Barrios 54

Page 2

Barrios 26 de abril 2018

TEMA DA SEMANA

Rotas as negociacións entre a Xunta e os funcionarios de Xustiza por 12 euros 4 Cando un preacordo entre o Goberno galego e catro dos sindicatos convocantes semellaba poñer fin ao conflito, unha contraoferta inesperada, proposta polos representantes dos funcionarios, puxo fin á reunión. Redacción O pasado mércores 18 de abril a Xunta e o comité de folga de Xustiza reuníanse na que semellaba ser a xuntanza definitiva antes de acadar un acordo para poñer fin ao paro indefinido do sector en Galicia, pero non puido ser. Xa se suman ata agora máis de dous meses de folga. Dende Vicepresidencia confesaron, antes desta reunión, que lograran un preacordo con UXT, CCOO, USO e CSIF coa idea de que despois desa cita se someterá ás asembleas de traballadores. Pero os outros tres sindicatos incluídos nesta folga –CIG, STEJ e CUT- manifestaron o seu rexeitamento e o fin desta historia volve semellar de novo lonxe. Este comezo de acordo, detallado nun documento, plantexaba unha subida de 140 euros para os médicos forenses, 133 para xestores, 127 para tramitadores e 122 para auxilios xudiciais. Ademais, o incremento sería progresivo nos próximos tres anos, nun 50% en 2018, un 30% en 2019 e un 20% en 2020. Así mesmo, incluía unha cláusula pola que Xunta e sindicatos se reunirían no terceiro trimestre de cada ano para examinar se estes funcionarios perdían posición en relación ao resto de comunidades co fin de correxilo. Tamén se establecía un prazo de tres meses para dar forma a un plan que recuperase o 80% dos actos xudiciais que quedaron pendentes pola folga. Polo que a través de horas extraordinarias os folguistas poderían recuperar a

parte do salario descontado neste tempo. Ademais, a Xunta comprometíase a prorratear ao longo deste ano as cantidades pendentes de desconto. Pero CIG, STEJ e CUT non estiveron de acordo e reclamaron unha mellora na oferta económica. Polo que a Xunta deu por rematada a reunión ao sentirse “traicionada”. O vicepresidente, Alfonso Rueda, manifestou a súa “indignación” e explicou que o preacordo foi “torpedeado incomprensiblemente” pola que se considera o ala máis radical do comité. Tras estas discrepancias, Rueda detallou as esixencias dos voceiros sindicais, como que o Goberno galego abone “sen máis, un 10% do poder adquisitivo perdido durante a folga”, ou que os plans de recuperación do traballo se restrinxan “sen control” aos funcionarios que se sumaron á protesta. Pola súa banda, dende os sindicatos acusan a Vicepresidencia de negarse a negociar a contraoferta sindical, que, segundo din, só se distanciaba da da Xunta en 12 euros. Dimete o presidente do comité de folga O presidente do comité de folga dos funcionarios de Xustiza de Galicia, Manuel Tejada Vidal (SPJ-USO) vén de renunciar ao seu cargo por “motivos persoais”. Tejada explicou que o abandono da liberación sindical da que gozaba por parte do seu sindicato levouno a deixar tamén o comité. O seu sustituto será o seu compañeiro Carlos Dacal Insúa.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, nun acto xunto á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

Aprobado o proxecto de orzamento de 2018 4 Comeza o prazo de presentación de emendas polos partidos da oposición. Redacción

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, estase a encargar persoalmente das negociacións co comité de folga. Acampada Os sete sindicatos convocantes desta folga iniciaron o pasado luns 23 de abril unha acampada diante da sede administrativa da Xunta no barrio compostelán de San Caetano, co fin de demandar así que o Goberno galego retome as

negociacións, rotas trala reunión do 18 de abril. Pola súa banda, Alfonso Rueda condicionou a celebración dunha nova xuntanza a que o comité de folga acepte a última oferta da Xunta e deixe que a voten os traballadores.

4 CSIF propón a mediación O sindicato CSIF vén de dar un paso para lograr poñer fin definitivamente a esta folga indefinida dos funcionarios de Xustiza que se está a rexistrar en Galicia dende febreiro. O sindicato vén de proporlle ás demais organizacións que forman parte do comité (SPJ-USO, UGT, CC.OO., CIG, CUT e STAJ) e á Xunta poñer o conflito en mans dun mediador, que logre desblo-

quear esta situación. O candidato proposto é Agustín Azparren Lucas, maxistrado en excedencia, profesor universitario e expresidente en España do Grupo Europeo de Maxistrados pola Mediación (GEMME). CSIF comprometeuse a levar a resolución de Azparren ás asembleas de traballadores para que a voten, co fin de que esta sexa “a saída definitiva ao conflito”.

O proxecto de orzamento do Concello de Ourense para o exercicio 2018 foi aprobado na Xunta de Goberno extraordinaria celebrada este mércores 25 de abril. Unha vez recibido o informe que restaba para completar este documento, o emitido pola Intervención Municipal, o Goberno Municipal vén de aprobar o documento para continuar coa tramitación deste expediente. Así, nese mesmo día o expediente completo foi remitido aos grupos políticos para que presenten, se así o consideran, as súas emendas ao documento para poder continuar coa tramitación administrativa. Segundo o goberno popular “o informe emitido pola Intervención Municipal en ningún momento sinala, como sí fixera en exercicios económicos anteriores con outros orzamentos, causa algunha de nulidade, anulabilidade ou impugnación”. Así, dende o PP aseguran seguir traballando a prol de conseguir aprobar “uns orzamentos axeitados á realidade actual da cidade”, calificando estes como “os máis sociais da

historia de Ourense”, contemplando un incremento dun 21% nas partidas adicadas á area social, e por elo solicítalle o apoio aos grupos políticos para a súa aprobación en pleno no menor prazo posible. Oposición Tras darse a coñecer esta aprobación, dende a oposición non se fixeron agardar as primeiras valoracións. Dende Democracia Ourensana resaltaron que neste proxecto figure o aumento dun 5% do soldo do alcalde de Ourense. “Parécenos unha tomadura de pelo por dous motivos. Un polo improcedente, restando un ano de mandato, e outro porque ao comezo deste o propio alcalde fartouse de propagandear que se baixaba o soldo un 5%, cantidade que agora se sobe”. Pola súa banda, Ourense en Común denunciou que “Jesús Vázquez pretende agochar a vergoña de non ter aprobado uns orzamentos en tres anos levando agora a pleno un proxecto cun informe desfavorable do interventor municipal”. Esta formación destacou, entre outros aspectos, que este orzamento “vulnera a Lei de emprego público de Galicia, o principio de suficiencia orzamentaria e a Ordenanza xeral de subvencións”.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.