Barrios decembro 2017

Page 18

18

Barrios Decembro 2017

DEPORTES

Avalancha de citas atléticas 4 A provincia remata o ano a ritmo de running. Redacción Remata o ano e as citas atléticas na provincia afloran. O Carballiño, San Cibrao, Ribadavia e mesmo Ourense acollen carreiras ata final de ano. A carreira do Nadal de San Cibrao volve a ser Campionato provincial de 10 quilómetros en ruta. O día 17 disputarase esta carreira que ten o seu circuíto no Polígono. O sábado, 23 de decembro, de tarde, Ribadavia acolle a cuarta edición da súa carreira popular que contará con catro carreiras máis a dos pitufos. Ao día seguinte, 24, A Rúa acolle a cuarta carreira e andaina solidaria - 1 kg solidario. Para o último día do ano, tres citas: as San Silvestre de Allariz, Castrelo de Miño e Ourense. A proba alaricana é máis

unha xuntanza de atletas que fan un percorrido, sen tempo nin clasificación. A de Castrelo de Miño chega fiel á cita neste ano que celebra a súa 19ª edición. E a sensación do ano pasado foi a celebrada na capital. Este ano non podería faltar a segunda edición desta San Silvestre ourensá que o ano pasado congregou a 1.000 persoas practicando deporte na cidade das Burgas o último día do ano. E para os que se quedaron con ganas, o día 1 terá lugar a súbida da Costiña de Canedo.

Triplete na Copa Galicia

4 Para o club ciclista Maceda na carreira de Porriño en categoría sub 23. Redacción Triplete para o Academia Postal Actyon MMR (club ciclista Maceda) na cita da Copa Galicia de ciclorcros celebrada en Porriño. Iván Feijoo facíase coa primeira posición secundado por Roman Saa, segundo, e Raúl González, terceiro. Feijoo, que marcaba diferenzas na primeira volta, sumaba unha vitoria máis na Copa de Galicia, nunha carreira marcada polo temporal e a dificultade do circuíto por este motivo.

En júniors, a vitoría era para Carlos Canal. En féminas cadete, Noela Saa era segunda, e Aida González, terceira. Entre los cadetes, Martín González rematou cuarto, e Marco Nube, quinto. Iván Feijoo e Noela Saa continúan líderes da Copa. Viveiro Sete días antes, o ourensán Iván Feijoo lograba unha nova vitoria nunha proba da Copa Galicia de ciclocros. Nesta ocasión foi na localidade lucense de Viveiro. Feijoo facíase coa vito-

ria nun axustado es-printe, co que se resolvía unha emocionante carreira sen gañador claro ata a chegada á liña de meta. Con este triunfo, Iván afianza o seu liderato na copa galega. En terceira posición sub 23 entraba o seu compañeiro no Academia Postal Actyon MMR, Román Saa. Pola súa banda, en júniors, Carlos Canal remataba segundo. En mulleres categoría cadete doblete: Noela Saa era a gañadora e Aida González, segunda.

O Carballiño A carreira solidaria do Carballiño prevista para o día 10 de decembro tivo que ser aprazada ao 7 de xaneiro. A causa foi a alerta vermella que tiña a provincia debido ao forte temporal que asolounos durante eses días.

EN BREVE 4 Hípica O domingo, 17 decembro, no club hípico de Coles celébrase o concurso social de Nadal de doma clásica. E o mesmo día pero no centro ecuestre de Sandiás, o Festival Ecuestre de Nadal – II Copa Kur Doma Clásica – Trote 2017.

4 Fútbol sala A Asociación cultural Arracada, do Irixo, organiza o I torneo solidario de fútbol sala. Terá lugar o día 21 de decembro, xoves, e comezará cun partido amigable entre nenos -ás 19 horas- da escola deportiva Lalín fútbol sala e unha selección do Concello do Irixo. A partir das 20:30 horas celebrarase un encontro entre o Xuventude do Irixo FS e o Ourense Envialia de Primeira divisió feminina. A entrada é de balde e cada asistente deberá entregar un quilo de alimento.

4 Patinaxe O xoves, 21 de decembro, celébrase no Carballiño a gala de Nadal AEHDE 2017 de patinaxe.

4 Ciclocros

Primeira edición da San Silvestre ourensá celebrado o 31 de decembro do pasado ano./RAMSÉS.

Triplete do club ciclista Maceda con Roman Saa, segundo; Iván Feijoo, primeiro e Raúl González,terceiro.

O Club Ciclista Maceda organiza a décima edición do ciclocros Castelo de Maceda. Acudirán os mellores ciclistas da comunidade onde se atoparán, entre eles, os do propio club organizador. Por outra banda, o 14 de xaneiro, o Concello de Trasmiras e o Club BTT Nocelo organizan a VII Ruta do Cocido, que dará comezo ás 9 horas.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.