Ouxb outubro 17

Page 1

Los Suaves, distinguidos coa medalla de ouro da provincia de Ourense [Páx. 18]

TEMA DO MES Páx.3 BARRIOS A xustiza anula o nomeamento do xefe de Persoal

Páx.4

Rehabilitación para O Polvorín, As Camelias e A Carballeira

BARRIOS

Páx.6

Ourense contará con 14 novas vivendas sociais

Queiman Galicia

MOTOR

Pax.10-13

CULTURA Páx. 16-17

Expourense acolle os salóns do vehículo novo e de ocasión

Do 20 ao 27 de outubro, XXII Festival de Cine de Ourense

[Páx. 2-3]

Imaxe do incendio que arrasou Carballeda de Avia o domingo 15 de outubro. Na fin de semana arderon máis de 20.000 hectáreas só na provincia de Ourense./BRAIS LORENZO.

Número: 33 - Ano: XVI - Outubro 2017 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

TEMA DO MES

Medio Rural asegura que se reforzou o operativo antes da vaga de lumes 4 “Galicia estaba preparada para apagar incendios, pero é complicado facelo contra os incendiarios”, dixo Ángeles Vázquez. Redacción

Imaxe do monte queimado en Paderne de Allariz ao pé da estrada./M.REJO.

Galicia non arde, quéimana 4 Ata 104 lumes se rexistraron na provincia de Ourense en 48 horas. Redacción Entre o sábado 14 e o luns 16 de outubro, Galicia sufriu a peor vaga de lumes dos últimos anos. Días negros que se recordarán, non só pola angustia vivida e os danos materiais, senón polas catro persoas que perderon a vida a causa duns incendios que, segundo a propia Xunta, foron provocados. A provincia de Ourense foi a máis perxudicada, nela rexistráronse 104 dos 173 lumes que se produciron na comunidade en pouco máis de 48 horas. Agora, tras uns días de choiva que axudou a extinguilos, os concellos comezan a facer balance dos danos. Cos cálculos feitos ata o momento polos propios alcaldes (aínda non se contan con datos oficiais da Xunta) supéranse as 20.000 hectáreas ardidas na provincia, fronte ás 11.355 de todo o 2016. En Muiños arderon 5.000; en Carballeda de Avia, 3.700; en Melón, 3.000; o lume que afectou a Paderne de Allariz –che-

gando a Maceda, Baños de Molgas e Esgos- calcinou outras 2.000; a mesma cifra que ardeu en Parada de Sil e tamén en San Cristovo de Cea; en Lobios –afectando ao Parque Natural Serra do Xurés- varios incendios arrasaron 1.600 hectáreas; en Vilariño de Conso, 1.300; en Castro Caldelas, 1.100; en Vilar de Barrio, 800; outras 300 en Vilamarín e 200 máis en Piñor. Pero a estes alarmantes datos aínda habería que engadir a superficie queimada por lumes máis pequenos (Medio Rural informa dos que afectan a máis de 20 hectáreas), entre os que atopamos os de Sandiás, Xinzo, Vilamartín, A Rúa, Verín, Os Blancos, Castrelo do Val e A Mezquita. Este último obrigou a manter cortada durante unha hora a A-52. Situación dos lumes A Consellería de Medio Rural informaba a primeira hora deste xoves 19 que non quedaba ningún incendio activo en Galicia. Na nosa provincia, na noite anterior quedaban

extinguidos os 19 últimos lumes que permanecían acesos (e que afectaban aos concellos de Xunqueira de Espadañedo, Maceda, Esgos, Lobios, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Baños de Molgas, Montederramo, Chandrexa de Queixa, A Gudiña, Vilar de Barrio, San Cristovo de Cea, Boborás, Piñor, Montederramo e Manzaneda). Detención A Garda Civil detivo este mércores a un home de 55 anos, veciño de Vigo, como presunto autor do incendio forestal que se iniciou o pasado 15 de outubro nunha finca da súa propiedade, sita en Barrucadas (Os Blancos). O lume achegouse a 300 metros dun núcleo urbán e a 200 dunha granxa. Resultou afectada unha hectárea de monte arborado. Permanece en prisión comunicada e sen fianza. En toda Galicia arderon esta fin de semana 35.000 hectáreas. Polo momento, só se produciu esta detención.

A Xunta de Galicia decretou tres días de loito oficial, do luns 16 ao mércores 18 de outubro, polos incendios que na fin de semana arrasaron a comunidade e se cobraron catro vidas. O presidente, Alberto Núñez Feijoo, foi claro en relación aos presuntos autores. “Galicia non arde soa. A Galicia quéimana. Con carácter minoritario, pode haber lumes provocados por descoidos, pero un día como o do domingo non é resultado da casualidade. Hai unha intensa intención de facer dano nos lugares de maior impacto, incluíndo desta vez zonas urbanas, periurbanas e pobos e vilas”, dixo na súa comparecencia o pasado luns. Ademais, destacou as circunstancias que axudaron a avivar as lapas, “nin nos incendios nos que hai máis medios destinados se pode sufocar o lume coa eficacia habitual debido aos efectos colaterais desta noite e da tarde de onte como consecuencia do furacán Ophelia. A forza do vento, con rachas de entre 70 e 90 km/h, a temperatura, a seca continuada, son condicionantes que dificultaron extraordinariamente o seu labor”. Así, agradeceu o traballo que estaban a realizar os profesionais, “cada ano, a pericia dos equipos de extinción non só evita danos maiores nos

O presidente da Xunta, Núñez Feijoo, e a Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. /I. OSORIO. nosos montes. Tamén salvan vidas”; e dos veciños, “quero tamén poñer de manifesto a capacidade de resposta do pobo galego. Cada vez que unha desgraza pon a proba a nosa determinación, os galegos respondemos do mesmo xeito: con solidariedade, con unidade e dando o mellor de nós mesmos. Os que pretenden queimar Galicia teñen enfronte a resolución de todo un país”, insistiu. O maior operativo da historia A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, interveu a petición propia o martes no Parlamento galego para explicar a vaga de lumes. E comezou deixando claro que Galicia “estaba preparada para

apagar os incendios pero é complicado facelo contra os incendiarios”. “É difícil loitar contra quen planta lume ao lado das casas, contra que o fai en varios puntos á vez ou en horas nas que xa non poden actuar os medios aéreos”, declarou. A conselleira insistiu en que o 75% dos incendios que se producen en Galicia son intencionados, pero que durante estes días a porcentaxe se multiplicou. Respecto ao operativo despregado durante o mes de outubro, Vázquez lembrou que o reforzo se fixo antes da chegada desta vaga de lumes. Días antes decidiuse incorporar a 436 traballadores do servizo público de extinción que xa finalizaran os seus contratos, ademais de in-


TEMA DO MES

crementar o tempo de traballo (gardas) dos preto de 2.283 traballadores de extinción do dispositivo da Consellería ao nivel propio do alto risco, cubrindo as baixas e vacacións, así como reforzar a contratación de medios aéreos con outros tres helicópteros. Como último paso, a responsable aclarou tamén que o pasado venres día 13, debido á previsión meteorolóxica, a seca extrema e ao cambio da predición do Índice de Risco Diario de Incendio Forestal (IRDI), que mudou ese mesmo día, acordouse a incorporación das 125 brigadas de Seaga (que representan o 8% do operativo). Ademais, para completar o operativo, foron mobilizadas 600 persoas máis da Unidade Militar de Emerxencias, así como autobombas e nodrizas. En total, o dispositivo estaba integrado por 350 brigadas, 220 motobombas, 40 pas e unha vintena de medios aéreos, uns 5.600 efectivos en total que xa estaban incorporados durante a fin de semana. “Todo este equipo é o maior que se tivo nunca nesta época do ano e un dos maiores da historia”, declarou Ángeles Vázquez. Deste xeito, segundo a conselleira, o 64% dos lumes acontecidos entre venres e luns quedaron en conato grazas ao labor de todo o operativo, é dicir, 177 lumes foron parados antes de que o vento os estendese. Visita da ministra A ministra de Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, visitou este martes as zonas afectadas polos incendios forestais deste fin de semana, onde se uniu á dor das familias e amigos das persoas falecidas a consecuencia do lume. García Tejerina subliñou que “o que vivimos en Galicia este fin de semana non pode volverse a repetir”. A ministra puntuali-

zou que vivimos nunha sociedade moi concienciada, que se mostra intolerante con moitos delitos, e “creo que nos temos que facer absolutamente intolerantes cos incendiarios, porque o dano que fixeron é irreparable”. Para que isto non volva suceder, a ministra pediu a colaboración de todos os cidadáns, para evitar as neglixencias e os descoidos, “pero tamén é moi importante a súa axuda para que non queden impunes aquelas persoas que tanto dano causaron”. Segundo reiterou, contamos cun dispositivo prorrogado, tanto desde a Xunta como do Ministerio, que triplicou a capacidade de descarga de auga nestas datas. “Pero estamos preparados para extinguir incendios, e outra cousa é ter un dispositivo para

combater a xente que sabe como, de que maneira e en que momento actuar para causar danos irreparables”. Por outra banda, García Tejerina asegurou que non hai ningunha motivación económica detrás dos incendios, porque “non hai incendios para recualificacións nin recualificacións por incendios”. Na actualidade, o mercado da madeira está moi controlado, cunha rastrexabilidade a nivel europeo para evitar a venda de madeira ilegal.

Feijoo destacou o gran traballo dos profesionais de extinción así como dos veciños

4 Críticas á política forestal do PP Dende o Sindicato Labrego Galego e o PSOE non tardaron en achacar a recente vaga de lumes á mala política forestal do goberno da Xunta. Dende o SLG culpan á Dirección Xeral de Ordenación Forestal, e por extensión á Consellería de Medio Rural, esixindo a dimisión dos seus responsables. “Sen quitar un ápice de culpa á actividade criminal directa dos incendiarios, dende o SLG queremos denunciar a política forestal e de prevención de lumes da Xunta e as neglixencias continuadas na actual campaña e no Plan de Defensa contra os Incendios de Galiza (Pladiga 2017)”, explicaron nun comunicado. E insisten en que “os traballos para prever a aparición de lumes e facilitar a súa extinción deben realizarse os 365 días e, polo tanto, o

persoal encargado de realizar estes labores debe traballar durante todo o ano”. Ademais, acusan á DXOF de contar con “escuros intereses ao favorecer ás empresas privadas que se están a enriquecer co negocio da extinción de lumes a través de prácticas como as portas xiratorias de altos cargos ou os sobrecustes nos traballos realizados”. Pola súa banda, o voceiro do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu que os incendios forestais son “testemuña do fracaso na política de ordenación e conservación dos montes” por parte da Xunta de Galicia, e que “amosa as limitacións na súa política de prevención e control dos lumes”. Leiceaga advertiu que “estamos nas mans da seca, do vento, da calor e da chuvia, e isto non pode ser”.

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

Anulado o nomeamento de Rodríguez Nóvoa como xefe de Persoal do Concello 4 O xuíz considera que se produciu desviación de poder na súa contratación. Redacción A xustiza vén de anular o nomeamento de Francisco Javier Rodríguez Nóvoa como xefe de Recursos Humanos do Concello de Ourense ao considerar que na súa elección produciuse unha desviación de poder, xa que o concurso no que participou foi aberto a calquera persoa con independencia da súa titulación (de feito, Rodríguez Novoa é Licenciado en Farmacia), cando se trata dun posto que require amplos coñecementos técnicos e xurídicos. Ademais, na sentenza coñecida o pasado 3 de outubro o xuíz declarou a nulidade do nomeamento de Rodríguez Nóvoa ao considerar que a forma de baremación dos candidatos foi “nula de pleno dereito” xa que se estableceron “privilexios” e unha puntuación diferente aos aspirantes en función da Administración na que prestaron os seus servizos. O xuíz non atopa explicación a que un aspirante que traballara no Concello de Ourense estea, por ese simple feito, máis capacitado ca outro. Tamén incide en que é “complicado afirmar” que ningún dos cursos presentados polo elexido teña relación coa área de Recursos Humanos. A decisión xudicial prodúcese despois de que, en agosto de 2016, o PSOE e Ourense en Común presentasen un recurso de reposición en contra deste

Francisco Rodríguez Nóvoa foi nomeado xefe de Persoal do Concello de Ourense en 2016./ARQUIVO. nomeamento por considerar que foi feito “a dedo”. O Concello, que debe abonar as costas do xuízo, pode presentar recurso de apelación. Ourense en Común Á vista da sentenza, a edil de Ourense en Común, Ledicia Piñeiro, manifestaba que desde o seu grupo estaban “contentas e satisfeitas”. Así mesmo, Piñeiro declaraba que “temos que dirimir responsabilidades políticas”, referíndose en primeiro lugar á concelleira responsable de persoal, Flora Moure, por levar a cabo un concurso ilegal e por haber indicios de que puido cometer un delito de prevaricación; e acusando tamén ao propio alcalde, Jesús Vázquez, por “permitir este procedemento

irregular e facer caso omiso ás advertencias”. Ciudadanos Pola súa banda, dende Ciudadanos pediron ao Concello “que convoque un novo concurso para ocupar a praza de xefe do servizo de Recursos Humanos e non malgaste diñeiro de todos os cidadáns en recorrer a sentenza xudicial, e para iso apelamos en primeira persoa ao alcalde, Jesús Vázquez”, explicou o coordinador do grupo político, Alberto Rodríguez.

A sentenza é froito do recurso de reposición presentado por PSOE e OUeC


OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

BARRIOS

Reportaxe

Ponte Vella trae a Touriñán polo seu 16º aniversario En Centro Comercial Ponte Vella seguen a celebrar 16 anos desde que abriron as súas portas. Por iso, convidan aos máis cativos ao seu fantástico espazo de xogos e diversión con LEGO® CITY/ FRIENDS/DUPLO. Nesta zona dispoñen dun barco con pezas Duplo xunto a unha piscina con miles de ladrillos. Ademais dispón dunha mesa plaqueta onde os rapaces poderán construir unha cidade xigante. Tamén hai unha zona de videoxogos con dous videoconsolas. Finalmente, a zona building happening é unha área onde os nenos poderán construír xuntos un Policía xigante. Esculturas Nestes días en Ponte Vella hai catro espazos onde están colocadas esculturas de Lego, e vitrinas que causan sensación entre os visitantes. Todos os nenos que vaian xogar ao espazo Lego levarán de agasallo un diploma personalizado, e sortearanse nos próximos días, en Facebook, tres caixas de produtos Lego. A zona Lego está ubicada na pranta Baixa de

12 proxectos de rehabilitación para A Carballeira, O Polvorín e As Camelias 4 O investimento supera os 200.000 euros. Redacción

Zona de xogo Lego. Ponte Vella de martes a sábado, ata o 28 de outubro, en horario de 17 a 21 horas; os sábados tamén de 12 a 14 h. Touriñán O sábado 28 Ponte Vella contará coa participación de Touriñán. Actuará nun espectáculo de humor para o público asistente de forma gratuita a partir das sete da tarde na segunda pranta. Touriñán espéravos! Ponte Vella, parte de ti!

Touriñán actuará o sábado, 28 de outubro, ás 19 horas en Ponte Vella

A Área de Rexeneración e Renovación Urbana -ARRU- O Polvorín, Camelias, A Carballeira, vivirá un impulso de actividade cos 12 proxectos seleccionados, logo da súa aprobación, a finais do mes pasado, pola xunta de goberno local do Concello de Ourense, e que lles serán remitidos ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para a súa cualificación provisional e, se procede, outorgamento da subvención: en total, outorgaranse 216.657,99 euros. Hai, ademais, outros dous proxectos presentados por diversos propietarios que quedan en lista de agarda pendentes da ampliación de actuacións por parte do Ministerio de Fomento. Outras zonas No ARRU do Casco Histórico serán tres os expedientes seleccionados por un importe total de 47.800 euros, quedando un pendente da obtención de título administrativo.

Pola súa banda, no ARRU San Mamede – Cruceiro Quebrado, haberá unha actuación prevista cunha achega de 13.000 euros. O último dos ARRUS do Concello de Ourense, o de Seixalbo, esgotou os 44.000 euros de axudas na primeira convocatoria, a de 2015. Todos estes fondos repártense en función das solicitudes presentadas pola administración local, e son achegados polo Ministerio de Fomento e polo IGVS. Logo de comunicar ao IGVS as actuacións pre-

vistas presentando a documentación acreditativa, será a propia administración local a encargada de realizar o reparto dos fondos entre as mesmas. Así mesmo, será o Concello de Ourense quen se encargue de regular os prazos para a presentación de solicitudes por parte dos propietarios de vivendas interesados na súa rehabilitación. Un millón de euros O Ministerio de Fomento, a través do Plan Estatal de Vivenda, habilitou un millón de euros para a cida-

de de Ourense na primeira convocatoria, sendo a cidade que máis fondos percibe de Galicia xunto con Vigo. Pola súa banda, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, mobilizara preto de tres millóns de euros para a recuperación de zonas degradadas da cidade de Ourense. En total, foron 175 as vivendas e edificios que entraban dentro desta convocatoria: 45 no Casco Histórico, 4 en Seixalbo, 111 en Polvorín- Camelias- A Carballeira e 15 en Serra de San Mamede - Cruceiro Quebrado - A Inmaculada.

O Plan Estatal de Vivenda habilitou un millón de euros para a cidade de Ourense na primeira convocatoria

A Área de Rexeneración e Renovación Urbana -ARRU- actuará nas Camelias. /M REJO.


BARRIOS

A Feira do Vinteún ofrece unha variada programación

Un selo oficial de Correos conmemorará os 20 anos do barrio

4 Recupérase esta fin de semana. Redacción Despois de meses de traballo xa está aquí a Feira do Vinteún. Este sábado dará comezo coa apertura do mercado ás 11 da mañá. A feira dividirase en dous ambientes: por unha banda a exposición do Castro de Oira. A xoeiría no mundo castrexo (cun obradoiro de arqueoloxía ás 17 horas). Pola outra banda, un obradoiro de xogos e xoguetes clásicos: a bufarda; ambientada nos anos 30 e 40. Programación O resto da programación comeza ás 12 horas co concerto da Coral Rondalla “Os afiadores” e ás 12:45 h, pasarrúas dun grupo de gaitas. A apertura das carpas para o xantar está prevista para ás 13 horas (haberá empanada, polbo, carne ao caldeiro, churrasco, e máis), amenizado por un grupo de gaitas. De catro a oito da tarde será

o turno dos xogos populares. Ás 18 horas darán comezo os concertos e ás oito da tarde realizarase o sorte “Comercio do 21”. Ás 21 horas celebrarase unha foliada para todos na praza e os actos rematarán coa gran queimada e fin de festa arredor das once da noite. Tren Turístico Haberá servizo de tren turístico con saída do parque de San Lázaro pasando pola Ponte Vella, avenida das Caldas, avenida de Santiago e Feira do 21. Saída a todas as horas de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.

O Tren Turístico estará operativo ás horas en punto e irá do parque de San Lázaro ata a Feira do 21

Hector Rojas, Senén Rodríguez e Manuel Mosquera, organizadores da Feira do 21./RAMSÉS.

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

Presentación da charla de “Barrio activo e saudable” da AECC. /CEDIDA.

A AVV As Termas, barrio saudable

4 A asociación ten programada unha serie de actividades relacionadas coa saúde. Redacción A Asociación de Veciños As Termas continúa coas actividades que conmemoran os 20 anos das vivendas sociais xunto a Estación de Autobuses. Unha das que mellor acollida está a ter é a denominada “Barrio activo e saúdable”. O pasado mes tivo a súa primeira xornada que consistiu nun Obradoiro participativo sobre hábitos de vida saudable impartido por unha Traballadora Social; a charla foi presentada pola Concelleira de Saúde e Asuntos Sociais, Sofía Godoy. AECC O mércores 18, regresou o programa cunha charla impartida pola Asociación Española Contra o Cancro. E rematará no mes de novembro abordando a temática dos primeiros auxilios e a manobra RCP impartida por

técnicos sanitarios especializados. Programación Outras das actividades

máis destacadas dentro do seu 20º aniversario chegan este mesmo mes. Asi, o sábado, 21 de outubro, “Palillando entre barrios” será un encontro de convivencia entre varias asociacións da cidade para compartir unha xornada arredor do encaixe de bolillos, actividade con moita repercusión entre veciños desta e doutras zonas de Ourense. Os días 27, 28 e 29 deste outubro, unha exposición de selos e moedas poderase visitar no local social das Termas. Ademais presentarase un selo oficial de Correos conmemorativo dos 20 anos de convivencia e participación veciñal do barrio.

4 Reunión A directiva trasladou ao concelleiro de Participación Cidadá e Seguridade, Carlos Campos, as proximas actividades do barrio ademais das inquedanzas dos seus veciños. Por unha banda analizaron a situación actual do barrio, trasladándolle a necesidade de axilizar as inversións pendentes como é o caso da pasarela

peonil, os accesos á zona termal sen esquecer os interrogantes pendentes sobre a estación de bus e as liñas urbanas. Na segunda parte da reunión expúxose por parte da directiva toda programación de actividades que se esta a desenvolver no barrio gracias a activa participación das veciñas e veciños.

Reunión da directiva co concelleiro.

EN BREVE 4 Calidade do aire O Ourense en Común alerta da insuficiente medición da calidade do aire na cidade. Despois de denunciar o luns, 16 de outubro, o “apagón” dos datos da calidade do aire de Ourense na web municipal, Ourense en Común acusaba ao alcalde de “maquillar a información con índices anuais”. OueC pedirá ao goberno toda a información en referencia á xestión e o mantemento da Estación Urbana de Fondo para a medición da calidade do aire, ubicada na Alameda, especialmente os partes do mantemento e revisións da estación, que “teñen que facerse cada 15 días, baixo sanción de entre 750 e 1500 euros se faltou algún”.

4 CHUO O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense vén de recibir por parte do Concello de Ourense a licenza de ocupación e apertura do seu novo Edificio de Hospitalización, o que permitiu iniciar o traslado de pacientes ás novas instalacións a pasada semana.

4 Arquivo La Región Democracia Ourense continúa coa acumulación de probas no proceso xudicial contencioso administrativo, contra a Deputación sobre a compra do arquivo histórico de La Región por valor de 2,7 millón. DO asegura que o Concello de Salamanca mercou o arquivo de El Adelanto -125 anos - por 80.000 euros.


OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

EN BREVE 4 Cabeza de

Vaca

En Cabeza de Vaca acondicionarase a área de xogo incorporando mobiliario urbán destinado á protección de seguridade complementaria. Por iso, incorporarase 30 metros lineais de varanda homologada. Tamén instalaranse catro unidades de xogos infantís de 3 a 8 anos, ademais da reparación e traslado dalgún mobiliario xa existente. O orzamento é de 19 mil euros e o prazo de execución de tres semanas.

4 eTalent La Molinera acollerá durante oito semanas a I Aceleradora de Talento “eTalent”. Serán os xoves de 18 a 20 horas ata o vindeiro 14 de decembro, con entrada libre, e traballarase unha competencia por semana potenciando as máis útiles para o desenvolvemento persoal e profesional.

BARRIOS

Reparacións no Tinteiro e Muíño da Veiga 4 Iluminouse a zona do Tinteiro. Redacción O Concello de Ourense acaba de rematar de poñer a iluminación na zona do Tinteiro. Ademais están a reparar o muro perimetral das Termas do Muíño da Veiga. No Tinteiro, o obxecto da obra foi a iluminación da pista de terra que une o Tinteiro coa pista vermella e que carecía de iluminación. Deste xeito, consíguese completar con iluminación todo o circuito pola ribeira do Miño, logo de que tamén se instalase iluminación noutro punto onde non existía: a pasarela de Oira. A solución escollida foi iluminar esa zona con proxectores. O tipo de iluminación, polo que se optou, é a máis

eficiente que actualmente existe, iluminación led, optando por luminarias dunha potencia de 30W para manter unha uniformidade na pista de 10 lux. As luminarias están programadas para que a partir da unha da mañá reduzan o seu consumo un 30% e mantéñanse así ata as cinco e media da madrugada que volveran a dar o 100%, logrando un maior aforro de enerxía. O orzamento total da obra foi de 39.033,03 euros con IVE incluído. Muíño da Veiga Este luns, 23 de outubro, comezan as obras de reparación no muro perimetral das Termas do Muíño da Veiga. As actuacións consistirán na restauración do muro perimetral naquelas zonas

4 Consumo res-

nas que se atopa danado por mor das avenidas do río Miño. Para elo, reporanse devanditas zonas mediante aporte de pedra igual, rexuntadas con morteiro de alta adherencia. O custe dos traballos será de 23.215 euros. Esta obra é froito do convenio entre Concello e Confederación Hidrográfica Miño - Sil. Por mor dos traballos a executar, as Termas do Muíño da Veiga permanecerán pechadas desde o luns e durante un mes, prazo estimado de execución da obra.

As pozas do Muíño da Veiga estarán pechadas durante un mes debido ás obras

ponsable

Ante a alerta por seca activada o dia 5 de outubro pola Confederación Hidrográfica Miño Sil Concello e Viaqua poñen en marcha una serie de actuacións con carácter inmediato para evitar futuras restricións na subministración de auga na cidade. Pechar a billa cando se lavan os dentes é unha das recomendacións. O Concello, entre outras, e suprime os consumos en continuo nas fontes ornamentais e reduce os horarios de rego de xardíns municipais.

Cristina Gallardo

14 novas vivendas sociais en tres rúas da cidade 4 Para familias en risco de exclusión. Redacción

En primeiro termo, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, xunto ao portavoz socialista, Vázquez Barquero vistando a zona do Tinteiro.

4

A diva da ópera internacional, Cristina Gallardo, grava un disco en Ourense, no Conservatorio. Baixo o título “Puentes de amor”, o repertorio afonda na máis pura expresividade e emoción dos poetas e compositores máis relevantes, incluíndo por suposto poesía galega.

Os números 1 e 3 da rúa Vilar, xunto co 5, pasarán a ser vivendas sociais. /M. REJO.

Magosto no Botánico Redacción Debido ao éxito de participación e de inscrición no Magosto do Botanico de Montealegre, que esgotou as súas prazas, o Concello ampliará esta actividade ao vindeiro 26

de novembro, domingo, ás 11 horas. Para achegar a festa aos máis cativos e descubrirlles as tradicións organízase unha actividade baseada nun conta-contos de outono. A primeira quenda xa ten esgotadas as inscricións, polo que se abriu está segunda quenda para os máis rezagados. O teléfono de inscrición é o 988 388 135.

Tesouro Outra actividade que tivo que facer unha segunda quenda foi o “Tesouro de Montealegre”. Dirixida a nenos e nenas de 3 a 10 anos, a través da busca dun tesouro os máis pequenos aprenden diferentes valores, como son o traballo en equipo, a imaxinación e diversos valores ambientais.

Ourense contará con 14 novas vivendas sociais ubicadas en tres rúas da cidade. Son vivendas de protección oficial para familias en risco de exclusión. Mediante o Plan Rehavita da Xunta de Galicia, que achega case 2 millóns de euros para estes inmobles, as familias máis necesitadas poderán contar con vivendas con todas as comodidades posibles a alugueres alcanzables. En total, hai oito novas vivendas na rúa Alejandro Pedrosa que se suman ás rehabilitacións na Rúa Cervantes 14 e Rúa do Vilar 1, 3 e 5. O prazo de execución previsto nos proxectos apunta a que as vivendas poderían estar a disposición das familias a comezos de 2019. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, agradecía “a aposta da Xunta pola conservación e rehabilitación da cidade”, pero

tamén salienta ao “interese por recuperar zonas emblemáticas como é a do casco vello”. As vivendas protexidas de Alejandro Pedrosa serán de 80 metros cadrados e contarán con tres dormitorios, garaxe e rocho, así como acabados de calidade. O custe será de 800.000 euros. Na rúa do Vilar 1 ofrécense outras dúas vivendas públicas coas seguintes características: son vivendas dúplex de 90 metros cadrados e tres habitacións que contan con 400.000 euros de investimento por parte da Xunta de Galicia. O resto das vivendas emprázanse nos números 3 e 5 da rúa Vilar e no 14 da rúa Cervantes, actuacións que alcanzan o millón de euros de orzamento.

As vivendas poderán estar listas para comezos de 2019


CIDADE

Nova cara desde Outariz ata o Pazo de Ramirás 4 Un convenio entre Concello e CHMS acondicionarán o carreiro peonil. Redacción Un convenio entre Concello e Hidrográfica MiñoSil (CHMS) acondicionarán o carreiro peonil que vai desde Outariz ata o Pazo de Ramirás. A entidade local e CHMS o firman para a acometida das obras de mellora das sendas peonís nas marxes do río Miño entre a pasarela de Outariz e o Pazo de Ramirás. O investimento total que ambas administracións estiman necesaria para esta actuación é de 500.000 euros, o que incluiría a redacción do

lidade a infraestrutura necesaria para escorrentar as augas, así como tampouco na marxe esquerda do río, onde é impedido pola orografía e pola presenza da estrada OU-402. Na marxe dereita, onde existen varios tramos inconexos, permitirían prolongar a baixada de augas uns 5 quilómetros máis, ata o Pazo de Ramirás.

Así, para habilitar dita parte do carreiro, son necesarias obras de acondicionamento e mellora do mesmo, incluíndo a expropiación de parte dos terreos que atravesa, así

como movementos de terra, construción de varias pasarelas de madeira de pequenas dimensións, obras de drenaxe, firmes, sinalización e mobiliario, entre outras.

O orzamento das obras, que ascende a 500.000 euros, asumirano ao 50% a Confederación Hidrográfica Miño - Sil e o Concello de Ourense

proxecto, as expropiacións necesarias, así como a propia obra, a súa dirección e vixilancia, ademais dos gastos correspondentes ás medidas de seguridade e saúde. Concello e CHMS asumirían o 50% desta obra cada un. Accións O carreiro peonil que discorre por ambas marxes do río Miño, na contorna da pasarela peonil de Outariz, e que conecta as diferentes instalacións lúdico-deportivas da zona dentro do itinerario fluvial da cidade, non presenta na súa tota-

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017 EN BREVE

4 Avenida de Zamora Deron comezo os traballos de reposición de tuberías na avenida de Zamora. Desde a consesionaria, Viaqua, tiñan previsto comezar as obras desde o número 1 e ata o 69, pero unha avaría no número 41 fixo que se comezaran por ese número. Durante os próximos días repoñeranse tramos de tubería antiga por nova.

4 Beca

Mapa da zona onde se acometerán as obras.

O proxecto de investigación do CHUO sobre o cancro colorectal vén de recibir unha beca do Fondo de Investigación en Saúde do Instituto de Saúde Carlos III, dotada con 141.570 euros; o que supón un importante apoio á liña de investigación na procura do diagnóstico precoz que desde hai anos se desenvolve desde Ourense


OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

EN BREVE 4 Polígono As Coíñas

Adxudicáronse, o pasado 5 de outubro, as obras do proxecto de adecuación e mellora das infraestruturas actuais á normativa vixente do Polígono Industrial de As Coiñás. A adxudicación, para estas obras de vella demanda, é por 421.610 euros e a adxudicataria é Nexia Infraestructuras SLU.

4 Alameda do Cruceiro

Polo trámite de urxencia, aprobouse en xunta de Goberno Local de 5 de outubro, a ordenación decrecente das ofertas presentadas para acometer a rehabilitación do parque da Alameda do Cruceiro, que se converterá no primeiro parque inclusivo de Galicia. O expediente de contratación parte de 735.000 euros como prezo de licitación e terá un prazo de execución de catro meses desde o inicio das obras. A licitadora con mellor puntuación foi Explotacións Medioambientais SLU (oferta unha rebaixa do 35% chegando aos 379.850,50 euros).

4 Oficina de Turismo A Concellería de Turismo e Termalismo firmou un convenio de colaboración -por importe de 40.000 euros- coa Axencia de Turismo de Galicia para a realización de obras de mellora na Oficina de Turismo. Así, haberá melloras na accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida. Tamén haberá unha partida para impermeabilización, pois hai certos problemas permanentes de humidade no edificio, pero tamén están incluídos neste convenio axudas para equipos informáticos. Ademais, estúdase a implantantación dunha pantalla táctil no exterior da oficina, como a que hai dentro da instalación. A Xunta aportará 35.000 euros e Concello 5.000.

CIDADE

Acometense obras de mellora en zonas periurbanas do Concelo de Ourense 4 Arranxo de bierarrúas, mellora no saneamento, alumeado ou limpeza son algunhas das actuación a acometer fóra da cidade. Redacción Son numerosas as obras que o Concello de Ourense anunciou nestas datas para distintas zonas. Arranxo de beirarrúas, mellora no saneamento, alumeado ou limpeza son algunhas das actuación a acometer. A inversión das obras ascende aos 1,7 millóns. Velle Por resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, de data de 3 de outubro de 2017, acordouse someter a información pública o documento do proxecto constructivo para a mellora do saneamento de augas residuais en Velle, así como a relación de bens e dereitos de necesaria ocupación coas obras. Os titulares destes 68 bens e dereitos terán ata principios de novembro para presentar alegacións se así o consideran. En xaneiro de 2016 asinárase un protocolo de colaboración entre CHMS e Concello, no que constaban varias alternativas para substituír o sistema actual de fosas sépticas por un sistema que evitase verteduras á canle do Miño que afectan á toma de auga potable da marxe esquerda do río. O investimento previsto ascende a 3 millóns de euros, que serán asumidos ao 50% por cada administración. Agora, o grupo do Goberno levará a pleno este asunto para acadar a maioría necesaria para dispoñer dos fondos necesarios para que o Concello execute a súa parte do proxecto (1,5 millóns de euros). Rairo Urbanizaranse

dúas

Acondicionamento de viais en Ceboliño -arriba- e a urbanización de dúas rúas en Rairo -abaixo-, parte das obras en zonas periurbanas de Ourense. /M. REJO. rúas en Rairo, por importe de máis dun millón de euros, con cargo ao Plan de Investimentos. Ábrese o prazo para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas e concorrer a este proceso de contratación, aprobado en Xunta de Goberno Local Coa realización deste proxecto renovaranse os servizos municipais (alumeado, saneamento e abastecemento) na rúa Antolín Losada Torvisco e prolongación de Bieito Amado, así como a execución de novas beirarrúas e rehabilitación do firme da calzada. O prazo de execución será de 6 meses desde o inicio das obras e conta cun orzamento de 1.056.501,97 euros IVE incluido. Outras zonas Tamén se levarán a cabo obras noutros núcleos fóra da cidade, por valor de medio millón

de euros, para mellorar o pavimento das conexións por estradas, ademais de limpar cunetas e a construción dun novo colector de augas residuais na rua Albaredo -Santa Cruz de Arrabaldo-. Os catro puntos que se beneficiarán son: Ceboliño, Velle, Santa Cruz de Arrabaldo e Cabeza de Vaca. O primeiro destes proxectos é o acondicionamento de viarios dende Ceboliño ata a Urbanización de Monterrei, actuacións por importe de 105.329,46 euros (IVE engadido). Unha estrada local, de dobre sentido de circulación e ancho variable. O firme existente carece de regularidade e presenta perdas de material nalgunhas zonas. As actuacións irán encamiñadas a reparar os tramos desgastados e previr que se produzan danos e a facilitar a circulación de peóns e vehículos.

Unha vez finalizados os traballos de execución de firmes pintaranse as marcas viarias continuas en ambos marxes da estrada. O prazo de execución é de 2 meses, a partir do día seguinte ao da firma da acta de replanteo e o investimeto supera os 78.000 euros. En Velle acondicionarase a vía desde OU-506 até o cemiterio de Velle. Limpeza de bordes, instalación de sumidoiros lonxitudinais e executar a prolongación da rede de saneamento á conexión coa actual rede de saneamento de augas residuais e o acondicionamento do firme existente serán as actuacións que se leven a cabo. O prazo de execución será de 40 días contados a partir do día seguinte ao da firma da acta de replanteo. En Cabeza de Vaca renovarase o pavimento por un de formigón- nas

rúas Ousande e Enxido. 123.333,45 euros e un prazo de execución de 3 meses para mellorar a evacuación das escorrentías superficiais, mediante drenaxe superficial, así coma os pozos e arquetas. Tamén se limparán as cunetas, construírase novas e colocoranse sumidoiros conectados á rede de saneamento existente. E en Santa Cruz de Arrabaldo, implantarase un novo colector de augas residuais na rúa de Albaredo e nas súas inmediacións para darlle servizo a todas as vivendas da zona (preto de 700 habitantes). O prazo de execución é de 3 meses e o importe de 189.344,66 euros.

En Santa Cruz de Arrabaldo implantarase un novo colector de augas residuais


CIDADE

Novas beirarrúas para Vasco Díaz Tanco 4 Tamén se dotará con novos servizos de auga e iluminación. Redacción O Plan de Investimento Municipal previsto polo Concello de Ourense para este ano terá unha das actuacións máis importantes na rúa Vasco Díaz Tanco. O proxecto das obras, cuxo expediente de contratación se aprobou a finais de setembro, prevé un investimento de 817.606,98 euros, e un prazo de execución de 6 meses para renovar as beirarrúas, ademais do servizos de auga e iluminación. O obxectivo é acometer unha completa posta ao día deste viario, xa que

ademais da renovación das beirarrúas e rehabilitación de firmes deteriorados, sen modificar en

ningún punto a sección transversal da rúa, tamén se acometerá a renovación das redes de diferen-

As beirarrúas da rúa Vasco Díaz Tanco sufrirán melloras co Plan de Investimento Muncipal./RAMSÉS.

4 Outras obras do Plan de Investimento Municipal O Plan de Investimento Municipal (aprobado polo pleno do Concello cos votos favorables do grupo de goberno municipal do PP e do grupo do PSdeG-PSOE) abordará outras obras. Na rúa da Canle ensancharase a beirarrúa desde Fonte do Monte ata Ricardo Courtier (64.781,67 euros de investimento e 45 días de prazo de execución) reducindo o ancho da calzada. En Zaín, no vial da rúa da Tenencia – Montoscos acondicionarase cun importe de 175.663,38 euros (o prazo de exe-

cución é de 40 días); executaranse limpeza dos bordes, prolongación de rede de abastecemento da conexión da actual e acondicionamento do firme existente. A maiores, nas marxes de ambos os lados repararanse os danos existentes para facilitar a circulación de peóns e coches. Na rúa San Jerónimo, de Rairo, as obras (70.738.71 euros de investimento e 4 meses para executala) incluirán limpeza de bordes, instalación sumidoiros lonxitudinais e a súa conexión á actual rede de saneamento de auga residuais

e o acondicionamento do firme existente. O acondicionamento da rúa Rabaza (con dous meses de execución e un orzamento de 260.412,57 euros) ten como como finalidade perfeccionar o estado da rúa xa que nestes momentos atópase moi deteriorada e á súa vez, mellorar redes de saneamento e fluviais. As necesidades a satisfacer consisten en acondicionar o pavimento actual do camiño de forma que sexa máis transitable tanto para os vehículos como para os viandantes.

tes servizos municipais. No viario realizarase a renovación, restauración e mellora do firme existente adaptándoo as necesidades funcionais e de durabilidade, eliminando a heteroxeneidade actual das beirarrúas, que teñen distintas clases de baldosas. Renovación Seguindo as propostas presentadas pola empresa concesionaria Viaqua e o servizo municipal de alumeado público, renovaranse servizos municipais que se atopan moi deteriorados e obsoletos. Así, reformarase a rede de abastecemento de auga mediante a execución de tubaxes de fundición dútil, en ambas marxes das rúa, coas súas correspondentes válvulas, ventosas, arquetas, ancoraxes e hidrantes, e conexión coa rede xeral nas rúas adxacentes; rehabilitaranse as conducións de saneamento; a rede de gas; a rede de alumeado público (os brazos e farois actuais substituiranse por columnas con luminarias led e a rede discorrerá soterrada); a rede de media e baixa tensión subterránea e aérea; a de telecomunicacións; e a transformación da sinalización vertical e horizontal na totalidade da rúa (colocación de elementos de contención de vehículos e balizamento).

O orzamento para as obras na rúa Vasco Díaz Tanco supera os 800.000 euros

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

Celebra e Bebega, xanela do comercio local 4 Tiveron unha gran afluencia de público. Redacción Expourense acolleu con Celebra e Bebega unha fin de semana adicada á familia. Mentres Celebra facíase maior coa súa 18ª edición e Bebega nacía este ano. Entre os dous certames, pasaron os días 14 e 15 de outubro polo recinto feiral máis de 2.000 visitantes. Esta doble cita reuniu a 60 expositores, o 90% da provincia de Ourense, facilitando así unha plataforma ao comercio local para dar a coñecer os seus produtos e servizos ante novos potenciais clientes. Celebra A 18ª edición da feira Celebra definiuse por un marcado carácter creativo impulsado por emprendedores da provincia de Ourense, non só en moda nupcial e de festa, senón en todo o que rodea a organización dun evento. Así mesmo, as dúas pasarelas congregaron a centos de asistentes interesados en coñecer as novas liñas

das firmas colaboradoras que presentaron deseños de coleccións de fabricación propia, acompañados por estilismos internacionais en perruquería e maquillaxe, así como as novas tendencias en arranxos florais e xoiaría fabricada en Ourense e a medida. Á hora de organizar un evento, as costumes evolucionan e moitas das parellas ourensás tenden a facer casamentos máis reducidos e familiares, aínda que o que máis se está a solicitar son as vodas temáticas e completamente personalizadas. Bebega Bebega axudou ás familias a preparar a chegada do novo membro da familia. Esta primeira edición serviu, sobre todo, de escaparate para que os visitantes puideran coñecer de primeira man a oferta de empresas e comercio ourensán de moda e puericultura, unha escolma de productos e servizos orientados ao benestar do recén nado.

Unha parella pedindo asesoramento en Celebra.


10

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

especial MOTOR

Audi Q5, referencia no seu segmento O SUV combina a deportividade dunha berlina de Audi cun carácter polivalente e un interior altamente flexible. Xa sexa en materia de conectividade, eficiencia ou sistemas de axuda á condución, o novo Audi Q5 colócase unha vez máis como referencia no seu segmento. Impresionante desde a distancia, o novo Audi Q5 cos opcionais Audi Matrix LED que garanten unha iluminación da calzada clara e homoxénea. Esta innovadora tecnoloxía de Audi ofrece unha iluminación intelixente mediante LEDs que se iluminan de forma independente. Ademais, en función da situación do tráfico redúcese a intensidade da iluminación para non cegar aos condutores. Os intermitentes dinámicos

tamén están incluídos, tanto na parte dianteira como traseira. Novidades do novo Audi Q5 Entre as opcións de alta tecnoloxía dispoñibles para o novo Audi Q5 atópase como gran novidade a suspensión neumática con control da dureza da amortiguación e da altura da carrozaría ao chan. Xunto a outros elementos como o portón traseiro con apertura e peches asistidos eléctricamente, os faros Matrix LED, a instrumentación Audi virtual cockpit, o sistema MMI Navegación plus con MMI touch e pantalla de 21,1 cm (8,3”), o asistente persoal de ruta, as Audi tablet para as prazas traseiras ou os máis avanzados sistemas de asis-

tencia ao condutor, que se agrupan nos paquetes Tour, City e Parking. Infotainment O manexo do novo SUV de Audi resulta intuitivo e está marcado por novas características. O Audi virtual cockpit opcional presenta brillantes gráficos en alta resolución na pantalla de 31,2 cm (12,3”). O condutor pode elixir dous modos de visualización, un clásico con grandes reloxos de instrumentación circulares e un segundo modo no que dominan o mapa do sistema de navegación ou as listas. Acabados Un acabado é o que distingue a un Audi do seu Audi. Non só falamos de realzar o deseño exterior, senón tamén de embelecer o deseño interior e enriquecer o equipamento. Facelo moito máis completo. Moito máis especial. E facelo cunhas condicións exclusivas. Entre os acabados do

Vistas do interior e exterior do novo Audi Q5. Novo Audi Q5, atoparás as edicións especiais Advanced, design e S line. Exterior A dotación de serie do novo Audi Q5 é moi completa desde as versións base, que inclúen como elementos principais os faros de xenón con pilotos traseiros LED, portón traseiro con apertura e peche asistidos eléctricamente. Interior O equipamento no interior do novo Audi Q5 inclúe MMI radio con

pantalla de 17,8 cm (7”), banqueta traseira con respaldo abatible en proporción 40:20:40, espello interior con antideslumbramento automático, sistema de condución dinámica Audi drive select, Audi pre sense city e Audi connect Safety&Service, que inclúe a chamada de emerxencia en caso de accidente e conectividade ao vehículo desde o noso Smartphone. Motor O novo Audi Q5 ofrece a nova versión do motor

2.0 TDI quattro S tronic co motor de 120 kW (163 CV), que conta de serie coa tracción quattro con tecnoloxía ultra, un sistema que mellora a eficiencia ao desconectar a tracción ao eixo traseiro de forma predictiva e volver a conectalo automaticamente cando é necesario.

O novo Audi Q5 conta cunha suspensión neumática con control de dureza


MOTOR especial

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

11

O Salón do Automóbil, ao completo en Expourense 4 Estarán todos os concesionarios oficiais da provincia de Ourense. Redacción Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 9º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. A fin de semana do 20 ao 22 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 27 ata o 29 o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos

lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2018. En total, participarán 17 empresas representando a 26 marcas. Durante a fin de semana do Vehículo Novo presentaranse 32 novos modelos, concentrándose en Expourense a maior exposición de automóbiles de Galicia. O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Sorteos e colaboracións Unha edición máis, a organización volverá sortear, como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, un cheque regalo por

Presentación por parte dos organizadores do 9º Salón do Automóbil que se celebrará en Expourense do 20 ao 22, vehículo novo, e do 27 ao 29, de ocasión.

importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas. Repítese con Cáritas Ourense, presentes no Salón cun stand informativo. Ademais os organizadores colaborarán de novo con “Stop Accidentes” que contará cun stand informativo e no que entregarán a aqueles interesados un adhesivo que ofrece (segundo a marca e o modelo do coche) unha “Folla de Rescate” que inclúe un plano do vehículo que facilitará o traballo dos bombeiros no caso de que fose preciso realizar unha excarcelación. Horario O horario do 9º Salón do Automóbil será os venres 20 e 27 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 21 e 28 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 22 e 29 de outubro de 11.00 a 20.00h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos entrada gratuíta).

Sortearanse 6.000 euros a descontar entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil

O novo Clase E Coupé, modernidade e luxo, reflicte os valores da marca Mercedes.

Intelixencia na súa expresión máis fermosa na nova Clase E Coupé de Mercedes A Clase E Coupé representa un deseño purista, con amplas superficies, que recolle o canon evolucionado de formas de Mercedes Benz. En comparación co seu antecesor, o coupé é claramente máis longo, máis ancho e máis alto. En consecuencia, mellora claramente a habitabilidade, sobre todo na parte traseira. O coupé ofrece máis espazo para os xeonllos na parte traseira e, en consecuencia, máis confort en percorridos longos para catro persoas nos catro asentos con deseño específico de coupé con plena funcionalidade. Novos elementos estéticos contribúen a crear un ambiente de alta calidade no habitáculo sensual e luxoso. Entre eles cóntanse, por exemplo, os difusores de ventilación en novo efecto de turbina e as innovadoras cores

para o interior «azul iate» e «vermello Tiziano». As luces traseiras ofrecen un novo efecto de luz de benvida, así como un innovador deseño de efecto cristal. O intelixente sistema limpa/lavaparabrisas Magic Vision Control consegue un efecto ideal de limpeza sen que o chorro de auga diminúa a visibilidade. Ademais, todos os seus compoñentes están calefactados. A Clase E Coupé incorpora así mesmo todas as innovacións intelixentes da Clase E Berlina. Isto inclúe, entre outros, o posto de condución Widescreen, elementos Touch Control no volante, unha ampla integración de smartphones, o paquete ampliado de asistencia á condución, o piloto automático para aparcar a distancia, a suspensión neumática Air Body Control e os faros Multibeam Led.

Deportiva e con estilo Coa súa expresiva silueta de cupé, un deseño claro e sensual e un elevado confort en traxectos longos para os seus catro ocupantes, a nova Clase E Coupé combina a beleza e as virtudes clásicas dun Gran Turismo con tecnoloxía ultramoderna. Ao mesmo tempo, o coupé fai gala da intelixencia que caracteriza á familia da Clase E, con equipos opcionais como a plena integración de smartphones, o posto de condución widescreen e avanzados sistemas de asistencia á condución que fan posible, entre outros, unha condución semiautomática.

O Clase E Coupé posibilita aparcar e desaparcar desde o exterior do vehículo


12

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

especial MOTOR

Opel lanza os novos Insignia e amplía a gama X

seño audaz e as virtudes dun SUV. Este versátil crossover urbano ofrece un volume de maleteiro líder no seu segmento de 520 litros (con cinco pasaxeiros a bordo), ademais dunha posición elevada do asento e unha visibildiad xeral excelente. Asentos ergonómicos dianteiros certificados por AGR e axustables traseiros achegan maior confort, mentres que as tecnoloxías ultramodernas que incorpora fan a condución e os desprazamen-

Opel chega do Salón Internacional do Automóbil de Xenebra coas novas versións do Opel Insignia, Grand Sport e Sports Tourer, e o moderno Crossland X. A gama X tamén se amplía coa chegada do Grandland X. A novos Insignia, dinámicos, espazosos e innovadores, chegan ao mercado ao estilo do concepto Monza: elegantes, deportivos e coa mellor aerodinámica. A segunda xeración da Insignia ofrece todos os elementos de seguridade e confort que se supoñen nun novo modelo tope de gama e impresiona, ademais de por as súas rechamantes liñas exteriores e a atmosfera de benestar no seu interior, pola incorporación da máis ampla gama de tecnoloxías intelixentes, que abarcan desde o vangardista sistema de ilu-

Arriba, o Crossland X, e abaixo, o Granland X.

Os novos Insignia Sports Tourer e Grand Sport.

minación adaptativa matricial IntelliLux Led e o moi sofisticado sistema de tracción con repartición vectorial do par, ata os ultramodernos sistemas de asistencia ao condutor e a elegante pantalla de información Head-up Display. O seu capó activo para a protección dos peóns completa ña mellora na seguridade. Conectividade Ademais, integra a conectividade avanzada de Opel a través do smartphone que inclúe un asistente persoal, o Opel On Star, que permite desde reservar un hotel a buscar aparcadoiro. O novo buque insignia de Opel conta cunha gran capacidade de carga (station wagon con 130 litros máis de volume que o seu antecesor). É o primeiro modelo que a marca que incorpora tracción

tos máis sinxelos, seguros e agradables. A ofensiva “7 en 17” de Opel, consistente na presentación de 7 novos modelos durante este ano, inclúe a presentación do Opel Grandland X, un novo SUV que combina robustez con dinamismo, elegancia e un concepto de deseño interior que ofrece gran confort e un alto nivel de practicidad. Este atractivo todocamino conta cunha posición elevada dos asentos, unha boa visibilidade xeral, fá-

integral intelixente con repartición vectorial de par, caixa de cambios automática de oito velocidades, cámaras de visión de 360 graos, asistente de mantemento de carril e freada automática de emerxencia. En combinación cos eficientes novos motores turbo, a redución de peso é ata de 200 quilos (dependendo da versión) e ofrece unha posición de condución máis baixa. En xeral, a novo Insignia destaca pola súa gran axilidade, maior habitabilidade e unha sorprendente relación valor/prezo, converténdoo nun serio rival mesmo para as marcas premium. Crossland X Pola súa banda, o novo e elegante Opel Crossland X, fabricado en exclusiva na súa planta de Zaragoza, chega cun de-

cil entrada e saída do vehículo e moito espazo para a equipaxe. O Grandland X, cunha presenza excepcional combinada cun interior de alta calidade, desafía ao mercado dos SUV compactos, que atoparán nel un serio competidor.

A marca chega coa Insignia Grand Sport e Sports Tourer, o Crossland X e o Grandland X


MOTOR especial

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

13

A aposta pola tecnoloxía marca ao novo Peugeot 308 Peugeot renova o seu superventas. A nova xeración do Peugeot 308 chega aos concesionarios españois da marca cun elenco de novas tecnoloxías que se presentan nun vehículo cun deseño aínda máis atractivo. A marca aposta pola tecnoloxía como gran baza en aspectos como a conectividade (sistema Mirror Screen e o seu navegador 3D) e as axudas á condución situándoa como unha das alternativas máis avanzadas do mercado. Ademais, incorpora unha gama de motores renovada, entre os que destaca a nova mecánica 1.6L BlueHDi 130. Tanto en gasolina como en diésel, entran novos sistemas

anticontaminación, que se adianta ao normativa Euro 6c. A innovadora caixa de cambios automática de 8 velocidades EAT8, leva o seu confort de marcha e a súa eficiencia á motorización diésel 1.6L BlueHDi 180 S&S e ao novo motor diésel de 130 CV. Innovación O novo 308 vai máis aló en innovación con dispositivos de axuda á condución, como a freada automática de emerxencia, a alerta de risco de colisión, o recoñecemento dos sinais de límite de velocidade ou o park assist e a cámara de visión 180º Visiopark. Ademais, posúe funcións que regulan a distancia de seguridade, permiten

aparcar cunha mínima intervención do condutor ou corrixen a traxectoria do vehículo. Conectividade O sistema Peugeot Connect NAV, con navegación 3D conectada, ofrece información sobre a situación do tráfico e o estado da estrada en tempo real. O novo Peugeot 308 responde á necesidade de estar conectado ao volante e poder navegar con total seguridade grazas a equipamentos como a función Mirror Screen. A nova xeración do Peugeot 308 chega aos concesionarios españois da marca cun elenco de novas tecnoloxías que se presentan nun vehículo cun des-

O novo Peugeot 308 preocúpase pola seguridade apostando pola tecnoloxía. eño aínda máis atractivo. Desde o acabado Active, o novo Peugeot 308 incorpora unha pantalla táctil de última xeración. Dotado de tecnoloxía capacitiva, ten unha velocidade de reacción e é de uso sinxelo, como a maioría dos smartphones. Situada nunha posición ideal, ao mesmo nivel que os airea-

dores centrais e orientado cara ao condutor, permite ler comodamente os datos e acceder rapidamente ás súas distintas funcións. O novo Peugeot 308 aterra en España con enerxías renovadas para manterse como unha das grandes referencias entre as berlinas dentro do segmento C.

O novo 308 posúe funcións que regulan a distancia de seguridade e permiten aparcar cunha mínima intervención do condutor


14

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

EN BREVE 4 Escola de Familias Escola de Familias é un programa de formación para as familias, posto en marcha polo Concello de Barbadás, encamiñado a dar respostas ás dúbidas surxidas no proceso de educación e dotalas de recursos e orientacións. Está dirixido a todas as familias con nenos e nenas en etapas educativas dende o nacemento ata adolescencia interesadas en informarse e formarse. Trátase de talleres abertos, dinámicos e continuos, nos que as familias sairán con ferramentas que poderán poñer en práctica, e na que poderán aclarar as súas dúbidas. Esta iniciativa ten lugar os xoves nas instalacións municipais do Parque da Solaina (A Valenzá), ás 19 horas. O próximo 2 de novembro terá lugar a segunda sesión co obradoiro “Roles familiares. Coeducación e correspondensabilidade familiar. Educación positiva para a igualdade”. O día 16, haberá un obradoir de “Biodanza”.

4 Obradoiro O 24 de outubro realizarase un obradoiro de contos na biblioteca municipal de Barbadás, no que haberá moitas sorpresas. Está dirixido a nenos de 7 a 10 anos e terá lugarde 18 a 19 horas. Esta actividade quere conmemorar o Día da Biblioteca.

4 Actividade apícola Os sábados 24 de outubro e 4 de novembro terá lugar no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás (Camiño do Pontón, 25) un curso que leva por título “A actividade apícola”. Terá unha duración de 16 horas -de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas-. Seguindo cos cursos, no mesmo lugar celebrarase, do 24 de outubro ao 23 de novembro, un de “Privacidade e seguridade na Internet”.

A VALENZÁ / SOCIEDADE

Os rapaces de Barbadás aprenden primeiros auxilios 4 Dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato. Redacción O polideportivo municipal de Barbadás acolleu unha actividade para concienciar aos escolares sobre a importancia de actuar con prontitude ante unha parada cardíaca. 80 alumnos de 5º de primaria dos colexios O Ruxidoiro e Filomena Dato participaron nunha actividade para celebrar o Día Europeo da Concienciación da Parada Cardíaca. O alumnado obtivo coñecementos sobre a manobra de atención cardiorespiratoria, descubriron cómo é unha ambulancia por dentro e participaron nun simulacro de emerxencias. Colaboraron na inicia-

tiva María Méndez Lage, coordinadora de xestores da Central 061 de Galicia, Protección Civil de Barbadás e a Ambulancia asistencial de Protección Civil de Cambados. “As túas mans salvan

Nenos de Barbadás aprendendo primeiros auxilios.

O PP segue reclamando o arranxo Os Carrís 4 Pídelle ao Concello que aporte os 100.000 euros necesarios para a obra. Redacción O Partido Popular de Barbadás volve á carga para reclamar ao Concello (gobernado polo PSOE e BNG) que acceda a poñer 100.000 euros para o arranxo do céspede de herba artificial do estadio municipal dos Carrís. Os populares aseguran que continuarán esixindo ao goberno local que aporte un tercio do orzamento para o arranxo do campo. Xa que Xunta e Deputación comprometéronse a poñer o resto; 100.000 euros cada

vidas” era o lema elixido para unha actividade organizada pola Concellería de Educación. A súa titular, Marga Pérez, explica a importancia de que os alumnos coñeceran “cómo funciona un desfibrilador, unha ambulancia de emerxencia ou os vehículos utilizados por Protección Civil de Barbadás”. Despois das explicacións de soporte vital básico e de Protección Civil de Barbadás, tiveron a oportunidade de practicar a reanimación cardiorespiratoria en bonecos.

administración sempre e cando o Concello se comprometera a aportar o outro tercio.

Partido no campo de fútbol dos Carrís.

A proposta foi rexeitada polo PSOE e BNG coa abstención de Democracia Ourensana (esta formación pedía destinar os cartos a unha residencia de anciáns). Durante o pleno o PP preguntou sobre a proposta do grupo de Goberno para pechar as instalacións do Campo de Os Carrís durante os adestramentos dos nenos. A secretaria do Concello confirmou que este peche sería ilegal, xa que as instalacións municipais teñen que estar abertas mentres haxa usuarios no seu interior. Interventora Por outra banda, a formación reclamou ao alcalde Xosé Carlos Valcárcel que a interventora acuda aos plenos. A súa ausencia do pleno deste mes impediu, din, a aprobación dun plan de financiamento para o pequeno e mediano comercio.

Solidariedade para Alistair 4 Moteiros solidarios reunen cartos para axudar no seu tratamento. Redacción Moteiros Solidarios Galicia organizou unha ruta moteira autónomica onde se deron cita moteiros de todos os puntos de Galicia cunha asistencia de ao redor de 200 motos para o fin solidario de custear os tratamentos de Alistair. Saíron desde pobos de toda a comunidade para reunirse en Silleda e desde alí todos xuntos emprender a ruta cara a Santiago de Compostela, onde na praza do Obradoiro se fixo un bote reunindo máis de 800 euros que se entregarán directamente ao centro de terapias do neno en Ourense. Logo emprenderon a

ruta ata Silleda ao restaurante Coteliño onde se fixo unha comida. Desde Moteiros Solidarios Galicia agradecen a axuda de todos os asistentes e ás empresas e particulares que colaboraron para conseguir este fin solidario. Moteiros Solidarios de Galicia é unha Agrupación que axuda a todos os que o necesiten. Están a piques de empezar outra campaña para outra nena que necesita unha rampla para adaptar unha furgoneta co kit de cadeira de rodas.

Moteiros solidarios están a piques de comezar outra campaña para unha nena

Moteiros solidarios na concentración para axudar a Alistair.

Integrantes de Amnistía Internacional en Ourense.

Amnistía Internacional Amnistía Internacional mobilizouse en Ourense para apoiar ás 11 persoas defensoras dos Dereitos Humanos detidas desde xuño en Turquía. O grupo de Ourense celebrou o aniversario de Idil Eser, directora de AI Turquía, unha das detidas e acusada de terrorismo. O grupo de AI en Ourense estivo na rúa do Paseo, ofrecendo información sobre este caso e recollendo sinaturas para presionar ao goberno turco para que libere a estas persoas. Ofreceron canapés, así como tarta e galletas.


PROVINCIA

Axudas para baixas de autónomos

4 Para maternidade ou paternidade. Redacción O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a posta en marcha dunha axuda para contratar durante 16 semanas un traballador para cubrir a baixa por maternidade ou paternidade do autónomo. Con esta medida, Feijóo aseverou que Galicia duplica a bonificación que facilita o Goberno central. Así, os profesionais por conta propia poderán contar con apoios para contratar un traballador durante 32 semanas, ao engadir 16 máis ás 16 que xa financia o Ministerio. Cunha achega prevista de arredor dun millón de euros, o presidente auto-

nómico precisou que esta axuda, que nace con vocación de permanencia, cubrirá o 100% da cota empresarial á Seguridade Social do traballador contratado. Financiación Así mesmo, financiaranse os contratos que se renovasen ou se renoven, unha vez rematada a baixa por maternidade ou paternidade, entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro deste ano. Feijóo referiuse tamén á flexibilidade da axuda. A renovación do contrato poderase facer nos 15 días posteriores aos que finalice a baixa, cunha achega media duns 2.000 euros por contrato.

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

Sanidade inicia a campaña antigripal deste ano 4 A provincia contará con 185 puntos de vacinación. Redacción A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia inicia este luns, 23 de outubro, a campaña de vacinación da gripe deste ano. A campaña prolongarase durante dez semanas de xeito continuado ata o vindeiro 29 de decembro, polo que desde a propia Xunta advirten que non é preciso ir os primeiros días, para que non haxa un colapso nos centros sanitarios. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, explicou que o principal obxectivo desta iniciativa é minimizar o impacto da gripe na saúde mediante

a súa prevención, tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela. Entre os obxectivos específicos destaca o de ofertar activamente a vacinación fronte a gripe para acadar unha cobertura do 65% na poboación de 65 ou máis anos e, ao igual que nos últimos anos, farase un especial fincapé na vacinación do persoal

sanitario. A delegada territorial informou de que a provincia de Ourense conta cun total de 185 puntos de vacinación. Así, poderanse recibir en 107 centros de saúde, en 6 puntos emprazados en centros hospitalarios, en 32 centros sanitarios privados, 31 residencias de terceira idade e 3 residencias de discapacitados, entre outros.

Presentación da campaña de vacinación en Ourense. /R.T.

15

En prisión, un brigadista de Lobios Redacción Un brigadista do Concello de Lobios foi detido o pasado 9 de outubro como presunto autor de seis incendios rexistrados no Parque Natural Serra do Xurés (catro en Lobios, un en Entrimo e outro en Lobeira). O mozo, de 21 anos, atópase en prisión provisional despois de admitir tres dos seis focos. Ante o xuíz asegurou que recibiu 50 e 150 euros por prender dous lumes, pero non se coñece a identidade do indutor. Asegurou que só o viu unha vez porque o diñeiro o recollía nun escondite que tiñan pactado. Uns días despois tamén foi detido outro veciño de Lobios como presunto coautor, que quedou en liberdade despois de prestar declaración.


16

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

especial FESTIVAL DE CINE DE OURENSE

4 Federico Ransenberg, no OUFF

Presentación na Sala Valente do Festival de Cine de Ourense co elenco de traballadores, autoridades e patrocinadores do Festival. /RAMSÉS.

O OUFF mostrará obras de 23 países 4 Terá lugar do 20 ao 27 de outubro. R.T. O Festival Internaciona de Cine de Ourense (OUFF) arranca con oito días de cine cheos de propostas de 23 países. A pesar da variedade, o festival fai unha clara aposta polo cine galego e iberoamericano. O Centro Cultural José Ángel Valente da capital ourensá acolleu a presentación oficial desta 22ª edición, que terá lugar do 20 ao 27 deste mesmo mes. Serán un total de 77 propostas de 23 países distintos as que se poderán visualizar no marco do OUFF, das cales 15 serán de directores galegos. A Sección Oficial desta edición estará composta por case unha vintena de filmes que ofrecerán a súa “premiere” española no 22º OUFF. Países como Costa Rica, México, Arxentina, Colombia, Rusia, Estados Unidos, Austria, Noruega, Brasil, Francia ou Taiwán. Outras actividades Este ano o OUFF ofrece unha programación paralela, ofrecendo máis de 20 actividades fóra das salas pero en diálogo constante coa proposta cinematográfica do festival. Máis aló da participación de directores e directoras en encontros e

debates nos que compartirán as súas experiencias, a aposta do festival é achegar o cinema ao público dende diferentes vertentes artísticas e lúdicas. Deste xeito, presentaranse proxectos literarios e artísticos como Nueva Galicia ou El rinoceronte y el poeta, e os espectadores e espectadoras poderán gozar de dúas exposicións e ata cinco obradoiros diferentes, entre os que destaca a masterclass de efectos especiais que impartirá o experto arxentino Federico Ransenberg. A maiores, catro concertos alongarán o OUFF cara á noite e funcionarán de punto de encontro coa música de Soledad Vélez, Puma Pumku, Surma ou os Playback Maracas. O xurado O xurado oficial estará composto na Competencia Iberoamericana pola actriz e cineasta Elena Martín -directora do filme Júlia ist-, Ramiro Ledo -responsable de Cinema NUMAX e NUMAX Distribucióne Xacio Baño -cineasta galego e curtametraxista de espectacular traxectoria cuxas obras estiveron presentes en festivais como BAFICI, Mar del Plata ou Clermont Ferrand-. O xurado da competencia Óperas Primas, pola súa banda, estará integra-

do pola xornalista e crítica Blanca Martínez, Meghan Monsour -directora de programación de Ambulante Gira de Documentales- e Xosé Ramón Rivas -xestor cultural e programador de documentais do Festival Internacional de Cine de Edimburgo-. Alén disto, Begoña González, Helena Rodríguez e Carme Celis comporán o Xurado do Cineclube Padre Feijoo e serán as encargadas de representar á asociación para outorgarlle o Premio do Cineclube ao que designen como Mellor Filme da Competición Óperas Primas. Aos anteriormente citados súmaselles tamén nesta edición o Xurado Universitario, convocado por primeira vez polo Festival de Cine Internacional de Ourense e a Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. A través desta iniciativa ofrécese ao estudantado universitario a posibilidade de coñecer o funcionamento do OUFF e participar activamente no desenvolvemento do mesmo, xa que este xurado seleccionará un filme da Competencia Iberoamericana da Sección Oficial do festival para outorgarlle o Premio Xurado Universitario, dotado con 1.500 euros. En total, o festival

repartirá 31.500 euros en premios entre os filmes da súa Sección Oficial a concurso. OUFF escola O certame de cinema OUFF Escola ten como obxectivo impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo. Nesta edición do OUFF Escola, a cineasta Ángeles Huerta, Gregorio Ferreiro -asesor técnico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia-, o director Héctor Domínguez-Viguera Queija, a actriz Sara Casasnovas e Manoli Maseda -coordinadora territorial dos equipos de dinamización lingüística da provincia de Ourense- escollerán os proxectos gañadores nas categorías “Infantil e primaria” e “Outros niveis de ensino non universitario”.

O OUFF proxectará 77 propostas durante os oito días de festival

Federico Ransenberg, profesional do sector audiovisual coñecido polo seu traballo de efectos especiais en filmes como Cen anos de perdón ou Relatos Salvaxes, impartirá no Festival de Cinema Internacional de Ourense unha masterclass de SPFX físicos para adultos. O taller, concibido para profesionais e estudantes do medio cinematográfico, será gratuíto e desenvolverase o sábado 21 de outubro na Molinera (Ourense). Nel, Ransenberg fará un repaso polos tipos de efectos especiais físicos que existen a través do visionado de fragmentos de películas e analizará a súa creación. Talleres do OUFF Escola e “Xoguetes de cine” O OUFF Escola tamén

ofertará outras actividades formativas para os máis novos. Os cineastas do futuro poderán aprender que é un efecto especial e a importancia do punto de vista e os recursos cinematográficos á hora de crealos, a levar a cabo unha curtametraxe ou penetrarse no mundo da dobraxe audiovisual. Ademais, o Museo Municipal de Ourense (Lepanto, nº 8) acolle a exposición “Xoguetes de cinema”, comisariada polo propio Ransenberg. A exposición estará integrada por obxectos baseados en antigos xoguetes cinematográficos do século XIX reformulados con tecnoloxía actual. Na mostra, o creador proporá a “reelaboración de dous tipos de zootropos e fontes máxicas que permitirán o visionado simultáneo a múltiples espectadores en visión de 360º”.

Federico Ransenberg será un dos atractivos deste festival coas súas masterclass e a exposición no Municipal.

Nace Áncora Redacción Nesta edición, unha das novidades é o proxecto Áncora, foro de posprodución do OUFF para longametraxes galegoportuguesas en proceso avanzado. Este proxecto vai da man do festival e da Secretaría Xeral de Política Lingüística e Agadic. O obxectivo de Áncora é ofrecer asesoramento e favorecer o investimento en proxectos cinematográficos nunha fase de produción avanzada, axudándoos a que se completen nas mellores condicións posibles. Poden participar filmes de produción galega ou

portuguesa que se atopen iniciando a súa fase de posprodución, coa rodaxe xa rematada, ou que estean nun proceso avanzado da mesma. Ademais, tres profesionais do sector formarán parte do comité asesor, que serán Ana Isabel Strindberg -programadora en Indielisboa e directora de Portugal Film-, Marília Rocha -cineasta- e Martin Pawley -crítico e programador-. Este comité será o encargado de elixir que dous filmes levan os premios dos que ÁNCORA fai entrega: o Premio Cinemar Films (premio de posprodución de Son en Cinemar Films valorado en 7.000 euros) e o Premio NUMAX (premio de posprodución de imaxe no Laboratorio NUMAX, valorado en 4.000 euros).


FESTIVAL DE CINE DE OURENSE especial

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

Trinta lumes inaugurará o festival de cine

ENTREVISTA FRAN GAYO, DIRECTO DO OUFF

4 A lei da fronteira clausurarao.

4 Gayo será o director do festival por segundo ano consecutivo.

R.T. Oito días de cine ten por diante Ourense. Do 20 a 27 celebrase a 22ª edición dun festival que inaugúrase co film Trinta lumes, de Diana Toucedo. Para a clausura está prevista a proxección de A lei da fronteira, de Adolfo Aristarain. En medio, máis de 70 propostas de máis de 20 países para ter onde elexir. En concurso 10 películas na categoría Iberoamerica (Amor, amor; Atrás hay relámpagos; Era uma vez Brasília; Esa era Dania; La noche polar; La vendedora de fósforos; Las cinéphilas; Mariana, Señorita María, la falda de la montaña; e Vermelho russo), e outras tantas para a sección Óperas primas (69 Minutes of 86 Days; Abschied von den Eltern; Baronesa; Empathy; Garmonia; Kiss and Cry; Pinell; Los globos; Mi último fracaso; Out there). Ademais outras seccións non competitivas -focos, síntomas, manifestos e extramuros- para conformar a ampla programación deste ano. Premios O Festival

repartirá

30.000 euros en premios nas categorías oficiais. 10.000 para as mellores películas das dúas categorías e 5.000 para o mellor director das dúas seccións. Exposicións Xunto ás proxeccións unha serie de actividades paralelas daralle diversidade ao certame. Encontros, presentacións, talleres, performances e concertos, son algunhas das actividades nas que se pode participar máis aló das pantallas. Tamén haberá dúas exposicións durante estes días. Por unha banda, está a exposición “Platea. Os fotógrafos miran cara o cine”, que estará ubicada ata o día 29 na praza Bispo Cesáreo; e pola outra a mostra “Xoguetes de cine”, de Federico Ransenberg, no Museo Municipal ata o día 27 deste mes.

10 películas están presentes na sección Iberoamérica, e outras tantas na Óperas primas

Fotograma de Trinta lumes de Diana Toucedo.

“Temos que ir afiando para chegar á xente máis nova”

R. Torres Fran Gayo toma as rendas, por segundo ano consecutivo do OUFF. Despois do primeiro ano no que quixo marcar un rumbo distinto do festival, nesta edición toca asentalo. Edición ambiciosa a deste ano? Fran Gayo: “Ambiciosa foi a do ano pasado. Montamos un festival en catro meses (non sei se fora ambición ou temeridade), e este ano si que hai unhas pretensións. As actividades que saen das salas de cine implican a moitisima xente e a coordinación é moito máis complicada; pero tampouco se pode facer programación externa ás salas de cine e que se perda o foco do festival. Si que nos parecía importante que existira unha coherencia á proposta de contido pero que non se limitase ás proxección dentro das salas. Nese senso si que é moi ambicioso e polo outro carón hai que ter sempre unha certa modestia”. Queredes atraer a público novo. con estas iniciativas, ese é o camiño? F.G.: “Temos que ir afinando, por que é a besta negra da xestión cultural agora mesmo, como chegar á xente máis nova. Nós non teremos en dous meses a solución por que senón a patentamos e quereránola mercar en calqueira parte do mundo. Para min, hai demasiada insitencia en que se pode chegar aos mozos pola vía académica; a vía académica é unha pero non chegas á concepción de

Fran Gayo. /RAMSÉS. ocio deles. E o tema non é o que fan cando están na universidade ou en actividades extraescolares. O tema é que fan co ocio, co tempo libre, e se confían en ti para adicarte unhas horas do seu tempo que en circunstancias normais adicarían a outra cousa. Isa é a chave e é no que temos que seguir reflexionando”. É importante captar a xente que no seu tempo libre goce do cine e que tamén o adiquen a facer cine. F.G.: “Obviamente o paso previo é que no tempo libre vexan películas e se den conta que queren ir máis aló do visionado e que teñen algo que dicir ou sinten a necesidade de facer unha película ou unha curtametraxe. O problema é que temos que pelexar contra esa especie de anquilosamento, pero non so nisto, todos os actores culturais que hai agora mesmo, xente que

organiza calquera tipo de actividade cultural”. Para rematar. Que nos agarda neste festival dentro das salas? F.G.: “Hai unha proposta moi persoal do cine iberoamericano que a nós nos interesa, que vai máis aló a veces desde unha perspectiva máis culpabilizada do que é latinoamérica. Parece que a veces sempre se define cunha serie de clichés como o prostitución, o narcotráfico, a guerrilla, os malos tratos. Intentamos ir máis aló diso e sempre a películas que teñan outras propostas. Hai moitas variantes”.

“Hai unha proposta moi persoal do cine iberoamericano que a nós nos interesesa”

17

Premio Cidade de Ourense Redacción

O Festival de Cine Internacional de Ourense entregará nesta vixésimo segunda edición do certame, o seu Premio Cidade de Ourense ao proxecto formativo Cinema en curso. Nesta ocasión, o Festival quere quere recoñecer a Cinema en curso non só o incalculable valor da súa labor de formación dun público sensible para o cine do futuro, senón tamén o seu desenvolvemento de novos métodos educativos a través dos medios audiovisuais, cos que transmiten valores necesarios de empoderamento, colaboración e reflexión. Que é? No ano 2005, Laia Colell e Núria Aidelman impulsaron en Cataluña dende a asociación A Bao A Qu o proxecto Cinema en curso, un programa educativo que partía de tres grandes obxectivos: propiciar que as rapazas e rapaces descubriran o cine, explorar as potencias pedagóxicas da séptima arte e elaborar metodoloxías e propostas de transmisión do cine. Nos seus doce anos de traxectoria o proxecto asentou e internacionalizouse ata sumar a día de hoxe 380 obradoiros en Cataluña, Madrid, Alemaña, Euskadi, Arxentina, Chile e Galicia.

Retrospectivas Redacción

Mariano Llinás, Marilia Rocha e Jeannette Muñoz, protagonistas das retrospectivas do 22º OUFF. O festival ourensán acollerá unha retrospectiva adicada ao cineasta arxentino Mariano Llinás. Completarán os focos os programas dedicados ás cineastas Marilia Rocha e Jeannette Muñoz. Deste xeito, o certame mantense fiel á súa aposta por dar a coñecer a riqueza e diversidade das cinematografías iberoamericanas.


18

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

OCIO E CULTURA

EN BREVE

Cultura restaura o retablo da igrexa de Cudeiro

4 “Voando o pasado”

A exposición ‘Voando o pasado. Fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia’ permanecerá na sala de exposicións de Afundación, ata o 10 de decembro. Mostra organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. A exposición componse de 29 paneis que reflicten a evolución das técnicas da fotografía aérea aplicadas á arqueoloxía.

4 Seidel

Ampliouse a exposición de Isabell Seidel “Tempo” no Museo Municipal. Agora chega unha nova serie de 25 acuarelas inspiradas na auga e na choiva.

4 Sala Valente

A Sala Valente acolle a mostra “Erradiquemos a mutilación xenital feminina”. A exposición organízase con motivo da celebración, o pasado 11 de outubro, do Día Internacional da Nena, unha xornada que pretende fomentar o recoñecemento dos dereitos das nenas e dar a coñecer á opinión pública os problemas excepcionais que afrontan en todo o mundo.

4 ¡H2Oh!

A Obra Social ”La Caixa” e Viaqua presentan a exposición ¡H2Oh! A segredos da auga da túa ciudad, coa colaboración do Concello de Ourense. Aberta ata o 9 de novembro a exposición está ubicada no xardín do Posío.

4 Investiu preto de 10.000 euros. Redacción

Los Suaves recollendo a medalla de ouro da provincia. /RAMSÉS.

Los Suaves, distinguidos coa medalla de ouro da provincia de Ourense 4 O grupo ourensán leva máis de 30 anos nos escenarios. Redacción O grupo de rock Los Suaves, foi condecorado coa medalla de ouro da provincia. O acto tivo lugar no salón de plenos da Deputación de Ourense. Alí estiveron presentes os actuais integrantes da banda xunto coa maioría de músicos que pasaron polas súas filas durante máis de tres décadas. A formación percorreu innumerables escenarios de España e de fóra das nosas fronteiras. O éxito lles chegou antes máis aló de Ourense, pero pouco a pouco, o recoñecemento do público ourensán foi en aumento ata ser un fenómeno social cada un dos seus concertos na vella Auria. Discos para o recordo, cancións con-

vertidas en himnos son algúns dos motivos para esta distinción; pero sen dúbida algunha o maior deles é que manifestan o seu amor por Ourense aló por onde van. Cansados de ver a emigración de preto decidiron non emigrar, o que lles pechou moitas portas pero lles fixo ser donos do seu destino. Coa mirada cara atrás a decisión foi acertada e 35 anos despois seguen estando entre os máis grandes do Rock español. Yosi Yosi Domínguez agradeceu “con toda modestia, humildade e respecto” a distinción coa que a Deputación de Ourense honra a Los Suaves, e no seu discurso tivo palabras de lembranza para todos

os membros que integraron este grupo de rock ao longo da súa traxectoria, “todos, e cada un deles, deixaron un fondo poso”, dixo, e rematou cun “grazas, meu Ourense. Viva Ourense!”. O cantante e “alma mater” do grupo aínda ten a baixa médica despois do accidente sufrido no escenario dun concerto celebrado en Santander en xullo do pasado ano. Moitos fans agardan que o gato volva a maullar ante miles de fieis.

Yosi tivo palabras de lembranza para todos os membros da formación

A Xunta de Galicia restaurou o retablo da igrexa de San Pedro de Cudeiro, onde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de investir preto de 10.000 euros. Solucionáronse os problemas da peza, que presentaba redourados con pan de ouro falso, ataques puntuais de insectos, repintes e algunhas fendas e perdas de volume, entre outras patoloxías. Os traballos realizados consistiron na limpeza do retablo e a súa desinsectación. Así mesmo, acometéronse tarefas de consolidación,

cobertura de fendas, revisión de ancoraxes e reconstrución puntual de volumes. Ademais fixouse a película pictórica e fíxose unha reintegración cromática con acuarelas e po de micas. Retablo De estilo barroco (s. XVII), o retablo está composto por predela, dous corpos e ático. Na parte central pódese contemplar a imaxe da Inmaculada Concepción, á súa dereita a de Santa Bárbara e á súa esquerda a de San Lucas Evanxelista. Pola súa parte, no ático represéntase a Fuxida de Exipto nun relevo.

Visita da directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua, xunto coa delegada da Xunta en Ourense e o alcalde da cidade. /M. REJO.


PUBLICIDADE

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

19


20

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

EN BREVE 4 Sala Ourense O sala Ourense cede un empate na súa visita a Bueu. Despois de chegar ao descando con vantaxe de 1 a 4, os de Kike García non souperon defender a renta de tres goles e deixaron escapar dous puntos. Con este resultado os ourensáns son quintos con 10 puntos. Este domingo reciben nos Remedios ao Pazos de Borbén, a partir das 12 horas.

4 Balonmán

O equipo sénior masculino do Nova Xestión Pavillón logrou a vitoria pola mínima diante do Seis Do Nadal Coia. O resultado foi de 24 a 23. Pola súa banda, o conxunto feminino deu a sorpresa e venceu ás líderes. 25 a 21 foi o resultado dun partido moi serio en defensa para as ourensás e coa gran actuación da súa porteira Andreita.

DEPORTES

Dinámicas opostas para Envialia e Cidade 4 Mentres o Envialia é lider, o Cidade ocupa postos de descenso. Redacción Dinámicas opostas na Primeira división de fútbol sala para os dous equipos ourensáns. O Ourense Envialia lideran a clasificación empatado a puntos co Roldán (13 puntos), mentres que o Cidade das Burgas está en postos de descenso (15º) cun só punto. Na parte de arriba oito equipos están separados por tres puntos, e na de abaixo seis equipos en catro puntos, dando mostras de que a Liga xa se pode romper nestas primeiras xornadas. O equipo dirixido por

Chipi logrou na última xornada a vitoria na casa diante do Soto del Real; 4-0 para seguir no alto da clasificación. As albinegras en cinco xornadas levan catro vitorias e un empate (ningunha derrota). Esta fin de semana teñen un desprazamento complicado. Viaxan ata Alicante para enfrontarse ao Universidad de Alicante (quinto a tres puntos das ourensás). O Cidade das Burgas está sumido nunha dinámica negativa. Dos 15 primeiros puntos en disputa, un só no seu casilleiro. Desde o principio xa se sabía que ía ser un ano complicado e

así parece que o refrendan os resultados. A última derrota, pola mínima (2-1), ante un rival directo: o Leganés. Esta fin de semana regresa a casa e o fará diante doutro dos equipos punteiros. As de Manolo Codeso reciben a un Burela que quere seguir nos postos de arriba. O encontro terá lugar este sábado a partir das 17 horas no pavillón dos Remedios.

O Cidade xoga este sábado, 17 h Os Remedios ante o Burela

Positivo inicio en Terceira división 4 Na Preferente tamén arrancaron ben. Redacción Os equipos ourensáns de Terceira e Preferente levan, salvo excepcións, boa marcha. En Terceira, o Barco é segundo, mentres que Arenteiro, quinto e, Ourense CF, sétimo. Peor está o Barbadás que sete derrotas consecutivas o condean aos postos de descenso (penúltimo). Na Rexional Preferente algo parecido. Bande e UD Ourense son segundo e cuarto, respectivamente. Máis abaixo está o Nogueira, na décimo sexta posición, e o Ribeiro, na décimo oitava (postos de descenso).

Ourense CF - Arenteiro./ RAMSÉS.

Vindeira xornada Para esta fin de semana en Terceira disputaranse os Arenteiro - Choco; Ourense CF - Laracha; Arosa - Barbadás; e Barco - Cultural Areas. Na Recional Preferente, UD Ourense - O Grove; Atios - Ribeiro; Sanxenxo - Bande; e Erizana - Nogueira.

4 Rugbi O Campus Ourense Rugby perde fóra todo o que gaña na casa ou gaña na casa todo o que perde fóra. De catro partidos dúas vitorias, como local, e dúas derrotas, coma visitante. esta semana toca viaxar para xogar diante do Bera Bera. Os ourensáns ocupan a sexta praza con 11 puntos.

Estado da canastras que motivou a suspensión do COB - Coruña./RAMSÉS.

COB - Coruña, suspendido

4 Atletismo Xa están abertas as inscricións para a carreira popular do San Martiño. A 41ª edición disputarase o 19 de novembro, e xa hai preto de 1.000 anotados.

Luci, Envialia, e Clara, Cidade, en sendos partidos dos seus equipos /RAMSÉS.

O partido que tiña que enfrontar ao Club Ourense Baloncesto ante o Leyma Coruña, o pasado día 15, tivo que ser suspendido pola rotura dun dos anclaxes dunha das canastras. O ex cobista Dmitri Flis dispúñase a facer a rolda de quecemento cando se agarrou á rede provocando que cedera toda a base. Durante minutos buscouse unha solución alternativa, para finalmente dar por suspendido o encontro. Agora toca buscar unha data para xogar.


IMAXES DO MES

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

21

Día da Hispanidade

A Comandancia da Garda Civil en Ourense celebrou o día da súa patrona, o 12 de outubro, día do Pilar, coincidindo co Día da Hispanidade. Ata o cuartel de Santa Mariña desprazáronse autoridades, familiares e gardas civís para festexar este día; previamente tivo lugar na Catedral de Ourense unha misa. No cuartel rendeuselle homenaxe aos caídos en acto de servizo. Tamén entregouselles medallas ao mérito por diferentes servizos especiais ao longo do ano, a membros do corpo.

Mofa e Befa participou no FITO coa súa obra “Cranios privilexiados”. /RAMSÉS.

Un dos grupos que participaron este ano na edición do Entroido de Verán. /RAMSÉS.

10º FITO

Do 5 ao 15 de outubro celebrouse en Ourense a décima edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). En total foron 15 as representacións que tiveron como escenario o Auditorio Municipal e o Teatro Principal; aínda que tamén houbo teatro na rúa (Paseo e praza do San Martiño) ademais de na Unversidade. As compañías chegaron de Galicia, Estremadura, Madrid, Cataluña, Castela e León, ademais de Arxentina e Portugal.

Entroido de Verán

Homenaxe aos caídos no Día da Garda Civil. /RAMSÉS.

Ourense celebrou o seu “Entroido de Verán” para despedir as vacacións e o bo tempo. Un desfile de comparsas, participaron un total de nove, polo casco vello da cidade con inicio na praza Maior e remate na do Correxidor. Repartíronse 1.500 euros en premios entre os mellores disfraces individuais, por parellas e de grupos. O Concello recuperou, hai dous anos, esta actividade que pasou dun par de comparsas ás dez deste ano.


22

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

4AXENDA Cinema - Do 20 ao 27 de outubro - 22º Festival de Cine Independiente de Ourense (OUFF)-Auditorio - 21 de outubro - Ciclo Cine Ambiental “Manual de uso dunha nave espacial + Marcha atrás + Liñas discontinuas” - 16 h - Xardín Botánico de Montealegre Teatro - 21 de outubro - “Os Carniceiros”- 20 h - Casa da Cultura de Barbadás - 21 de outubro - 20:30 h - teatro: Zenit, la realidad a su medida - Teatro Principal - 22 de outubro - Musical “Hansel e Gretel” - 12 h - Auditorio municipal - 12 de novembro Ópera infantil “A pequena frauta máxica” - 12 h - Auditorio municipal Exposicións - Ata o 31 de outubro - Exposición ‘Os paraísos perdidos’ de Aurora Gómez no Auditorio municipal - Ata o 9 de novembro - “H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade” Xardín do Posío - Ata o 10 de decembro - Exposición de fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia “Voando ó pasado” - Sala de exposicións Afundación Música - 28 de outubro - concerto de Daniel Minimalia - 21 h - Auditorio municipal - 28 de outubro - concerto de Caxade - 21:30 h - Café Cultural Auriense - 30 de outubro - Concerto de Mark Eitzel (“American Autumn 2017”)- 21 h - Auditorio municipal - 5 de novembro - Concerto de Dorian Wood (“American Autumn 2017”)- 20 h - Auditorio municipal - 17 e 18 de novembro - “XIV Festival Internacional de Blues” - 21 h - Teatro Principal - 29 de novembro Concerto de Los hijos de la montaña (“American Autumn 2017”) - 20 h Café Pop Torgal Outros - Días 21 e 22 de outubro - Feira do Vinteún - 21 de outubro - “Palillando entre barrios” organizado pola AVV As Termas - Praza 200 periodicobarrios.com

AXENDA / ARTIGOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

O gadañazo Enchiches de vida os ollos cando a morte te buscou. Valeirácheste para diante cun tremor, ti non sabes torcerte porque naciches dereito, non sabes gardarte en ti, votas por fóra, esmoreces se te coutas, es unha londra no Asneiro, unha cañota de carballo bebendo nas augas da fonte da tenrura. Por iso, aquela tarde cando adiviñei o gadañazo no teu peito, cando che dixen que había que buscar menciña para ese can enrabiado, sorriches coma quen agarda o solpor nun día do verán, acariñáchesme co teu aloumiño, co noso aloumiño, e dixéchesme que xa estabas preparado. E quixeches prepararme a min. Non podo prepararme para iso, papá, non podo nin quero, reméxeseme o sangue como o leite mazado, estrálame nas veas calado, un sangue novo e vello, vivo e morto, un sangue cheo de mágoas e de bicos que agroma dos fígados, como fervenzas de carraxe nas enchentas do inverno. Miráchesme outra vez dende o fondo, dende as simas derretidas do teu cerne, un ollar de mel e de amorodo, e bicáchesme nos ollos e nas bágoas, apertas e agarimos que gardabas aínda novos para darme, quixéchesme aquela noite coma un río, coma o pai que arrola ao seu meniño, non facía falta que falaras porque a túa pel xa o dicía todo, non era un adeus senón un ata logo, volverémonos atopar na primavera cando as papoulas amañezan e arrecenda o sabugueiro, cando as bolboretas escri-

ban no ceo esa poesía que che gusta. Andarei contigo en cada golpe, en cada laio, en cada carreiro onde te atopes. “Tranquilo, Chiquito”, escoitábase en cada aperta, en cada caricia, en cada aceno... Non sabes como te preciso, como esgarabello nos recordos para atoparnos, teño saudade de ti, dos teus ollos doces coma as follas do outono, da cor da verdade e da compaña. Como te lembro cada noite a carón da lareira contando contos e discutindo de política, ou de vacas, ou de cando estabas en Venezuela. Escoitar a música da túa risa. Ti si que rías de verdade, rías como un xílgaro, rías coma unha raiada de sol nun solpor do verán, rías do bo da vida, rías porque ti eras unha andoriña dos dentes, unha pomba feiticeira leda de seu, inventor da risa, eterna, vital. Cando viñas a casa de Corrigatos e comías os espaguetes adobados con azucre en vez de sal e sabíanche ben e ríaste dos erros da cociñeira. A túa mellor comida era estar con nós, coa miña muller Bertiña, a quen ti quixeches coma a filla que a morte tamén che levou, e co teu neto, o pequerrechiño. Ti que de perdas sabías tanto, nunca deixaches de sorrir! Namorado da xente, dos teus. Sempre dando en cada paso, en cada rapaz, en cada home, en cada can, en cada

“Non sabes como te preciso, como esgarabello nos recordos para atoparnos, teño saudade de ti”

vaca, ou no cabalo ou en cada unha das leitugas do prado do Muiño, da túa horta, dábaste ti, sen medida, sen prezo, sen querer nada a troques, dar por dar, querer así como só Deus pode querer. Camiñamos xa máis preto, ímonos achegando, xa te escoito no prado da Albela segando na herba, imos de camiño ao mesmo sitio. Agora a congostra non é tan tenebrosa, nin a dor tan fera, aínda que as noites sexan longas xa albisco o alborexar, escóitote no Celeiro facendo nos cestos, e na corte dándolle un feixe de herba seca á Ratina e na lareira botándolle a salsa de tomate aos macarróns. Tamén te vexo na hortiña da Rexidoira sachando nas cebolas, e no Pontón sentado á sombra fumando o teu pitillo de caldo e rindo, ou mollando o peteiro coa bota do viño branco que dis que é máis fresco para o verán. Por iso escribo estas cousas, para que vivamos de novo xuntos no meu maxín. E cando nos xuntemos para sempre, cando eu tamén me vaia ao val do Asneiro de alá, e nos deitemos mirando cara o ceo á sombra dos carballos, sen présa, saboreando cada grolo de ti, vendo respirar as polas coa cantiga do vento maino do norte e coa emoción de verte cara a cara me esvare algunha bágoa, botaraste a rir a gargalladas, pasarasme a man pola cabeciña e dirasme coma sempre: “abrázame, Chiquito, e déixate de Andrómenas!”. Avelino Jácome

Capitán Eloy antes da apertura de Ramón Cabanillas. Ano 1968./PACHECO.

Tatuaxe A principios dos 70, o derrube de varios edificios con fachada a Capitán Eloy (hoxe Concordia), posibilitou a conexión desta coa rúa Ramón Cabanillas, nomeada de maneira provisional como “calle 28”. Ás veces, os recordos respiran polas feridas. Outras, toman forma de agarimo e visítannos para roubarnos un sorriso. Acumulo imaxes difusas dos chalets da contorna, de negocios desaparecidos, do rostro de veciños que partiron ás presas con único billete de ida, caso de Santiago Fernández

Losada “Santi”. Tamén rememoro aspectos menos transcendentais como os partidos de baloncesto que, nos 90, con motivo das festas, celebrábanse de noite no tramo que vai desde o cruzamento con Bedoya ata o lugar onde se levanta a estatua dos “Ramones”. Hai uns días, camiñando por Ramón Cabanillas adiantoume unha moza. No omóplato esquerdo, en tinta sobre pel, lucía unha inscrición reveladora: “nada es para siempre”.

Tren turístico “Ourense termal e de compras”

iniciativa que na viaxe inaugural vendeu todos os billetes. O itinerario inclúe unha completa visita guiada polo centro histórico de Ourense, para facilitar as compras no comercio de proximidade, así como unha parada de nas termas de Outariz para gozar das súas augas. Os interesados terán unha segunda oportunidade de subir a este tren o próximo 21 de outubro. Os billetes pódense adquirir a través da web de Renfe e nas estacións, con prezos de 40 euros para os adultos, 20 para menores de 14 anos e descontos para grupos.

Redacción O pasado 7 de outubro realizouse a primeira das dúas viaxes programadas polo tren turístico “Ourense termal e de compras” procedente de Santiago, unha das novidades ofrecidas este ano polo programa “Galicia a todo tren” promovido por Turismo de Galicia, Renfe e do Inorde coa intención de fomentar un turismo urbano de calidade e sustentable. Cómpre destacar a boa acollida e o éxito desta

Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán


CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

OURENSE POR Barrios Outubro de 2017

23

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Fotografía: Miguel Rejo , Ramsés Torres. Colaboracións: Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda e Avelino Jácome. Nº 33 - Ano: XVI - Outubro de 2017 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4TEL. DE INTERESE

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Quere gañar de 200 a 600 euros cada mes sen traballar?. Só ten que abrir unha conta cun Broker. Investimento 10 euros. (faino vostede ou fágoo eu). Todo o traballo realízoo eu. Beneficios fixos garantidos. Cobro de beneficios cada 15 días. Mais información en victor_vgc@hotmail.es Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 84 46 82.. Impártense clases individuais en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com ou 610 38 25 89. Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Ófrecese señora para servizo doméstico por horas.

Tel 674 50 05 13. Busco calquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 64 96 10. Dánse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 51 58 18. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outras ofertas para traballos distintos. Posibilidade de media xornada ou completa, interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63.

INMOBILIARIA Alugo local económico. 15 m. Está valeiro pero o

podo amoblar. 100 euros ao mes máis 7 de comunidade. Aseos comunitarios. A beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Alugo praza de garaxe. Ampla e cómoda. Ao carón da praza do Couto. 55 euros. Tel. 636 329 524.. Alugo baixo comercial no Centro Couto, acondicionado, duas plantas, 70 m2 utiles. 380 Eur. Tel. 636 32 95 24. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes, apto para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto, na rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase local comercial acondicionado en rúa Fco. Moure 14 (ao lado Praza Couto ), 65 m2 útiles. Dispoñible a partires de marzo. Tel. 636 32 95 24. Alúgase ou véndese praza de garaxe na zona da Ponte. de 14 m2. O garaxe ten dobre entrada/salida, pola rúa Río Mao e rúa Bellao en coche; e a pé pola rúa Pilar Miró. Porta automática. Tel. 617 532 017 Alúgase local acondicionado moi céntrico e a pé

de rúa con escaparate en Ourense. 160 m2 Dispoñible a partires de outubro. Tel. 625 515 818. Alugo apartamento para fins de semana e pontes (Montalvo). Dúas habitacións, xardín, aparcamento. Fronte ao mar. Tel.: 607 271 916. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña america, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 636 422 497

VENDAS Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781. Vendo moedas antigas da época do rei Alfonso XII de cobre (ano 1937). Tel. 639 338 473. Vendo cociña de indución como nova (ideal para camping) e baúl de madeira e coiro. Tel. 626 297 504. Vendo colcha e dous manteis de ganchillo. Tel. 669 434 330 e 988 24 60 96. Vendo sillóns de perruquería seminovos (400 eu.), secador de casco seminovo (200 eu.), máquina de cera fría (150 eu.) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 25 59 63.

Vendo pedras para unha cheminea. Tel. 639 33 84 73. Vendo nove pranchas de pedra de 2.90 x 1.50 m. 150 euros en total. Estrada de Santiago, a 10 km de Ourense. Tel. 658 05 69 22. Vendo e troco calendarios de peto para coleccionar e barallas de cartas. Tamén compro os calendarios se están en bo estado.Tel. 630 67 21 05 (Atendo whastap). Véndense tres bicicletas (unha de moza a estrear), dous lavacabezas e un secador de perruqería seminovos, sofá 3+2, botelleiro, porta de aluminio marrón, mampara nova e unha casa a restarurar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349.

VARIOS Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio).

CONTACTOS Ofrécese mozo de 36 anos para mulleres maduras de 45 a 62 anos. Prezos anticrisis. Dou masaxes eróticos. Tel. 697 79 59 28. Atendo whatsapp e chamadas. Non número oculto. Absterse homes.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com


OURENSE POR Barrios Outubro de 2017


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.