Barrios 151

Page 1

Premio “Celanova, casa dos Poetas” para a residencia San Carlos [Páx. 11]

TEMA

Páx.3 OURENSE

Licitado o primeiro tramo da variante norte: 1,7 km entre Eirasvedras e Quintela

Páx.4

Seguen á baixa os positivos de Covid19, con 323 casos activos na provincia

XINZO

Páx.6 CELANOVA

Alimagro recibiu máis de 5.000 visitantes e demostrou a súa razón de ser

Páx.11 ALLARIZ

A obra “Tangaraños”, de Tareixa Taboada, xa está na Fundación Curros Enríquez

Bloqueo á residencia de 3ª idade

Páx.12

O FIXA supera os 25.000 visitantes a mes e medio para o peche desta edición

Curso 21/22

[Páx. 2] O pleno vota en contra do cambio de uso do terreo da antiga estación. // O curso escolar comezou en Ourense cun descenso de matrículas en Infantil e Primaria.

Número: 151 - Ano: XIV - 16 de setembro de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

[Páx. 3]


2

Barrios 16 de setembro 2021

TEMA DA SEMANA

Os votos favorables non son suficientes para dar luz verde ao novo xeriátrico

4 A corporación quedouse a un voto de sacar adiante a iniciativa do cambio de uso do terreo na antiga estación de autobuses. R.T. O pleno extraordinario do Concello de Ourense tampouco serviu para desbloquear o cambio de uso da antiga estación de autobuses para a creación dunha residencia da terceira idade, na que a Fundación Amancio Ortega investirá 12 millóns de euros que creará ao redor de 100 postos de traballo e 120 prazas para usuarios. A proposta prevé o cambio de uso da parcela emprazada na estrada de Vigo, 1B, antigamente destinada a estación de autobuses de Ourense, coa finalidade de que pase a ter os usos de sistema xeral de equipamento asistencial, onde se construirá unha residencia para persoas maiores por parte da Fundación Amancio Ortega, sistema local de equipamento deportivo e sistema local de zonas de esparexemento e parques. Con esta, é a segunda vez que o grupo de Goberno tenta darlle luz verde a un proxecto, como é o da contrucción dun xeriátrico na cidade, que vai para adiante nas outra seis cidades galegas (devandita fundación comprometeuse a crear sete residencas da terceira idade nas sete cidades galegas). O primeiro intento foi no pleno deste mes. DO e PP lograron o apoio de Pepe Araújo (C´s) e do non adscrito, Laureano Bermejo; non así o do resto da corporación (PSOE, BNG e os non adscritos ex de DO). E nesta segunda tentativa poderíse dicir que a proposta “rozou o pau”, pero tampouco saiu adiante. Nesta ocasión parecía

Pérez Jácome e Ojea no pleno extrordinario de setembro. /RAMSÉS. que si se lograrían os 14 votos necesarios, toda que vez todo facía indicar que os non adscritos de DO (tres deles por que Manuel Álvarez non acudiría ao pleno ao estar ingresado) votarían a favor. Ata o propio Jesús Vázquez (quen renunciou á súa acta de concelleiro -tema que se trataría no segundo e ultimo punto do orde do día-) acudía para sumar apoios a unha iniciativa que necesitaba de todos os apoios necesarios. Porén a ausencia das dúas non adscritas de DO (María Dibuja e Maite Garrido) fixo presaxiar, ao inicio da sesión o que finalmente certificaríase: que non saería adiante a moción. Ao final logrouse 13 votos a favor. Nesta ocasión Democracia Ourensana e Partido Popular, lograron atraer á causa -ademais de a Pepe Araújo e Laureano Bermejo, que xa votaran a favor anteriormente- o si do non adscrito de DO, Miguel Caride. Pola súa banda, Partido Socialista e

O alcalde de Ourense xa anunciou que volverá presentar á aprobación do próximo pleno o cambio de uso da parcela da estación de autobuses

Outro punto do pleno foi a renuncia de Jesús Vázque como concelleiro Bloque Nacionalista abstivéronse, polo que haberá que agardar a un terceiro “asalto” -no pleno do mes de outubro-, para saber si, finalmente sae adiante ou se pola contra segue bloqueado o asunto. Argumentos Durante o turno da palabra para expoñer as posicións de cada un dos grupo representados no Pleno do Concello de Ourense -que novamente se celebrou no Auditorio-, o BNG (na voz do seu partavoz, Luis Seara) argumentou a abstención do se grupo aludindo as nulas “garantías xurídicas” que presenta o proxecto. Seara deixou claro que non se opoñen á construción da residencia, pero si á ubicación que propón o Goberno local, “este non é o noso modelo”, aseguraba. Ademais, desde o Bloque reclaman unha reunión entre todas as partes afectadas “que non se convocou” denunciou o portavoz. Pola súa banda, Natalia

González (PSOE) tamén incidiu en que Ourense terá no futuro esta residencia, pero o seu grupo mantén que a antiga estación de autobuses non é o “lugar idóneao nin as formas de saír adiante este proxecto”. González advertiu dun posible “dereito de reversión dos terreos por parte dos antigos propietarios”. A viceportavoz socialista recordou a primeira ubicación da que se falara para a residencia no Camiño Real en Cudeiro, pero que agora queren cambiala para a antiga estación por que había que “empurrar o pendello da intermodal e poñer algo que non “rascara””, nesa zona que queda sen utilidade. O non adscrito, Miguel Caride, explicou o seu cambio de voto a que “é mellor que vaia a residencia alí antes de que crezan silveiras no solar”, a pesar de que tampouco lle parece o sitio ideal para ese centro da terceira idade.

DO, PP e C´s afearon a ausencia das non adscritas, Dibuja e Garrido, no pleno de setembro

O outro non adscrito que tomou a palabra (Laureno Bermejo) seguiu a favor da iniciativa como no pleno anterior e arremeteu contra PSOE e BNG preguntándose como podían saír á rúa votando en contra desta iniciativa. Sonia Ogando, en representación dos populares tamén cargou contra os dous grupos que votaron en contra e recordou que o que ían votar era un “simple cambio administrativo”. Sobre a posible contrución no Vinteún, que recordou o BNG, Ogando asegurou que a fundación non o vían como “idóneo” o lugar. Quen tampouco perdeu a ocasión de pronunciarse foi o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. O rexedor foi moi crítico coa oposición sobre a negativa do cambio de uso do terreo. “Para PSOE e BNG, canto peor para Ourense, mellor para eles”. Tampouco se esqueceu das dúas ausencias das non adscritas Dibuja e Garrido a quenes tachou

de irresponsables pola súa ausencia nun pleno de tanta importancia. Nova tentativa O alcalde de Ourense xa anuncio que volverá presentar á aprobación do próximo pleno o cambio de uso da parcela da estación de autobuses, dadas as ausencias na sesión extraordinaria. O rexedor explica que presentará a proposta de novo, ante o pleno do ordinario do mes de outubro, dadas as ausencias dos concelleiros que se produciron nesta última sesión. Jesús Vázquez O outro punto da orde do día era a renuncia de Jesús Vázquez como concelleiro do Concello de Ourense. Xusto antes de que se abordara ese tema, o propio Vázquez abandoaba a sala. Agora falta saber quen será o seu substituto; por orde na lista electoral sería José Cudeiro, pero o interesado aínda non se pronunciou de forma definitiva.

PSOE e BNG aseguran que a residencia sairá adiante, pero consideran que a antiga estación de autobuses non é o lugar axeitado

Jesús Vázquez, no último pleno ao que acudiu como concelleiro do Concello de Ourense. /RAMSÉS.


TEMA DA SEMANA

Barrios 16 de setembro 2021

Licitado o primeiro tramo da variante norte de Ourense 4 Supón 1,7 quilómetros entre Eirasvedras e Quintela. Redacción O Goberno central vén de licitar por 28,8 millóns o primeiro tramo da variante norte de Ourense. Unha vella demanda ourensá que da un primeiro paso despois dunhas dúas décadas de petición desta infraestrutura. Este primeiro tramo supón 1,7 quilómetros entre Eirasvedra e Quintela. O trazado deste primeiro tramo do variante norte de Ourense ten a súa orixe na contorna da actual ligazón de Eirasvedras da autovía das Rías Baixas (A-52), onde actualmente existen dúas calzadas separadas de dous carrís por sentido na N-120, enmarcándose nunha contorna periurbano. O tramo inclúe un viaduto sobre a N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos-Vigo (viaduto de Quintela), unha nova pon-

te sobre o río do Porto e dous pasos inferiores, un baixo o tronco e outro baixo un dos ramais da ligazón de Quintela, que permitirá o cruzamento deste ramal sobre o ferrocarril Monforte de Lemos-Vigo. Valoracións Tralo anuncio non se fixeron esperar as valoracións. O PSOE de Ourense celebrou a decisión do Goberno de Pedro Sánchez, e criticaba as faltas de inversións para a provincia cando gobernaban os populares. Pola súa banda, desde o PP, tamén mostraban a súa ledicia pola nova, pero esixían que estivera publicado no BOE nas vindeiras semanas; ademais recordou que xa debía estar licitado en 2019. Tamén recordaron que o segundo tramo debe saír a licitación.

Plano por onde irá a variante norte.

Escolares de Carmelitas no patio do colexio. /M.REJO.

Segundo curso en tempos de pandemia 4 A provincia perde alumnos en Infantil e Primaria. R. Torres Comeza un novo curso -o segundo co coronavirus coma convidado- e o fai con 536 alumnos menos con respecto ao ano pasado en Infantil e Primaria (pasando dos 18.357 no curso 2020/21 aos 17.821 alumnos do 2021/22). A pesar do descenso de escolarizados, Xinzo de Limia conta con 22 alumnos máis co ano pasado (792 en total); no CEIP Rosalía de Castro

son 14 matrículas máis, mentres que no CEIP Carlos Casares ascenderon en oito máis. Covid19 En canto ao coronavirus, dúas son as diferenzas con respecto ao ano pasado no tocante ao protocolo. Unha das novidades é a de que se poderán xuntar -sempre ao criterio do colexio, o espazo e a evolución da incidenciadiferentes grupos do mesmo curso; a outra novidade pasa por unha maior

liberdade á hora de compartir xogos e obxectos. Obras Como cada verán, a

3

Xunta aproveita este período para realizar obras en distintos centros da provincia; pero tamén, algunha delas levase a cabo durante o curso escolar debido á magnitude das mesmas. Deste xeito, anunciouse a licitación das obras de rehabilitación integral do IES As Lagoas no que se investirá case 1,3 millóns de euros; unha das actuacións previstas, ao igual cas que se van desenvolver no CEIP Mariñamansa, no CPI Plurilingüe José García García ou no IES Blanco Amor, e que recentemente a Xunta vén de anunciar a súa licitación. Estas obras que se están licitando antes de fin de ano supoñen un investimento por parte da Xunta de 7,9 millóns. En total, o ente autonómico actuará en preto de 100 centros escolares entre ao longo deste ano.

Mentres a provincia perde 536 alumnos, Xinzo gaña 22 escolares

O delegado da Xunta, Gabriel Alén, no CEIP Virxe de Covadonga no inicio do curso escolar.


4

Barrios 16 de setembro 2021

OURENSE

Seguen á baixa os positivos pola Covid19 4 A pesar dun lixeiro repunte nos contaxios. Redacción A cifra de enfermos pola Covid19 sitúase -según os últimos datos facilitados pola Xunta- en 323 en toda a provincia. A pesar dun lixeiro repunte nos contaxios (17 nun día), as 45 altas nas últimas 24 horas fixo que descendan os positivos. No que se refire á capital, o número de positivos baixa aos 132, que son tres menos que na xornada anterior; pouco a pouco a cifra vai baixando aos 100 casos, cifra que non ve a cidade desde o 24 de xuño. En canto ao número de hospitalizados a cifra sitúase nos 13 pacientes, e seis nos que están en coidados intensivos (todos eles no CHUO) Os hospitais de Verín e do Barco non contan con ningún ingreso por coronavirus. Restricións "Deben caer -coa incidencia actual- as limitacións que existían". Así se expresaba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, sobre a circulación en vía pública ou as reunións de non convivintes. Núñez Feijoo declarou que a hostalaría ampliará o número de clientes por

mesa, xuntándose ata oito persoas en interiores e 15 en exteriores (ata agora o límite era de seis e 10, respectivamente). Sobre a circulación en vía pública ou a reunión de non convivintes, o presidente autonómico asegurou que a medida xa "non ten moito sentido". Tamén anunciou que está en "pleno estudio" un horario de hostalería, ocio nocturno e o novo protocolo para o outono (momento de risco para os contaxios), que agarda telo rematado a principios de outubro. O Tribunal Supremo vén de avalar a esixencia do pasaporte covid para acceder a locales de ocio e restauración en Galicia, despois de que tumbara a medida -acordada pola Xuntao Tribunal Superior de Xustiza. Consideran que é a mellor maneira para salvagardar a vida e a saúde dos cidadáns nestes locais.

A provincia conta con 323 positivos por Covid19, 132 na capital

Adolescente vacinándose contra a Covid19.

Oito millóns para os parques infantís 4 O concello licitará unha zona de terrazas no Ribeiriño. Redacción O Concello de Ourense investirá 8 millóns de euros nun Plan de mellora e dinamización de parques infantís. O plan modernizará 70 parques infantís da cidade coa instalación de máis de 500 novos xogos. Entre as novidades contémplase a creación dos primeiros parques

infantís cubertos na cidade de Ourense. Devandito plan conta con tres fases: a primeira fase afectará a 19 parques situados nos distintos barrios da cidade e mobilizará 1,1 millóns de euros. A segunda fase, dun millón de euros, mellorará 20 parques máis da cidade de Ourense. E a terceira fase prevé un período

O Plan de mellora e dinamización dos parques infantís constará de tres fases.

de execución non máis aló da segunda parte do ano 2022, e neste caso o investimento superará os 1,5 millóns de euros, actuando noutros 27 parques infantís máis da cidade. Terraza Por outra banda, o concello licitará unha zona de terrazas de hostalaría con vistas ao río Miño, no tramo comprendido entre a Ponte Vella e do Milenio, para dinamizar a zona do Ribeiriño. O obxectivo desta iniciativa é incorporar unha nova oferta de lecer para a cidadanía e visitantes da cidade ao tempo que xerar unha actividade económica no sector da hostalaría e crear un polo de atracción nesta zona da cidade. A intención do goberno municipal é licitar este espazo para que empresas ou persoas autónomas podan presentar as súas ofertas e facerse cargo da xestión do novo espazo de actividade hostaleira.

O plan modernizará 70 parques infantís da cidade

EN BREVE 4 Termatalia Expourense acolle, do 15 ao 17 de setembro o 2º Congreso Internacional sobre Auga e Saúde, ademais do 4º Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida.

4 Centros Cívicos O Concello iniciará o día 1 de outubro a programación de actividades infantís que organiza nos centros cívicos municipais. As familias interesadas poderán solicitar praza a través da páxina web da www.sscociaiscursos.com.

4 Libros A campaña de Fomento da Lectura 2021 do Concello de Ourense rematou cun éxito absoluto. Regalou un libro de libre elección, de ata 20 euros a todos os e as escolares do termo municipal. A campaña chegou a 9.407 ourensáns e ourensás, que retiraron outros tantos exemplares nas librarías da cidade, superando nun 11% as unidades de libros que foron o ano anterior (8.470 en 2020). A asociación de libreiros aplaudiu a iniciativa dun xeito unánime.


SOCIEDADE

Barrios 16 de setembro 2021

5

4 Plan de seguridade viaria 20212025: “Visión 0”

O uso da marxe estrada por parte de peóns é moi habitual en Galicia

Unha campaña advirte da fraxilidade das persoas na estrada 4 A Xunta traballa nun novo plan de seguridade viaria Redacción Avanzar en cero vítimas nas estradas. No marco deste obxectivo a Xunta puxo en marcha unha campaña de concienciación en seguridade viaria que ten como obxectivo lembrarlles tanto aos peóns como aos condutores que “na estrada somos pezas fráxi-

En 2011 o número de falecidos nas estras era de 144 contabilizándo en 90 no ano 2019

les”, e que dá continuidade a outras previas, centradas en usuarios vulnerables, como os ciclistas, ou na alerta sobre os riscos das distraccións ao volante. Na presentación desta campaña, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, situouna como o “pistoletazo de saída” para a elaboración do novo Plan de seguridade viaria de Galicia 2021-2025, convidando aos diferentes axentes sociais e institucionais a participar activamente na súa elaboración para avanzar no obxectivo final das cero vítimas nas estradas. A conselleira estivo

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na presentación da campaña de concienciación en seguridade viaria

acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez; a delegada de STOP Accidentes en Galicia, Jeanne Picard; o presidente de Sargadelos, Segismundo García, ademais dos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; en Lugo, Javier Arias; e en Ourense, Gabriel Alén, ademais de representantes de diferentes institucións e colectivos relacionados coa seguridade viaria. Destacar que devandita campaña emprega como reclamo figuras con estética de Sargadelos. Cabe recordar que en 2011 o número de falecidos nas estras era de 144 contabilizándo en 90 no ano 2019. Para a conselleira estas cifras continúan a ser inasumibles porque cada vítima nas estradas “é un drama” e por iso o novo Plan de seguridade viaria ten como lema “Visión cero’, en referencia á eliminación total dos mortos en accidentes, un obxectivo que, dixo, require da implicación de todos (administracións e sociedade). Nese sentido, Ethel Vázquez puxo en valor o esforzo que realiza a Xunta por reforzar a seguridade viaria nas estradas autonómicas, apuntando a necesidade de contar coa

implicación da sociedade no seu conxunto e a nivel individual “para acabar coa lacra dos accidentes de tráfico”. A primeira fase desta campaña tivo lugar a finais de xullo e principios de agosto e centrou a súa atención nos peóns, lembrándolles a necesidade de empregar prendas reflectoras, de camiñar pola esquerda da estrada sempre que non exista senda ou beirarrúa, ou de escoller o lugar máis seguro para cruzar. Co lema “Mirar por min é mirar por todos”, a campaña lembra que, ademais de protexerse do virus, os cidadáns deben previr o risco de accidentes, adoptando unha serie de medidas que supoñen coidar dun mesmo, pero tamén do resto de usuarios da estrada. A campaña retomarase en outubro poñendo o foco nos condutores, que co cambio de estación deben adaptar a súa circulación ás condicións climatolóxicas e asegurarse de que o vehículo se atopa no estado axeitado.

A campaña retomarase en outubro poñendo o foco nos condutores

Rematado o período de vixencia do actual Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, a Axencia Galega de Infraestruturas comeza a elaborar un novo Plan de Seguridade Viaria 2021-2015. Enmárcarase nas estratexias actuais de carácter nacional e internacional de seguridade viaria e na aplicación dos principios de Visión Cero para a redución de vítimas e falecidos por accidentes nas estradas galegas. O lema que informa o plan é o da “Visión cero”, é dicir, que o horizonte buscado coas medidas que desenvolverá o Plan é o da redución ao mínimo posible das vítimas en accidentes de tráfico nas estradas galegas, de modo que nos aproximemos a un obxectivo final de cero vítimas de accidentes de tráfico. Elaborarase un documento inicial no se que se recompile, sistematice e analice información como a evolución histórica da sinistralidade viaria en Galicia, a análise e resultados dos anteriores Plans de seguridade viaria galegos, o contexto mundial, europeo e nacional ou mesmo a normativa de aplicación. A continuación, elabo-

rarase un documento de diagnose en relación coa seguridade viaria en Galicia e a formulación dos seus obxectivos, liñas de actuación e actividades e, a partir de aí, o borrador do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2021-2025. No proceso de elaboración do Plan prestarase especial atención á participación da sociedade. Así, o documento de bases será discutido cos axentes sociais e institucionais e o borrador do Plan someterase a consulta e participación pública. Tras o proceso de consulta e participación pública, elaborarase a versión final do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2021-2025. Entre as medidas levadas a cabo pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nos últimos anos dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 están entre outras: o reparto de 33.000 prendas reflectantes para peóns e para ciclistas; cursos gratuítos de condución segura para 800 motoristas; ou campaña de sensibilización, dirixida a nenos de educación primaria, baixo o lema “O corazón está do teu lado”.

Actividade escolar sobre seguridade viaria


6

Barrios 16 de setembro 2021

XINZO E COMARCA

O Camiño, contra a violencia machista

Proxectos do Estado Redacción O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones (acompañado polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama), visitou Xinzo onde numerou todas as actuacións que se levarán a cabo na Limia baixo o paraugas do Estado. Entre os proxectos está o Programa de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración (PEBA-NGA), do que se beneficiarán 15 entidades no rural do concello de Xinzo; ou sete proxectos propostos polo Executivo Local que viron luz verde e que permitirán substituir 4.610 luminarias tradicionais por luces LED (cun investimento de preto de 1,5 millón). Ademais, José Miñones destacou que 28 millóns de euros irán a sufragar a limpeza das canles da Limia e a mellora da eficiencia e da sustentabilidade dos regadíos da comarca. Tamén repasou os proxectos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no Concello, que suman nestes momentos investimentos por 1,24 millóns de euros. Estes proxectos asegurarán a protección das estruturas relacionadas coa auga na contorna do mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras e recuperar a conectividade ecolóxica do río Faramontaos coa retirada da presa de Gudín. Por último, salientou a inversión de máis de 480.000 euros por parte da CHMS na Limia para a limpeza e conservación en máis de 60 quilómetros de cauces durante o período 2019-2020.

José Miñones -no centroen Xinzo de Limia.

4 Preséntase en Xinzo a campaña “No Caminas Sola". Redacción

O Subdelegado do Goberno, Emilio González; a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o concelleiro do Medio Rural, Amador Díaz; e o delegado da Xunta, Gabriel Alén, na inauguración de Alimagro.

Alimagro demostrou a súa razón de ser en Xinzo 4 Recibiu máis de 5.000 visitantes. R.T.

de maquinaria.

A Feira da Pataca e Maquinaria Agrícola de Xinzo demostrou este ano a súa razón de ser en Xinzo de Limia. Alimagro recibiu máis de 5.000 visitantes e fomentou a venda a profesionais. E iso que con esta foron dúas as edición realizadas ata o momento, xa que a pandemia provocada pola Covid19 obrgou a pospoñela en 2020. Este ano, e para convertela nun referente do norte de España e consolidala dentro da programación de eventos de relevancia para o sector, o Goberno local decidiu unir as dúas citas (a da pataca e a da maquinaria agrícola) nunha. Os visitantes tiveron unha grande variedade de produtos nos 30 expositores do recinto –dende produtores, almacenistas ata seguros agrícolas– o que favoreceu ao incremento das visitas. Ademais, conseguíronse pechar importantes vendas

Valoracións A alcaldesa, Elvira Lama, valorou moi positivamente a feira e expresou o compromiso do Concello para a súa continuidade. “A produción agrícola da Limia é un piar fundamental do tecido produtivo e ten que ser economicamente rentable e sustentable co medio ambiente. Vivir no rural e do campo é posible si contamos cos investimentos necesarios, añadiu. O concelleiro do Medio Rural de Xinzo de Limia, Amador Díaz, pola súa banda, mostrouse tamén máis que satisfeito co desenvolvemento da Feira da Pataca e Maquinaria Agrícola e destacou o número de visitantes que "comprobaron de primeira man o seu potencial". Ademais, falou do obxectivo da mesma, que no era outro que "poñer en valor a pata-

Amador Díaz, concelleiro do Medio Rural: “Iremos a por unha terceira edición”

Un dos expositores da feira.

ca e aos profesionais do sector e conseguímolo. Iremos a por unha terceira edición”. Tres días Durante os tres días da feira sucedéronse as degustacións gastronómicas que, como non podía ser doutro xeito, tiveron a pataca como produto estrela. Onte, o chef ourensano Carlos Parra ofreceu un obradoiro gastronómico que espertou gran interese entre os asistentes. No último día de Alimagro tamén se quixo render homenaxe a un sector que leva décadas facendo da Limia un referente. Dúas vacas rubias percorreron as instalacións e rememoraron o xeito no que hai anos se traballaba no campo. A Banda de Gaitas de Xinzo pechou unha programación que deixou o listón ben alto de cara a próximas edicións.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presentou en Xinzo de Limia a campaña “No Caminas Sola: Camino de Santiago Libre de Violencias Machistas”. No acto estivo acompañado de acompañado pola alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama; o tenente coronel da Comandancia da Garda Civil de Ourense, Indalecio Linares; o presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Santiago Leyes; e a xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, Alida Iglesias. Emilio González, informou de que 69 puntos do Camiño de Santiago na provincia contarán con recursos para previr calquera tipo de violencia contra as peregrinas a través da campaña #NoCaminasSola. Trátase dunha iniciativa conxunta das Unidades contra a Violencia de Xénero das Delegacións do Goberno de Galicia, Castela e León, A Rioxa, Navarra e Aragón, comunidades autónomas polas que discorre a Ruta Xacobea, e está dirixida a reforzar a protección das mulleres que fan o Camiño de Santiago. A campaña A campaña apóiase en facilitar o acceso a todos os recursos dispoñibles nestes casos e en sensibilizar, previr e denunciar as violencias que sofren as mulleres. Para iso, creouse un material específico que se distri-

buirá nos principais puntos de referencia para as peregrinas. Así, en Ourense repártese en 41 farmacias, 12 albergues, 9 postos da Garda Civil, na Comisaría Provincial da Policía Nacional e en 6 dependencias das policías locais dos concellos polos que transcorre o camiño. As tarxetas e carteis inclúen información de urxencias, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e do teléfono de atención a todas as formas de violencia contra as mulleres (016), así como da aplicación AlertCops para comunicar en tempo real calquera alerta con envío de localización. Ademais, un código QR enlazará cunha web de recursos do Executivo para atender calquera necesidade a través da Delegación do Goberno. “Trátase dunha iniciativa máis para loitar contra a violencia de xénero e pola igualdade, un recurso a disposición das mulleres para reforzar a súa seguridade no Camiño de Santiago”, indicou Emilio González. O subdelegado do Goberno explicou que “os datos falan dun aumento significativo de mulleres que peregrinan a Santiago, que, a día de hoxe, representan máis do 50% das persoas que fan o Camiño”.

Creouse un material específico que se distribuirá nos principais puntos de referencia para as peregrinas

Presentación da campaña en Xinzo.


ECONOMÍA

Barrios 16 de setembro 2021 de maneira favorable por unha contía superior a 1,4 millóns de euros. O obxectivo é que o sector do comercio, as pequenas e medianas empresas e os autónomos poidan incorporar as novas tecnoloxías para reforzar a súa actividade no actual contexto económico, prestando especial atención ao tecido empresarial situado no ámbito rural, á economía social e ao fomento do teletraballo.

Con estas axudas pequenas e medianas empresas e os autónomos poderám incorporar as novas tecnoloxías para reforzar a súa actividade.

Axuda para impulsar procesos de dixitalización de pemes e autónomos galegos 4 A Xunta ten aberta a liña de apoios do Cheque dixital. Redacción A Xunta de Galicia mantén o seu compromiso con autónomos e pemes galegas a través da promoción da súa transformación tecnolóxica e dixital. Así, o Goberno Galego ten aberto ata o próximo 30 de setembro unha

nova edición do programa Cheque Dixital. Trátase dunha iniciativa que se repite tras a boa acollida do ano pasado con motivo da pandemia da covid-19, e que pretende axudar a 1.000 pemes e autónomos galegos na mellora da súa competitividade a través do fomento de distintos

O Cheque Dixital pretende axudar a 1.000 pemes e autónomos galegos na mellora da súa competitividade.

proxectos vinculados ao eido da dixitalización. Reactivación Estes cheques teñen como obxectivo prioritario a reactivación do tecido empresarial galego a través da transformación tecnolóxica e do impulso aos procesos de dixitalización, apoiando proxectos que promovan a súa adaptación á situación creada pola pandemia sanitaria. Unha transformación que debe chegar a todo o tecido empresarial -desde as grandes ás pequenas empresas- e a todo o territorio, especialmente ao ámbito rural. Desta volta, a liña suma un orzamento de 4 millóns de euros -cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder)-, cubrindo desde a habilitación de sistemas de control de aforo ou de normas de calidade da covid-19, ata outro tipo de melloras como a aposta por mecanismos de cartelería electrónica, sis-

temas de notificación en móbil, automatización de procesos regulados, ou a aplicación de solucións de conectividade e incorporación do teletraballo ou relativas á ciberseguridade. Das solicitudes presentadas até agora (superando as 1.600 peticións a finais de agosto), máis de 300 xa foron resoltas

Beneficiarios As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva. Poderán aspirar a estes apoios as pequenas empresas e os autónomos do sector servizos, as entidades do tecido asociativo e empresarial galego, e as entidades da economía social que sexan pemes e non estean nos sectores da pesca/acuicultura ou produción primaria. Os gastos realizados deberán ascender a un mínimo de 1.500 euros, chegando a un máximo de 12.000 euros, e cubrindo a liña ata o 80% do custo dos proxectos, coa posibilidade de obter un anticipo da metade do orzamento. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro. Novo paso Deste xeito, o ente autonómico dá un novo paso na súa aposta pola dixitalización do tecido empresarial, que se manifesta nos diferentes programas im-

7

pulsados, como as axudas e talleres á dixitalización Industria 4.0 (7,4 millóns de euros) ou o Galicia Exporta Dixital (6 millóns de euros) e que tan boa acollida tiveron. Neste sentido, e no marco do Pacto pola Dixitalización que está a promover o Goberno galego, o ano pasado mobilizáronse preto de 36 millóns de euros entre o tecido empresarial da Comunidade na procura de facer da transformación dixital unha parte moi importante da cultura empresarial galega. Plan de reactivación económica Esta liña de apoios forma parte do Plan de reactivación económica que ten en marcha o Goberno galego. O obxectivo é facilitar a recuperación do tecido produtivo e que poida incrementar a súa competitividade, adaptándose ao novo contexto económico derivado da covid-19.

As axudas poden solicitarse ata o próximo 30 de setembro Os gastos realizados oscilarán entre 1.500 e 12.000 euros, cubrindo este programa ata o 80% do custo dos proxectos

Poderán aspirar a estes apoios as pequenas empresas e os autónomos do sector servizos, as entidades do tecido asociativo e empresarial galego, e as entidades da economía social que sexan pemes e non estean nos sectores da pesca/acuicultura ou produción primaria.


8

Barrios 16 de setembro 2021

XINZO E COMARCA

CDR O Viso Redacción

Alén e Lama no parque empresarial de Xinzo.

Máis seguridade no parque empresarial 4 Xunta e Concello instalarán 12 cámaras de vixilancia. Redacción O Concello de Xinzo de Limia e a Xunta de Galicia cofinancian (9.170 euros aportaraos o concello e 36.700, a Xunta) a instalación de 12 cámaras de vixilancia con visión nocturna para mellorar a seguridade do parque empresarial, cumpindo así unha vella demanda dos empresarios do polígono industrial. Esta medida a deron a coñecer na visita ao parque que realizaron a rexedora, Elvira Lama, e o delegado territorial da Administración auronómica, Gabriel Alén, acompañados polo presidente da Asociación de Empresarios, José Manuel Gómez. Cómpre destacar que a ducia de cámaras que se instalarán en seis mastros de seis metros de altura (con 2 cámaras en cada mastro) están deseñadas para o recoñecemento de matrículas, conectadas todas elas a un equipo conmutador en rede, xestionado por un servidor con software específico de control, que posibilita a visión en tempo real de cada unha das cámaras, así como o almacenamento das imaxes e envío de alarmas. A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, asegurou que con este novidoso sistema de vixilancia preténdese "paliar as carencias

en materia de seguridade no polígono”. Pola súa banda, Gabriel Alén subliñou a relevancia desta actuación, “unha axuda importante para mellorar a competitividade do parque empresarial, que ten moito potencial ao estar ao lado da autovía”. O delegado territorial da Xunta de Galicia tamén recordou que están a piques de licitarse as obras de urbanización da ampliación do parque empresarial, nas que se investirán 3,6 millóns de euros. Despois destes traballos, o polígono contará cunha superficie total de 118.695 m2, dos que 86.521 m2 se corresponden ás 23 parcelas de uso industrial e comercial nas que quedarán dividida esta área empresarial. Panel informativo Un novo panel informativo emprazado na entrada do parque empresarial, proporciona datos sobre as empresas que se reparten polas súas rúas. O panel foi instalado polo Concello de Xinzo a petición dos empresarios

As cámaras están deseñadas para o recoñecemento de matrículas

O Centro de Desenvolvemento Rural do Viso celebrou o pasado 31 de agosto o Día Internacional da Solidariedade en honra ó movemento social polaco Solidariedade, dando por concluído o programa Concilia de Verán 2021. Para os participantes foron dous meses de emocións, aventuras, novas aprendizaxes, reencontros que chegaron ao seu fin co último día de agosto. Durante este verán, os participantes aprenderon sobre a agricultura ecolóxica da man de Pili

e Eloi. Tamén da man de Darío, Rosa e Paco de Lodoselo explicaron todas as tarefas que realizan cada día no Ribeiriño, a súa granxa de vacas leiteiras. Concilia Mención especial para os maiores tanto da vivenda comunitaria “A túa outra casa” como os que acoden ao Centro de Inclusión, xa que sen dúbida foron claros protagonistas durante o Concilia. As crianzas do Concilia Verán dende o primeiro momento crearon fortes vínculos coas nosas persoas maiores; proba disto é o Manuel preguntando polo seu amigo Miguel; o Inocencio abraiado ante o cariño

que recibía tódalas mañás; a Asunción preguntando pola súa nena (Ariadna)... e unha morea de momentos que van quedar gravados na memoria tanto duns como dos outros. O que non arde O CDR O Viso participará nas Xornadas de Silvopastoreo e Desenvolvemento Rural do 17 ó 19 de setembro que se

celebrarán na Casa Quindós, o centro de desenvolvemento rural promovido polo cineasta Oliver Laxe en Vilela (Lugo). As xornadas inclúen relatorios e mesas redondas centradas en prestar apoio e transferir coñecemento a persoas con proxectos a desenrolar no rural, aproveitando a gran potencialidade produtiva coa que conta este país.

Participantes do Concilia Verán 2021 do CDR.


SOCIEDADE

Barrios 16 de setembro 2021

9

O convenio de protección das aldeas chega a preto do 70% de parcelas e superficie xestionada 4 Son 270 os concellos adheridos e a 232 deles xa se lles enviou o plan de prevención. Redacción En 2018 entraba en vigor o convenio de protección das aldeas asinado entre a Consellería do Medio Rural, a Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) e a empresa pública Seaga. Desde entón, a porcentaxe tanto de parcelas como de superficie xestionada nas franxas secundarias -as máis próximas ás vivendas- das parroquias priorizadas pasou de representar a metade do total en 2019 a situarse preto do 70% neste ano 2021. Isto fala do bo funcionamento do convenio, que é resultado, entre outras cousas, dos traballos da comisión parlamentaria creada tras os incendios de 2017, dando así cumprimento a un mandato da Cámara galega. Comprobación de parcelas Precisamente ao abeiro deste acordo, a Xunta vén de finalizar os traballos de comprobación de preto de 180.000 parcelas de parroquias priorizadas, onde os titulares poden executar a limpeza pola súa conta ou contratala directamente a Seaga por un prezo vantaxoso de 350 euros por hectárea limpa. Nesa inspección, constatouse o incremento no grao de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa para a prevención de incendios forestais, acadándose as tres de cada catro parcelas xestionadas. Mentres, a uns 65.000 titulares notificaráselles para que procedan á limpeza advertíndolles que, de non facela, cada concello procederá subsidiariamente e logo lles trasladará o custo correspondente. Xa están advertidos uns

unha decena de batelumes e outros utensilios como serradoiros e tesoiras cortarramas.

Operarios realizando labores de desbroce. 8.000 propietarios e persoas xurídicas dos 81 concellos priorizados mentres uns 31.500 son ilocalizables, polo que se publicarán as notificacións no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial do Estado (BOE). Tras a revisión das parroquias priorizadas, a Xunta procederá este ano á revisión das parroquias non priorizadas nos 81 concellos priorizados. Así, contratáronse un total de 30 capataces que se están a encargar da supervisión do estado de xestión da biomasa, sumados a outras 15 persoas que xa viñan traballando no territorio das parroquias priorizadas. Nesta revisión estasense a inspeccionar os concellos de Porto do Son, Guitiriz, Cualedro, Oímbra, A Gudiña, Verín, Sandiás, Boborás, Arbo e Mondariz. Convenio Ademais das accións nas faixas secundarias, o acordo contempla a xestión da biomasa en vías

de titularidade municipal ata un máximo de 10 quilómetros por concello e ano, con cargo ao convenio, así como 10 hectáreas de execución subsidiaria, tamén por concello e ano. A maiores, está incluída a posta en marcha de iniciativas estratéxicas, é dicir, de proxectos de mobilización de terras en faixas secundarias que se consi-

deren de especial transcendencia, así como de aldeas modelo para recuperar parcelas arredor de núcleos de poboación. Nesa dirección, hai xa 44 figuras deste tipo en diferentes etapas ou fases de execución e 14 declaradas en toda Galicia. Outra actuación vén dada polo reforzo a actuacións preventivas mecanizadas nos concellos

Os tractores fan traballos de roza.

adheridos, que permitirá acadar unha superficie de actuación en áreas cortalume próxima ás 1.500 ha. Tamén se traballa no marco das iniciativas veciñais para o cumprimento das medidas preventivas nas faixas secundarias, como a que supuxo a entrega á Asociación medioambiental “Axuge” de Lobios de media ducia de motoserras,

Asistencia técnica No que atinxe á asistencia técnica aos concellos, a Xunta segue apoiando aos consistorios para a tramitación dos seus plans de prevención e defensa contra incendios, chegando xa aos 232 plans enviados a outros tantos municipios. Deles, 130 xa están aprobados e 41 contan con informe favorable da Consellería e están pendentes da aprobación no Pleno dos concellos. No tocante ás ferramentas tecnolóxicas a disposición dos 270 concellos adheridos, o convenio contempla un visor de traballo que permite determinar e visualizar as parcelas afectadas por faixas secundarias e a aplicación Xesbío, para a xestión dos numerosos rexistros que xera o convenio.

Os titulares poden executar a limpeza -das parcelas- pola súa conta ou contratala directamente a Seaga por un prezo vantaxoso de 350 euros por hectárea limpa Os donos que non procedan á limpeza, o concello procederá subsidiariamente e logo trasladaralles o custo correspondente


10

Barrios 16 de setembro 2021

PROVINCIA

Obras no centro de saúde de Amoeiro

Ojea regresa á Xunta de Goberno da Deputación

4 Rehabilitarase a cuberta. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ata o concello de Amoeiro para reunirse co seu alcalde, José Luís González, onde trataron, entre outros temas, o comezo das obras do Centro de Saúde que consistirán na rehabilitación da súa cuberta, e ás que se destinará un orzamento de case 15.000 euros que será financiado a partes iguais pola Xunta e polos Goberno local ao tratarse dun edificio de titularidade municipal.

Ademais, trataron outros temas prioritarios para o seu concello como a concesión por parte da Consellería do Medio Rural de 34.234 euros dentro das axudas do Plan de mellora de camiños municipais e de acceso a parcela agrícolas, ou a mellora de abastecemento, saneamento e depuración na rúa Campo do Souto, na que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, investiu preto de 32.000 euros, dentro dos plans de emerxencia fronte á seca.

O delegado da Xunta, Gabriel Alén, e o alcalde de Amoeiro, Luis González (segundo e primeiro pola dereita), xunto a concelleiros, diante do centro de saúde.

Obradoiros de emprego Redacción A Xunta de Galicia financiará 28 obradoiros duais de emprego, que se desenvolverán en 82 municipios da provincia e suporán a contratación de 552 persoas, aos que destinará 9.671.709 euros. As persoas desempregadas que participen nestes programas, que desenvolven os concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal, poden acceder ao longo de 9 meses a unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade e a un contrato de traballo. Ademais, rematado o obradoiro, os alumnos e alumnas teñen a opción de tra-

ballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para acceder a estes obradoiros priorizaránse ás persoas que teñan especiais dificultades de inserción no mercado laboral como son, entre outros, as persoas emigrantes retornadas; as mulleres; as vítimas de violencia de xénero; as persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego; parados de longa duración; maiores de 45 anos; as persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, excepto para os certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 3 nos que se require unha maior formación; e persoas con discapacidade.

Redacción

Reunión de coordinación para controlar a entrada da uva foránea.

Controis contra a uva allea 4 Evitarase a entrada nas Denominacións de Orixe da provincia. Redacción Garda Civil e Policías Nacional e Autonómica realizarán operativos de vixilancia e control de vehículos para evitar entrada de uva allea ás Denominacións de Orixe da provincia. Así se acordou na reunión presidida, na Subdelegación do Goberno en Ourense, presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, representantes da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe da provincia. Na xuntanza, realizouse unha valoración

Volutarios de AECC Redacción Os voluntario da Asociación Española contra o Cancro voltan aos tres hospitais públicos de Ourense. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras ven de renovar o seu convenio de colaboración coa Asociación. Os voluntarios desenvolven unha labor social e de apoio aos pacientes oncolóxicos e ás súas familias, cunha presenza e actividade constante. O convenio ven de ser

positiva das actuacións realizadas durante a campaña do ano 2020 na que non se rexistraron incidencias salientables en canto ao uso fraudulento de uva foránea. O subdelegado do Goberno sinalou que “a coordinación entre as distintas Administracións e os Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe é fundamental para garantir o prestixio e a calidade dos viños das catro Denominacións de Orixe existentes na provincia”. Vixiancia Así mesmo, Emilio González informou de que, durante o transcurso da vendima, a Garda Civil, a Policía Nacional e a Policía Autonómica realizarán operativos de vixilancia nos territorios das distintas DO´s, así como de control de vehículos asinado entre o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial, e o presidente da xunta provincial da Asociación Española contra o Cancro, Germán Rodríguez-Saá, coa asistencia da coordinadora de voluntariado da asociación, Belén Pérez.

nas estradas nacionais e nas vías secundarias para evitar a introdución de uva e mosto foráneos. González Afonso avanzou que, como en campañas anteriores, farase especial fincapé na vixilancia nocturna. O propio Subdelegado agarda que esta coordinación da vixiancia continúen á baixa como ata o de agora nos casos de fraude.

Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica realizarán operativos de vixilancia nos territorios das distintas DO´s O convenio contempla a cesión de uso de tres salas, no CHUO e nos hospitais comarcais de Verín e Valdeorras, e regula e recolle os obxectivos das labores de voluntariado, desenvolvidas pola asociación, en prol dos enfermos oncolóxicos nos tres centros.

Firma do convenio entre Sergas e AECC.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou a resolución pola que nomea ao deputado provincial de Democracia Ourensana, Armando Ojea Bouzo, membro da Xunta de Goberno da institución provincial. Desta maneira, este órgano queda integrado, ademais de Armando Ojea, por Rosendo Fernández, Jorge Pumar, Plácido Álvarez, Ana Villarino, Luz Doporto, Pablo Pérez e César Fernández. Manuel Baltar afirma que Armando Ojea, desde o inicio deste mandato como vicepresidente da institución, “xa integrou a Xunta de Goberno e agora volve coa estabilidade e a fortaleza do goberno provincial, un goberno que está executando o seu plan de mandato e incrementando a maioría política na cámara de representación provincial”.

Armando Ojea e Manuel Baltar.

Albergue de peregrinos Redacción A Xunta vén de publicar a licitación para a contratación das obras que se van a realizar no albergue de peregrinos de Piñor nas que investirase máis de 1,1 millóns de euros. Esta actuación permitirá ampliar a rede pública de albergues e neste caso contará con 40 prazas para acoller aos peregrinos que percorren a Vía da Prata.


CELANOVA E COMARCA

Barrios 16 de setembro 2021

"Tangaraños" xa está na Fundación Curros Enríquez 4 Tareixa Taboada é a autora da obra. Redacción Con motivo da acollida da exposición de pintura “Nihil” da artista Tareixa Taboada na Casa dos Poetas, a artista de Bobadela decidiu realizar a doazón dunha obra á Fundación Curros Enríquez. A obra doada por Tareixa Taboada titúlase "O Tangaraño", é de técnica mixta sobre lenzo cun tamaño de 116x 89 cm e foi realizada no verán de 2021. A obra remite ao poema de Curros Enríquez "Tangaraños" e con idéntico espírito, indica Tareixa, “crítica o fanatismo e a ignorancia como elementos fagocitadores do inmobilismo, a incultura e a manipulación dos que constrúen a mensaxe sesgada do poder mediante a invisibilización das manifestacións culturais que critican a súa incompetencia e converten á sociedade nun país de ananos intelectuais”. Tangaraño O Tangaraño é unha

enorme pedra granítica de San Benitiño de Cova de Lobo, case esférica, asentada sobre outras de forma que se pode pasar debaixo dela. Atribúenselle poderes curativos de enfermidades estrañas, como o raquitismo, tumores, verrugas e outros males de pel. O tangaraño tamén era considerado o diaño malvado que atacaba aos nenos atrofiando sobre todo o seu desenvolvemento físico e por iso, aos nenos "entangarañados" pasábanos pola construción granítica para libralos da súa maldición. A obra colocarase co resto da exposición que continuará durante o mes de setembro na Casa dos Poetas e poderá ser visita no horario habitual de martes a sábado de 10 a 14 e de 16 a 19 horas.

A obra remite ao poema de Curros Enríquez “O Tangaraño”

Tareixa Taboada, segunda pola dereira, coa obra na Casa dos Poetas.

No centro Aurora Esperanza e Sonia Opazo (da residencia San Carlos) xunto a autoridades participantes na entrega do premio.

A Residencia San Carlos recibe o premio "Celanova, casa dos Poetas" 4 Sonia Opazo, traballadora, e Aurora Esperanza, residente, recibiron o premio en representación de toda a instalación. Redacción A Residencia San Carlos, de Celanova recibiu o 37º Premio “Celanova, casa dos Poetas”, concedido pola Fundación Curros Enríquez. O evento contou cunha representación da comunidade da Residencia de Terceira Idade “San Carlos” de Celanova (Sonia Opazo en representación das traballadoras e Aurora Esperanza en representación dos residentes). Entre os convidados que non faltarón á cita estiveron o Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anzo Lorenzo; o vice-

presidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; o Subdelegado do Goberno en Ourensa, Emilio González; a Vicerreitorra da Universidade de Vigo, María Esther de Blas; membros da Fundación Curros Enríquez, concelleiros de Celanova así como numerosos persoeiros vinculados ao mundo da cultura. Quen non foi participe deste acto foi o concelleiro do BNG en Celanova por tildar de política a decisión de conceder á residencia o premio. O acto Trala típica recepción na praza Maior con intervencións da Asociación Cultural Banda de Gaitas

de Celanova, os asistentes dirixíronse ata o busto de Celso Emilio Ferreiro para realizar unha ofrenda floral e unha lembranza do poeta con motivo do seu 42 cabodano. Tras unha benvida do alcalde de Celanova e a lectura do poema “Irmaus” de Celso Emilio polo escultor Xosé Cid (premiado co “Celanova, Casa dos Poetas” en 2020) tivo lugar a colocación dun centro froral e interpretouse o Himno Antergo pola Asociación Cultural Banda de Gaitas de Celanova. Unha vez rematada a homenaxe, os asistentes, trasladáronse ao claustro barroco onde tivo lugar a entrega do premio. Entregouse a unha representación das traballadoras e dos resi-

11

dentes da Residencia “San Carlos” unha medalla de prata, coa imaxe da fachada da casa e as letras “C” (Celanova, Casa, Celso, Curros e Castor, de Castor Elices) da autoría de Acisclo Manzano e un gravado realizado por Baldo Ramos que recolle un extracto da acta do premio, e despois de asinar no libro de honra da Fundación, realizouse unha emotiva proxección dun audiovisual con fotografías de Brais Lorenzo realizadas durante este tempo na residencia. Agradecemento Sonia Opazo Pungín (que estivo acompañada por Aurora Fernández, residente do centro), en representación da Residencia, foi a elexida para dar voz aos membros da Residencia San Carlos. Opazo aseverou que o premio tiña que ser “compartido por traballadores e residentes”, xa que a forza e o aguante mostrada neses “duros momentos” foi algo aprendido deles. Dunha vida “de traballo duro superando dificultades, carencias e situacións complicadas”. “Nos seus últimos anos de vida temos a obriga de coidar dos que antes coidaron de nós” devolvéndolles “con gratitud, dignidade e amor o que tanto nos deron”. Cabe recordar que a San Carlos de Celanova foi a primeira residencia de maiores de Galicia na que se colou a Covid19, aló por marzo de 2020.

Opazo: “nos seus últimos anos de vida temos a obriga de coidar dos que antes coidaron de nós”


12

Barrios 16 de setembro 2021

Reciclaxe Redacción Esta semana técnicas de ADEGA realizan visitas porta a porta en Allariz, informando sobre a situación dos composteiros comunitarios e como se debe separar o lixo do fogar. Si mesmo farán o seguimento dos mais de 150 compostadores xa entregados dentro da campaña do 2021. O desenvolvemento final da mesma, suporá a entrega de 200 composteiros de uso individual de entre 450 e 850 litros, para a recuperación da materia orgánica producida nos fogares que dispoñan de finca, estando especialmente dirixida aos núcleos rurais do municipio. Ao tempo incrementaranse as áreas de compostaxe comunitaria e melloraranse as zonas de acumulación de biomasa. O obxectivo a acadar neste ano é o 50% na separación e reciclaxe dos residuos xerados en Allariz, para isto paralelamente se está a realizar un estudo que permitiu establecer cales son as áreas con maior uso, e como ampliar o despregue de colectores de reciclaxe de vidro, envases e papel cartón, dentro do municipio. O compost resultante está a ser empregado por veciños e veciñas nas súas parcelas e xardíns, así como por produtores de horta e gandería locais, logrando pechar o círculo produtivo a nivel local. Aquelas persoas interesadas na obtención dun compostador poderán dirixirse a itziar@adega.gal ou ben a medioambiente@allariz.gal.

ALLARIZ E COMARCA

Congreso Next Generation Redacción Allariz será a sede do Congreso Next Generation, que se celebrará no Hotel Oca de Allariz o vindeiro martes, 21 de setembro. Organizado polas Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE) pretende crear un punto de encontro entre os empresarios e as oportunidades para o desenrolo e crecemento das empresas da provincia. O congreso estará estructurado en tres mesas redondas sobre economía circular, transfor-

mación dixital e transición enerxética. Ademais, servirá para crear un espazo de diálogo onde expertos en sostenibilidade económico, fondos de inversión e transición enerxética inicien

unha conversa sobre a transición económica ante a que se atopan as empresas galegas. A clausura do Congreso correrá a cargo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Creación exposta no FIXA 2021.

O FIXA supera os 25.000 visitantes 4 Aínda resta mes e medio para o peche desta edición. Redacción Presentación do congreso que terá lugar o día 21.

A Casa da Mocidade busca ideas entre os usuarios 4 Organiza dúas quendas para coñecer as inquedanzas da mocidade. Redacción A Casa da Mocidade de Allariz invita a todas as persoas usuarias das súas instalacións a que participen en dúas quendas de mesas redondas nas que se tratarán as inquedanzas da mocidade de Allariz e así elaborar unha programación acorde aos usuarios e usuarias. A primeira quenda será para os mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, o día 23 de setembro a partir das 20 horas na propia Casa da Mocidade de Allariz; e a segunda quenda será o 24 de setembro, tamén

ás 20h para as e os de 19 anos en adiante. Clases Noutro orde de cousas, a Casa da Mocidade tamén abre o prazo para inscribirse ás clases de batería, guitarra eléctrica, batucada e, como novidade para este curso, ofertarase percusión africana. A data límite para anotarse será o 1 de outubro e deberás facelo na Casa da Mocidade, ou no correo mocidade@allariz.gal ou no teléfono 988 442 107. Horarios Os horarios dos diferentes espazos modifícanse. Así, a Aula do Saber

estará aberta de luns a sábado de 9h ás 14h e de 16h ás 21 horas. Pola súa banda, a Aula do Lecer permanecera aberta os xoves e venres de 19 a 21h e os sábados de 18:30h ás 21 horas.

Este ano a novidade chega cun curso de percusión africana A data límite para anotarse en calquera dos cursos será o 1 de outubro

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz recibiu 25.000 visitantes no remate do mes de agosto, cando quedaban dous meses para o peche desta edición. O Festival, que se converteu nun dos principais reclamos turísticos de Allariz, cada ano consolídase coma un referente tanto para público especializado, profesionais do sector coma para as persoas visitantes que se achegan a ver os xardíns. Este ano están dedicados á poesía, con propostas de distintos lugares do mundo. Actividades Pero o recinto non se queda só na visita aos xardís, xa que conta con actividades como os tres recitais poéticos que se deron durante os meses de verán. Deste xeito achégase á cidadanía este xénero literario aproveitando que nesta edición o tema é a poesía. A Poesía volverá ós xardíns o próximo 2 de

outubro coa VIII edición do Poemagosto (Festival Internacional de Poesía de Allariz) que contará coa participación de grandes figuras da poesía galega e internacional coma Manuel Rivas, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Lorena Conde, Samuel F. Pimenta ou Itisha Giri e Zahra El Hasnaui. Ademais, este mesmo escenario acolleu este verán a orquestra sinfónica de Galicia, Teatro en Vilo coa súa obra "Hoy puede ser mi gran noche" ou concertos coma o da banda Tandub Ou entre outras moitas actividades. A edición da Poesía pechará as súas portas o 31 de outubro para prepararse de cara a edición de 2022. Ata o día 30 de novembro permanecerá aberto o prazo para presentar os deseños da vindeira edición baixo o titulo de "Xardíns terapéuticos, deseños que curan".

O 2 de outubro celébrase a VIII edición do Poemagosto


DEPORTES

Barrios 16 de setembro 2021

A “Arnoia Termal Bike” contará con 300 ciclistas 4 Dispútase este domingo, 19 de setembro. Redacción

Grantt e Lasenbergs nun adestramento.

O COB colle forma 4 O conxunto ourensán conta con nove xogadores e catro vinculados. Redacción A escasas horas para que o Club Ourense Baloncesto dispute o seu primeiro partido de preparación para o curos 2021-22, o equipo vai collendo forma, tanto na súa configuración como na súa posta a punto. Despois de varias semanas de adestramento, o novo adestrador do club, Armando Gómez, ten a súa disposición a nove xogadores máis os vinculados. Kevin Van Wick será o único xogador que repita da pasada tempada. O capitán mostrou a súa predisposición, en todo momento, de continuar no barco cobista. Os outros oito xogadores son: Ferrán Ventura (provén do Cáceres), Greg Gantt (Valladolid), Javi Marín (Melilla), Paco del Águila (Cáceres), José Nogués (Almansa), Edgars Lasenberg (Pieno Zvaigzdes), Darius Carter (Fraport Skyliners), e a última incorporación, o pívot ítalo-argentino Franco Pennacchiotti. Vinculados Grazas ao acordo de colaboración co Bosco Salesianos o COB contará con varios xogadores do equi-

po de Liga EBA cos que reforzará os seus adestramentos, aproveitándose estes de estar dentro dunha estrutura profesional como é a do COB. Ousman Sima, Lionel Kouadio, Tomás Chapero e Josep Fermí son catro xogadores vinculados ata o de agora. Amigables Os ourensáns comezan os amigables este xoves, 16 de setembro, contra o Aquimisa Carbajosa en Salamanca; o partido dará comezo ás 12 horas. Dous días despois desprazaranse ata Ponferrada para enfrontarse ao equipo local. O día 24, venres, chega o primeiro partido oficial coa disputa da Copa Galicia contra o Leyma Coruña, no pavillón da Raña, en Marín. Dous días máis tarde, 26 de setembro, viaxarán a Portugal para xogar contra o Póvoa de Varzim. E para pechar o círculo, o último dos amigables disputarase no Paco Paz contra o primeiro rival desta pretempada, un Aquimisa Carbajosa o 1 de outubro. A liga LEB Prata comezará o 9 de outubro co COB - Melilla.

Preto de 300 ciclistas chegados de 18 provincias participarán o próximo domingo, día 19, na “Arnoia Termal Bike”, unha proba ciclista aberta a todos os públicos “que permitirá visibilizar a provincia como o territorio ideal para a práctica deportiva, nun espazo que ademais mostrará un dos nosos elementos máis diferenciadores, como é o termalismo”, dixo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante o acto de presentación desta proba celebrado no pantalán de Arnoia. Baltar asegurou que “o ciclismo vainos axudar a conseguir un dos nosos maiores obxectivos, como é dar a coñecer un singular ecosistema de turismo deportivo polo que estamos apostando e onde é esencial a colaboración público-privada”.

Lembrou o presidente provincial que hai cinco anos, no mesmo escenario do pantalán de Arnoia, “presentabamos La Vuelta a España, nunha edición con catro etapas pola provincia que se denominou Ourense Termal-Madrid, e agora ofrecemos a deportistas de case vinte provincias a escusa perfecta para vivir unha experiencia diferente, como a pasada fin de semana na Ribeira Sacra Cycling Road" A proba A “Arnoia Termal Bike, organizada polo Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, disputarase o 19 de setembro con saída

e chegada en Arnoia percorrendo tamén os concellos de Cortegada e Cartelle. A proba conta con dous circuítos: un gran fondo de 70 quilómetros para disputar en parellas, no que están inscritos ao redor de 150 deportistas, e un medio fondo individual de 50 quilómetros coa participación de máis de 140 ciclistas, con clasificacións para ambas distancias e diferentes categorías. Aberta a todos os públicos, tanto federados como non federados, tamén inscribíronse afeccionados con bicicleta eléctrica, aínda que estes últimos non optarán a premios.

A proba conta con dous circuítos: un gran fondo de 70 quilómetros para disputar en parellas, no que están inscritos ao redor de 150 deportistas, e un medio fondo individual de 50 quilómetros

Presentación da proba ciclista que terá saída e chegada no Concello de Arnoia e que tamén pasará por Cortegada e Cartelle.

13

Fútbol Redacción Dúas xornadas leva disputado o Arenteiro na 2ª RFEF e aínda non coñece a vitoria. Os de Fran Justo víronse sorprendidos na primeira xornada no campo do Arousa co que perderon poor un gol a cero. Sete días despois agardaba a afección o debút no Espiñedo á espera de lograr os tres puntos. Porén se tivo que conformar cun empate ante un Langreo que empataba a contienda nas postrimerías do encontro. Esta fin de semana visita ao Ceares na xornada do sábado. En canto á 3ª RFEF, o Barco venceu por 2-1, mentres que perderon Ourense CF (1-3) e Arnoia (2-1).

Fútbol Sala Redacción O Sala Ourense vai superando roldas na Copa Galicia. Despois de vencer ao Vigo na primeira tamén superou en segunda rolda ao Tres Cuñados do Barco de Valdeorras (3-5). A liga de Segunda división B comeza para o Sala Ourense, este domingo, 19 de setembro, recibindo no Paco Paz ao Leis Pontevedra. Trofeo Internacional Por outra banda, o Cidade das Burgas logrou a terceira posición do Trofeo internacional disputado en Outomuro (Cartelle). As pupilas de Manolo Codeso que perderon en semifinais ante o Benfica, foron quen de vencer ao Alcorcón (3-2) na loita polo terceiro e cuarto postos. Na final, o equipo portugués logrou a vitoria diante do Poio aos penaltis.


14

Barrios 16 de setembro 2021

EN BREVE 4 Escolas Culturais de Allariz A Concellería de Cultura abre o prazo para matricularse nas seguintes disciplinas: clases de pintura, música en movemento e linguaxe musical ademais da aprendizaxe en instrumentos como piano ou guitarra, e os máis tradicionais como gaita, pandeireta e canto. Comezarán no mes de outubro e para participar nelas é preciso inscribirse a través da Casa da Cultura de Allariz, no teléfono 988 440 859 ou no correo cultura@ allariz.gal. A data límite para se anotar será o 30 de setembro.

4 Concerto en Celanova Este sábado, 18 de setembro, actuación de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Mosteiro de San Salvador -Celanova- a partir das 20 horas. Entradas á venda en ataquilla.com.

OCIO E CULTURA

4DECRECENDO

Viva o coche eléctrico, “manque” perda Comparto aquí dúas novas sobre as que reflexionar: 1) A partir deste mes, os mozos residentes en Galicia poderán solicitar axudas para pagar o custo do permiso de conducir tipo B ou C. O Goberno galego, co obxectivo de “mellorar a autonomía, a mobilidade e a inserción laboral dos mozos”, destina a esta medida un orzamento total de máis de 761.000 euros. Na última convocatoria beneficiáronse máis de 1.700 mozos. 2) O programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica, “Moves III”, destina 22,7 millóns de euros a Galicia para que os interesados en adquirir un vehículo eléctrico ou implantar unha infraestrutura de recarga eléctrica reciban axudas variables.

Os poderes públicos levan tempo afrontando o proceso de “transición” ao coche eléctrico desde diferentes frontes. Así, a primeira nova reflicte o desesperado impulso de crear novos condutores, debemos loitar contra as cifras da falta de desexo por conducir que cada vez está máis presente na xuventude. Como é posible que non queiran ter o seu propio coche! Que pasará coas pobres empresas do automóbil e co seu flamante negocio ecolóxico e súper sostible? E unha vez que creou formalmente o condutor, que xa lle creou a necesidade, aquel ten que mercar o seu propio coche e, por suposto, debe ser eléctrico. Non importa que non poida recargalo onde nin como queira, non importa que os seus compoñentes sexan tremendamente contami-

nantes, non importa que as baterías se degraden en condicións de temperaturas extremas, non importa que non haxa capacidade eléctrica ou distribución para substituír o 100% dos coches de combustión por coches eléctricos. Que merquen o coche agora, punto! Como dixo Antonio Turiel, investigador físico do CSIC: “Os defensores desta transición ao coche eléctrico terían que considerar se, de feito, non se está promovendo subvencionar, desde a bolsa pública, un medio de transporte reservado ás clases máis avanzadas. Ricos (subvencións directas ao coche eléctrico e indirectas a través das estacións de carga ou os privilexios de uso do espazo público)”. Óscar Blanco

4 Fogar dos Maiores de Allariz

Redacción O Inorde e os concellos da Vía da Prata avalan a candidatura provincial ao Plan Nacional Xacobeo. O obxecto da reunión que se produciu era para que “os representantes dos diferentes concellos nos manifestasen a súa visión sobre actuacións a plantexar en dito plan, para postularnos cunha proposta que sexa conxunta e integradora dos diferentes municipios e que, ao mesmo tempo, sexa sostible”, explicou o presidente do Inorde.

Redacción Un mes de setembro máis, e xa van 34 ininterrompidos, a Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo organiza unha nova edición do “Mes Cultural”. O que comezara como unha semana da cultura a finais dos anos 80 tornouse nun programación que abranghe un mes enteiro no ocaso da época estival. A programación xa contou co “Preludio musical”, cine, maxia, convivencia intercultural,

Nesta convocatoria do Plan Nacional Xacobeo, preténdese “impulsar a Vía da Prata, itinerario xacobeo que atravesa a provincia desde a súa entrada polo sureste e saída polo noroeste, e que resulta, polo tanto, un importante elemento vertebrador e dinamizador do noso territorio”, aclarou o presidente. No documento da solicitude a dito Plan presentaranse actuacións globais para o territorio, que tras un deseño e estudo específico (financiado xa a cargo do propio plan) “permitiranos concretar os puntos nos que actuar ao longo deste itinerario xacobeo”. Os concellos polos

que pase a Vía da Prata e que, polo tanto, foron convocadas a esta xuntanza de traballo son os seguintes: A Mezquita, A Gudiña, Vilariño de Conso, Castrelo do Val, Oímbra, Laza, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas,

Paderne de Allariz, Taboadela, San Cibrao das Viñas, Ourense, Verín, Monterrei, Riós, Vilardevós, Cualedro, Trasmiras, Xinzo de Limia, Sandiás, Allariz, Coles, Vilamarín, Amoeiro, San Cristovo de Cea e Piñor.

Reunión entre o Inorde e concello polos que pasa a Vía da Prata.

un día para a rapazada, un obradoiro de percusión e unha xornada de convivencia veciñal. O que queda Para a segunda parte do mes aínda restan unha oferta moi variada que comeza este mesmo venres coa charla “CD Seixalbo: algo máis que fútbol”. O sábado día 18 será o turno do roteiro “Seixalbo, cultura e costumes”. O domingo 19 celébrase unha andaina solidaria a prol do Banco de Alimentos. Mentres, o sábado 25 poderase gozar da obra de teatro “O gran soño” e rematará este mes cultural cun concerto de clausura.

Sarabela Teatro estrea “Morgana en Esmelle” 4 Este venres 17 de setembro no Auditorio de Ourense. Redacción

O Centro de Servizos Sociais Comunitarios, no Fogar dos Maiores, informa e tramita as solicitudes para participar no programa Termalismo Social 2021. A iniciativa permite aos usuarios e usuarias recibir tratamentos termais a prezos reducidos durante a súa estanza nos balnearios.

Plan Nacional Xacobeo

Mes cultural en Seixalbo

A compañía ourensá Sarabela estreará a súa nova montaxe no Auditorio municipal de Ourense o día 17 de setembro. A obra “Morgana en Esmelle”, baseada na obra literaria de Begoña Caamaño e dirixida por Ánxeles Cuña representarase os días 17, 18 e 19 de setembro. As entradas están a un prezo de 8 euros. A actual normativa sanitaria restrinxe o aforo ao 50%. O espectáculo supón o regreso á dirección de Ánxeles Cuña, que estará á fronte dun elenco formado por Fernando Dacosta, Laura Míguez, Fina Calleja, Sabela Gago, Quico Cadaval, Elena Seijo e Nate Borrajo. Levarán á escea a adaptación dun texto

orixinal da xornalista e escritora Begoña Caamaño. Trátase dunha obra que, explica a compañía, reescribe o mito cunha ollada contemporánea, achegando unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Sinopse “Morgana en Esmelle” é unha reflexión que xira ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 16 de setembro 2021

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº151 - Ano: XIV - 16 de setembro de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Relación da graxa coa saúde Despois de todo, que é a graxa? “É beleza”, como di a xente?". O exceso de graxa acaba manifestándose no exterior, provocando falta de enerxía ou falta de autoestima. Pero moitos dos factores de risco asociados co exceso de graxa non teñen síntomas externos, o que significa que temos que inspeccionar e descubrir que está a suceder nos niveis máis profundos do corpo. Todos temos tres tipos de graxa: a graxa no torrente sanguíneo (chamada triglicéridos), a graxa subcutánea debaixo da pel) e a capa de tecido graso (epiplón), xeralmente debaixo dos músculos. Cando o corpo sente que está a perder esa graxa, os valores sanguíneos comezan a moverse cara a niveis saudables: colesterol, azucre

e presión arterial. A graxa debaixo dos músculos (epiplón) é máis perigosa que a graxa subcutánea porque interfere cos niveis de sustancias no sangue, que fornecen aos órganos vitais. Entón, canto máis preto esteamos da cintura ideal, máis saudables están as nosas arterias, máis enerxía teremos todos os días e a presión arterial chegará ao lugar correcto. Pero aínda hai colesterol, que forma parte do kit de reparación de arterias, é dicir, está destinado a axudarnos, aínda que iso non sempre sucede. Se hai lesións na parede arterial, causadas pola nicotina ou, por exemplo, polas rebanadas adicionais de queixo, entón as cousas cambian e as reparacións non funcionan. O colesterol debe analizarse en termos de valores de HDL e LDL, esta-

do das arterias e en vista da situación se é ou non hipertenso. O aumento de peso case sempre está relacionado co aumento doutros valores que causarán problemas nos órganos vitais: maior risco de cancro, resultado da disfunción que nos protexe deste terrible mal; maior risco de apnea do soño (o pescozo vólvese máis groso e, por tanto, dificulta a respiración e aumenta o risco de problemas nas articulacións) tende a desgastarse máis. Evite comer carne máis de dúas veces por semana e consuma froitas e verduras con regularidade. O esforzo físico queima calorías e non permite que se instalen excesos.

Premios no OUFF

ta a máis pura nobreza do teatro galego, sendo unha dama da escena, que deixa unha estela moi importante no seu percorrido vital, sendo unha actriz polivalente ao longo do tempo.

como John Malkovich, Irene Papas, Marisa Paredes ou Marcello Mastroianni. A organización do festival concedelle este premio en recoñecemento “a súa longa e acreditada traxectoria a prol do cinema portugués no mundo, tanto desde as pantallas como desde a xestión pública, e en particular pola súa fecunda relación artística en boa parte da filmografía dun grande da historia do cinema, tan admirado e respectado en Galicia, como foi Manoel de Oliveira.

Redacción A nova edición do Ourense Film Festival (OUFF) que se desenvolverá entre o 24 de setembro e o 2 de outubro, será o escenario no que a actriz galega Luma Gómez reciba o Premio de Honra a toda unha traxectoria da Fundación AISGE en recoñecemento a súa ampla traxectoria no mundo da interpretación. A actriz ferrolá deu as grazas “tanto a fundación como o festival por este premio tan importante como inesperado. “Este recoñecemento significa moito para min por un traballo que amo e que move a miña vida”. Isabel Blanco, delegada da Fundación AISGE en Galicia explica a concesión deste premio a Luma Gómez, porque a actriz represen-

Calpurnia de honra internacional O OUFF entregará a Calpurnia de Honra Internacional á actriz portuguesa Leonor Silveira. Cunha extensa traxectoria de máis de 30 filmes, a intérprete foi a musa do director Manoel de Oliveira e participou en películas con actores internacionais

João Damião

Luma Gómez (XULIO GIL) e Leonor Silveira.

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089

349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario.

Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 630 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

VENDAS Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


Barrios 16 de setembro 2021


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.