@FIESTRA_2

Page 1

@FIESTRA REVISTA DIXITAL ESCOLAR de MONTECASTELO

Nº2 marzo 2015

Na inal do Young Business Talents

FOTO: Javier Arcas

O equipo “MLS”, formado por alumnos de 2º de Bacharelato de Montecastelo, clasiicouse para a inal da 4ª edición da fase nacional do certame, que se disputará o venres 24 de abril en Madrid.

1


COLEXIO Jorge González Alconchel & Álvaro Núñez González-Babé

Unha xornada en Montecastelo O pasado 30 de xaneiro, os Colexios de Fomento de Vigo celebraron unha nova edición do seu xa tradicional “Open Day”, unha xornada de portas abertas a todas as familias de Vigo.

Un dos proxectos expostos no Open Day foi o English Advanced Project. Os programas dun trimestre en Irlanda e un trimestre en Chicago foron explicados graicamente polo testemuño de varias familias que participaron neles no presente curso.

Alumnos explican proxectos cientíicos

Os asistentes ao Open Day puideron tamén atender ás explicacións de varios alumnos que mostraron algúns dos proxectos de investigación cientíica nos que están traballando, como os presentados a Galiciencia.

Alejandro Sáenz prepara o “cofee break”

2


CURIOSIDADES CIENTÍFICAS Juan Varela Toucedo & Daniel Filgueira Santos

Un mundo sen chocolate? Os investigadores airman que o cacao no mundo está acabándose rapidamente debido ao exceso no seu consumo.

Plantación de cacao en Colombia

O crecente gusto polo chocolate en Asia, particularmente en China, está a provocar que os fabricantes empreguen menos cacao nos seus produtos para poder manter a exportación.

cultores están vivindo con menos de 2€ ao día. As empresas produtoras, para facer fronte a este panorama crítico, non só modiicarán os tamaños dos seus produtos, senón que ademais buscarán suplir a falta de cacao con outros ingredientes.

Coa crecente demanda, os prezos do chocolate aumentarán nos vindeiros anos de maneira considerable. Prevese que a demanda de cacao será insostible para o ano 2020, a menos que se tomen medidas para axudar ás comunidades produtoras dos países subdesenvolvidos. A maioría das plantacións de cacao están situadas ao longo da costa occidental de África, onde moitos agri-

Extracción e preparación do cacao

3


CURIOSIDADES ARTÍSTICAS Juan Varela Toucedo & Daniel Filgueira Santos

Pónselle prezo ao cadro máis caro do mundo A familia real de Catar pagou 250 millóns de dólares (191,6 millóns de euros) por Os xogadores de cartas, cadro de Paul Cézanne. A venda, que supón un novo récord no mundo da arte, converte ao cadro no máis caro da Historia. O lenzo, que retrata a dous xogadores, pertence á época de madureza do artista, na que Cézanne produce as súas principais obras. O cadro máis caro ata o momento era o lenzo Number 5, de Jackson Pollock, vendido pola cantidade de 140 millóns de dólares.

Os xogadores de cartas (Paul Cézanne)

Darémoslle vida a un dinosauro? Se a idea se lle ocorrese a calquera outro, seguramente non merecería nin unha soa liña de comentario. Pero o seu máximo impulsor é Jack Horner, da Montana State University, un dos paleontólogos máis prestixiosos do mundo; o que cambiou a nosa forma de ver os dinosauros; o que demostrou que, como as aves, eran criaturas sociais; o cientíico, ademais, en quen se inspirou Steven Spielberg para facer "Parque Xurásico". E resulta que, como na famosa película, Horner está completamente decidido, desde hai xa varios anos, a devolver á vida a un dinosauro.

O paleontólogo visitou Madrid para tomar parte en "O ser creativo", o III Congreso de Mentes Brillantes, no que participa xunto a outros vinte cientíicos das máis variadas disciplinas do coñecemento.

O paleontólogo Jack Horner

4


AS OUTRAS CARAS DO DEPORTE Bernardo Borrajo Ruiz & Alejandro Sáenz Egerique

O deporte que naceu do inverno O canadense James E. Naismith traballaba como monitor de educación física na Escola de Adestramento da Asociación de Mozoa Cristiáns, en Springlield. Debido ao frío e ao mal tempo que sufrían no inverno, o 15 de decembro de 1891 ideou unha actividade deportiva para realizar dentro das aulas. Cravou dúas cestas para colectar duraznos nos extremos opostos dun ximnasio, logo preparou unhas regras simples e así creou o que hoxe en día coñecemos como baloncesto.

Un profesor de ximnasia decidiu crear un xogo para poder facer educación física nas aulas. E ese xogo foi o xerme do baloncesto.

Marc Gasol e Pau Gasol na NBA

Quen dixo que gañar era bo? O equipo San Bernardino Arroyo Valley gañou 161-2, provocando unha forte controversia nos Estados Unidos.

Sancionan a un adestrador ao gañar o seu equipo 161-2. "Non quería avergoñar a ninguén", dixo. Ábrese o debate: premio pola vitoria ou sanción por actitude antideportiva?

De momento, o adestrador, Michael Anderson, está sancionado con dous partidos: "Non quería avergoñar a ninguén. Non esperaba que o meu equipo fose xogar así de ben". "Creo que logramos cruzar o medio campo unhas catro veces", dixo o técnico de Bloomington trala derrota. "Anderson é un bo adestrador, pero eticamente sabe que o que ixo non estivo ben".

O marcador da discordia

5


CRÍTICA de CINE & LITERATURA Ángel Barrio Fernández

A vida é bela País: Italia. Ano: 1997. Duración: 117 min. Director: Roberto Benigni. Reparto: Roberto Benigni, Nicoletta Braschi, Giorgio Cantarini, Marisa Paredes, Giustino Durano, Horst Buchholz, Sergio Bini Bustric. Música: Nicola Piovani. Argumento En 1938, a punto de estalar a 2ª Guerra Mundial, Guido chega a Toscana coa intención de abrir unha libraría. Alí coñece a Dora e casa con ela. Pouco tempo despois, teñen un illo.

O cartel do ilme

Valoración A película pareceume un pouco triste polo inal, pero é moi orixinal. Destacaría, sobre todo, como relata o sacriicio e a imaxinación do pai para facerlle crer ao illo que estaban nun concurso, e non nun campo de concentración alemán.

Ao estalar a guerra, os tres son internados nun campo de exterminio nazi debido á súa orixe xudía. Alí Guido fará o imposible para facer crer ao seu illo que a súa terrible situación é tan só un xogo.

A posta en escena, a ambientación e o guión sorprendéronme moito. Por iso, recoméndolla a calquera persoa que queira lembrar que, por riba de toda a maldade, a bondade do ser humano é un motivo para a esperanza.

Premios O ilme foi nomeado a 7 Óscars, dos cales gañou 3: mellor actor (Benigni), mellor película de fala non inglesa e mellor banda sonora (Nicola Piovani).

6


QUE SABES DE GALICIA? Humberto Pereira Castro e Pablo Lomba Martínez

San Dámaso I, o Papa galego San Dámaso I (que, en latín, signiica 'domador') foi o trixésimo sétimo Papa. Naceu no 304 en Gallaecia. Foi Papa desde o ano 366 ata a súa morte no ano 384. O seu é o décimo oitavo papado máis longo con 18 anos, 2 meses e once días. A súa onomástica é o 11 de decembro e é o santo patrón da arqueoloxía e dos arqueólogos. Foi o creador da doxoloxía “Gloria ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo...” e ordenou a tradución da Biblia ao latín (a célebre “Vulgata”).

San Dámaso I (304-384)

Gallaecia, o primeiro reino europeo Entre os anos 407 e 410 d.C. chegan a Gallaecia varios miles de xermanos da tribo sueva, asinan un tratado co Imperio Romano e asumen o control político deste territorio. Durante case 200 anos, a dinastía real sueva gobernou eicientemente o reino, creando un sistema monetario nacional galaico, unha igrexa nacional galaica e unha política exterior de alianzas estratéxicas con Borgoña e Constantinopla, no Imperio Romano de Oriente.

Mapa do reino de Gallaecia

A dinastía sueva perdeu a coroa cando o Rei Andeca de Gallaecia foi derrotado en batalla polo rei visigodo Leovixildo, no ano 585.

7


@ENTREVISTA Fernando Lorenzo Martínez

“Antes de ir ao estranxeiro, fai falta ir preparado e sabendo xa algo de inglés” Don Gerardo Fernández Blanco, profesor de inglés do colexio, é licenciado en Filoloxía inglesa. Entre as súas afeccións destacan a historia da música e a natación. Con el tivemos a seguinte conversa... ¿Como aprendeu inglés? Aprendín inglés grazas ao esforzo persoal. O que recibía na aula non era suiciente e comecei a estudar inglés aos dez anos. Tiven a sorte de recibir a tele portuguesa e ver as películas en inglés.

¿E o que menos? Cando os alumnos pensan que poño moitos traballos e non consigo que entendan que é polo seu ben.

¿Foi algunha vez ao estranxeiro? Si. Estiven en Inglaterra, dando clase e aprendendo e mellorando o inglés. Antes de ir ao estranxeiro fai falta ir preparado e sabendo xa algo de inglés.

¿Fala algún outro idioma? Si. Falo portugués, alemán e galego, o primeiro idioma que aprendín foi o portugués, porque meus pais tiñan unha tenda en Portugal. O alemán aprendino ao pasar un ano en Alemaña, grazas a unha beca.

¿Por que decidiu ser profesor? Non o decidín, a vida levoume por alí e gústame axudar aos demais, pero con dez anos non pensaba en ser profesor

¿Pode contarnos algunha anécdota? En Inglaterra, 2 ou 3 nenos decidiron roubar dúas camisetas nun centro comercial e falei coa policía para que os soltaran e non lles abriran expediente. En Inglaterra son moi estritos!

¿Deu clase nalgún outro colexio? En España, só no colexio Montecastelo, pero en Inglaterra en dous colexios máis que tamén eran relixiosos. ¿Que é o que máis lle gusta de ser profesor? O feito de poder ensinar e facer que o alumno aprenda; así síntome útil para a sociedade.

¿Ten algún proxecto para o futuro? Seguir aprendendo como profesor e mellorando na docencia. E dar clases en alemán e portugués.

8


CONCURSO DE LECTURA A Redacci贸n

9


CÓMIC: ULISES E AS SEREAS (I) Gonzalo Sánchez-Gamboa Díez

Na materia de Lingua Galega en 1º ESO, os alumnos debían facer unha adaptación da pasaxe de Ulises e as sereas, pertencente á Odisea (Homero, s. VIII a.C.)

10


CÓMIC: ULISES E AS SEREAS (II) Gonzalo Sánchez-Gamboa Díez

11


@CONTRAPORTADA O EQUIPO DE REDACCIÓN DE @FIESTRA

Os nosos redactores traballando ao 100% dende o primeiro día

O lobo ¡Cousos do lobo! ¡Cavorcos do xabaril! ¡Eidos sós onde ninguén foi nin ha de ir! ¡O lobo! ¡Os ollos no lombo do lobo! Baixa o lobo polo ollo do bosque Movendo nas pólas dos teixos Ruxindo na folla dos carreiros En busca da valgada máis soa e máis [medosa... Rastrexa párase e venta inca a pouta ergue a testa e oulea coa noite na boca... Uxío Novoneyra

Ilustración de Rubén Moledo González

12


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.