Barrios 144

Page 1

Entrevista ao escritor Jorge Emilio Bóveda, autor de O libro cero [Páx. 6]

TEMA

Páx.2 XINZO

Jácome insiste nas escaleiras mecánicas e critica a as trabas dos técnicos

Páx.8 ALLARIZ

Xinzo reforzará a limpeza cun servizo complementario de 4.500 horas ao ano

Páx.10 VERÍN

200 composteiros para a recuperación da materia orgánica producida nos fogares

Páx.8 DEPORTES

A Fundación Curros Enríquez celebra 170º aniversario do nacemento do poeta

Repetido 1 millón de veces

Páx.12

O Arenteiro logra o título de campión de Terceira e ascende a 2ª división RFEF

Ourense: límite 30km/h

[Páx. 2]

Volve a auga á fonte Carlos Casares

[Páx. 3]

[Páx. 7]

Galicia supera o millón e doses administradas da vacina da Covid19. // Ourense limita a velocidade dos vehículos a 30km/h. // A fonte Carlos Casares emanando auga.

Número: 144 - Ano: XIV - 13 de maio de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 13 de maio 2021

TEMA DA SEMANA

Jácome: "agora comezamos a mover as cousas" 4 O alcalde insiste nas escaleiras mecánicas e critica as trabas dos técnicos municipais. R.T.

O límite de velocidade a 30km/h xa está implantado en Ourense./RAMSÉS.

Límite: 30 km/h

4 Unha normativa estatal obriga a non rebasar esta velocidade. R.Torres Pouco a pouco, pasiño a pasiño, as cidades van deixando protagonismo aos peóns en detrimento dos vehículos. Desde esta semana unha normativa estatal impide circular pola cidades a máis de 30 quilómetros por hora; e Ourense non é unha excepción. A norma di que en vías dun único carril por sentido de circulación a velocidade non pode exceder dos 30 km/h; en vías que dispoñan de plataforma única de calzada e beirarrúa o límite está nos 20 km/h; e en vías de dous ou máis carrís por sentido de circulación a velocidade será inferior aos 50 km/h (nestes casos algunhas rúas ourensás baixan o límite aos 30 ou os 40 quilómetros por hora). Desde o Concello aseguran que teñen preparadas o 95% das rúas para esta nova medida. Na presentación deste regulamento na cidade de

O Subdelegado do Goberno recordou que hai un 90% de risco de falecer por atropelo a 50km/h fronte ao 10% coa limitación a 30 km/h

Ourense acudiron o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; o alcalde do concello de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ademais do xefe provincial da Dirección Xeral de Tráfico, David Llorente; o capitán xefe do Subsector de Tráfico da Garda Civil en Ourense, Isaac de Toro; e a intendente xefa da Policía Local de Ourense, María Barrera. O subdelegado do Goberno destacou que o obxectivo é reducir a accidentalidade vial, sobre todo a que afecta aos colectivos máis vulnerables (peóns, ciclistas e motoristas); garantir a fluidez dos desprazamentos realizados nas grandes avenidas das cidades; e reducir o impacto negativo da circulación de vehículos na calidade do aire das cidades. “Trátase dunha aposta decidida por unha mobilidade segura, sostible e saudable nas nosas cidades”. Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, destacou que esta medida redundará nunha maior calidade de vida para os ourensáns e permitirá a pacificación do tráfico na cidade, posto que favorecerá unha "convivencia segura" entre peóns, bicicletas, patinetes e vehículos. Radares Desde a Dirección Xeral de Tráfico recomendaron ao Goberno local que se intensifiquen os controis de

velocidade durante a primeira semana de introdución da norma. A entrada en vigor da limitación da velocidade urbana coincide coa campaña para a vixilancia e control da velocidade posta en marcha pola DXT ata o 16 de maio. O obxectivo é concienciar sobre a perigosidade do exceso de velocidade na condución, así como exercer unha labor preventiva coa presenza de patrullas, á vez que se vixían e controlan os excesos de velocidade mediante radares fixos, estáticos e móbiles. O concelleiro de Tráfico, Telmo Ucha, advertiu que a intención do ente local é a de “radarizar a cidade” instalándoos en diferentes puntos da cidade. Sinistralidade O Subdelegado do Goberno recordou que hai un 90% de risco de falecer por atropelo a 50km/h fronte ao 10% de se o vehículo vai a 30 km/h. Ademais, segundo indican as estatísticas, o número de falecidos coa redución da velocidade de 50 km/h a 30 km/h rebáixase ata un 40%.

O concelleiro de Tráfico dixo que se insatalarán radares en varios puntos da cidade

Coma sempre, non deixou indiferente a ninguén. Na última comparecencia, antes os medios, para tratar temas de actualidade, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, explicou a súa visita a terras catalanas na que se informou sobre os elementos verticais que hai en lugares como Barcelona ou Santa Coloma de Gramanet. Pérez Jácome avanzou que os proxectos de escaleiras mecánicas “remataranse nun ou dous meses”, tamén asegurou que se licitarán “no mes de setembro” e agarda que se adxudique “todo en decembro”. As escaleiras mecánicas que se construirán son as da Cruz Alta, Arturo Pérez Serantes, San Francisco, Concordia, un ascensor desde o Barbaña en Tarascón, as da Ponte -despois da pasarela- e as de Pena Trevinca, ademais das que se farán no parque Infantil que irán desde o Progreso ata o centro de saúde. A actuación máis importante é o que se fará desde o Barbaña ata a Biblioteca Pública, “os proveedores dixéronme que será dos mellores de España”, apuntaba o rexedor. Este anuncio veu pre-

cedido das trabas que, segundo o alcalde, sofre por parte dalgúns técnicos municipais. Desvelou que no Concello hai parados varios informes desde fai un ano, o que “pon moi difícil sacar adiante obras”. Cansado desta situación avanzou que “non volven a frearme os técnicos” e que non permitirá que ningún técnico “faga de político”, criticando que queren impoñer a súa opinión en temas que competen aos dirixentes. Enfrontamento Pérez Jácome mostrou o seu evidente enfrontamento cos técnicos do Concello de Ourense tildándoos de “tiquismiquis”. “Se pido que fagan un informe e o fan mal, é culpa miña?”, preguntaba; “é culpa miña se non tomo medidas”, proseguía, e advertía que “de rosiñas non van saír”. Ademais, avanzou que “imos abrir 10 expedientes” aos funcionarios que non estaban no seu lugar de traballo cando hai unhas semanas foi ata o edificio municipal sospeitando que había absentismo laboral. “Se en 1969 -cando o home

chegou á Lúa- chegamos e ter enxeñeiros do Concello de Ourense, o cohete non despega,” afirmando que “estarían quitándolle defectos ata hoxe” chegou a dicir. Esta desidia achácaa á política de persoal -dos anteriores rexedores- asegurando a “cantidade de enchufados” que meteron. Tamén dixo que hai funcionarios “cos que hai que quitarse o sombreiro” polo gran traballo que realizan “fan máis das súa xornada laboral”, concluíu. Os sindicatos non quedaron afastados das críticas, asegurando que “defenden os privilexios dos funcionarios, non os dereitos”. Cambiar Ourense “Levamos un ano e 11 meses no grupo de goberno e tentamos solucionar o desaguisado do Concello; non é fácil solucionar en dous ano o que leva mal 20”, apuntaba o rexedor, que aseguraba que ao principio “pagas o pato, porque te fías do que che din os de dentro” e deixaba unha declaración de intencións: “teño dous anos para cambiar Ourense”.

Segundo o alcalde, os proxectos de escaleiras mecánicas “remataranse nun ou dous meses” e agarda que se adxudique “todo en decembro”

Gonzalo Pérez Jácome durante a rolda de prensa.


TEMA DA SEMANA

Máis dun millón de vacinas postas en Galicia 4 500.000 galego teñen a pauta completa. Redacción Un millón de vacinas. Esa é a cifra que se superou en Galicia esta semana no que se refire ao número de vacinas inoculadas na súa poboación. Con elas, son 500.000 os galegos que contan coa pauta completa. Unha cifra que levou ao optimismo ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, que mostrou o seu desexo que en “xullo ou agosto” se poida saír á rúa sen máscara sempre e cando continuamos “durante as vindeiras seis, oito semanas”, coa prudencia que aconsella “a situación”. Porén, o ritmo de vacinación, a partir de agora, descenderá na nosa comunidade, debido a que se recibirán menos doses ao contar con menos poboación diana -nas franxas de idade que toca vacinarque outras comunidades. Así e todo, xa reciben os primeiros 65.000 pinchazos o colectivo entre 50 e 59 anos. Ourense No que se refire á nosa provincia, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras comezou esta segunda semana de maio con máis de 200.000 vacinas administradas e preto da metade da poboación (49,4%) con alomenos unha dose. Outro dato que leva ao optimismo é que preto de 70.000 ourensáns recibiron xa a pauta completa, o que supón o 37,7% da poboación obxecto desta campaña, maiores de 16 anos. Nesta semana, 3.100 persoas foron convocadas a acudir a Expourense,

Preto de 70.000 ourensáns recibiron xa a pauta completa da vacina

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, vacinouse no recinto feiral de Expourense./RAMSÉS. para dar inicio á vacinación dun novo colectivo: os menores de 59 anos, proceso que continuará realizandose en grandes recintos, ao igual que as segundas doses da poboación entre 70 e 80 anos, que están citados tamén estes días en Ourense e nos hospitais de Verín e Valdeorras. Un dos colectivos que se viu máis afectado nas ondas anteriores, os maiores de 80 anos, está xa vacinado na súa práctica totalidade, ao igual que as persoas dependentes ou inmobilizadas, que recibiron a domicilio a vacina. No resto de grupos que están a ser convocados, o proceso avanza a bó ritmo, coa práctica totalidade das

persoas de entre 60 e 70 xa cunha dose, tras o importante pulo da semana pasada. Igualmente, retomouse a vacinación dos colectivos esenciais, forzas e corpos de seguridade, ensino, etc. Así como do persoal de centros sanitarios e as segundas doses dos pacientes de especial risco. Datos En canto a Ourense, o número de contaxiados polo coronavirus ascende a 15.491, dos cales 231 aínda son positivos. Os hospitais de Valdeorras e Verín non contan con ningún ingresado, mentres que no hospital da capital son 11 as persoas en planta e 3 en coidados intensivos. A cifra máis

amarga é a de falecidos, a última esta mesma semana; unha muller de 88 que eleva a cifra a 417, despois de estar a provincia 17 días sen rexistrar ningunha morte pola Covid-19. Concellos A partir deste venres, 14 de maio, hai un novo mapa de restricións nos concellos ourensás. Laza continuará no nivel de restrición máxima, sendo o único concello ourensán nesta situación. Tamén como único concello en nivel alto estará Lobios. Pola súa banda, Carballeda de Valdeorras, Cualedro, Barbadás e Toén, sitúanse no nivel medio-alto. O resto de concellos permanecen no nivel medio-baixo.

Hai 231 positivos na provincia e 417 falecidos

Unha enfermeira subministrando a vacina da Covid19 a un home en Expourense./RAMSÉS.

Laza é o único concello da provincia con nivel máximo de restricións

Barrios 13 de maio 2021

3

4 Fin do estado de alarma O pasado día 9 de maio decaeu o estado de alarma, e o presidente galego anunciou as novas medidas acordadas polo comité clínico para seguir avanzando na apertura gradual e adaptarse á nova situación. A pesar do final do estado de alarma, Núñez Feijoo, incidiu en que “remata o estado de alarma, pero non remata a pandemia”. A primeira medida foi a de dar por concluído o peche perimetral da comunidade. Tamén se reforza o Rexistro de viaxeiros, sendo chamados a realizar unha proba diagnóstica as persoas que se anoten. Os que viaxen cun certificado de vacinación terán que acreditalo; mentres que os que cheguen a Galicia en avión teñen a disposición un posto de cribado nos tres aeroportos. Onde si se manterá o peche perimetral será naqueles concellos que se atopan no nivel máximo -os que superan os 500 casos de incidencia acumulada a 14 días-. A hostelaría ve ampliado o seu horario, podendo abrir os bares ata as 23 horas, e os restaurantes terán agora ata a unha da madrugada para pechar, mantendo os criterios establecidos (con licenza de restaurante, que funcionen con cita previa e conserven un rexistro de clientes, e que garantan a calidade do aire e controlen o CO2 do local). Nivel de risco Toda vez que o Tribunal Superior de Xustiza Galega vén de avalar as medidas (considerándoas proporcionadas) tomadas pola Xunta de Galicia -o día 21 de maio volverán a revisarse as mesmasestas son: no nivel máximo (con máis de 500 de incidencia acumulada) non se poderá nin entrar nin saír -salvo causa xustificada- dos concello que estén situados nese nivel, haberá toque de queda entre 23 e 6 horas; a hostalaría permanecerá pechada; e estarán prohibidas as reunións de non

conviventes. No nivel alto -taxas de entre 250 e 500-, a hostalería poderá abrir só terrazas ao 50%. Sobre o nivel medio -para incidencias entre 150 e 250-, a hostalería terá un aforo do 30% no interior e do 50% no exterior. Por último, no nivel medio-baixo, con taxas de menos de 150, a hostalería ao 50% en interior e 75% en exterior. Nos niveis alto, medio e medio-baixo estarán permitidas as reunións de catro persoas en lugares pechados e seis en exteriores. No tocante á apertura dos centros de día, os que superen o 90% de usuarios vacinados permitirase aos usuarios pasear pola contorna, sempre coa compañía dos seus coidadores; e nos centros de día que compartan instalacións cunha residencia, o persoal que estea vacinado poderá rotar entre ambos os centros. Nas residencias, os maiores poderán saír para pasar uns días coas súas familias -realizando unha PCR ou proba de antíxenos ao volver ao centro-, agás cando o domicilio da familia estea nun concello de nivel de risco máximo. Nas residencias situadas nos concellos cun nivel medio e medio- baixo de risco poderase pasar de 3 saídas por semana a un máximo de 5, de ata 4 horas cada unha. Por último, e durante as visitas dos seres queridos aos usuarios, poderá volver manterse o contacto físico.

O Tribunal Superior de Xustiza Galega avalou as medidas (considerounas proporcionadas) tomadas pola Xunta tralo fin do estado de alarama e volverán ser revisadas o 21 de maio


4

Barrios 13 de maio 2021

OURENSE

EN BREVE

Ponte Vella únese á reciclaxe

4 Obras A rúa Lamas Carvajal permanecerá pechada ao tráfico durante un mes debido á renovación do pavimento danado nesta zona. Por este motivo, non se poderá circular nin por esta rúa nin pola avenida de Pontevedra. Comezan así as actuacións de mellora de pavimentos pétreos en varias rúas do centro histórico, que continuarán en Paseo, San Miguel e praza de Santa Eufemia. Tamén durantes un mes haberá obras de adecuación do acceso norte aos hortos e ao Parque de Montealegre, desde a rúa do Carrabouxo.

4 EOI A Escola Municipal de Idiomas abre o prazo de preinscrición, até o venres 21 de maio, para o curso 2021-2022 no espazo web www.educacionourense.com.

4 Úniversidade Ourense contará cun novo Grao (con 50 prazas) e un Mestrado en Intelixencia Artificial (con 20) e gañará máis prazas en Enxeñería Informática. O Concello procurará terreos para facilitar o crecemento do Campus, como así demandou o reitor, Manuel Reigosa Roger, na súa reunión con alcalde, Gonzalo Jácome.

4 Rúa Concordia A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se autoriza o cambio de titularidade a prol do Concello de Ourense da totalidade da rúa da Concordia e do treito da avenida de Buenos Aires situado entre as rúas de Santo Domingo e Ramón Cabanillas.

4 As máquinas Reciclos chegan ao centro comercial. Redacción Moteros solidarios na súa sede de Motorcycles Shop Ourense (Peña Trevinca, 29).

Moteros solidarios Moteros solidarios comezan antes de tempo a campaña “Ningún neno sen xoguete” de recollida de xoguetes para ir preparándoos con todas as medidas de seguridade contra a Covid. Os establecementos colaboradores son: Motorcycles Shop Ourense (Peña Trevinca 29); colexio Carmelitas; A Despensa do Alarico (Portelo 17, Allariz); Calzados Rosa (Av. de Zamora 46); Kiosko Marcos (Bedoya 2); Carnicería Quintana (A Derrasa 75); Bbykalla Park (Lameira de Santa Cruz. San Cibrao das Viñas); Confitería Chokovainy (Vicente Risco 38); Bar cafetería Rotonda (San Cibrao das Viñas); Panadería Rivo (Taboadela); Mister Rey Multiservicios (Av. De Zamora 5); Cafetería punto y seguido (Av. de Santiago 133); Cafetería Rigodón (Plaza de la Marina 2); e Cafetería Paseo de ramoleox (rúa dos amieiros 3 -A Valenzá-).

O subdelegado do Goberno fomenta a convivencia cidadá

barrio do concello de Ourense. Todos os presentes condenaron as actitudes xenófobas acontecidas no barrio nas pasadas semanas, subliñando que se trata de feitos puntuais.

clusiva dos seus autores e non representan a todo un colectivo. Pola súa banda, os representantes das asociacións de inmigrantes agradeceron o ofrecemento realizado polo presidente da Asociación de Veciños do Couto para facer uso das súas instalacións como punto de encontro que fomente o diálogo social multicultural e a busca conxunta de solucións para abordar as distintas preocupacións existentes no barrio.

Traballo conxunto O subdelegado do Goberno sinalou que un dos obxectivos acadados na reunión é o compromiso de todos os participantes de traballar conxuntamente para evitar este tipo de condutas, así como os comportamentos incívicos e delituosos, recalcando que este tipo de accións son responsabilidade ex-

Todos os presentes condenaron as actitudes xenófobas acontecidas no barrio nas pasadas semanas

4 Reúniuse con colectivos do barrio do Couto. Redacción O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presidiu unha reunión na que participaron representantes de diversas asociacións e colectivos do barrio do Couto e do Corpo Nacional de Policía para fomentar a mellora da convivencia cidadá. Durante o encontro, sinalouse que O Couto é un barrio que destaca pola súa heteroxeneidade e dinamismo e remarcouse que os datos de seguridade cidadá son semellantes aos de calquera outro

Ourense conta xa con máquinas que recompensa por reciclar. O Centro Comercial Ponte Vella albergan dúas máquinas Reciclos, o Sistema de Devolución e Recompensa (SDR) de Ecoembes, que premian o compromiso coa reciclaxe de latas e botellas de plástico de bebidas. Así, Ponte Vella convértese no primeiro de toda Galicia en contar con este SDR. Desta forma, os clientes poderán seguir reciclando fóra dos seus fogares. Ademais, Reciclos quere contribuír a fomentar un consumo responsable e racional deste tipo de envases. Ao facer uso destas máquinas, os usuarios recibirán puntos cos que poden axudar a mellorar a súa contorna a través de incentivos sustentables ou sociais, tales como contribuír ao Banco de Alimentos de Galicia. "Esta iniciativa, xunto co cambio a iluminación 100% LED de hai un ano e outras accións que se

están planificando e desenvolvendo neste momento, reforza a aposta e o compromiso de Ponte Vella pola sustentabilidade e o coidado ambiental" declarou Marcos Vila, xerente do centro. Funcionamento Para facer uso destas máquinas, só hai que rexistrarse na webapp (app.reciclos.com), depositar todas as súas latas e botellas de plástico de bebidas nunha delas e escanear o QR que mostrará a máquina. Ao facelo, obterán puntos que poderán cambiar polas distintas recompensas dispoñibles. Estes puntos terán un límite semanal co fin de que os cidadáns non só reciclen máis e mellor os seus envases, senón que consuman de forma responsable.

Para facer uso destas máquinas, só hai que rexistrarse na webapp (app. reciclos.com)

4 Universidade Popular Concello e Deputación están a negociar a transferencia por parte do primeiro cara o segunda da Universidade Popular. O rexedor municipal asegura que de non levarse a cabo seguiríanse facendo cargo desde o concello.

O subdelegado do Goberno con representantes de colectivos do barrio do Couto.

Máquinas de Reciclos en Ponte Vella.


PUBLICIDADE

Barrios 13 de maio 2021

5


6

Barrios 13 de maio 2021

EN BREVE 4 Premio Carracedo

O fotógrafo Brais Lorenzo gaña o XXXI Premio “Carracedo”, polo seu traballo gráfico sobre a pandemia. O xurado salienta “a capacidade de Brais Lorenzo para identificar a iconografía da pandemia, elementos que, a través das fotos, se converten nunha referencia”.

4 OUFF O compositor Sergio Moure de Oteyza (A Coruña, 1969) recibirá o Premio Especial da 26ª edición do Festival de Cine de Ourense, pola súa ampla traxectoria como músico de cinema e como autor de máis de medio cento de composicións para longametraxes, curtametraxes e series de televisión, a parte o seu labor como músico sinfónico.

4 Premio Blanco Amor A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases do 15º Premio Blanco Amor de novela longa, dotado con 15.000 euros e no que a institución provincial conta coa colaboración da Fundación que leva o nome do escritor ourensán.

4 Exposición

ENTREVISTA

ENTREVISTA A JORGE EMILIO BÓVEDA, AUTOR DE “O LIBRO CERO”

"Os personaxes dos meus libros sempre son os mesmos e están entrelazados nas distintas historias que teño escrito" 4 Novo relato deste escritor ourensán que nos permite viaxar a outros lugares sen saír de casa, nesta época de pouca mobilidade. R.T. Cada vez que Jorge Emilio Bóveda saca un libro, achegámonos para coñecelo máis de preto. Nesta ocasión, a súa última obra é O libro cero, novela que trae de regreso a un dos personaxes máis recoñecidos da súa bibliografía: Pastor Páez. Novas aventuras de Pastor Páez. Que atopará o lector cando lea O libro cero? Jorge E. Bóveda: "Atopará un libro cuxa lectura pódese acometer dende diferentes ángulos. É un libro sobre libros cun personaxe moi maduro e evolucionado pero, á súa vez, é un libro de viaxes neste tempo de pandemia no que o lector poderá camiñar por Madrid, Londres ou Atenas sen saír da súa casa". 20 anos de Pastor Páez, como foi crecen-

do o personaxe ao longo deste tempo? J.E.B.: "Foi madurando a medida que o facía eu, pero sempre dende a súa independencia porque, precisamente, un dos piares do libro é a independencia dos personaxes con respecto aos seus creadores. No ano 2001 Pastor Páez era un home desmotivado, apático e funcionario gris nunha cidade onde nunca pasaba nada. Pero foi evolucionando cos zorregazos que lle foi dando a vida ata chegar a O libro cero, onde é unha persoa moi culta, de moitas lecturas, decepcionada coa vida e coa sociedade á que xa non lle importa quedar ben ou mal e que só procura

“A Pastor Páez xa non lle importa quedar ben ou mal, só procura ser fiel a si mesmo ”

O Espazo Xove acolle «Aquela meniña de Sarria», adicada a Xela Arias, Letras Galegas 2021. A mostra, aberta ata o 28 de maio, está composta por tres prismas con paneis que reflicten aspectos da vida da autora xunto con poemas e textos que lle dedican escritores galegos ata alumnos e alumnas dos institutos sarriáns Xograr Afonso Gómez de Sarria e Gregorio Fernández. Tamén inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e debuxos da pintora lucense Sabela Arias.

4 Premio Blanco Amor Presentouse a obra As malas mulleres (de Marilar Aleixandre), gañadora do 39º Premio Blanco Amor de novela longa.

O libro cero, a última novela de Jorge E. Bóveda, xa se pode adquirir nas librarías de Galicia.

debería ser a intelixencia sempre guiada cara a ética e a xustiza. E foi precisamente a súa rectitude a que o degradou como policía ao tentar que unha persoa moi influente pagara polas súas actividades delictivas. Desencantado, quere comezar todo de novo; resetear dende Grecia, que é o berce da civilización occidental. Un auténtico inxenuo, a verdade".

Jorge Emilio Bóveda. /DISTRITO XERMAR. ser fiel a si mesmo". A pesar dos 20 anos había máis de 10 que non se sabía del, cal foi o motivo para recuperalo? J.E.B.: "Os personaxes dos meus libros sempre son os mesmos e están entrelazados nas distintas historias que teño escrito. A Pastor téñolle moito cariño porque é o personaxe que representa a evolución interior e o desenvolvemento persoal. Digamos que é o meu Adrián Solovio particular (Arredor de Si. Otero Pedrayo). Logo, tamén son recoñecibles na miña obra literaria e saen en varios libros Leopoldo Pardo (As sete mortes de Leopoldo Pardo), Desiderio García (Deserto García), Alexandre Ossorio (A disciplina de Ossorio), as Galanas (O monstro de Ille), Breogán Bouza (O sol do pasado), etc.". Por que esta novela e por que agora? J.E.B.: "En primeiro lugar porque foi decisión da Editorial Galaxia a súa publicación e, en segundo

lugar, porque é unha novela de viaxes exteriores e interiores e xa pertencemos a unha época na que unha pandemia nos obrigou a renunciar ás viaxes exteriores dándonos so opcións a viaxar coa mente. Os que conecten coa forma de ser de Pastor Páez gozarán coa súa viaxe interior e os que non acaden tanta empatía con el pódeno pasar moi ben coas súas peripecias por diferentes países". O protagonista quere pechar un círculo para dar comezo a outra nova vida? J.E.B.: "Si, el era inspector na Policía Nacional e, cando descubriu o pracer da lectura e dos libros, aprendeu que a única arma válida para pasar pola vida

Fálase dunha novela metaliteraria. J.E.B.: "A súa estrutura é a dunha esfera armilar na que se interconectan os camiños, literatura dentro da literatura, pero non debe preocupar ao lector a priori xa que, ao mesmo tempo, é unha novela lineal de viaxes polo mundo. A súa complexidade vaise descubrindo cara o seu final que é insospeitado". Pode ser a máis intimista de Bóveda? J.E.B.: "Podería pensarse pero, realmente, quen reflicte a súa personalidade é Pastor Páez, non eu. É a súa propia evolución como personaxe durante estes últimos vinte anos. Inda así, non podo negar que comparto moitas características con Pastor Páez porque, á fin e ao cabo, naceu das miñas neuronas". Onde se pode adquirir O libro cero? J.E.B.: "Nas canles habituais. En todas as librarías de Galicia".

“Os que conecten coa forma de ser de Pastor Páez gozarán coa súa viaxe interior e os que non acaden tanta empatía con el pódeno pasar moi ben coas súas peripecias por diferentes países”


XINZO E COMARCA

Redacción A mediados de xuño é a data que barralla o goberno local de Xinzo para abrir ao público as piscinas municipais. Para elo, están a realizar unha serie de obras para telas a punto nesa data. Depois de substituir, o ano pasado, filtros de area e chaves de paso en mal estado, ademais de realizarse melloras no sistema de aspiración, este ano os traballos consisten na posta en marcha dun sistema de cloración automática e de control do PH. A imaxe das piscinas exteriores tamén mellorará coa substitución das lousas deterioradas e o selado dos vasos para evitar que se produzan as perdas de auga. O concelleiro de Infraestruturas, Rafa Penabad, insistiu na necesidade de levar a cabo esta actuación: “resulta de vital importancia

traballar non só no que se ve, senón tamén no que non se ve, como é o tratamento das augas”. Tamén, delimitarase a superficie en parcelas para favorecer así que se manteña a distancia de seguridade e delimitaranse camiños por onde ir á piscina, cafetería e aseos. Iluminación Nas inmediacións das piscinas dotouse de iluminación LED en oito puntos para dar máis visibilidade nas zonas para a práctica de tenis e baloncesto.

Delimitarase a superficie en parcelas para favorecer así que se manteña a distancia de seguridade

As piscinas estarán listas para verán.

7

EN BREVE

Melloras na calidade da auga das piscinas 4 Cun sistema de cloración automática e de control do PH, entre outras.

Barrios 13 de maio 2021

4 Praza do Conservatorio

A fonte da praza Carlos Casares emanando auga.

Dez anos máis tarde, fíxose a auga 4 A fonte da praza Carlos Casares de Xinzo volve estar operativa. Ademais, está a acometerse a mellora de parques infantís. Redacción Dez anos despois a fonte da praza Carlos Casares de Xinzo volve estar operativa. Devandita fonte volve a cumprir a súa función ornamental. O Concello de Xinzo de Limia acometeu o arranxo da instalación, con cinco chorros de auga, que levaba arredor dunha década sen funcionar. Os traballos centráronse na reparación do motor e está previsto que os veciños poidan vela en marcha nun horario fixo. Parques infantís O Concello de Xinzo acomete a segunda fase da actuación de mellora dos parques infantís. Deste xeito, pretende que estén renovados coa chegada do bo tempo. Realizanse tarefas de reparación e mantemento, completando así a segunda fase da actuación de mellora que comezou

a primeiros de ano. En xaneiro, instaláronse peches nas instalacións emprazadas preto das zonas de tránsito de vehículos para preservar a seguridade dos menores e os traballos céntranse agora en arranxar os xogos en mal estado e incluso en instalar algúns novos. Traballouse no parque Galicia e no de A Devesa. Neste último colocouse un novo columpio e un balancín e en ambos substituíronse as escaleiras do tobogán. A intención e continuar nestas datas coa rehabilitación do resto de

espazos lúdicos. O concelleiro de Infraestruturas, Rafa Penabad, explicou así a actuación: “Temos que manter en bo estado as instalacións que temos, sobre todo agora que comeza o bo tempo e que os veciños buscan sitios de descanso ao aire libre”.

Os parques infantís estarán renovados coa chegada do bo tempo

O Concello proxecta a transformación total da praza do Conservatorio co arranxo do pavimento e a instalación de elementos ornamentais como bancos, xardineiras e unha plataforma que acolla diferentes espectáculos. Os traballos levaranse a cabo en canto remate o curso.

4 Modificación de crédito

O Concello de Xinzo de Limia celebrará esta semana un pleno extraordinario no que se tratarán temas como a modificación de crédito por importe de 765.117 euros para poder executar actuacións inaprazables en materia de servizos, infraestruturas, ocio e cultura.

4 Ruta da Portela O Concello de Xinzo proxecta a Ruta da Portela, de case 30 quilómetros e cinco tramos que contará cun presuposto de licitación de 40.000 euros. Entre as actuacións que se contemplan para que o percorrido sexa unha realidade está a instalación dun miradoiro no punto máis alto do camiño.

4 Beca

Remodelación nos parques de Xinzo.

A I Beca de Medicina Rural foi parar a un proxecto (organización de xornadas de información e coordinación entre axentes sociosanitarios) presentado pola doutora Cristina Margusino Framiñán, xefa de Servicio do Equipo de Atención Primaria de Xinzo.


8

Barrios 13 de maio 2021

EN BREVE 4 CDR O Viso O CDR O Viso segue en loita contra a fenda dixital. Por iso, para apoiar, orientar e axudar á inclusión continúa emprendendo accións de préstamos de material informático en casos significativos.

4 Placa A praza de San Sebastián xa está libre de simboloxía franquista trala retirada da placa que lle daba nome. Da así cumprimento á Lei de Memoria Histórica e levada a pleno antes da pandemia.

4 Pista Sitibal A pista, que foi vía alternativa nos últimos meses, ten que ser reparada despois do deterioro sufrido. Farase unha reparación de urxencia á espera da execución do proxecto de máis de 350.000 euros no que se mellorará o acceso a varias vías do entorno, na que se creará un carril bici e unha senda peonil duns 700 metros.

4 Depuradora O Xinzo insta a Augas de Galicia a retomar o plan de mellora da depuración de Morgade, paralizado fai anos. Elvira Lama enviou un escrito ao ente dependente da Consellería de Infraestruturas para axilizar o proxecto, redactado e sufragado no ano 2018.

4 Árbore senlleira Un exemplar do parque do Toural aspira a ser a primeira árbore das trompetas -catalpa- que entre no catálogo de especies senlleiras. O Concello así o solicita ao considerar que o exemplar pode ser un bo representante no listado oficial da Xunta de Galicia. Ademais, non se coñecen outros de dimensións tan sobresaíntes na comunidade galega.

4 Pictogramas Comezou a instalación de pictogramas nos pasos de peóns das proximidades dos centros escolares para eliminar barreiras cognitivas.

XINZO E COMARCA

Máis horas de limpeza 4 Xinzo reforza a limpeza cun servizo complementario de 4.500 horas ao ano. Redacción Para reforzar a limpeza en todo o pobo, o Concello elaborou unha memoria xustificativa da contratación dun servizo complementario que dará conta ao pleno. Ao non dispor de efectivos suficientes para acometer os traballos de hixienización -a causa das limitacións legais nas leis de Orzamentos Xerais do Estado para a contratación persoal laboral fixo-consideran necesario realizar un contrato de servizos para as tarefas correspondentes unicamente á categoría de peón. Trátase, en concreto, de traballos de barrido, baleirado de papeleiras, cinceiros e dispensadores caninos e prestacións similares. Cómpre destacar que será preciso que en datas puntuais como o Entroido, Esquecemento, Semana Santa, festas de Santa Mariña, Nadal ou calquera evento que indique o Concello se realicen limpezas extraordinarias. O orzamento de licita-

Aparcadoiro Redacción Co obxectivo de liberar os espazos públicos de vehículos o Goberno local de Xinzo construirá un segundo aparcadoiro público gratuíto. Estará ubicado na avenida de Celanova. As xestións están moi avanzadas e xa existe un acordo co propietario de terreo (que cederá a súa parcela para este uso público a cambio da exención do Imposto sobre Bens Inmobles) por un período de tempo de seis anos. Está previsto que o aparcadoiro teña cabida para 25 vehículos e que as prazas sexan de rotación continua. A distribución das prazas será en batería para optimizar o espazo dispoñible, que se adapta á

Pleno de Xinzo do mes de abril.

Aprobados os orzamentos de Xinzo de Limia 4 Desde o Goberno municipal califícanos como "os máis ambiciosos". A licitación para a limpeza será en procedemento aberto. ción para este contrato é de 131.373 euros, sendo o valor estimado anual de 59.715 euros. En calquera caso, o número de horas a realizar polo adxudicatario non poderá superar as 4.500 horas anuais.

sición. Mediante este procedemento asegúrase unha maior competencia entre as persoas ou entidades licitadoras. Ao non dispor de persoal suficiente prócedese á tramitación de urxencia.

Procedemento aberto O sistema para levar a cabo a licitación será o procedemento aberto no que toda persoa ou entidade empresarial poderá presentar unha propo-

O orzamento de licitación para este contrato é de 131.373 euros

forma triangular do terreo. Nun dos vértices irán un total de 11 espazos aptos para o aparcamento, mentres que o resto se repartirá entre os restantes. Con este novo aparcadoiro, o Concello pretende liberar as principais rúas comerciais de vehículos. O primeiro destas carac-

terísticas que se construíu en Xinzo foi na rúa Curros Enríquez, concretamente fronte a praza Carlos Casares, con entrada e saída desde a rúa Otero Pedrayo e Vicente Risco, a escasos metros da casa consistorial. Esta superficie conta con preto dun centenar de prazas.

Parcela onde irá ubicado o aparcadoiro.

Redacción No pleno do mes de abril, o Concello de Xinzo vén de aprobar os seus orzamentos sendo estos, para o Goberno local, "os máis ambiciosos". Máis en concreto, o orzamento ascende a 8 millóns de euros en canto ao capítulo de gastos e a 8.476.000 no capítulo de ingresos. As contas para este ano aprobáronse co voto favorable de todas as formacións políticas, a excepción do PP que votou en contra e A alcaldesa socialista, Elvira Lama dixo que o goberno "está facendo todos os esforzos para axudar á hostalería, empresarios ou autónomos e así o seguiremos facendo mediante as modificacións de crédito que sexan pertinentes”. A diferenza entre ambas cantidades responde ao plan de axuste ao que está sometido o Concello debido á delicada situación económica na que se atopaba. Neste sentido, o Ministerio de Facenda fixo a recomendación de reducir un 3% os gastos de persoal e corrente. No que se refire ao capítulo de inversión real, este ascendería a un total de 962.750 euros. Outros acordos Unanimidade obtivo a moción para solicitar

ao Goberno Central a autorización excepcional na comarca da Limia do uso do antexermolante DMN. O concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz, explicou a importancia que ten a proposta, unha vez que a Comisión Europea xa non autoriza o Clorprofam: “Esta é unha comarca agrícola por excelencia e a que máis conserva a pataca. O noso éxito é precisamente ese, pero isto supón a adecuación das naves e poder facer un tratamento efectivo. O DMN vén dun composto natural da propia pataca que xa se autorizou noutros países como Alemania, Bélxica ou Francia”. Tamén houbo acordo para modificar o regulamento do servizo de abastecemento de auga potable e a do servizo de vertidos á rede de sumidoiro. Deste xeito, as naves de uso agrario poderán conectarse á rede de abastecemento e verter á rede xeral, sempre que non superen os límites contaminantes. Con esta iniciativa preténdese reducir o número de fosas sépticas actuais, sempre que os verquidos cumpran os requisitos legais. O Plan de autoprotección de edificios e eventos tamén contou co apoio de toda a corporación municipal. Finalmente aprobouse o expediente de honra ao capitán da Garda Civil José Luís Casas.


PROVINCIA

Os mosteiros, no Festival Pórtico do Paraíso Gabriel Alén, no establecemento Delflor Electrodomésticos de Ourense.

A Xunta lanza o Plan Renove 4 Para a renovación de electrodomésticos. Redacción A Xunta de Galicia ten en marcha o Plan Renove para cambiar de electrodomésticos, no que as achegas poden alcanzar entre o 25% e o 75% do prezo do aparato. Na actualidade son máis de 60 os establecementos da provincia adheridos a este programa -ata o 30 de xuño seguirá aberta a inscrición para os locais interesados-. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, explicou na súa visita ao establecemento comercial Delflor Electrodomésticos da cidade de Ourense, que as persoas interesadas en acollerse ás axudas da Vicepresidencia económica da Xunta para renovar os electrodomésticos dos seus fogares poden presentar as súas solicitudes ata o 30 de setembro, salvo que antes se esgote o crédito deste programa (dotado con tres millóns de euros -70% máis que en 2020-). As axudas (coas que se pretende chegar a 20.000 fogares galegos) foron convocadas en concorrencia non competitiva e as solicitudes tramitaranse a través de entidades colaboradoras. O listado de establecementos adheridos por provincias e concellos pode consultarse na

As achegas poden acadar entre o 25% e o 75% do prezo do aparato

páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), no apartado Plan Renove Electrodomésticos 2021 ou na web https://appsinega.xunta.es/ IN414B_2021/consulta/. Axudas As achegas poderán alcanzar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, e o 75% para os máis vulnerables, polo que, segundo a tipoloxía de electrodoméstico e o consumidor, as axudas irán desde os 100 aos 450 euros. Deste xeito, prestarase especial atención ás familias vulnerables. Cada beneficiario poderá recibir unha axuda para cada unha das tipoloxías cun máximo de tres electrodomésticos. Activa Comercio O ente autonómico tamén leva a cabo o programa Bonos Activa Comercio para impulsar a reactivación do comercio local e de proximidade. Esta iniciativa conta cun total de 330.000 bonos, orientados a todas as galegas e galegos maiores de idade, cun orzamento total de 10 millóns de euros. As bases están na web www.bonosactivacomercio.gal. Os comercios interesados en adherirse teñen ata o vindeiro sábado, 15 de maio. As rebaixas serán de 5 euros para as operacións iguais ou superiores a 30 euros e de 10 no caso das compras iguais ou superiores a 50 euros.

4 Realizaranse tres concertos nestes enclaves. Redacción Foi presentada a programación do 14º Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso. O programa inclúe tres concertos nos mosteiros de Santo Estevo, San Pedro de Rocas e Santa María. Chegarán a esta edición conxuntos

e solistas de referencia no mundo da música clásica procedentes de Italia, Cataluña, País Vasco e Asturias, así como a proxección no Teatro Principal de Ourense dun documental sobre un dos compositores españois máis importantes, José Nebra. O programa inclúe este ano catro concertos que

Barrios 13 de maio 2021

terán como escenarios a igrexa de Santiago das Caldas en Ourense (Santiago na devoción medieval, ás 21 horas do venres, 4 de xuño); o Claustro dos Bispos do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil de Nogueira de Ramuín (Catro estacións porteñas en Broadway, ás 20 horas do domingo, 6 de xuño); o mosteiro de Santa María de Xunqueira

9

de Espadanedo (Farándula castiza, ás 20 horas do sábado, 12 de xuño); e o mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos (Open the door!, do acordeonista vasco Iñaki Alberdi, o domingo, 13 de xuño ás 20 horas). Ademais proxectarase o venres, 11 de xuño, o documental "Nebra, o trunfo da música" a partir das 20 horas no Teatro Principal de Ourense.

Presentación do Festival Pórtico do Paraíso no catamarán da Ribeira Sacra.


10

Barrios 13 de maio 2021

ALLARIZ E COMARCA

Aula espera

Sinalización de rutas

Redacción Toda a información pódese atopar a través da web https://www.allariz. gal/administracion/aula-de-espera/. A matrícula débese formalizar a través do correo electrónico fogardosmaiores@allariz.gal preferiblemente. O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de agosto. Este servizo de atención á infancia ofrece aos pais e nais traballadores a posibilidade de deixar aos escolares de educación infantil e primaria no centro, con anterioridade ao inicio das clases. Os beneficiarios deste servizo municipal son os nenos e nenas escolarizados en Allariz cunha idade de 3 a 11 anos, que comprende o período escolar de 1º de educación infantil a 6º de educación primaria. Información: Fogar dos Maiores (Tlf: 988 554 059).

Xacobeo Redacción O Xacobeo celébrase en Allariz con visitas teatralizadas nocturnas ao conxunto histórico e arqueolóxico de Santa Mariña de Augas Santas. Dentro do programa “As pegadas de Mariña” terán lugar durante as noites das fins de semana de xullo e agosto. Poderán reservarse na páxina web www.celtiatravel.com.

Eficiencia enerxética Redacción Primeiro acometéronse as modificacións a sistema Led nas luminarias das zonas do parque Empresarial de Roiriz, no Paseo do Portovello, no Paseo da Alameda, na estrada de Xunqueira, na ponte de Vilanova, na piscina Municipal e no núcleo de San Vitoiro. Agora deu comezo a segunda fase que trae a renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior a tecnoloxía

Redacción

Presentación da campaña con ADEGA.

O Concello entregará 200 composteiros 4 Para a recuperación da materia orgánica producida nos fogares. Redacción Unha nova campaña -nesta ocasión da man da Asociación Ecoloxista ADEGA- leva ao Concello de Allariz a comprometerse co medio ambiente. A mesma (centrada na compostaxe) busca a concienciación sobre a redución, reutilización e reciclaxe dos residuos, e que prolongará a súa execución ata o mes de novembro. Dirixida aos núcleos rurais do municipio, entregaranse 200 composteiros de uso individual de entre 450 e 850 litros, para a recuperación da materia orgánica producida nos fogares que dispoñan de finca. Con este reparto, superaríanse os 500 os composteiros de LED en Allariz. Dentro desta segunda fase substituiranse un milleiro das luminarias facendo que o cambio a LED se achegue ao 50%; tamén se cambiarán 21 cadros eléctricos. Con este cambio, agárdase que o consumo redúzase na metade como xa se fixo nas zonas que xa se fixo o cambio. Un total de algo máis de 372.000 euros -80% Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), 20% Deputación de Ourense- será o custe total desta segunda fase e os traballos durarán uns 45 días. Os núcleos nos que se están acometendo as

uso individual instalados no Concello. En canto a situación se normalice levaranse a cabo charlas nas parroquias para explicar polo miudo esta iniciativa. Mentres tanto, técnicas de ADEGA darán charlas divulgativas no CEIP Padre Feijoo e no IES de Allariz, para implicar os rapaces e rapazas no respecto e conservación do seu entorno. Tamén contarán cunha exposición sobre esta temática. Outras iniciativas levarán a efectuar visitas porta a porta para a concienciación e explicación da importancia da separación. Áreas de compostaxe Ademais, co obxetivo de superar o 50% na separación e reciclaxe dos residuos xerados en Allariz ao longo do ano 2021

promoverase o reforzo e creación de novas áreas de compostaxe comunitaria cun total de 15 composteiros de gran capacidade. Aquelas persoas interesadas na obtención dun compostador poderán dirixirse directamente a itziar@adega.gal ou ben medioambiente@allariz. gal ou no 988 440 001.

Promoverase o reforzo e creación de novas áreas de compostaxe comunitaria cun total de 15 composteiros de gran capacidade

O Concello de Allariz comeza a renovación da sinalización de rutas. O proxecto -no que colabora as Áreas de Medio Ambiente e de Turismocomezou coa colocación de 6 novos indicadores na Ruta do Canelar. Esta ruta é un sendeiro circular, que parte e remata na aldea de Paicordeiro. O Canelar ten una variante longa de 9 km que chega ata Penamá. Neste punto foi sinalizado un mirador que ofrece unha vista espectacular en pleno epicentro da Reserva da Biosfera Area de Allariz. A ruta tamén conta cunha variante curta de 5 km que leva

ata a bela aldea de San Salvador dos Penedos e os restos do Castelo de Todea, volvendo ao punto de inicio. O percorrido de volta dende San Salvador ata Paicordeiro transcorre pola Vía da Prata o seu paso polo Concello de Allariz. Ademais desta intervención, neste mes de maio procederase á resinalización e mantemento do tramo das rutas BTT que percorren a Reserva da Biosfera, en Allariz. De cara ao verán procederase á mellora das pezas informativas en Santa Mariña e Armea. As Áreas de Medio Ambiente e de Turismo colaboran neste proxecto que tenta facilitar á cidadanía local e visitante o acceso a os nosos recursos naturais e patrimoniais.

Os concelleiros María López e Bernardo Varela.

Apoio ao comercio local e ao galego Redacción “Eu merco en Allariz, eu merco en galego”, trátase dunha iniciativa das áreas de Normalización e de Promoción Económica, Comercio e Turismo, do Concello de Allariz. Está dirixida ao sector comercial de Allariz e o obxectivo é, por un lado, conseguir que se atenda á clientela e provedores preferentemente en galego e que todos os rótulos, carteis e publicidade, xunto con elementos exteriores, estean tamén na

nosa lingua. Por iso, todas as persoas que realicen compras entre o 14 e o 18 de maio nos establecementos de Allariz, que se acollan á campaña, recibirán un adhesivo e poderán optar a dous premios de 100 euros para mercar no comercio local, así como dous lotes de libros de Xela Arias, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Ponse a disposición un correo electrónico normalizacion@allariz.gal para todo o sector comercial de Allariz, no que poderán enviar aquelas dúbidas que poidan ter respecto ao galego e ao seu uso nas relacións comerciais.

Allariz, con esta segunda fase, achégase ao50% de iluminación LED. melloras foron escollidos entre o IDAE e o Concello priorizando os que tiñan un consumo máis elevado. E eficiencia enerxética

en Allariz non para e o Concello está co estudio do proxecto para ampliar o cambio das iluminarías a cinco puntos máis.

Normalización Lingüistica e Comercio son as áreas promotoras desta campaña.


CELANOVA E COMARCA

Residencia San Carlos Redacción A residencia San Carlos incorpórase á rede asistencial de centros para persoas maiores da Fundación San Rosendo despois de que ambos os padroados aprobasen a integración que dá continuidade ao servizo, nas mesmas condicións, que a residencia de Celanova leva prestando desde hai máis de 40 anos. Na actualidade, 58 persoas maiores residen neste centro que é atendido por preto de 30 profesionais. A decisión é froito dunha reflexión, tras as dificultades durante a xestión da pandemia do Covid19 e a necesidade de abordar novos retos. Entre eles, un

Webinar Redacción O Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia realizou un novo webinar no Obradoiro de Emprego O Refectorio, desenvolvido polos Concellos ourensáns de Celanova, Bande e Verea. A enóloga, Sonia Otero, impartiu a sesión dirixida a 7 persoas do curso do

O subdelegado achégase á memoria histórica Redacción O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, recibiu a unha representación do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova. A reunión serviu

4 Inorde

Reunión do Padroado da Fundación Curros Enríquez.

Gran actividade na Fundación Curros Enríquez 4 Festexando o 170º aniversario do nacemento do poeta. Redacción

Certificado de Profesionalidade de Servizos de Bar/Cafetaría. O webinar combinou información tanto teórica como práctica sobre as funcións do Consello Regulador e as características diferenciadoras das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Na segunda parte da sesión, realizouse un repaso polos distintos destilados amparados a través da cata comentada dos mesmos.

Este 2021 será un ano no que a Fundación Curros Enríquez organizará gran cantidade de eventos coincidindo co 170º aniversario do nacemento do poeta. O Padroado reuniuse na Horta da Palabra da Casa dos Poetas para debatir o programa de actividades, aprobar o orzamento anual e renovar o compromiso institucional de colaboración na organización de actividades conxuntas a nivel expositivo ou de promoción dos autores de Celanova. O Padroado da Fundación debateu sobre un programa que pretende servir de guión de traballo para o funcionamento continuo da entidade coa organización de presentacións de libros, audiovisuais, exposicións, actividades para nenos e nenas, e no que se agarda poder retomar as visitas

para que o Comité detallase a demanda de aplicación da Ley de Memoria Histórica de 2007 sobre o símbolo falanxista situado no Outeiro da Obra, en Celanova. O Comité fixo entrega do informe no que se documenta por primeira vez o carácter de simboloxía fascista dese monumento, e o subdelegado comprometeuse a que sería revisado polo seu gabinete xurídico.

Tamén avanzou que, de ser pertinente, elevará unha consulta á Secretaría de Estado de Memoria Democrática, integrada no Ministerio de la Presidencia. González Afonso tamén se comprometeu a facilitar ao Comité todo o apoio que poida nas novas liñas de traballo abertas, empezando pola investigación sobre a fosa común na que poderían estar soterrados os 7 últimos presos fusila-

A Residencia San Carlos incorpórase á Fundación.

11

EN BREVE

maior nivel de dependencia das persoas maiores, unha atención máis individualizada e unha maior dotación de recursos. Recoñecemento Nunha reunión cos traballadores, o presidente da Fundación San Rosendo, José Luís Gavela, destacou a implicación e o esforzo de todo o equipo durante apandemia. A Fundación manterá a todo o equipo e asumirá a dirección do centro con profesionais procedentes doutros centros. Coa incorporación da residencia San Carlos, a Fundación San Rosendo conta con 72 centros que suman 3.768 prazas e 1.921 profesionais. O 89% dos centros están situados no rural onde a oferta privada é escasa.

Barrios 13 de maio 2021

Apoio Tamén se adoptou a decisión de continuar no apoio da xestión turística de Celanova coa atención anual da Casa dos Poetas e dos espazos museísticos de Vilanova dos Infantes, a continuación na promoción de distintos paquetes turísticos adaptados agora a formatos de pequenos grupos como será o roteiro “Celanova; pedra e poesía”, así como a oferta de actividades culturais de atractivo literarias e musicais en colaboración co Concello de Celanova, a Parroquia de San Rosendo, a Banda de Música de Celanova e as asociacións a ela ligadas e outras.

e actividades destinadas a grupos escolares e doutras entidades culturais e sociais. Coa celebración do 170 aniversario do nacemento de Manuel Curros prevese a organización de diversas actividades no mes de setembro entre as que se atopan a 2ª Semana de Fotografía analóxica que incluirá un concurso, un obradoiro, un foro de xornalismo e unha exposición, xirando a temática desta edición no poema de Curros “Na chegada a Ourense da primeira locomotora”, coincidindo ademais que 2021 é o Ano Europeo do Ferrocarril e que se prevé a chegada do AVE a Ourense. Tamén se terá en conta a celebración do 700 aniversario da publicación de “A divina comedia” de Dante, en relación con “O divino sainete” de Manuel Curros para promover a realización dun ciclo de cine sobre os sete pecados capitais.

A 2ª Semana de Fotografía analóxica celebrarase en setembro

dos dos que hai constancia no cárcere de Celanova en

1939 e na procura de familiares destas vítimas.

O Inorde e os municipios que integran o Xeodestino Terra de Celanova – Serra do Xurés perfilaron o plan de accións para o convenio coa Axencia de Turismo de Galicia para o ano 2021. Os principais obxectivos son: incrementar a notoriedade do xeodestino e captar novos visitantes; apoiar a reactivación do sector turístico local e mellorar a súa formación e colaboración con novas empresas que aposten polo territorio; aproveitar produtos turísticos noutros proxectos vinculados ao territorio para xerar experiencias incorporando ás empresas locais; e crear un maior contacto e mellora da xestión turística entre o sector privado, o Inorde e os concellos do xeodestino.

4 Turismo

A oficina de turismo de Celanova e os espazos atendidos por persoal da Fundación Curros Enríquez, como a Casa dos Poetas e a Torre da Homenaxe en Vilanova dos Infantes, amplían os seus horarios pola tarde abrindo ata as 19 horas.

4 A Bola

En canto ao polémico policía local aparecido na Bola, a alcaldesa, Teresa Barge, explicou que foi contratado para desenvolver funcións de voluntario de protección civil “durante tres días, pero só estivo dous”, e durante esas dúas xornadas estivo acompañado por outro persoal de protección civil. Despois, ofreceuse a prestar funcións de policía local, e a alcaldesa decidiu encargar un informe xurídico que foi desfavorable. Para os nacionalistas, Barge non especificou a quen se encargou o informe nin o uniforme e consideran que as “explicacións son cada vez máis confusas”.

4 Bande

O subdelegado do Goberno, con membros do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

A Xunta vai levar a cabo unha rehabilitación integral da Casa Reitoral do Concello de Bande, que suporá unha inversión de 424.000 euros.


12

Barrios 13 de maio 2021

Subvencións CMD Redacción O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes (CMD) aprobou as Bases reguladoras de subvencións en materia deportiva. Estas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, están dirixidas a dúas liñas de financiamento: para a organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva (entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de outubro 2021); e para gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación en actividades federadas de carácter oficial. Poderán optar ás axudas do CMD as federacións deportivas e clubs ou entidades deportivas inscritos/as no Rexistro de Asociacións Deportivas Municipais, quedando excluídas aquelas que teñan débedas co CMD, as sancionadas en firme por infraccións relacionadas coa xustiza deportiva ou as que xa teñan convenios nominativos asinados, entre outros casos. A porcentaxe subvencionable non poderá exceder o 75% do custo da actividade, agás que se trate de actividades de especial interese público ou social. Como novidade, increméntase a valoración dos técnicos; introducen entre as actividades promocionais todas aquelas relacionadas con medios telemáticos; e introdúcese, no apartado ‘Varios’, a valoración de gastos derivados da adquisición ou contratación de servizos de limpeza e desinfección para previr contaxios relacionados coa COVID. As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no espazo http://www.deportesourense.com.

DEPORTES

O COB acaricia a salvación 4 Gaña en Lleida nun final de infarto.

4 A UD Ourense achégase á salvación.

Redacción Sufrida, pero vitoria ao fin e ao cabo dun Club Ourense Baloncesto que chegaba a Lleida coa necesidade imperiosa de gañar. Non só para ter máis preto a salvación, senón tamén para lavar unha imaxe bastantes debilitada nos dous últimos partidos -contra Huesca os dous- no que caeu estrepitosamente. O encontro no Barris Nord estivo moi igualada con rendas, por un e outro bando, que non superaban os sete puntos. Con esta igualdade chegábase ao último cuarto, e foi neses últimos 10 minutos cando emerxeron as figuras de Andre Spight e Adonys Henríquez. Entre eles dous mantiveron, a base de puntos a un COB que precisaba a vitoria para ver a permanencia con máis claridade. Nos últimos intres de encontro o marcador estaba empatado a 74 puntos, desfancendo o empate Adam Yates cunha canastra de dous

Salvour Redacción O Club Salvour inaugurou a tempada de augas abertas con sete deportistasourensáns na Liga Galega de salvamento e socorrismo. Foi na praia de Gandarío, no Concello coruñés de Bergondo, onde se disputou esta primeira xornada nas categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, absoluto e máster Destacadas foron as actuación da infantil Rosalía Iglesias Gil, clasificando para a final na proba de carreira con táboa de salvamento; e a cadete Almudena Moreiras Dacosta meténdose tamén

Campionato para o Arenteiro

Redacción

Spight foi revulsivo nos últimos minutos contra Lleida. puntos. A última posesión foi para un Lleida que non foi quen de encestar viaxando a vitoria na maleta dos ourensáns. Finalmente unha vitoria (74-76) para o equipo dirixido por Gonzalo García de Vitoria. O que queda Aos ourensáns lle restan por disputar dous encontros, nos que deberá certificar a permanencia. O primeiro deles será este mesmo domingo ás 12.30 horas no Paco Paz. O rival será un Real Canoe descendido pero que non o porá nada fácil. Se a vitoria queda na casa, o COB terá practicamente asegurada a súa participa-

ción na vindeira tempada da LEB Ouro. Para elo deberá gañar e agardar outros resultados. Agora mesmo son dous os equipos descendidos: Burgos e Canoe, quedando dúas prazas máis de descenso libres. Hai catro equipos que loitan por librarse desas dúas prazas; xunto ao COB xogarán por non descender o Lleida, o Melilla e o Murcia (este será rival dos ourensáns o vindeiro martes no Pazo a partir das 19 horas. Aínda que hai que certificar, matematicamente, a permanencia, a vitoria fronte Lleida failles dar un paso de xigante.

na final de bandeiras. O resto da expedición -os xuvenís Zaira García Villalonga, Xenxo Fernández Fernández, Miguel Viso Murciego, o infantil Álvaro Peiteado Albarín e o alevín Martiño Novo

Fernándezrealizaron unha grande xornada aínda que non se viu recompensado co paso á final para ningún deles. A vindeira xornada da Liga terá lugar en Cangas o sábado, 5 de xuño.

Integrantes do Salvour na primeira xornada da Liga.

O Arenteiro proclamouse campión de Terceira logo de vencer na última xornada ao Bergantiños. O gol de penalti de Renan Zanelli foi suficiente para que os do Carballiño lograran unha vitoria que poñía un broche de ouro a una tempada para enmarcar. Campionato e ascenso, un dous en un para un equipo que desde o principio xa mostrara as súas credenciais para lograr estos dous complicados obxectivos. Este ascenso lle permite aos de Fran Justo disputar a vindeira tempada a competición de 2ª División RFEF. Salvación No grupo pola salvación aínda restan seis xornada, pero vemos aos tres equipos con opcións de salvar a categoría. Porén, o obxectivo non é sinxelo, xa que dos 12 equipos deste grupo, só catro se salvarán. Quen mellor o ten é un Ourense CF que ocupa a primeira posición con seis puntos por riba do descenso. Catro vitorias nos últimos cinco encon-

tros refrendan ao conxunto albinegro como un dos favoritos non perder a categoría. O Barco tamén ocupa postos de salvación, pero os dous puntos sacados nas últimas tres xornadas fan que os valdeorres aproxímense ao precipio; suman un punto máis co descenso. E o terceiro conxunto ourensán que loitar por non descender é unha Unión Deportiva Ourense que fai varias xornadas parecía condeada ao descenso pero que as tres últimas xornadas logrando os nove puntos fixeron que os capitalinos crean na salvación. Actualmente son quintos -zona de descenso- aínda que teñen a un só punto a salvación. Vindeira xornada Comeza a segunda volta deste grupo e o fai con Ourense CF, Barco e UD Ourense enfrontándose a Fisterra, Paiosaco e Estudiantil, respectivamente.

O Ourense CF é o líder do grupo que loita pola salvación

Recepción do Arenteiro na Deputación de Ourense.


DEPORTES

4 Aníbal Pereira

4 O Cidade ten cada vez máis complicada a permanencia. Tempada difícil tanto para Ourense Envialia como para Cidade das Burgas; as primeiras son últimas no grupo das mellores e as segundas ven moi de preto o precipicio do descenso. O Ourense Envialia recupera o sorriso trala vitoria na casa diante do Móstoles ao que venceu por 5-4. A pesar das baixas as de Morenín lograron sacar un partido diante da súa afeción para coller moral de cara ao tramo final de tempada. Seguen na oitava posición pero xa ven de cerca ao seguinte na clasificación, que precisamente é o Mostoles, a tres puntos. Esta semana haberá parón e a competición reanúdase a seguinte coa visita ao Alcorcón de Vane Sotelo. Pola súa banda, o Cidade das Burgas ten moi difícil a súa permanencia na elite do fútbol sala nacio-

nal. Unha nova derrota (contra Universidad de Alicante por 1-2) condea -practicamente- as de Manolo Codeso ao descenso de categoría. Con nove puntos son penúltimas e están a nove da salvación cando faltan por disputar 12 puntos. A vitoria é vital na xornada desta fin de semana na que visita ao Xaloc. Cunha derrota estarían matematicamente descendidas. So vale a vitoria e agardar a que non gañe o Viaxes Amarelle. Sala Ourense Coa vitoria dos ourensáns fronte o San Cucao (3-7) os de Óscar Vivián están na tranquilidade que dan os postos de metade da táboa. Con 26 puntos son quintos, lonxe dos postos de arriba, pero tamén cunha holgada diferenza cos de abaixo. Este domingo regresan a terras asturianas para enfrontarse ao Boal.

Presentación da final a 4 no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta.

Final a 4 da Copa Galicia de hóckey O sábado 15 e domingo 16 de maio, no campo de Mariñamansa, celébrase a final a 4 da Copa Galicia de hóckey en categoría masculina e feminina. As semifinais dispútanse o sábado pola tarde sendo as finais e a loita polo terceiro e cuarto posto o domingo pola mañá. Os equipos participantes son: Athletic Coruña, Albor de Ourense, Cidade de Ourense e Santo Cristo CSA de Ourense, en categoría masculina; e Athletic Coruña, o Albor de Ourense, o Atlántico Hóckey de Vigo e Ourense Hóckey Club, na feminina.

O grupo de goberno do Concello de Ourense incorporou ao seu persoal eventual a Aníbal Pereira para desenvolver o seu traballo na área de Deportes. O ex futbolista, entre outros de CD Ourense e CD A Ponte, exercerá de nexo entre esta Concellería e a Alcaldía, e será o encargado de relacionarse cos traballadores do Consello Municipal de Deportes e os clubs da cidade.

4 Pavillón da Carballeira O Consello Municipal de Deportes remodelará o pavillón da Carballeira cun investimento de 270.000 euros. O proxecto prevé mellorar o confort térmico e a execución de novas bancadas, iluminación e pavimento.

4 Skate Park

Plantilla do De Pueblo Balonmán Pavillón que estará na “Final Four” de ascenso.

De Pueblo Balonmán Pavillón

O Envialia festexando a vitoria ante o Móstoles.

13

EN BREVE

O Envialia recupera o sorriso R.T.

Barrios 13 de maio 2021

As sénior feminino do De Pueblo Carnicería Balonmán Pavillón métense na “Final Four” que se disputará esta fin de semana (16 e 17 de maio). As mozas dirixidas por Aarón fixéronse coa ultíma praza da final a catro galega, que dara ao campión a oportunidade de disputar xunto co Cañiza, a fase de ascenso a prata. Partido difícil e moi traballado para as ourensás, as cales se foron ao descanso 4 goles arriba. Resultado enganoso, xa que o Carballal reacionou, poñéndoo dificil ás das Burgas, as cales souperon reporse e sentenciaron o partido nos últimos 10 minutos.

Xa está aberto o novo ‘skate park’ de Ourense ubicado no parque das Letras, lugar elexido polo Concello de Ourense e posto en servizo pola Xunta de Galicia. Deste xeito cambia de lugar xa que anteriormente estaba na contorna da Ponte Romana. Así, ao carón da ponte Vella queda un espazo que porá en valor a monumentalidade deste conxunto emblemático entre a ponte e a Capela dos Remedios.


14

Barrios 13 de maio 2021

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Existen curas naturais sen medicamentos nin cirurxías A curación con produtos naturais, por suposto, non é unha solución para todas as enfermidades, pero quizais para máis do que pensamos. A ciencia médica convencional só funciona cos "remedios" da farmacia, onde tamén hai velenos que seguen matando. Moitas drogas lanzadas ao mercado son retiradas posteriormente porque xa mataron a centos de persoas. A medicina convencional está fracasando: cada vez hai máis persoas que reciben tratamentos médicos, toman máis drogas, fan máis probas diagnósticas e operan máis que nunca. A Dirección Xeral de Sanidade pídenos que teñamos confianza e incluso din que os portugueses sempre o facemos. Pregúntome por que? (Fixemos unha revolución cos caraveis na man). Europa investiu e escolleu as vacinas para aplicar contra a Covid-19 e resulta que os efectos negativos xa causaron mortes: insisten en dicir que a súa relación coas vacinas non está probada. Estamos perdendo moita liberdade, de feito, moito falado, discutido, pero pouco pensado! Como é posible ter vacinas eficaces se antes se tardaba entre 4 e 10 anos en prepararse para o mercado e agora xa bastaba un ano! E agora? A inmunidade só durará 6 meses? Un ano? - Un negocio de moitos millóns. O coidado da saúde como tratamento, prevención e diagnóstico de enfermidades é o negocio máis rendible do planeta. Cada vez son máis pacientes que dan millóns de beneficios para

A industria sanitaria non ten ningún incentivo para curar enfermidades, o seu traballo non pode rematar

a industria farmacéutica. A industria sanitaria non ten ningún incentivo para curar enfermidades, o seu traballo non pode rematar. O obxectivo é ter cada vez máis enfermos, só importan os cartos! Non será posible lanzar unha vacina para 6 anos? Non, porque se perderían moitos millóns! Hai curas a través de remedios naturais, sen case efectos secundarios. Os medicamentos da farmacia curan os síntomas, non curan a enfermidade. Vou presentar un exemplo sinxelo: como se poden curar as hemorroides, por exemplo? O médico dálle unha pomada da farmacia. Se non cura, fálalle da cirurxía. Podo dicir que curan cun produto moi barato ... xeo. Si, o xeo cura as hemorroides: 1º: resolve o estreñimiento cunha culler de sopa chea de liñaza (granulada ou moída), mesturada, por exemplo, cun iogur natural; 2º, un cubo de xeo aplicado directamente ao ano, coidando de poñer un pano para que non se queime; o 3º, ungüento da farmacia tamén axuda, aplicándoo despois da defección e tamén despois de aplicar o cubo de xeo, o 4º non o limpas con papel hixiénico, senón simplemente laveo. O xeo, a hixiene, as sementes de liño e un ungüento son unha cura natural eficaz, sen deixar secuelas. Hai curas naturais máis eficaces para outras patoloxías, incluso para o cancro. Non o esqueza, hai que respectar todos os medicamentos. Polo tanto, os profesionais da saúde en medicina alternativa tamén poden axudarnos a seguir o camiño dunha cura sen efectos secundarios significativos. João Damião

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

O mazadoiro dos de Clara O sol érguese cedo en Ribas do Asneiro no verán. Érguese máis cedo aínda a xente para aproveitar a fresca, ás dez e media xa poden moscar as vacas, entón lévanse para a corte á sombra, mais para os segadores a sombra agarda ata o descanso das once. As mulleres trouxeron uns chourizos e unhas “fetas” de xamón, os homes paran para cravuñar as gadañas e meterlle un taquiño ao estómago que dende as seis mantense cun anaco de pan de centeo e a alferga de augardente do almorzo. “O corpo abala se non se lle da sustento” dixo a avoa Hortensia, mandaron ao tío Cándido por tres cuartillos de viño branco para a bota e unha botella de gasosa Ramos, a taberna de María do Cruceiro, para enchela e darlle uns bicos ao remate de cada rola. No regato, debaixo dos ameneiros, metidas nun cesto de codesos están as viandas e outra botella de Ribeiro tinto, que trouxeron da casa. Xa queda pouco do pelexo que carrexou o arrieiro naquela besta negra, parecía un cabaleiro, case coma o “guerreiro do antifaz”, “da careta” chámalle o pai para meterse comigo, sempre mo merca na feira de Lalín, sabe que me gusta moito, el di que leo moi ben. Os arrieiros traen o viño nuns pelellos de carneiro e enchen os garrafóns, son tres de media ola, “hai que arranxarse con este ata que volvan”, din os da casa, o pai dálles a razón. Despois cando se acaba manda a mercalo á taberna de María do Cruceiro ou a de Alicia, "hai que mercarlle as dúas, cos curas e cos taberneiros convén levarse ben, uns negocian coa alegría desta vida e os outros ca do mais alá. El di que sen un neto de viño non come, prefire non xantar, e con esa pa-

rola sempre vai habendo viño na casa. Pero o que sabe todo o que acontece en Ribas do Asneiro é o mazadoiro de Clara e a súa prolongación no cuberto, e nas escaleiras da palleira, alí xúntanse cando a calor aperta, ou cando chove, ou se trona, sempre o tempo dará unha desculpa, para a xuntanza, homes, vellos, novos e ata os “rapazolos”. Alí gobernase a aldea dende o punto de vista masculino, as reunións do mazadoiro e do cuberto de Clara, son a réplica ás reunións plenarias das mulleres no lavadoiro, elas “critican” cando lavan, os homes "analizan" cando fuman, son dous xeitos de ver a vida, ás veces dependendo de quen faga unha cousa recibe distintos nomes, os rapaces non entendemos iso ben de todo. Tamén é certo que as veces fálase ao caso, acórdase cando se van xuntar para rozar as silvas do camiño, que xa logo é a festa do Carme ou cando se vai limpar a presa do Muíño, se hai que xuntarlle a herba a tal veciño que está operado e el non pode. Pero a máis das veces falan das “novidades”, que se “fulanita” anda con tal fulano, que a outra casouse porque estaba preñada, que se a criada do cura quédase de vez en cando na casa reitoral porque dormen xuntos, contos “daquí e dalá”, que se un da parroquia veciña bebe moito viño, que se aquel outro é moi agarrado e non o bebe por non gastar... O mazadoiro é de pedra e non fala, máis a min unha noite faloume. Viña da discoteca Campos, estaba aínda estudando no instituto, uns dez anos máis tarde da sega da que vos viña falando, xa

era un mociño. Aquela noite dous compañeiros de troula, propuxéranme "probar un paraíso novo, algo único marabilloso, a heroína, algo moi molón colega", quixéronme convencer dicindo que era moi doado, que ía ser unha grande aventura. Negueime, e entón chamáronme covarde e moitas cousas máis para tratar de convencerme. Aquela noite tróuxome Mario, o da Estación, no taxi, e vin todo o camiño cismando se se cadra tiñan razón, eu que sempre presumira de valente, poida que non o fora tanto, por negarme a probar polo menos, aquelo que me ofrecían. O taxi deixoume na Braña, mais eu quixen ir dando un rodeo e beber na fonte da Picha, antes de coller para a casa, subín polo camiño á beira do río, sen poder deixar de cavilar no acontecido. Boteille uns bos grolos de auga da fonte que viña co caño cheo, e salpiqueime a camisa, cando a fonte trae tanta auga non hai xeito de beber ao dereito do caño sen mollarse un pouco. Despois de sacudirme a roupa, arrinquei cara a casa, foi entón cando vin unha muller sentada no mazadoiro, pareceume moi estraño, eran as catro da mañá, fixen como que non a vía pero chamoume dúas veces polo meu nome, sorprendido achegueime máis para ver quen era, alí estaba unha muller duns corenta anos tapada cun velo negro, díxome; “Aveliniño, o meu neno querido fixeches ben, hai que ser máis valente para dicir que non ás veces é quedar por covarde, que aceptar e ser coma os outros, as drogas son malas e non debes probalas". E

Foi entón cando vin unha muller sentada no mazadoiro, pareceume moi estraño, eran as catro da mañá, fixen como que non a vía pero chamoume dúas veces polo meu nome

sen mais desapareceu da miña vista. Non daba creto ao que acaba de pasar, e estaba pensando que sería unha xogada da miña imaxinación, foi entón cando o mazadoiro faloume e díxome, “lisca para a casa, e fai caso aos consellos que escoitaches”, co medo no corpo botei a correr e non parei ata chegar á cociña. O pai estaba esperándome coa lareira acendida, ao verme díxome ¡ves branco como se viras un espírito! Entón conteille o que me acontecera, iso si o da droga caleino, entón preguntoume; “e a muller que che falou tiña un reloxo moi brillante no pulso e vestía de blusa branca e chaquetiña negra?” -Si, creo que si- lle dixen. “E chamouche meu neno querido?” -Si, ti como o sabes?- pregunteille? Saber non o sei, mais esta noite estiveches nun perigo moi grande, tan grande que tivo que vir túa nai a avisarte, non poñas esa cara de parvo e anda con moito coidadiño, que estes avisos non chos van dar dúas veces. Dende aquelas, cada vez que paso preto do mazadoiro miro a ver se vexo aquela muller, ou se o mazadoiro quere dicir algo, pasaron corenta anos e o mazadoiro segue calado, case que mellor, cantas cousas saberá? Ti xa o dicías papá a mellor palabra aínda é a que está por dicir, sete anos despois ti colliches camiño para xuntarte coa mamá no Alén, e eu ando por aquí contando estas lerias que nos aconteceron, non te rias estounas escribindo para que as lean os teus netos e mais o meu, xa sabes que son avó. Hoxe dígocho eu, “anda... papá déixate de Andrómenas e agarda un pouco, que máis cedo que tarde, xa che contarei outros contos polo miúdo. Ah! que xa me esquecía, dálle un bico á mamá da miña parte. Avelino Jácome


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 13 de maio 2021

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº144 - Ano: XIV - 13 de maio de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4TRIBUNA ABERTA

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

José Paz reúnesecon Tagore José Paz, representa a figura máxima de "Humanista", forxada pola súa traxectoria vital ao abrazar a filosofía e doutrina de Tagore. Unha vez máis os que mal gobernan miraron para outro lado e a ilusión de que a súa biblioteca quede en Ourense, así como o recoñecemento á súa gran obra e fundación da Casa de Ourense na India, non se tiveron en conta, vese que nesta casa ser culto está mal visto. A cesión da súa biblioteca á Casa da India de Valladolid, foi o resultado de múltiples xestións que fracasaron, encamiñadas á doazón da súa biblioteca e legado prioritariamente á cidade dás Burgas, logo á Cidade da Cultura na que desexaba incorporar a súa colección de cinema. Tamén quedou patente o interese da India por trasladar á facultade de Visva-Bharati en Santiniketon este inmenso te-

souro, lugar onde irán se a Casa da India de Valladolid desaparecese. Sente envexa sa de Vicente Risco que foi dos poucos galegos que puideron asistir a unha das conferencias que Robindronath Tagore deu en Alemaña e ao que lle fixo un retrato a plumilla. Conta orgulloso como o propio presidente da India, Pronab Mukherjee, tivo unhas palabras para

Concurso Carlos Casares

cello repartirá case 2.000 euros en premios e todos os galardoados recibirán un diploma acreditativo. Os relatos poderán ser enviados ao enderezo de correo electrónico cultura@xinzo.gal, incluíndo o título da obra e os datos do autor cun teléfono ou mail de contacto. Os traballos tamén poderán ser entregados en formato físico na Casa da Cultura ou nos centros escolares de Xinzo. Neste caso deberán presentarse nun sobre grande no que figure por fóra tan só o título da obra. No seu interior, ademais do texto orixinal, deberá aparecer outro sobre pequeno que conterá, así mesmo, o título da obra e os datos do autor. Serán nulos os traballos que

Redacción O Concello de Xinzo convoca a quinta edición do Concurso literario infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares. Estableceranse sete categorías para os participantes: unha para os cursos de infantil; tres para os diferentes ciclos de primaria; dúas para os de secundaria e unha para os alumnos de bacharelato en adiante. Deste xeito, outorgaranse dous premios en cada unha das categorías, consistentes en vales para mercar libros e material escolar nas librarías de Xinzo de Limia. En total, o Con-

el e a súa colección nun discurso dirixido ao Rei de España. Unha vez máis a cultura irase rio abaixo polo vello Ganges ou polo calado Miño buscando o mar que lle dará universalidade e grandeza como espello do sol e reflexo as estrelas. Miguel Anxo Martínez Coello

Retratos de Tagore e José Paz realizador por Coello. leven á vista o nome. O prazo de presentación remata o venres 28 de maio ás 14:00 horas. Infantil Os alumnos dos cursos de Infantil participarán cun debuxo, mentres que os de primeiro e segundo de Primaria acompañaran esta forma artística cun texto breve. As páxinas que deberán presentarse aumentarán ao mesmo tempo que a idade dos participantes. O formato para presentar as obras será DIN A4 por unha cara, en tipoloxía Times New Roman 12 ou Arial 12, entreliñado de 1,5, nos traballos escritos a ordenador. Admítense tamén manuscritas con presentación clara.

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029.

Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173.

VENDAS Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91


Barrios 13 de maio 2021


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.