A pista cuberta de atletismo en Ourense xa é unha realidade [Páx. 15]
TEMA DO MES Páx.3 BARRIOS As asociacións de veciños denuncian o “afogo” do Concello
Páx.5
Finaliza a recollida de alimentos da Operación Quilo
CIDADE
Páx.7
Remata a limpeza e rehabilitación das Burgas de Abaixo
CIDADE
Pax.8
A Xunta adquirirá novos edificios no casco vello
A VALENZÁ Páx. 10 Programación de Nadal do Concello de Barbadás
Séntese o Nadal
[Páx. 18 - 21] Ourense, capital e provincia, xa está inmersa de cheo no Nadal. Centos de actividades relacionadas con esta festividades terán lugar nos concellos ourensáns./M. REJO e RAMSÉS.
Número: 35 - Ano: XVI - Decembro 2017 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
TEMA DO MES
A feira do 21, suspendida ata que se modifique a ordenanza municipal 4 O evento, previsto para este 23 de decembro, foi cancelado por non acollerse á normativa de feiras mensuais. Redacción Este sábado 23 de decembro estaba previsto que se celebrase por terceira vez a feira do 21, que dende o pasado outubro cada mes buscaba recuperar un tradicional mercado que había no barrio fai máis de medio século. Con postos de artesáns e numerosas actividades culturais, os organizadores perseguen con esta iniciativa dinamizar o barrio, pero de mo-
mento a súa continuidade atópase en suspenso, debido a un informe xurídico do Concello no que se explica que este evento, que pretende ser mensual, non o recolle a ordenanza municipal de feiras como si o fai coas dos días 7, 17 e 26 de cada mes. A solución a esta situación pasa pola modificación da normativa, algo ao que o Concello se mostra disposto, pero lembra que para iso hai que seguir
“Non queremos confrontación, pero entendemos que hai unha feira que foi aprobada en pleno e iso é vinculante”, explica a organización
unha serie de trámites que levan o seu tempo. A organización Dende a organización da feira explicaron que se enteraron da suspensión da do día 23 fai unha semana, “pero non de xeito oficial, xa que o informe aínda está pendente de entrega”, detallounos José Carlos Castro, xerente da tenda de antigüidades Cova da Meiga. Ata o momento tiñan ao redor de 30 expositores comprometidos. “É un fastidio para todos, para os artesáns, para os veciños… isto non é unha comercio que esteamos
O evento inclúe postos de artesáns e actividades socioculturais./R.T.
montando nós, trátase dun conxunto de actividades socioculturais e comerciais. Na de novembro houbo un recital de poesía, un concerto; non só se ofrecen produtos. E isto dalle vida ao barrio”, explica o comerciante. Pero deixan claro que eles só queren solucionar este problema o antes posible. “Non queremos unha confrontación co Concello nin moito menos, pero entendemos que hai unha feira que foi aprobada no pleno de agosto e esa decisión é vinculante. Hai uns plazos para levala a cabo e o que buscamos e axilizalos na medida do posible, colaborando con quen faga falta”, din. Así mesmo, confesan que “somos optimistas e continuamos con toda a ilusión do mundo porque esta feira dinamiza o barrio, unha zona periférica que non ten tanta actividade como o centro, pero que ten moita xente, e desta maneira benefícianse todos: veciños, comercios, artesáns…”, explica José Carlos. O Concello Dende o Concello non se opoñen a este evento, pero aclaran que cando se solicitou “era para recuperar unha feira histórica. Autorizouse para un caso puntual nun momento puntual, nunca se abordou dende a perspectiva de modificar a ordenanza”, precisou a edil de Comercio, Flora Moure. A concelleira insiste en que este informe “é unha cuestión xurídica, non ten nada que ver co grupo de goberno nin o Concello”; e deixa aberta a porta a esa modificación da normativa, “é unha posibilidade,
A feira do 21 retomouse o pasado mes de outubro. pero leva o seu tempo e unha tramitación, que haberá que abordar se efectivamente se quere continuar con este evento”, conclúe. Dende a organización da feira do 21 solicitaron unha reunión co Concello para tratar o tema, a cal esperan que se celebre a semana próxima.
“Modificar a normativa é unha posibilidade, pero leva o seu tempo e unha tramitación”, detalla a edil de Comercio, Flora Moure
Flora Moure, concelleira de Comercio./RAMSÉS.
TEMA DO MES
Manifestación convocada pola Agrupación Miño ás portas do Concello o pasado 19 de decembro./RAMSÉS.
As asociacións de veciños denuncian o “afogo” do Concello 4 A Agrupación Miño e a Federación Limiar uníronse nunha manifestación para reclamar as axudas municipais ao movemento veciñal. Redacción Na última asemblea da Agrupación Miño acordouse por unanimidade mobilizarse ante a situación na que o Concello está a colocar ás asociacións veciñais. Unha concentración á que convidaron a sumarse á Federación Limiar, que aceptou, e que tivo lugar este martes 19 de decembro ás portas do consistorio local. Dende a Agrupación Miño poñen en evidencia que os colectivos veciñais “afórranlle recursos aos Concello sendo os primeiros que a pé de pobo ou barrio detectamos as necesidades comunitarias facéndollas chegar”, a pe-
sar de que logo son eles os que “levamos as críticas cando as administracións non actúan”. A pesar desa labor, segundo este colectivo, o Concello de Ourense non cesou na súa política de “afogar ao movemento veciñal”. Entre as queixas que manifestan atópase o endurecemento da burocracia; a eliminación nos últimos anos das axudas para mellorar o equipamento dos locais veciñais e das destinadas a realizar proxectos culturais; a supresión das actividades para fomentar a interrelación entre os veciños dos distintos barrios no Nadal; non resolver as axudas a enti-
dades sen ánimo de lucro para o funcionamento e realización de actividades a prol do asociacionismo veciñal e a participación cidadá en 2017, nin os cursos formativos que se realizan nas asociacións; e a paralización da reforma do Regulamento de Participación Cidadá. Como consecuencia, tanto dende Miño como dende Limiar esixen que se poña solución a todas
“Aforrámoslles recursos ao Concello”, din dende a Agrupación Miño
estas carencias. “Este ano quedamos sen sub-
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
vencións e as asociacións sen axudas non poden sobrevivir. Sacaron as bases tarde e mal e non deu tempo a resolver. Creo que o que buscan é eliminar as asociacións”, denunciou Lorinda Fernández, representante da Agrupación Miño. Piden que o alcalde de Ourense se manifeste ao respecto, xa que nunha reunión anterior asegurou estar pola labor de que continuasen as subvencións ao movemento veciñal. Unhas axudas que aínda de aprobarse serían mínimas. “O ano pasado eran 55.000 euros, este ano serían como 22.000 euros entre as máis de 60 asociacións”, explicaron. Centralización Ademais, denuncian que o Concello só busca centralizar a actuación de cara aos veciños. “Están intentando levar todo para os centros cívicos, cando o labor da directiva das asociacións é moi importante, porque facemos un traballo que eles non fan, e facémolo sen ánimo de
lucro. Vennos como inimigos, só buscan dividir e pechar locais”, reclaman dende Miño. “Queremos que se nos teña en conta para moitas decisións. Estamos legalmente constituídos e temos dereito a que se nos escoite e a esas axudas. Limiar e Miño sumamos moitas asociacións e o movemento veciñal non pode quedar calado vendo isto”, conclúe. Limiar Pola súa banda, Manuel Mosquera, presidente da Federación Limiar, tamén é claro, “non buscamos culpables, buscamos solucións. E eles pódeno solucionar sen problema ningún”, di.
“Estamos legalmente constituidos, temos dereito a que se nos escoite e a esas axudas”, reclaman
Os representantes veciñais fixeron chegar as súas reclamacións ao alcalde./R.T.
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
BARRIOS
Rosa Mª Feijoo Rebollo, atención psicolóxica rápida e eficaz
Melloras viarias en Ceboliño
O seu centro está ubicado na avenida de Portugal, número 47.
4 O Concello 105.000 euros.
No centro de psicoloxia de Rosa Mª Feijoo Rebollo pretenden dar unha atención psicolóxica de forma rápida e eficaz. Está formado por un equipo de profesionais cunha boa preparación e especilizados en distintas áreas da psicoloxía. A día de hoxe vivimos rodeados de estrés. Ás veces sentimos a necesidade de falar e non atopamos a persoa axeitada, ou necesitamos un profesional que nos de unha visión obxetiva. Pode ocorrer que nos encontremos moi baixos anímicamente. Recoñecemos que o temos todo para ser felices pero non o somos, todo o contrario. Estrés, depresión... Se tes autoestima baixa, te sentes inferior a outras persoas e tes a necesidade de facer algo para mellorar deberías de consultar a un psicólogo. No centro de Rosa Mª Feijoo Rebollo traballan no ámbito da psicoloxía clínica e fan terapias para tratar o estrés, a ansiedade ou a depresión. Tamén para casos nos que se produce unha alteración da conduta, adicións, trastonos alimentarios, acoso escolar...
Atenden tanto a adultos como a nenos ou adolescentes. Hai casos en que as parellas non están pasando por un bo momento, a solución non sempre é unha ruptura e para elo fan terapia de parella. Así como terapia familiar cando é necesario chegar a algún acordo ou adoitar medidas para correxir algún problema. Psicoloxía educativa No ámbito da psicoloxia educativa tratan o TDAH, trastorno do aprendizaxe, dislexia, retraso madurativo ou calquera outra dificultade á hora do estudo e orientación. Estudar ten que ser algo sinxelo, pero para moitos convértese nalgo imposible. Iso fai que os rapaces se desmotiven e que vaian deixando os libros de lado. Nestes casos estase a un paso do fracaso escolar. Se os resultados académicos dos teus fillos non foron satisfactorios, non o deixes pasar. A solución non sempre está en darlle clases a maiores, senón que se trata de buscar o problema para poñer unha solución. Os suspensos ás veces son por non estudar pero na
maioría dos casos hai algo a maiores, pode ser un problema de desmotivación, por falta de técnicas de estudo, por non saber xestionar o tempo ou porque necesitan unha persoa que lles vaía programando e controlando as súas sesións de estudo. No centro de Rosa Mª Feijoo contan cun departamento psicoeducativo no que ofertan apoio escolar para nenos con necesidades educativas especiais, tando de forma individual como en grupos reducidos. E tamén se desplazan ao seu domicilio. Non se trata dun apoio escolar no que só se resolven dúbidas senón dunha atención máis integral.Os grupos reducidos están formados por un máximo de cuatro persoas onde se tratan as dificultades que os nenos presentan no seu día a día. Imparten ademais sesións de técnicas de estudo e motivación. No centro de psicoloxía de Rosa Mª Feijoo estarán encantados de poder axudarvos. Pide información sen compromiso. Todo o seu equipo deséxache unhas Felices Festas.
Redacción O Concello investirá 105.000 euros na mellora da rede viaria desde Ceboliño ata a urbanización de Monterrei. Deste xeito, avanza na execución do plan de investimentos despois de aprobar, en xunta de goberno local, a ordenación decrecente do proxecto de acondicionamento de vías desde Ceboliño ata a Urbanización Monterrei. A empresa con mellor puntuación ten agora ata o día 24 para presentar a documentación necesaria para a súa adxudicación definitiva. “Este proxecto contempla actuacións por importe de licitación de 105.329,46 euros (IVE engadido)”, relataba o
investirá
alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno local do 14 de decembro. “Trátase dunha estrada local, de dobre sentido de circulación e ancho variable. O firme existente carece de regularidade e presenta perdas de material nalgunhas zonas polo paso do tempo, as condicións meteorolóxicas e o tránsito de vehículos”, dixo. As actuacións propostas van encamiñadas a reparar os tramos danados e previr que se produzan danos e a facilitar a circulación de peóns e vehículos. Unha vez finalizados os traballos de execución de firmes pintaranse as marcas viarias continuas en ambos marxes da estrada.
Estrada que une Ceboliño coa urbanización de Monterrei. /M. REJO.
EN BREVE 4 Banda de
música
Por segundo ano consecutivo queda deserto o concurso da banda de música do Concello de Ourense. A última empresa aspirante, a Asociación Ricardo Courtier, a facerse coa xestión do servizo aseguraba que non tiña a solvencia económica que esixe a lei. Presentáranse tres aspirantes, das outras dúas, delas fora excluída por non cumprir co esixido no prego e a outra non presentara a documentación esixida trala ordenación decrecente, e esta terceira que se mostra sen liquidez.
4 Sentenza O Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Ourense ditou sentencia, favorable ao Concello, desestimando un recurso interposto pola Xunta de Compensación do Polígono Único Sector Solo Urbanizable 20, Fonsillón - A Farixa (o proxecto Eroski), contra un acordo da Xunta de Goberno Local do 30 de abril de 2015 no que se lle desestimaba unha reclamación indemnizatoria de responsabilidade patrimonial polos danos causados como consecuencia da anulación do PXOM de 2003. Reclamaban 11.130.019,36 euros.
BARRIOS
Toca repartir entre os máis necesitados 4 Finalizou a recollida de alimentos da Operación Quilo deste 2017. Redacción A Asociación Xuvenil Amencer vén de pechar o período de recollida de alimentos da Operación Quilo, na que colabora con Cáritas Diocesana. Con este, son xa 31 anos nos que esta acción axuda as familias máis desfavorecidas de Ourense. Á espera de facer o reconto total estase a traballar para o día 22 facer o reparto, a través das distintas Cáritas parroquiais. Durante varias semanas a maioría dos supermercados da cidade puxeron carros de compra para depositar os alimentos. Os voluntarios foron visitando as empresas do ramo da alimentación e da xoguetería para recoller todo tipo de donativos, así como de particulares que se puxeron en contacto coa
asociación para axudar. Ademais, como cada ano, o deporte non foi alleo á iniciativa e moitos encontros e torneos deportivos puxeron o seu gran de area facendo unha recollida solidaria. Tamén se están a recoller
se están entregando en man na sede de Amecer, que está nos baixos do colexio salesiano. 2016 Á espera de saber os datos deste ano, o pasado repartíronse 20.184 quilos de comida; 1.100 quilos de xoguetes e 2.300 quilos de roupa (sen pedila) e recolleuse 6.269,16 euros que se converteron en alimentos de primeira necesidade. Atendéronse así a 1.042 familias compostas por 3.184 persoas.
Acto de entrega do cheque a Cáritas Ourense por parte da Asociación de Concesionarios de Ourense.
Acauto dona 5.000 euros a Cáritas Redacción A Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (Acauto) fixo entrega dun cheque a Cáritas Diocesana por valor de 5.850 euros. Os case seis mil euros corresponden a 15 euros por cada un dos 390 coches vendidos no último Sa-
Sede de Amencer cos alimentos recollidos. /M.REJO.
4 Cun plan que se porá en marcha de 2017 a 2020. Diferentes colectivos sociais e representantes de todas as áreas municipais, xunto con edís do Concello de Ourense estiveron presentes na presentación do III Plan para a promoción da equidade de xénero. Un documento
4 Polas vendas no último Salón do Automóbil.
Ourense busca a equidade de xénero Redacción
donativos a través de petos colocadas en diversos establecementos da cidade co logotipo da Operación Quilo, os cales permanecerán ata despois de Reis. O recadado servirá para mercar máis alimentos. Tamén hai achegas que
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
impulsado desde o Centro de Información Municipal á Muller (CIMM) e no que colaboraron o Consello Municipal de Igualdade, integrado por unha representación de todos os estamentos institucionais de Ourense, a Comisión de Violencia de Xénero e os diferentes partidos políti-
cos. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, subliñaba que agora “temos entre mans é unha ferramenta para a xustiza social”. O plan, máis aló da igualdade, busca a equidade nas relacións entre traballadores e traballadoras coa cidadanía, segundo explicou posteriormente Elisa Gómez, da consultora encargada da súa redacción. Como novidade, o plan de equidade inclúe tamén os colectivos LGTBi. “Estamos a falar dun tema transversal a toda a
Políticos e colectivos sociais deron o seu apoio a esta iniciativa do CIMM.
acción de goberno, a todas as Concellerías”, sinalou o rexedor, que cualificou de “inexcusable” a súa posta en práctica. O período de vixencia técnica do III Plan é desde o ano 2017 até finais de 2020, podendo prorrogarse ata a aprobación do seguinte instrumento. Unanimidade O terceiro Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do Concello de Ourense foi aprobado por unanimidade en sesión plenaria ordinaria do día 1 de decembro de 2017. “Aínda queda moito máis por facer para poder dicir abertamente que vivimos nunha sociedade realmente igualitaria en termos de xénero”, insistía Elisa Gómez na súa exposición. “A promoción da igualdade é algo transversal a toda a sociedade e, polo tanto, a responsabilidade é conxunta e compartida” puntualizaba.
lón do Automóbil novo e de ocasión que tivo lugar en Expourense en outubro pasado e que os concesionarios. Esta iniciativa xa se vén realizando en edicións precedentes. A deste ano irán á institución asistencial para sufragar parte dos gastos do comedor social durante a campaña do Nadal.
Moteros solidarios precisan voluntarios 4 Para clasificar xoguetes. Redacción
meiro momento.
Unha vez finalizada a campaña de recollida de xoguetes 2017 en Ourense e Pontevedra, Moteiros Dolidarios necesita voluntarios para a clasificación de todo o recadado. Grazas a isto cada neno -das casas de acollida da cidade- recibirá tres ou catro xoguetes en lugar dun, o previsto nun pri-
Proceso O sábado 23, de 10:30 a 13:30 horas, envolveranse os agasallos para entregar o día 30 nas casas de acollida. Desde Moteiros Solidarios indican que “toda axuda sera benvida” xa que hai “moitos nenos e moitos agasallos”. Todo aquel que poida botar unha man no proceso de selección e envoltorio que acudan á sede situada en cálea Pena Trevinca, 29. O teléfono é o 669 163 909. Desde Moteiros Solidarios aproveitan para agradecer a todos os puntos de recollida, xa que sen a súa colaboración “non sería posible realizar con tanto éxito esta campaña” para facer felices aos cativos mais necesitados.
Xoguetes recollidos.
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
Premios para Scouts Ourense Redacción Scouts de Ourense gañan un premio de ámbito estatal na loita contra a violencia de xénero. Estes días deuse a coñecer os premiados da iniciativa de ámbito nacional “Ponle fin desde el principio” de ASDE - Scouts de España, na que seis rapaces (Martinho Rodríguez, Paula María Vázquez, Iván Rodríguez, Lourdes Pérez, Paula López e Seiyi Komatsu) do Grupo Scout ILEX de Ourense recibiron un terceiro premio.
Os rapaces de Scouts Ourense premiados.
BARRIOS
Actividades de Nadal coa AVV As Termas 4 No seu 20 aniversario. Redacción A asociación de veciños As Termas clausura a programación do 20 aniversario de convivencia e participación cidadá. A asociación e a Concellería de Asuntos Sociais organizaron a tarde do mércores, 20 de decembro, actividades nas vivendas sociais da Estación de Autobuses. A partir das 18 horas no centro cívico As Termas tivo lugar unha variada programación de actividades organizada pola Asociación Veciñal As Termas e a Concellería de Asuntos Sociais. A programación contou con panxoliñas, baile, música en directo,
teatro e un video conmemorativo da programación organizada pola AVV As Termas durante este ano
de conmemoración dos 20 anos. Despois dunha chocolatada á que invitou Xantar SL a actividade trasladouse ao local social da asociación onde celebrouse un concerto de Nadal da Rondalla Alecrín dando así por clausurada a programación de actividades “Facendo Barrio: 20 anos de convivencia e participación veciñal”.
Concerto de pandeiretas na AVV O Peliquín. /M. REJO.
Pandeireteiras no Peliquín
Actividades de Nadal no centro cívico As Termas./M.R..
A Asociación de Veciños do Peliquín goza de boa saúde. Proba delo é a cantidade de socios -un número que, por certo, cada vez vai máis en aumento- que acuden á súa sede social cando desde a directiva organizan algún evento. O último foi un concerto de pandeireteiras do Liceo de Ourense para festexar o Nadal.
CIDADE
Un foro debate sobre o botellón 4 Buscáronse solucións. Redacción O salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense acolleu unha xornada sobre o problema do botellón e a alta taxa de consumo de alcol na mocidade. Na mesma participaron profesionais dos servizos sociais, sanidade e condutas aditivas, seguridade, educación, psicoloxía e socioloxía, e representantes da administración municipal, autonómica e estatal, así como representantes de colectivos xuvenís. Estes expertos aportaron a súa visión e proporán solucións concretas, cada un desde o seu ámbito de actuación. O foro foi organizado pola Consellería de Sanidade, o Concello de Ouren-
se e a Fundación Galega contra o Narcotráfico, na procura de solucións ao problema do botellón. As altas taxas de consumo de alcol constitúen un problema sanitario de primeira magnitude na sociedade actual, con importantes causas e derivacións de orde psicolóxico e social que afectan a toda a comunidade.
Foro sobre o botellón en Ourense. /M. REJO.
Remata a limpeza das Burgas de Abaixo 4 A Xunta asumiu o custe dos traballos. Redacción Remataron os traballos de limpeza e restauración das Burgas de Abaixo. A actuación contou cun investimento da Xunta de Galicia de 16.000 euros (os traballos, 13.068 euros e o proxecto, 2.649,90 euros) e incluíu limpeza en seco e química da pedra, eliminación e reposición do encintado así como a eliminación de grafitis, chicles, pinturas e manchas. Esta actuación executouse ao abeiro dun convenio de cooperación asinado o pasado mes de outubro entre o conse-
lleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde da cidade, Jesús Álvarez, co obxectivo de procurarlle a este monumento o tratamento que merece como
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
ben de gran valor cultural, erixido, ademais, en emblema e reclamo turístico da cidade. Esta intervención buscou corrixir os efectos causados polo paso do tempo e pola propia auga no ben. Así, os traballos incluíron unha limpeza da pedra, tanto en seco como con produtos químicos, que se fixo integramente a man; eliminación e reposición do encintado; así como a eliminación de grafitis, chicles, pinturas e manchas.
As Burgas de Abaixo tralas melloras./M. REJO.
“Pide un desexo en Nadal” Redacción O Concello de Ourense organiza para estas datas o concurso “Pide un desexo en Nadal”. Trátase dun sorteo de varios premios e nel poderán participar os maiores de idade que realizasen unha compra (ou varias) nun establecemento comercial -ou en máis- de Ourense entre o 4 de decembro de 2017 e o 5 de xaneiro de 2018 e depositase a papeleta debidamente cumprimentada e selada polo establecemento na caixa de correos dos soños con luz propia; a compra mínima é de 10 euros. Unha viaxe a Disneyland París, outra a Parque Warner de Madrid, ou ceas son algúns dos premios. O sorteo realizarase o 8 de xaneiro, ás 19 h no Salón de Plenos do Concello de Ourense.
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
CIDADE
EN BREVE
Un hotel de 25 habitacións para a cidade
4 Centro de Día A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou a modificación do gasto para o servizo do Centro de Día, unicamente no relativo á distribución do gasto por anualidades. A nova redacción quedaría como segue: Aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de centro de día para persoas maiores dependentes do Concello de Ourense por un importe de 177.000 euros anuais distribuídos do seguinte xeito: 7.375 euros para 2017, 177.000 para 2018, e 169.625 para 2019.
4 Festivos locais de 2018 A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia os días festivos de carácter local para o ano 2018. No que atinxe ao Concello de Ourense, estas serán o martes 13 de febreiro, Entroido, e o luns 12 de novembro, San Martiño (o día propio é o 11, que cae a domingo). Este calendario está elaborado polas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en cumprimento do disposto no artigo 37.2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
4 Nadal nos centros cívicos O Concello achega, por segundo ano consecutivo, o Nadal aos centros cívicos a través das actividades que organiza Asuntos Sociais. Despois de ter lugar nos centros cívicos de Colón, As Termas e Seixalvo, tócalle o turno aos da Cuña e da Ponte. Os dous darán comezo ás 18 horas e terán unha actuación infantil, panxoliñas, bailes de salón e danza, para rematar cunha chocolatada.
4 Ubicarase na rúa Reza. Redacción
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, xunto á delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz e o alcalde, Jesús Vázquez, fronte aos números 1, 3 e 5 da rúa Vilar. /M. REJO.
A Xunta adquirirá novos edificios no casco vello 4 Investirá dous millóns de euros na súa rehabilitación e mellora. Redacción A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou que a Xunta destinará o vindeiro ano 800.000 euros á adquisicion de novos edificios no casco vello de Ourense e investirá dous millóns máis na súa recuperación e mellora. A titular de Infraestruturas e Vivenda do Goberno galego, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, visitou o 11 de decembro este barrio, onde a Xunta rematará na próxima primavera a recuperación do edificio da rúa Vilar número 1, cun investimento de máis de medio millón de euros, que permitirán proporcionar dúas vivendas de promoción pública destinadas a alugueiro social. Vázquez Mourelle tamén salientou que o pasado xoves, 7 de decembro, o Diario Oficial de Galicia fixo pública a licitación das obras de rehabilitación dos edificios da rúa vilar 3 e 5,
adquiridos polo Concello de Ourense e cedidos á Xunta para a súa recuperación e mellora, para destinalos, de modo prioritario, a vivenda social. Precisou que a Xunta investirá uns 560.000 euros na súa rehabilitación, que, unha vez finalizada, permitirá poñer á disposición dos veciños de Ourense tres novas vivendas, de 1, de 2 e de 3 dormitorios, cos seus correspondentes rochos. Unha vez licitadas estas actuacións, continuaranse cos trámites administrativos necesarios para iniciar as obras ao longo de 2018. O prazo para a súa execución será de 12 meses, polo que a principios de 2019 estará finalizada a rehabilitación e as vivendas a disposición das familias. Rúa Cervantes Ademais, estase a traballar na contratación das obras, no próximo ano, do edificio da rúa Cervantes 14, un edificio que tamén foi cedido polo Concello de Ourense á Xunta para a súa rehabilitación, na que se investirán máis de 600.000 euros. Estas actuacións, xa iniciadas ou en tramitación,
(en Vilar 1, Vilar 3 e 5 e Cervantes 14) permiten ter en marcha os traballos en todos os edificios do casco vello de Ourense que foron adquiridos ata o momento pola Xunta ou polo propio Concello. Estes inmobles viranse a sumar aos 10 que nestes momentos xa están rehabilitados e dos que se obtiveron un total de 22 vivendas e 10 locais comerciais, e que supuxeron un investimento por parte da Xunta que supera os 3,2 millóns. Inversión A conselleira destacou que, tendo en conta as actuacións xa realizadas, as que están en marcha e as previstas, a actuación da Xunta no casco vello de Ourense permitirá recuperar máis de 40 vivendas a través dun investimento de máis de 7,6 millóns de euros.
A actuación da Xunta no casco vello de Ourense permitirá recuperar máis de 40 vivendas
Ourense contará cun novo hotel de 25 habitacións tipo suite e catro estrelas. Terá piscina termal, ximnasio, salas de reunións e xardíns. Suporá unha inversión de máis de 2 millóns de euros e a creación de 12 postos de traballo, segundo confirma un dos promotores do proxecto, Carlos Martínez. O proxecto, que se ubicará na rúa Reza, foille presentado a primeiros deste mes de decembro ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen agradeceu “o empuxe da iniciativa privada para poñer en marcha proxectos que melloren
e complementen a oferta turística da cidade”. O arquitecto responsable do proxecto, Manuel Álvarez, explicou os detalles desta obra, que se ubicará no número 17 da rúa Reza (antigo edificio Villalón) e cuxo prazo de execución prolongarase durante alomenos 18 meses. Licenza O xoves, día 7, aprobouse a licenza para a construcción do hotel termal.
O prazo de execución prolongarase, alomenos, 18 meses
Os promotores do hotel reunidos co alcalde.
Continúa a campaña do “lapis solidario” Redacción Continúa a campaña do “lapis solidario”. E xa van doce aniños de escoitar e ler o lema “Por sólo 1 euro, una sonrisa” co seu “Lápiz solidario”, doce aniños de ilusión e de ledicia buscando axudas para que os mais desfavorecidos poidan ter un xoguete cada nadal. Ao longo de todos estes anos, o comercio de Ourense achegou a súa
xenerosidade poñendo nos seus locais, mais de cen establecementos cada ano, estes lápices á venda. Onde? Poderedes atopalos onde estea o cartel de “Empresa Solidaria”, como sempre pódese participar desde só un euro. Según comenta Manuel Lorenzo Reguera, responsable de Juguettos, “é para nós un orgullo poder apadriñar un ano máis esta campaña, decirlle a todo aquel que queira colaborar que nas nosas tendas atopará os expositores co lápiz solidario”.
CIDADE
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
En marcha a terceira lanzadeira de emprego 4 Participan 20 persoas en paro. Redacción
O alcalde cos responsables de Viaqua.
Viaqua mostra o informe de desenvolvemento sostible 4 Na liña de obrigas e deberes cos clientes. Redacción O director xeral de Viaqua, Julio Masid, e a responsable da empresa en Ourense (zona Este), Ana Tejeiro, explicaron ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, os detalles do primeiro informe executivo de desenvolvemento sostible da empresa concesionaria do Servizo de Augas. O informe fala das liña de obrigas e deberes cos clientes, ademais da súa transparencia e responsabilidade. O documento presenta o desempeño económico, ambiental e social da organización, así como os resultados alcanzados. Na reunión, Julio Masid e Ana Tejeiro explicaron que en todo momento buscouse a transparencia e responsabilidade cara os grupos de relación. A in-
formación recompilada responde aos aspectos identificados como materiais, incluindo os indicadores entendidos como máis axeitados para dar resposta ás demandas de información. O alcalde Trala reunión, o alcalde Jesús Vázquez, sinalou que Viaqua “refrenda con este traballo os 10 principios de desenvolvemento sostible que practica a empresa”. Ademáis, Jesús Vázquez salienta que “Viaqua é unha empresa cunha responsabilidade e conciencia social que vemos na xestión diaria desta cidade, fondamente implicada coa vida social e cultural de Ourense e sempre disposta a cooperar en todo aquilo que lle solicitemos desde o Concello”.
A Fundación Telefónica e a Fundación Santa María la Real, programa lanzadeiras de emprego en distintas cidades, e Ourense é unha delas. Con máis do 60% dos seus participantes acadando un emprego, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, aseguraba na presentación que “estamos xa ante unha iniciativa consolidada e tremendamente valorada polos ourensáns, dado o enorme éxito nas dúas anteriores edicións”. A III Lanzadeira de Emprego de Ourense está integrada por un equipo de 20 persoas
desempregadas (13 mulleres e 7 homes), con idades comprendidas entre os 20 e os 51 anos, e diversos perfís formativos: Formación Profesional, Bacharelato e estudos universitarios. Hai quen busca o seu primeiro traballo e quen busca unha nova oportunidade laboral tras anos de experiencia en diferentes sectores, como comercio, turismo, agricultura, educación, loxística ou publicidade, entre outros. Actividades Durante os próximos cinco meses, reuniranse varios días á semana en locais do Centro de Iniciativas Empresa-
riais, cedidos gratuitamente polo Concello de Ourense. Levarán a cabo diversas actividades: talleres de intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego 2.0; adestramento de entrevistas de traballo; elaboración de mapas de empregabilidade, visitas a empresas e encontros con responsables de Recursos Humanos co obxectivo de conseguir a plena inserción dos 20 participantes.
Esta terceira lanzadeira terá unha duración de cinco meses
EN BREVE
4 Exposición “In tempore sueborum” Ourense abriu as portas do reino suevo coa maior exposición de Europa sobre este pobo, “In tempore sueborum”. A exposición, que permanecerá aberta ata o 4 de marzo de 2018, exhibe por primeira vez, en tres espazos expositivos: o Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, a igrexa de Santa María Nai e o Museo Municipal, 262 pezas de grande valor histórico-artístico de 39 museos europeos, facendo un percorrido polo tempo dos suevos na Gallaecia medieval do século V. Reúne a colección máis destacada que se ten realizado sobre o mundo suevo, na que chaman a atención do visitante xoias e pezas ornamentais dunha princesa sueva, utensilios e figuras artísticas en ouro e prata, vidro, madeira e ámbar, e elementos relixiosos e funerarios.
4 Fundación Blanco Amor
Os alumnos, promotores e representantes do Concello de Ourense na presentación da III Lanzadeira de emprego. /RAMSÉS.
A Fundación Blanco Amor programa para 2018 exposicións sobre o autor e achegará ao público a súa faceta epistolar, xornalística e fotográfica. Asemade, organizaranse as xornadas “A esmorga, lectura cinematográfica” e “Blanco Amor e os seis poemas galegos de Lorca”.
10
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
A VALENZÁ
O Apalpador visitará Barbadás
Pleno de Barbadás Redacción O pleno de decembro do Concello de Barbadás aprobou os orzamentos para o ano 2018. Estes suben preto do 7%, con respecto a 2016, sumando un total de 6.629.000 euros (429.000 euros máis previstos para gastos). Este punto contou co voto a favor do grupo de goberno (PSOE e BNG), os votos en contra de CxB e o PP e a abstención de DO. As inversións increméntanse un 28,6% con respecto ao exercicion anterior, e nelas está previsto o cambio de céspede dos Carrís e a construcción dun campo de fútbol 8. Tamén rexistrarase, como indicou o tenente de alcalde, Xosé Manoel Fírvida, unha subida da partida dos servizos sociais e do fomento do emprego, sendo esto “una prioridade para este goberno”. Os populares rexeitaron as contas xa que pediron reforzar a Policía Local con un ou dous interinos, ademais de ser pouco ambiciosos en servizos sociais.
4 Estará en varios municipios do concello. Ameno e reivindicativo foi o pleno infantil do Concello de Barbadás.
Pleno infantil Alumnos de 6º de primaria dos colexios CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro participaron nun pleno infantil no Concello de Barbadás. Unha piscina cuberta, un carril bici e unha pista de skate foron algunhas das reivindicacións dos nenos e nenas. A implantación de talleres creativos, a creación dunha horta urbana na Valenzá ou a creación dun zoo no monte dos Castros foron outras iniciativas plantexadas polo alumnado.
Redacción A programación de Nadal do Concello de Barbadás céntrase nas artes escénicas. Teatro e música serán parte fundamental deste Nadal no concello. Tamén terá o seu protagonismo o Apalpador. O xigante carboeiro pasará, o venres 22, por Loiro, Sobrado, Barbadás, As Lamas, Finca Fierro, Piñor, Parada, o asilo de Cabeza de Vaca e espazo infantil; rematará na Casa da Cultura da Valenzá (ás
19:30 horas). En canto á musica, na Casa da Cultura, o día 23 actuará “Sen contrastes”. No tocante ao teatro, Magín Blanco e Marian Bañobre traen “O camiño dos paxaros”, o día 26; a obra “Canción para desafinar”, o día 27; “O souto dos prodixios”, o día 28; “Planeta Ardora”, o día 29; a narración oral “O pozo das señoras”, o 2 de xaneiro; “O Valo”, o día 3; e “Pum, Pum!”, o día 4. Todas as actuacións terán lugar ás sete da tarde.
Núñez, Presas e Fírvida en rolda de prensa.
PAC para A Valenzá O BNG proporá no Parlamento galego que o centro de saúde de Barbadás sexa tamén PAC (Punto de Atención Continuada). Mediante esta proposta melloraríase o servizo de atención urxente de Barbadás, San Cibrao e Toén, que suman máis de 18.000 persoas, reducindo tempos de desprazamento e de agarda. Serafín Núñez, concelleiro de Sanidade de Barbadás, Noa Presas, deputada por Ourense e Xose Manuel Fírvida, tenente de alcalde compareceron para anunciar esta iniciativa e reiterar a oposición da formación nacionalista á reforma da lei aprobada polo Consello da Xunta por consolidar o modelo dos “recortes” e da “privatización”.
Cartel do programa de Festas do Nadal de Barbadás.
CIDADE
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
OUeC alerta da alta concentración de radón 4 No soto da casa consistorial. Redacción
Villariño e Blanco saudándose tralos resultados da primeira volta.
Blanco e Villarino, á segunda volta 4 Vázquez quedou fóra. Redacción O PSOE de Ourense está a decidir estas datas quen será o seu próximo secretario xeral. Despois dunha primeira volta na que concurrían Rafael Rodríguez Villarino, Noela Blanco e Pachi Vázquez, para a segunda e definitiva votación quedan os dous primeiros. Isto, despois de que nesta votación o máis apoiado fora o alcalde de Amoeiro (con 427 votos dos 1088 emitidos) e a segunda, a deputada autonómica (336 votos). O exsecretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez contou con 307 votos; 12 votos foron en branco e 6 nulos. Vázquez culpou o seu resultado a que a Fiscalía pedise, a semana pasada, que se abrira xuízo contra el por un suposto delito de prevaricación cando era
alcalde do Carballiño (entre 1995 e 2005). En total, votaron o 70,69% dos afiliados na provincia (1539). O vencedor desta primeira volta foi o máis votado en lugares como Ourense ou a localidade onde goberna (Amoeiro), Blanco logrou máis votos en Bande e O Barco, entre outros, e Vázquez logrou unha ampla maioría no Carballiño. Segunda volta O 30 de decembro, sábado, decidirase quen estará ao fronte na dirección do partido nos próximos anos. O Carballiño, unha vez que queda fóra da carreira Pachi Vázquez, pode ser clave.
A segunda volta terá lugar o 30 de decembro
Ourense en Común alterta da alta concentración de gas radón que ten o soto da casa consistorial do Concello de Ourense. O seu portavoz, Martiño Xosé Vázquez Mato, condeou en rolda de prensa que pediron ao concello, en Xunta de Area, as medicións do gas, e “houbo unha negativa por resposta”. Por iso, desde a formación decidiron facela pola súa conta contratando ao laboratorio de radón de Galicia. Martiño Vázquez alertou de que “as medicións” que se dan en becquerelios “arroxan unhas máximas de 2.000 becquerelios no soto do concello cunha media de 941”. E prosegue, “o límite permitido pola Organización Mundial da Saúde é de 300 a 400 becquerelios”. Ademais advertía que está “demostrada a vincu-
lación directa entre exposición prolongada co cancro de pulmón”. Martiño tamén esixiu que se achegue as medicións do “resto de dependencias municipais”. Accións Desde OueC piden que se busque unha solución ben sexa “reubicando” ao persoal ou mesmo “acometendo” as oportunas medidas para a súa solución. “Desde o laboratorio din as distintas posibilidades: a impermeabilización ou unha grande ventilación”, afirmaba o edil.
Martiño na rolda de prensa sobre os indices de radón.
DO denuncia a “inepcia e favoritismo” do PP 4 Polo contrato do matadeiro municipal. Redacción Democracia
Ouren-
Goberno Desde o grupo de goberno negan os datos de OueC e din que “os niveis de gas radón -no Concello de Ourenseson axeitados para os traballadores e para o público, segundo a avaliación do laboratorio da USC”. As coclusións son do “Laboratorio de Medición e Mitigación do Radón do Departamento de Física de Partículas da USC e pola empresa INTERA” por petición do goberno municipal ourensán.
sana denuncia a “inepcia e favoritismo” do PP en temas como o matadeiro
municipal. DO advirte que o grupo de goberno deixou expirar o actual contrato co matadeiro “sen cumprir coa notificación de non prórroga á concesionaria da explotación, de modo que o contrato queda prorrogado durante cinco anos nas mesmas condicións”, as cales consideran desde DO como “moi ventaxosas para a empresa”, xa que deberiase de indemnizar “se se decide trasladalo”.
11
Xoguetes para os nenos dos hospitais Redacción O Concello de Ourense, a través da Concellería de Promoción Económica e o Complexo Hospitalario de Ourense poñen en marcha un novidoso proxecto de aplicación das novas tecnoloxías: “#FabricandoSonrisas”, de carácter solidario que ten como obxectivo fabricar no centro municipal La Molinera cen xoguetes para nenos e nenas que se atopen nos hospitais da provincia. As impresoras de La Molinera fabricarán xoguetes desde hoxe ata o día 4 de xaneiro, co obxectivo de chegar alomenos 100. Poderá unirse á iniciativa calquera persoa que teña unha impresora 3D e vaia a La Molinera a imprimir o seu xoguete entre o día 20 de decembro e o 4 de xaneiro ás 12 da mañá. Tamén poderán enviar un xoguete desde calquera parte das redes “makers” a La Molinera, na rúa Abrevadoiro nº 1, 32002 Ourense.
Parque acuático A formación, con máis edís da oposición, estuda cambiar o lugar para o parque acuático, que levaba no seu programa electoral, de Oira a Untes. Consideran que Oira tiña moitas trabas que Untes non ten, o que o fai o “lugar idóneo” e recorda que rexeitan a ubicación de Monterrei que propuxo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
12
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
EN BREVE 4 A Limia A Consellería do Medio Rural colaborará coa nova asociación de produtores Pataca da Limia na organización dunha xornada sobre seguros agrarios. A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo aseguroulles, ademais, que a intención é a de abrir unha vía de colaboración, como pode ser unha xornada de exaltación da pataca de carácter profesional, no que se inclúan xornadas de formación. A asociación produce ata 130.000 quilos de pataca ao ano aproximadamente, o que supón o 95% da pataca que se produce na comarca.
4 Allariz
O Centro de Servizos Sociais Comunitarios no Fogar dos Maiores de Allariz (rúa A Barreira nº 3), informa e tramita as solicitudes para participar no programa Termalismo Social 2018. Serán beneficiarios do programa os pensionistas na Seguridade Social. O prazo de solicitudes remata o 4 de xaneiro de 2018 para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ámbolos dous incluídos, e ata o 10 de maio para as quendas dos meses de setembro a decembro. Teléfono, 988554059.
PROVINCIA
Un paseo peonil para unir focos turísticos en Cenlle 4 A Xunta inviste 74.000 euros.
4 Trátase de facturas de 2017 atrasadas pola implantación da administración electrónica.
Redacción A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, está a traballar no concello ourensán de Cenlle de cara á recuperación do paseo fluvial xunto ao Miño, nunha contorna na que destacan os seus recursos termais e enoturísticos; coas obras quedarán unidos. Esta intervención conta cun investimento de 74.000 euros. A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do alcalde, Gabriel Alén, supervisaron a execución das obras executadas ao abeiro dun convenio de colaboración asinado entre a directora de Turismo de Galicia, Nava Casto, e o rexedor co obxectivo de recuperar un camiño tradicional, que xa existía con anterioridade ao encoro de Castrelo de Miño, pero que debido á dificultade dos accesos en algúns tramos foi abandonado. Díaz Mouteira indicou que Cenlle combina a posibilidade de gozar da natureza, dos recursos termais e do enoturismo, “singularidades que esta actuación axudará a aproveitar, pois o paseo fluvial
Verín adicará un millón de euros ao pago a proveedores
Redacción
Visita institucional á zona das obras de Cenlle que está a realizar Turismo. unirá as adegas co Balneario de Laias e a Área Termal de Barbantes que son os tres focos principais de atracción turística de Cenlle”. Ademais, a delegada territorial subliñou que as obras da pasarela peonil permitirán pór en valor a paisaxe característica da comarca ourensán do Ribeiro con viñedos nas beiras do río, camiños tradicionais enmarcados con muros de pedra e bosques de vexetación autóctona moi ben conservada. Obras As obras previstas, que respectarán a contorna natural do lugar, recuperarán ditos elementos para o uso e goce dos mesmos por parte dos veciños e os turistas. Ao existir un tramo onde
Construirase unha pasarela voada sobre o río o espazo entre o río e o terraplén do ferrocarril é insuficiente, construirase unha pasarela voada sobre o río, mediante unha estrutura de madeira en harmonía coa contorna. Marisol Díaz destacou que con esta actuación se potencia a riqueza dos recursos turísticos do concello, entre os que salientou o enoturismo e o termalismo, e a súa capacidade de incrementar os fluxos turísticos, desestacionalizar a demanda e crear unha imaxe de destino de calidade.
O Concello de Verín prevé aboar nas próximas semanas facturas pendentes deste ano en curso por un valor total de preto dun millón de euros. Segundo explicou o alcalde, Gerardo Seoane, trátase de pagos atrasados que non puideron ser realizados conforme á lei debido á implantación da administración electróncia e á carga de traballo do departamento de intervención. Esta é unha das primeiras tarefas que abordará o interventor municipal que vén de reincorporarse esta mesma semana dunha baixa médica. O obxectivo é “liquidar a práctica totalidade do saldo de proveedores pendente de todas aquelas facturas que foron visadas e anexadas ás correspondientes partidas de gasto”, aclarou Seoane. Este pago realizarase tan pronto remate Intervención coa xestión das alegacións presentadas aos orzamentos de
2017, que será nuns poucos días. Aclarou Seoane que estes retrasos “non se deben a falta de liquidez, son cuestións administrativas. Acabamos de ingresar o cobro do IBI e contamos con preto de tres millóns para pagos pendentes deste exercicio. Temos máis do dobre de diñeiro do que temos por pagar”. Aínda así, logo de aboar as facturas de 2017, quedarían pendentes de pago a proveedores uns 200.000 euros, de facturas de anos anteriores, principalmente de 2016. “Falta realizar a liquidación de todas as partidas e formular as oportunas compensacións entre unhas e outras. Os pagos realizaranse de seguido”, explicou o alcalde.
Tan pronto remate a xestión das alegacións aos orzamentos, Intervención comezará co pago destas facturas
PROVINCIA
Maceda repite en Xantar Presentación de “A Casa do Patrón”.
Presentación do libro “A Casa do Patrón” 4 Sobre o museo do mesmo nome. Redacción Presentouse na Casa do Patrón en Codeseda, Lalín, o libro “A casa do Patrón. O Gran Ecomuseo do Mundo Rural Galego”, coa presenza do seu autor e director do museo Manuel Blanco Villar arroupado por Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora da Cidade da Cultura; e Avelino
Jácome Iglesias, director comercial de Orixe, entre outros. O libro recolle ao longo das máis de 200 páxinas os 22 anos de historia do museo que na actualidade conta con máis de 600 apeiros, 1.200 miniaturas, e máis de 1.700 restos arqueolóxicos que se conservan e custodian no castro de Aurela.
4 Celebrarase do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro. R.T. O Concello de Maceda repetirá a súa participación en Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará en Expourense entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro de 2018. Logo da boa experiencia na súa primeira participación na edición anterior (acadou o premio ao mellor restaurante Xantar 2017), Maceda volve a apostar pola súa promoción nesta cita. Menú Maceda ofrecerá un menú baseado en produtos autóctonos e de calidade como o cabrito
da Serra de San Mamede, o xamón de castañas ou o xabaril, maridado con viños da Ribeira Sacra. O encargado de elaborar este menú será de novo
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
o recoñecido cociñeiro Carlos Parra, quen na actualidade ocupa o cargo de director xerente do Hotel Monumento Castelo Medieval de Maceda. O prezo será de 25 euros.
O menú estará baseado en produtos autóctonos e de calidade
O Concello de Maceda estará presente en Xantar. POURENSE.
/EX-
13
40º aniversario da CEO Redacción A Confederación Empresarial de Ourense celebrou o 40º aniversario da súa fundación nunha xornada que tivo lugar no salón de actos de Afundación en Ourense, e que estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Tralos discursos do actual presidente da Confederación, Pérez Canal; alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e o presidente da Deputación ourensá, Manuel Baltar, foi o turno de homenaxear aos anteriores presidentes. Unha praca conmemorativa foi o agasallo que recibiron e o primeiro presidente da entidade, Emilio Pérez Nieto, recordou os seus primeiros pasos e as dificultades coas que se atoparon. Pechou o acto o titular do goberno autonómico, Núñez Feijoo.
14
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
SOCIEDADE
600 euros para Autismo Ourense
EN BREVE
4 O recadado na cuarta edición de “Cata a Arte”.
Os premios da Cultura Galega distinguen o programa Apego, no que participa o Concello de Ourense -xunto a outros concellos de Galicia- na categoría de Lingua. Tamén distinguiron a Oliver Laxe, premio Cidade de Ourense, na categoría de Audiovisual, e a Cristina Pato, en Proxección Exterior.
Redacción O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense foi o escenario da cuarta edición do ciclo “Cata a Arte”, unha iniciativa que mestura degustacións de cinco adegas de viños do Ribeiro con actividades de índole cultural. Durante esta celebración recadáronse fondos destinados á asociación Autismo Ourense. O acto de entrega do recadado, preto de 600 euros, tivo lugar no Centro Cultural, o pasado 12 de decembro, acto no que participou a deputada
provincial, Montserrat Lama; o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares; a xerente de Autismo Ourense, Ana Tejada; e o director do Centro Cultural, Francisco González. A Asociación de Autismo de Ourense foi creada no ano 1999 por pais que teñen a persoas dentro do Espectro Autista de TEA que atende na actualidade a 100 persoas ofrecendo diferentes servizos desde bebés ata adultos. A asociación ten tamén un Centro de Educación Especial “Ilustre Mestre”.
Autismo Ourense recolleu os 600 euros nun acto no “Marcos Valcárcel”.
Crece a atención en urxencias 4 Nos primeiros 12 días do mes atendéronse 6.000 urxencias. Redacción
posteriores a festivo)
Só nos primeiros 12 días do mes de decembro, coincidindo co agravamento das condicións climáticas e o aumento da circulación de virus respiratorios, atendéronse preto de 6.000 urxencias só en Ourense. O 65% delas no hospital e o resto no PAC. O día de maior afluencia a urxencias hospitalarias foi o pasado sábado, día 9, con 352 urxencias atendidas, e o xoves 7, con 339. Seguindo tendencia habitual de maior actividade os luns (ou nos días
Ingresos A hospitalización dos pacientes que acudiron a urxencias situouse no 20% (con picos do 29,5% o día 12) xerando unha alta demanda de camas, nun período de por si con alta ocupación. Para elo, segundo o Servizo Galego de Saúde, seguindo o Plano de Continxencia, ampliou seu número de camas dispoñibles, aumentando ademais o persoal de hospitalización e urxencias.
4 Premios APEGO
Anpian, unha gran compañía do transporte de viaxeiros.
ANPIAN: Comprometido coa calidade desde o ano 1958 ANPIAN, empresa de transporte de viaxeiros por estrada cumpre o próximo ano 60 circulando polas estradas da provincia, do estado Español e do resto de Europa. Empresa de referencia no transporte ourensán, soubo adaptarse aos cambios que foron producindo no sector para manter ao seu lado a clientes de toda a vida, grazas ao seu bo facer e á seriedade que sempre profesou. A empresa ANPIAN, conta cunha frota de vehículos que permanece sempre nas mellores condicións para realizar calquera tipo de servizo. O seu esforzo como empresa para manter sempre unha mellora continua, vese recompensada día a día pola confianza dos seus clientes. As claves do éxito da empresa son: o traballo diario, sempre enfocado a dar unha excelente calidade en todo o que emprende e a gran cualificación de todo o seu persoal. Hoxe en día, ANPIAN, conta coa maior e máis segura frota de autocares da provincia, a maioría deles equipados con rampla para minusválidos, baño para as viaxes de longo percorrido, estruturas reforzadas en caso de envorco e con cintos en todas as prazas. Ademais, a empresa ten unha gran implicación no coidado do medioambiente polo que obtivo, hai anos, unha certificación de Medio Ambiente ademais dun certificado EMAS.
Servizos Os seus xa case 60 anos de excelente traxectoria no transporte da provincia, ven apoiados por outras cifras que conmemoran grandes logros do grupo. Por exemplo, os 30 anos que cumpre neste mesmo mes unha das súas Axencias de Viaxe, Viaxes Piña en Ourense. Os máis de 10 anos que ANPIAN leva realizando as únicas liñas regulares de transporte desde a cidade ao Polígono de San Cibrao e ao barrio da Valenzá e os 10 anos que celebrou ao longo deste ano 2017 a Estación de Servizo de Reza, gasoli-
neira que foi galardoada como Mellor Estación de Servizo Repsol en España no 2015 e que se atopa entre as seis mellores de España desde fai moitos anos. Un gran grupo xestionado con mimo e dedicación ao cliente desde os seus inicios, asentado na provincia durante a súa andaina e con miras a un futuro cheo de grandes servizos por realizar.
Viaxes Piña cumpre 30 anos este mes
4 Medalla de ouro Os hospitais Centro Médico El Carmen e Cooperativa Sanitaria de Galicia, Cosaga, recibiron o pasado xoves, 14 de decembro, a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo da Asociación Europea de Economía e Competitividade (AEDEEC). A medalla outorgada representa a excelencia e espírito empresarial así como a contribución a unha contorna europea empresarial sustentable e inspirador, onde se fomente o bo desenvolvemento económico e social.
4 Ciclos formativos O Concello de Ourense solicitará que a Xunta implante novos estudos e ciclos formativos adaptados ás necesidades do sector empresarial.
4 Conciliación A Concellería de Educación afrece actividades de Conciliación da vida laboral e familiar para este Nadal con actividades nas bibliotecas públicas e na Aula da natureza Río Miño. O prazo de inscrición remata o 21 de decembro, e pode facerse nas Bibliotecas, punto de lectura do Couto ou na Concellería de Educación.
4 Cursos
Fachada de Viaxes Piña.
O Concello convoca 53 novos cursos para todas as idades. A inscrición, exclusivamente online haberá persoal de apoio no Centro Cívico Colón e na Oficina de Atención ao cidadán-, está aberta en ssociaiscursos.com.
DEPORTES
Ourense despide o ano a ritmo de San Silvestre 4 Este ano a saída e meta será no xardín do Posío. R. Torres
actividade.
Queda menos para que remate o ano e para que se faga dun xeito saudable e divertido. O 31 de decembro, a partir das 16 horas, dispútase a segunda edición da “San Silvestre Ourensá”. Como dixo o xerente do pavillón municipal na presentación, “os bos desexos de cada comezo de ano que se adianten un día e que a xente participe na carreira”. As inscricións realizaranse a través da web carreirasgalegas.com, e estarán abertas ata o 27 de decembro de 2017 ás 20:30 horas. O custe é de 5 euros para as categorías absolutas, e para o resto de categorías -escolaresserá gratuíta. A recollida de dorsais e chips terá lugar o sábado 30 de decembro de 2017 no lugar e horario que a organización comunicará por correo electrónico con suficiente antelación. O éxito da primeira edición, arredor de 1.000 inscritos con 881 atletas que remataron a proba, xunto co ritmo de inscricións deste fai presaxiar que este ano os ourensáns -e visitantes- volcaranse con esta
Carreira Solidaria De xeito voluntario, cada participante poderá facer unha doazón “Dorsal 0”, na propia plataforma onde se realizan as inscricións- destinada a Cruz Vermella Ourense. Circuíto Este ano o circuíto trasládase ata o xardín do Posío. Alí será o centro neurálxico dunha carreira que comezará ás 16 horas coa dos pitufos para, ás 16:10 h, continuar cos sub 10 e 12. Ás 16:25 h correrán os sub 14 e 16, e rematarán esta xornada festiva a proba absoluta ás 16:45 horas. Na absoluta haberá que dar dúas voltas a un percorrido de 2,5 km -para completar os 5 km- que pasará polo casco vello, praza Maior, Burgas, Paseo, Concordia e Santo Domingo.
As inscricións, ata o 27 de decembro, en carreirasgalegas. com
Presentación no Concello da II San Silvestre Ourensá.
Ourense estreou a pista cuberta Redacción A pista de atletismo cuberta foi inaugurada o pasado 16 de decembro. A xornada inaugural acolleu a fase final da Liga galega Abanca e o Trofeo inaugural. Entre o público asistente e atletas pasaron polo recinto ubicado en Expourense máis de 3.000 persoas que puideron comprobar a gran instalación depor-
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
15
tiva coa que conta Ourense. Unha pista cuberta que é referencia do noroeste peninsular e que agora toca rentabilizala cun calendario acorde a súa calidade. Citas A vindeira cita terá lugar este mesmo sábado, 23 de decembro, coa Copa de Galicia de clubs máster de pista cuberta. Para finalizar o ano, os días 30 e 31 disputarase o Campionato de Galicia de clubs de probas combinadas.
Unha das proba da xornada inaugural da pista cuberta de Ourense./RAMSÉS.
16
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
DEPORTES
A UD Ourense caese do ascenso
A ximnasia invade Os Remedios
Redacción
4 Co Torneo de Nadal.
Tres partidos seguidos sen gañar e a Unión Deportiva Ourense cae ata a cuarta posición da Rexional Preferente. Superados na táboa por Estradense, O Grove e Bande, os unionistas suman 34 puntos. No partido contra o Sanxenxo víronse a dous UD Ourense ben diferentes. Na primeira metade foi un equipo sen alma e cunha debilidade defensiva moi preocupante, e na segunda viuse a un equipo con ambición, capaz de superar a calquera rival. Os de Fernando Currás perdían por 2-0 ao descanso e grazas ao empuxe de Hugo García logrou sacar un valioso empate. O día 29 de decembro, as 20:30 horas no Couto, despide o ano co partido suspendido da 17ª xornada ante o Erizana. O único equipo ourensán que venceu nesta xornada foi o Bande (20 ao Campo Lameiro). O Nogueira caeu diante do Marcón (1-2) e o Ribeiro fixo o propio ante O Grove (0-2). Terceira Na Terceira división despediron o ano coa 19ª xornada. O Ourense Club de Fútbol empatou no Couto ante o Céltiga (2-2); o Arenteiro caeu contra o Cultural Areas (0-2); o Barbadás non puido co Silva (3-0); e o Barco logrou a vitoria no campo do Negreira (01). Os de valdeorras son terceiros (37 puntos), Ourense Club de Fútbol e Arenteiro, décimo primeiro e décimo segundo, respectivamente (25 puntos os dous); e o Barbadás, décimo oitavo (14 puntos).
Redacción
Sonia Pacios zafándose da xogadora do Atlético de Madrid, Leti. /RAMSÉS.
O Cidade logra un punto ante as campioas 4 O Envialia vence ao Esplugues. R. Torres Penúltima xornada deste ano na Primeira división de fútbol sala e boas sensacións para os dous conxuntos ourensáns. O Cidade das Burgas logrou un empate diante do líder, Atlético de Madrid e o Ourense Envialia suma a segunda vitoria consecutiva. Cidade das Burgas O equipo dirixido por Manolo Codeso sacou un empate, a dous goles, contra o Atlético de Madrid. Como moitas veces, demasiadas xa no que vai de tempada, o rival logrou arrancarlle puntos ás ourensás nos últimos segundos de encontro. As franxiverdes vencían por 2-0 con goles de Figo e Amelia na primeira metade. As madrileñas asediaron a portaría defendida con Ana cunhas xogadoras locais defendendo moi ben; ata que a tres minutos do final, Desi encontrou un oco para recurtar distancias. As actuais campioas o seguiron tentando e no último minuto atopáronse cun penalti a favor.
Ana logrou parar o lanzamento de Leti, pero esta mesma colleu o rexeito e logrou o empate. O partido non daría para máis. Un punto para coller moral pero que as mantén en zona de descenso con dous puntos. Rematan o ano en Cataluña diante do Esplugues. Ourense Envialia O Ourense Envialia volve a reencontrarse coa vitoria e suma dúas seguidas. Nesta ocasión ven-
ceu pola mínima ante o Esplugues (1-2). As de Chipi lograron o triunfo nun partido moi equilibrado e no que Marta e Sara Moreno foron as goleadoras ourensás. Os tres puntos fan que as albinegras sumen 20 puntos e queden na sétima posición. Esta fin de semana reciben no derbi galego a Burela. O encontro está previsto para o sábado ás 17 horas nos Remedios.
4 Sala Ourense O Sala Ourense proclámase campión de inverno tralo empate ante o Talleres ABC do Coruxo. Os ourensáns desprazabanse ata a pista do segundo clasificado sabedores da importancia do partido para manter a raia aos seus máis inmediatos rivais. O encontro estivo moi igualado e un gol por bando fixo xustiza ao visto no parqué. Un punto que mantén aos ourensáns ao fronte da Terceira división e a
A pesares de ser un día pouco común, o venres 15 de decembro, o Torneo de Nadal de ximnasia volveu encher as gradas dos Remedios cun público entregado en todos os exercicios que se exhibiron, de varias escolas municipais da provincia, ademáis do Club Quicela de Monforte, Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón. Os exercicios máis aplaudidos foron os das máis pequeñas (grupo de iniciación do Escola Pavillón e minibenxamín do Club Ximnasia Pavi-
llón). Tamén gustaron moito os exercicios de dobre minitramp e a coreografía que as prebenxamíns do Club Ximnasia Pavillón, baixo a batuta da profesora de ballet, Irina, facendo unha representación de Brancaneves. Temática de Nadal O Torneo finalizou cunha exhibición conxunta de temática navideña que realizaron os equipos alevín e infantil de base do club con sede no pavillón dos Remedios xuntamente cos grupos de trampolín, que resultou moi vistoso e levantou moitos aplausos.
Grupo de ximnastas durante un exercicio.
O COB segue sen gañar 4 Caeu ante o Barça B.
cinco aos seus perseguidores: Talleres ABC e A Estrada. Agora haberá un parón ata o 20 de xaneiro, data na que se disputará o último partido da primeira volta que enfrontará aos de Kike García ao A Pontenova nos Remedios. O club está pendente do partido de cuartos de final da Copa Xunta (a partido único en Ourense) ante O Parrulo de Ferrol, que probablemente será a finais de xaneiro.
Redacción O Rio Ourense Termal chegaba ao encontro da 15ª xornada coa necesidade de vencer ao FC Barcelona. Os ourensáns sumaban, ata o momento, unha soa vitoria. E o casilleiro de vitorias non se movería tras este encontro. O partido comezou moi frouxo para o COB o que lle levou a irse a vestiarios 14 abaixo (2741). Na segunde metade
se entonaron e guiados polo recén aterrizado en Ourense, Rozitis, soñaron co triunfo pero finalmente non puido ser, e perderon por 76-81 e o COB que segue no pozo.
COB - Barça B.
IMAXES DO MES
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
17
Premiados e autoridades no acto conmemorativo do 39º aniversario da Constitución.
39º aniversario da Constitución Como cada ano, o auditorio municipal acolleu o acto conmemorativo do 39º aniversario da Constitución española. Entregáronse os premios aos mellores traballos escolares sobre a Carta Magna. Numerosas autoridades do ámbito local, provincial e rexional foron participes desta entrega de premios na que os protagonistas foron os escolares de toda a provincia. Ademais fixéronse recoñecementos a membros da Garda Civil e da Policía Nacional. Tamén foron distinguidos este ano a asociación AFAOR de familiares de enfermos de alzhéimer, así como o Pai Faustino Míguez.
A nova directiva de AISO.
Asociación de Inmigrantes senegaleses de Ourense A Asociación de Inmigrantes senegaleses de Ourense (AISO) vén de celebrar unha asemblea extraordinaria para renovar a súa directiva. Agora será Aby Ndauo quen a presida, sendo a primeira muller que se pón ao fronte da asociación. Un colectivo que representa as máis de 300 persoas senegalesas residentes en Ourense e que confía en visibilizar ante as administracións as súas necesidades. Durante este ano, AISO desenvolveu numerosas actividades como cursos de lingua galega, o programa de intervención sociocomunitaria “convivamos” e xornadas de empoderamento feminino, que permitiron fomentar a participación e implicación das mulleres na asociación e que se materializa en esta nova directiva encabeza por unha muller. Un dos obxectivos principais da nova directiva vai ser o de por en valor o papel da muller dentro da comunidade senegalesa, a súa cultura e tradicións.
A árbore na praza Maior, o poboado e a bola Xigante son tres dos atractivos que ten a cidade durante estos días. /M. REJO.
O Nadal en Ourense
Ourense xa respira Nadal co alumeado que acendeuse o 1 de decembro. Luces e arcos con motivos navideños dan cor á cidade, sen esquecernos da árbore na praza Maior. Este ano, sen dúbida, unha das grandes atraccións é unha bola xigante situada ao carón da subdelegación do goberno. Todos os viandantes páranse para contemplala e fotografiarse diante, ou mesmo dentro da bola adornada cunha morea de luces. O poboado de Nadal situado nos xardíns do Padre Feijoo é outros dos atractivos das propostas navideñas do concello. Esculturas a tamaño real que fan que todo o mundo se achegue a visitalo. Outra das xoias que non faltará será o Belén de Baltar, do falecido -esta semanaArturo Baltar. O belén, que xa conta con 50 anos, poderá ser visitado na praza San Cosmede e Damián; santo e sinal navideño da nosa cidade.
18
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
OCIO E CULTURA
Ourense quere ser referente do Nadal en Galicia 4 Máis de 200 actividades programaranse nestas datas. Redacción Co acendido do alumeado deu inicio o Nadal en Ourense. Máis de 230 actividades serán as que o concello oferte nestas datas. En total haberá máis de 40 actividades musicais. A música tamén contará co compoñente solidario, como os xa tradicionais concertos no Espazo Lusquiños para recadar alimentos. E, por suposto, achegarase a todos os barrios con concertos de rúa
e nas igrexas. O teatro, con ata 33 espectáculos, será outro dos eixos da programación. Xunto a MOTI tampouco faltará o gran evento multitudinario do Nadal en Ourense: o VideoMaping. Por terceiro ano consecutivo, este espectáculo de luz e color brillará na praza Maior. Serán tres días (o 22 e 29 de decembro, e o 4 de xaneiro) con 2 pases, ás 20 e ás 21 horas. O deporte tampouco faltará nestas datas. O Torneo
de Xadrez de Aninovo volverá á AVV de Barrocás, e a San Silvestres celebrará a súa segunda edición o 31 de decembro. Camión da maxia Ademáis, Ourense contará co “Camión da Maxia”, un trailer que levará un innovador e sorprendente espectáculo de maxia e animación por toda a cidade. Daranse 5 pases diarios, cunha duración de 40 minutos, en Velle, Bispo Cesáreo, Barrocás, Mariña-
Priscila actuou no barrio de San Francisco, coas súas versións para o Nadal, nun dos concertos que se celebran estos días nas rúas da cidade. /RAMSÉS.
mansa, a Ponte, Seixalbo, A Carballeira, O Vinteún e O Couto. Novidades Ata o 5 de xaneiro, por calquer compra de máis de 10 euros nun comercio da cidade, os ourensáns recibirán unha boliña (repartiranse 100.000 boliñas entre 1.500 establecementos comerciais e de hostelería da cidade) que poderán introducir cos seus datos no “Box” dos desexos que instalarase en todos os barrios. De entre todas esas boliñas, sortearanse os premios o 8 de xaneiro ás 19 horas, no Salón de Plenos. Sortearanse unha viaxe a DisneyLand Paris para unha familia e outra viaxe familiar ao Parque Warner, grazas á colaboración con Logitravel; estancias en Caldaria spas para 2 familias; e ceas en restaurantes da cidade (A Tarazana, Taberna, A Feiriña, Pazo de Monterrei e Estación de Loman), coa cooperación da Unión de Hosteleros Ourensanos.
Haberá sorteos entre os que merquen no comercio local nestas datas
Presentación da MOTI no Liceo. /I. OSORIO.
14 espectáculos na 14ª Moti 4 Celébrase do 23 ao 30 de decembro. Redacción A Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI) celébrase na nosa cidade do 23 ao 30 de decembro fomentando o encontro de adultos e crianzas a través da escena. Auditorio, Teatro Principal, Campus Universitario e as rúas da cidade serán os escenarios desta 14ª edición. A praza de San Martiño será o lugar da apertura desta edición, coa representación de EMOTIonario, da compañía ourensá Trécola teatro. Dará comezo ás 18 horas con asistencia libre e gratuíta. En total serán 14 es-
pectáculos e 16 representacións con propostas moi variadas, desde a danza, monicreques, teatro de sombras, teatro de autor e de rúa. As compañía virán de Galicia, Castela, Catalunya, Andalucía e Arxentina. Entradas As entradas, entre 3 e 4 euros, pódense reservar en cada un dos espazos para os espectáculos desde o primeiro ata o último día. As billeteiras abrirán dúas horas antes de cada representación. O recadado nas funcións que teñen lugar no Campus (Sala Pardo Bazán) irá destinado para UNICEF).
NADAL NA PROVINCIA especial
Máis de 20 propostas para estas datas no Concello de Verín 4 O programa vai do 22 de decembro ao 5 de xaneiro. Redacción O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, e a concelleira de Turismo, Comercio, Balnearios e Transportes, Purificación Caldelas, deron a coñecer a programación cultural e festiva para este Nadal en Verín. O programa oficial está composto por máis dunha vintena de propostas culturais e de lecer para todos os públicos; entre os que se inclúen concertos, teatro, obradoiros, mercados e feiras específicas, actividades para os cen-
tros de maiores, actividade diaria na Ludoteca (para conciliar a vida familiar e laboral), iniciativas sociais e comerciais, xunto coa tradicional cabalgata de Reis. De devandito programa do Nadal, poderase consultar na páxina web do Concello e será buzoneado e distribuído polos diferentes centros municipais e establecementos comerciais e hostaleiros da vila. Oferta Entre a oferta cabe destacar o Belén da Viruca (aberto no Salón Parroquial de Verín ata o 6 de
xaneiro); a pista de xeo (na praza García Barbón do 22 ao 30 de decembro); concertos (en varias localizacións e en varios días); e a cabalgata de Reis (co percorrido habitual, comezando no asilo e terminando no Pavillón Municipal de Deportes) o día 5 de xaneiro a partir das 19:30 horas. Ludonadal Outra das actividades máis demandadas é o Ludonadal. Dirixida a nenos, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos estará aberto do 22 de decembro ao 5 de xaneiro. A actividade realizarase no colexio infantil Módulos (Amaro Refojo) de luns a venres, de 9 a 14 e de 16 a 20 horas; e sábados de 9 a 14 horas. Aever A asociación de comerciantes e empresarios de Verín, Aever, volve a regalar 1.000 euros entre todos os seus clientes. Por cada compra superior a 10 euros -entre o 5 de de-
cembro ao 2 de xaneiroen calquera dos establecementos asociados a CCU AVER Verín, recibirase un boleto para participar no sorteo de 1000 euros; o sorteo realizaráse o día 3 de xaneiro no pavillón dos deportes de Verín, durante a Gala do Show dos paiasos, ás 20 horas. O gañador deberá gastar ao día seguinte -día 4- o premio en, polo menos, cinco establecementos asociados cun importe máximo de 200 euros por establecemento.
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
Ademais, a asociación aconsellou aos seus asociados, para facilitar as compras destes días tan especiais, que abran os días 24 e 31, coa finalidade de facilitar as compras. A maioría de establecementos acolleranse a esta medida. Tamén celebrarase o concurso de escaparates de Nadal 2017 con temática libre no que se valorará a creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición.
19
O día 3 de xaneiro, mércores, a partir das 18:30, no pavillón dos deportes de Verín, celebrarase a Gala “Show dos paiasos”, na que haberá música, os personaxes preferidos polos máis peques e concursos. Non faltarán as sorpresas e diversión para todos.
Aever volve a sortear 1.000 euros entre todos os clientes
Este ano a árbore de Nadal regresa ao fronte da Casa Consistorial de Verín. /M. REJO.
20
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
especial NADAL NA PROVINCIA
Exposición sobre o esperanto na Casa dos Poetas
día -a partir das 20 horas na Casa da Cultura- terá lugar a gala de clausura do ano Carlos Casares. No acto entregaranse os premios de xornalismo literario e portada de “Vento ferido”. Para pechar o acto haberá un concerto da Coral de Ruada.
Redacción A mostra “Esperanto. un planeta por descubrir... unha lingua para facelo” poderase visitar na Casa dos Poetas de Celanova ata o 27 de decembro. Esta mostra consiste en 15 paneis cunha explicación básica sobre o esperanto e a figura do Dr. Zamenhof (creador do idioma). Poderá visitarse, de balde, de martes a sábado de 10:30 a 14 e de 16 a 18 horas. Nela repásase dunha forma moi didáctica a historia desta linguaxe creada en 1887, o seu desenrolo en España, o seu uso no cine, na literatura e nas redes sociais, os métodos de aprendizaxe que existen e algunhas das personalidades relevantes a nivel político, social e cultural que cultivan ou cultivaron o esperanto. Conferencia O día 26 de decembro, martes, terá lugar unha conferencia de clausura da exposición, na propia Casa dos Poetas. José Antonio del Barrio, presidente da Federación Española de Esperanto achegaranos un pouco máis ao idioma esperanto.
Termalismo do Imserso Redacción O Centro de Servizos Sociais Comunitarios no Fogar dos Maiores de Allariz (rúa A Barreira nº 3), informa e tramita as solicitudes para participar no programa Termalismo Social 2018. Serán beneficiarios do programa os pensionistas na Seguridade Social. O prazo de solicitudes remata o 4 de xaneiro de 2018 para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ámbolos dous incluídos, e ata o 10 de maio para as quendas dos meses de setembro a decembro. Teléfono, 988554059.
Os Bolechas visitarán Xinzo o día 23.
Os Bolechas visitarán Xinzo 4 O ano Carlos Casares péchase o día 22 cunha gala. R.T. O Concello de Xinzo de Limia ofrece unha variada programación de Nadal, na que estarán presentes os Bolechas. Estos divertidos personaxes (que fan as delicias dos máis cativos) estarán na vila o sábado, 23 de decembro, a partir das 17 h na Casa da Cultura. Pero non só dos Bolechas vivirá o Nadal de Xinzo, na ampla oferta destacan, entre outros, obradoiros (elaboración de adornos de Nadal, globoflexia e taller de cociña), representacións teatrais, concertos e, por suposto, a visita dos Reis Magos, coa cabalgata o vindeiro, venres 5 de xaneiro, con saída da Casa da Cultura e recepción real no Pazo dos
Deportes; previamente, o xoves día 4, estará o carteiro real na praza Maior desde as cinco da tarde. Unha masterclass de spinning con Papá Noel o domingo 24 -ás 17 hou un flashmob de funki, capoeira, mini zumba e fusion fitness -nas rúas comerciais ás 12 h- tamén forman parte da programación. Nos pobos do concello (Gudín, Laroá, Parada, Piñeira, Boado, Pena, Mosteiro, Ganade, As Lamas e Morgade) e na residencia Santa Mariña poderán gozar do “espíritu do Nadal” no que a asociación Aneis levarán a todos eses lugares contacontos, xogos e un paxe real. Ano Carlos Casares O venres 22 chega un momento especial, ese
Reunión da Comisión organizadora do Entroido 2018.
Limialandia O parque de ocio Limialandia estará ubicado no pavillón municipal do 23 de decembro ao 7 de xaneiro. Entroido O Entroido de Xinzo síntese, cada vez, máis preto. A comisión adicada a organizalo xa foi presentando parte da programación dun entroido que se estenderá do 20 de xaneiro ao 18 de febreiro. Saiu á luz o cartel deste ano, que foi encargado a Manuel Formoso (non houbo concurso este ano). En canto á programación participarán charangas, orquestras e a actuación de “Sonoro Maxín”, o venres de entroido. O desfile este ano será máis curto pero con maior potencia, no que se pretende recrear a celebración dos Domingos previos (Fareleiro, Oleiro e Corredoiro).
O venres 22 de decembro, péchase o ano Carlos Casares na Casa da Cultura ás 20 horas
Os Reis Magos visitarán Celanova o día 5 de xaneiro.
Obradoiros para os máis pequenos en Celanova 4 A programación navideña trae, ademais, exposicións e visitas teatralizadas. Redacción Os máis pequenos de celanova terán o seu protagonismo neste Nadal. Un ano máis a Fundación Curros Enríquez colabora na programación de Nadal co Concello de Celanova. A partir do 22 de de-cembro chegarán os xogos, teatro, danza e manualidades coa Creaoteca de Nadal. Terá lugar ata o 5 de xaneiro de 11 a 13 na Casa dos Poetas. Destinados a nenos de entre 4 e 12 anos poderanse anotar no 646 026 421 ou a través do correo fundacion@currosenriquez.es. Outras actividades O venres, 16 de decembro, realizarase unha visita teatralizada por Vilanova dos Infantes ás 19 horas. Outra sesión teatralizada, pero neste caso nocturna polo Mosteiro de San Rosendo, terá lugar o 29 de decembro ás 21:30 previa
inscrición e polo prezo de 5 euro a entrada. Os días 17 e 18 de decembro organizarase a Feira de Nadal coa visita de papá Noel. Do 15 ao 27 de decembro poderase visitar na sede da Fundación Curros Enríquez a mostra ‘Esperanto. Un planeta por decubrir… unha lingua para facelo’, organizada pola Federación Española de Esperanto e formada por 15 paneis con contidos sobre o esperanto e o seu creador, o Dr L.L. Zamenhof, do cal se celebra o 100 aniversario. O día 26, ás 19 horas, acollerase unha charla de clausura a cargo de Jose Antonio del Barrio, presidente da Federeación Española de Esperanto. A visita do Reis Magos tamén está asegurada na vila de San Rosendo.
A Casa dos Poetas acollerá obradoiros para os máis cativos
NADAL NA PROVINCIA especial
Monólogos e contacontos, no Nadal de Allariz 4 O Nadal Parc cumple 10 anos. Redacción O Concello de Allariz xa presentou a súa programación para este Nadal. Dez anos contemplan ao Nadal Parc que estará ubicado no pavillón do instituto do 26 ao 30 de decembro e os días 2 e 3 de xaneiro. O prezo da entrada dun día será de 2 euros (con tarxeta de cidadán) e de 3 (sen tarxeta de cidadán). Tamén poderase mercar un bono de 8 (con tarxeta cidadán) ou 15 (sen tarxeta cidadán) euros. A Casa da mocidade (do 21 de decembro ao 5 de xaneiro) e o Fogar do maiores (do 14 ao 21 de decembro) tamén contarán con diversas actividades. Programación En canto á programación, esta ten o seu epicentro na Casa da Cultura e comeza
o día 17 (domingo) co concerto de Nadal, ás 12:30 horas, a cargo da Banda de iniciación e Banda Nova da unión musical de Allariz. Tamén o día 17, ás 18 horas, teatro coa obra De cando Valentina era mala. Os monólogos estarán moi presentes na programación. Así, o venres 22 Alberte Montes actuará ás 22:30 horas e ao día seguinte será o truno de Luís Zahera á mesma hora, ao
igual que Lois Pérez que actuará o día 29, e Ledicia Sola e Carmen Méndez, que o farán o sábado 30. O mércores 27, concerto de Paco Nogueiras quen presentará o seu libro CD “Bulebule” ás 19:30 horas. O sábado 30, na Galería Circular Felipe Díaz traerá o contacontos “O apalpador conta con vós”. Allariz despide o ano coa súa carreira solidaria “A derradeira”.Desde a praza
Maior, a infantil dará comezo ás 10 e a de adultos, ás 10:30 horas. Xaneiro chega co Paxe real o mércores 3, ás sete da tarde no pavillón do instituto. O día 5, osReis Magos visitan a vila a partir das 18:30 horas na Alameda e o domingo 7 remata a programación deste Nadal co concerto do Coro de mulleres de Allariz e Rondalla Nova Xeración de Barbadás, ás 19 h na Casa da Cultura.
A cabalgata de Reis terá lugar o venres, 5 de xaneiro, na Alameda
Os Reis Magos e os seus paxes non faltarán á cita cos rapaces de Allariz.
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
21
O Carballiño e O Barco súmanse aos festexos 4 Con actividades para todos os gustos. Redacción No Barco, ata 15 propostas diferentes desenvolveranse. Baixo o lema “Nadal no Barco” presentou o concello a campaña deste ano. Mercadiño, concertos, parque de xogos, pista de xeo, cinema, teatro, contacontos, O Apalpador e a Cabalgata dos Reis, conforman a oferta cultural na que colaboran, co Concello do Barco, a Deputación de Ourense, AEVA e Centro Comercial Aberto, así como outras entidades como o Orfeón, a Banda de Música, centros escolares, Conservatorio e Escola de música, Vagalume ou cine club Groucho Marx.
O Carballiño O Centro Comercial Aberto do Carballiño vólcase co seu “Vive o Nadal co CCA”. Así, todos os que merquen nos comercios locais entrarán no sorteo dun total de 1.350 euros en vales de compra para as tendas adscritas ao CCA. O número gañador coincidirá co primeiro e co segundo premio da lotaría de Reis. Tamén se celebra o concurso para elexir aos mellores escaparates. Como novidade, haberá un Tren do Nadal que percorrerá os principais lugares da vila os días 22 e 23 de decembro. O día 4 de xaneiro, inchables en tres prazas para goce dos máis cativos.
22
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
4AXENDA Cinema - 9 de xaneiro - Vida, máis ca vida - 10 h- Auditorio Teatro - 23 de decembro “Mental - Mentalismo & Hipnose” - 20:30 h - Auditorio Municipal - Do 23 ao 30 de decembro - XIV Mostra de Teatro Infantil de Ourense- Teatro Principal e Auditorio - 27 de decembro Teatro infantil “Redondo” - 12 h e 17 h - Teatro Principal - 28 de decembro Manawee - 17 h - Teatro Principal - 18 de xaneiro - O tolleito de Inishmaan20:30 h- Auditorio Exposicións - Ata o 14 de xaneiro - Exposición de Ángel Pantoja “Descrenzas de Xénero” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 4 de marzoExposición “In tempore sueborum”- Centro Cultural Marcos Valcárcel, igrexa de Santa María Nai e Museo Municipal Música - 2 de xaneiro- Tom Sawyer, detective El Musical - 18 h - Auditorio - 8 de xaneiro - Os tres porquiños, musical infantil- 17 h- Auditorio - 13 de xaneiro- Concerto de MClan- 21 hAuditorio - 14 de xaneiro- Os Rockenstein - 12 h- Auditorio - 21 de xaneiro - Fantasía coas palabras - 12 h- Auditorio Outros - 22 e 29 de decembro, e 4 de xaneiro - VideoMaping - 20 e 21 hPraza Maior - 5 de xaneiro- Cabalgata dos Reis Magos17:30h- Saída dende a Estación Empalme periodicobarrios.com
4 Subvención Letras a la Carta SL, empresa que edita Ourense por Barrios, recibiu unha axuda de 9.807,79 euros, correspondente á Resolución do 7 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se conceden as axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións integramente en galego.
AXENDA / ARTIGOS
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
Como beben no Asneiro as troitas en Noiteboa Xeada está a ponte e xeado vese o muiño, fumega a auga escachada, que bate no inferno con forza e con tino para mover a moa, bebendo da canle agarimosa que a carrexa sen tregua dende o Leiro ao Puzo de Blanco, sen queixarse endexamais, partíndose en dúas: unha canle para o de Entre Ríos e a outra para o da Ponte. Xenerosa achega o seu sangue aos dous muiños, arestora brancos de xeo por fóra e brancos de vida por dentro: milagre da pedra, do pan e da auga, escorrentando as fames dos homes e das bestas. Baixa, namentres, camiño do Puzo Negro, ríndose da xeada, o meu Asneiro querido, para recoller a auga prestada entre os brancos ameneiros e os bidueiros brancos ata a codia. Á beira as herbiñas do carreiro da Insua estalan de dozura ao pisalas, os fentos retórcense e reviran cara adentro, adoecidos de frío, outrora fachendosos agora apocadiños suspirando por o morno. No cesto saltan aínda vivas as troitas que fai só un intre xogaban ceibes nas tostas e nas correntes, ata que o engano do anzol que asemellaba miñoca lles roubou a liberdade. Hai que ter coidado coa boca, que non todo é o que parece, secadra é veleno o que asemella unha lambonada –dixo o pai–, namentres Suso miraba as derradeiras armadelas no apastadeiro de Lamas. Suso, o meu irmán, é moi bo troiteiro, sabe
“Non sabía o que era estar lonxe dos meus, devecer por eles cada noite, buscar coa man a man do teu paiciño e non a atopar”
pescar á cana e non lle gusta moito o da pesca cas armadelas de noite, di que iso non é pescar, pero a min páreceme unha aventura por os anzois de noite para que non te vexa ninguén, caladiños, non vaia ser que te pille o Gardarríos oíndo ladrar aos cans que non precisan escoitar para saber que anda alguén no camiño da fonte. Eles cheiran ao lonxe, son os vixías da noite, dan a xente e tamén cheiran a morte cando ouvean. Se vai morrer alguén a véspera, de noite, ouvean deseguido, por iso a avoa sabía cando ía haber difunto, mais a véspera do seu pasamento, non ouvearon, secadra estaban tan tristeiros que se lles pechou a gorxa e só poideron lamber as bágoas. A merliña recollida no carballo da peneda escoita a campá da igrexa que dende cedo convida aos máis devotos á misa e aos outros á taberna, pois o aviso serve para “quentar as gorxas”, ben con letanías onde o cura ou coa augardente na taberna de María no Cruceiro. Escóitase ao lonxe o tren que bufa frioleiro, o ferro raña no ferro con carraspeira ao pasar por Pontealvite e ao chegar ao Pontón. Cando xa se albisca Ribas do Asneiro toca o seu silbo cun balbordo que non cadra coa mañá queda e calada, é un saúdo ao domingo que esperta e tamén un aceno aos vaciños do Cruceiro, de Corrigatos, de Vilanova, de Codeseda, de Taín, do Penedo... O expreso da mañá é o mellor tren do mundo porque trae aos que se foron e non querían marchar; ben me lembro daquela outra mañá preto do Nadal cando me trouxo de volta de Valladolid. O pai para meterse comigo dime que eu ben me quería ir, é certo, porque non sabía o que era estar lonxe dos meus, devecer por eles cada noite, buscar coa man a man do teu paiciño e non a atopar, mirar pola fiestra e non ver as árbores, non escoi-
tar o arrolo do Asneiro, nin o canto dos paxaros, nin sentir ladrar os cans de noite, nin cantar o galo ao amencer. Esmorecer ferido de morriña e de tristura. O pai deuse conta de que andaba cavilando e díxome: –E logo, que andas a cavilar, home? véxote moi calado, ti que sempre pareces un loro. –Nada... Acordábame de cando me quixen ir para onde os tíos e do mal que o pasei. Botoume a man pola testa e díxome: –Anda, anda, que iso xa pasou, agora xa estamos os tres xuntos e a noite é Noiteboa, haberá que fritir as troitas e cantar unhas panxoliñas. Axúdalle ao teu irmán e déixate de andrómenas, que haberá que lavarse ben e ir á misa e pedirlle a Deus que nos perdoe o das troitas porque estas xa non beben máis no río. Iso sí, cunhas fetas de xamón hanche estar ben boas! Botoulle o outro brazo por riba ao Suso e rindo os tres tiramos cara a casa, cantando polo baixiño: Pero mira como beben as troitas no Asneiro. Beben e beben e volven a beber as troitas no Asneiro por ver a Deus nacer. As do cesto xa beberon todo o que poideron beber e esta Noiteboa saltarán fresquiñas na sartén, mentres tanto as outras, nas augas do Asneiro alabarán todas elas o noso Deus do Biseiro. Beben e beben, xa teñen todo bebido as troitas no Asneiro por ver a Deus nacido. A Virxe lava os cueiros e téndeos no tendedeiro, os paxariños cantan nas polas dos ameneiros, mentres vaise rindo o meu río camiño do apastadeiro. Pero mira como beben… Avelino Jácome
Fin de ano de 1930 no Liceo.
Fin de ano Xa case non quedan follas no almanaque. Alá vai outro ano! Non farei exame de conciencia, nin próposito de emenda, nin lista de desexos por cumprir no 2018. Celebrarei que estamos aquí para contalo, que non é pouco. O feito de fraccionar a nosa existencia non ten demasiada relevancia, considerando que o sistema vixente impúxoo o papa Gregorio XIII en 1582 para os países católicos. Alleos a esta efeméride, un grupo de ourensáns recibían o novo ano no Liceo que, por entón, xunto co desaparecido Hotel Roma, eran os lugares máis reputados para tal celebración. Unha copiosa cea seguida de baile con orquestra, sazonaban a última noite de 1930. Guirnaldas, mantillas e gravatas. Sorrisos que destilan ilusión e decoloran a sombra do desencanto. Ventura para tod@s! Saúde e ledicia! Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán
4HUMOR
CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017
23
Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Fotografía: Miguel Rejo , Ramsés Torres. Colaboracións: Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda e Avelino Jácome. Nº 35 - Ano: XVI - Decembro de 2017 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.
4TEL. DE INTERESE
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Quere gañar de 200 a 600 euros cada mes sen traballar?. Só ten que abrir unha conta cun Broker. Investimento 10 euros. (faino vostede ou fágoo eu). Todo o traballo realízoo eu. Beneficios fixos garantidos. Cobro de beneficios cada 15 días. Mais información en victor_vgc@hotmail.es Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 84 46 82.. Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Ófrecese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13. Busco calquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510.
Dánse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 51 58 18. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outras ofertas para traballos distintos. Posibilidade de media xornada ou completa, interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres os sábados pola noite e o domingo durante todo o día. Tel. 988 255 963. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 64 96 10.
INMOBILIARIA Alugo local económico. 15 m. Está valeiro pero o podo amoblar. 100€ ao mes máis 7€ de comunidade. Aseos comunitarios. A beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Alugo local económico. 15 m. Pode ser amoblado. 100€/mes + 7€ de comunidade. Aseos comunitarios. Á beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Alugo praza de garaxe. Ampla e cómoda. Ao carón da praza do Couto. 55 euros. Tel. 636 329 524.. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes, apto para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto, na rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase local comercial acondicionado en rúa Fco. Moure 14 (ao lado Praza Couto ), 65 m2 útiles. Dispoñible a partires de marzo. Tel. 636 32 95 24. Alúgase ou véndese praza de garaxe na zona da Ponte. de 14 m2. O garaxe ten dobre entrada/salida, pola rúa Río Mao e rúa Bellao en coche; e a pé pola rúa Pilar Miró. Porta automática. Tel. 617 532 017 Alúgase local acondicionado moi céntrico e a pé
de rúa con escaparate en Ourense. 160 m2 Dispoñible a partires de outubro. Tel. 625 515 818. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña america, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 636 422 497 Véndese piso zona Vinteún (absterse axencias). Tel. 676 75 88 19. Vendo ou troco piso de protección oficial (para entrar a vivir). Tres habitacións, salón, cociña baño; pódese cambiar por galpón que teña preto unha parada de autobús. Tel. 638 678 381. Vendo finca edificable (zona Rante). Ten proxecto de casa 750 m. Oportunidade, prezo 11.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Véndese casa de pedra, dúas plantas, no centro de Vilamarín. 45.000 euros. A reformar. Tel. 676 75 88 19. Véndese piso na zona Vinteún, absterse inmobiliarias. Tel. 676 75 88 19.
VENDAS Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781.
Vendo cociña de indución como nova (ideal para camping) e baúl de madeira e coiro. Tel. 626 297 504. Vendo sillóns de perruquería seminovos (400€), secador de casco seminovo (200€), máquina de cera fría (150€) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 25 59 63. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, máquina de xeo, pilas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, tiradores, portas, tubos fluorescentes e máquina de coser Alfa con motor. Tel. 625 591 151.
VARIOS Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio).
CONTACTOS Ofrécese mozo de 36 anos para mulleres maduras de 45 a 62 anos. Prezos anticrisis. Dou masaxes eróticos. Tel. 697 79 59 28. Atendo whatsapp e chamadas. Non número oculto. Absterse homes.
Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016
4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com
OURENSE POR Barrios Decembro de 2017