Decembro de 2016 - Barrios

Page 1

[Páx. 17]

Entrevista a Jorge Emilio Bóveda, escritor e profesor no colexio Curros Enríquez de Celanova VERÍN

Páx. 2

Campaña de promoción da DO Monterrei en Galicia

XINZO

Páx.9

Macrocontrol de tráfico cun positivo por drogas

ALLARIZ

Páx.11

Novos achados en San Salvador dos Penedos

CELANOVA

Páx.14

A Biblioteca de Celanova recolle 100 quilos de alimentos

O Nadal chegou ás vilas

DEPORTES

Páx.20

Dous segundos postos en Elorrio para o CC Maceda

[Páx. 4, 10 e 12]

Alumeado navideño en Allariz, Celanova, Xinzo e Verín. /M. REJO e N. DOMÍNGUEZ.

Número: 32 - Ano: XI - Decembro 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios Decembro de 2016

VERÍN E COMARCA

Triple premio para “Ulises” na primeira edición do Festival de Curtas de Verín 4 Máis de 2.000 persoas participaron nas actividades do certame. Redacción A gala de clausura do I Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV colgou o cartel de completo no Auditorio de Verín. Tras unha semana de Festival, entre o 5 e o 11 de decembro, o xurado elixiu a curtametraxe “Ulises” coma a máis premiada da noite. O filme conseguiu os trofeos de Mellor Director (para Aitor Gutiérrez), Mellor Actor (para Cándido Uranga) e Mellor Guión. O premio a mellor actriz foi para María Larralde de “Restart”. Nas tres categorías do festival conseguiron o galardón: “Restart”, dentro de Fronteira; “O Moredo” en Entroido; e “Dente de León” en Emigración. O premio do público recaeu en “17 años juntos”. Ademais o festival concedeu un Premio de Honor Especial ao verinés Carlos Folgoso, fotoxornalista que expuxo as súas fotografías no Auditorio de Verín durante todo o certame. Trátase xa que logo dun recoñecemento á súa obra, centrada en dúas das temáticas do festival: Fronteira e Emigración. . A gala estivo presentada polos actores Alberto

Rolán e Machi Salgado e contou coa música de Maren Ladson, a interpretación de bandas sonoras a cargo de Xabier Vaz e mesmo a presenza enriba do escenario dos “cigarróns”, elementos claves do Entroido verinés. Á clausura acudiron moitos dos directores das curtas presentadas nesta primeira edición do certame, como por exemplo Oscar Doviso de “O Rebelde”, Charli García de “Polo”, David Vázquez de “O Moredo”, David Oeo de “Añadir Contacto”, Juan Hervella-Rego de “Share o no Share” e Héctor Domínguez-Viguera de “El Pozo”. Tamén estiveron presentes os membros do xurado : o director Jorge Coira, a actriz Ledicia Sola, a presidenta do Cineclube de Chaves Sandra Pinho, e a concelleira de Cultura de Verín Emilia Somoza. Ao evento tamén acudiu parte do reparto e equipo técnico da coprodución luso galaica Vidago Palace, que se roda na Eurocidade. Balance da 1ª edición Poucos días despois de rematar o certame, o director de Produción de Vía

XIV, Xosé Lois Santiago Rodríguez, fixo unha valoración positiva desta primeira edición. Primeiro, pola afluencia de público, foron máis de 2.000 persoas as que participaron nalgunha das actividades propostas, entre proxeccións, foros e actividades paralelas. “Para ser a primeira edición estamos contentos, facemos un balance positivo”, valoraba o director de Produción. Segundo, polas impresións de directores, produtores e profesionais das curtas que se proxectaron: “dixéronnos que non parecía a primeira edición, que estivo bastante ben organizado”, engadía Xosé Lois Santiago. A intención dos organizadores é repetir a experiencia o ano que vén: “vaise facer unha segunda edición, a nosa idea é mellorar, crecer, facer retoques...”, adiantaba o director de Produción do Festival.

Entregouse un Premio de Honor Especial ao fotoxornalista Carlos Folgoso

Imaxe xeral do Auditorio de Verín antes de iniciarase a gala de clausura./FICVERÍN.

A DO Monterrei lanza unha campaña promocional dos seus viños en toda Galicia 4 Grazas a unha subvención da Deputación. Redacción A Denominación de Orixe Monterrei, grazas a subvención concedida pola Deputación de Ourense aos Consellos Reguladores Vitivinícolas da provincia, realizou unha campaña promocional dos seus viños polas catro provincias galegas. O obxecto da campaña foi promocionar este territorio vitivinícola, reforzar a imaxe da marca, dar a coñecer os viños de Monterrei e ampliar o seu público consumidor. A través desta iniciativa

Presentación dos viños da DO Monterrei en Santiago. colocáronse 65 valados publicitarios cunha nova imaxe, “A orixe da diferenza”, polas catro provincias galegas, e repartiuse material promocional entre os sectores da restauración, hostalaría e comercio.

Presentación da guía Noutra orde de cousas, a sede do Consello Regulador acolle o 19 de decembro, ás 19 horas, a presentación da Guía de Viños Adegas e Destilados de Galicia 2017 de Luís Paadín.


VERIN E COMARCA

Barrios Decembro de 2016

II Feira de Nadal 4 Na Praza Maior, os días 17 e 18 de decembro. Redacción

Imaxe da xuntanza./A.PAZ.

Baltar reúne aos alcaldes da mancomunidade de Verín 4 Internacionalización, infraestruturas e servizos sociais, temas tratados na reunión. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro cos alcaldes dos municipios que integran a Mancomunidade de Concellos de Verín, con que analizou aspectos de promoción turística e colaboración co Norte de Portugal, que está levando a cabo a Eurocidade Chaves-Verín. Tamén estudou cos rexedores diversas obras e proxectos de mellora das vías provinciais e locais, ademais de avaliar as necesidades que en materia de servizos sociais para maiores e infancia teñen os concellos desta comarca. Baltar destacou a importancia “de seguir fortalecendo a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, da que a provincia de Ouren-

se é o centro xeográfico, pois co labor que realiza a Eurocidade Chaves-Verín podemos levar a cabo estratexias locais pensadas en clave de colaboración internacional para que poidan ser aplicadas nos ámbitos provincial e rexional”. A Deputación de Ourense pertence á Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín,. Na reunión participaron os alcaldes de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós. Tivo lugar no Castelo de Monterrei, onde o presidente da Deputación realizou un percorrido pola fortaleza para coñecer in situ os traballos medioambientais que se están a realizar na zona, referidos a limpeza de vías, rozas e recollida de

residuos. Baltar visitou tamén as obras do albergue –antigo hospital de peregrinos- e comprobou o estado de execución do proxecto arqueolóxico do “Muro de Medeiros”, realizado pola Universidade de Vigo co apoio de Bodegas Martín Codax. Este espazo arqueolóxico é unha antiga fortificación de grandes murallas, que conta cun conxunto de lagares rupestres, petróglifos e coas ruínas dunha capela. Trátase dunha fortificación de posible adscrición galaicorromana situada nas proximidades da aldea de Medeiros (Monterrei).

Estudou con eles proxectos de melloras de vías locais e provinciais

Os próximos sábado e domingo, 17 e 18 de decembro, a praza Maior de Verín acolle a II Feira de Nadal, organizada polo Concello, que contará coa participación activa das nenas e nenos da vila, con postos onde porán a disposición dos veciños os seus propios productos artesanais. A feira contará con animación, concursos e música. O evento comezará o sábado ás 11 da mañá, permanecendo aberto o recinto ata as 14.30 horas. Haberá cursos de cociña e abrirán todos os postos de doces de Nadal, artesanía, cestas navideñas, decoración e productos

típicos. Pola tarde, o recinto abrirá ás 16.30, e estará activo ata ás 20.30. A estrela da tarde do sábado será o Apalpador, que acodirá ás 17.00 para facer as delicias dos máis pequenos. Ás 19.00 terá lugar un recital de panxoliñas interpretado polas corais da vila. Domingo O domingo, tamén de mañá e de tarde, continuarán as actividades infantís e os obradoiros. Pola tarde, tamén as 17.00, se desprazará ata Verín Papá Noel, para recibir as peticións dos máis pequenos da vila. O serán estará amenizado con bandas de gaitas.

Concurso de escaparates 4 Reparte 300 euros en premios. Redacción O Concello de Verín, AEVER e a Antena Local de Verín puxeron en marcha o Concurso de Escaparates de Nadal, para todos os establecementos que se inscriban e que teñan a súa sé no termo municipal. Repartiranse 300 euros en premois, distribuídos en 150 euros para o mellor escaparate, 100 para o segundo e 50 euros para o terceiro.

O deseño dos escaparates versará sobre o Nadal, deixando total liberdade no tocante a técnica e estilo, valorándose a creatividade, orixinalidade, combinación de elementos e cores, iluminación e composición. A inscrición remata ás 14.30 horas do venres 16 decembro. Os escaparates deben estar listos desde o día 17 e mantérense iluminados ata as 22 horas.

EN BREVE 4 Castrelo de Val O Concello de Castrelo de Val organiza actividades para os máis pequenos da casa durante as festas de Nadal. Serán os días 26, 28 e 30 de decembro, e os días 3 e 5 de xaneiro, e están dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

4 Monterrei Concursos e actividades infantís conforman o programa navideño de Monterrei. O Concello oferta a súa propia ludoteca de Nadal, que se desenvolverá do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, en horario matutino, en Albarellos e Medeiros. Está destinada a menores de 3 a 12 anos. Os cativos do municipio tamén poderán participar nun concurso de postais de Nadal, ou acudir a Pazolandia o 28 de decembro. En ambos casos é preciso á inscrición no Concello. Asemade, non quedarán sen a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar, que pasarán pola Casa da Cultura de Albarellos a mediodía do 5 de xaneiro. E para o conxunto da veciñanza de Monterrei, o Concello organizou a segunda edición do concurso de beléns. Poderán participar asociacións, colexios, entidades e particulares do municipio, que se inscriban antes do 19 de decembro. Haberá un primeiro premio de 100 euros e un segundo de 50 euros, que se darán a coñecer durante a recepción dos Reis Magos, o 5 de xaneiro.


Barrios Decembro de 2016

VERÍN E COMARCA

Volve a pista de xeo 4 Estará instalada na praza Maior do 22 de decembro ao 1 de xaneiro. Redacción Por segundo nadal consecutivo, os nenos e maiores afeccionados á patinaxe sobre xeo terán un incentivo máis en Verín. Grazas á colaboración do Concello coas asociacións de hostalaría e comercio, AEHCOM e AEVER, entre o 22 de decembro e o 1 de xaneiro estará instalada unha pista de xeo na Praza Maior. Ademais, para dinamizar o comercio local, o día 3 de xaneiro celebraráse no Pavillón de Deportes unha “Gala Máxica”, con magos e ilusionistas, e o sorteo de 1.000 euros para gastar nas tendas de Verín. O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, destacou que estas actividades, inscritas na programación de Nadal do Concello, están pensadas “para sacar á xente á rúa, porque se non saen a rúa, non van comprar na vila”. Fixo un chamamento a todos os veciños e veciñas a mercar no comercio local, e destacou a importancia e as vantaxes da economía de proximidade, que ofrece maior calidade e servizo. Datas A pista de xeo estará instalada na Praza Maior dende o 22 de decembro ata o

1 de xaneiro, en horario de 11 a 14 horas, e de 16 a 22. O prezo da entrada será de 4 euros, con descontos de 2 euros por realizar compras ou consumicións no comercio ou na hostalaría local. O presidente dos comerciantes, José Ángel Rodicio, destacou que “o ano pasado foi un gran éxito, por iso este ano agradecemos moito ó Concello que retome a idea”. Explicou que a presenza de actividades lúdicas axuda a “dinamizar e facer agradable” a presenza de xente na rúa de compras, e reiterou o seu agradecemento ó consistorio “nun momento moi delicado para o comercio en Verín, no que a xente ten que ser consciente da importancia de realizar aquí as súas compras”. Gala Máxica Dentro das actividades de promoción comercial auspiciadas polo Concello de Verín, AEVER e AEHCOM, foi presentada a “Gala Máxica”, unha celebración que terá lugar o 3 de xaneiro no Pavillón de Deportes ás 19.30 horas, e que contará coa actuación dos artistas Mago Xacobe e Magomimo Anyo, e no que se outorgará un importante premio. Trátase dun premio úni-

A ludoteca amplía horario 4 Terá lugar no Pavillón. Redacción Debido ás numerosas peticións qu recibiu, o Concello de Verín acordou ampliar o horario do servizo da ludoteca infantil de Nadal ‘Ludonadal’, pasando a estar dispoñible de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas. A ludoteca funcionará desde o 22 de decembro ata o 6 de xaneiro, no Pa-

villón de Deportes Municipal. Alí os participantes terán obradoiros, xogos, contacontos e mesmo un cotillón infantil o 21 de decembro. “Ludonadal” vai dirixida a menores de entre 3 e 13 anos, e ten por obxecto facilitar a conciliación dos proxenitores e proporcionar aos cativos un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal

co de 1.000 euros, a sortear entre os que fixeran compras de máis de 10 euros no comercio local, e que terá que ser gastado tamén en Verín. O sorteo será presencial, e a única condición é estar presente no momento do sorteo portando consigo o boleto adquirido.

Membros de AEVER e AEHCOM xunto ao alcalde presentaron a pista de patinaxe.


PUBLICIDADE

Barrios Decembro de 2016


Barrios Decembro de 2016

VERÍN E COMARCA

A RIET solicitará un centro policial e aduaneiro para a Eurocidade Chaves-Verín

O Concello de Verín e Cruz Vermella asinan un acordo de colaboración

4 É o quinto paso fronteirizo en volume de mercadorías e persoas.

4A organización humanitaria recibirá 4.590 euros para desenvolver as súas actividades.

Redacción A Asemblea Xeral da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET), da que forma parte a Eurocidade Chaves-Verín, acordou reclamar aos gobernos luso e español a creación dun Centro Policial e Aduaneiro (CCPA) no paso fronteirizo Feces de Abaixo-Vila Verde daRaia. O obxectivo deste centro sería reforzar as tarefas de vixilancia e seguridade mediante o intercambio de datos entre efectivos dos corpos de seguridade españois e portugueses. Chaves-Verín, é o quinto paso fronteirizo en volume de mercadorías e persoas e require de maneira urxente esta instalación, así o vén reivindicando nos últimos anos. A súa creación corresponde a unha decisión de ambos os gobernos no marco dun cumio ibérico.

Redacción

O secretario executivo da Eurocidade, Pablo Rivera.

4 Planificación do turismo A sede da Eurocidade Chaves-Verín acolleu a reunión do grupo temático de turismo do Eixo Atlántico, na que houbo representación dos 38 municipios de Galicia e do Norte de Portugal co obxectivo de planificar as actividades de cooperación do próximo ano 2017. Entre elas, destacan a organización da feira turística da Euro Rexión, “Expocidades”,

que se celebrará o próximo verán en Vila Real; os traballos desenvolvidos no marco do camiño de Santiago portugués; o desenvolvemento de novas guías turísticas da Euro Rexión, a organización dun seminario de intercambio de boas practicas na área do turismo; e a realización de cursos de formación especializada para axentes municipais e técnicos do turismo.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a presidenta de Cruz Vermella en Monterrei, Mª del Carmen Sobrino Cerdeiriña, veñen de asinar un acordo de colaboración entre ambas entidades. A través deste convenio, para o desenvolvemento de programas de intervención e atención social de forma coordinada, Cruz Vermella en Monterrei recibirá 4.590 euros neste ano 2016, para o mantemento da organización humanitaria en Verín e a prestación de programas destinados a contribuír á inclusión social das persoas máis desfavorecidas, especialmente persoas maiores, persoas en situación de vulnerabilidade e infancia en di-

Mª del Carmen Sobrino e Gerardo Seoane./CdV. ficultade social, así como campañas de promoción e prevención da saúde e atención a situacións de risco previsible e emerxencias. Ademais, o Concello comprométese a dar apoio a Cruz Vermella nas actividades que leven a cabo, facilitando a mutua cola-

boración entre o persoal técnico de servizos sociais de ambas as entidades. Por último, constituirase unha Comisión Paritaria de Seguimento do Convenio que poderá acordar outras accións específicas, non previstas e derivadas de emerxencia social que poidan producirse.


PUBLICIDADE

Barrios Decembro de 2016


Barrios Decembro de 2016

VERÍN E COMARCA

Homenaxe na Protección Civil

Razóns para estudar no IES García Barbón

Redacción Cinco voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Verín recibiron as insignias de prata da institución como agradecemento polo labor voluntario e profesional realizado durante todos estes anos. Cumpriron 10 anos na Agrupación Manuela Ferreira, Francisco José Martínez e María Belén Sánchez, e 20 anos de servizo Demetrio Borrajo e María de los Ángeles Rivas.

Integrantes de Protección Civil homenaxeados xunto á concelleira Cándida Couñago.

As opinións que temos sobre a educación –en xeral ou sobre algún centro, en particular- non sempre se asentan en informacións reais ou no coñecemento directo da realidade sobre a que falamos. Nalgúns casos, os puntos de vista que se escoitan reflicten un certo nivel de desinformación ou unha chea de prexuizos que para nada se corresponden coa realidade. Para procurar a mellora da información e do coñecemento sobre o IES García Barbón, imos facilitar algúns datos e facer énfase nas principais características que definen este centro educativo da comarca de Verín. En todo caso, na nosa web, blogs e redes sociais podedes atopar as opinións de antigos estudantes e profesorado sobre as virtudes educativas da educación pública para todos: visitade http://bit. ly/2hwKD0o Un centro educativo de pequenas dimensións e con grupos reducidos Unha das características principais dunha educación de calidade ten relación estreita coa posibilidade de atención pedagóxica individualizada que responda eficazmente á diversidade do alumnado. Neste caso, o IES García Barbón ofrece e garante unha intervención educativa de maior calidade. Todo iso repercute de maneira moi positiva no rendemento académico e na desenvolvemento pleno da personalidade dos estudantes. Prioridade do traballo de Orientación e titoría individualizada A posibilidade de levar adiante unha orientación académica e profesional esixente ten moita relación coa existencia de grupos reducidos de alumnado. O traballo de Orientación Educativa e Académica abrangue

tanto as medidas encamiñadas a informar das variadas opcións formativas e das posibles saídas de futuro aos mozos e mozas como do seu asesoramento –en concreto- no ámbito dos hábitos e técnicas de estudo. Complementando as actividades anteriores e o traballo de cada titor ou titora, establecemos un plan de titorías individualizadas ao longo do curso académico que se ocupa de realizar un seguimento xeral de cada estudante. Nesta titoría individualizada que se realiza coa presenza do Orientador –e na que poden participar un ou varios profesores- potenciamos a axuda pedagóxica que o estudante precisa e mantemos un diálogo aberto que busca o compromiso e a implicación activa de todos os participantes. A dimensión internacional da Educación O centro posúe a Carta Europea de Educación Superior (2014-2020) o que posibilita a mobilidade de profesorado e alumnado de Formación Profesional a calquera país da Unión Europea. Neste curso desenvolvemos un Programa Erasmus + con Finlandia relacionado coas ensinanzas do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría, que coordina a profesora Beatriz Fernández Paredes (xefa de Estudos de Adultos). En 2º de Bacharelato, unha parte do alumnado participa nun Programa de colaboración cun Instituto de Boston (USA) para potenciar a súa competencia lingüística en inglés.


XINZO E COMARCA

Aberto xuízo oral contra o alcalde de Xinzo

Barrios Decembro de 2016

Un positivo por drogas, nun macrocontrol de tráfico

4 Antonio Pérez presenta a súa renuncia temporal de militancia no Partido Popular.

4 Houbo sancións para 24 condutores por exceso de velocidade.

Redacción

Redacción

O alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez Rodríguez, presentou a súa renuncia temporal de militancia no Partido Popular logo de que o Xulgado de Instrucción 1 de Xinzo dictase auto de apertura de xuízo oral por un presunto delito de prevaricación continuada. Tanto a Fiscalía como o sindicato CIG solicitan para Pérez 10 anos de inhabilitación para emprego ou cargo público por irregularidades en ata 21 contratacións, nas que fixo caso omiso dos reparos de Secretaría e Intervención. Pérez Rodríguez sinala no seu escrito que adopta

A Garda Civil de Tráfico e a GNR de Portugal realizaron durante a mañá do mércores 14 de decembro un dispositivo operativo masivo conxunto na autovía das Rías Baixas. O control realizouse finalmente, por razón meteorolóxicas no km. 193 da A52, na saída de Xinzo. Nel participaron 27 axentes, oito deles portugueses e 19 españois. O control incluiu a realización de 80 probas de alcohol a conductores, das que ningunha resultou positiva, e 14 probas de drogas, das que unha resultou positiva por co-

Antonio Pérez, no seu despacho no Concello de Xinzo. esta decisión en cumprimento do establecido no réxime interior e o código ético do partido. Desde a dirección do Partido Popular de Ourense expresouse o máis absoluto respecto pola decisión do rexedor. Foron máis críticos os partidos da oposición. Así,

Xinzo Adiante pide a dimisión de Antonio Pérez “por ética, por decencia, por transparencia e porque Xinzo non merece ser coñecido por presuntas tramas de enchufismo en empresas públicas e superficies comerciais a cambio de votos”.

Gardas civís e os seus homólogos portugueses no control de tráfico na autovía á altura de Xinzo./M. REJO. caína e metanfetamina. Tamén se controlou a velocidade de 987 vehículos, sendo denunciados 24 por exceso de velocidade. Ao mesmo tempo controláronse 35 vehículos

de mercancías, dos que se denunciaron oito por aminoración nos tempos de descanso e outros catro por deficiencias no vehículo ou carencia de documentación.


10

Barrios Decembro de 2016

XINZO E COMARCA

A Casa da Cultura centraliza os actos de Nadal de Xinzo 4 No pavillón de deportes funcionará un parque de atraccións infantil. Redacción A programación de Nadal organizada en Xinzo comeza o 16 de decembro, coa Gala de Nadal da Academia Danzón na Casa da Cultura. O día seguinte, 17, os diferentes grupos de teatro Aneis representarán varias obras no mesmo recinto, que acollerá o mércores 21, o certame de Nadal do alumnado do Conservatorio Profesional de Música e o xoves 22 o Festival de Nadal da Escola Municipal de Gaitas e Percusión. O venres 23, Fusión Fitness realizará unha coreografía especial de Nadal en plena praza Maior de Xinzo, a partir das 20 horas. Na mesma xornada e á mesma hora, María do Ceo dará un concerto na igrexa Nova de Xinzo. O luns 26, haberá un concerto para público infantil e familiar na Casa da Cultura, “Cantarolas para

4

Campañas do comercio

A praza Maior acollerá unha coreografía de Nadal o venres 23, a partir das 20 horas./M.REJO. xente miúda”, que dará comezo ás 19 horas. O mércores 28 será a ocasión do musical infantil “seven, o número máxico”, que se representará no recinto cultural ás 17 horas. O xoves 29 haberá un concerto de Nadal a cargo da Coral de Santa Mariña, e o venres 30 o Festival de Nadal da Escola de Música da Agrupación Musical da Limia.

E finalmente o 7 de xaneiro a Agrupación Musical da Limia celebra o seu Concerto de Reis na Igrexa Nova, ás 20 horas. Parque de atraccións Outros dos atractivos destas datas festivas será Limialandia, un parque de atraccións que se instalará no pavillón de deportes do 23 de decembro ao 5 de xaneiro, en horario de 15:30

Este ano os comerciantes de Xinzo lanzaron dúas iniciativas para incentivar as compras na campaña de Nada. Dunha banda, ao realizar compras nos establecementos colaboradores, os clientes participarán no sorteo dun cruceiro polo Mediterráneo. Doutra, desenvolven unha campaña en redes sociais, invitando a subir fotografías á páxina de Facebook Merca en Xinzo co hashtag #eumercoenxinzo con fin de conseguir o maximo número de “ me gustas” e gañar un book fotográfico. a 21 horas. Así como a cabalgata dos Reis Magos na tarde do día 5, a partir das 17 horas.

Rúa Río Sil de Xinzo./X.A.

Xinzo Adiante cuestiona o asfaltado de dúas rúas 4 Río Sil e rúa da Roda. Redacción Xinzo Adiante cuestiona o resultado das obras de asfaltado das rúas Río Sil, Camiño da Roda, a explanada do pavillón e o acceso a Gudes, nas que o Concello de Xinzo investiu 70.000 euros. “Resulta lamentable ver o estado no que quedaron estas vías, pois nalgún caso aínda están peor ca antes. O que supostamente tiña que ser unha execución de asfaltado,

consistiu realmente en botar unha capa de chapapote con area por riba”, critica o partido da oposición nun comunicado. Xinzo Adiante pon esta actuación como exemplo “do estado de abandono no que o Concello ten ao barrio do Polígono: faltan semáforos, pasos de peóns, as beirarrúas non están adaptadas aos minusválidos e, para unha vez que se asfalta unha rúa deste barrio, o resultado é lamentable”.


ALLARIZ E COMARCA

11

Novos achados en San Salvador dos Penedos

Conmemoración do 25N Redacción

O Centro de Información da Muller (CIM) de Maceda organizou un acto conmemorativo o 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero. Desenvolveuse na praza das Toldas coa participación do alumnado do CEIP e do IES da localidade e de membros da corporación municipal co seu alcalde, Rubén Quintas, ao fronte. O acto consistiu na lectura dun manifesto, nun minuto de silencio en me-

Barrios Decembro de 2016

4 Un xacemento de 800 metros cadrados. Redacción Estudantes do colexio e instituto de Maceda, corporación municipal e delegada da Xunta, no acto conmemorativo do Día para a eliminación da violencia de xénero. moria das mulleres vítimas da violencia machista e nunha actuación teatral in-

terpretada por rapaces. Pechou a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz,

lendo a declaración institucional do Goberno galego con motivo da data.

Vén de rematar a primeira campaña de limpeza e escavación no xacemento Castelo Mouresiños en San Salvador dos Penedos, Allariz. O levantamento topográfico realizado por un dron puxo fin á primeira fase desenvolvida polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo. O estudo fotográfico aéreo permitiu coñecer o xacemento ao detalle, duns 800 metros cadrados.

A primeira intervención, que tivo lugar en setembro, deixou ver a riqueza do asentamento de tipo militar no que, na última semana, os arqueólogos escavaron a porta norte da fortaleza. Atopáronse, ademais, moedas de prata e bronce, unha especie de fouce ou coitelo de ferro e numerosos restos cerámicos. O alcalde de Allariz, Francisco García, visitou a zona e agarda seguir respaldando novas campañas arqueolóxicas no 2017 que permitan coñecer máis sobre os antigos moradores da fortaleza.

Seleccionados os 10 xardíns do FIXA 2017 4“Terraformación” permanecerá un ano máis no festival. Redacción O Xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz escolleu os 10 xardíns que formarán parte da oitava edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz en 2017, que estará dedicado aos Xardíns da Memoria. Das 42 propostas, seleccionáronse 10 seguindo criterios obxectivos, segundo explicaba o presidente do xurado Francisco Caldeira Cabral “harmonía entre criterios estéticos e técnicos, creatividade e innovación ademais da forma práctica de executar os xardíns”. , Repite “Terraformación” Das 12 parcelas do re-

cinto, unha estará ocupada polo gañador da pasada edición “Terraformación” do galego José Souto, que recibiu o 27% do voto do público que acudiu este ano ao recinto. A restante será para a proposta didáctica que elaborará o Colexio Padre Feijóo de Allariz . Na edición 2016, o Festival Internacional de Xardíns de Allariz recibiu ao redor de 40.000 persoas, que deixaron uns ingresos de preto de 28.000 euros. O calor de agosto fixo baixar a recadación lixeiramente con respecto ao ano anterior, aínda que foi o mes máis concorrido, con máis de 8.000 euros de entradas. As cifras mostran o avance do FIXA, que se converteu nun referente para o mundo do paisaxismo.


12

Barrios Decembro de 2016

EN BREVE 4 Maceda O Concello de Maceda ten preparado para as vindeiras semanas un programa de actividades con motivo da celebración do Nadal. Actividades para nenos de 4 a 12 anos do 26 ao 30 de decembro, visita a Pazolandia en Ourense o día 28; actividades deportivas o día 30; e o inicio das celebracións do Entroido o 7 de xaneiro. O programa terá o seu broche final coa celebración da tradicional cabalgata de Reis o 5 de xaneiro, que a partir das 18 horas percorrerá as principais rúas do municipio. Ao seu remate haberá unha gran chocolatada no pavillón Pablo Rodríguez Guede.

4 Baños de Molgas O Concello de Baños de Molgas preparou un programa de Nadal que conxuga música, teatro, actividades infantís e deporte. Os pequenos da casa terán visita a Pazolandia o día 27, e contacontos e actividades os días 28 e 29 de decembro e 3 de xaneiro. Para un público adulto está pensado o Concerto de Nadal, o 30 de decembro na igrexa parroquial, coa participación da Coral Ansuíña e o Grupo de Música Tradicional de Baños de Molgas. Non faltará tampouco a visita do Apalpador na tarde do 24 de decembro, e a chegada en tren dos Reis Magos na tarde do 5 de xaneiro, con música e chocolatada na carpa da estación.

ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

Música, humor e deporte para este Nadal en Allariz 4O Nadal Parc estará instalado no pavillón do instituto do 26 de decembro ao 3 de xaneiro. Redacción Allariz celebra o Nadal coa oferta dunha programación chea de actividades para todos os públicos. Entre o 18 de decembro e o 8 de xaneiro os alaricanos e visitantes poderán participar de concertos musicais, monólogos de humor e actividades deportivas. O domingo 18 terá lugar o Concerto de Nadal, ás 12.30 horas na Casa da Cultura, mesmo lugar que acollerá ás 18.30 horas un espectáculo infantil de maxia. O venres 23 o monologuista David Amor visita Allariz co seu espectáculo “Fóra de sitio 3.0”. A cita é as 22:30 horas na Casa da Cultura. O venres seguinte, 30, á mesma

hora e no mesmo lugar, será o turno para Quico Cadaval, con “Fantasmas familiares”. Allariz despedirá 2016 con dúas probas deportivas: a carreira do “Boi 700” ás 12 horas e a Carreira popular solidaria “A derradeira”, con saída ás 17 horas para a proba absoluta. Xa en xaneiro, o Paxe Real visitará a vila o día 2, como adianto da cabalgata de Reis, que partirá ás 18:30 horas do día 5 da Alameda. Ademais, do 26 de decembro ao 3 de xaneiro, o pavillón do IES de Allariz acollerá a novena edición do NadalParc. Os máis pequenos poderán divertirse nos inchables, nas zonas de xogos e no espazo reservado para as novas tecnoloxías.

Decoración navideña en Allariz./M.REJO.

Sesión do obradoiro de doces na Fundación Curros Enríquez.

A Fundación Curros Enríquez colabora no programa de Nadal de Celanova 4 Organiza actividades infantís, presentación de libros e exposicións. Redacción Un ano máis a Fundación Curros Enríquez colabora na programación de Nadal co Concello de Celanova coa organización de diversas actividades: obradoiros de Nadal para nenos, presentación de libros e exposicións na Casa dos Poetas. Durante o mes de decembro poderanse visitar dúas mostras na Casa dos Poetas. Ata o domingo18 de decembro ‘Manuel María. Beleza, amor e compromiso’, organizada pola Casa Museo Manuel María e a Xunta de Galicia e formada por doce paneis con contidos sobre a vida e obra do escritor.

Mantense na segunda pranta do edificio a mostra ‘Carlos Casares e a fotografía’ organizada pola Fundación Carlos Casares. Ademais, o 29 de decembro, ás 19:30 horas, haberá a presentación do libro “Todo ser humano é un río” de Manuel Veiga. Para os máis pequenos da vila, estase a celebrar un obradoiro de elaboración de doces de Nadal da man do cociñeiro Martín Álvarez que rematará o sábado 17 de decembro. Os cativos aprenderán a elaborar polvoróns, turrón, guilache, biscoitos… para que as celebracións familiares teñan postre caseiro. A partir do 22 de decembro chegarán os xogos,

manualidades, maquillaxe, teatro… son algunhas das actividades que se impartirán na Ludoteca de Nadal, que abrirá ata o 30 de decembro, de 11 a 13 horas, na Casa dos Poetas, con algunha sesión no AMIC tamén. A ludoteca está destinada a nenos de entre 4 e 12 anos. Os obradoiros para nenos poderanse continuar desde o 2 ao 4 de xaneiro, onde a música será a protagonista. O obradoiro “A ritmo de Nadal” terá lugar na Casa dos Poetas de novo de 11 a 13 horas.

Haberá unha ludoteca do 22 ao 30 de decembro


PUBLICIDADE

Barrios Decembro de 2016

13


14

Barrios Decembro de 2016

CELANOVA E COMARCA

A Biblioteca de Celanova recolle 100 quilos de alimentos

Reunión dos socialistas en Cartelle Redacción A deputada provincial socialista pola comarca de Celanova, Isabel Gil, acompañada por algúns dos seus compañeiros do Grupo Provincial Socialista, mantivo unha reunión con membros da Agrupación Socialista de Cartelle co obxectivo de establecer unha canle de traballo en común. Os deputados provinciais, entre os que se atopaba o novo portavoz Francisco J. Fraga, acudiron a Cartelle coa intención de establecer contactos cos compañeiros dos concellos e atender as súas necesidades e demandas. Dende o Grupo Provincial Socialista estableceuse o obxectivo de pór en común, cos grupos municipais, todos os temas e liñas de actuación que afectan aos Concellos e á súa relación coa Deputación provincial; nomeadamente, pero non só, nos casos dos políticos que están a exercer a oposición. En verbas do voceiro socialista: “a nosa intención é ser útiles a todos os compañeiros e compañeiras que están a por toda a súa vontade e recursos en levar o proxecto socialista e a nosa forma de facer política a cada recuncho desta provincia”.

Participantes no obradoiro de emprego xunto á delegada da Xunta en Ourense, o xefe territorial da Consellería de Economía e os alcaldes de Celanova, Bande e Verea.

20 parados de Celanova, Bande e Verea fórmanse en traballos forestais 4 No obradoiro “Bioleboreiro”. Redacción 20 desempregados dos concellos de Bande, Verea e Celanova estanse a formar en traballos forestais e vivieirismo forestal participando no obradoiro de emprego “Bioleboreiro”. Deste programa mixto de formación e emprego tamén se benefician outras cinco persoas destes municipios que forman parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo. O alumnado compaxina unha formación teórico-práctica co desenvolvemento dun traballo

remunerado, grazas a un investimento da Consellería de Economía, Emprego e Industria de preto de 180.000 euros. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, realizou este mes unha visita a este obradoiro de emprego. Díaz Mouteira salientou que “apostar pola formación e a aprendizaxe é apostar pola creación de empregos estables e de calidade” e neste senso indicou que unha das prioridades do Goberno galego é mellorar a cualificación dos traballadores e traballadoras, ofrecéndolles unha formación vinculada

á obtención dun certificado de profesionalidade con validez nacional, como é o caso dos obradoiros. Actuacións O obradoiro deste ano ofrece formación e emprego a 20 persoas desempregadas durante seis meses e conta con dúas especialidades: traballos forestais e viverismo forestal. O fin do obradoiro é a formación nestas especialidades e, concretamente, levarán a cabo traballos relacionados coa biomasa dos monte dos municipios que comparten esta iniciativa.

4 A institución entregou ao redor dun cento de libros ás persoas que realizaron as doazóns. Redacción A Biblioteca Municipal de Celanova puxo en marcha este decembro unha iniciativa que conxugaba a solidariedade coa promoción da lectura. Baixo o título de “Biblioteca con sabor”, durante tres días (o 5, 7, e 9 de decembro) a institución promoveu o intercambio de libros por alimentos, solidarizándose así coas familias celanovesas que están a pasar por unha situación difícil. Tratábase dunha “Operación quilo” na que a biblioteca ofrecía un libro a cambio dun quilo de comida. Ao final, en tres xornadas conseguiron recoller 100 quilos de alimentos non perecedoiros, e polo tanto, entregaron aos doadores ao redor de cen libros. Para ser a primeira vez desta iniciativa, desde o

centro amosáronse satisfeitos da súa acollida, e salientaron sobre todo a participación dos cativos. Os libros que foron entregados forman parte do patrimonio bibliográfico municipal procedentes xa de diversos actos solidarios realizados por particulares ou entidades que en momentos anteriores procederon á doazón de exemplares ou pequenas coleccións bibliográficas á Biblioteca de Celanova. Doazón ao Banco de Alimentos Todo o material recollido xa foi entregado ao Banco de Alimentos de Celanova para que proceda a súa distribución nas datas do Nadal. A actividade contou coa colaboración dos tres centros escolares de Celanova, é dicir, o IES Celso Emilio Ferreiro e os colexios Curros Enríquez e Sagrado Corazón.


especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Luis Rodríguez Míguez, Medalla de Ouro da Provincia de Ourense A Deputación de Ourense concederá a Luis Rodríguez Míguez a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense, a título póstumo, un recoñecemento co que o Goberno provincial quere poñer en valor as importantes achegas que Rodríguez Míguez fixo nos ámbitos da investigación e promoción do termalismo contemporáneo, como precursor dos estudos sobre as augas mineiro medicinais e o seu uso clínico. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comunicoulle á viúva do profesor Rodríguez Míguez, Mariluz Villar, na reunión que mantiveron no Pazo Provincial, os trámites que vai levar a cabo a Deputación de Ourense para a concesión da máxima distinción provincial. Neste sentido, Manuel Baltar asinou xa a providencia para o inicio do expediente, cuxa instrutora será a deputada provincial de Termalismo, Ana Villarino. Manuel Baltar afirma que Rodríguez Míguez “sumarase á destacada nómina de persoeiros que teñen recibido a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense, como o musicólogo Manuel de Dios,

compositor do Himno de Ourense; Recaredo Paz, fundador de Aixiña; Xaime Quessada, artista plástico; o historiador e escritor Marcos Valcárcel, e o grupo musical “Los Suaves”. “Unha merecida distinción para o doutor Rodríguez Míguez –destaca Baltar- que o foi todo no termalismo da nosa provincia e que contribuíu a realzar e relanzar a maior singularidade que ten Ourense: a súa riqueza termal”. Traxectoria Luis Rodríguez Míguez, médico, profesor universitario e escritor, naceu en Santiago de Compostela en 1932 e faleceu en Ourense en febreiro deste ano, logo dunha prolífica traxectoria profesional nos ámbitos da saúde e do termalismo. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago, foi membro do Consello Termal Ourensán, traballou como profesor nas universidades de Santiago e Vigo, foi director do Centro de Sanidade Ambiental de Santiago, xefe provincial de Sanidade de Ourense, director de Saúde da Delegación Territo-

A Deputación destina axudas a 32 concellos para desfibriladores A Deputación de Ourense destina achegas económicas a 32 concellos da provincia para a adquisición de desfibriladores. O Goberno provincial concede estas axudas despois de aprobar as bases reguladoras do Programa de cooperación para o cofinanciamento cos concellos de menos de 20.000 habitantes da adquisición de desfibriladores para a súa instalación nos espazos de maior afluencia de público. Para iso, o Goberno provincial aprobou nestas bases unha dispoñibilidade orzamentaria dun máximo de 63.000 euros, optando os concellos a unha axuda dun importe máximo de 1.977 euros, isto é, a concesión a cada concello podía acadar unha porcentaxe do 50% do importe da adquisición. Rematado o prazo de solicitudes, e reunida a Comisión de Valoración, aprobouse a

concesión de axudas a 32 municipios: Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, A Veiga, Petín, Manzaneda, Parada de Sil, Cortegada, Entrimo, Melón, Trasmiras, Rubiá, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía, Taboadela, O Irixo, Vilamartín de Valdeorras, Baltar, Ramirás, Oímbra, A Merca, A Peroxa, Nogueira de Ramuín, A Pobra de Trives, Monterrei, Maceda, A Rúa de Valdeorras, San Cibrao das Viñas, Ribadavia, Barbadás, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Verín. Os desfibriladores situaranse en espazos de gran afluencia de público, como oficinas municipais, infraestruturas deportivas e culturais e piscinas. Deste xeito, veciños e visitantes contarán coa protección necesaria ante a aparición de calquera episodio de parada cardíaca aguda.

Mariluz Villar, viúva de Rodríguez Míguez, xunto ao presidente da Deputación, Manuel Baltar. rial de Ourense e director xeral de Saúde Pública, ademais de profesor da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense. Académico da Real Academia de Medicina, Rodríguez Míguez

foi tamén membro da cátedra de Hidroloxía Médica da Facultade de Medicina de Santiago, e vicepresidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.

Barrios Decembro de 2016

15

Aberto o prazo de inscrición de “Esquiou 2017” A Deputación de Ourense promove un ano máis, en colaboración coa estación Oca Nova Manzaneda, o programa “Esquiou 2017”, iniciativa deportiva que pretende achegar o esquí aos nenos e nenas da provincia de Ourense. “Esquiou” ofrece un completo programa de actividades nas instalacións da estación, incluíndo aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias para nenos e nenas nacidos desde o 1 de xaneiro 2005 ata o 31 de decembro de 2008 na provincia de Ourense. En total poderán participar 735 nenos e nenas divididos en sete quendas de 105 persoas por quenda. A duración é de dúas noites e tres días de luns a mércores. En canto ás quendas, establécese o reparto de nenos por proximidade xeográfica para lograr que os grupos sexan máis homoxéneos e nos que os participantes se coñezan previamente, o que facilita a integración e a convivencia. Os interesados en participar poderán inscribirse ata o 15 de xaneiro de 2017 a través do correo electrónico esquiou@ depourense.es.

Miguel Anxo Fernández recibe o XXXV Premio “Blanco Amor” de novela O escritor, ensaísta e investigador cinematográfico Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) recibiu no Liceo de Ourense o XXXV Premio de Novela Longa “Eduardo Blanco Amor”, pola súa obra Blues para Moraima. O certame, dotado con 12.000 euros e unha escultura do artista ourensán Acisclo Manzano, está organizado pola Deputación de Ourense e “existe grazas á xenerosidade dos concellos galegos que o viñan organizando, labor que agora desenvolve a Deputación, pero que segue a ser o premio dos concellos de Galicia”, expresou no seu discurso o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, quen felicitou a Miguel Anxo Fernández destacándoo como “un ourensán coñecido polo seu inxente labor no eido do cine galego, desde os comezos do cineclubismo no Carballiño, incansable comunicador

Manuel Baltar entregou o premio a Miguel Anxo Fernández. e crítico recoñecido, doutor en Comunicación audiovisual pola Universidade de Vigo e docente da súa especialidade na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra”. O xurado do premio elixiu por maioría a obra Blues para Morai-

ma de entre 22 novelas presentadas ao premio, subliñando “a axilidade narrativa, o tratamento histórico dunha época e a introdución do tema do cine e a televisión como canle de desenvolvemento dunha intriga que atrapa ao lector”.


16

Barrios Decembro de 2016

BALANCE DE 2016

Portadas dos números de xaneiro, maio e setembro da publicación Barrios.

Resumo dun ano de noticias en Barrios Redacción 12 meses, 366 días (este ano foi bisesto) dá para moito e o que nesta páxina presentamos é un resumo do máis destacado da actualidade de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova no último ano. Os sospeitosos do crime de Vilanova, en liberdade Comezaba 2016 coa noticia da posta en liberdade dos dous sospeitosos da morte do cura de Vilanova dos Infantes, crime que aínda está por resolver. A perda de poboación na última década nas catro comarcas -máis de 8.600 habitantesera outra das informacións máis salientables. Feijóo visita Celanova No mes de febreiro prestabamos atención ao Entroido, cita festiva inexcusable en Ourense, pero tamén á visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao CEIP Curros Enríquez de Celanova.

Observatorio económico das comarcas de Monterrei e Terra de Celanova En marzo coñecíamos que a comarca de Verín xeraba emprego grazas ao sector servizos, e que a de Terra de Celanova reducira Celanova o paro no último ano nun 8,7%. Eran datos do Observatorio Económico Ourensán. Apertura do Auditorio de Verín Abril era o mes no que abría o Centro Cultural e das Artes de Verín, unha apertura que o PP criticaba por carecer daquela de certificado final de obra. Tamén nos facíamos eco da recollida de sinaturas en Internet para “reformular” a Festa do Boi de Allariz. Regresa o FIXA e Raigame No número de maio botabamos unha mirada aos xardíns do futuro que presentaba unha nova edición do Festival de Xardíns de Allariz, e unha mirada ao

pasado, representado pola Romaría Raigame en Vilanova dos Infantes. Balance dun ano de mandato En xuño, cando se cumpría un ano das eleccións municipais, preguntabamos a alcaldes e oposición das catro vilas como resultara este primeiro ano de mandato. Como era de agardar, valoracións diverxentes entre os que gobernan e os que non. Xullo, mes de festas En xullo as festas copaban a portada de Barrios; dunha banda, as de Santa Mariña de Xinzo, doutra, o inicio das xornadas etnográficas de Allariz. Ademais, informábamos da posta en marcha dunha innovadora planta de tratamento de xurros por parte de Coren en Celanova. A realidade do sector primario na Limia A Feira do Viño de Monterrei, a máis multitudinaria de cantas se tiñan

celebrado ata o momento, era a imaxe destacada do número de agosto de Barrios, número no que tamén incluíamos unha reportaxe sobre a realidade do mundo do campo na Limia. Eleccións autonómicas e incendios Chegaba setembro, e de novo os incendios forestais volvían ser un tema importante no noso periódico. Neste verán foron arrasadas preto de 10.000 hectáreas de monte na nosa provincia. Neste mes celebrábanse eleccións autonómicas, polo que incluíamos entrevistas cos principais candidatos pola nosa provincia. Operación contra a venda de droga No número seguinte, o de outubro, Medio Rural anunciaba traballos de recuperación dos montes queimados. Tamén informabamos do desartellamento de cinco puntos de venda de droga na provin-

cia, dous deles en Xinzo e Celanova. Prioridade para os peóns en Verín Xa en novembro, o plan para darlle prioridade ao peón nas rúas de Verín era portada dun número no que tamén se daban os resultados da vendima en Monterrei e se incluía unha reportaxe sobre os negocios de segunda man na Limia. Apertura de xuízo ao alcalde de Xinzo E neste número de decembro, a apertura de xuízo oral ao alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, e o balance da primeira edición do Festival de Curtas de Verín serán dous dos referentes informativos.

4 Na web Podes consultar todos os números atrasados do periódico na nosa web www.periodicobarrios.com; no apartado ‘Ver Periódicos”.

4 Entrevistas As entrevistas non poden faltar no periódico Barrios pois nos permiten descubrir a moitos personaxes e colectivos das catro comarcas. Por exemplo, falamos con Martín Álvarez, fundador do Museo da Estruga, e con Elsa Pérez, que nos deu a coñecer a terapia con burros que desenvolve a asociación ANDREA en Allariz. Tamén con Marisol Mendive, profesora de música e organista, e co director de curtametraxes celanovés Juan Hervella-Rego. Delfín Caseiro achegábanos á realidade do Museo da Limia e Alexandre Sotelino permitíanos coñecer a Asociación Rebulir de Ramirás. Tamén entrevistabamos ao que fora adestrador do Celanova de fútbol sala feminino, Javier Rey; a Nieves Gascón, responsable do colectivo Pro Animais Verín; a Ángel Colsa, responsable dos espazos coworking de Xinzo e Celanova, e a Carlos Montero, director do Festival de Curtas de Verín.


ENTREVISTA

Entrevista ao escritor Jorge Emilio Bóveda

“Conseguín o que quería, que é publicar sen gañar ningún premio literario” Escritor e mestre de lingua inglesa no colexio Curros Enríquez de Celanova, Jorge Emilio Bóveda (Ourense, 1975) ten publicado cinco novelas en galego (‘A Vila das Ánimas’, ‘A habitación secreta’, ‘Divina de la muerte: asasinato no centro comercial’, ‘O sol do pasado’ e ‘A morte vén en chancletas’), dous ensaios (‘A xanela escura’ e ‘A xanela insólita’) e varios relatos de corte fantástico en varios números da obra colectiva ‘Contos estraños’ de Urco editora. Previamente autoeditara outras nove obras –en galego e castelán-, e de cara a 2017, verán a luz outras dúas obras máis. Desde que che entrevistáramos en 2013, con motivo da saída de ‘Divina de la muerte’ non paraches de escribir e publicar. Jorge Emilio Bóveda: “Non; é sempre un proceso creativo constante intentando conxugar os xéneros populares que son os que me chaman a atención desde pequeno cos temas de denuncia social e de crítica á humanidade, á forma de levar a vida que ten o xénero humano”. De feito levas publicado, en década e media, unha trintena de obras, incluíndo participación en obras colectivas. J.E.B.: “Si, pero quero matizar que comecei a ser publicado en 2010, antes eran autoedicións pagadas por min. Foi en 2010 con ‘A vila das ánimas’ de Toxosoutos cando empecei a ser considerado, entre aspas, no sistema literario galego”. Algún xénero no que te sintas máis cómodo? J.E.B.: “Soportando a manía das persoas por etiquetalo todo, a verdade é que me gusta a ficción científica, pero tampouco me gustaría que me etiquetasen. Tendo en conta os meus gustos e as miñas lecturas da adolescencia, síntome moi cómodo nel porque é un xénero propicio para escribir ideas fantásticas que se poden materializar no futuro e para predecir catástrofes, para utilizar a distopía para denunciar o que podería pasar. Sinto tamén moita atracción polos bolsilibros de Bruguera da época dos 70 e dos 80, porque me parecían unhas máquinas de traba-

llar os escritores aqueles, que eran capaces de dar ao prelo unha novela por semana e vivían diso”. Tes publicado en varias editoriais, como está a industria editorial en Galicia? Hai opción para novos escritores? J.E.B.: “Si, si hai opcións. O camiño máis fácil é gañando un premio literario. Eu presenteime a varios pero deixei de facelo por preguiza, o trámite burocrático era tan tedioso para min que pasei a enviar directamente orixinais ás editoras. Constantemente, sen recibir resposta volvía mandar o mesmo, ou mandaba outro, e aí foron xurdindo as publicacións. A primeira vez, con David González Couso, que era o editor de Toxosoutos. Aceptou ‘A vila das ánimas’… foi unha cousa casual e espontánea porque contestou bastante rápido e non tiven que insistir. E despois o resto das veces foi enviando e enviando, non hai máis secreto”. E agora xa te coñecen? J.E.B.: Si, si, teño relación cos directores de Urco, David Cortizo e Tomás G. Ahola. Vou publicar con Galaxia o ano que vén, onde coñezo a Francisco Castro, pero tampouco garanten nada os contactos porque en Galicia é un risco tan grande a publicación que non acostuma haber amiguismo, ou si ou non”. As editoriais pénsano bastante antes de publicar? J.E.B.: “Si, e non dan un si así rápido, ao mellor noutros tempos si pero eu non os coñecín”. Por sorte ti tes varios libros pendentes de publicación. J.E.B.: “Si, en 2017 sacarei unha novela en Galaxia que se chamará ‘O monstro de Ille’ que é unha historia de fantasmas nun pazo no século XIX. E despois unha novela longa de fantasía épica cómica, digamos que é unha parodia do ‘Señor dos Aneis’ con forte crítica cara os sistemas políticos corruptos que se titulará ‘Os señores do toxo” que sairá con Urco a finais de ano. Esa foi a novela máis exhaustiva que teño creado, pola invención dos mapas, os lugares... Constitúe todo un mundo inventado”. Como escritor que é o que che satisfai: a resposta dos lectores, unha boa crítica…?

Jorge Emilio Bóveda./P.L.

“Se consideramos cada persoa que ten que ver coa literatura unha illa, en Ourense hai varios arquipélagos” J.E.B.: “Penso que é a plasmación das ideas, porque nunca tiven moita retroalimentación cos lectores. E as críticas, dos críticos máis coñecidos que hai en Galicia, está a cousa dous a dous: dous que me deron ata no DNI, e outros dous deixáronme ben. En xeral acepto ben as críticas pero hai que recoñecer que algunhas son ás veces pouco construtivas”. Ata que punto inflúen as críticas á hora de vender ou de darse a coñecer? J.E.B.: “Non sei, pero sospeito que algo terán que dicir. Teño oído que é mellor que falen mal dun en vez de que non falen pero non sei ata que punto. As persoas déixanse levar moitas veces pola voz dun ‘gurú’, que supoño que noutros ámbitos é o responsable das tendencias…” Se te fías do criterio do crítico, claro. J.E.B.: “Claro. A verdade é que, como dixen, agora estou nunha idade na que acepto ben as críticas pero ao principio me ofendía”. Considéraste asentado no sis-

17

tivo... O que pasa é que certo pouso si había: herdei os libros do meu avó, a miña irmá lía moito e eu vía sempre libros na casa. Penso que si que ten que haber certa base senón despois para enganchar aos adultos é complicadísimo”. Que escritores les? J.E.B: “Igual que no cine, prefiro ver o cine galego ou o español incluso antes que o estranxeiro, que tamén o vexo, non por chauvinismo, simplemente deberíamos de apreciar máis o que temos máis preto porque tendemos a menosprezar o que está ao lado noso e a idolatrar o que está máis lonxe. E na literatura procuro o mesmo, sempre intento buscar autores de preto que me enchan e que me digan algo. Baseándome niso, sigo a Juan Tallón, paréceme un excelente escritor; a Chesi tamén, que tamén é unha persoa moi reservada e que está ao marxe pero está; a Ramón Caride, xa non é so a amizade que nos une senón que sempre buscou os temas que me gustan a min, de denuncia social, ecoloxía... E con respecto a outro tipo de libros son bastante errático, fago cadea de lecturas, por exemplo a raíz de ‘Libros peligrosos’ de Tallón empecei a ler a Monterroso. Das literaturas anglosaxona e sudamericana teño lido bastante, gústame moito Borges; en definitiva, os clásicos, que sempre volves a eles”.

4 En 2017 ten previsto publicar dúas novas novelas. Paula Lodeiro

Barrios Decembro de 2016

tema literario galego? J.E.B: “Estar estou, coñécenme, pero ás veces síntome como se non estivera, non fago ruído, e estase ben así porque tampouco me gusta tomar a voz cantante ou pagarme de min mesmo. Conseguín o que quería, que é publicar sen gañar ningún premio literario”. Como mestre de Primaria, como ves a relación que teñen os cativos hoxendía cos libros? No informe PISA Galicia mellorou a puntuación en Lectura. J.E.B.: “Imaxino que os plans lectores serían máis coidados e por iso tivéronse eses resultados, pero basicamente é como intereses aos rapaces coas lecturas, as actividades que fagas. No colexio onde dou clases traballamos moito por fomentar o gusto pola lectura e se consegue que os rapaces case estean máis na biblioteca ca no patio”. É importante atraelos porque eles serán os lectores do futuro. No teu caso como foi a túa relación cos libros? J.E.B.: “Eu non fun un gran lector de pequeno, cómics si que lin moito; fun mal estudante, hiperac-

Hai ambiente literario en Ourense? J.E.B: “Se consideramos cada persoa que ten que ver coa literatura unha illa, en Ourense hai varios arquipélagos, un arquipélago que ten que ver co Cercano, que o fan moi ben; a sección literaria do Liceo, da que descoñezo todo, o patronato de Blanco Amor co que tampouco teño moito que ver, o Círculo Poético Ourensán, que no seu momento me presentou un libro e téñolles que estar agradecido. E despois pódense atopar illas soas literarias como Tallón, como Chesi, como Riveiro Coello, como Caneiro, como Juanjo Lamelas, un compañeiro meu que fai novela histórica en castelán… Hai veces que me din por que non estou en contacto con tal ou cal institución? É que ao mellor non me socializo ben, eu prefiro estar ao meu que ir petar ás portas: ‘ola, son escritor, quéresme?’”. De todo o que tes publicado, hai algunha obra favorita? J.E.B.: “’A vila das ánimas’ foi un experimento estilístico, non ten que ver como escribo agora, pero para min é unha das máis emocionais. Esa vila existe, é a vila da miña infancia, e ademais foi a primeira coa que entrei a publicar cunha editorial. Pero todas teñen o seu aquel, dos ensaios tamén estou bastante orgulloso”.


18

Barrios Decembro de 2016

Cooperación con concellos Redacción A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar un total de 458.458 euros en axudas destinadas a dezasete actuacións en materia de termalismo, cooperación, benestar, cultura e deportes, Unha destas achegas ten como destinatario o Concello de Vilar de Santos, por un importe de 36.300 euros para equipamento e adaptación a persoas con mobilidade reducida do Centro de Iniciativas Empresariais. Mentres, o Concello de Padrenda percibirá 5.936 euros para o desenvolvemento de actuacións medioambientais, e o Concello de Maceda disporá dunha axuda de 16.000 euros para a reforma da vella escola infantil, para ampliar o número de prazas do Punto de Atención á Infancia, en resposta a alta demanda existente. Tamén figuran 18.000 para a Asociación de Veciños de Solveira, en Paderne de Allariz, destinados á adaptación do velorio e mailo acondicionamento dos seus accesos. No ámbito cultural, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 30.000 en concepto de colaboración para as actividades que desenvolve a Fundación Curros Enríquez.

OURENSE PROVINCIA

PP e oposición discrepan sobre o equilibrio territorial nos Orzamentos da Xunta 4 O gasto por ourensán en 2017 será 3.355 euros, en termos absolutos, 1.068 millóns. P.L. Coñecido o proxecto de Orzamentos da Xunta para 2017, que ascende a 9.063 millóns de euros, toca facer valoracións sobre como tratan á provincia. A Administración galega destina á Ourense 1.068 millóns de euros, cuantificándose o gasto por habitante en 3.355 euros. Coma vén sendo habitual, o partido no goberno (PP) e os da oposición (PSdeG, En Marea e BNG) manteñen opinións diverxentes. Para o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, nas contas hai unha firme aposta polo rural, como defensa do territorio e para crear riqueza, máis recursos para o fomento do emprego e unha política baseada nas persoas para a mellora social. Trátase dun proxecto que para Baltar desvela “un programa que se vai cumprir e que apunta á procura do equilibrio territorial”. Os parlamentarios populares José González

Deputados ourensáns do PP xunto ao presidente provincial. e César Fernández Gil salientaron o incremento próximo ao 20% en Medio Rural (con preto de 70 millóns de euros, dos cales 1,5 millóns serán para o plan de regadíos da Limia). Ourense, a provincia que menos recibe Desde o BNG, a súa deputada por Ourense, Noa Presas, non comparte a análise de que nestes orzamentos se aposta polo reequilibrio territorial, pois en termos absolutos

Ourense é a menos orzamentada por moito que por habitante reciba unha contía superior. “As afirmacións da Xunta son propaganda, seguimos á cola en investimentos e non abordan necesidades básicas para unha poboación tan envellecida como son a dependencia ou a sanidade. A este respecto, son necesarios investimentos especificos para os hospitais de Verín e Valdeorras así como para mellorar a atención primaria e garantila nas poboacións rurais”

afirmou Presas. O BNG recordou que “esquecen sectores estratéxicos. O investimento en investigación é insuficiente e a consellería de Medio Rural, fundamental para a provincia, apenas incrementa recursos e os consignados para incendios e pragas non son suficientes”. Para o PSdG é preciso “discriminación positiva” A deputada Noela Blanco foi a encargada de realizar a análise socialista

sobre o proxecto de orzamentos da Xunta. Blanco considera que “Ourense volve ser un ano máis a que menos investimentos ten das catro provincias” e bota de menos unha “discriminación positiva para reverter unha situación demográfica grave”. Entrando ao detalle dos investimentos das distintas consellerías, a deputada socialista cuestiona que o incremento do 20% do orzamento de Medio Rural “non se ve reflexado na provincia”. E critica a redución de 1,7 millóns neste departamento “en prevención de lumes, en sivilcutura, en construción e mantemento de infraestruturas e traballos forestais”. En sanidade, Blanco fala de falta de dotación “total e absoluta” para os hospitais do Barco e de Verín. “Propaganda”, para En Marea En Marea aínda non fixo unha análise particular sobre os orzamentos destinados a Ourense, pero na súa análise global, o seu voceiro Luís Villares remarca que “o Orzamento para 2017 é propaganda e recupera a senda de austeridade de Feijóo tras superar o ciclo electoral”.

O orzamento de Medio Rural, defendido polo PP, é cuestionado pola oposición


OURENSE PROVINCIA

Carlos Gómez e Antonio Mouriño, novos deputados en Santiago 4 Gómez seguirá de edil en Xinzo. Redacción Vén de tomar posesión como novo deputado do Partido Popular no Parlamento galego Carlos Gómez, concelleiro en Xinzo de Limia. Faino para substituír ao tamén ourensán Antonio Rodríguez Miranda, nomeado de novo secretario xeral de emigración da Xunta. Gómez Salgado (Xinzo, 1960), é técnico especialista en próteses dentais, e edil en Xinzo desde 2012. Actualmente xestiona as áreas de Economía, Facenda, Turismo, Comercio e Promoción Económica, cargo que compatibilizará co de parlamentario en

Carlos Gómez no Parlamento de Galicia. Santiago Mouriño repite Quen repite como deputado no Hórreo unha lexislatura máis é o ex alcalde de Celanova, An-

tonio Mouriño, quen tomou posesión da súa acta a finais de novembro. Faino para relevar a Marisol Díaz Mouteira, que foi reelixida delegada da Xunta na provincia.

Barrios Decembro de 2016

19

4NOTICIAS DE EMPRESA Noitebela, especialistas en descanso

Cada persoa é un mundo, e máis á hora de durmir: diferente peso, diferente posición, diferentes gustos de almofada... Para satisfacer a todos temos especialistas como Noitebela, establecemento que abriu en Xinzo hai un par de meses, e que se caracteriza por ofrecer produtos de descanso e gama medio-alta na súa maioría rematados ou fabricados en Galicia. Noitebela forma parte dunha rede de franquías a nivel galego na que a calidade no servizo e a garantía dos seus produtos son as súas bandeiras. Dispoñen dunha ampla selección de modelos de colchón e dos seus complementos necesarios, cunha gran variedade de somieres, articulados

Noitebela, na esquina de av. de Madrid e Vicente Risco. ou fixos , arcóns ou canapés abatibles, almofadas de todo tipo e protectores para o teu colchón. Tamén venden as sabas intelixentes da marca Delis, que son sabas baixeiras e fundas de almofadas impermeables, e transpirables con control de temperatura e antiácaros. Unhas sabas que nos permitirán ter o colchón sempre protexido. E á hora de escoller colchón, o consello que nos dan é claro: “que pasen pola tenda a probalos, que se acosten neles, toquen os colchóns…” Os que máis

saída teñen son os colchóns de muelles ensacados con viscoelástica, o máis alto de gama do mercado, que se oferta con cinco firmezas diferentes. En Noitebela tamén atoparás produtos xeriátricos, desde camas a axudas técnicas como cadeiras, guindastres, incorporadores, produtos para o baño…

Visítaos na avenida de Madrid, 39, en Xinzo de Limia


20

Barrios Decembro de 2016

DEPORTES

EN BREVE

Decididos os cuartofinalistas

4 San Silvestre Tres citas atléticas terán lugar na provincia de Ourense o último día do ano. As clásicas de Allariz (saída ás 16.30 na cattegoría infantil e 17 h na absoluta) e Castrelo de Miño fomarán parte unha ano máis da oferta deportiva de despedida de ano.Pero este ano, ademais, súmase a San Silvestre Ourensá que se celebrará no parque Barbaña da capital a partir das 16:30 horas.

4 Da Copa Deputación de fútbol. Redacción Xa se coñecen os emparellamentos dos cuartos de final da Copa Deputación de fútbol. Despois de que se realizara o sorteo na sede da Federación Galega de Fútbol en Ourense a antepenúltima rolda queda da seguinte maneira: Ourense C.F. - Velle; Allariz - Antela; Ribeiro - Verín e U.D. Ourense - Bande. No Ourense C.F. - Velle o primeiro parte como favorito ao ser dunha categoría superior e levar unha racha positiva nas últimas xornadas -sete partidos seguidos sumando de tres en tres-. No partido entre veciños (Allariz - Antela) a eliminatoria está moi aberta, e soamente por estar en categoría superior o Verín é o favorito no seu enfrontamento co Ribeiro. Pero sen dúbida algunha, a eliminatoria máis atractiva é a que disputarán a Unión Deportiva Ourense contra o Bande. Segundo e primeiro, respectivamente, os dous equipos comandan a Primeira Galicia con solvencia respecto ao resto de rivais. Eliminatoria moi atractiva entre dous equipos que buscan a hexemonía no fútbol provincial esta tempada. Os partidos de ida disputaranse o 6 de xaneiro e os de volta, o 13 de abril. A data dalgún partido pode ser aínda modificada. Verín O Verín, equipo que milita no grupo sur de Rexional Preferente está rexurdindo despois de dúas

vitorias consecutivas. Anxo Válcarcel deixou de ser adestrador do equipo tras lograr a vitoria contra o Moaña.; á volta do encontro comunicáronlle que non seguía na disciplina do conxunto do val do Támega. O seu substituto foi o portugués Diamantino Braz, quen debutou con vitoria. O Verín superou por 1 a 0 ao Alertanavia con parada dun penalti por parte de Jorge no tempo de desconto. As dúas vitorias consecutivas fan que saían da última posición e estean empatados a puntos coa zona de salvación. Este domingo visitan a Tella -16 horas- para enfrontarse ao Nogueira de Ramuín no derbi ourensán desta 18ª xornada . A primeira volta pecharase o domingo 8 de xaneiro coa difícil visita do Estradense. Primeira Galicia Bande e UD Ourense lideran con man firme a Primeira Galicia. A 10 puntos está o Velle na terceira posición. O Allariz é sétimo, mentres que o Sporting Celanova e Antela son décimo e undécimo, respectivamente, os dous con 20 puntos.

O Verín de Preferente substituiu no banco a Anxo Valcárcel por Diamantino Braz

O novo adestrador do Verín, Diamantino Braz -no centro, o día da súa presentación. /VERÍN CF.

Iván Feijoo durante a proba disputada en Elorrio.

Dous segundos postos en Elorrio para o CC Maceda 4 Na penúltima proba puntuable para a Copa de España. Redacción Disputouse na localidade vasca de Elorrio a penúltima proba puntuable para a Copa de España de ciclocross. Os corredores do Academia Postal Actyon MMR de Maceda subían ao podio en dúas ocasións. Iván Feijoo era segundo entre os júniors, demostrando de novo ser un dos mellores da categoría a nivel estatal. Do mesmo xeito que en carreiras anteriores, a loita pola vitoria estivo centrada entre Feijoo e o catalán Jofre Cullel, decantándose para este último. En cadetes, Carlos Canal terminaba segundo nunha bonita carreira, na que vencía o actual campión de España, Iguanzo.

Marco Nube entraba en meta no posto 19 dun total de 80 cadetes. En féminas cadete Noela Saa finalizaba cuarta, quedando ás portas do podio. Antía Martínez, pola súa banda, era quinta nunha proba na que tomaban parte máis de 20 mozas. Manlleu Na cita anterior da Copa de España celebrada en Manlleu tamén tivo representación ourensá. Carlos Canal, subiuse ao podio ao rematar primeiro na carreira de categoría cadete. Ademais o club ourensán logrou tres podios máis. Así, Iván Feijoo remataba terceiro entre os júniors. Noela Saa e Aida González finalizaban, segunda e terceira, respectivamente, na categoría cadete. Pola súa banda, Marco Nube, era sétimo en cadetes, sen-

do o seu primeiro “top ten” na Copa de España. Copa de Galicia O resto do equipo participaba a mesma fin de semana na Copa de Galicia celebrada en Dumbría. Román Saa, sub 23, lograba a terceira posición (décimo na xeral). Tamén terceira, pero en cadetes, chegaba a meta Antía Martínez, o que lle fai conservar o maillot de líder da Copa. Na proba da Taça de Portugal, Abel Franco lograba o segundo posto en júniors, moi preto de acadar a vitoria.

En Portugal Abel Franco foi segundo, júnior na Taça

Carlos Canal, á esquerda, no podio cadete masculino de Elorrio como segundo.

4Axudas A Deputación de Ourense destina un presuposto total de 640.000 euros para as diferentes modalidades deportivas. As bases -cos requisitos para poder concorrer ás mesmas- xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

4 Ximnasia Tres edición leva xa o Festival de Inverno de ximnasia de Xinzo de Limia. Este ano o pavillón municipal da vila volveu encherse para ver en escena aos 350 deportistas pertencentes aos clubs CX Pavillón, Escola Pavillón, Escola Municipal de Barbadás, Escola Deportiva de Celanova, Escola Deportiva de Maceda, Club Xiada de Pontevedra e o club organizador, a EDC Xinzo.

4 COB Este venres o Club Ourense baloncesto visita a un dos favoritos a levarse a LEB Ouro. Os de Gonzalo García de Vitoria xogarán contra o Palencia, equipo que ocupa a segunda praza con 10 vitorias; unha menos ten o COB. O martes 20 xogarase o último partido da primeira volta no Pazo. Enfronte estará o actual líder da clasificación: Lleida. Neste encontro o club regalará unha entrada a cada socio. O 30 de decembro o equipo echará a primeira volta da campaña visitando ao Breogán de Lugo.


OCIO E CULTURA

11ª edición do Festival Rebulir Redacción O concello de Ramirás convértese, un ano máis, no berce do Festival Internacional Rebulir (FIR), que arrancou a súa undécima edición avogando, como leva facendo dende os seus inicios, pola música de raíz. O certame, que se celebra ata o 18 de decembro, está organizado pola Asociación Cultural Rebulir, o Concello de Ramirás e

a Deputación de Ourense, co apoio da Secretaría Xeral de Cultura e a Secretaría Xeral de Emigración. O FIR 2016 conta cun amplo programa de actividades dirixidas a maiores, nenos e todos os públicos en xeral. A gala central do Festival está prevista para o sábado, en Ramirás, coa participación de sete grupos chegados dende diferentes puntos do mundo: Vilagarcía, Asturias, Extremadura, Portugal, Cabo Verde e Francia. Leilía e Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán

Barrios Decembro de 2016

21

Xinzo xa ten cartel de Entroido Redacción

Presentación do XI Festival Rebulir, na Deputación. recollerán os Premios Rebulir 2016, mentres que A Banda Municipal de Músi-

ca de Ramirás recibirá o Premio Homenaxe desta edición.

O Entroido 2017 de Xinzo de Limia xa ten cartel que o anuncie. Alicia Gómez Perolio é a autora do cartel gañador do concurso organizado pola comisión do Entroido 2017. O cartel foi o mais votado tanto polo xurado da comisión como polos votos populares. A autora recibirá unha dotación de 500 euros.

Cartel de Alicia Gómez.

Os verineses premiarán a mellor imaxe do Entroido 4 Optan 22 orixinais. Redacción Rematado o prazo de presentación de orixinais para o cartel do Entroido 2017 de Verín, este ano foron 22 obras as que optarán a anunciar o ciclo festivo máis importante da vila. Ata o luns 19 estarán na sala de exposicións da Casa da Cultura, onde os veciños poderán votar a obra que máis valoren, sufraxios que serán tidos en conta para a categoría de premiado polo público. Un xurado, pola súa banda, elexirá o cartel oficial, que será premiado con 600 euros, e difundido como imaxe oficial do Entroido verinés.

Os veciños poderán votar, previa presentación do DNI, o deseño que máis lles guste. O que máis votos obteña será o cartel que represente o voto popular. Pola súa banda, o xurado encargado de seleccionar o cartel gañador estará conformado polos seguintes integrantes: o anterior gañador do cartel do entroido, un deseñador gráfico, un artista verinés, un entroideiro, un concelleiro do goberno e un concelleiro da oposición. O premio do cartel oficial consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 600 euros. O cartel premiado será propiedade do Concello de Verín.

Algúns dos carteis que optan para ser elixidos como imaxe oficial do Entroido verinés.


22

Barrios Decembro de 2016

4AXENDA Exposicións - Ata o 18 de decembro - Exposición sobre Manuel María -Casa dos Poetas de Celanova - Ata o 20 de decembro “As nenas e nenos soldados” e a partir do 23 “Verín enclave de arte”- Sala de Exposicións de Verín Música - 17 de decembro Concerto de Oîma - A Arca da Noe en Vilar de Santos - 18 de decembro Concerto de Nadal: Escola e Banda Nova da Unión Musical de Allariz - 12:30 h - Casa da Cultura de Allariz - 23 de decembro Concerto de Nadal de María do Ceo - 20 h Igrexa Nova de Xinzo - 26 de decembro Concerto infantil “Cantarolas para xente miúda” - 19 h - Casa da Cultura - 7 de xaneiro - Coro de mulleres de Allariz e Rondalla Nova Xeración de Barbadás - 19 h - Casa da Cultura de Allariz Teatro - 18 de decembro “Autoescuela Fitipaldi” e “El asesino anda suelto” - 17 h - Colexio Virxe Milagrosa de Maceda - 18 de decembro - “Arsénico por compaixón” - 18 h - Auditorio Ilduara de Celanova Libros - 17 de decembro- Presentación do poemario “Lúas da memoria” - 19 h - A Corte dos Bois de Sandiás

4 Subvención

Letras a la Carta SL, empresa que edita Barrios, recibiu unha axuda de 8.662,74 euros, correspondente á Resolución do 18 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se conceden as axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións integramente en galegos.

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

As badaladas da avoa Outro aniño que vai rematando, e no cumio da esperanza, ollamos cara atrás un tempo pasado. Aqueles anos da infancia, cando o Nadal entraba na alma ata o fondo, e non había outra substancia que soubera mellor que aquel fogar cálido, rebosante de agarimo familiar, que xa con antelación, os avós encargabanse de preparar para que todos, ou case todos, estiveran o redor da mesa en noite boa. Daquela, os rapaces do barrio, inventabamos cantigas e sobre todo participabamos da festa, na rúa e na casa, cando chegaban aqueles intres inesquecibles de xolda e algarabía. A néboa envolve os farois da rúa, e xa coa noite metida nas pedras, a vila invita a percorrer os recunchos onde os veciños afinaban as

“Co paso dos naos percátome das fermosas leccións que nos deron os maiores”

panxoliñas máis enxebres, aquelas cantigas que escapaban polas fiestras, e que aínda hoxe zumban nos meus oídos; eran as cantigas que unían e facían a xente feliz. Despois cada quen ía cara o seu lar, para facer a xuntanza familar, aquel momento máxico na casa da avoa que, sen dúbida, era coma renacer. Todos ao redor dun xantar feito con amor e sabedoría, e sobre todo, coa intención premeditada de ter por unha noite a todos os fillos e netos xuntiños no regazo protector dos vellos trasnos da noite. Agora, co paso dos anos, percátome das fermosas leccións que nos deron os maiores, para que poidamos seguir hoxe exercendo aqueles costumes tan arraigados cos nosos fillos. A dona do meu corazón aínda resiste o envite do tempo, a derrradeira raíña do barrio acouga no seu trono, coa mente ocupada, quizais en cousiñas da vida. Doce faciana de cabelos plateados e mans desgastadas de tanto repartir amor e tenrura,

verbas inertes que saen dos seus beizos, musa da miña alma. Na noite vella, o ano remata, e preparamos as uvas da concordia para brindar por ti, as badaladas da vida están a punto de soltar os sons divinos para ti, avoa infatigable. Unha polos teus bicos, dúas polo teu corazón, tres pola familia, catro polos nenos, cinco polo teu amor, seis polas lembranzas, sete por te querer, oito polas apertas, nove polo teu ben, dez pola saúde, once para poderte ver, e a doce, a doce, pola luz que te alumea, dende o ceo tal vez? Despois, cando a xolda remataba, susurrábame con voz baixiña, alá na currucada debaixo da pentella, están roendo xungos unha vaca e unha ovella, ai ron-ron dúrmete meu neno, ai ronron que te quero eu.., E no seu regazo quedaba durmidiño coma se estivera na gloria bendita. Que deus llo pague! Unha aperta e bo Nadal para todos! Miguel A. Prieto “Chitín”

Por que engordan as persoas? Utilízanse varios métodos para engordar, mais o que acontece é que continuamos con máis peso que nunca. Miles de especialistas presentan as súas teorías para nos informar, como adelgazar; non entanto, se ollarmos para estudos feitos, observacións xenéricas, experiencias persoais de vida doutras persoas, chegamos á conclusión que ten máis sentido. A maior parte das persoas gordas come cando non ten fame e isto pode ser causado por cuestións de estrés e grandes emocións. Apetitos incontroláveis de foro fisiolóxico son causados polas toxinas que son colocadas no organismo. Certos aditivos alimentarios tamén aumentan a fame. Comer moito á noite e sobre todo antes de ir para a cama, a comida non consegue ser queimada e convértese en graxa.

“A maior parte das persoas gordas come cando non ten fame”

Débense comer máis alimentos naturais non procesados. Os alimentos fabricados están desprovistos das fibras e nutrintes naturais e adicionados con ingredientes para estimular o apetito e para consecuentemente comermos máis; as carnes procesadas parecen estar relacionadas coas doenzas cardíacas e cancro. É recomendábel comer peixe polo menos dúas veces por semana, no entanto os peixes predadores das grandes profundidades, como o atun, o peixe espada, etc, deben ser evitados por teren elevados niveis de mercurio. Evitar bebidas con azucre, pois teñen moitas calorías baleiras. Os especialistas recomendan o aumento do consumo de verduras e froita, non esquecendo a sopa de entrada nas comidas, como tamén o control de peso en toda esta ecuación. Unha alimentación correcta e coidada, asociada a unha actividade física regular é determinante para unha vida máis saudábel e lon-xeva. João Damião

4CARTA DA DIRECTORA

Carta de despedida Cando se cumpren 10 anos do primeiro número deste periódico chega o momento para min de dicir adeus. E como todas as despedidas, non podo evitar que esta sexa triste. Como directora deste medio tiven a oportunidade de coñecer máis de preto a realidade das comarcas ourensás de Monterrei, A Limia, Allariz e Terra de Celanova, e polo camiño, moita boa xente. Xente

interesante, con proxectos, con iniciativas, que loita pola súa vila. Durante este tempo tratei de converter Barrios –xunto aos meus compañeiros de equiponun medio que fose útil aos seus lectores, a través do cal puideran informarse daquilo que sucede preto dos seus fogares, con obxectividade, sen compromisos nin dependencias. Non sempre o conseguimos pero sempre estivo

no noso obxectivo. Non me podo esquecer de recordar a todos aqueles anunciantes que co seu apoio fan posible que, mes tras mes, saise esta prublicación. Eu digo hoxe adeus como directora, pero Barrios continúa e deséxolle toda a sorte do mundo aos meus compañeiros nesta nova etapa. Paula Lodeiro

A voluntaria máis nova e a de máis idade da biblioteca

A Biblioteca de Verín homenaxea aos seus voluntarios O luns 5 de decembro, coincidindo co Día Internacional do Voluntariado, a Biblioteca Publica Municipal do Concello de Verín rendeu tributo aos seus voluntarios, grupo de nenos e nenas e maiores que, dende fai oito anos, prestan de maneira altruista o seu tempo nas actividades que organiza regularmente a institución para fomentar a lectura.


CLASIFICADOS

Barrios Decembro de 2016

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo. Nº32 - Ano: XI - Decembro 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA

COMPRA /VENDA

Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Vendo piso no Vinteún. Boas vistas, corrido de adiante para atrás con praza de garaxe pechada. Prezo económico. Pouco gasto de comunidade. Tel. 629 52 38 12. Cómprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43. Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económico. Tel. 640 37 83 00. Véndese casa con finca na estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alúgase piso amoblado exterior con garaxe ao lado dos novos xulgados. Tel. 637 00 59 10. Alúganse oficinas acondicionadas en r/Progreso. Tel. 637 00 59 10. Vendo finca edificable de 750 m2 con proxecto para casa. Ocasión: 12.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo casa en Cambeo. Pranta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel: 649 673 492 - 988 216 755. Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ourense. Prezo de oferta: 13.800 euros. Tel. 606 422 543. Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Alugo café bar especial totalmente equipado ben situado en Xinzo. tel. 659 47 08 92. Vendo piso en Xinzo. 3 habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Tel. 659 47 08 92. Véndese casa para entrar a vivir en Cabeza de Vaca. Dúas prantas, xardín, bodegas, baño , cociña, comedor, terreo, terrazas, piscina, salón, tres dormitorios e baño. Calefacción. parada de bus urbano. . Contacto: atribeatriz@ gmail.com.

Vendo máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos, máquinas expendedoras de tabaco, etc. Tel. 607 20 34 81. Vendo bici deportiva azul e branca, neceser, casco e timbre a bo prezo. Tel. 646 94 85 79. Vendo microondas Teka con grill cor branco. Tel. 646 94 85 79. Vendo pedras para unha cheminea. Tel.: 639 338 473.

EMPREGO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Limpeza de fincas, xardíns, desbroce e traballos de campo, ampla experiencia. Consulte prezo sen compromiso. Tel. 602 864 666. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Ofrécese señora para coidar a persoas maiores. Con informes. Tel. 669 434 330 - 988 24 60 96. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


Barrios Decembro de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.