Programa Abono nº 10 temporada 11-12 OSG

Page 18

temporada 11-12 programa 10

nas dúas xiras de Reino Unido. A súa actuación, dirixida por Lawrence Evans, foi considerada como un dos momentos culturais álxidos do ano polo Daily Telegraph. En recital, Marwood realizou unha xira coas obras completas de Stravinski para violín e piano, con Thomas Adès ao piano. Gravada por Hyperiony publicada en 2010, a súa actuación foi loada polas súas «luces e sombras habilmente caracterizadas» (BBC Music Magazine) e «infinitas sutilezas» (The Times). Marwood e Adès foron presentados polo violonchelista Steven Isserlis nun aclamado recital no Zankel Hall do Carnegie Hall a temporada pasada, cun programa que incluía obras de Janacek, Liszt, Poulenc, Ravel e do propio Adès. En 2010/11, Marwood e mais o seu colaborador habitual, o pianista Aleksandar Madzar, realizaron unha xira con obras de Schubert, Schumann e Brahms, que culminou cunha serie de tres concertos no Wigmore Hall. Marwood tamén toca o violín no coñecido Florestan Trio, co que realizou xiras internacionais, gañou o Royal Philharmonic Society Award e gravou a meirande parte do gran repertorio para tríos en Hyperion Records. Logo de dezaseis anos de excepcional actividade musical, o Florestan Trio anunciou a súa última temporada de concertos a comezos de 2011, que cerrou cun ciclo de celebración dedicado a Beethoven no Wigmore Hall de Londres en xaneiro de 2012. Actual director artístico da Irish Chamber Orchestra, Marwood ofreceu unha xira de doce concertos á fronte da Australian Chamber Orchestra, nos que tamén tocaba como solista, no outono de 2009. Na vindeira temporada, liderará e tocará como solista con Les Violons du Roy, o Scottish Ensembley e a Australian National Academy of Music. Como profesor, Marwood participa no Yellow Barn Festival en Vermont, EUA. A Royal Philharmonic Society nomeou a Anthony Marwood «Instrumentista do Ano» en 2006. Toca un fermoso violín Carlo Bergonzi de 1736, amablemente adquirido por un sindicato de compradores.

18

programa 10_02.indd 18

01/02/12 10:43


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.