Barrios decembro 2017

Page 1

“Buenos días España” vence no FIC de Verín [Páx. 20]

VERÍN

Páx. 2

O PP de Verín ve irregularidades na licenza dun club

O CARBALLIÑO Páx.6

XINZO

Páx.10

Satisfacción entre os expositores da Feria de Outono

O conselleiro de Economía visita Prolimia

CELANOVA

Páx.12

Clausurouse o II coworking, centrado nas TIC e o territorio

A provincia vístese de Nadal

ALLARIZ

Páx.14

O erotismo, protagonista do FIXA 2018

Pioneira ITV no Carballiño

[Páx. 8]

As vilas ourensás teñen preparado un amplo abano de actividades de Nadal. // A nova ITV do Carbailliño atenderá 14.000 vehículos ao ano.

Número: 44 - Ano: X - Decembro 2017 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios Decembro 2017

TEMA DO MES

O Partido Popular de Verín ve irregularidades na licenza de apertura dun club de alterne 4 Acusa ao goberno municipal de “trato de favor” cara este establecemento porque o proxecto foi elaborado polo estudo de arquitectura do actual alcalde. Redacción O PP de Verín considera que existen “irregularidades” na aprobación en xunta extraordinaria do Concello do expediente 1088/2017 de licenza de apertura de actividade non clasificada APE 2014-57 dun club de alterne sito en Feces de Abaixo. En primeiro lugar, os populares ven innecesaria a urxencia da convocatoria, “na que se observamos a orde do día non hai outros temas reseñables que non sexan cambios de titularidade, recibos de lixo, e devolucións de taxas, o habitual en calquera xunta de goberno”, sinalan. E cren que isto se debe a que o proxecto foi elaborado polo estudo de arquitectura do actual alcalde, Gerardo Seoane. Ademais, destacan que estas xuntas extraordinarias supoñen “un gasto adicional para o Concello, polo diñeiro que cobran por asistencias os edís que pertencen á mesma e que sen lugar a dúbidas poderíanse tratar

na seguinte xunta de goberno”. Así mesmo, o partido encabezado por Jiménez Morán pon en evidencia que a secretaria municipal advirtiu que o expediente está incompleto, tal e como relata o informe da arquitecta técnica, que di que “non consta informe en materia de Turismo requirido polo Concello en data 24 abril de 2017”. Como consecuencia, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, solicita que se persone na xunta o técnico de administración urbanística, e preguntado sobre o asunto di que “é o promotor quen debe dirixirse a Turismo, así que está a favor de que os concelleiros voten”. Por iso, dende o PP cren que o que di o técnico “non se axusta á verdade, xa que o concello nun caso deste tipo debe enviar o expediente a Turismo para que informe sobre a materia da súa competencia, e asi se fixo segundo a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia”. Segundo os populares, o goberno actual

Juan Manuel Jiménez Morán, voceiro do PP en Verín.

O club de alterne da polémica. /M.REJO. (que establece como hora de chegada ao rexistro do documento as 15:14 do mesmo día no que un par de horas antes se celebrou a xunta de goberno, saíndo o mesmo da Axencia de Turismo da Xunta o 5 de xullo, unha semana antes) “esconde a existencia de dito informe porque é desfavorable”. Ante esta situación o Grupo Municipal do Partido Popular de Verin demandou por rexistro o pasado 23 de novembro que se poña á súa disposición a totalidade do expediente da obra do club de alterne, “en dita data aínda non se realizou ningunha inspección da obra para a cal se concedía licenza, que nós pensamos que é ilegal”. Por todo isto, dende o PP destacan “o clientelismo e o trato de favor por parte do alcalde e do gru-

po de goberno actuais a proxectos elaborados polo propio Gerardo Seoane”. E aseguran os populares que o rexedor elude a súa responsabilidade derivándoa nos seus compañeiros ao ausentarse da votación. O alcalde responde O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, aclarou ao respecto que se trata dunha licenza de obra e non de actividade, a cal está concedida dende 2005. Así mesmo, asegura que a xunta de goberno non podía máis que aprobar esta licenza porque o técnico de Urbanismo estaba de acordo; e aclara que non estaba presente na votación porque ao adicarse profesionalmente a asuntos deste tipo debe ausentarse.

O parque de Fontenova, máis próximo 4 Conta co informe de impacto mediambiental favorable. Redacción O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, vén de confirmar que o informe de impacto mediambiental para a construción do futuro parque de Fontenova resultou favorable, aínda que falta que a Xunta remita ao Concello o documento oficial asinado. Trátase do trámite previo que posibilita a continuación do expediente coa posterior exposición pública para posibles alegacións. O rexedor adiantou que nun par de semanas será aprobado de maneira inicial o plan especial de infraestruturas que permitirá o desenrolo deste proxecto. As previsións do goberno municipal inclúen que en xuño de 2018 comece a posta a disposición dos terreos, un paso que se agarda tedioso pero que confían remate antes de finais do próximo ano. Proxecto A zona verde máis ampla de Verín englobará as zonas da antiga Fontenova e o Auditorio. Trátase dun parque de sete hectá-

Gerardo Seoane, alcalde de Verín. reas que disporá de xardín, árbores, estanque, xogos, zona para mascotas, lagoa e praia. Un espazo deportivo, un punto de información sobre os beneficios das augas mineromedicinais da comarca non faltarán neste amplo recinto pensado para que goce toda a familia.

O goberno municipal agarda iniciar os trámites para a posta a disposición dos terreos en xuño

Infografía do futuro parque de Fontenova.


VERÍN E COMARCA

Verín adicará un millón de euros ao pago a proveedores 4 Trátase de facturas de 2017 atrasadas pola implantación da administración electrónica. Redacción O Concello de Verín prevé aboar nas próximas semanas facturas pendentes deste ano en curso por un valor total de preto dun millón de euros. Segundo explicou o alcalde, Gerardo Seoane, trátase de pagos atrasados que non puideron ser realizados conforme á lei debido á implantación da administración electróncia e á carga de traballo do departamento de intervención. Esta é unha das primeiras tarefas que abordará o interventor municipal que vén de reincorporarse esta mesma semana dunha baixa médica. O obxectivo é “liquidar a práctica totalidade do saldo de proveedores pendente de todas aquelas facturas que foron visadas e anexadas ás correspondientes partidas de gasto”, aclarou Seoane. Este pago realizarase tan pronto remate Intervención coa xestión das alegacións presentadas aos orzamentos de 2017, queserá nuns poucos días.

Aclarou Seoane que estes retrasos “non se deben a falta de liquidez, son cuestións administrativas. Acabamos de ingresar o cobro do IBI e contamos con preto de tres millóns para pagos pendentes deste exercicio. Temos máis do dobre de diñeiro do que temos por pagar”. Aínda así, logo de aboar as facturas de 2017, quedarían pendentes de pago a proveedores uns 200.000 euros, de facturas de anos anteriores, principalmente de 2016. “Falta realizar a liquidación de todas as partidas e formular as oportunas compensacións entre unhas e outras. Os pagos realizaranse de seguido”, explicou o alcalde.

Tan pronto remate a xestión das alegacións aos orzamentos, Intervención comezará co pago destas facturas

A CIG de Verín, en contra dos orzamentos de 2017 4 O sindicato denuncia ausencia de negociación colectiva na aprobación das contas municipais. Redacción A CIG vén de presentar alegacións contra os orzamentos de 2017 recentemente aprobados polo Concello de Verín. O sindicato denuncia ausencia de negociación colectiva nesta aprobación. “Tras múltiplos intentos de que o grupo de goberno do Concello de Verín se aviñese a cumprir os seus propios acordos de negociación, asinados coa representación sindical en agosto do 2016, ou, polo menos, abrise un proceso negociador novo, dirixido a renovar as normas laborais municipais (convenio colectivo do persoal laboral; acordo regulador de funcionarios, RPT e bases de contratación) este sindicato non ten mais remedio que formular alegacións e denunciar a aprobación unilateral dos orzamentos do 2017”, explicaron. Segundo a CIG estes orzamentos, ademais de ser “inservibles”, por chegar a finais de

2017, “aprobáronse sen negociar coa representación dos traballadores. O que fai moi complexo, a esta altura de mandato, o cumprimento do anunciado polo goberno: a reordenación das relacións laborais que levan dende 2007 sen actualizarse”, detallan. A CIG pretende así impugnar esta aprobación inicial, “en función da negativa a negociar do grupo de goberno local as propostas formuladas polos suxeitos sindicais lexitimados, constrinxindo o debate a uns simples actos de consulta dos acordos da propia administración, sen pemitir negociación e/ou transacción ningunha”, detallaron no escrito de alegacións. Segundo explican, a edil de Persoal e o alcalde de Verín “remataron por evidenciar a súa falta de vontade para abordar o proceso negociador antes da aprobación dos orzamentos do 2017”; conducindo todas as propostas da parte sindical a unha “futura e ideal” negociación a celebrar durante o

trámite de aprobación das contas de 2018. Tras a presentación destas alegacións, o goberno municipal deberá convocar un pleno para determinar se son estimadas ou non. No caso de rexeitalas, o sindicato ameaza con presentar demanda ante a xurisdición contencioso administrativa, “por falta de negociación, como nas mellores épocas do grupo de goberno anterior”, sentencian.

A CIG asegura que o alcalde aplazou toda negociación ata os seguintes orzamentos

Concello de Verín.

Barrios Decembro 2017

4 O alcalde responde O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, saíu ao paso destas acusacións. “O que se lle propuxo aos sindicatos neste ano foi a creación de 5 novas prazas de traballo, e unha cantidade de diñeiro para ir adecuando o persoal laboral ao persoal funcionario, que era unha das reivindicacións. Evidentemente iso non se fai en cinco días, e en 2018 continuaremos”, aclarou. En canto á ausencia de negociación coa CIG ante a aprobación dos orzamentos, Seoane asegurou que “non é certo que non houbera negociación, houbo catro rondas, non estamos obrigados a chegar a un acordo aínda que si que é a nosa intención”. “Pero o que teñen que saber eles é que os que gobernamos somos nós”, sentenciou.


Barrios Decembro 2017

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

Aever dinamiza o Nadal de Verín

4 Aparcadoiro

4 Regresa a pista de xeo por terceiro ano consecutivo. Redacción A asociación de comerciantes e empresarios de Verín, Aever, organiza, un ano máis, unha ampla programación durante o Nadal para os veciños e turistas, co fin de incentivar e dinamizar o comercio local. As compras en Verín teñen premio. Por cada compra superior a 10 euros -entre o 5 de decembro ao 2 de xaneiroen calquera dos establecementos asociados a CCU AVER Verín, recibirase un boleto para participar no sorteo de 1000 euros; o sorteo realizaráse o día 3 de xaneiro no pavillón dos deportes de Verín, durante a Gala do Show

dos paiasos, ás 20 horas. O gañador deberá gastar ao día seguinte -día 4- o premio en, polo menos, cinco establecementos asociados cun importe máximo de 200 euros por establecemento. Pista de xeo Por terceiro ano consecutivo non faltará a pista de patinaxe sobre xeo, que ten a novidade este ano de contar con xeo natural, polo que o uso dos guantes é obrigatorio. A pista estará aberta, na praza García Barbón, do 22 de decembro ao 30 de decembro, de 11 a 14, e de 16 a 22 horas. O prezo será de 5 euros, aínda que haberá descontos de 2 euros se se fai compras

Santos Álvarez e José Ángel Rodcio, presidente e xerente de Aever. /M. REJO. nos establecementos asociados de Aever. Aperturas A asociación aconsellou aos seus asociados, para facilitar as compras destes días tan especiais, que abran os días 24 e 31, coa finalidade de facilitar as compras. A maioría de establecementos acolleranse a esta medida. Tamén celebrarase o concurso de escaparates de Nadal 2017 con temática libre no que se valo-

rará a creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición. Gala de Nadal O día 3 de xaneiro, mércores, a partir das 18:30, no pavillón dos deportes de Verín, celebrarase a Gala “Show dos paiasos”, na que haberá música, os personaxes preferidos polos máis peques e concursos. Non faltarán as sorpresas e diversión para todos.

Sortearanse 1.000 euros entre todos os clientes que fagán as súas compras -superiores a 10 euros- nos locais asociados de Aever, do 5 de decembro ao 2 de xaneiro

Verín xa conta con oito aparcadoiros disuasorios gratuítos. Este ten tres accesos de entrada (pola avenida de Portugal, a rúa Luis Espada e a intersección das rúas Santiago Rodríguez e Elle). Este novo aparcamento servirá para desconxestionar o do fondo da rúa Laureano Peláez, xa que é o máis utilizado polos condutores.

4Emprego O Concello de Verín pretende levar a cabo un plan de emprego xuvenil para axudar aos mozos que queiran regresar ao concello. Para elo, axudará ás empresas que decidan contratar a xóvenes emigrados que decidan regresar. Tamén, impartiranse sesións formativas, e ampliarse os puntos de información e crearase o Consello Multisectorial Municipal da Xuventude.


VERÍN E COMARCA

A Feira do Nadal recollerá xoguetes 4 Celébrase os días 16 e 17 deste mes. R.T. O sábado e domingo, 16 e 17 de decembro, a praza Maior de Verín acolle a terceira edición da Feira de Nadal, organizada polo Concello de Verín.

Na mesma, participarán 23 postos de artesanía e alimentación. O horario de apertura das casetas da Feira de Nadal será de 11 a 14.30 horas e de 16 a 20 horas. As actividades para os

“En Verín, en galego”, novo proxecto do IES García Barbón O IES García Barbón pon en marcha o Plan Proxecta en Innovación e Dinamización Lingüística. A finalidade principal deste ambicioso proxecto é o de estender e normalizar o uso da lingua galega na actividade empresarial, asociativa e comercial da vila de Verín e da contorna. Para elo, pretende crear modelos de documentación administrativa en galego (tecido administrativo, sanitario, empresarial e comercial de Verín), como pode ser a cartelería, lista de prezos, cartas de restaurantes e cafeterías, modelos de esquelas en galego, creación de base de datos de empresas en galego, cartelería en galego para supermercados, carteis en galego para talleres de automoción, sensibilización do persoal sanitario para que se atende aos galegofalantes na súa lingua. En definitiva, crear unha imaxe positiva do galego, promovendo a cultura da colaboración con axentes sociais e institucións para

realizar actividades de dinamización lingüistica e favorecer o emprego do idioma mellorando a súa valoración social. Tamén se pretende, entre outros obxectivos, axudar na integración do alumnado de procedencia estranxeira ou doutras comunidades autónomas. Redes sociais O proxecto, sabedor da importancia das redes sociais non se esquece delas. Deste xeito creouse a web, enverinengalego. wordpress.com; o twitter, @enverinengalego; e o correo electrónico, enverinengalego@gmail. com. Equipo O equipo do proxecto está formado por Xosé Miguel Barrios Rodríguez (coordinador), xunto aos seus colaboradores: María Ángeles Barge Santás, María Pilar Rodríguez Puga, María Cruz Gonzalez Remeseiro, Miryam Méndez González e Lourdes Álvarez Cid.

Desde o IES García Barbón teñen a firme intención de dinamizar a lingua galega.

máis pequenos van desde os xogos infantís ata o showcooking, pasando por un taller de manualidades, a visita do apalpador ou mesmo a do propio Papá Noel. A feira contará tamén con animación, talleres, concursos e música. Ademais sortearanse cestas de nadal e entregarase un premio ao stand máis navideño. Ao igual que na pasada edición, a Feira de Nadal contará coa participación activa das nenas e nenos da vila, con postos onde

Barrios Decembro 2017

porán a disposición dos veciños os seus propios productos artesanais. Xoguetes Como novidade, este ano instalarase -coa colaboración de Femuro- un posto de recollida de xoguetes, novos e usados, para os nenos e nenas máis desfavorecidos da vila.

Premiarase o stand máis navideño

A árbore de Nadal loce na Casa Consistorial. /M. REJO.

Regresa a árbore de Nadal A árbore de Nadal regresa ao Concello de Verín. O ano pasado o goberno local optara por substituila e colocar en varios lugares da vila árbores máis pequenos. A moitos veciños non lle gustou esa opción polo que demandaron ao concello a recuperación da árbore.


Barrios Decembro 2017

Curso formativo da DO Monterrei Redacción Rematou o curso formativo da DO Monterrei sobre o papel da madeira no mundo da viña e o viño, organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. Nesta iniciativa participaron un total de 18 alumnos de toda a comunidade galega que, ao longo de tres sesións recibiron formación sobre viña e a adega como expresión da terra, silvicultura para a obtención de madeiras de calidade para tonelería, a madeira na viticultura e enoloxía, tecnoloxía da madeira para usos vitivinícolas, crianza de viño en barrica, diferentes viños de barrica e cata de viños, entre outras cuestións. Este curso formativo tivo lugar nas adegas Alba Al-Bar, Franco Basalo e Crego e Monaguillo. Premios Os viños “Quinta dá Muradella 2012” e “Vía Arxéntea 2015”, das adegas José Luís Mateo García e Manuel Guerra Xusto, respectivamente, obtiveron entre 90 e 94 puntos na primeira edición da cata “Spanish Atlantic Rede Wines” da revista Decanter. Isto reforza a aposta pola calidade das adegas da DO Monterrei.

VERÍN E COMARCA

Medio Rural colabora na promoción da castaña 4 A consellería destina máis de 165.000 euros. Redacción Medio Rural colabora na promoción da castaña polo que fai unha achega económica. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Riós, Francisco Veiga, veñen de asinar un convenio para desenvolver un programa de promoción do cultivo e a produción de castaña por valor de 165.951,67 euros, co fin de impulsar esta actividade e consolidala como alternativa económica no agro galego. A indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia abrangue a totalidade dos de Ourense. A conselleira desta-

cou, durante a firma deste convenio de colaboración, que este tipo de accións permiten manter a poboación destas áreas e poñer en valor postos de traballo e rendas. Salientou que a produción de castaña é un sector importante para o rural galego en xeral e para a provincia de Ourense en particular, posto que concentra o 75% da produción deste froito na nosa comunidade e fai de Galicia unha potencia a nivel estatal. A través deste convenio, que terá unha vixencia ata o vindeiro 2019, dotarase ao Centro de Desenvolvemento Agroforestal, localizado neste municipio ourensán, de técnicos es-

pecialistas co obxectivo de resolver as dúbidas que teñan os silvicultores e produtores en todo o referente á produción de castaña. Formación Así mesmo, vaise potenciar unha formación profesionalizada entre este sector, mediante cursos e xornadas de formación que estarán dirixidas especialmente a produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria e desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Riós, Francisco Veiga, na firma do convenio.

Feira de Outono de Verín.

Satisfacción entre os expositores da Feira de Outono 4 Nove de cada dez expositores volverían participar. Redacción Satisfacción entre os expositores da Feira de Outono. O Concello de Verín, a través da concelleira de Turismo, Purificación Caldelas, realizou un balance dos resultados da segunda edición da Feira de Outono de Verín que se celebrou durante os días 17, 18 e 19 de novembro, na praza Maior. Baseándose no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que a totalidade dos enquisados (21 dos 22 postos expositores) dan un aprobado ás vendas e o 95% dos mesmos volvería a participar no evento. As enquisas realizadas tamén preguntaban aos expositores por unha

serie de cuestións entre as que se lle preguntaba a súa valoración, puntuando de 1 a 10 sobre: as instalacións (8,30), as ventas (5,65), os stands (8,10), a ubicación (9,40), o horario da feira (8,60), o magosto popular (9,00), o sorteo da cesta (9,10), as actividades complementarias (8,20), a limpeza (8,25) e a música (5,50). Suxerenzas Os expositores enquisados, coma nas pasadas edicións, tamén tiveron a oportunidade de entregar unha folla de suxerenzas. “Como sempre, tomamos nota de todas as aportacións que nos fixeron tanto os expositores como os visitantes da feira para seguir mellorando este evento entre todos”, puntualizou Caldelas.


PUBLICIDADE

Barrios Decembro 2017


Barrios Decembro 2017

O CARBALLIÑO E COMARCA

A mancomunidade reforza a loita contra incendios

Campaña de reciclaxe Redacción A campaña “O que se enchufa, recíclase” da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio está a desenvolverse na localidade ourensá do Carballiño co fin de implicar a súa veciñanza na reciclaxe de aparellos eléctricos e electrónicos, e involucrar tanto aos consumidores como aos distribuidores e vendedores nunha boa xestión deste tipo de residuos. Esta iniciativa pretende concienciar á poboación da necesidade de reciclar este material de refugallo e lograr incrementar as cotas de reciclaxe dos residuos destes aparellos. Contedores Na provincia de Ourense hai 63 contedores repartidos noutros tantos establecementos adheridos á campaña para que os cidadáns poidan depositar os aparellos en desuso ou inservibles. Seis deles están no Carballiño. A Consellería de Medio Ambiente destina 700.000 euros a esta iniciativa, que se desenvolverá durante nove meses en 138 concellos galegos de máis de 4.000 habitantes, dos que 16 son da provincia de Ourense. En 2016 recolléronse en Galicia máis de 14.000 toneladas de residuos de aparellos eléctricos ou electrónicos, o que implica unha media de 5 quilos por persoa. O incremento é notable con respecto ao exercicio anterior, cando se recolleron 10.600 toneladas que supón un 75 por cento menos.

O punto de información desta campaña estivo no Carballiño.

4 Así llo trasladou á conselleira de Medio Rural. Redacción

Demostración de como funciona a ITV do Carballiño./M REJO.

Unha ITV pioneira para O Carballiño 4 Atenderá a 14.000 vehículos ao ano. R.T. O Carballiño colócase á vangarda na inspección técnica de vehículos coa ITV que se inaugurou o 27 de novembro. A do Arenteiro será a segunda en Galicia -trala de Sionlla- que conta cun deseño modular -desenvolvido por SyC en colaboración coa Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña- pioneiro en España. Ademais é a primeira que Supervisión y Control, (SyC) intégrase no grupo Applus. Esta estación ten previsto inspeccionar 4.000 vehículos durante o primeiro ano e chegar aos 14.000 en 2020. No acto de inauguración, o conselleiro de Economía, Francisco Conde destacou que a posta en marcha desta estación “é un paso máis en Galicia para acadar unha rede de ITV máis ampla e máis adaptada” a nova lexislación que entrará en vigor o próximo ano. Salientou tamén o esforzo realizado por Applus e SyC “na innovación tecnolóxica” coa implantación dun sistema pioneiro en España que se exportará desde Galicia ao eido internacional. O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, agradeceu que a Conse-

llería de Economía e máis Applus e SyC elixiran O Carballiño para “plasmar un proxecto cun equipamento tan novidoso”, o cal contribuirá a “dinamizar o parque industrial desta localidade”, e en concreto o sector dos talleres mecánicos, e á creación de postos de traballo. Pola súa banda, o vicepresidente de Applus, José Delfín Pérez, salientou o carácter emprendedor de Galicia, e o director xeral de SyC, Juan Diego Rodríguez afirmou que esta nova ITV será “a referencia para a exportación do sistema galego a outros países de Iberoamérica e África”. Características A ITV de Carballiño é a primeira estación totalmente inhalámbrica da provincia de Ourense, e as inspeccións realízanse mediante tablets conectadas a un servidor central a través de Wi-Fi. Ademais, cóntase

con equipos de control de contaminantes de última xeración que permite estar preparados para o futuro nun tema tan sensible para a sociedade como é a protección do medio ambiente. Outras das novidades incorporadas en esta estación son o bloque de equipos compactos, o banco de suspensións (que comproba a eficacia do sistema de amortiguación do vehículo) e o frenómetro, que é o equipo destinado a comprobar o estado dos sistemas de freado do vehículo. Ademais, a ITV de O Carballiño incorpora un sistema de diagnose pioneiro en España para sistemas de seguridade controlados electrónicamente.

As inspeccións realízanse mediante tablets conectadas a un servidor central

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, na presentación da nova ITV. /M REJO.

A Mancomunidade do Carballiño trasladou á Consellería de Medio Rural a súa aposta por reforzar a loita contra incendios. A conselleira, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión co presidente da mancomunidade, Manuel Cerdeira, quen mostrouse interesado en incrementar os recursos de loita contra o lume. Ambos portavoces fixeron un repaso dos acordos

subscritos pola consellería e polos que dispoñen dunha motobomba e de varias brigadas de prevención e extinción. Apoio Ademais, esta mancomunidade integrada polos concellos de Beariz, Boborás, O Irixo, Leiro, Maside, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea, recibiu tamén apoio para os traballos de roza e tratamentos preventivos. En total, o ano pasado, recibiron preto de 94.000 euros.

Reunión entre a conselleira e o presidente da mancomunidade do Carballiño.

Programas para desempregados 4 O Carballiño e a mancomunidade Terra de Celanova, entre os beneficiarios. Redacción Un total de 510 persoas participarán nos 6 programas integrados de emprego que a Consellería de Economía, Emprego e Industria porá en marcha nas próximas semanas na provincia de Ourense. Dos seis plans que se desenvolverán na provincia de Ourense, dous terán lugar no concello do Carballiño e na mancomunidade Terra de Celanova. Como novidade este ano, a Xunta tamén pri-

mou a aqueles proxectos nos que está implicado o tecido empresarial de cada zona co obxectivo de que os programas se centren nas demandas laborais de cada comarca. O Carballiño A capital do Arenteiro concédeselle unha subvención de 204.000 euros para poñer en marcha o novo Plan Integral de Emprego. Admitirase a un total de 85 participantes, que deberán estar desempregadas e inscritas no Servicio Galego de Colocación e no INEM.


O CARBALLIÑO E XINZO

Melloras na seguridade das estradas do Irixo 4 Os socialistas celebran esta medida. Redacción Os socialistas presentaron o pasado 10 de novembro de 2017 unha moción na que instaban ó goberno municipal á mellora da seguridade e sinalización das estradas do Irixo, con 23 actuacións concretas, entre as que se atopaban a colocación de varandas, barreiras de seguridade ou quitamedos na estrada o seu paso por pontes, curvas con terrapléns, entre outras. O voceiro do grupo municipal socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, vén de celebrar que a moción fóra

escoitada polo alcalde e realice devanditas melloras (barreiras de seguridade nas pontes da parroquia de San Cosme o seu paso polo Tellado ou a Costa) e que esperan que sexa “o principio” de moitas máis actuacións por todo o mu-

nicipio reclamadas na súa moción. 31 anos Ao mesmo tempo lamentan que a actuación chegue con máis de 31 anos de retraso e que só se realizase con posterioridade a que os socialistas a reclamaron mediante unha moción, que aínda non puido ser tratada no pleno ao negarse o alcalde a convocalos dende o mes de maio, e que a denuncia se publicase nos medios de comunicación, é o que fixo que o goberno municipal se puxera a traballar.

Traballos de mellora en Ponte do Tellado.

Os Blancos será rescatado pola Deputación 4 Debido a súa grande débeda. Redacción O Concello dos Blancos será rescatado pola Deputación de Ourense debido á súa grande débeda. A medida tomarase no vindeiro pleno do día 22 de decembro. O alcalde popular, José Manuel Castro, traspasará as competencias en materia de saneamento, pavimentación de vías públicas, abastecemento de agua e acceso a núcleos de poboación ao ente provincial. Esta medida débese a que o rexedor pretende acceder a un préstamo do Instituto de Crédito Ofi-

cial (ICO) pola cantidade de 1,7 millones de euros. Isto permitiralle subsanar a débeda coa Seguridade Social e a Axencia Tributaria para, así, poder acceder a subvencións. Ademais, contémplase a desaparación de seis postos de traballo (entre os que está o de secretario e interventor) que as asumirá a Deputacióncun aforro duns 120.000 euros ao ano. A Xunta (que deberá dar o visto bo á intervención) manifestou por medio do seu vicepresidente, Alfonso Rueda, que esta decisión é precisa debido á complicada situación

Barrios Decembro 2017

do Concello. Rueda asegurou que “todo parece indicar que a intervención do Concello dos Blancos, que cederá varios servizos á Deputación, é necesaria dado que a súa situación económica é delicadísima”. PSOE Desde o grupo socialista catalogan a situación como dramática. A única edil do PSOE nos Blancos,Emilia Blanco, mostrábase en desacordo coa medida, xa que aseguraba que suporía un incrementos do impostos para os veciños, coma o Imposto de Biens Inmobles.

O pleno da Deputación, do 22 de decembro, aprobará o rescate ao Concello de Os Blancos


10

Barrios Decembro 2017

XINZO E COMARCA

EN BREVE

O conselleiro de Economía visita Prolimia

4 Convivencia intercultural O CDR O Viso organiza unha xornada de convivencia intercultural este venres, 15 de decembro. No encontro haberá unha mesa redonda, obradoiros e degustación de pratos típicos. Ás 18 horas no CEIP Rosalía.

4Convenio Abanca, Afundación e o Concello de Xinzo de Limia asinan un convenio de colaboración cultural para achegar a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Devandita exposición, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar en Xinzo entre o 19 de decembro e o 20 de xaneiro.

4Travesía Baltar A Xunta está a executar as obras de reparación de beirarrúas e mellora da accesibilidade na estrada OU-304 (300 metros) ao seu paso polo concello ourensán de Baltar, para incrementar a seguridade peonil e mellorar a accesibilidade. Esta actuación, que ten un prazo de execución de tres meses, conta cun orzamento de máis de 60.000 euros. Ademais, Aguas de Galicia está renovando unha parte da rede de saneamento neste treito da travesía de máis de 100 metros.

4Avenida de Celanova Xinzo Adiante recolle as queixas dos veciños sobre o estado da avenida de Celanova que din que non se recollen as follas caídas das árbores.

4 Francisco Conde coñeceu á asociación. Redacción Do Campo na reunión con productores de pataca da Limia.

Xornada sobre seguros agrarios A Consellería do Medio Rural colaborará coa nova asociación de produtores Pataca da Limia na organización dunha xornada sobre seguros agrarios. A solicitude, que foi trasladada pola agrupación resolveuse favorablemente despois de estudar as posibilidades e comprobar a temática, que se enmarca dentro do obxectivo de Medio Rural de fomentar a contratación de pólizas. A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo aseguroulles, ademais, que a intención e a de abrir unha vía de colaboración, como pode ser unha xornada de exaltación da pataca de carácter profesional, no que se inclúan xornadas de formación. Do Campo ofreceulles un balance das ordes de axuda das que dispón a consellería e ás que poden acollerse. A asociación produce ata 130.000 quilos de pataca ao ano aproximadamente, o que supón o 95% da pataca que se produce na comarca.

Preto de medio centenar de empresarios, comerciantes e empresarios participaron no acto convocado por Prolimia para manter un encontro con representantes do Igape e a Xunta, que explicaron as axudas e subvencións para empresas previstas pola institución autonómica. Teresa Martínez, que mostrou a súa satisfacción pola iniciativa que estaban a levar a cabo que marcará a pauta dentro da programación de Prolimia, fixo un chamamento á unidade de empresarios e comerciantes, dado que é a fórmula para obter mellores resultados en beneficio do sector. En termos parecidos

expresouse o alcalde, que animou a perseverar no camiño iniciado e pediu á Xunta axudas para as empresas. Conselleiro Francisco Conde recolleu a luva e despois de felicitar a Prolimia polo paso dado, recoñeceu o papel que teñen as organizacións empresariais ou gremiais como interlocutores ante a administración á hora de expor inquietudes ou de ofrecer a súa opinión en nome dos representados. Conde deu a coñecer as liñas mestras do seu departamento, nas que destacou a simplificación da burocracia para crear empresas, así como para a tramitación e concesión das axudas.

As xornadas tiveron un gran número de participantes.

Xornadas de saúde sexual A Asociación Escola Rural de Saúde, organizou durante o pasado mes de novembro unhas xornadas de saúde sexual para a poboación. Tratáronse temas como aspectos sociais (onte e hoxe da saúde sexual, educar na sexualidade con ética e respecto e a parella), médicos (disfuncións sexuais masculinas e femininas, enfoque terapéutico, enfermidades de transmisión sexual, embarazo, métodos anticonceptivos, menopausa e sexualidade e medicamentos) e psicolóxicos (mitos e tabús en sexualidade, a saúde mental como inflúe no sexo, sexualidade na terceira idade e a alimentación e saúde sexual). As charlas foron impartidas polo doutor Luís Prieto Robisco e Silvia García Ríos.

O conselleiro de Economía coñecendo de primeira man a asociación Prolimia. /M REJO.


XINZO E COMARCA

Os Bolechas vistarán Xinzo en Nadal 4 O ano Carlos Casares péchase o día 22 cunha gala. R.T. O Concello de Xinzo de Limia ofrece unha variada programación de Nadal, na que estarán presentes os Bolechas. Estos divertidos personaxes (que fan as delicias dos máis cativos) estará na vila limiá o vindeiro sábado, 23 de decembro, a partir das 17 horas na Casa da Cultura. Pero non só dos Bolechas vivirá o Nadal de Xinzo, na ampla oferta destacan, entre outros, obradoiros (elaboración de adornos de Nadal, globoflexia e taller de cociña), representacións teatrais, concertos e, por suposto, a visita dos Reis Magos, coa cabalgata o vindeiro, venres 5 de xaneiro, con saída da Casa da Cultura e recepción real no Pazo dos Deportes; previamente, o xoves día 4, estará o carteiro real na praza Maior desde as cinco da tarde. Unha masterclass de spinning con Papá Noel o domingo 24 -ás 17 h- ou un flashmob de funki, capoeira, mini zumba e fusion fitness -nas rúas comerciais ás 12 h- tamén forman parte da programación. Nos pobos do concello (Gudín, Laroá, Parada, Piñeira, Boado, Pena, Mosteiro, Ganade, As Lamas e Morgade) e na residencia Santa Mariña poderán gozar do “espíritu do Nadal” no que a asociación Aneis levarán a todos eses lugares contacontos, xogos e un paxe real.

Ano Carlos Casares O venres 22 chega un momento especial, ese día -a partir das 20 horas na Casa da Cultura- terá lugar a gala de clausura do ano Carlos Casares. No acto entregaranse os premios de xornalismo literario e portada de “Vento ferido”. Para pechar o acto haberá un concerto da Coral de Ruada. Limialandia O parque de ocio Limialandia estará ubicado no pavillón municipal do 23 de decembro ao 7 de xaneiro. Deporte O deporte estará moi presente nestas datas xa que a ximnasta finalista olímpica Carolina Rodríguez estará esta fin de semana na vila. O venres dará charlas nos CEIPs Carlos Casares e Rosalía de Castro e nos IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela. Ademais ofreceráselle unha recepción no Concello. O sábada realizará unha masterclass para 80 ximnastas, durante todo o día. E pechará a súa presenza na limia realizando unha exhibición ao remate do Festival de Inverno, que terá lugar no pavillón.

O venres 22, péchase o ano Carlos Casares na Casa da Cultura ás 20 horas

Os Bolechas visitarán Xinzo o día 23.

O Entroido, máis preto Redacción O Entroido de Xinzo síntese, cada vez, máis preto. A comisión adicada a organizalo xa foi presentando parte da programación dun entroido que se estenderá do 20 de xaneiro ao 18 de febreiro. Saiu á luz o cartel des-

te ano, que foi encargado a Manuel Formoso (non houbo concurso este ano). En canto á programación participarán charangas, orquestras e a actuación de “Sonoro Maxín”, o venres de entroido. O desfile este ano será máis curto pero con maior potencia, no que se pretende recrear a celebración dos Domingos previos (Fareleiro, Oleiro e Corredoiro).

Barrios Decembro 2017

11

Reunión da Comisión organizadora do Entroido 2018.


12

Barrios Decembro 2017

Exposición sobre o esperanto na Casa dos Poetas Redacción A mostra “Esperanto. un planeta por descubrir... unha lingua para facelo” poderase visitar na Casa dos Poetas de Celanova ata o 27 de decembro. Esta mostra consiste en 15 paneis cunha explicación básica sobre o esperanto e a figura do Dr. Zamenhof (creador do idioma). Poderá visitarse, de balde, de martes a sábado de 10:30 a 14 e de 16 a 18 horas. Nela repásase dunha forma moi didáctica a historia desta linguaxe creada en 1887, o seu desenrolo en España, o seu uso no cine, na literatura e nas redes sociais, os métodos de aprendizaxe que existen e algunhas das personalidades relevantes a nivel político, social e cultural que cultivan ou cultivaron o esperanto. Conferencia O día 26 de decembro, martes, terá lugar unha conferencia de clausura, na propia Casa dos Poetas, sobre este idioma a cargo de José Antonio del Barrio, presidente da Federación Española de Esperanto.

A diáspora galega deuse cita en Celanova Redacción Celanova acolleu durante dous días a Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas. Na primeira xornada o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asegurou que rematará o exercicio co 98% do or-

CELANOVA E COMARCA

Obradoiros para os máis pequenos neste Nadal 4 A programación de Celanova trae, ademais, exposicións e visitas teatralizadas.

Clausurouse o II coworking de Celanova

Redacción Celanova non é alleo ao Nadal, e por iso trae unha variada programación, para estes días, na que os máis pequenos terán o seu protagonismo. Un ano máis a Fundación Curros Enríquez colabora na programación de Nadal co Concello de Celanova. A partir do 22 de decembro chegarán os xogos, teatro, danza e manualidades coa Creaoteca de Nadal. Terá lugar ata o 5 de xaneiro de 11 a 13 na Casa dos Poetas. Destinados a nenos de entre 4 e 12 anos poderanse anotar no 646 026 421 ou a través do correo fundacion@ currosenriquez.es. Outras actividades O venres, 16 de decembro, realizarase unha visita teatralizada por Vilanova dos Infantes ás 19 horas. Outra sesión teatrazamento executado; un orzamento que supera os 8,7 millóns de euros. Ademais afirmou que a Xunta traballa para facilitar o retorno dos emigrantes ou dos seus descendentes que pensen en regresar. No xornada de clausura, o presidente da Xunta, tomou a palabra. Feijoo afirmou que a inversión en emigración aumentará en 2018 un 20%, chegando aos 11 millóns de euros.

Clausura do coworking de Celanova.

Os Reis Magos visitarán Celanova. lizada, pero neste caso nocturna polo Mosteiro de San Rosendo, terá lugar o 29 de decembro ás 21:30 previa inscrición e polo prezo de 5 euro a entrada. A fin de semana (17 e 18 de decembro) organizarase a Feira de Nadal coa visita de papá Noel. Do 15 ao 27 de decembro poderase visitar na sede da Fundación Curros Enríquez a mostra ‘Esperanto. Un planeta por decubrir… unha lingua para facelo’, organizada pola Federación Española de Esperanto e formada por 15 paneis con contidos

sobre o esperanto e o seu creador, o Dr L.L. Zamenhof, do cal se celebra o 100 aniversario. O día 26, ás 19 horas, acollerase unha charla de clausura a cargo de Jose Antonio del Barrio, presidente da Federeación Española de Esperanto. A visita do Reis Magos tamén está asegurada na vila de San Rosendo.

A Casa dos Poetas acollerá os obradoiros para os máis cativos

Celanova acolleu a Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas. /M.REJO.

4Os proxectos apostaron polas TIC e o territorio. Redacción Celanova clausurou o coworking Celanova-Terras da Limia, o demoday onde os 20 emprendedores participantes nesta segunda edición presentaron os seus proxectos empresariais despois de completar o proceso de formación e asesoramento. Os emprendedores que desenvolveron os 19 proxectos empresariais neste espazo coworking optaron por ámbitos de actividade tan variados como son servizos tecnolóxicos apoiados nas TIC, o sector da moda ou produtos relacionados coa valorización de recursos do territorio como o turismo ou os produtos agroalimentarios; así como os deportes, turismo e a organización de eventos.

novos empresarios poderán seguir contando cos servizos e os instrumentos de apoio que ofrece a Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar a posta en marcha e a consolidación temperá das novas empresas. Deste xeito, lembroulles que, a través do Igape, poderán seguir accedendo ao asesoramento especializado ou titoría que precisen, así como a préstamos directos como os activados no novo programa de instrumentos financeiros innovadores (IFIs) para financiar os seus investimentos. O director do Igape, ademais, avanzou que a comezos do próximo ano se prevé organizar un foro de investimento no que participen os mellores proxectos de todos os espazos coworking.

Axudas O director do Igape, Juan Cividanes, salientou, na súa intervención durante a clausura, o completo catálogo de servizos e axudas que a Xunta pon a disposición das novas empresas. Cividanes destacou que os

Os novos empresarios poderán seguir contando cos servizos e os instrumentos de apoio da Xunta


PUBLICIDADE

Barrios Decembro 2017

13


14

Barrios Decembro 2017

Comercio local Redacción En Nadal, merca no comercio local. Este é o lema da campaña que o Concello de Allariz xunto co comercio e hostalería desenvolverán para incentivar as compras locais. Ademais, a iniciativa “O Peto dos Desexos” sorteará tres premios de 200 euros entre os clientes do comercio e hostalería da localidade que deberán xuntar tíquets de compra ata alcanzar un valor de 30 euros e depositalos xunto coa tarxeta dos desexos nun dos Petos situados no alto do Portelo ou na entrada da Alameda. O día 7 de xaneiro terá lugar o sorteo público ás 11:30h diante do Peto dos Desexos (na entrada da Alameda).

Termalismo do Imserso Redacción O Centro de Servizos Sociais Comunitarios no Fogar dos Maiores de Allariz (rúa A Barreira nº 3), informa e tramita as solicitudes para participar no programa Termalismo Social 2018. Serán beneficiarios do programa os pensionistas na Seguridade Social. O prazo de solicitudes remata o 4 de xaneiro de 2018 para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ámbolos dous incluídos, e ata o 10 de maio para as quendas dos meses de setembro a decembro. Teléfono, 988554059.

ALLARIZ E COMARCA

O erotismo invadirá o FIXA 4 Será a temática dos 10 xardíns do festival de Allariz de 2018. Redacción Erotismo no Xardín é a temática da vindeira edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2018. O xurado xa decidiu cales serán as 10 propostas que formarán parte da novena edición. O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse, esta mañá, para seleccionar os 10 xardíns que formarán parte da novena edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz adicado ao Erotismo no Xardín. O xurado, presidido polo prestixioso paisaxista portugués, Francisco Caldeira Cabral, e composto por Bernardo Varela, Concelleiro de Medio Ambiente, Celestino Feijóo, director técnico do FIXA e os paisaxistas Elsa Severino, Guillermo Cuadrado (presidente da Asociación Española de Paisaxismo), Teresa Vicente Franqueira e Zoa Mar-

tínez da Asociación de Graduados en Paisaxismo xunto con Ignaico Somovilla, do sector do turismo e formalismo (BOmarzo – Garden Tours) elixiu os 10 xardíns efémeros que ocuparán o recinto de maio a outubro de 2018. Propostas Foron elixidos de entre 42 propostas chegadas dende diferentes lugares da xeografía mundial como Italia, Austria, Portugal ou México e destacando países pioneiros no FIXA, como Perú ou Xapón. O recinto estará formado por 12 xardíns. Unha das parcelas estará ocupada polo gañador da pasada edición “La Memoria Olvidada” do italiano Antonio del Buono e outra pola proposta didáctica que elaborará -como cada ano- o Colexio Padre Feijóo de Allariz. Todos eles poderán ser visitados dende o día 12 de maio, día previsto para a inauguración, ata finais de outubro do 2018.

Os elexidos Os xardíns elexidos para a edición adicada ao erotismo son: “Forbidden garden”, de Portugal; “After the bitter comes the sweet”, de Noruega e Suecia; “Le dons du réveil”, de Italia; “Chasing the look”, de Madrid; “Roman de la rose”, de Granada; The search for the forbidden”, de Brasil; “El laberinto rosa”, de Perú; “Take off to heaven”, de Xapón; “La maison close”, de México; e “Na procura do íntimo”, de Ourense e A Coruña. Ademais haberá dous suplentes que son “El rincón secretro”, da Coruña e “El poder de la atracción”, de Ourense.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2018 estará aberto do 12 de maio ata finais de outubro

O xurado do FIXA 2018 xunto co alcalde -no centro- de Allariz.

O Concello de Allariz quere musealizar o conxunto arqueolóxico de Armea.

Allariz quere continuar coas escavacións en Armea

4 Pretende a súa musealización do coa axuda da Xunta. Redacción O alcalde de Allariz, Francisco García, acompañado pola tenente de alcalde, Cristina Cid, e o arqueólogo da Universidade de Vigo, Adolfo Fernández, explicaron nunha reunión mantida coa Secretaría Xeral de Patrimonio e a Xefatura de Arqueoloxía -Carmen Martínez Ínsua-, os traballos realizados nos últimos sete anos e as actuacións que se pretenden levar a cabo nas escavacións arqueolóxicas en Armea. Próximas intervencións No procura da potenciación do valor cultural de Santa Mariña e o reforzo do seu atractivo turístico, o rexedor alaricano entregoulle un dosier onde dan conta das accións que

pretenden realizar durante o vindeiro ano. As intervencións pasan pola continuidade na escavación, en Santa Mariña de Augas Santas, polos alumnos e alumnas da Universidade de Vigo, e a súa musealización incluíndo nova sinalización, e a creación de itinerarios de visitas e o centro de recepción de visitantes. O orzamento para a musealización achegaríase aos 20.000 euros, mentres que a intervención arqueolóxica (escavacións, estudo dos materiais, conservación e restauración de xacemento, entre outros), superaría os 28 mil euros. Resposta Desde o Concello de Allariz agardan resposta por parte da consellería así como unha visita institucional.


ALLARIZ E COMARCA

Barrios Decembro 2017

Monólogos e contacontos, no Nadal de Allariz 4 O Nadal Parc cumple 10 anos. Redacción O Concello de Allariz xa presentou a súa programación para este Nadal. Dez anos contemplan ao Nadal Parc que estará ubicado no pavillón do instituto do 26 ao 30 de decembro e os días 2 e 3 de xaneiro. O prezo da entrada dun día será de 2 euros (con tarxeta de cidadán) e de 3 (sen tarxeta de cidadán). Tamén poderase mercar un bono de 8 (con tarxeta cidadán) ou 15 (sen tarxeta cidadán) euros. A Casa da mocidade (do 21 de decembro ao 5 de xaneiro) e o Fogar do maiores (do 14 ao 21 de decembro) tamén contarán con diversas actividades. Programación En canto á programación, esta ten o seu epicentro na Casa da Cultura e comeza o día 17 (domingo) co concerto de Nadal,

A cabalgata de Reis terá lugar o venres, 5 de xaneiro, na Alameda

ás 12:30 horas, a cargo da Banda de iniciación e Banda Nova da unión musical de Allariz. Tamén o día 17, ás 18 horas, teatro coa obra De cando Valentina era mala. Os monólogos estarán moi presentes na programación. Así, o venres 22 Alberte Montes actuará ás 22:30 horas e ao día seguinte será o truno de Luís Zahera á mesma hora, ao igual que Lois Pérez que actuará o día 29, e Ledicia Sola e Carmen Méndez, que o farán o sábado 30. O mércores 27, concerto de Paco Nogueiras quen presentará o seu libro CD “Bulebule” ás 19:30 horas. O sábado 30, na Galería Circular Felipe Díaz traerá o contacontos “O apalpador conta con vós”. Allariz despide o ano coa súa carreira solidaria “A derradeira”.Desde a praza Maior, a infantil dará comezo ás 10 e a de adultos, ás 10:30 horas. Xaneiro chega co Paxe real o mércores, día 3, ás sete da tarde no pavillón do instituto. O día 5, venres, os Reis Magos visitan a vila a partir das 18:30 horas na Alameda e o domingo 7 remata a

Tres parcelas a subasta en Chorente 4 Foi aprobado no pleno. Redacción O pleno do Concello de Allariz de decembro aprobou subastar, en rexime de aluguer con opción a compra, tres parcelas no polígono de Chorente. A votación contou cos votos a favor de BNG e PSOE e a abstención do PP. Tamén saiu adiante unha modificación do PXOM sobre a aliñación que afecta a varias parcelas en Casnadagaia.

Non houbo acordo nas propostas dos populares de soterrar a rede eléctrica e de telefonía no casco histórico nin na de reformar a antiga Casa da Radio para que a Unión Musical de Allariz teñan un espazo axeitado para as súas actividades. Todos os grupos rexeitaron a violencia de xénero e apoiaron a revitalización do comercio local de Allariz.

programación deste Nadal co concerto do Coro de mulleres de Allariz e Rondalla Nova Xeración de Barbadás, ás 19 horas na Casa da Cultura.

Os Reis Magos e os seus paxes non faltarán á cita cos rapaces de Allariz.

15


16

Barrios Decembro 2017

PROVINCIA

Aprol Rural da emprego a 154 persoas

EN BREVE 4 Incendios A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), e a Fundación Aon España xa teñen activado o protocolo de colaboración para axudar ás persoas afectadas pola vaga de lumes do pasado mes de outubro a tramitar os seus expedientes para as reclamacións ante as aseguradoras. Este acordo permite dar asistencia técnica en materia de seguros aos damnificados, prestando ás persoas que o precisen a colaboración necesaria para presentar e tramitar coas súas compañías de seguro as reclamacións que consideren oportunas co obxectivo de facer efectivas as indemnizacións polos danos ocasionados polos incendios. Ademais, a Xunta puxo a disposición dos afectados o teléfono gratuíto 900815400 no que se informa sobre as axudas que xa están publicas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

4 A-76 Empresarios de Valdeorras, e do Bierzo, reuníronse, na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), co presidente da Comisión de Infraestructuras do Congreso, Celso Delgado Arce. Na reunión pediron que se axilice a construcción da A-76 e a estrada de circunvalación do Barco. Para os empresarios estas dúas infraestruturas son de vital importancia para os intereses económicos da zona.

4 En concellos de menos de 10.000 habitantes. Redacción

Visita á zona das obras de Cenlle que está a realizar Turismo.

Un paseo peonil para unir focos turísticos en Cenlle 4 A Xunta inviste 74.000 euros. Redacción A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, está a traballar no concello ourensán de Cenlle de cara á recuperación do paseo fluvial xunto ao Miño, nunha contorna na que destacan os seus recursos termais e enoturísticos; coas obras quedarán unidos. Esta intervención conta cun investimento de 74.000 euros. A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do alcalde, Gabriel Alén, supervisaron a execución das obras executadas ao abeiro dun convenio de colaboración asinado entre a directora de Turismo de Galicia, Nava Casto, e o rexedor co obxectivo de recuperar un camiño tradicional, que xa existía con anterioridade ao encoro de Castrelo de Miño, pero que debido á

dificultade dos accesos en algúns tramos foi abandonado. Díaz Mouteira indicou que Cenlle combina a posibilidade de gozar da natureza, dos recursos termais e do enoturismo, “singularidades que esta actuación axudará a aproveitar, pois o paseo fluvial unirá as adegas co Balneario de Laias e a Área Termal de Barbantes que son os tres focos principais de atracción turística de Cenlle”. Ademais, a delegada territorial subliñou que as obras da pasarela peonil permitirán pór en valor a paisaxe característica da comarca ourensán do Ribeiro con viñedos nas beiras do río, camiños tradicionais enmarcados con muros de pedra e bosques de vexetación autóctona moi ben conservada. Obras As obras previstas, que respectarán a contorna na-

tural do lugar, recuperarán ditos elementos para o uso e goce dos mesmos por parte dos veciños e os turistas. Ao existir un tramo onde o espazo entre o río e o terraplén do ferrocarril é insuficiente, construirase unha pasarela voada sobre o río, mediante unha estrutura de madeira en harmonía coa contorna. Marisol Díaz destacou que con esta actuación se potencia a riqueza dos recursos turísticos do concello, entre os que salientou o enoturismo e o termalismo, e a súa capacidade de incrementar os fluxos turísticos, desestacionalizar a demanda e crear unha imaxe de destino de calidade.

Construirase unha pasarela voada sobre o río

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver as axudas de Aprol Rural, unha actuación que se desenvolve por segundo ano consecutivo co principal obxectivo de incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas de Galicia. Así, o Goberno galego apoiará con 1,8 millóns de euros a contratación de 154 persoas sen emprego en 80 concellos do rural da provincia ourensá con menos de 10.000 habitantes. As axudas do Goberno autonómico presentan como principais novidades este ano que o tempo de contratación das persoas sen emprego a tempo completo será por nove meses, fronte aos seis da primeira edición; e que se financiará o 100% dos custes salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, can-

do na anterior convocatoria chegaba ata o 80%. As contías por cada traballador contratado poderán alcanzar os 20.250 euros, segundo o grupo de cotización do que se trate. Os traballadores e traballadoras que agora contraten os concellos deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). Aprol Aprol Rural integrouse no programa Formación e emprendemento no rural que este ano activou a Consellería de Economía, Emprego e Industria con 30 millóns para fixar poboación nas zonas menos habitadas de Galicia. A iniciativa busca incentivar a contratación nestas localidades, incrementar a oferta formativa no rural adaptada á demanda das empresas e aumentar os niveis de emprendemento e de creación de empresas con medidas xa postas en marcha como Formación á porta ou a liña de axudas Galicia Emprende Rural.

Unha rúa dun pobo ourensán.


PUBLICIDADE

Barrios Decembro 2017

17


18

Barrios Decembro 2017

DEPORTES

Avalancha de citas atléticas 4 A provincia remata o ano a ritmo de running. Redacción Remata o ano e as citas atléticas na provincia afloran. O Carballiño, San Cibrao, Ribadavia e mesmo Ourense acollen carreiras ata final de ano. A carreira do Nadal de San Cibrao volve a ser Campionato provincial de 10 quilómetros en ruta. O día 17 disputarase esta carreira que ten o seu circuíto no Polígono. O sábado, 23 de decembro, de tarde, Ribadavia acolle a cuarta edición da súa carreira popular que contará con catro carreiras máis a dos pitufos. Ao día seguinte, 24, A Rúa acolle a cuarta carreira e andaina solidaria - 1 kg solidario. Para o último día do ano, tres citas: as San Silvestre de Allariz, Castrelo de Miño e Ourense. A proba alaricana é máis

unha xuntanza de atletas que fan un percorrido, sen tempo nin clasificación. A de Castrelo de Miño chega fiel á cita neste ano que celebra a súa 19ª edición. E a sensación do ano pasado foi a celebrada na capital. Este ano non podería faltar a segunda edición desta San Silvestre ourensá que o ano pasado congregou a 1.000 persoas practicando deporte na cidade das Burgas o último día do ano. E para os que se quedaron con ganas, o día 1 terá lugar a súbida da Costiña de Canedo.

Triplete na Copa Galicia

4 Para o club ciclista Maceda na carreira de Porriño en categoría sub 23. Redacción Triplete para o Academia Postal Actyon MMR (club ciclista Maceda) na cita da Copa Galicia de ciclorcros celebrada en Porriño. Iván Feijoo facíase coa primeira posición secundado por Roman Saa, segundo, e Raúl González, terceiro. Feijoo, que marcaba diferenzas na primeira volta, sumaba unha vitoria máis na Copa de Galicia, nunha carreira marcada polo temporal e a dificultade do circuíto por este motivo.

En júniors, a vitoría era para Carlos Canal. En féminas cadete, Noela Saa era segunda, e Aida González, terceira. Entre los cadetes, Martín González rematou cuarto, e Marco Nube, quinto. Iván Feijoo e Noela Saa continúan líderes da Copa. Viveiro Sete días antes, o ourensán Iván Feijoo lograba unha nova vitoria nunha proba da Copa Galicia de ciclocros. Nesta ocasión foi na localidade lucense de Viveiro. Feijoo facíase coa vito-

ria nun axustado es-printe, co que se resolvía unha emocionante carreira sen gañador claro ata a chegada á liña de meta. Con este triunfo, Iván afianza o seu liderato na copa galega. En terceira posición sub 23 entraba o seu compañeiro no Academia Postal Actyon MMR, Román Saa. Pola súa banda, en júniors, Carlos Canal remataba segundo. En mulleres categoría cadete doblete: Noela Saa era a gañadora e Aida González, segunda.

O Carballiño A carreira solidaria do Carballiño prevista para o día 10 de decembro tivo que ser aprazada ao 7 de xaneiro. A causa foi a alerta vermella que tiña a provincia debido ao forte temporal que asolounos durante eses días.

EN BREVE 4 Hípica O domingo, 17 decembro, no club hípico de Coles celébrase o concurso social de Nadal de doma clásica. E o mesmo día pero no centro ecuestre de Sandiás, o Festival Ecuestre de Nadal – II Copa Kur Doma Clásica – Trote 2017.

4 Fútbol sala A Asociación cultural Arracada, do Irixo, organiza o I torneo solidario de fútbol sala. Terá lugar o día 21 de decembro, xoves, e comezará cun partido amigable entre nenos -ás 19 horas- da escola deportiva Lalín fútbol sala e unha selección do Concello do Irixo. A partir das 20:30 horas celebrarase un encontro entre o Xuventude do Irixo FS e o Ourense Envialia de Primeira divisió feminina. A entrada é de balde e cada asistente deberá entregar un quilo de alimento.

4 Patinaxe O xoves, 21 de decembro, celébrase no Carballiño a gala de Nadal AEHDE 2017 de patinaxe.

4 Ciclocros

Primeira edición da San Silvestre ourensá celebrado o 31 de decembro do pasado ano./RAMSÉS.

Triplete do club ciclista Maceda con Roman Saa, segundo; Iván Feijoo, primeiro e Raúl González,terceiro.

O Club Ciclista Maceda organiza a décima edición do ciclocros Castelo de Maceda. Acudirán os mellores ciclistas da comunidade onde se atoparán, entre eles, os do propio club organizador. Por outra banda, o 14 de xaneiro, o Concello de Trasmiras e o Club BTT Nocelo organizan a VII Ruta do Cocido, que dará comezo ás 9 horas.


OCIO E CULTURA

Rebulir, listo para o seu XII Festival Internacional 4 Uxía Senlle, Gayoso e Lois Antón, os premiados deste ano.

Ludonadal do ano pasado.

Abertas as inscricións para o ludonadal de Verín 4 Comeza o 22 de decembro e remata o 5 de xaneiro. Redacción A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Verín abre o prazo de inscrición do “Ludonadal”, unha ludoteca dirixida a nenos con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, co obxecto de facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos cativos un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. Devandita iniciativa comeza o 22 de decembro e remata o 5 de xaneiro. O “Ludonadal” realizarase no colexio infantil Módulos (Amaro Refojo)

de luns a venres, de 9 a 14 e de 16 a 20 horas; e sábados de 9 a 14 horas. O prezo por utilizar este servizo, durante todos os días e horas, é de 40 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 20 euros; e se se prefire abonar por día utilizado sería de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día). Para máis información deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou ao 988 414 776.

Redacción A duodécima edición do Festival Internacional Rebulir (FIR), baixo o lema “Bailar coa terra”, ofrece ata o día 17 de decembro un programa de actividades culturais que abrangue actuacións de música e danza de grupos de Ramirás, Castela e León, Portugal, Euskadi, Ecuador e Ucraína. O director artístico do FIR, Alexandre Sotelino, explicou que entre as novidades deste ano destaca a “importante ampliación do programa porque continuamos a manter as catro xornadas de Festival pero cunha implicación de actividades de base, porque queremos chegar tamén as actividades a outras áreas para levarlle un petisco do Festival”. Outra das novas apostas desta edición é o modo de presentación da gala central -sábado 16 de decembro ás 19 horas no

Presentación do Festival Internacional de Rebulir. /M.R. polideportivo O Picouto-, que este ano corre a cargo de regueifeiros que “non son presentadores ao uso, senón que será algo distinto que interpelará ao público e aos propios grupos”, sinalou Sotelino. O venres recibiranse aos grupos, realizarase o obradoiro “Aprendemos un Mundo”, ademais de animación polas rúas de Ce-

lanova a cargo do grupo de danzas Maragatería de Castela e León e do concerto de Regueifeiros no Centro Sociocultural do Picouto. O sábado terá lugar, entre outras actividades, a gala coa entrega de premios á cantante Uxía Senlle, ao presentador de Luar, Gayoso e ao escritor, Lois Antón.

Barrios Decembro 2017

19

“100% burbullas”, en Verín Redacción O xoves 4 de xaneiro, ás 18 horas, o Auditorio municipal de Verín acolle a representación do espectáculo familiar de pompas de xabón “100% burbullas”, de Bubble Factory. Devandito evento está organizado por Sketch Eventos en colaboración co Concello de Verín. O espectáculo conta a historia dun mestre da arte das pompas de xabón, cuxa misión é ir viaxando polo mundo para mostrar a todas as persoas este sorprendente universo das membranas xabonosas. Pompas xigantescas máis grandes que unha persoa, outras máis pequenas que rebotan coma se fosen de goma, construcións inverosímiles de pompas sobre pompas, para asombro dos presentes. Entradas As entradas do evento xa están dispoñibles, a partir de 7 euros, en ataquilla.com.


20

Barrios Decembro 2017

OCIO E CULTURA

EN BREVE

Teatralización no Castelo de Monterrei

4 O Principiño O Museo Galego do Entroido, de Xinzo de Limia, acolle ata o día 22 de decembro a exposición “O principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares”. Os horarios son de mércores a sábado de 10 a 13 horas e de 16 a 18 horas; os domingos, de 10 a 13 horas.

4 Acollerá visitas teatralizadas, de balde, este Nadal. Redacción

4 Feira de Nadal Os comerciantes de Celanova organizan para esta fin de semana -días 16 e 17 de decembrounha Feira de Nadal. Os establecementos trasladarán os seus produtos dos seus locais ao pavillón das Triguerizas co fin de incrementar o “espíritu navideño”. A feira estará aberta o sábado de 17 a 21 horas e o domingo de 11 a 21 horas. Haberá exhibicións de baile, sorteos, degustacións, un taller infantil de decoración de galletas e non faltará a visita de Papá Noel.

4 Exposición A Fundación Vicente Risco de Allariz acolle, ata o 31 de decembro, a exposición dos traballos seleccionados no II Concurso de Fotografía Ilustre Amarantino.

4 Descrenza Ata o 18 de decembro, a Sala de exposicións de Verín acolle a exposición “Descrenza” (englobada dentro do Outono Fotográfico). A mostra está aberta de luns a venres, de 17 a 21 horas e os sábados de 10 a 14 e de 17 a 20:30 horas.

4 Monólogo

Irati Cano, Sara Pisos e Carlos Reyes, directores da curta premiada, “Buenos días España”./FIC.

O FIC de Verín premia a “Buenos días España” 4 Foi elexida como a mellor curta desta segunda edición do festival. Redacción “Buenos días España” alzouse co premio á mellor curta do Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV. Dirixido por María Barceló, Irati Cano, Sara Pisos e Carlos Reyes, tenta transmitir a vida dun grupo de antigos lexionarios que se reunen nun antigo cuartel de Barcelona. “Why is difficult to make films in Kurdistan” de Ebru Avci tamén recibiu unha mención do xurado. O filme turco ten como protagonista a unha moza que tenta convencer á súa familia, de corte tradicional, de que a deixe estudar cinema, mentres grava a súa vida diaria. O Auditorio de Verín

foi escenario da clausura desta segunda edición que, ademais, tivo a outros premiados. Categorías As outras propostas premiadas no festival foron: “Explosion ma baby”, na categoría Entroido Outra Mirada; “Borders”, de Damjan Kozole, na de Migración/Fronteira-Horizontes; “Flores”, na sección Galego/Portuguesa A Raia; e “A Voz Perdida” foi o premiada na categoría Nova. Outros premios O público elexiu como mellor curta a “She´s Beyond Me”, do nipón Toru Takano. Pola súa banda, “Matria”, acadou o premio CREA; o premio AGAG recaeu en dúas curtas: “Co-

O venres 29 de decembro, o humorista Lois Pérez chega a Allariz co seu monólogo “Sacar a lingua a p(r)acer”. A actuación terá lugar na Casa da Cultura ás 22:30 horas.

4 Nadal Parc O Concello de Allariz prepara o seu 10º Nadal Parc. Terá lugar no patio do IES do 26 ao 30 de decembro e os días 2 e 3 de xaneiro. Haberá inchables e zonas de xogos.

Os actores Machi Salgado e Alberto Rolán presentaron a gala de clasura do FIC Vía XIV.

elho Mau” e “Vos Humores Artificais”, ao igual que o premio Numax Award for Distribution que foi para “Borders2 e “O Becerro Pintado”. E 2Farpôes Baldios” levouse o premio Camira da crítica. Gala A gala de clausura foi presentada polos actores Machi Salgado e Alberto Rolán. Ademais, tomarón a palabra Gerardo Seoane, alcalde de Verín; Diego Lorenzo, tenente alcalde; Emilia Somoza, concelleira de Cultura; e Carlos Montero, director do festival. Durante a gala tamén actuaron os músicos e grupos: David Rivada, Dolce Vita e The Resaca Brothers. No último día do festival proxectáronse unha selección de curtas participantes no Festival de Vila do Conde (Portugal), como homenaxe ao seu 25º aniversario, que serviu, ademais, para unir lazos entre os dous eventos.

A mellor curta para o público foi “She´s Beyond Me”, do nipón Toru Takano

O Concello de Monterrei, xunto á Xunta de Galicia, organiza visitas nocturnas teatralizadas baixo o título “Negra crónica” no Castelo de Monterrei. Despois de desenvolvelas en formato infantil os días 5, 11 e 12 de decembro, toca para os días de Nadal que sexan os adultos (maiores de 13 anos) os que gocen desta actividade. As visitas terán lugar os días 23, 29 e 30 de decembro a partir das 19 horas. A entrada é de balde ata completar aforo. As reservas faranse no teléfono 988 41 80 02. O aforo está limitado a un máximo de 30 participantes por sesión. Sinopse A visita artéllase con catro personaxes e varios extras que guían e informan ao grupo da historia do Castelo; to-

cando diversas temáticas relacionadas coa historia de Monterrei e facendo partícipe ao público. A peregrinación a Santiago, os Conventos de Monterrei, a guerra con Portugal, a construción da Atalaia e a terceira liña de murallas, os xudeus en Monterrei ou o bestiario do Románico visible na igrexa de Santa María de Gracia son algúns dos temas que se farán visibles ao longo do percorrido.

Cartel das visitas teatralizadas no Castelo de Monterrei.

Música e máxia na Fundación Vicente Risco 4 Tamén acollerá un seminario. Redacción A Fundación Vicente Risco de Allariz ten preparada moita actividade durante este mes. O sábado 16, o terceiro ciclo de música de cámara trae a función -ás 21 horas- “El puente invisible”; unha sesión de maxia con baralla, violoncelo, piano e violín. O ilusionista Kiko Pastur estará acompañado no escenario dos músi-

cos Eloy Mateos, Andrea Gesteiro e Amaia Garrido. O aforo está limitado a 35 prazas dando preferencia aos abonados. Seminario Os días 27 e 28 realizarase un seminario sobre a gaita de fole, centrándos na época entre finais de século XVI e primeira metade do XVII (época de gran cambio no instrumento). O músico Paulo Gonçalves será o encargado de impartilo.


DEPUTACIÓN DE OURENSE especial

Ourense acolle a exposición máis importante de Europa sobre o reino suevo Ourense acolle a exposición máis importante de Europa sobre o reino suevo, In tempore sueborum. A mostra fai un percorrido polo tempo dos suevos na Gallaecia (411-585), o primeiro reino medieval de Occidente, situado en Ourense, “reunindo a colección máis destacada que se ten realizado, cun total de 262 pezas procedentes de 39 museos de 10 países, e en cuxo catálogo participaron 60 investigadores, o que a converte no feito cultural máis relevante da provincia de Ourense”, afirmou Manuel Baltar no acto de presentación. O presidente da Deputación de Ourense destacou “a importancia internacional da mostra, que contribúe a reforzar a nosa identidade”, unha exposición na que colabora a Xunta de Galicia, o Concello de Ourense e o Bispado de Ourense e que poderá ser visitada entre o 15 de decembro e o 4 de marzo de 2018 no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, no Museo Municipal de Ourense e na Igrexa de Santa María Nai. “Por primeira vez reunese en Europa un número tan significativo de obxectos dos suevos: xoias, moedas, arte funerario e enseres cotiás, que veremos xuntos e no seu contexto”, destacou o comisario da mostra, Jorge López Quiroga, engadindo, asemade, que é a primeira vez en Europa que se exporán xuntas tantas pezas vinculadas aos suevos, procedentes dos seus lugares de orixe

Barrios Decembro 2017

21

700 nenos participarán no “EsquiOU 2018” A Deputación Provincial de Ourense, en colaboración con Oca Nova Manzaneda, organizan un ano máis o programa “EsquiOU 2018”, que ofrece a posibilidade de achegar a práctica de deportes de inverno e actividades de lecer a máis de 700 nenos da provincia de Ourense de entre 9 e 12 anos. O programa “EsquiOU”, que pon a disposición 735 prazas para nenos de 9 a 12 anos nas sete zonas xeográficas da provincia, ofrece un completo programa que inclúe aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias para nenos nacidos entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2009. A duración é de dúas noites e tres días, de luns a mércores.

Presentación da exposición “In tempore sueborum” (Hungría, Eslovaquia, Chequia, Austria e Alemaña) e do territorio no que crearon o primeiro reino medieval de occidente (Galicia e Norte de Portugal). “A Gallaecia sueva ten o seu protagonismo en Ourense na idade media -expresou Manuel Baltar- un tempo crucial na creación do carácter europeo, e iso aconteceu aquí”, destacando que a Deputación de Ourense “acolle con orgullo esta exposición, o evento cultural máis importante”. Baltar explicou que se trata “da oferta cultural máis relevante da

provincia” e cuxa temática sobrepasa o ámbito local “porque estamos a falar dun feito con 1.600 anos de historia”, o primeiro estado de Europa, no que destaca o protagonismo de Ourense nesa etapa coa capital do reino suevo con Teodomiro”. O comisario da mostra sinalou que os 262 obxectos proceden museos de 10 países: España, Portugal, Austria, República Checa, Hungría, Eslovaquia, Polonia, Bélxica, Francia, Alemaña. Na elaboración das fichas do catálogo participaron 60 autores de 10

países, e no volume de estudos participaron 50 autores de 14 países. “A contribución en número de obxectos dos diferentes museos é excepcional: o primeiro, con diferenza, o Museo Arqueológico Nacional de Madrid, seguido polo Museo de Arqueología Diogo de Dousa (Braga, Portugal), o Museo Regional de Mikulov (República Checa), o Museo Nacional de Arqueología, Lisboa (Portugal), o Museo Arqueolóxico de Ourense e os museos nacionais de Hungría e de Eslovaquia (Bratislava).

Quendas O programa divídese en sete quendas de 105 persoas cada unha. A primeira quenda, que vai do 22 ao 24 de xaneiro e a última prevista do 5 ao 7 de marzo. A intención é que os rapaces da mesma zona xeográfica acudan na mesma quenda. Inscricións Os interesados en participar no programa poden inscribirse ata o día 15 de xaneiro de 2018 a través do correo electrónico esquiou@depourense.es. O custe para cada participante será de 29 euros.

Carlos Casares, medalla de ouro

Debate sobre o estado da provincia

O Pleno da Deputación de Ourense aprobou conceder ao escritor Carlos Casares a medalla de ouro da provincia, a título póstumo. O expediente de honra sinala que se lle outorga esta distinción ao intelectual ourensán “como homenaxe e recoñecemento do noso pobo a toda unha longa traxectoria cultural e social marcada polo seu carácter conciliador”. Tamén sinala o expediente que as meritorias circunstancias persoais e profesionais que concorren no escritor “son determinantes para avaliar as calidades que honran a este persoeiro”, e é obrigado deber da Deputación promover a exaltación dos fillos ilustres da provincia de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirmou na sesión plenaria do debate sobre o estado da provincia que o respecto institucional e a innovación na administración pública “son clave para o avance da nosa sociedade”. “No marco da tolerancia, da convivencia e do respecto ás singularidades de cada territorio, cadanseu coa súa cultura e historia, integradoras e non excluíntes, constrúese o progreso dos pobos, poñendo a tecnoloxía ao servizo do benestar dos cidadáns”, expresou. Ademais presentou 10 medidas, a título persoal, que buscan dinamizar a provincia en innovación, ensino, seguridade e emerxencias, transparencia, turismo cultural e o deporte.

Manuel Baltar, xunto a alumnos, na súa visita ao colexio Divina Pastora.

5ª Semana Escolar Este ano, a 5ª Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación achegou os distintos aspectos do entroido como patrimonio inmaterial a máis de 8.700 alumnos e profesores de 66 centros educa-

tivos da provincia que participaron nesta iniciativa promovida e organizada pola Deputación de Ourense. Para elo, a Deputación de Ourense editou o manual De Entroido pola ourensanía, ilus-

trado por Ana Costas e escrito por Alberto Ramos, autor quen vén de gañar o Premio Vicente Risco de Creación Literaria coa obra A simetría das bestas. Ademais, o Pazo Provincial acolleu un pleno infantil con alumnos do colexio “María Auxiliadora” de Ourense, un pleno infantil.


22

Barrios Decembro 2017

4AXENDA

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4IMAXES DO MES

Exposicións - Ata o 5 de xaneiro Beléns do mundo - Bispado de Ourense - Ata o 6 de xaneiro exposición “As imaxes do Alén” dentro do festival Rebulir - Centro Cultural O Picouto (Ramirás) - Do 21 de decembro ao 15 de xaneiro - Exposición “Reciclarte Verin 2017” - Sala de exposicións de Verín

Deportes - 31 de decembro Carreira “A Derradeira 2017” - 10 h - Allariz Feiras - Todos os xoves - Feira en Celanova - 27 de decembro - Feira en Xinzo - 1 de xaneiro - Feira en Allariz - 3 de xaneiro - Feira en Verín

Grupo de rapaces elaborando galletas.

Os cativos de Celanova preparan doces de Nadal A Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova, en colaboración coa Asociación cultural As ortigas, organizaron dous obradoiros de doces de Nadal para os máis cativos. O obradoiro tivo lugar na primeira planta da praza de Abastos os días 2 e 9 de decembro. Numerosa participación de nenos que elabroraron e, posteriormente, degustaron produtos típicos destas datas como galletas, carbón de azucre e turrón, demostrando que teñen moito oficio na arte da repostería.

Outros -Todos os xoves - 19 hPincho gastronómico nos bares de Verin - 22 de decembro - Presentación do libro “Nos vemos en el paraíso” de David Pintos - 19:30 h Sala de conferencias da Biblioteca de Verín www.periodicobarrios.com

4 Subvención Letras a la Carta SL, empresa que edita Barrios, recibiu unha axuda de 8.279,36 euros, correspondente á Resolución do 7 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se conceden as axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións integramente en galego.

MONTERREI

Quixese por Nadal

Música - 23 de decembro Concerto de Nadal - 12 h - Auditorio de Verín Teatro - 21 de decembro - Contacontos - 18 h Biblioteca Municipal de Verín

4DESDE A PONTE... A

Imaxe do gatiño tras recibir unha ducia de impactos de balín.

A segunda vida de “Bala” O pasado 18 de novembro o colectivo Pro Animales recolleu, tralo aviso dun veciño, a un gatiño malferido na rúa Xesús Taboada Chivite de Verín. O animal presentaba ata doce impactos de balín por todo o corpo, algún no seu ollo dereito, que lamentablemente perdeu. Pero, a pesar da salvaxe actuación do autor dos disparos, que segundo esta asociación animalista é máis frecuente do que todos desexariamos, “Bala”, que foi o nome que na protectora lle puxeron despois de tan lamentable experiencia, vai ter unha segunda oportunidade xunto a unha familia ourensá que vén de adoptalo para darlle toda a felicidade e cariño que merece.

Quixese verte tan contento coma antano, coas mans xeadas e o nariz colorado, as meixelas rosadas e co gorriño amarelo calado ata as cellas. O temor a catear afloxaba cando o Nadal asomaba a mediados de decembro, e os seonllos cheos de mercromina eran as medallas gañadas nas batallas esquecidas da lonxana infancia. Quixese verte por Nadal cos olliños ben aberto, e os ouvidos afinados, escoitando as panxoliñas da memoria ao pe do avó, que pacente repartía agarimo e amor a esgalla, só para nós, cunha mirada dóce e complice, agardando o chegada de fillos e netos para rematar coa incertidume dun sentimento inexplicable. Quixese, rapaz, que coñeceras o meu Nadal, aquel Nadal da mesa chea, o da maxia exquisita dos vellos, marcándolle o compás a prole que con ansia achegábase ao fogar para compartir o xantar da avoa na noite das noites, e alongar, así, unha tradición centenaria que non se debería deixar no esquecemento. Quixese, neno, que ollaras as postais do meu Nadal, cando unha sinxelo mensaxe coas letras tortas, escrita a man, facía que moitos días antes xa lembraramos a familiares e amigos. Quixese, rapaciño, que viras as fiestras molladas coas bágoas polos regresos inesperados e apertas infinitas, e as árbores do Nadal adornadas cos humildes agasallos da imaxinación, con escasas luces, mais cunha luminosidade clara e nítida. Quixese que ollaras as rúas ateigadas de calor, a

pesares da dureza do decembro auténtico, e as badaladas da ilusión coas copas erguidas para brindar polo novo ano que escomenzaba, e, como non, a improvisada pero entrañable cabalgata do día cinco de xaneiro, para relaxar a ansiedade dunha angustiosa espera polos Reis Magos de Oriente que, sen fallo, ían deixar os xoguetes ao carón do portón. Agora todo mudou e ainda que o mundo segue igual o que estamos a trocar somos as persoas, que atrapadas na voráxine da imparable modernidade, seguimos o ritmo que marca esta sociedade das présas, e do desacougo que nos tocou vivir. De seguro que un “wasapp” descoñecido soará antes das doce para cravar na túa alma unha despedida fraternal do ano que se esfuma, e monecos de luces con cores, faran soar panxoliñas que nada se parecen ás de verdade. Compartirás co teu móbil miles de mensaxes adornados con imaxes incribles que, por un intre, abrirán de par en par o teu corazón, mais estarás coa cachola agochada sen mirar os ollos da avoa, que de seguro estará a lembrar un tempo pasado que se resiste a ficar no olvido. Permiteme, rapaz, que che conte as cousiñas do meu Nadal, cousiñas auténticas que os antergos nos deixaron, e que aos poucos irán desaparecendo sen remedio, se non somos quen de transmitir aos nosos fillos as andanzas tan fermosas daqueles tempos imborrables, que, sen dúbida, sempre levarei na alma. Unha aperta e Bon Nadal para todos!! Miguel A. Prieto “Chitin”


CLASIFICADOS

Barrios Decembro 2017

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Miguel Rejo. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo. Nº44 - Ano: X - Decembro 2017 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA Vendo ou troco piso de protección oficial (para entrar a vivir). Tres habitacións, salón, cociña baño; pódese cambiar por galpón que teña preto unha parada de autobús. Tel: 638 678 381. Vendo finca edificable (zona Rante). Ten proxecto de casa 750m. Oportunidade, prezo 11.900 euros. Tel: 606 42 25 43. Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase (ou vende) praza de garaxe para coche grande na rúa Curros Enriquez (Xinzo de Limia) cruce coa rúa Cruceiro. Porta automática. Tel. 617 532 017. Vendo ático con gran terraza, 4 habitacións, baño, salón, cociña amoblada, ascensor na Avenida Santiago. Tel. 620 061 531. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Vendo casa pola estrada de Santiago, alugo dúas oficinas na rúa Progreso e comparto ou alugo piso no barrio do Couto. Tel. 672 089 349. Véndese casa de pedra, dúas plantas, no centro de Vilamarín. 45.000 euros. A reformar. Tel. 676 75 88 19. Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Vendo finca edificable con proxecto en Bóveda (Amoeiro) de 1.120 m2. Prezo: 11.900 euros. Tel. 606 42 25 43.

COMPRA /VENDA Vendo cociña de madeira de castaño con pedra de Porriño, 5 metros (sen electrodomésticos). Prezo: 1.100 euros. Tel. 617 592 244 (chamar polas tardes). Vendo sillóns de perruquería seminovos (400€), secador de casco seminovo (200€), máquina de cera fría (150€) e máquina de ximnasio completa a estrear. Tel. 988 255 963. Precísase cadeira de rodas, asequible. Tel. 620 061 531. Véndense tres bicicletas (unha de moza a estrear), dous lavacabezas e un secador de perruqería seminovos, sofá 3+2, botelleiro, porta de aluminio marrón, mampara nova e unha casa a restarurar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349. Vendo nove pranchas de pedra de 2.90 x 1.50 m. 150 euros en total. A 10 Km de Ourense. Estrada de Santiago. Tel. 658 056 922.

EMPREGO Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel: 606 42 25 43. Ofrécese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para coidar persoas, na casa ou hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 649 610. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682 Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 500 513. Busco cualquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Danse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 515 818. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 852 259. Quere gañar de 200 a 600 euros cada mes? Sen traballar, só ten que abrir unha conta cun broker. Investimento 10 euros (faino vostede ou fágoo eu). Todo o traballo realízoo eu. Beneficios fixos garantidos. Cobro de beneficios cada 15 días. Mais información en: victor_vgc@ hotmail.es.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


24

Barrios Decembro 2017