Page 1

PoetĂ­zate Fran Alonso XERAIS


FICHA Título: Autor: Editorial: Colección: Nº páxinas: ISBN:

TÉCNICA

Poetízate Fran Alonso Edicións Xerais de Galicia Fóra de Xogo 216 84-9782-402-4

O

AUTOR

FRAN ALONSO (Vigo, 1963)

2

É poeta, narrador, editor e xornalista. Traballa nunha editorial, mantén o blog Cabrafanada e colabora na prensa. Durante os anos 90 dirixiu a colección de poesía Ablativo Absoluto, de Xerais. Como poeta, o seu libro máis coñecido é Cidades (1997), aínda que tamén destacan Persianas, pedramol e outros nervios (1992); Tortillas para os obreiros (1996); Subversións (2001) e Balada solitaria (2004). O seus libros máis lidos pola mocidade son: Cartas de amor (2006, colección Fóra de Xogo), O brillo dos elefantes (1999), Cemiterio de elefantes (1994), Silencio (1995), A vida secreta de María Mariño (2007), Tráiler (1991) e Males de cabeza (2001). A súa obra obtivo diversos premios como Blanco Amor de Novela, o Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil, o Losada Diéguez de creación literaria ou a distinción White Ravens 2003 da Internationale Jugendbibliothek de Múnic (Alemaña).


O

LIBRO

Pode considerarse a primeira antoloxía de poesía galega para a mocidade. Un libro desenfadado que pretende achegar os versos a aqueles que normalmente non os len. Unha selección de poemas que percorre a historia do xénero desde Rosalía de Castro ata Xiana Arias, cunha mirada atenta, tamén, á voz das mulleres. O libro consta dun limiar que se argumenta en contra dos tópicos sobre a poesía e un epílogo a modo de visita guiada polos poemas que compoñen o texto.

TEMAS

E VALORES

• O gusto pola poesía. A narrativa semella ser o xénero con máis adeptos, pero isto non pode ser debido ao descoñecemento ou os prexuízos ante outros coma o teatro ou a poesía. Para collerlle o gusto a algo, primeiro hai que coñecelo, e disto se trata, de ler poesía para descubrir que nos gusta, que a poesía tamén pode ser alegre e divertida. • O recoñecemento e a reivindicación de Galicia e da súa fala. Foi a palabra poética a que fixo rexurdir a literatura galega despois dos anos escuros. A poesía trata con frecuencia as temáticas de país e lingua. • A análise histórica desde o intimismo. Podemos velo nos poemas relacionados coa guerra civil ou outras guerras, cos tempos dos celtas, etc. • Educación para a igualdade. É un dos temas transversais que aparece na antoloxía, como pode verse nos poemas de Rosalía de Castro, Xohana Torres ou Marilar Aleixandre. • Educación ambiental. Nalgúns poemas podemos rastrear este contido. • Enfermidade e morte. Outros temas que acostuman facerse presentes. • A ironía como un recurso que podemos atopar en varios poemas. • Poemas de formas distintas, máis lúdicas, como o caligrama ou o palíndromo.

3


ACTIVIDADES * As actividades que se propoñen, a continuación están pensadas para que o profesorado elixa aquelas que poidan resultar máis adecuadas para o seu alumnado ou para a dinámica do grupo. ANTES DA LECTURA: • O título Poetízate xa adianta o significado da obra. Creade outros títulos para unha iniciación ou inmersión na poesía: «Versifícate»… • Comentemos: que pensades da poesía?; quen credes que a escribe e para quen?; quen a le?; de que falan os poemas que lestes?; que poetas coñecedes?; que poemas lembrades? • Tipos de poesía. Facede a vosa propia clasificación. • As letras das cancións son poesía? Poñédelles música a algúns poemas. Buscade a poesía dalgúns cantautores ou a que fan os grupos pop ou rock. O grupo Dios Ke Te Crew musicou a Celso Emilio Ferreiro. • Escribide un longo listado de palabras que relacionedes coa poesía.

4

AO LONGO DA LECTURA: • Coa poesía o que hai que facer é lela, ler para collerlle o ritmo, ler para gozar das palabras unha a unha, ler para sentila… e vivila. Probade a ler poemas en alto. • Que poema dos que estades lendo vos gustaría ter escrito ou que alguén escribira pensando en vós? • Elixide o mellor verso. • Realizade entre todos un recital de poesía, preparando as lecturas ou recitados, elixindo aquelas que máis vos gusten ou chamen a atención. • Organizade a vosa propia visita guiada polas poesías preferidas. • Facede a vosa propia antoloxía poética. «Os mellores poemas.» • Lede outras antoloxías e tentade descifrar o criterio co que está realizada a selección. • Ilustremos os poemas que máis nos gusten. • A linguaxe poética está no día a día, cando facemos comparacións –«É bo coma un cacho de pan»– ou metáforas –«Es un sol»–. Busquemos máis. • A linguaxe poética é connotativa; o seu significado é amplo e diverxente, por iso cada un de nós é libre para entendela ou explicala, para sentila á súa maneira. Fagamos unha proba: falemos dun poema entre todos, sumando os significados que cada un de nós lle atopa. • Escollamos un poema e escribamos nun papel todo aquilo que nos suxire. • Traede á clase poemas que vos gusten. • Ler e escribir son as dúas caras da mesma moeda. Agora tócavos a vós escribir un poema. Pode ser longo ou curto, de amor ou desamor, sobre a música ou sobre a paixase, sobre a vosa cidade ou sobre as vosas preocupacións…


• Tamén podedes basearvos noutro poema para escribir o voso. Buscade na biblioteca Na fogueira dos versos, un libro de Antonio García Teijeiro no que o autor parte dunha estrofa doutro poema para escribir o seu. • Noutros casos podes tomar un verso que se preste. Hai poemas que parecen dar pé para poder continualos. A min gustaríame seguir con este de Méndez Ferrín «Reclamo a liberdade para o meu pobo» ou con aquel outro de «Ti dis Galiza é ben pequena». ¿E a ti? • Podemos xogar a adiviñar a que poema pertencen determinados versos, por exemplo, os dous citados na actividade anterior. • Ás veces, cando escribe, o poeta descríbese como se quitase a roupa e quedase en coiro no poema, ofrecéndose ao lector, amosándolle as súas miserias e grandezas. Destes con algún así? • Buscade poemas de amor e facede un libro de poemas ou escollede os mellores e elaborade unha antoloxía. • O antólogo de Poetízate, Fran Alonso, escribiu sobre as cidades no seu libro Cidades. Buscade un poema dese libro que vos guste ou algún outro poema sobre unha cidade doutro autor. • Entre todos podedes escribir un cadáver exquisito. Preguntade o que é, buscade a descrición da técnica e seguide os pasos. É moi divertido. • «En abril versos mil.» Un mes dedicado á poesía. Cada un de vós pode especializarse nun autor e, posteriormente, presentarllo aos compañeiros e compañeiras. Será unha visita guiada polos seus poemas, a súa vida, o seu tempo… Outra actividade podería ser ler: que cada un prepare un poema para compartilo cos demais. • Adestremos a memoria: aprendamos cada un o noso poema e recitémolo sen ler. • O poema ten algo de arquitectura, sobre todo cando se trata de caligramas, pictogramas ou poemas visuais. Realicemos unha exposición con eses poemas de arquitectura perfecta, visuais. • Buscade un poema aburrido, un poema con humor, outro inintelixible, un luminoso, outro simplemente bonito… • Seguramente hai unha serie de poemas ou cancións que vos foron acompañando ao longo da vida. Con eles podedes facer «O libro dos meus versos» ou «Os versos da miña vida». • ¿Cres que a canción Yolanda, de Pablo Milanés, é un poema? A canción In the ocean, de Pulpiño Viascón? Podes ver o vídeo en You Tube ou baixala libremente da rede. • Preguntádelle á xente que coñecedes polos poemas que lembre, os que prefire… e abriránsevos novos campos. • Entre todos podedes seleccionar unha serie de valores que vos resulten defendibles como a solidariedade, a paz, etc. Agora buscade un poema para cada un deles. • En internet podedes atopar páxinas dedicadas á poesía, pois tamén os versos andan pola rede. Entrade nelas, lede os textos e logo poderedes facer un informe a modo de visita guiada que as percorra. • O libro podería chamarse «De Rosalía a Antía». Por que credes que comeza e acaba cunha muller? Que opinades da literatura escrita por mulleres?

5


6

• No libro hai caligramas. Podedes buscar algún máis e animarvos a escribir vós algún outro. • Na visita guiada, Fran Alonso condúcevos aos poemas que falan da lingua. Seguramente vós coñecedes algún máis. Podedes escribir un, se vos animades, pero sobre todo poderedes opinar acerca da razón pola que a lingua é un tema que se repite ao longo da historia da nosa literatura. • Fran Alonso fala do poema de Novoneyra, na páxina 82, e enumera unha serie de topónimos que nos sitúan na sonoridade e a esencia do país. Sabiades que hai tantos topónimos en Galicia como no resto do Estado? A que credes que é debido? Citade aqueles que coñezades e que vos fagan sentir algo especial. Con eses, xustamente, poderiades elaborar un poema persoal. • Toca que continuedes a visita guiada onde a deixou Fran Alonso. Compartide con nós o que vos chame a atención. Eu, por exemplo, deteríame no poema da páxina 83 para observar a repetición do son e da letra «o», e tentaría buscarlle unha causa. • Despois de ler os poemas das poetas, que opinades da diferenza entre a súa escrita e a dos seus compañeiros? Existe? • Contestemos: cal é o poema máis longo?; e o máis curto?; o mais divertido?; o máis triste?; cal é o poema máis reivindicativo?; e o máis aburrido? • Hai versos que son coma graffitis e poderían estar pintados nas paredes. Atopastes algún? • Buscade os palíndromos e podedes continuar lendo A torre da derrota de Gonzalo Navaza. Despois é posible que xa teñades os ollos dispostos a descubrir ou crear algún novo. • Buscade poemas urbanos e poemas rurais, poemas que falan de morte e poemas que agradecen a vida, poemas modernos e poemas antigos… Poemas que conteñan a seguinte temática: soidade, paisaxe, emigración, guerra, mar, Galicia, amizade… Tamén poderiamos relacionar estes poemas con aqueles temas que chamamos transversais: educación para a paz, educación para a igualdade, educación medioambiental, educación para o ocio, educación para o consumo responsable… • Buscade o acróstico de Lois Pereiro e outros que se escribiron ao longo do tempo. Escribide vós tamén algún. Que vos parece facer un libro só de acrósticos? • Lede o índice onomástico e dicide que poetas que non están en Poetízate incluiríades vós. • Realizamos unha visita guiada a un libro de poesía. A continuación tentamos «ler» un cadro; pode ser a ilustración dun poema ou unha pintura calquera, arredor da que podedes falar ou escribir un texto. • Poetízate é un imperativo, unha palabra creada polo autor. Iso tamén é poesía. Inventade outras . «Escríbete» pode equivaler a autobiografiarse en verso, non si? • A palabra «poetízate» non vos lembra á linguaxe publicitaria? Hai poesía na linguaxe publicitaria? • Realicemos unha audición de poemas musicados. Amancio Prada, Dios Ke Te Crew, Astarot, Marful, Lamatumbá, Xabier Díaz, Voces Ceibes, Milladoiro poden resultar axeitados. • Relacionade algúns poemas con cancións. Relacionade poemas co tempo atmosférico: un poema para ler un día de chuvia, para unha mañá soleada, para un ceo anubrado… (non sempre apetece o mesmo).


• Hai «minipoemas», é dicir, poemas contundentes dun ou dous versos. Atopade algún máis. • Pódeselle facer un poema a calquera cousa, desde a máis excepcional á máis cotiá. Probemos a facerlle, por exemplo, unha oda ao cepillo de dentes, á lavadora Balay, á luva da man dereita… • No libro Poetízate hai dous poemas que fan referencia a Penélope. Buscádeos e repasádeos. Comentade, a continuación, todo o que saibades deste personaxe mítico e, finalmente, será preciso que lembrades a canción de Serrat que leva ese título. • Averiguade cal é o significado de «Penélope» para os poetas dos anos 90. • A poesía é linguaxe sintética, densa. Léndoa, ás veces, cáese na conta de «verdades» fundamentais. Cal recolleriades do poema de Pimentel das páxinas 32 e 33? • Houbo un poeta que escribiu «A poesía é unha arma cargada de futuro». Ti que cres que quere dicir o autor? Busquemos o autor e o tempo histórico no que foi escrito. • Neotrobadorismo. Hai algún poema escrito á maneira medieval, como se fose unha cantiga de amor ou de amigo. Localizádea e escribide algunha seguindo o xeito. • Observemos o poema de Yolanda Castaño da páxina 184 e expliquemos ata onde chega o abecedario. DESPOIS DA LECTURA: • Lemos o Limiar e a Visita guiada conscientes de que está escrita en segunda persoa, polo tanto, dirixida a cada un de nós, os lectores. • Ás veces os títulos dos poemas achegan claves que nos axudan á súa comprensión. Explicade algún deles. • A reflexión sobre Galicia é imprescindible nunha poesía que é palabra identificadora e de recoñecemento do pro p i o. Credes que isto sucede noutras literaturas? Argumentade a resposta. • Elixide os poemas que máis vos gusten do libro e organizade entre todos un «ranking» do un ao dez. • Sigamos lendo poesía. Busquemos aquelas composicións que lle regalaríamos á nosa parella. • Lembremos cales son os sonetos que aparecen nesta antoloxía. Es capaz ti de escribir un? Busquemos outros sonetos famosos. • Rosa Serdio, unha profesora asturiana, fala de tirar a poesía pola fiestra. Cando queren conmemorar algo relacionado con ela, escríbena en longos papeis de embalar e cólganos das ventás do colexio; desta maneira non só eles a gozan senón tamén todos os que pasan por diante e se preguntan a que vén todo iso. Nunca é tarde para comezar a facelo ou buscar outras maneiras de dala a coñecer. • Tamén estamos a tempo a recoller aquel costume, practicado polos nosos maiores, de regalar libros de poesía ou simplemente poemas escritos de puño e letra. • Sería interesante seguir lendo as obras daqueles poetas que máis nos gustaron. Unha antoloxía serve para iso, para descubrir novas voces e poder seguir léndoas. • O autor da antoloxía, Fran Alonso, tamén é poeta. Coñeces algúns dos seus poemas?

7


8

Pedidos a:

C o m e rci al Gr up o A naya Po l í g o n o d e B e rg o n d o 1ª Tr avesí a - Pa rcela B1 15.165 Bergondo (A Coruña) Te l f. : 981 795 656 / Fa x : 981 795 660

XERAIS Doutor Marañón, 1 2 . 36211 V i go A p a rtado Postal 1446. 36200 V i go Te l é fonos (986) 21 48 88 - 21 48 80 Telefax: (986) 20 13 66 Correo electrónico: xerais@xerais.es http: //www.xerais.es/

EDICIÓNS X E R A I S DE GALICIA © Pilar Sampedro e Maruxa Caamaño, 2007 © Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2007 Depósito legal: VG 58-2007

Actividade. Poetízate.  

Actividades sobre a obra propostas pola editorial Xerais.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you