@FIESTRA nº1 NOV'13

Page 1

@FIESTRA REVISTA DIXITAL ESCOLAR de MONTECASTELO

Nº1 novembro 2013

Impulso definitivo ao deporte en Montecastelo

FOTO: Carlos Sabater Vernís

Xa temos un novo campo de fútbol para os novos equipos das distintas categorías, unha nova pista de atletismo, un 'ximnasio' no pavillón, un novo pavillón... ¡A verdade é que o campo ten unha pinta fantástica! 1


COLEXIO Carlos Sabater Vernís & Sebastián González Puga

Un amplo abano de Actividades Complementarias Unha das novidades deste curso son as Actividades Complementarias. Cada alumno pode escoller unha por trimestre e estas van rotando unha vez pasado este período. Hai X actividades para elixir, entre as que escollemos o Proxecto Galiciencia e o Concurso Young Business Talents.

Os alumnos de 3º da ESO farán un estudo sobre o comportamento dos rato ante obstáculos e diferentes desafíos. Algo novo, xa que non se presentaron proxectos con mamíferos ata agora en Galiciencia. Pola súa banda, os alumnos de 2º da ESO queren conseguir que a auga non se evapore no deserto, empregando unha substancia que forma parte dos cueiros dos bebés. En Young Business Talents, os alumnos toman contacto co mundo empresarial a través da simulación dunha empresa a nivel rexional, nacional e internacional. Dirixidos por D. Francisco Cespón, optan a 21.200 euros en premios e un diploma: Vídeo en TVE

2


CURIOSIDADES CIENTÍFICAS Juan Bas Fernández & Pablo Posada Constenla

Gravan un impresionante tornado de lume A lapas de lume, duns 30 metros de altura, son capturados en Australia por un cineasta que estaba a buscar localicacións para unha película. Estes fenómenos poden destruír árbores de ata 15 metros de altura. A impactante grabación gravación do pode verse actualmente en enlace: Youtube, no seguinte vínculo: Tornado lume Tornado de lume

Novo reloxo intelixente de Samsung O novo Samsung Galaxy Gear está a revolucionar as novas tecnoloxías, superando ao seu gran competidor, Apple. Este “smartwatch” é moito máis ca un reloxo. É un dispositivo que maximiza o uso do smartphone, pois avisa das chamadas e as mensaxes recibidas. Ademais, posúe unha cámara para tomar fotos e vídeos.

Vídeo sobre o Galaxy Gear 3


CURIOSIDADES ARTÍSTICAS Juan Bas Fernández & Pablo Posada Constenla

Achan unha estatua de Ramsés II con máis de 3000 anos de antigüidade A peza foi atopada durante unhas escavacións no santuario de Bastet, a 85 quilómetros ao nordés do Cairo. Mide 1,95 metros de longo por 1,60 de ancho e é de granito vermello.

Falecemento de Manolo Escobar O famoso cantante de copla, Manolo Escobar, morre aos 82 anos na cidade de Benidorm, Alacante, tras unha longa enfermidade. Manuel García Escobar naceu o 19 de outubro de 1931 no Egido, Almería. É o quinto dunha familia de dez irmáns. O seu pai, Antonio García, proviña do campo. Tamén foi comerciante e ata empresario cinematógrafo: montou o primeiro cine da aldea. A nai era ama de casa. Ao seu pai tamén lle gustaba a música e facilitoulles aos seus fillos o cultivo desta arte. Desde moi pequenos, aprenderon a tocar a guitarra ou o laúde. O seu irmán Baldomero erixiuse en xefe da compañía, e xunto a Salvador e Manolo comezaron a actuar en festas e vodas baixo o nome artístico de "Os Nenos de Antonio García". Xa entón, o neno Manolo soñaba con ser cantante... 4

Vídeo da noticia


CRÍTICA de CINE & LITERATURA Jorge Villarino Moruja

Os Xogos da Fame Suzanne Collins, a súa autora, di que a idea da novela lle chegou cando leu a historia de Teseo, da mitoloxía grega.

A actriz Jennifer Lawrence dá vida a Katniss no filme

Argumento

Opinións

Nun futuro remoto, a poboación americana está aterrorizada por terremotos, inundacións e máis catastrofes e, como solución, pide axuda ao Capitolio. O Capitolio, a cambio desa axuda, pon aos cidadáns a condición de que despois traballen para el, divididos en 13 distritos, cada un especializado nun tipo de traballo: a agricultura, a pesca, a minería... Cando xa están fartos dun traballo próximo á escravitude, os distritos inician unha rebelión contra o Capitolio, que é esnaquizada polo Capitolio co bombardeo do distrito 13. Como castigo pola rebelión, cada ano o Capotolio escolle un neno e unha nena de cada distrito para que loiten entre eles, nos chamados "Xogos da Fame", até quedar un só, ao que lle outorgan fama e riquezas. A protagonista, Katniss Everdeen, vive no distrito 12 e fálanos sobre a súa vida en Panem e a súa loita pola supervivencia nun mundo que está a piques de cambiar.

É un libro fantástico. Narrado en 1ª persoa pola potagonista da historia, Katniss, resulta realmente difícil deixar de lelo, do intrigante que é. Ademais, o mellor de cada capítulo é o final, xa que sempre remata co que menos se pode esparar. Recomendado para rapaces a partir dos 11 anos. “Unha trioloxía entretida e chea de intriga e acción” (Álvaro Millán). “Imposible separarse del” (Rubén Moledo). “O mellor libro que lin” (alumno de 4º da ESO).

5


GALICIA Julio César González Penela

Un Camiño en memoria de Ibai Unha nai peregrina de forma reivindicativa co osiño do seu fillo, un dos seis mortos nun accidente de tráfico.

Antontxu é un osiño moi especial. Probablemente sexa o único peluche que faga o Camiño de Santiago con credencial e compostela incluídas. O seu propietario foi Ibai, un neno de doce anos que perdeu a vida nun accidente de tráfico o 11 de agosto do 2012. O coche, no que viaxaba con outras cinco persoas, caeu nunha das esclusas da canle de Castela, en Palencia.

Despois do accidente, arranxaron o tramo de estrada que pasa sobre a canle de Castela e construíse unha ponte nova. Marga e Antontxu chegaron xa ao final do Camiño, pero a súa auténtica meta aínda queda lonxe. Con todo, a viaxe foi gratificante. Familiares e amigos acompañáronos en diferentes etapas e conseguiu repartir 7.000 chapas que agora viaxan polo mundo.

Vigo lanzará o seu segundo satélite ao espazo O Humsat-D viaxará a bordo do foguete Dnepr, que partirá desde Rusia o día 21 de novembro. O proxecto púxose en marcha coa colaboración da ONU e a Axencia Espacial Europea. O satélite terá unha vida útil de dous anos, durante os cales recollerá datos científicos. 6


@ENTREVISTA Juan Varela

“Sempre quixen ensinar e creo que se trata dun labor esencial na nosa sociedade” Don Patricio, o “Mestre”, é profesor de galego en Montecastelo e está casado. Encántalle espallar o galego entre os rapaces, pero non sempre o consegue... ¿En que universidade estudou? Estudei na Universidade de Vigo, tendo a honra de pertencer á 1ª promoción de Filoloxía Hispánica. ¿O seu primeiro emprego foi en Montecastelo? Non, antes estiven noutros sete centros, durante 5 anos. Tres deles públicos, en Ferrol, Burela e Vigo (CPI Celso Emilio Ferreiro, en Coia). Tamén traballei en catro centros privados en A Rúa, O Porriño e Vigo. ¿Cantas fotocopias imprime ao ano? Son incontables (eu non levo a conta). Seguramente se podería facer unha desas comparacións que saen nos libros de récords: “Coas fotocopias do mestre cubriríase toda a superficie da Antártida”, por exemplo, ou: “O mestre destruíu a superficie forestal equivalente a un grao do quecemento global do Planeta”.

¿Cal foi a mellor promoción? Non sabería dicilo. Houbo varias moi boas no aspecto académico, pero, en xeral, hai que dicir que todas elas, dun modo ou outro, levan algo valioso dos seus profesores e do seu colexio. ¿E a peor? Supoño que a peor sempre está por chegar e nunca chega, aínda que algunhas veces hay promocións que me fan dubidar.

¿Cal foi o peor castigo que puxo? O peor castigo non son as copias ou as tardes de estudo, como podería pensarse. O peor castigo que se pode impoñer a un alumno é a indiferenza: así que os castigos sí, pero con agarimo.

¿Deixaría de ser profesor se lle ofrecesen máis cartos noutro emprego? A verdade é que non. Sempre quixen ensinar e creo que se trata dun labor esencial na nosa sociedade: é moi satisfactorio tratar con persoas, tratar de formalas e ver como melloran ano a ano.

¿Que pensou a primeira vez que un alumno lle chamou “Mestre”? Pois pensei que herdaba un cargo cunha etiqueta, pois era a maneira en que os alumnos do Colexio se dirixían ao anterior profesor.

A entrevista mola, ¿eh? A entrevista si, o entrevistador xa é outro cantar... ¡Un cero!

7


@CONTRAPORTADA O EQUIPO DE REDACCIÓN DE @FIESTRA

Os nosos redactores traballando ao 100% dende o primeiro día

8


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.