Biblioteca CPI da Cañiza
Biblioteca CPI da Cañiza
TAREFAS DE BIBLIOTECA
PRÉSTAMO
Presentación da biblioteca a todos os alumnos do Centro.
Será recomendable o uso do carné para o servizo de préstamo. Non se lles farán carnés novos aos alumnos que os perdan.
Préstamo. Rexistro de libros novos. Modificación de CDU antiga. Ordenar e colocar o material tanto na biblioteca como no recuncho de lectura. Controlar que o recuncho sexa só para a lectura. Controlar que a biblioteca sexa un lugar de estudo ou lectura, para traballos en grupo teñen a zona de traballo exterior. Elaboración de actividades de fomento e dinamización, entre outras a exposición do día do Libro.
O carné é persoal e non se realizará préstamo aos intermediarios. Para a casa: •
Tres libros por un prazo de 15 días prorrogables.
•
CDs e DVDs, préstamo dunha fin de semana.
Para as aulas: O profesorado poderá levar un lote de libros de lectura ou de consulta. O prazo de préstamo será o que considere o profesor que o leva. A devolución do material deberá realizarse no tempo fixado; “perseguiremos” aos morosos: •
Excederse nunha semana sancionarase cun mes sen préstamo; excederse en dúas, suporá unha sanción dun trimestre e excederse en tres conlevará unha falta de orde e a comunicación á familia.
•
A perda ou deterioro do material resolverase coa reposición do mesmo e cun mes de suspensión no servizo.
•
Coa acumulación de tres sancións durante o curso, perderase definitivamente o dereito ao servizo de préstamo.
Aconsellar ao alumnado sobre lecturas. Deseño de actividades para as distintas conmemoracións. Lectura dos libros do mes que correspondan e elaboración das preguntas. Ás veces, máis das que nos gustaría, recoller papeis, ordenar sillas... Chegar aos compañeiros do claustro. Dinamizar Biblogcaniza cargándoo de contidos.
Poñer nos libros un papel que recorde a data de devolución.