Barrio 78

Page 1

A pista de xeo de Centro Comercial Ponte Vella abre ata o 7 de xaneiro [Páx. 11]

CIDADE

Páx.3 CIDADE

A CEO rexerase polos catro vicepresidentes ata convocar novas eleccións

Páx.4 CIDADE

Ourense, epicentro do voluntariado coa celebración do seu 20º congreso estatal

Páx.4 O CARBALLIÑO Páx.9 CULTURA

Moteros solidarios e Amencer realizan campañas solidarias durante este Nadal

Demasiado Betis para o COB

Rehabilitación de cinco rúas da vila cunha achega de 380.000 euros

Páx.11

O 23º OUFF proxectará preto de 70 obras entre o 29 de novembro e o 5 de decembro

A provincia condenou a violencia de xénero

[Páx. 2]

Campaña de Nadal da praza de Abastos do Carballiño

[Páx. 12]

[Páx. 9]

O COB caeu diante do Betis. // A provincia sumouse á conmemoración do 25N. // Presentación da campaña para mercar na praza de Abastos do Carballiño ./C. DOMARCO e RAMSÉS.

Número: 78 - Ano: XI - 29 de novembro de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios 29 de novembro 2018

TEMA DA SEMANA

ademais, a posta en marcha da Comisión Provincial de Violencia de Xénero en Ourense, seguindo o exemplo da Coruña, que pretende coordinar a todas as institucións que traballan para erradicar a violencia de xénero, para que non haxa fisuras no sistema de protección ás vítimas.

Estudantes ourensáns participaron este 27 de novembro nunha actividade organizada pola Asociación APES, coa colaboración do Concello, na procura da concienciación cidadá sobre a violencia de xénero./R.T.

A provincia súmase á loita contra a violencia de xénero 4 Con motivo do 25N, numerosos concellos e entidades están a organizar diversas actividades para concienciar a mozos e adultos sobre esta lacra social. Redacción Baixo o lema “Se doe, non é amor”, o Concello de Ourense puxo en marcha un amplo programa de actividades con motivo do 25N, o Día internacional contra a violencia de xénero. Unha das primeiras iniciativas en botar a andar foi o proxecto “Retos de igualdade e diversidade”, desenrolado pola Asociación APES cos alumnos do Colexio Cardenal Cisneros, CPR Luís Vives, IES Blanco Amor, CIFP A Farixa, CIFP O Portovello e IES Otero Pedrayo. Así, o alumnado participante está a saír á rúa para realizar diferentes accións de sensibilización

Conferencia sobre a violencia machista no rural. Este venres, no Carballiño

cidadá sobre igualdade de xénero e diversidade sexual e cultural. Entre as actividades deste proxecto que aínda están por vir, unha terá lugar o 3 de decembro nas Lagoas e outra o 5 de decembro na Ponte e na Praza Maior. Así mesmo, deu comezo “X(é)nero Versos”, un proxecto pedagóxico musical desenvolto co alumnado do Ciclo de Animación Sociocultural do CEIP O Portovello, no que os mozos elaborarán unha canción de hip-hop sobre a violencia machista, que agardan presentar o 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller. Pola súa banda, o Espazo Lusquiños acolle do 11 de decembro ao 10 de xaneiro a exposición “Cartas de amor”, na que colabora a Secretaría Xeral de Igualdade e que recopila traballos de 15 artistas co fin de previr este tipo de violencia na

mocidade. Ademais, a recente inauguración do “Parque 25 de novembro” en Reza e o concerto de “Herdeiras” este mércores 28 no Liceo completaron as propostas do Concello de Ourense. Ourense en negro Ourense en Común e PSOE levarán ao pleno de decembro unha moción conxunta, coa que solicitan a adhesión do Concello de Ourense á campaña “En negro contra as violencias”, que tingue de negro os espazos públicos, e mesmo os de propiedade privada, en sinal de rexeitamento frontal contra todas as violencias machistas. Lamentan que o goberno do PP “nunca mostrou vontade de adherirse a unha campaña na que deberían deixar á marxe razóns ideolóxicas ou partidistas”, e estenden tamén a crítica á Deputación.

Destacan que a iniciativa “incentiva o contacto entre as Concellerías de Igualdade dos concellos adheridos, facilita ferramentas para desenvolver as accións, permite compartir metodoloxías de traballo, proporciona recursos didácticos para traballar nas aulas, e posibilita a participación dos axentes sociais”. Coa moción solicitan,

Deputación Pola súa banda, a Deputación de Ourense organizou un acto este 23 de novembro no centro cultural “Marcos Valcárcel” no que participaron as deputadas provinciais de Transparencia e Benestar, xunto a 50 alumnos de 6º de Primaria do colexio San José-Josefinas, que procederon á lectura dun manifesto para reivindicar 7 palabras que, segundo eles, son fundamentais para combater este problema social que nos atinxe a todos. “Respecto, empatía, educación, concienciación, prevención, seguridade e protección”. Xunta A Delegación da Xunta en Ourense tampouco faltou á cita. A fachada da sede institucional lucíu o lema da presente edición: “Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida. NON”. A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, indicou que con este lema a Xunta quere decirlle non a todas a formas de violencia de xénero: física, psicolóxica, económica e sexual.

Verín Máis de 400 persoas asistiron este 25 de novembro á primeira Gala Comarcal contra as Violencias Machistas, celebrada no Auditorio Municipal de Verín, organizada polo CIM e o Concello. O gala incluíu unha xornada de teatro da man da compañía “Silvardeiras Teatro”, que representou, de maneira totalmente altruísta, a obra “Cando Valentina era mala”. E no acto tamén se presentou o spot “Ti, que maltratas”, realizado en colaboración con diversas mulleres da zona dentro da campaña de sensibilización comarcal contra a violencia de xénero. O Carballiño Os centros educativos e asociacións do Carballiño participaron o 26 de novembro nun acto contra a violencia de xénero, ao que asistiron o alcalde, edís, a xefa da unidade de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, Policía Local e numeroso público. No acto participou o profesorado e alumnado dos dous institutos, o nª 1 e o Chamoso Lamas; os colexios Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, así como Bo Día Familia e Asdifica. Este venres 30 prosegue o programa organizado polo CIM cunha conferencia da presidenta da Fademur Galicia, Rosa Arcos, sobre a violencia machista no rural. Ás 19:30 no Concello.

O alcalde de Ourense durante a inauguración do parque “25 de novembro” en Reza.


TEMA DA SEMANA

Barrios 29 de novembro 2018

mos e a quen haxan de vir despois de nós, posto que a CEO, que hoxe vive a dureza descarnada da morte próxima, debe continuar adiante para cumprir o labor para o que foi creada. José Manuel fíxoo pondo o mellor de si mesmo até o último suspiro. Lembralo como home traballador e honesto, con vocación de servizo, sempre preocupado polo futuro da CEO, é o mellor legado que podemos recoñecerlle”. Para engadir que “a el tamén lle gustaría que esta institución siga a súa marcha como a casa común de todo o empresa-

riado ourensán buscando o mellor para todos e para esta terra que era a súa e é tamén a nosa e deberemos tratar que sexa a dos nosos fillos”. Finalizada a súa intervención pediu un minuto de silencio en memoria de Pérez Canal, que se pechou cunha pechada salva de aplausos por parte dos asistentes.

A idea dos novos responsables da CEO é que se convoquen eleccións antes dun ano

4 José Manuel Pérez Canal

Manuel Maneiro, Marisol Nóvoa, Alejandro Cruz e José Manuel Díaz Barreiros exercerán a presidencia da CEO ata novas eleccións.

A CEO rexirase polos catro vicepresidentes ata convocar novas eleccións 4 Díaz Barreiros será o portavoz institucional. Redacción A xunta directiva da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) aprobou, o pasado 21 de novembro, por unanimidade que os catro vicepresidentes da institución dirixan de forma colexiada a xestión, tal e como propuxeran estes, no canto de que se votase un presidente entre os catro para ocupar a vacante por falecemento do anterior titular, José Manuel Pérez Canal. Marisol Nóvoa, Alejandro Cruz, Manuel Maneiro e José Manuel

Díaz Barreiros exercerán a presidencia conxuntamente, de acordo coa petición trasladada por este último que, ademais, exercerá como portavoz institucional nun mandato que terá carácter transitorio -como xa viña facendo nos últimos meses pola enfermidade do presidente- até a convocatoria de novas eleccións, “nas que todos podamos expresarnos e manifestarnos libremente sobre o futuro da CEO”, segundo o propio Díaz Barreiros. Ademais, agradeceu “a confianza recibida en todo este tem-

Díaz Barreiros: “A CEO ten diante de si retos importantes relativos ao ámbito da formación, así como nas infraestruturas”

po”. Estatutariamente, os novos responsables da Confederación Empresarial dispoñen do prazo dun ano para convocar eleccións, aínda que a idea é que posiblemente non se esgote ese período. Retos O portavoz destacou que no futuro inmediato a CEO “ten diante de si retos importantes relativos ao ámbito da formación, así como nas infraestruturas polas que estivemos pelexando nos últimos anos: o AVE, a A-76, a A-56 ou o corredor ferroviario do Noroeste cara a Europa”, sen esquecer o importante momento que vive a Confederación de Empresarios de Galicia “na que están en xogo cuestiones vitais para Ourense”.

Lembrou tamén a Pérez Canal, neste particular, dicindo que “o noso falecido presidente reclamábanos sempre que deberiamos defender os dereitos e a representatividade da provincia nesa institución”. Recordo Previamente, Alejandro Cruz dirixiuse aos membros da xunta directiva presentes no salón de actos -con asistencia máis numerosa do habitual- para lembrar ao presidente falecido, José Manuel Pérez Canal, e destacar que “hoxe sentimos a perda dun presidente, pero tamén a dun amigo que nos deixou antes de tempo, con soños no aire que nos tocará afrontar a quen queda-

O recente falecemento do que era presidente da Confederación de Empresarios de Ourense derivou nesta decisión de seguir ao fronte do mandato os que foran vicepresidentes da CEO con José Manuel Pérez Canal. Pérez Canal chegou por primeira vez á presidencia da CEO o 29 de abril de 2013. Coxerente de Aceites Abril, creada polo seu pai en 1962, foi un home catalogado por todos os que o coñecían coma un home “de consenso” e “traballador”. Durante o seu primeiro mandato, en plena crise económica, tivo que afrontar momentos complicados, pedindo en todo momento unidade, incluso cando foi proposto para presidir a Confederación de Empresarios de Galicia -o sector de Lugo

poñera o seu nome sobre a mesa-. Ademais tivera que lidiar co distanzamento da asociación de empresarios do polígono de San Cibrao. Segundo mandato En abril do ano pasado, foi reelixo para catro anos máis. A unidade foi patente con 185 votos a favor por tan só tres en branco. No seu discurso comunicou que o organismo estaría atento sobre o avance das grandes infraestruturas como poden ser as obras do AVE, o PXOM, e as autovías A-76 e A-56 entre Ourense e Ponferrada e Lugo e Ourense, respectivamente. Tamén prometera “traballo e esforzo”, o que non lle faltou ata o día do seu pasamento. A súa directiva aprobara un orzamento de preto de 1,7 millós de euros.

Minuto de silencio na sede da CEO en memoria de José Manuel Pérez Canal.


Barrios 29 de novembro 2018

EN BREVE 4 Luces de Nadal O Concello de Ourense vén de adxudicar a instalación, posta en funcionamento, mantemento e retirada da iluminación de Nadal 20182019, por un importe de 97.487,28 euros. A empresa adxudicataria do contrato será Creaciones Luminosas. O alcalde asegurou que a montaxe de todos os elementos “comezará de inmediato” para que o acendido se poida producir “nos vindeiros días”.

4 A Carballeira Democracia Ourensana pedirá en pleno abordar unha serie de medidas no barrio da Carballeira. As mesmas van desde a restauración da sinalización ata o pavimentado das rúas en mal estado, pasando pola reparación -ou reposición- de mobiliario urbano, limpeza e poda de parques e xardíns e eliminación de barreiras arquitectónicas.

CIDADE

Ourense, epicentro do voluntariado estatal 4 Celébrase en Ourense o XX Congreso do Voluntariado. R.T. Ourense é a sede do vixésimo Congreso Estatal do Voluntariado que ten lugar en Expourense durante os días 28 e 29 de novembro. A ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, presidiu o acto de apertura. Estivo acompañada do presidente da Xunta de Galicia, o alcalde de Ourense e autoridades, tanto locais coma provinciais e autonómicas. A Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense realiza actividades consistentes en accións informativas, así como actuacións de dinámica conxunta a modo de speed dating (charlas de pouca duración) entre os que desexen realizar

actividades como voluntarios. Galicia Feijoo destacou na inauguración do congreso que Galicia é a comunidade máis solidaria de España, con máis de 7.700 voluntarios activos, un 35% máis que en 2016; dos cales seis de cada dez son mulleres e máis das tres cuartas partes son menores de 20 anos. O titular do Executivo autonómico salientou que o voluntariado galego está a responder ás necesidades específicas da Comunidade a través, por exemplo, do programa de acompañamento a persoas maiores de 65 anos que viven soas; e do desenvolvemento dun programa de voluntariado para a prevención e a

4 Albergue de peregrinos O Concello de Ourense concédelle á Xunta de Galicia a licencia urbanística de ocupación para o novo albergue de peregrinos da cidade, en pleno centro histórico. O proxecto contou cun investimento de máis de 700.000 euros, ademais da dotación para mobiliario.

Mesa inaugural do congreso coa Ministra de Sanidade, Carcedo, presidindo o acto. /M. REJO.

concienciación nas zonas máis afectadas pola lacra dos incendios forestais. Convocatoria O Concello de Ourense convoca a todas as entidades e asociacións públicas e privadas pertencentes ao concello e que estean interesadas en unirse á diagnose e elaboración do primeiro Plan de Voluntariado municipal a unha reunión que terá lugar o vindeiro 30 de novembro no centro Cívico da rúa Colón ás 10 horas. O devandito plan, que se vai poñer en marcha a partir do 2019, pretende que as diferentes áreas do Concello de Ourense e as entidades sociais da cidade, colaboren na posta en marcha dun voluntariado activo que poida comezar a realizar actividades a partir do ano que vén.

O Concello convoca a unha reunión sobre o Plan de Voluntariado o día 30 no centro Cívico da rúa Colón ás 10 h

Datas de solidariedade 4 Moteros solidarios e Amencer realizan campañas. Redacción Chega o Nadal e con el as accións solidarias. Na nosa cidade, dúas marcan estas datas nos últimos anos: Operación Quilo, de Amencer; e recollida de xoguetes, de Moteros solidarios. A da asociación xuvenil leva 32 anos recollendo a maior cantidade de alimentos non perecedoiros para entregalos a Cáritas Ourense. Este ano a entrega será o sábado, 22 de decembro. Para iso involucra a supermercados, locais comerciais e entidades deportivas da cidade.

Moteros Solidarios Por quinto ano consecutivo en Moteiros Solidarios de Galicia inician a campaña de recollida de xoguetes a favor das casas de acollida de Ourense. Calquera persoa que desexe colaborar nesta campaña pode deixar xoguetes en bo estado en calquera dos puntos de recollida (hai nove entre a cidade e A Valenzá). A camapaña rematará o 15 de decembro. Os interesados que queiran empaquetar os xoguetes deberán achegarse, para máis información a Motorcycles Shop Ourense (R/ Pena Trevinca).

Cartel da campaña de recollida de xoguetes.


CIDADE / REPORTAXE

“Outono participativo” nas Termas Redacción Dentro da programación “Outono participativo no noso barrio” que leva a cabo a Asociación de Veciños As Termas celebrouse unha charla sobre cogomelos. A Asociación Os Cogordos foi

a encargada de impartir esta charla na que se centrou nos cogomelos comestibles. A xornada despertou unha grande expectación entre os veciños acudindo ó local social ao redor dunha vintena de persoas para coñecer un pouco máis deste fungo que medra nos nosos montes nesta época do ano, sempre que acompañe a chuvia.

Rectoral Rebollo abre ao público o 1 de decembro 4 Con habitacións individuais e dobres, aínda quedan algunhas prazas libres. Redacción Preto de Ourense, a 7 quilómetros, en Alongos, no Concello de Toén, fronte á igrexa de San Martiño a vivenda comunitaria “Rectoral Rebollo”, oferta 12 prazas

Charla na AVV As Termas sobre cogordos a cargo da Asociación Os Cogordos.

Barrios 29 de novembro 2018

en rexime de habitación individual ou dobre para todas as persoas maiores que estean interesadas. O conselleiro do Medio Rural, José González, estivo presente na inauguración da residencia. Na antiga casa reito-

O conselleiro de Medio Rural na inaguración. /M.REJO.

Entrada a esta rectoral do s. XVIII, agora restaurada. ral, totalmente restaurada, únense a historia e singularidade dun edificio que data do século XVII coas últimas tecnoloxías e tendecias arquitectónicas trala actual reforma. Servizos En canto aos servizos, disporá de atención ás 24 horas, dando a seguridade tanto aos propios habitantes coma á súa familia. Con cociña (con elaboración propia diaria), sala de rehabilitación, calefacción por aerotermia, chan radiante e amplos espazos en común comunicados por ascensor a casa complétase coas cómodas habitacións. Unhas individuais e outras dobres, todas con baño

propio, nas que seguro os seus habitantes se sentirán coma na súa casa. Desde este 1 de decembro a vivenda comunitaria xa funcionará a pleno rendemento, tanto polo persoal que traballa nela coma polos seus habitantes, pois xa ten algunhas prazas ocupadas. Pero as familias ou persoas interesadas en acceder ás libres poden poñerse en contacto cos seus propietarios que resolveranlles calquera dúbida ao respecto, chamando ao 677 76 62 03 e 639 88 59 20 ou escribindo a rectoralrebollo@gmail. com e concertar unha cita para poder vela, no lugar de Prado, en Alongos, no Concello de Toén.


Barrios 29 de novembro 2018

CIDADE

EN BREVE

As Termas celebrou o seu magosto

4 Santomé O castro de Santomé recibirá o vindeiro ano 135.000 euros da Xunta de Galicia. Primeiro realizarase unha limpeza da contorna e a escavación da área elixida. A segunda fase consistirá na consolidación e musealización das estruturas atopadas.

4 Tamén continúa co programa de envellecemento activo. Redacción

4 Cruz Vermella Dende o proxecto de “Primeira acollida e activación de persoas vulnerables”, Cruz Vermella atendeu durante o 2018 a 560 persoas, co obxectivo de coñecer a súa situación e necesidades, para posteriormente axudalas de forma integral a través dos distintos proxectos que desenvolve a organización (de apoio, emprego, cobertura de necesidades básicas, etc.).

Directiva e voluntarios preparados para servir o xantar do magosto da AVV Peliquín.

Magosto na AVV Peliquín Unha vez máis a organización dunha actividade por parte da directiva da Asociación de Veciños Peliquín congregou a un gran número de veciños no seu local social. Nesta ocasión foi para celebrar o magosto. Un total de 100 persoas non se quixeron perder esta celebración que contou cun menú a base de: tortilla, empanada, churrasco, criollo e chourizo; e no que non faltou de postre as castañas e a tarta da avóa. Ademais, previo ao xantar celebrouse un concurso de tortillas, saíndo gañadora Raquel Vázquez Coba.

4 UNICEF Ourense conta co selo que a acredita como Cidade Amiga da Infancia. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recolleu en Oviedo a distinción concedida por Unicef á cidade pola súa labor a prol da infancia e da adolescencia. A entrega tivo lugar nun acto no Palacio de Congresos e Exposicións da capital asturiana, e contou tamén coa presenza da concelleira de Xuventude, Sofía Godoy.

4 El Carmen O Centro Médico El Carmen celebrou unha xornada con algún dos mellores especialistas en traumatoloxía deportiva. Informaron sobre os últimos tratamentos en lesións deportivas, así como formas de previlas.

A Asociación de Veciños As Termas -ubicada nas vivendas sociais da praza 200, ao carón da estación de autobusescelebrou o seu magosto. Participaron un total de 85 persoas de todas as idades. A xornada festiva comezou cun xantar a base de empanada, churrasco, chourizo e castaña. Durante a sobremesa, unha “meiga” elaborou o esconxuro da queimada para o goce dos asistentes. Continuaron a velada con xogos de mesa ata entrada a noitiña. Programa envellecemento activo As Termas continúa co seu Programa de envellecemento activo no seu local social os mércores e xoves en grupos de mañá e tarde. O proxecto “Lecer saudable no

barrio” impulsado polo colectivo veciñal conta co financiamento ao 50% da Deputación Provincial. Esta iniciativa pretende ofrecer obradoiros de envellecemento activo: autocoidado e memoria no que traballar de xeito semanal hábitos de vida saudable e prevención do deterioro cognitivo e fisico das veciñas e veciños do barrio. Entre os obxectivos da actividade están: xerar unha programación de actividades de lecer no barrio fomentando a participación veciñal; dinamizar a vida social e cultural como colectivo social precisado de especial atención polas administracións públicas; xerar espazos de convivencia, cooperación e lecer no barrio; e fomentar hábitos de vida saudable no coñecemento e posta en práctica dunha vida activa tanto mental como físicamente.

Unha das fotografías do calendario solidario de Down Ourense. /Mani Moretón.

Calendario solidario Down Ourense A Asociación Down Ourense presentou o seu calendario solidario 2019, que se poderá adquirir en diversos puntos da cidade. Este ano a tirada será de 1.600 exemplares: 1.000 calendarios de parede, sufragados na súa totalidade pola Deputación de Ourense, e 600 de mesa. Todos eles terán un prezo de 5 euros e os beneficios obtidos coa súa venda irán destinados integramente ós programas de promoción da autonomía persoal que se levan a cabo en Down Ourense e que, actualmente, dan servizo a 66 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e ás súas familias.

Veciños das Termas de todas as xeneracións non se quixeron perder o magosto.


CIDADE

Barrios 29 de novembro 2018

Éxito do comercio local nas últimas feiras de Expourense Charla da campaña na AVV As Termas.

Charlas para previr a gripe en Ourense 4 Realizaranse en centros cívicos, de saúde e AVV. Redacción O grupo Salubrízate (composto por voluntarios e profesionais da medicina) e a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense, EOXI, xunto coa colaboración do Concello puxeron en marcha a campaña “Salubrízate contra a gripe”. É unha iniciativa que percorrerá os centros de saúde da cidade, os centros cívicos e cinco asociacións de veciños para informar sobre hábitos saudables para facer fronte ao próximo brote de gripe. Despois das charlas no centro de saúde Nóvoa Santos, no local social da AVV Covadonga e nos centros cívicos de As Termas e Colón tócalle o turno, este xoves, 29 de no-vembro ao centro cívico da Cuña (18 h.) e o venres, no da Ponte (19 h.). O luns, 3 de decembro ás 17 horas a charla impartirase no local da AVV

Peliquín; o martes 4, no centro cívico de Seixalbo (19 h.); o luns día 10, na AVV de Rabo de Galo (18 h.); o martes 11, para AFAOR no C.C. de Colón (11.30 h.); e rematarán as charlas o vindeiro xoves, 13 de decembro, ás 9 horas, no albergue de transeúntes. Ademais de información sobre a gripe ofreceranse consellos sobre como previla, como aliviar os seus síntomas ou recomendacións sobre cando se debe acudir ao médico. Conciencia A responsable deste proxecto, Mercedes Hernández, incide en concienciar sobre xestos que axudan a que esta enfermidade non se espalle de forma tan masiva, como o lavado das mans, o coidado á hora de cubrirse ao esbirrar ou empregar panos de usar e tirar.

4 Celebra, Bebega e Antiq Auria pecharon as súas portas con máis de 4.000 visitas. Redacción Expourense pechou a pasada fin de semana as portas de tres citas co eido central da familia: Celebra, Bebega e Antiq Auria. Foron 4.000 os visitantes que puideron ver os máis de 100 expositores que presentaron os seus produtos e servizos especializados. A 19ª edición de Celebra definiuse por un marcado carácter creativo impulsado por emprendedores da provincia de Ourense, non só en moda nupcial e de festa, senón en todo o que rodea a organización dun evento. As dúas pasarelas congregaron centos de asistentes interesados en coñecer as novas liñas das firmas colaboradoras que presentaron deseños de coleccións de fabricación propia, acompañados por estilismos internacionais en perruquería e maquillaxe así como as novas tendencias en arranxos florais e xoiaría fabricada en Ourense e a medida. O gañadora do sorteo dun cheque de 700 euros achegado por Expourense

e por varias empresas colaboradoras foi Tania Múñoz de Ourense. Bebega Bebega axudou ás familias a preparar a chegada do novo membro da familia. Esta segunda edición serviu, sobre todo, de escaparate para que os visitantes puideran coñecer de primeira man a oferta de empresas e comercio ourensáns de moda e puericultura que en moitos casos están a fabricar na propia provincia, ou se trata de exclusivas que se comercializan en Galicia chegadas das últimas feiras europeas. Ademais mostráronse unha escolma de productos e servizos orientados ao

benestar do recén nado, de interiorismo, desenvolvemento intelectual, seguridade viaria, atención sociosanitaria, ioga, body painting, etc. Antiq Auria A segunda edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, reuniu a expositores procedentes de 4 países (España, Portugal, Francia e Suíza). O público tivo a oportunidade de navegar por milleiros de antigüidades e obxectos vintage e facerse con pezas tanto de pequeño tamaño como moedas, xoias ou porcelanas, ata otras de gran formato como todo tipo de mobles.

EN BREVE 4 Axuda a domicilio Comisións Obreiras presenta aos grupos da oposición no Concello as súas aportacións ao vindeiro prego de condicións do servizo de axuda a domicilio, así como as propostas para mellorar o funcionamento actual do mesmo. CCOO solicitou entrevista co alcalde, o pasado 30 de outubro, sin ser recibidos.

4 Estorniños Democracia Ourensana pedirá no vindeiro pleno do mes de decembro implementar medidas de control de aves (ecolóxicas e sostibles), ademais de medidas de sensibilización e concienciación medioambiental á cidadanía. Tamén pedirán poñer en práctica medidas de reforestación urbana.

4 Ourense en Común OUeC denuncia que a morosidade do goberno de Ourense “afoga tamén ás asociacións xuvenís”. O grupo require “prazos sostibles” nas axudas de xuventude.

4 En negro

O público no se quixo perder a pasarela de Celebra.

OUeC e PSOE pedirán en pleno a adhesión do Concello de Ourense á campaña En negro contra as violencias. En Galicia son máis de cen concellos e Deputacións as que forman parte desta iniciativa.


Barrios 29 de novembro 2018

CIDADE

Latexando con Ourense Segundo o informe “Desfibrilación semiautomática en España” elaborado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, anualmente prodúcense en España máis de 24.500 paradas cardíacas extrahospitalarias, ocasionando máis mortes que os accidentes de tráfico. A gran maioría son debidas á fibrilación ventricular e, nestes casos, a realización dunha desfibrilación dentro do primeiro minuto da súa detección consegue a recuperación dun ritmo cardíaco eficaz no 90% das ocasións. Se á beira de cada extintor houbese un desfibrilador e persoal con coñecementos mínimos en reanimación, poderían salvarse máis de 4.500 vidas ao ano. Con todo, España aínda está á cola da UE no número de des-

fibriladores instalados por habitante. Poboación A provincia de Ourense ocupa o terceiro lugar do

Hai tres modelos das pulseiras “Latexando con Ourense”.

top 10 da axencia Eurostart de áreas europeas con maior porcentaxe de poboación de xubilados superando o 30% a súa proporción de persoas con 65 ou máis anos. Ademais, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, Ourense é a segunda cidade, das sete máis grandes de Galicia, coa media de idade máis alta -cunha cifra de 44,5 anos para os homes e 48,1 para as mulleres-. Só lle supera O Ferrol onde os homes teñen de media 45,8 anos e as mulleres alcanzan os 50,3. A poboación con menos de 20 anos no municipio de Ourense é do 16,2% fronte ao 24,7% que ten máis de 64 anos. O barrio da cidade onde se sitúa o rango de idade máis nova é Barrocás onde a media de idade dos habitantes é de 38,2 anos. As marxes do río que van en dirección Reza e Outariz, A Granxa, A Rabaza, A Lonia, Mende ou Rairo son as localizacións que presentan unha poboación máis envellecida, superando os 50 anos

de media de idade. No barrio do Vinteún, a idade media de idade é de 57,2 anos, unha das máis altas da cidade. Fronte aos 53 desfibriladores publicados en Santiago de Compostela ou os 48 na Coruña, actualmente a aplicación de Urxencias Sanitarias de Galicia -061- tan só publica 15 localizacións nos que existe un desfibrilador en Ourense, a maioría deles instalados en edificios de institucións públicas (por exemplo, na Deputación Provincial, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, no Teatro Principal, no Paco Paz, no Pavillón, no ISSGA ou na piscina universitaria). Campaña Latexando con Ourense é unha campaña de res-

A campaña pretende recadar cartos para a adquisición de desfibriladores

Merca a túa pulseira de “Latexando con Ourense” para colaborar cunha boa causa. ponsabilidade social de venda de pulseiras entre os cidadáns de Ourense para recadar cartos para a adquisición de equipos semiautomáticos de desfibrilación que se instalarán por toda a cidade. Os comercios asociados á campaña venderán as “pulseiras latexando” a un prezo 3 euros cada unha co obxectivo de financiar o 100% do gasto que supón a instalación dos desfibriladores nos comercios, empresas, institucións, comunidades de veciños ou outras entidades que o soliciten, así como impartir a formación necesaria

As pulseiras, á venda en diversos establecementos por 3 euros para o seu uso. Os ourensáns son os protagonistas desta iniciativa. Mediante a compra dunha ou máis destas “pulseiras latexado” (hai até tres colores diferentes) estarán a investir na súa propia saúde e farán posible que Ourense se converta nunha cidade cardioprotexida. Para máis información: www.latexando.com.


O CARBALLIÑO E COMARCA

A dinamización do comercio, chave para o Concello 4 A Concellería de Promoción Económica elabora un plan para estimulalo. Redacción

dade na economía local.

Para o Concello do Carballiño, a dinamización do comercio é chave na súa folla de ruta. Por elo, desde a concellería de Promoción Económica están a elaborar un plan, para fomentar o comercio local, o cal contan ter rematado no mes de decembro. Varias son as medidas para mellorar este aspecto da vila do Arenteiro, no que ven como indispensable a cooperación do Centro Comercial Aberto e a axuda de distintas concellerías, como as de Turismo e Medio Ambiente.

Accións Unha das accións que está enriba da mesa e crear a zona azul de balde. Unha demanda de comerciantes e clientes do centro urbán. Queren que este ano xa se leve a cabo; estúdase a posibilidade de contar cunha partida económica dos orzamentos para tal fin. A Residencia de Tempo Libre e, sobre todo, os seus visitantes, será outro dos eidos deste proxecto. Para que se acheguen á vila ofreceseralles a posibilidade de realizar visitas guiadas, co fin de atraer a clientes potenciais. Outas das iniciativas será a de mellorar a oferta nos museos para a atracción de visitantes. Terá un papel destacado o Museo do Anxo, ademais da posta en marcha do Museo do Papel. Para rematar, buscarase, novamente, recuperar o proxecto de traer para O Carballiño o Instituto Termal; e potenciarase, xunto ao Ribeiro o xeodestino. Ofreceranse paquetes turísticos no que destaquen os lugares máis representativos das dúas comarcas.

Campañas Adolfo Nogueira, concelleiro do departamento de Promoción Económica, salientou que para a evaluación real do estado do comercio local realizouse un traballo minucioso. O mesmo levou a facer enquisas a comerciantes e clientes; das 360, 260 foron efectuadas a comerciantes e 100, a clientes. Con isto pretendeuse coñecer os problemas e as posibles solucións. A programación de campañas é de gran necesidade para concienciar á veciñanza sobre a importancia do comercio de proximi-

Barrios 29 de novembro 2018

O Carballiño rehabilitará cinco rúas da vila 4 Cun investimento superior aos 380.000 euros. Redacción Cinco rúas do Carballiño mudarán de faciana grazas a un acordo entre o alcalde e o Grupo Popular polo orzamento deste ano. A inversión supera os 380.000 euros por parte do concello. Acondicionaranse as rúas Cuba, Brasil, Uruguay, Venezuela e República Arxentina. O prego deste proxecto, que se comezará a executar coa maior brevidade posible, xa está dispoñible no perfil do contratante da páxina web municipal. O prazo de execución deste proxecto é de seis meses, e comezará a realizarse en canto conclúa o procedemento administrativo de licitación que se puxo en marcha estes días. Obras O acondicionamento consistirá na substitución das tuberías por unhas de PVC. Tamén se instalarán bocas de rego, chaves de paso e acometidas ás conducións de abastecemento. Do mesmo xeito, reformarase as beirarrúas que se atopan en peor estado ou que son excesivamen-

te estreitas para coches de bebés ou cadeiras de persoas con discapacidade, e que levarán losetas hidráulicas no caso da beirarrúa esquerda da baixada da rúa Cuba e na beirarrúa dereita da baixada da rúa Brasil. Así mesmo, a beirarrúa da baixada da rúa Venezuela levará lousas de granito, co obxectivo de que teña unha continuidade coa rúa Margarita Taboada e a praciña de fronte do balneario. Outra intervención importante será unha nova pavimentación destas rúas con aglomerado asfáltico en quente. O proxecto ta-

mén contempla o acondicionamento dos cruces para adecualos á normativa de accesibilidade actual, así como o acondicionamento de entradas existentes, con rebaixe do borde na beirarrúa, e o fresado do firme para conseguir cota. Finalmente, procederase á sinalización e balización das mesmas.

O prazo de execución deste proxecto é de seis meses

A rúa Venezuela será unha das que se acondicionarán.

Campaña de Nadal Redacción A praza de Abastos deu comezo, o pasado 12 de novembro, a campaña “Vive o Nadal coa praza de Abastos”. A campaña foi presentada polo concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira; o presidente da Asociación de praceiros, Eligio González, e a representante da Adega Pazo Tizón, Raquel Cabo. Ata o 22 de decembro, as persoas que merquen na praza poderán optar ao sorteo de cinco vales de compra por valor de 50 euros cada un; dous circuitos termais no Balneario das Caldas, que inclúe piscina dinámica, canal de fleboterapia e cea; dúas “súpercestas” de Nadal; 10 entradas para os partidos do Arenteiro en Espiñedo; 10 entradas para as sesións do Cine Club Carballiño, e unha caixa de viño Pazo Tizón. O sorteo terá lugar o 22 de decembro ás 13 horas. Iniciativas Adolfo Nogueira felicitou aos praceiros pola iniciativa, destacando sobre todo o esforzo e entrega do seu presidente, e anunciou novas iniciativas para o próximo ano, coincidindo coa celebración do 90 aniversario da praza, que foi inaugurada no ano 1929. Así mesmo, desexou que esta campaña tivese polo menos tanto éxito como as anteriores. Eligio González “Quini” e Raquel Cabo amosaron a súa satisfacción, en nome dos praceiros e da adega, por iniciativas coma esta, impulsadoras do comercio local.

O pleno condenou a violencia de xénero nun pleno extraordinario.

Pleno extraordinario

Unha concentración de coches de alta gama atraeu a moitos visitantes ao Carballiño no mes de xuño.

O Concello do Carballiño celebrou un pleno extraordinario con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o pasado domingo, 25 de novembro. Convocouse por iniciativa do BNG e co consenso de todos os grupo municipais. O único punto na orde do día foi, xunto coa aprobación da acta da sesión anterior, aprobar unha declaración institucional en consenso de todos os grupos.

Presentación da campaña “Vive o Nadal coa praza de Abastos”, no Carballiño.


10

Barrios 29 de novembro 2018

EN BREVE 4 Camiño de Santiago A 32ª Asemblea da Federación Española de Asociacións do Camiño de Santiago, en cuxa organización colabora a Deputación de Ourense, reunirá a 400 persoas entre os días 8 e 10 de marzo do ano que vén.

4 Medalla de ouro O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou en Vigo no acto conmemorativo do XXVI aniversario do Círculo de Empresarios de Galicia, celebración na que foi distinguido coa medalla de ouro desta entidade o empresario ourensán Emilio Pérez Nieto, presidente de honra de “Pérez Rumbao”, un recoñecemento que Baltar cualificou de “pleno merecemento empresarial, por toda unha traxectoria profesional crendo en Ourense e dedicada a facer provincia”.

4 Colexio de Enxeñeiros A xunta directiva do Colexio provincial de enxeñeiros técnicos agrícolas de Ourense celebrou unha sesión deste órgano na sala de xuntas da Deputación de Ourense, á que asistiu o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar.

PROVINCIA

Manuel Baltar destaca a “oportunidade diferencial” que ofrece o termalismo 4 Nun encontro empresarial organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid na Casa de Galicia. Redacción O presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou en Madrid, nun encontro empresarial celebrado na Casa de Galicia o 28 de novembro, a “oportunidade diferencial” que ofrece o termalismo para a economía ourensá, remarcando que Ourense, como porta de entrada da alta velocidade ferroviaria a Galicia, “vivirá a revolución emprendedora, social e económica máis importante do século XXI”. “O equilibrio territorial que sempre demandamos para a nosa provincia –expresou Baltar- dará un gran paso adiante co AVE, e temos que estar preparados para ofrecer

ao visitante a riqueza que nos fai competitivos: o turismo termal, cultural, deportivo e de natureza, elementos fundamentais para posicionarnos nacional e internacionalmente”. Xunto a importancia de sectores de grande competitividade para a provincia de Ourense, como o agroalimentario, o da lousa, o tecnolóxico ou o téxtil, Manuel Baltar defendeu “a importancia da transversalidade da innovación”, “aplicando en cada nova iniciativa que levamos a cabo desde a xestión pública ou en cooperación co sector privado, un grao de innovación que nos coloca á vangarda, como xa o vimos demostrando en proxectos como o de “Provincia Intelixente” ou o Plan Termal,

referentes nos seus ámbitos de tecnoloxía aplicada aos servicios públicos e na evolución dos servizos, infraestruturas e promoción do termalismo na provincia de Ourense”. Manuel Baltar agradeceu a invitación de Aegama “por sintonizar perfectamente coa realidade ourensá e permitirme hoxe trasladar neste foro a ilusión e o compromiso de cooperación que sempre ten o goberno provincial”, destacando as oportunidades e os retos que Ourense “ten diante de si en sectores como termalismo, servizos sociais, turismo, agroalimentación, tecnoloxía, e Economía Laranxa”, lembrando tamén o “Turismo deportivo”.

Manuel Baltar, presidente da Deputación, na Asociación de Empresarios Galegos en Madrid xunto a José Ramón Ónega, da Casa Galicia, e Julio Lage, de Aegama.

Manuel Baltar e Tim Warren reunidos en Bath.

Ourense e Bath, cidades termais 4 Baltar reuniuse nesa cidade inglesa con Tim Warren. Redacción O presidente da Deputación reuniuse na cidade balnearia de Bath (Reino Unido) co Bath and North East Somerset Council, Tim Warren, con que analizou iniciativas de promoción e proxectos conxuntos “para seguir impulsando un turismo singular e de calidade no ámbito termal”. Baltar salientou o modelo termal competitivo de Bath, “demostrando o seu éxito e a gran capacidade de atracción da cultura termal, facendo que esta cidade triplicase en 15 o seu número de visitantes, sendo a localidade que, neste período, máis prazas hoteleiras ten creado despois de Londres”. Tim Warren interesouse

polo desenvolvemento do plan “Ourense, a provincia termal”, que Manuel Baltar propuxo. Tamén concordaron en que iniciativas como a recentemente instaurada en Budapest de proclamar o 12 de outubro como “Día europeo do patrimonio termal” “supoñen un impulso para afianzar o termalismo europeo no ámbito internacional do turismo de natureza e saúde”. Na súa axenda de traballo, centrada específicamente no ámbito termal, Manuel Baltar tamén se entrevistou con Collin Skellet, presidente de YTL Europe; con Patrick Anketell-Jones, alcalde de Bath; con Craig Jenkins, director executivo de “Visit Bath”, e con Peter Rollins, director de “Thermae Bath Spa”.


OCIO E CULTURA

Barrios 29 de novembro 2018

11

Regresa a pista de xeo a Ponte Vella 4 Estará aberta ata o 7 de xaneiro. Redacción Unhas das atraccións máis agardada polos ourensáns durante o Nadal xa está de volta. Trátase da pista de xeo que se instala nestas datas na terraza exterior do Centro Comercial Ponte Vella. Conta con 300 m² e atrae a milleiros de persoas de toda a provincia, e de fóra dela, cada ano. Este ano chega con melloras na iluminación, son e novos efectos. A entrada xeral ten un custe de 6,50 euros existindo, ademais, descontos

especiais para grupos e outras promocións específicas. Horario A pista, que estará aberta ata o 7 de xaneiro contará co seguinte horario: de luns a venres, de 17 a 21 horas; sábados, domingos e festivos, de 12 a 22 horas. Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro o horario será de 12 a 22 horas todos os días da semana. Os días 24, 25 e 31 de decembro, e 1 de xaneiro consulta na web do centro os horarios.

Presentación do Festival de Cine de Ourense -23º OUFF no Centro Cultural Marcos Valcárcel. /RAMSÉS.

OUFF 2018: preto de 70 traballos en sete días 4 A 23ª edición homenaxeará aos actores Luís Tosar e Mabel Rivera e o director ourensán Xavier Bermúdez. Redacción

A pista de xeo foi inaugurada por directivos do Centro Comercial e o alcalde de Ourense. /RAMSÉS.

Ioga termal Redacción Durante os sábados -de 11 a 12:30 horas- de decembro, realizarase nas Burgas a actividade “Ioga termal nas Burgas”. Sera gratuíta e poderán participar persoas adultas, así como nenos a partir de 7

anos de idade, que poidan facer uso das termas. Non é precisa inscrición. Hai que acudir con traxe de baño, toalla e chanclas, e respectar as normas da instalación. Realizarase o “Método Wellness” consistente en mobilizar o corpo nas augas termais para acadar o benestar físico e a relaxación.

Arrinca o 23º Festival de Cine de Ourense. En tempo récord, sete semanas, a Fundación Carlos Velo -co apoio da Deputación de Ourenselogrou facer realidade a celebración dun Festival ao que renunciara o Concello de Ourense. Esta edición traerá ás pantallas ourensás preto de 70 traballos (entre longametraxes, curtas e series de televisión) nos sete días que se celebrará o certame (do 29 de outubro ao 5 de decembro). Habera seis locales de proxección: o Teatro Principal, dúas salas do Auditorio Municipal, o Centro Cul-

tural Marcos Valcárcel, o Cine Clube Padre Feijoo e, por primeira vez, o Liceo de Ourense. Premiados Un certame que tamén homenaxeará ao actor Luís Tosar, quen recibirá o premio Cidade de Ourense; á actriz Mabel Rivera, premio Fundación AISGE a toda a traxectoria; e ao director ourensán Xavier Bermúdez, a quen se outorgará o galardón Calpurnia de Honra. Seccións Na sección oficial compiten 10 longametraxes de nove países, competindo, por primeira vez, unha película rodada en Ourense,

“Tódalas mulleres que coñezo”, documental de Xiana do Texeiro que fala do acoso, a violencia sexista e a desigualdade entre homes e mulleres. Ademais inclúense catro longametraxes rodadas por mulleres e outras catro óperas primas que vivirán no OUFF a súa estrea en Europa. Concursarán 24 curtametraxes de creadores galegos. En canto ás seccións paralelas chegan o ciclo Amal en ruta (cinema euroárabe); un sobre Ingmar Bergman; En Feminino; e unha selección das mellores longametraxes de Xavier Bermúdez. “Mar de Terra”, o documental sobre o Entroido

abrirá o festival este 29 de novembro no Auditorio, mentres que “Un home fiel” será a película de clausura. Tamén estrearanse dúas series de televisión, “Lobos e cordeiros” e “Vos Mariachi”. E non faltará o OUFF Escola, que chega a súa novena edición; e o “Fas Muvis. Límite 48 horas”, novidade na que cada equipo realizará unha peza audiovisual dunha duración de entre 3 e 10 minutos durante un tempo limitado de 48 horas. Toda a información sobre o Festival de Cine Internacional de Ourense atópase na web www.ouff. org, desde onde tamén se pode descargar o programa de man para non perdernos ningunha estrea.

Na sección oficial compiten 10 longametraxes, e 24 curtas de realizadores galegos


12

Barrios 29 de novembro 2018

Vitoria do Campus Rugbi Redacción O Campus Universitario Ourense logrou a quinta vitoria da tempada a costa dun Eibar que, por momentos, puxo en apuros aos ourensáns no sintético das Lagoas. Os de David Monreal golpearon primeiro pero deseguido os vascos lograron adiantarse no marcador. Pero a remontada universitaria non se fixo agardar e lograron poñerse por diante no electrónico ao descanso (19-7). Reanudado o encontro os visitantes recurtaron distancias. Porén, os locais non se deixaron atrapar e, pouco a pouco, foron disntanciándose ata chegar ao definitivo 50-19. Cuartos Con nove xornadas disputadas son cuartos con 28 puntos. Este domingo visitan a El Salvador e voltarán a xogar en Ourense fronte o Uribealdea o domingo, 9 de decembro.

Campus - Eibar./RAMSÉS.

DEPORTES

O Betis superou a un mermado COB 4 O resultado final foi de 65 a 94 para os andaluces. R. Torres Antes do partido deste mércores as baixas de “Pepo” Vidal e Jhornan Zamora auguraban un descalabro para un Club Ourense Baloncesto que se tiña que medir a unha das mellores plantillas da competición. Ademais, os andaluces eran o equipo que mellor racha levaba, con seis vitorias consecutivas. A ausencia dos dous puntais ata o momento do equipo, xunto a que Watson regresaba tras seis semanas lesionado (con menos dunha semana de

adestramentos), e a que Okeke, Pluta e Stefanuto contan con poucos minutos, facía indicar que os homes de Gonzalo García de Vitoria ían ter moi complicada a vitoria. E así foi. Desde o principio o conxunto bético deixou a súa pegada e a firme intención de que o partido non se lle ía escapar para sumar o sétimo triunfo consecutivo. Con todos estos antecedentes e que, aínda por riba, se xogaba entre semana, a asistencia ao Pazo foi das menos masivas no que levamos de tempada.

No primeiro cuarto xa dobraba en puntuación aos locais (12-24) para chegar ao descanso cunha vantaxe de 21 (2950). O gran acerto visitante desde a liña de tres (13/22) fixo que a renda non baixara, senón que incluso subira. Finalmente o 65 a 94 empañou a gran actuación de Watson. O pivot deixou, no seu regreso, uns números (14 puntos, catro rebotes, tres asistencias, tres roubos e un tapón) para soñar con grandes noites no Pazo. Palma O domingo agarda Palma nas illas. O COB seguirá sufrindo as ventás FIBA e seguirá sen contar con Vidal e Zamora. Será o último encontro sen os dous xogadores. Agora toca cruzar os dedos para que non regresen lesionados.

Componente do Salvour na Liga galega.

Liga galega de salvamento O club Salvour presentouse na terceira xornada da liga galega de salvamento e socorrismo deportivo en augas pechadas con 11 deportistas. Destacaron as actuacións de Andrea Belo Armada e Noel Quiroga Ramos que coparon os primeiros postos e ademais alcanzaron as marcas mínimas para participar nos campionatos de España de Inverno. Eva Espinosa Fernández e Blanca Corrales foron segundas e lograron mínima para o nacional.

Álex Rubianes, comandando unha das probas.

Campionato galego de karts

Watson machacando o aro do Betis./ C. DOMARCO.

O ourensán Álex Rubianes Vázquez proclamouse subcampión galego de karts na categoría rookie. O campionato constou de seis xornadas nas que se disputaban dúas carreiras en cada unha delas. Chegou á última xornada con opcións de lograr o campionato pero finalmente se tivo que conformar coa segunda posición final. A pesar da gran tempada deste deportista, a realidade é que apenas conta con axudas o que lle pode impedir participar no campionato de karts do vindeiro ano debido ao seu alto custe. Esperemos que non ocorra e que Álex poida volverse a subir nun monoplaza.


PUBLICIDADE

Barrios 29 de novembro 2018

13


14

Barrios 29 de novembro 2018

DEPORTES

A UD Ourense fai augas no Barco 4 O cadro unionista caeu por tres a cero. Jorge Encinas durante a competición.

Encinas, campión galego de tiro 4 Na categoría de carabina. Redacción O tirador ourensán Jorge Encinas volveu proclamarse campión galego na modalidade olímpica de carabina aire comprimido en categoría absoluta. Nunha competición celebrada este sábado, 24 de novembro, na Sociedade de Tiro Olímpico de Santiago, o tirador do Club Eiroás de Ourense, rematou con 604,1 puntos. Segundo foi o coruñés Jesús

Antonio García Parada, con 592,7 puntos, e terceiro Francisco Vilas Yebra, de Lugo, con 586,6 puntos. Esta modalidade olímpica consiste en disparar sesenta disparos, sen apoios nin visor de aumento, cunha carabina de até 5,5 kg de peso a unha distancia de dez metros,. O obxectivo é alcanzar o punto central da diana que mide algo menos dun milímetro.

R. Torres Doce xornadas e media despois, a Unión Deportiva Ourense pon fin á súa imbatibilidade na Terceira división. Foi en Calabagueiros diante do Barco o que lle endosou un 3-0. O cadro unionista non estivo cómodo durante o partido e os locais golpearon cando máis doe: ao final de cada período. Ivi e Juanito -por dúas veces- sentenzaron a un equipo que ata entón non sabía o que era perder na categoría. Grazas a estos tres puntos os valdeorreses adiantan na clasificación aos capitalinos (27 puntos dos primeiros, por 26 dos segundos). Nesta xornada o Arenteiro logrou un impor-

As infantís do Ximnasia Pavillón , quintas 4 No Euskalgym. Redacción A pasada fin de semana o Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón desprazou ata Barakaldo aos seus conxuntos de base nacional (base e absoluto)

para participar no décimo terceiro Euskalgym. Xunto ás ourensás estaban as mellores ximnastas nacionais. As ximnastas infantís do Escola Pavillón ocuparon a quinta posición das 31

Integrantes do Club Ximnasia e Escola Pavillón.

participantes e o posto 14 foi para o Club Ximnasia Pavillón. O conxunto sénior, pola súa banda, realizou un dos mellores exercicios da tempada e colocouse no posto 26 dos 44 participantes. As júnior foron sétimas, empatadas con Lliria e CEGR Zaragoza. O Escola Pavillón, tras varios erros, baixou ata a 30ª posición. As alevíns foron undécimas. En canto ao conxunto prebenxamín, este foi 16º, mentres que o benxamín rematou 13º Liga de xinmasia O equipo sénior do Ximnasia Pavillón facíase coa medalla de bronce na fase final da liga de ximnasia estética, modalidade que é a primeira vez que conta cun evento a nivel nacional.

tante punto ante o Compostela no que foi o debut de Gelucho no banco de

Espiñedo. O Ourense CF, pola súa banda non puido pasar do empate (1-1) ante o filial do Lugo no seu regreso ao Couto. Esta fin de semana dispútase a xornada número 15; a UD Ourense recibe a Boiro, e o Ourense CF, Arenteiro e CD Barco, visitan a Cétltiga, Arousa e Porriño, respectivamente.

Fútbol sala Redacción Na Primeira división, o Envialia continúa invicto tras nove xornadas. As de Morenín empataron en Móstoles (1-1) o que lle permite estar na cuarta posición con 19 puntos tras cinco vitorias e catro empates. Esta fin de semana reciben nos Remedios ao Guadalcacín. Sala Ourense O Sala Ourense goleu ao Prone Lugo por 7 a 0. Este resultado fai que os de Kike García ocupen, con 18 puntos, a novena posición e teñan un colchón de catro puntos co seu inmediato perseguidor. Esta fin de semana visita ao Boal.

Partido do Barco e a UD Ourense./YEDRA SEARA.

Segunda Na 2ª división, o Cidade das Burgas, logo da vitoria na casa fronte o Orvina (3-1), empatan na segunda posición co Ferrol. Esta fin de semana chega o derbi ourensán contra o filial do Envialia.


AXENDA / ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 29 de novembro 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº78 - Ano: XI - 29 de novembro de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4AXENDA Exposicións - Ata o 9 de decembro - Exposición do pintor Xesús Vázquez “Hinterland” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 9 de decembroAntoloxía fotográfica de Tomás Vega- Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 1 de decembro - Musical infantil “Naviland: o lugar onde viven os Reis Magos” - 17.30 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 2 de decembro - Teatro infantil “Nómades” - 12 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 2 de decembro - Teatro “Lorca. A correspondecia persoal” - 19 h. - Teatro Principal Música - 30 de novembro Concerto “Noche Sabinera” - 21 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 14 de decembro- Concerto Sergio Dalma “Vía Dalma III” - 20.30 h.Auditorio Municipal de Ourense Deportes - 1 de decembro- XXIII Cross Guillelme Brown - 10.30 h. - Colexio Guillelme Brown - 2 de decembro - XII Torneo de Nadal de Ximnasia - 11 h. - Pavillón dos Remedios - 2 de decembro - UD Ourense - CD Boiro - Terceira División - 16.30 h. - O Couto - 7 de decembro - COB - CB Prat - 21 h. - Pazo Paco Paz Outros - 4 de decembro - Contiños con Susana - 18.30 h. - Biblioteca Pública de Ourense - Do 29 de novembro ó 5 de decembro - XXIII Festival de Cine de Ourense - Do 1 ó 9 de decembro - III Festival Internacional de Curtas de Verín www.periodicobarrios.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Onte fun a un enterro con trinta e cinco anos de atraso Onte fun a un enterro con trinta e cinco anos de atraso. Fúcheste Manoliño onte a tarde, seica nun accidente de moto, fúcheste Manolo, ti, que te rías sempre con esa cariña inocente do rapaz que sempre fuches. Trouxéchesme de paquete naquela motiño nova dende unha foliada calquera. Lémbrome dunha vez que viñamos da de Cristimil, ben cerca parece agora, ben lonxe aquela noite. Fúcheste Manolo e eu non me enterei, se cadra borreino da mente, para non sufrir daquelas, porque a morte non se entende, non se estuda nin se aproba, sempre queda para setembro, sempre e materia pendente. Sempre me avisabas “non metas o pé nos radios”, tranquilo che respondía, “xa os separo ben”. “Non lle digas a ninguén que te carrexo na moto” decíasme, “que na casa non lles gusta que suba ninguén comigo, teñen medo que caiamos” con estas lerias de sempre viñas todo o camiño, máis non deixabas de traerme, nunca me deixabas tirado. Entereime onte á tarde que morreras no ochenta e tres do século pasado, parece xa tan lonxe!. Por iso eu non te via nunca en Ribas do Asneiro, non preguntei por ti, porque se cadra sabíao e non o quería saber, non preguntei porque vivo sempre me gustaches máis con ese sorriso de amigo, sen maldade, coa verdade na mirada e botando xeneroso a túa man. Choreite con trinta e cinco anos de atraso, cando preguntei por ti, mirando unha vella foto

de cando casou Luís, o da Picha, estás agochadiño na esquerda, o primeiro da segunda fila, como se fora un adianto de todos os que imos ir, estás na segunda porque che gusta quedarte un pouquiño atrás, non es de sacar peito, fachendoso nunca fuches. Namentres escribo isto, vouche pagando con bágoas as túas viaxes, pequena paga che dou se teño en conta os xuros dos anos que me gardei este pranto aprazado. Noto que me senta ben soltalo agora de golpe, ás veces por non chorar queda un cadullo no peito atascado, síntome coma cando pea o Muíño da Ponte, cando medra de máis o Asneiro. Estou ampeando Manolo, non te choro a ti soliño, choro a todos os que se me foron, son unha chea de auga salgada para este derradeiro día de outono, véspera de Samaín, onde seica nos xuntamos todos. Venme ao acordo Eliseo, o teu pai, que me traía as patacas, agasallos para nos, unha parelliña nova, un sorriso e unhas verbas: “isto non é nada” cando eu llo agradecía, xeneroso como todos aqueles de Corrigatos que tanto nos axudaron cando fomos para a casiña do Amadeo, sen auga, sen luz, só cun colchón, dous garfos, dous coitelos e dúas culleres, a verdade que non nos deu moito traballo aquela mudanza!. Antes ti non viñas a visitarme, non podías volver porque non te convidaba, non te deixara ir de todo, pero iso xa rematou. Agora ficarás dentro do meu sentimento, podereite lembrar rindo cando me pete, tereite no meu maxín alí onde os gardo a todos aqueles que quero moito e algúns dos que quixen menos.

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Algún dia volveremos a choutar por Corrigatos, contaremos uns contiños sentados nas escadas da casiña de Amadeo, naquela na que vivín uns anos tan felices, ou iremos a taberna do Arrieiro, todos xuntos a botarlle unha partida ou a tomar un café. Se cadra podemos ir ó cemiterio e xuntar os que queremos, facer unha festa no campo ou unha xuntanza na escola para parolar un pouco de aquilo que non falamos, aquilo que por falla de tempo non dixemos, ou aquilo que dixemos e fora mellor calalo. Mira ti como é a vida meu amiguiño Manolo, trinta e cinco anos morto e eu lémbrote agora, senón fora por Nando nunca me acordaría, eche ben triste pensalo que nos esquezamos dos vivos e visitemos aos mortos, sería bo facer isto pero non esquecernos do outro, a vantaxe dos mortos e que poden esperarnos non teñen presa, os vivos se cadra non poden agardar tanto. Xa ves papá, polo Samaín faise festa polos que se foron, xa sabes que eu ó cemiterio non vou a verte, porque ti non estás alí, hai tempo que andas por onde a ti che peta, se o fixeches de vivo, como non o vas a facer de morto, sei que non morriches nunca, vives pretiño de min. Pronto andaremos xuntos de novo nese mundo sen dor, mentres saúda a Manolo e pídelle perdón da miña parte, dille que o sinto moito con trinta e cinco anos de atraso. Dedicado a Fernando Otero (Nando de Vilanova) Avelino Jácome

TRABALLO Ofrécese xerocultora ou axuda a domicilio para Xinzo e arredores. De luns a venres. Tel. 686 005 358. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43. Visita o canal de youtube de josemanueldeanyyun, para contratar música en calqueira tipo de eventos. Ofrécese señora de 43 anos, española, para traballo en servizo doméstico na cidade de Ourense. Tel . 674 500 513

INMOBILIARIA Véndese o alúganse dous pisos na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Véndese casa na zona de Rante, semirestaurada, con terreo e pozo de auga. Prezo. 28.800 euros. Tel.: 606 42 25 43 Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94.

Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense 3 terreos en Ourense, en Gustei, labradío (entre 1.000 e 2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros (500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros). Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

VENDAS Véndese maquinas recreativas (modelos vellos), maquinas de dardos, maquinas expendedoras de tabaco, billares, futbolines, etc. Máis info e fotos no Tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp). Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302. Vendo máquina de facer exercicio (elíptica). Prezo 350 euros negociables. Tel. 674 317 302. Vendo colmea de castiñeiro con alza 600 eu., media alza 300 eu. e cuarto de alza 150 eu. Cadros soltos a 1,50 eu. Tamén escai de varios colores para tapizar a 50 eu/m. Tel. 625 591 151

CONTACTOS

Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp. Ofrécese mozo de compañía para mulleres. Son educado e discreto e amóldome a todas as situacións. Prezo económico. Teléfono 642 780 208.


Barrios 29 de novembro 2018


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.