Suxestións de lectura ESO (literatura de medo)

Page 1

Pasándoo de medo... co medo Suxestións de lectura para ESO Especial de Nadal 2015 Biblioteca do CPI de San Sadurniño


"¡Sea esa palabra nuestra señal de partida pájaro o espíritu maligno! ­le grité presuntuoso. ¡Vuelve a la tempestad, a la ribera de la Noche Plutónica. No dejes pluma negra alguna, prenda de la mentira que profirió tu espíritu! Deja mi soledad intacta. Abandona el busto del dintel de mi puerta. Aparta tu pico de mi corazón y tu figura del dintel de mi puerta. Y el Cuervo dijo: Nunca más." Edgar Allan Poe, El cuervo


1 º ESO E 2º ESO BARREIRO LIZ, Xabier, A pantasma telefónica, Baía Edicións. A fantasma aparecía de novo... Malia ter pensado que poderían illala, agora aparecía no móbil e no ordenador.

¡Socorro! (12 cuentos para caerse de miedo) , Alfaguara. BORNEMANN, Elsa,

Un libro de contos cun prólogo asinado por Frankenstein semella moi aterrador, coma poderás comprobar... COSTAS, Ledicia, Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais. Román quería ser chef, así que lles pediu aos seus pais un curso de cociña. Non podía sospeitar que o curso viña acompañado dunha cociñeira defunta... DOCAMPO, Xabier P, Cando petan na porta pola noite, Xerais. (+ 13 anos) Catro relatos de misterio que nos lembran o medo de andar por unha carballeira chea de sombras ou pola neve... FERNÁNDEZ PAZ, Agustín, Cartas de inverno, Xerais. (+ 13 anos) Xabier Louzao volve a Galicia despois dunha estadía en Québec e atopa as desesperadas cartas que o seu amigo Hadrián lle escribira... GISBERT, Joan Manuel, Los caminos del miedo, Planeta­Oxford. Uns ollos de cristal, a irrestible atracción que exerce unha misteriosa fábrica en Amberes, unha maldición... LÓPEZ NARVAEZ, Concha, La sombra del gato y otras historias de terror, Alfaguara. Catro relatos de terror nos que os protagonistas se atopan metidos en situacións misteriosas e sobrenaturais: illas embruxadas, fantasmas, transformacións máxicas.


ZORN, Steven, Relatos de fantasmas, Vicens Vives. Oito contos de terror adaptados por Steven Zorn que abranguen dende o relato gótico de terror até a comedia terrorífica.

3º e 4º ESO FERNÁNDEZ PAZ, A neve interminable, Xerais. Un grupo de guionistas decide hospedarse nun solitario hostal na Fonsagrada para ver de escribir un guión e de repente... JAMES, M. R., Cuentos de fantasmas, Siruela. Os fantasmas agóchanse nos lugares máis inesperados: bibliotecas, trastendas de anticuarios, arquivos... IRVING, Washington, A lenda de Sleepy Hollow, Urco Editora. As lendas abundan no val de Sleepy Hollow, pero entre todas sobresae unha: a do Xinete sen Cabeza. LINDSEY, Joan, Picnic en Hanging Rock, Impedimenta. Unha merenda no campo tórnase en traxedia cando desaparecen tres rapazas e unha mestra en Hanging Rock, un maxestuoso rochedo australiano. MIRANDA, Xosé, As mans do medo, Xerais. Rexeneración dos corpos, labirintos, homes peixe... E unha man... Somérxete no medo con estes terroríficos catro relatos. SHELLEY, Mary, Frankenstein ou o moderno Prometeo, Galaxia. Víctor Frankenstein, un estudante suizo de medicina, vive obsesionado por coñecer os segredos do ceo e da terra e non dubidará en darlle vida a aquel ser... STOCKER, Bram, Drácula , Anaya. Jonathan Harker debe viaxar dende Londres a un castelo nos Cárpatos para atoparse cun conde...


VILA SEXTO, Carlos, Gárgola , Galaxia. Por que se repite sempre aquel pesadelo arrepiante? A resposta levará a Jeremy a emprender unha investigación que rematará por ser unha viaxe ao terror. VVAA., Los mejores relatos de terror llevados al cine, Alfaguara. Unha selección de clásicos do xénero: E. Allan Poe, W.W. Jacobs, H. P. Lovecraft, Arthur Machen... VVAA., Los mejores relatos fantasmagóricos, Alfaguara. Os fantasmas son os protagonistas destes relatos de Charles Dickens, Oscar Wilde, Gustavo Adolfo Bécquer, Rudyard Kipling...

E tamén... CALLEJA, Seve, Cuentos y leyendas de seres monstruosos, Anaya. Os monstros están presentes na literatura mundial, tal e coma Seve Calleja reflicte nesta selección: homes lobo, ogros, trasnos... CONAN DOYLE, Arthur, El perro de los Baskerville, SM. Unha terrible maldición semellaba perseguir aos Baskerville, pero Sherlock Holmes non era moi dado a asustarse por maldicións... FOLE, Ánxel, Á lus do candil, Galaxia. Anxel Fole recrea a literatura oral, os contos narrados a carón do lume nas longas noites invernais. LOVECRAFT, H.P.: Relatos de terror, Xerais. Lovecraft é un dos grandes innovadores da narrativa de terror que con el se enche de medos ancestrais... MIRANDA, Xosé e REIGOSA, Antonio, Arrepíos e outros medos, Xerais, Miranda e Reigosa recompilaron cen historias de terror e fantasmas tiradas da literatura oral galega: lobos, bruxas, demos, trasnos, ánimas...


HOFFMANN, E.T.A, Nocturnos, Anaya. A noite é o fío condutor destes relatos do escritor romántico alemán E.T.A Hoffmann: aparecidos, fenómenos sobrenaturais... MUÑOZ PUELLES, Cuentos españoles de terror, Oxford. Unha selección de contos de medo de autores de fins do XIX e principios do século XX nos que poderás atopar aparecidos, o diaño... POE, Edgar Allan, O escaravello de ouro e outros relatos, Xerais. Angustia e terror mesturados cunha atmosfera de opresión psicolóxica caracterizan os contos de terror dun dos grandes mestres desta narrativa. POE, Edgar Allan, El gato negro, Anaya. Once dos relatos máis coñecidos e aterrecedores do escritor de Boston... Mares tenebrosos, espazos pechados e un misterioso gato... VV.AA, Contos de fantasmas, Tris Tram. Unha manchea de fantasmas poderás atopar nesta antoloxía de contos escritos por Walter Scott, Dickens, Poe ou Henry James.

E coma non: álbums e banda deseñada D. Muñoz, T. Cons e J. Montes, A mansión dos marmurios, El Patito

Editorial. MOXOM, O lobo da xente, BD Banda. (Colección Vicente Risco). SEIJAS CRUZ e FERNÁNDEZ PAZ, Agustín, Cartas de inverno, Xerais. SHELLEY, Mary, Frankenstein, La Galera.

STEVENSON, Robert Louis, El extraño caso del doctor Jekyll y Mr. Hyde, Nórdica. VV.AA., Gritos y escalofríos, Juventud.


“Mais en algo teño que ocupar as inacabables horas do día para non deixarme arrastrar pola desesperación ou polo medo.” Agustín Fernández Paz, A neve interminable


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.