas do Estado Español? 11. É máis importante unha lingua polo número de falantes? 12. É a historia cultural e literaria dunha lingua a que lle dá importancia e poder? 13. Que é o que convirte a unha lingua en poderosa? 14. Cal é a diferenza entre lingua oficial, lingua nacional e lingua internacional? 15. Correspóndelle a cada estado do mundo unha lingua? 16. Coinciden as fronteiras políticas coas fronteiras lingüísticas? 17. Existen estados monolingües? 18. Cales son as linguas do Reino Unido? 19. Cales son as linguas de Francia? 20. Cales son as linguas de España? 21. Podería ser considerado o español unha lingua franca? 22. Cal é o idioma máis falado no territorio europeo? 23. A que lle chamamos na UE linguas rexionais ou minoritarias? 24. Que é unha lingua minorizada? 25. O galego, é unha lingua minoritaria ou minorizada? 26. Podería ser o galego un pidgin? 27. Foi sempre o galego unha lingua en conflito lingüístico co castelán? Tivo o galego algunha etapa de normalidade lingüística ao longo da súa Historia? 28. É a galega unha sociedade bilingüe? Ou é diglósica? 29. Seguiría o galego tendo a consideración de minoritaria e/ou minorizada se volvese ao tronco galego-portugués do que saiu? 30. Por que debemos manter a diversidade lingüística? Por que non servirnos dunha linguaxe universal?

REFORZO: LIBRO DE APOIO, pax. 35-54 AMPLIACIÓN: MARLOU 1, MARLOU 2, MARLOU 3


Plurilingüismo.