ESPAZOCERO - Libro

Page 1

Tania Costado Moreira RaĂşl Constela Lorenzo


Este libro foi rexistrado a nome de Raúl Constela Lorenzo e Tania Costado Moreira co código 1303254827140 de SafeCreative 2012. Quedan reservados todos os dereitos de explotación, reproducción e difusión da obra. Todas as fotografías contidas nesta publicación pertencen aos seus autores e están rexistradas en SafeCreative 2012. Queda prohibida a copia difusión e uso fora deste documento sen o permiso expreso dos seus autores. Os textos contidos nesta publicación pertencen aos seus autores e están rexistrados en SafeCreative 2012 como parte deste documento, o seu uso para outras fins queda reservado á decisión dos seus autores.




Tania Costado e Raúl Constela presentan Espazocero, un estudo sobre o espazo fotográfico no que comezaron a traballar a fins do ano 2011. Este proxecto inclúe tamén unha fotografía que Helena Constela aporta á serie como fotógrafa invitada. A amizade que os une foi evolucionando tamén pola banda profesional e atopáronse de novo na mesma facultade. Levan xa 6 anos a colaborar en todo tipo de proxectos, a compartir as súas paixóns e os seus coñecementos. Espazocero é a súa primeira serie fotográfica exposta. Dende hai dous anos, tamén traballan no proxecto Enero en la playa unha serie de fotografía de paisaxe que pretende ofrecer unha visión do mar e do seu entorno nos meses de frío e humidade, unha face completamente distinta da que adoitamos ver. O traballo Espazocero conta coa colaboración do fotógrafo Anxo Cabada e do escritor Adolfo Caamaño aos que agradecemos fondamente o seu apoio.



“Mirar a vida desde unha ventá foi o primeiro tema fotografado xa hai case douscentos anos. A exposición era tan longa que apenas se perciben figuras humanas, había a necesidade de ensinarnos outros espazos, de amosarnos outras realidades. Hoxe a fotografía, debido ao seu espallamento, xa case non é documental. É mais ben unha autobiografía. Neste traballo fotográfico non hai nin homes ,nin mulleres. Atopamos ventás, texturas, cores, subterráneos, tempo, calma, luz, non lugares… Só a presenza dunha sombra-autorretrato- como un sinal de autenticidade, querendo dicir, nós estamos aí, hai unha parte da nosa vida en todos eses espazos. A ventá dá a idea dunha mirada, dunha maneira de ver, coma se representase a fronteira entre os mundo exterior e interior, nesta serie de Tania e Raúl, as ventás volven ser o principal tema fotográfico, pero eles xa están ao outro lado, saltaron a ventá, e están dispostos a contarnos a vida, a través das imaxes, non coma espectadores senón coma auténticos protagonistas...”

ANXO CABADA



Fotografar a aura dos obxectos sería como insuflarlles alma ás paredes e ás columnas, ás portas e ás ventas, ás mesas e cadeiras derrelictas no mar de xente urbano. Onde está o home nestas micro-paisaxes acotadas especialmente humanas? Ou humanamente especie que se vai desterrando da propia realidade que crea ou modifica? Semella que existe un Ying e un Yang das cores na cámara escura dun tempo varado no seu prebe críptico, onde a luz está contida como algo que acaba de nacer ou de morrer, coma se o home estivese para entrar en escena dun momento a outro, ou viñese de abandonar ese mundo obxectual sumamente contemporáneo. Xa existía unha cor –Ou era acaso unha leda dor existencial?imposiblemente humana nas Praias baixo o asfalto de Madrid. E había unha pátina de matriz primixenia nos Elements dunha Barcelona achinada polos elementos esenciais, auga, aire, terra, xa industrializados en madeira e ferro no imaxinario chinés do sacrosanto espíritu do esforzo no traballo entendido como unha especie de sacrificio nazareno. O Espazo Cero da Galaxia Daguerre foi resurrecto, unha vez máis: o eterno devir iconográfico co que vén xirando un mundo hiperhumanizado, codificado até a saciedade, Saturno devorador e fillo devorado polo diluvio de imaxinerías que produce. Series de calotipos dixitais con simbolismos á vez negativos e positivos, convértense nun periplo cromático polo tánatos e o eros dos obxectos no collage millonésimo dos píxeles, os picture elements con que o futuro dixitalmente nos fustiga e nos libera asemade de toda materia que posuamos, e de todo obxecto que creemos. A Nebulosa Kirsch recolle o testemuño e segue producindo fermosuras, porque detrás da máquinaollo hai miradas mozas, Forever Young!, que non perdoan a fealdade e teiman en transformala en visións de beleza. Grazas a elas viaxamos do noso negativo ao positivo noso, regresamos outra vez do Tánatos ao Eros e viceversa, gorentosamente humanos.

ADOLFO CAAMAÑO



TANIA COSTADO Interesada polo mundo fotográfico dende a nenez, Tania Costado Moreira (Pontevedra, 1993) converteu a súa paixón nun obxectivo profesional e persoal. O gran cambio aconteceu na etapa do instituto cando a agasallaron coa súa primeira cámara e algunhas das súas fotografías foron seleccionadas para a mostra colectiva Elements (Barcelona 2008). Nela, fotógrafos profesionais e afeccionados amosaron a súa visión dos cinco elementos da antiga China. O seu crecente interese levouna a estudar Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, onde actualmente está a dar os seus primeiros pasos profesionais. Nestes anos de Universidade Tania traballou como fotógrafa na campaña Pontevedra Cidade Solidaria coa Infancia, na campaña política de ORANCH (proxecto académico) e cubriu eventos de distintos tipos. No seu último traballo, un videobook, Tania encargouse da dirección de fotografía.



RAÚL CONSTELA Afeccionado á fotografía dende pequeno, Raúl Constela Lorenzo (Ferrol 1991) comeza os seus primeiros proxectos profesionais durante os estudos de Grao en Publicidade e Relacións Públicas. O seu interese polo visual foi aumentando e conta actualmente con dúas series fotográficas. A paisaxe contemporánea recollida en La Playa Bajo el Asfalto (2010) amosa a través de imaxes a relación do home co mar e MADRID·MADRID (2011) é un sobranceiro traballo de fotografía urbana sobre a cidade que foi recomendado por TurismoMadrid, EsMadrid e polo boletín de ocio Viviendo Madrid. Ao longo destes anos tamén colaborou cubrindo actos da asociación Os Palleiros, da Fundación Meniños e de Creatividade Galega. A piques de rematar os seus estudos, Raúl vive en Madrid, onde traballa como Director de Arte na axencia publicitaria JWT.































FotografĂ­a de Helena Constela Lorenzo



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.