proxectoaller.com

Page 1

proxectoaller.com

Ramón María Aller Ulloa unha vida dedicada á ciencia

D. Ramón nunha imaxe de arquivo de El Correo Gallego


Ramón María Aller Ulloa naceu en Donramiro, concello de Lalín, en 1878, no seo dunha familia fdalga, sendo o primeiro de 14 fllos. Estudou bacharelato no Colexio dos Xesuítas de A Guarda e fxo os estudos de teoloxía nos Seminarios de Lugo e Santiago de Compostela, ata 1898. En 1899 comezou os seus estudos de Ciencias Exactas na Universidade de Oviedo, que rematou en Madrid en 1904. En 1912 publica o seu primeiro traballo astronómico “Observaciones del cometa de Joannesburgo 1910a”, no Anuario do Observatorio de Madrid. Entre 1911 e 1920 pasa longas tempadas estivais no Observatorio de Ocharán, en Castro Urdiales.

unhas pinceladas

En 1917 comeza a construción do seu observatorio na casa de Lalín. Publica unha obra de matemáticas, titulada Algoritmia, en 1918. En 1928 ingresa no Seminario de Estudios Galegos, e nos seus Arquivos publica o “Programa del Observatorio de Lalín”, en 1932. En 1930 comeza a publicar os seus traballos sobre estrelas dobres na revista alemá Astronomische Nachrichten, a principal revista astronómica europea. En 1935 calcula a órbita da estrela binaria ST 77, sendo a primeira medición deste tipo que se realiza en España.


Profesor na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago, dende xaneiro de 1940. En 1942 convértese en membro da Real Academia Galega. En 1943, presenta o seu libro Introducción a la astronomía, editado polo CSIC, institución da que é nomeado vocal. Tamén en 1943 se realiza a construción do Observatorio da Universidade de Santiago, que el fundou, do que foi director e que agora leva o seu nome. En 1948 é nomeado membro da Comisión 26, encargada do estudo das estrelas dobres, dentro da Unión Astronómica Internacional.

Publicación do seu libro Astronomía a simple vista, en 1948.

biográfcas

En 1949 é nomeado Catedrático Extraordinario de Astronomía pola USC. En 1960 o estado concedeulle a Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio, e foi nomeado Fillo Predilecto de Lalín. Falece en Lalín en 1966, aos 88 anos de idade. En 2011 dedicóuselle o Día do Científco Galego, promovido pola Real Academia Galega de Ciencias. En 2014 presentouse a biografía: Ramón María Aller Ulloa. Astrónomo e matemático, de José Ángel Docobo Durántez, coincidindo co 50 aniversario da súa morte.


proxectoaller.com Sacerdote, matemático, astrónomo, profesor… Foi un investigador dedicado e cunha enorme cultura. Dominaba dez idiomas. Ao longo dos anos, Ramón Aller chegou a descubrir ata catro estrelas dobres, que hoxe reciben o seu nome. Hoxe en día, varias rúas galegas, como as de Lugo, Vigo, Lalín, Carballiño, A Coruña ou Ribeira, un instituto de Secundaria, o de Lalín, un Museo, tamén de Lalín, e un Observatorio, o da Universidade de Santiago, levan o seu nome.

Os integrantes do equipo de proxectoaller.com


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.